terça-feira, 1 de novembro de 2011

O neno que quixo ser excremento

Eu quero ser nube.... E ti?

17 comentários:

  1. Non sei a vós, pero a min dame qué pensar que o neno,coñecido, coido, como cara de moco ou algo así, que non tiña moitos amigos,... escolla ser excremento.
    Todos querían ser xabarín, calquer outro "personaxe" non lles facía gracia algunha. Logo,por qué non pediu ser rocha, folla ou vento...?
    Se a cousa era chama-la atención, que nunca tivera, abofé que o conseguiu, pero se os rapaces escollían papel pola imaxe que querían amosar, entón cambia o conto.. ou non tanto?

    ResponderEliminar
  2. Eu non lle dou tanta importancia ao rapaz que quere ser excremento. Supóñome que é un rapaz cun caracter máis conciliador. O principio todos querían ser xabarin polo seu poder e a sua forza, ser vento ou rocha non semellaba nada atractivo para eles. Sin embargo ao final deronse conta que estaban errados e o que o pasou peor foi o neno convertido en xabarin, supoño que ten que ver nas eleccóns que son rapaces moi pequenos, inocentes dos perigos e ainda non saiben que como dicia Ben Parquer (non é un erudito senon o tio de Spiderman) un gran poder conleva unha grande responsabilidade, e neste caso o xabarín era o que mais poder tiña a priori.

    ResponderEliminar
  3. Semella unha historia sobre a forma de facer escollas que temos en xeral, un camiño xa inzado de prexuízos e ideas previas en situacións novas, e todo o bo que pode saír dunha decisión que en principio non parece a mellor. Claro que tomar unha decisión supón sempre un risco e unhas cousas poden ser moito máis arriscadas ca outras, pero o rapaz que quería ser xabarín tampouco contaba co que lle ía suceder. Nunca vos pasou que algo na vosa vida non saíu exactamente como esperabades e despois, facendo balance, resulta que aínda que vos tivese gustado que fose doutra forma, non estades seguros de que coa vosa primeira escolla as cousas fosen ser mellores? De que o resultado agora vos parece suficientemente positivo? A min tenme pasado moito, e é o que lle pasou a Caramoco.
    Por outra banda, gustoume moito a personaxe da mestra. Eu tamén tiven desas con miradas.

    ResponderEliminar
  4. O conto é moi bonito, supoño que como comentan as compañeiras, os nenos tampouco eran demasiado conscientes, aínda que sempre están atraídos polas cousas que son fortes, e tamén aprenden rápido o de "iso é caca! Caca!" que berran as nais en canto queren coller calquera cousa do chan... O neno que escolle ser excremento semella ser un rapaz que non está dentro do grupo dos "triunfadores" pero demostra ter inxenio e darlle a volta ós prexuízos dos demáis.

    ResponderEliminar
  5. Eu penso que é unha boa forma de ensinarlle os nenos que non se guíen só polas aparencias,que todo ten a súa parte mala e boa, pero que sexan capaces de decidir por eles memos nun futuro sen unha idea xa preconcebida.

    ResponderEliminar
  6. A min parecéume unha historia moi amena e didáctica que axuda ós nenos a comprender a natureza e a importancia de todos os seres e elementos que a compoñen. Neste mundo, nesta vida, todos somos necesarios e imprescindibles. Non hai que despreciar a nada nin a nadie porque todos cumprimos unha misión no equilibrio da vida, ata o excremento.
    Todos querían ser xabarín, porque era forte e rápido, pero non sabían que ían ser perseguidos por cazadores, e o excremento, por desagradable que pareza, é algo necesario tamén.

    ResponderEliminar
  7. A mín o conto encantoume,faiche reflexionar... Respondendo á pregunta, eu creo que sería vento, pois aínda que todas teñan unha función importante na Terra, estaría en constante movemento, coñecería o que acontece en moitos lugares do mundo, outras culturas, linguas, paisaxes, etc.

    Por outro lado, non me preocupa que Quique (Caramoco) escollera ser excremento, máis penso que nesta etapa algúns nenos buscan ser diferentes ao resto, e é esa diferenza é a que os destaca. O labor da profesora Bertaluz con esta metodoloxía é destacable xa que fai que Quique se sinta mellor, valorando a súa elección e integrándoo no grupo, e ensinándolle aos demáis alumnos que o diferente pode ser tamén positivo.

    ResponderEliminar
  8. Gustoume moito o conto.O que menos esperaba era que o neno ó que lle tocou ser xabarín(todos querían ser xabarín) saíse tan mal parado e o único rapaz que decidiu ser excremento, un rapaz do que todos rían, ó final lle dera un resultado tan positivo.

