quarta-feira, 16 de novembro de 2011

Un agasallo que nos fixestes

Póñovos esta ligazón que enviastes un de vós e que está estupenda. Vai sobre os (ab)usos do inglés:

http://www.ted.com/talks/lang/es/patricia_ryan_ideas_in_all_languages_not_just_english.html?awesm=on.ted.com_9AQD

11 comentários:

  1. É interesante que unha persoa que ensina inglés sexa tan consciente da riqueza da diversidade de linguas. Paréceme que está moi ben explicado o concepto aprendido en clase de que unha lingua é unha cosmovisión diferente. Tamén me chama a defensa da traducción como unha forma de conservar as linguas xa que agora o que premia é que a xente coñeza o maior número posible sen pensar nesa opción.

    ResponderEliminar
  2. Pois si que é un bonito agasallo, encantoume o video. Xa reflexionara sobre a disminucion da diversidade de linguas no mundo con libro de T.Moure pero este video paraceume moi directo e claro.Como di a profesora que fala no video, estamos moi acostumados a poñer trabas as persoas que non domiñan o inglés e non nos damos conta que as persoas teneñen moitas cousas das cales podemos aprender no seu idioma,é dicir alguén pode ser un xenio e hoxe en dia non pode chegar a ser recoñecido pola lingua que fala. Espero que pouco a pouco a xente vaiamos tomando conciencia disto e que remate esta globalización.

    saúdos

    ResponderEliminar
  3. En xeral, á xente que falamos unha das grandes linguas do mundo (inglés, francés, español, seguramente chinés e árabe tamén, aínda que o caso é lixeiramente distinto) non temos conciencia ningunha sobre o multilingüísmo. Por unha parte, tendemos a pensar que falar un idioma é soltar as catro cousas que aprendemos no colexio; por outra, nin nos decatamos da necesidade de esas cosmovisións das que fala Patricia Ryan, aínda que ás veces é ben difícil poñerse na pel dos outros e ver as cousas a través d asúa linguaxe. Non fai falla irmos moi lonxe: se colledes un país calquera de Europa, pequeno, que fale un idioma propio, decatarédesvos de seguida de que falan o seu idioma e o inglés, mais tamén, dependendo do país que sexa, os idiomas correspondentes dos países veciños, se ben é certo que este multilingüísmo está moi relacionado con cuestións de poder (tenden a falar os idiomas que ofrecen máis oportunidades ou o dun país que lles impuxo o seu). Pero que o normal para xente que non fala nin inglés nin español nin francés é falar 3 ou 4 linguas mínimo, e non falo nin sequera de comunidades bilingües!
    A modo de curiosidade, nunha páxina que explicaba gramática norueguesa (que son ben poucas) atopei o seguinte aviso: "O autor desta páxina considera que, se ben é interesante coñecer o noruegués, é máis importante dominar o inglés e recomenda aprendelo denantes que o noruegués".

    ResponderEliminar
  4. Ola.
    Como Licenciada en Filoloxía Inglesa estou totalmente dacordo coa falante. Nas súas palabras podemos apreciar que quere a súa lingua, mais cre que as demáis tamén o son. A diversidade é importante e a globalización está a romper con ela. Penso que é todo política e estan permitindo que morran moitas linguas que non debería polo seu componente cultural que teñen.
    Un saúdo
    MIREYA BENITO MORCUENDE

    ResponderEliminar
  5. Como se nota cuando un profesor es bueno… da gusto escuchar a la señora Patricia Ryan en su discurso, con el cual sin duda estoy de acuerdo. Y hablo de que es una buena profesora, porque a mi modo de ver, además de saber sobre una materia y poder transmitirla, un profesor debe situarse en una posición crítica siempre; incluso frente a su materia, como es el caso. Y eso no significa que la niegue o la rechace; simplemente es consciente de las cosas buenas y las cosas malas que lleva consigo, y se reduce a informar; después cada “alumno” que tome su decisión.

    Y creo que en nuestro futuro ejerciendo la profesión, debemos ser muy conscientes de que una parte fundamental de nuestra labor es la de informarnos y adoptar posturas críticas frente a muchas cuestiones. Cuestiones que no solo versan sobre nuestras materias, también económicas, políticas,… y lingüísticas, que debemos trasladar a nuestros alumnos con imparcialidad, sí; pero dándoles todos los puntos de vista posibles.

    Un saludo.

    ResponderEliminar
  6. O que máis podo salientar do vídeo é o que di a nosa compañeira María, o espírito crítico que ten a falante coa súa propia materia, o que debemos ter todos.

