quarta-feira, 9 de novembro de 2011

Sustentabilidade lingüística

Mirade esta campaña dos servizos linguïsticos universitarios cataláns. Son tamén pequenas pílulas de planificación lingüística, nste caso. Veredes que a podedes entender en catalán cun chisco de esforzo e que podedes (premendo na parte dereita e activando os subtítulos) tamén realizar o seguimento a través da escrita nun bo número de linguas, incluíndo o galego.

http://www.intercat.cat/piula/gl.html

11 comentários:

  1. A parte de graciosos, que o son, e moito, si que me pareceron moi útiles, a hora de decidirse a intentar aprender, ou polo menos interesarse por outras linguas. E o lema de "sigues lingüísticamente sostenible" vai o pego totalmente. A verdade é que está moi traballado.

    ResponderEliminar
  2. Que feitiños os vídeos! Con todo, e malia as moitas semellanzas que hai, a situación de Cataluña é distinta da nosa, probablemente debido ao que falabamos o outro día no debate das linguas de poder. Alí era a fala da burguesía e por iso se mantén no tempo.
    Eu teño moita familia en Cataluña e nas familias dáse o caso contrario ao que se comentaba aquí: alí, os meus curmáns, descendentes de galegos, falan en castelán coa súa parella pero aos fillos fálanlles só en catalán.
    A modo de anécdota, cando un dos mencionados cativos tiña tres anos regaláronlle un libro que dicía os colores en castelán, por fomentar o bilingüísmo. O rapaz colleu o libro, premeu o vermello, o libro dixo ben clariño "rojo" e el empezou a darlle golpes ao libro berrando: VERMELL! VERMELL!

    ResponderEliminar
  3. Calquera lingua minoritaria ou non, é util, son elementos enriquecedores.

    ResponderEliminar
  4. Encantáronme os vídeos, sobre todo o de Robinson...e estou de acordo co que di Inés de que o caso de catalán é diferente ao que ocorre co galego, como xa comentaramos na clase.
    Aínda así,penso que estas campañas deberían seguirse facendo porque sempre teñen algún impacto no telespectador, por moi pequeno que sexa.

    ResponderEliminar
  5. Outra forma interesante de promover o uso dunha lingua. Son moi importantes este tipo de campañas, seguro que algo sempre fan. O primeiro vídeo fíxome recordar ó do rapaz chinés que viaxaba a Irlanda, e que tampouco encontraba ninguén que falase o gaélico, máis o final sempre hai quen o fale.
    En Galicia, as tres universidades desenvolven anualmente unha ampla actividade formativa que inclúe campañas de promoción do uso do galego, a edición de materiais, a organización de ciclos e conferencias e a convocatoria de premios e concursos para a extensión do idioma, entre outras iniciativas.
    Non sei se son tan eficaces coma as do sistema universitario catalán, pero supoño que tamén terán a súa utilidade.

    ResponderEliminar
  6. Encantaronme os videos, creo que unha forma moi boa de chegar a xente un pouco de conciencia polo seu idioma e de unha forma graciosa.
    Un forma sencilla e facil de entnder para que asi poda chegar a todo o público.
    Tiñan que facerse máis videos destas y promulgalas máis.

    ResponderEliminar
  7. Son moi creativos os dous, empregan exemplos moi bos, directos e que fan pensar máis alá de decir únicamente que se empregue unha lingua minoritaria, creo que poden mellorar moitas actitudes cara á lingua e cara á relación cos demáis.
    Sendo o catalán unha lingua con bastante boa "saúde", penso que é importante que se sigan facendo este tipo de campañas.

    ResponderEliminar
  8. Ola.
    Paréceme perfecto que dende as universidades se fagan este tipo de campañas. Son moi orixinais e tenden a que a xente fale unha lingua, que a intente falar aínda que sexa nun lugar lonxe. Se sabes falala e queres practicar non cabe duda que tes que falar con alguén. Así que cando esteades viaxando polo mundo, falade galego e xa veras como encontras a alguén que te entenda.
    Un saúdo
    MIREYA BENITO MORCUENDE

    ResponderEliminar
  9. Algo que me hizo pensar con el gracioso video de Robinson: si algo caracteriza al ser humano es que hasta que no se lleva el primer golpe no actúa… Y hasta que la sociedad gallega en conjunto no vea la realidad de su lengua, que es una lengua que necesita impulsarse y apoyarse; los intentos por muy buenos que sean, no serán suficientes. Hay que cambiar la forma de pensar de las personas para que luego las actividades que se proponen sean acogidas de buen grado y llevadas a cabo por todos. Pero ¿cómo cambiar la forma de pensar de la sociedad? Hacia ese punto deben dirigirse las investigaciones a mi modo de ver… Y si no, siempre nos quedará el tirar un elefante rosa encima…

    Un saludo a todos.

    ResponderEliminar
  10. O que di María, un elefante rosa enriba nos tiña que caer. Ata que non presenciamos un golpe de efecto non reaccionamos.

    Agora mesmo estou intentando responder as preguntas que se propoñen a continuación dos videos. E non se me ocorre nada. O cal me recorda que é moi triste que teñamos que facer números para conseguir escoitar a lingua nativa dun país nese país.

    ResponderEliminar
  11. Coincido con Lara en que aínda que o catalán goce de "boa saúde" é necesario manter este tipo de iniciativas para fomentar o uso da lingua e que nunca se chegue a perder.

    De tódolos xeitos, paréceme un pouco esaxerado o primeiro vídeo, pois se algún de vós estivo algunha vez en Cataluña, comprobaría que non é tan difícil encontrar alguén con quen poder falar catalán.

    ResponderEliminar