    ResponderEliminar
  9. O conto pareceume moi didáctico e moi orixinal. Na miña opinión, Quique escolleu ser excremento para evitar problemas, el sabía que dos demais nenos ningún ía querer selo, xa que se tiñan que escoller entre eles ó final algún decantaríase por ser vento, agua... pero nunca excremento. Quique, coa súa autoestima baixa, quizais polo comportamento dos seus compañeiros cara el, preferiu humillarse a si mesmo antes de que o fixeran os demais. Pero ó final Bertaluz demostroulles que dentro dun grupo todos somos necesarios e imprescindibles.

    ResponderEliminar
  10. Ola.
    Penso que este tipo de contos que lemos na clase deberían ser lidos nas escolas para que os nenos viran que non sempre hai que elixir o que di a maioría.
    Aínda así, encontro un paralelismo perfecto entre as linguas. Todo o mundo, agora mesmo, tira cara o ingles, francés, alemán ou español. Pero moita desa xente, fai una elección coma o protagonista do conto e opta por una lingua que é para outros "minoritaria". Sabendo que non é así, senon que, por exemplo, o galego, é "minorizada". O falante de galego coma o protagonista escolle o que a el lle parece e moitas veces isto é unha causa de exclusión. PEro como vemos ao final do conto, parece que o neno é o que mellor o fai e é recompensado pola profesora, aínda que sexa cun xesto. En canto ás linguas pódese dicir que o que escolle una lingua non falada pola maioría, está facendo unha boa elección pola conservación desta e logo de moitos anos, igual, será recompensado.

    UN SAÚDO
    MIREYA BENITO MORCUENDE

    ResponderEliminar
  11. Gostei moito deste conto. Paréceme que reflexa moi ben a importancia que teñen moitas cousas que ás veces non as valoramos. Neste caso as crianzas valoran un animal porque é forte e grande, mais non se dan conta de que o vento, as nubes, os excrementos son fundamentais para a supervivencia do xabarín e máis de todos os seres.
    Aplicando a moralexa deste conto ás linguas, supoño que todas as crianzas, supoñendo que foran galegofalantes, de escolleren unha lingua todas quererían ser inglés, francés..., mais á hora de se comunicaren decataríanse de que a lingua máis importante sería o galego porque sen el non terían identidade, pensamento...

    ResponderEliminar
  12. Estou de acordo con Elena en que Caramoco é só o neno que fai o que ningúen quere facer porque alguén ten que facelo. Tiñan que repartir os papeis entre todos, e ninguén quería ser excremento, así que elixiuno el. Todos temos que ser o conciliador algunhas veces nesta vida. A moralexa que xa comentaron os compañeiros é moi clara, así que é un bo conto para ler ós nenos.

    ResponderEliminar
  13. Ola! O conto é moi bonito.O rapaz que escolleu ser excremento era o débil da pandilla dos que todos se rían pero non lle importou ser excremento e o final saíu gañando.O importante é saber darlle volta as cousas e sacar o positivo de cada unha delas.

    Estou totalmente dacordo coa reflexión que fai Patricia da aplicación desta moralexa ás linguas .

    ResponderEliminar
  14. O conto mostra perfectamente o que se está a implantar na sociedade actual.
    Penso que nos deixamos levar por aquelo que escolle a maioría, ou aquelo que pensamos que ten máis "prestixio".
    E isto mesmo pódese trasladar ao que ocorre co caso do galego e do castelán, como vimos comentando na clase e neste blogue desde comezos de curso.

    ResponderEliminar
  15. O neno aprende que todo é imprescindible na vida, que todo o que forma parte deste mundo ten unha utilidade, unha función determinada e que todo vai enlazado como unha cadea, de maneira que todos os eslabóns fanse necesarios, de maneira que si un floxea, os demáis tambalean.


    Carolina Arribi

    ResponderEliminar
  16. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  17. Este foi un dos contos que máis me gustou, xa que baixo a miña opinión, creo que este conto quer reflexar que non todo é o que parece, que debemos ir máis alá, non deixarnos simplemente levar por a opinión dos demáis, e non quedarnos só co superficial. Que moitas veces o que pensamos non é o que sucede na realidade, claro exemplo é o xabarín que todos o vían como o máis forte, o máis veloz mentres que o excremento era desprezado, e ninguén se quería arriscar a ser tal cousa. Mais o final démonos conta que non era como parecía, a experiencia fíxonos decatarnos que o peor personaxe era o de ter que ser o xabarín, mentres que o rapaz que escolleu ser excremento foi o mellor parado. Creo que é algo que sucede a diario na nosa vida, e que todos deberíamos sacar partido deste conto, pois moitas veces o que todos desprezamos sorpréndenos moito cando realmente o coñecemos.

    Ana González González

    ResponderEliminar