    Por outra banda, no final do vídeo non puiden evitar pensar en "Heart of Darkness", de Joseph Conrad, que fala precisamente de como esas relacións de poder político se trasladan á cultura e ó día a día da xente. Recoméndovos encarecidamente que o leades, é curtiño, e está traducido non só ó español ("El corazón de las tineblas"), senón que tamén ó galego ("O corazón das tebras" e tamén "O corazón do negror", esta última tradución para min a mellor). Veredes como emprega eses termos de luz e escuridade que se mencionan no vídeo e que son moi interesantes como metáfora desa relación de poder que se dá entre países colonizadores e colonizados.

    E por último gostaría de recomendar tamén a serie cómica "Mind your language", é moi divertida, incluso hai un personaxe español. Abusa dos estereotipos, pero fai reflexionar.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  7. Primeiro, darlle os meus parabéns a maría pola súa gran reflexión sobre a propia autocrítica que resalta da escritora, e o seu análise do que debe facer un bo profesor, facer pensar os alumnos.

    En segundo lugar, gustaríame salentar a reflexión de como aprende os nomes das plantas en árabe porque o aprende a través dos seus alumnos, os cales o recolleron a través dos seus antepasados. Como decía un mestre do máster a semana pasada, non sabemos as de tradicións que estamos a piques de perder debido o rápido que cambia o mundo neste proceso de globalización que se está levando acabo, e él poñía o cercano exemplo da malla. Creo que nos deberíamos dar conta, ou mellor dito, deberíanse dar conta os que teñen avos o gran tesouro de coñecementos a punto de extinguirse que teñen na casa.

    ResponderEliminar
  8. Velaquí o final do libro de David Crystal:"English as a goblal language", no que fai recapacitar sobre o que, ata agora, ten pinta de ir ocorrer coa idea de ascender o inglés a categoría de linguaxe planetaria:

    “ In 500 years’ time, will it be the case that everyone will automatically be introduced to English as soon as they are born or conceived? If this is part of a rich multilingual experience for our future newborn, this can only be a good thing. If it is by then the only language left to be learned, it will have been the greatest intellectual disaster that the planet has ever known.”

    (Dentro de cincocentos anos, poderíase dar o caso de que todo o mundo aprenda o inglés dende o seu nacemento? Se isto é parte dunha enriquecedora experiencia multilingüe para os nosos fillos no futuro, benvida sexa. Pero se para entón é a única linguaxe que queda para ser aprendida, será o maior desastre intelectual que o noso planeta coñeza xamais.)

    ResponderEliminar
  9. Teño visto varios monólogos de esta páxina por que un profesor da universidade poñianolos, pero nunca nos puxo este.
    Estou de acordo con Maria na posicion da profesora, que sendo unha proferosa de inglés podemos dicir que lanza pedras cara o seu propio tellado. É por iso que me parece unha gran profesora porque é reflexiba con todo o contexto que nos rodea, gustaríame chegar a ser unha profesora asi nun futuro.

    ResponderEliminar
  10. É un discurso moi bo, moi bos exemplos e moi ben expresadas as ideas. Ten toda a razón do mundo, por suposto. Recordoume a unha situación moi graciosa que vivín cuns amigos de Madrid, intentando explicarlles o que significaba en galego "malo será"; resultoume dificilísimo, non conseguían conceptualizalo ben, custoulles moito entender o concepto. Foi bastante gracioso.

    Non podemos deixar que a riqueza da linguaxe se perda, porque perderemos moita información moi valiosa. Como di o texto que Cecilia nos mostra: "será o maior desastre intelectual que o noso planeta coñeza xamais".

    ResponderEliminar
  11. A reflexión da profesora sobre a posta en común na investigación entre persoas que pensan en diferentes linguas, cada unha coa súa maneira de entender o mundo, levoume a pensar sobre unha cuestión a maiores relacionada coa esixencia do coñecemento do inglés para o uso académico, profesional, etc.

    Trátase do alto prezo que deben de estar a pagar os anglofalantes polo feito de que a súa lingua sexa o vehículo de comunicación a nivel mundial. Deben de estar bombardeados constantemente de produción de material escrito e audiovisual do mundo académico, institucional e empresarial do mais alto nivel feito nun inglés de calidade moi desigual. Aínda nos casos de produción por autores con bo nivel de idioma, o inglés que se aprende, por exemplo, para uso prefesional ou académico, debe de ser unha especialización do idioma que da lugar a un empobrecemento ao que non poden ser inmunes os falantes nativos de inglés se o están recibindo constantemente.

    Belén García Lamas

    ResponderEliminar