Penso que hoxe en día este tipo de expresións utilízanse menos, eu polo menos non as emprego e non as adoito escoitar, salvo en contadas ocasións ou a determinadas persoas. Sen embargo, sí as coñezo posto que miña avoa as emprega e meu pai, ás veces, tamén. Pode ser que se trate dun caso como o que vimos na clase co infinitivo conxugado, que o seu uso estase a perder.
Eu estou de acordo con Sonia en que cada vez se usan menos pero por exemplo eu estou acostombrado a escoitalas porque xogo ó fútbol nun equipo da mariña de Lugo e no pobo ó que pertence o equipo estas expresións son moi típicas, asi que supoño que todo variará evidentemente dependendo da zoa na que nos encontremos, é claro tamén que seguramente sexa máis difícil encontrar este tipo de expresións nunha cidade que nun pobo.
Apúntome á lista das que non as escoitaran nunca. Hai unha expesión que eu digo a miúdo e que me sorprende que moita xente non coñece: "noviño do trinque". A min sempre me pareceu do máis normal e moita xente ponme caras.
Non teño moi claro se estas expresións as usan maoiritariamente as persoas maiores ou do ámbito rural pero eu si que escoitei as tres. O meu pai emprega moito a terceira e a miña avoa téñolle escoitado moitas veces frases coa construcción da primeira.
Eu non as emprego pero sí que as escoito bastante a miudo. Na miña casa (nunha aldea de Vilagarcía de Arousa)os meus pais e a miña avoa son galegofalantes de toda a vida e úsanas con frecuencia. Con todo, a lingua nai das miñas irmás e miña é o castelán nun claro exemplo da diglosia da que falamos na clase.
Sónanme bastante aínda que é verdade que no se escoitan, na vida diaria. Miña avóa fala galego pero con algúns castelanismos e non le escoitei falar así, ou a lo menos que eu me lembre.
Eu escoitar so escoitei as dúas últimas destas expresións en meus avós pero realmente eu nunca as usei. De feito oinllas a máis persoas da miña vila pero todo xente vella.
En canto a expreión que expuxo Inés Cendón Rodríguez eu si que a escoitei moitas veces e na miña zona úsase de cotio.
Pois eu non as uso, pero é que tampouco coñezo o seu significado. Penso que a xente nova cada vez utiliza menos estas frases feitas porque cada vez escóitanse menos, só ás persoas maiores. Unha que se escoita bastante pola miña zona e que tamén a emprega a xuventude é a de: "Outra vaca no millo".
Eu estas expresións escoiteinas algunha vez, mais non as utilizo. Persoalmente encontrei un cambio importante no uso de determinadas expresións cando me fun estudiar a outra zona distinta de donde vivía. A expresión que máis me chamou a atención, non pola súa contrucción senon polo que dicía, foi "madialeva", coñecédela? Por certo Inés, non es tan rara como pareces xa que esa expresión eu tamén a utilizo e dende fai moito tempo
A min a segunda tampouco me soa de nada, pero as outras dúas estou farto de oílas. Supoño que te refires ao uso do verbo coa preposición...
De todos os xeitos, a primeira é máis normal oíla con "comidas" máis sólidas. Por exemplo, "anda a roer no xamón" ou "está come que te come no chourizo e non se dá fartado". Outra cousa sería o de "quitarse do xamón", pero esa xa é outra historia.
Eu tampoco as coñezo. É verdade que a xente nova non emprega moito este tipo de expresións, pero sí lembro moitas que empregaba miña avoa como "A carreiriña dun can" ou a de "Amiguiños sí pero o porco polo que vale". Agora xa é casi imposible escoitalas.
Eu tampouco as escoite nunca e meus pais tamen son do rural,un pobo galego e nin eles nin meus avos as utilizan. E as frases q dixo Inés e Jesús pa min son moi comúns, non sei se será que somos da mesma zona ou non, pero na miña casa utilizanse a cotio.
A min sóame a primeira expresión, pero as outras dúas penso que non as oíra nunca. Como din outros compañeiros, hoxe en día a xente nova case non usa este tipo de expresións ou outras similares.
Supoño que dentro duns anos, se chegamos a vellos -hai que ter fe-, tamén nós diremos certas expresións que soarán raras á xente nova. O meu avó por exemplo, di moito iso de "abarrote no Parrote", unha expresión moi popular na Coruña fai anos, pero que agora está case en desuso.
Ola. Pois si. Eu escoitara as tres. Non son galego falante pero as escoitei, probablemente, no meu pobo. Eu penso que son expresións que un galego falante di moitas veces.
Ademáis, como diciamos na clase, e como apuntou un compañeiro, case sempre as que falan de comer, van asociadas aos pratos tradicionais.
