Como tamén falamos da importancia dos medios de comunicación e, aínda que eu son moi pouco partidaria da tele (moito máis da radio), coido que é moi interesante a reflexión que nos envía Iolanda en formato de vídeo, onde se dá conta do problema que suporía a transformación dunha compañía pública ao servizo do maioría social do país, a través da promoción da súa lingua propia, nunha compañía privada onde só se tivesen en conta os intereses dos mercados. Velaí vai a ligazón:
http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=GnGr7dYK6bA
Moitas das reflexións que saen no vídeo parécenme moi interesantes xa que nos advirten dos problemas que poderíamos chegar a ter se os medios de comunicación pasasen a formar parte dunha compañía privada.
ResponderEliminarCreo que os cidadáns teñen dereito a que a información chegue da forma máis obxectiva posible aínda que ás veces nin nos medios de comunicación públicos é así, mais creo que a situación empeoraría cas compañías privadas, xa que móvense maiormente por intereses. Ademais perderíanse programas que non fosen rendibles pero si necesarios socialmente.
Os cartos que financian os servizos públicos deberían de verse como unha inversión na promoción da lingua, non como un gasto.
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarEn primeiro lugar, quería decir que eu sigo a televisión galega. Gústame ver o telexornal nesta canle, non só porque sexa en galego, senón porque infórmanos de moitas noticias da nosa comunidade, é un telexornal máis rexional. É a única forma de ter acceso a esas novas. Tamén sigo algunha serie.
ResponderEliminarPero ben, como creo que xa todos sabedes, unha das medidas do PP se gaña as eleccións será a privatización das canles autonómicas.
Unha primeira consecuencia directa, sería o despido de traballadores.
Eu penso que é moi importante manter os medios públicos, porque coordinan á Galicia rural e urbana, porque fomentan a lingua propia e difunden a historia e a cultura de Galicia.
Atopei na rede o comunicado que o comité interempresas publicou co motivo dunha xornada de loita para salvar ós medios de comunicación públicos galegos, e creo que o primerio parágrafo resume moi ben a labor que a CRTVG fixo en todos estes años. “Cantos nenos e mozos deste país medraron co Xabarín Clube? A cantas persoas acompaña o Luar cada noite de venres? Canta xente pasa a madrugada escoitando a Pensando en ti da Radio Galega? Con que imos rir se falta Land Rober ou Miro Pereira e os seus pratos combinados? Onde van ter voz os nosos gandeiros, labradores e mariñeiros se desaparecen a Televisión de Galicia e a radio Galega?”
Creo que durante estes 26 anos Galicia non sería a mesma sen a CRTVG
Pareceme un vídeo moi interesante e puiden recoñecer algunhas caras coñecidas da pequena pantalla. Isto, que nun primeiro lugar pode parecer irrelevante, identifica que a televisión galega, formou parte da nosa vida e que transmitiu proximidade e identidade. Sobre todo penso que tanto a radio como a television galega son unha referencia para moitos galegos en especial para a xente maior do rural, os cales se axudan destes medios para informarse do que acontece no mundo pero tamén, como indicou unha das mulleres que saen no video "das nosas cousas, das cousas que acontecen en Galicia".
ResponderEliminarPenso que é moi importante, e nun tono máis informal, teño que dicir que persoalmente, cando era pequena estaba moi orgullosa do meu carné do Xabarin Clube, e coma mín tódolos compañeiros da clase.
É unha magoa que agora xa quedase no olvido dado que permitiunos afondar no galego a través dos debuxos e as cancións, que aínda, estou convencida moitos recordan.
Sen dúbida os medios de comunicación galegos son fundamentais para achegar a toda a población galega a máxima información.
ResponderEliminarComo di un dos falantes do video "falan a nosa lingua e din as nosas cousas".Esa afirmación pareceme moi importante; falar das cousas que acontecen aqui, acarón da nosa casa, cousas que nos importan.Mesmo como di outro que pon o exemplo dos desportes, e é certo porque se poñemos nun canal nacional so oimos falar do madrid ou do barsa, pero nun dia coma o de hoxe que se xoga o gran derbi galego, retrasmitir todo o que acontece hoxe é algo que so podemos seguir nos nosos medios.
Para min sen dúbida os medios de comunicación galegos son algo esencial, algo necesario. É unha reinvidicación polo "noso".
Por se non queda claro,o delicado da situación, aquí se nos explica a modo de cómic
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=XX0Gcy9Vm7c&feature=related
Irrefutable é que os medios de comunicación constitúen un enorme poder, e que o seu emprego é primordialmente político, á vez que serven de cultura (ás veces tamén política).