Ola. Na miña zona son moi habituais e chámame bastante a atención que haiba xente que non as escoitase nunca. Supoño que ao seren tan específicas do galego e ao convivir coa preponderancia do castelán, rematan por desaparecer, o que é unha pena, xa que posúen un matiz moito máis complexo do que poida parecer, non presente nunha traducción aproximada ao castelán. Estase a perder unha utilidade que reflicte parte dunha forma de ver a realidade.
Eu non uso esas expresións pero sí que me soan bastante, ainda que a de "non andes a regalar neles" non a escoitara nunca nin sei moi ben a que se refire. Estou de acordo cos que dixeron que estas expresions pegan mais ca comida que con otra cousa.
Eu non podo xulgar se se usan ou non estas expresións xa que non son galega e levo pouco tempo aquí, pero a xente á que lle preguntei díxome que si as coñece, aínda que non adoita utilizalas.
Ó principio pensei que eran expresións cun significado distinto ó literal, pero trala lectura do libro de Teresa Moure (páxina 110 para quen lle interese) dinme conta de a qué se referían e si escoitei este tipo de construccións sobretodo cos exemplos do libro de "chamar por ela, tirar co vaso, coller de chaqueta" e tras reflexionar un pouco comer no caldo tamén me soa.
Eu escoitei as dúas últimas expresións sobre todo a última, que aínda hoxe lla escuito moito a meus avós, pero sobre todo a xente maior, nunca as escoitei entre xente da miña idade. Sen embargo a primeira, creo que non a escuitei nunca. Ana González González
Boas! Eu si as escoitara (ou iso penso). Pero como se pode ver dos comentarios dos meus compañeiros, non as usamos! A min persoalmente sóanme perfectas e gustaríame saber usalas, pero sendo galego falante (ou semi, porque visto o visto...) non me saen con naturalidade porque non houbo ninguén que me ensinara a utilizalas (na casa ou na escola). E ese é o problema, que se non as utilizamos, pérdense. Zeltia Freire.
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarPenso que hoxe en día este tipo de expresións utilízanse menos, eu polo menos non as emprego e non as adoito escoitar, salvo en contadas ocasións ou a determinadas persoas.
ResponderEliminarSen embargo, sí as coñezo posto que miña avoa as emprega e meu pai, ás veces, tamén.
Pode ser que se trate dun caso como o que vimos na clase co infinitivo conxugado, que o seu uso estase a perder.
Eu estou de acordo con Sonia en que cada vez se usan menos pero por exemplo eu estou acostombrado a escoitalas porque xogo ó fútbol nun equipo da mariña de Lugo e no pobo ó que pertence o equipo estas expresións son moi típicas, asi que supoño que todo variará evidentemente dependendo da zoa na que nos encontremos, é claro tamén que seguramente sexa máis difícil encontrar este tipo de expresións nunha cidade que nun pobo.
ResponderEliminarEu non coñezo ningunha das tres! Vaia...
ResponderEliminarXamais escoitei estas expresións...
ResponderEliminarApúntome á lista das que non as escoitaran nunca.
ResponderEliminarHai unha expesión que eu digo a miúdo e que me sorprende que moita xente non coñece: "noviño do trinque". A min sempre me pareceu do máis normal e moita xente ponme caras.
Non teño moi claro se estas expresións as usan maoiritariamente as persoas maiores ou do ámbito rural pero eu si que escoitei as tres.
ResponderEliminarO meu pai emprega moito a terceira e a miña avoa téñolle escoitado moitas veces frases coa construcción da primeira.
Eu non as emprego pero sí que as escoito bastante a miudo. Na miña casa (nunha aldea de Vilagarcía de Arousa)os meus pais e a miña avoa son galegofalantes de toda a vida e úsanas con frecuencia.
ResponderEliminarCon todo, a lingua nai das miñas irmás e miña é o castelán nun claro exemplo da diglosia da que falamos na clase.
Sónanme bastante aínda que é verdade que no se escoitan, na vida diaria. Miña avóa fala galego pero con algúns castelanismos e non le escoitei falar así, ou a lo menos que eu me lembre.
ResponderEliminarEu só escoitara a primeira expresión, as outras dous non me soan, e pregunteille ó meu pai e dixo que él tampouco as escoitara nunca na aldea.
ResponderEliminarEu escoitar so escoitei as dúas últimas destas expresións en meus avós pero realmente eu nunca as usei. De feito oinllas a máis persoas da miña vila pero todo xente vella.
ResponderEliminarEn canto a expreión que expuxo Inés Cendón Rodríguez eu si que a escoitei moitas veces e na miña zona úsase de cotio.
Lara Bendaña García
Pois eu non as uso, pero é que tampouco coñezo o seu significado. Penso que a xente nova cada vez utiliza menos estas frases feitas porque cada vez escóitanse menos, só ás persoas maiores. Unha que se escoita bastante pola miña zona e que tamén a emprega a xuventude é a de: "Outra vaca no millo".
ResponderEliminarEu estas expresións escoiteinas algunha vez, mais non as utilizo. Persoalmente encontrei un cambio importante no uso de determinadas expresións cando me fun estudiar a outra zona distinta de donde vivía. A expresión que máis me chamou a atención, non pola súa contrucción senon polo que dicía, foi "madialeva", coñecédela?
ResponderEliminarPor certo Inés, non es tan rara como pareces xa que esa expresión eu tamén a utilizo e dende fai moito tempo
A min a segunda tampouco me soa de nada, pero as outras dúas estou farto de oílas. Supoño que te refires ao uso do verbo coa preposición...
ResponderEliminarDe todos os xeitos, a primeira é máis normal oíla con "comidas" máis sólidas. Por exemplo, "anda a roer no xamón" ou "está come que te come no chourizo e non se dá fartado". Outra cousa sería o de "quitarse do xamón", pero esa xa é outra historia.
Un saúdo.
Eu tampoco as coñezo.
ResponderEliminarÉ verdade que a xente nova non emprega moito este tipo de expresións, pero sí lembro moitas que empregaba miña avoa como "A carreiriña dun can" ou a de "Amiguiños sí pero o porco polo que vale".
Agora xa é casi imposible escoitalas.
Eu non as uso e creo que non as escoitei. As outras expresión como "outra vaca no millo" sí e tamén "a carreiriña dun can".
ResponderEliminarEu tampouco as escoite nunca e meus pais tamen son do rural,un pobo galego e nin eles nin meus avos as utilizan.
ResponderEliminarE as frases q dixo Inés e Jesús pa min son moi comúns, non sei se será que somos da mesma zona ou non, pero na miña casa utilizanse a cotio.
A min sóame a primeira expresión, pero as outras dúas penso que non as oíra nunca. Como din outros compañeiros, hoxe en día a xente nova case non usa este tipo de expresións ou outras similares.
ResponderEliminarSupoño que dentro duns anos, se chegamos a vellos -hai que ter fe-, tamén nós diremos certas expresións que soarán raras á xente nova. O meu avó por exemplo, di moito iso de "abarrote no Parrote", unha expresión moi popular na Coruña fai anos, pero que agora está case en desuso.
Ola. Pois si. Eu escoitara as tres. Non son galego falante pero as escoitei, probablemente, no meu pobo.
ResponderEliminarEu penso que son expresións que un galego falante di moitas veces.
Ademáis, como diciamos na clase, e como apuntou un compañeiro, case sempre as que falan de comer, van asociadas aos pratos tradicionais.
UN SAÚDO
MIREYA BENITO MORCUENDE
Ola.
ResponderEliminarNa miña zona son moi habituais e chámame bastante a atención que haiba xente que non as escoitase nunca.
Supoño que ao seren tan específicas do galego e ao convivir coa preponderancia do castelán, rematan por desaparecer, o que é unha pena, xa que posúen un matiz moito máis complexo do que poida parecer, non presente nunha traducción aproximada ao castelán.
Estase a perder unha utilidade que reflicte parte dunha forma de ver a realidade.
Un saúdo a td@s.
Mayte González Caneiro.
Eu non uso esas expresións pero sí que me soan bastante, ainda que a de "non andes a regalar neles" non a escoitara nunca nin sei moi ben a que se refire. Estou de acordo cos que dixeron que estas expresions pegan mais ca comida que con otra cousa.
ResponderEliminarSaúdos.
Eu non podo xulgar se se usan ou non estas expresións xa que non son galega e levo pouco tempo aquí, pero a xente á que lle preguntei díxome que si as coñece, aínda que non adoita utilizalas.
ResponderEliminarSaúdos.
Ó principio pensei que eran expresións cun significado distinto ó literal, pero trala lectura do libro de Teresa Moure (páxina 110 para quen lle interese) dinme conta de a qué se referían e si escoitei este tipo de construccións sobretodo cos exemplos do libro de "chamar por ela, tirar co vaso, coller de chaqueta" e tras reflexionar un pouco comer no caldo tamén me soa.
ResponderEliminarEu escoitei as dúas últimas expresións sobre todo a última, que aínda hoxe lla escuito moito a meus avós, pero sobre todo a xente maior, nunca as escoitei entre xente da miña idade. Sen embargo a primeira, creo que non a escuitei nunca.
ResponderEliminarAna González González
Boas! Eu si as escoitara (ou iso penso). Pero como se pode ver dos comentarios dos meus compañeiros, non as usamos! A min persoalmente sóanme perfectas e gustaríame saber usalas, pero sendo galego falante (ou semi, porque visto o visto...) non me saen con naturalidade porque non houbo ninguén que me ensinara a utilizalas (na casa ou na escola). E ese é o problema, que se non as utilizamos, pérdense.
ResponderEliminarZeltia Freire.