ResponderEliminarCada vez que houbo un cambio de partido no goberno as cadeas de televisión ou radio públicas do mesmo alcance estiveron influídas de maneira máis ou menos sutil polo poder político gobernante directamente relacionado.
A nova lei de medios públicos galegos fai que a RTVG pase a ser unha compañía de titularidade pública, pero non así a súa xestión, abrindo polo tanto a porta de capital privado para a produción da compañía (vetando soamente a entrada de empresas externas ós informativos). e non garantindo o mantemento do emprego (principal demanda dos sindicatos).
Por iso, cando estamos falando da privatización da xestión dun medio de comunicación tan arraigado e próximo como é a RTVG, no que o seu director xeral será elixido por 5 anos segundo votación maioritaria no parlamento, as consecuencias para os consumidores da compañía non serán soamente políticas.
Desta forma, os contidos da CRTVG estarán guiados polos intereses dos mercados, desaparecendo moitos dos programas e formatos que ata o de agora consideramos imprescindibles na nosa memoria, e dando lugar por exemplo ó consumo de contidos que nada teñen que ver có noso (simplemente polo rendemento empresarial).
Iso por non falar da promoción lingüística. Espero que nunca ocorra, pero persoalmente unha das sorpresas menos agradables sería acender un día a radio ou a televisión e escoitar a RTVG nunha lingua diferente do galego.
¿Cres que a partires de agora isto non vai ser posible? ....eu moito xa non me fío.
Eu tamén penso que a privatización podería empeora-los contidos, sendo algo xa evidente con cambios de lexislaturas autonómicas, cando máis se a televisión pasa a ser privada...
ResponderEliminarComo din no vídeo, creo que tiñan que adicar máis espacios á cultura e á ciencia. Considero que a televisión e radio galegas son as únicas vías de acceder a certas informacións que nos interesan por ser parte da nosa realidade, a través da nosa lingua, e -ó contrario do que se di na maioría do vídeo- sendo esa unha realidade cada vez máis plural e diversa, non únicamente ruralizante.
Eu penso que a diversidade é positiva e a min gustaríame que aparecesen canles privadas galegas, ollo, con isto non quero dicir que esté a favor da privatización da RTVG porque penso que deste xeito o único que se acada é ofrecer contidos populistas onde o único que importaría serían os índices de audiencia. Un xa non sabe a quen votar, malos uns, malos outros, aínda que se ao final se cumpren as expectativas que dan por gañador ao PP, supoño que non poderán facer o que lles de a gana por moito que o poña nun programa electoral, non sei...
ResponderEliminarPenso que a privatización da radiotelevisión pública é como vender unha parte de nos mesmos. Un medio de comunicación atende as diretrices de quen lle paga, e aínda a pagamos entre todos nos. No momento que entre o capital privado teremos censura, manipulación, adotrinamento, e diso xa hai dabondo na nosa sociedade.
ResponderEliminarAs aeroliñas reciben cartos públicos para que veñan a nosa terra, daquela, porqué non imos gastar os nosos cartos en comunicarnos entre nos mesmos? Se queren recortar que deixen de regalar cartos á empresa privada.
Eu vexo o telexornal, e gústame xa que comunican novas locáis que noutro canle non serían tratadas, non venden.
Por suposto que se debe millorar a calidade da TV pública, pero coñecedes algunha canle privada que non teña telebasura?. Sendo privada non vai millorar, pola contra, empeorará.
Reafirmo todo o que din os meus compañeiros.
ResponderEliminarLogo de ver este vídeo, e falando con meus pais, dixéronme algo que me pareceu moi importante. Coma moitos outros, meu pais foron emigrante, neste caso a Suiza, e dicíame meu pai, en concreto, canto de útil foi para el poder escoitar a radio en francés, xa que todo o que sabe de ese idioma o aprendeu da radio. E eu pregúntome, si aquí en Galiza para nos mesmos, xa non me refiro a xente allea, non nos é útil escoitar radio ou tele en galego? Para min si o é, sempre fago moita atención porque hai expresións, palabras, etc, que non coñecía e faime ilusión escoitalas e poder logo utilizalas.
Espero que non se privatice este sector, xa que na miña opinion non creo que mellore en absoluto.
Estou de acordo cos meus compañeiros. A privatización polo xeral non trae máis que homoxeneización ("o que vende"). Xa sería moi discutible tal e como está agora o panorama o nivel de liberdade que desfrutan as radios e as televisións (como apuntaba alguén noutro comentario, depende de quen lles pague), como para que se privaticen, por non comentar o empeoramento das condicións de traballo, que tende a ser, canto menos, máis inestábel nas empresas privadas.
ResponderEliminarPolo demais reitero a miña defensa da tele como medio importantísimo de comunicación (ben é certo que aos poucos Internet vaise impoñendo), recalco a miña membresía da Xeración Xabarín e síntoo polas malas novas, pero privatización é o que toca.
Espero que nunca poidamos dicir que non podemos ver o que queremos na televisión ou que non poidamos escoitar o que queremos. Persoalmente, coma Jesús, na miña casa vemos máis a televisión do que escoitamos a radio, pero facendo unaha porcentaxe dos dous medios de comunicación seguimos ámbalas dúas nun 80% con respecto ao 20% doutras cadeas ou canais radiofónicos que tamén seguimos.
ResponderEliminarEscollemos a TVG case sempre para ver o xornal durante o xantar ou a cea, para ver algunha serie do momento ou programas de outra índole e de interese para nós, que son moitos. Cando estou no coche escoito a radio galega case sempre. Tamén vexo outras cadeas de televisión, pero (espero que non só me pase a mín) é a cercanía que sinto coas persoas que chaman a un programa de radio e que explican unha experiencia persoal, ou as vivencias que se reflexan nunha serie e que a identificas, comprendes e sintes perfectamente, a que fai que non cambie de canle. Coas series doutras cadeas non me pasa isto. Sen dúbida penso que neste sentimento ten moito que ver a nosa lingua, a nosa cultura e os nosos costumes.
Ola.
ResponderEliminarPenso que os medios de comunicación como din os meus compañeiros, son moi importantes á hora de facer que o galego non morra. Na miña experiencia persoal, na miña clase falaban todos os nenos galego e eu non o sabía falar e dixéronme que vira o Xabarín Clube. Gustábanme as series que alí podía ver e a través delas coseguin comezar a falalo e sobre todo a entendelo.
Un saúdo
MIREYA BENITO MORCUENDE
Outro video sobre o tema, fala Carlos Blanco, pareceume interesante.
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=HX8z0AbG_fU&feature=share
A min tamén me pareceu un video interesante; as personalidades, sobre todo Margarita Ledo que me deu unha asignatura na carreira, e é moi boa. Así como tamén estou de acordo con que privatizala sería un enorme erro. Pero co que non estou de acordo é coa calidade dos contidos, por suposto ten bos programas, o Xabarín é o mellor programa para nenos da historia da tele (na miña opinión), e marcou unha xeneración; Mareas Vivas era graciosa tamén, Matalobos, Manquiña... Pero a maioría dos programas floxean (en contidos e sobre todo na forma); de cultura, as series, etc. e sobre todo as series de humor, Os tonechos, Roberto Vilar en xeral. Pareceme que trata ao humor galego coma o que non é, unha parte moi importante da nosa personalidade, da nosa cultura e da nosa lingua. Para min o seu emprego e tratamento é pobre, fácil: vago, tanto do humor como da lingua. Sobre todo a lingua semella pouco natural, non só polo vocabulario, que está ben que sexa amplo, pero na miña opinión pásanse, tamén, e sobre todo, polo acento; nótase moito que a maioría deles non fala galego habitualmente. Isto crea unha perda de identidade no espectador, ao meu parecer. En canto ao humor, penso que é unha parte moi importante de nós, e está pouco aproveitado. Ademáis tiven experiencias educativas con moitos grandes productores, realizadores, etc. desta canle e non albisquei eu que estiveran moi interesados pola nosa lingua nin pola nosa cultura, sí pola audiencia; as xeracións máis devanceiras, que son das poucas persoas que os ven a miúdo, por iso os contidos, vanais en moitos sentidos, que emiten, os vellos sempre pediron pouco. Ademáis eu creo que a influencia do Goberno é bastante visible, aínda que tamén bastante inevitable.
ResponderEliminarTodo isto non quere decir que non apoie unha TV pública en galego, claro que si! pero diferente, é necesario un cambio. De verdade todos vós vos sentides identificados co concepto de Galicia (de hoxe en día) que se reflexa na TVG?
Pois eu estou de acordo con Sabela, a CRTVG debería ser pública, pero é necesario un cambio de criterio, e ir abandonando o campo dos tópicos sobre Galicia, o fácil humor entre a relación campo cidade,etc...pero o problema e que a maioría da xente que ve a TVG (moitas persoas maiores) é o que demandan, polo que dito cambio non sería doado.
ResponderEliminarAdemáis, se algo valora a xente na CRTVG e atopar noticias ou informacións sobre o seu contorno, asi que de desaparecer deixaríamos de percibir moita información da nosa terra.
Gustaríame resaltar a oportunidade que perdeu La Voz de Galicia de dar un paso adiante e mostrar a súa identificación con Galicia e o galego a través da súa canle televisiva, xa que o número de contidos e, como mínimo, paupérrimo.