terça-feira, 1 de novembro de 2011

Sígueme....

Unha historia de amor..., que non ten nada de raro

16 comentários:

  1. O conto non ten nada de raro, pero o que me pasou ao escoitalo coido que si.

    Nen sabendo por adiantado que era unha historia de amor logrei evita-lo pensamento de que algo malo ía pasar. A medida que avanzaba o conto, agardaba o intre en que a catástrofe chegase; que o elefante pisara a formiga pasou pola miña testa (índa que as historias de amor teñen ás veces triste final...), pero o que máis me dolía era pensar que en calqueira intre a formiga lle tendese unha trampa ao seu namorado e confiado seguidor de "SÍGUEMEs"

    O final é feliz, pero eu sego a desconfiar do amor da formiga, que deixaba notas e nin sequera miraba por se o elefante era quen de seguila.

    alguén máis pensou na formiga como a mala do conto?

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que eu pensei dende o comezo do conto que todo ía a rematar moi ben.
    Maila que fosen unha formiga e un elefante, todo é posíbel nos contos para nenos; creo que iso é o que máis me gusta: na mente dos rapaces pode ocurrir calquera cousa.
    Sin duda foi o conto que máis me gustou dos que levamos lidos na clase!

    ResponderEliminar
  3. A min tamén foi o conto que máis me gustou! E cada vez que escoito un volvo á infancia e recupero esa fascinación e ilusión, e as ilustracións das poucas pero intensas páxinas contribúen a iso. E creo que precisamente por volver á infancia mentres que o escoitaba-vía, sentinme segura, e sentía que nada malo lle podía pasar ó indefenso e confiado elefante. Porque é un conto, e eu son pequena, e así só poden pasar cousas boas.

    ResponderEliminar
  4. Para min foi o conto que menos me gustou. Eu, coma Cecilia, pensaba ao principio que todo ía rematar mal, cun pisotón do elefante á formiga. Penso que a moralexa é que se te propos algo podes acadalo, que por moi imposible que semelle algo con interese se pode facer realidade.

    ResponderEliminar
  5. A mín gustoume. Estou de acordo con Elena en que a moralexa é sobre ter confianza en nós mesmos, en que podemos facer o que nos propoñamos. Pero aínda que non pensei que a formiga fora a mala do conto, sí que pareceume sospeitosa con tantas notas, pero sabía que ía rematar ben, porque é un conto para nenos, e sempre soen rematar ben.

    ResponderEliminar
  6. A min tamén me gustou e tamén me trslada este conto e os outros á infancia,ainda que son para nenos e de confesar que desconfiaba algo da formiga, do que estaba segura era que o elefante chegaría ata ó final(antes do co dixeran no conto)era obvio, sentía unha gran curiosidade da súa namorada e estaba seguro do que quería descrubrir,non ten nada de raro jaja.Coma moralexa, xa que isto pertence a clase de linguas,dendeo meu punto de vista, podería dicir que o galego podería chegar máis lonxe se perseguira 1 obxectivo claro, coma falamos na clase do luns en cada decreto dicen cousas distintas....(aínda teño que miralos decretos detidamente)

    ResponderEliminar
  7. A min parecéume unha historia divertida e surrealista con gran sentido do humor. O elefante é capaz de percorrer calquera camiño, por difícil que pareza, na procura do amor verdadeiro. Os protagonistas son capaces de superaren calquera tipo de diferenza ou barreira, o tamaño, as cores do elefante e da formiga, os diferentes hábitats...é unha historia de amor sen prexuízos.

    ResponderEliminar
  8. Coincido cos meus compañeiros en canto a que eu tamén pensei que a formiga ia ser a mala do conto, e que o final non ia ser tan bonito como eu esperaba. Pero logo tamén me decatei que era un conto para nenos, e que nos contos todo é posible. Creo que o conto intenta dar a comprender que teñamos confianza en todo o que fagamos e que sexamos constantes e perseverantes coma o elefante.

    ResponderEliminar
  9. Eu tamén pensaba que a formiga era a mala do conto e que ó final lle faría algo malo ó elefante... O pobre sempre seguíndoa...metese onde se metese...e ela únicamente poñía "sígueme" nin se molestaba en ver se a seguía ou non.
    Por sorte, o final é unha historia de amor feliz entre un elefante cun traxe apretado e unha formiga con cintura de avespa.

    ResponderEliminar
  10. Ola.
    Os meus compañeiros din que pensaban que a formiga era a mala do conto. Eu penso que ela afastábase tan rápido para que non a pisara...
    É un conto moi bonito e estou dacordo con que a moralexa do conto podería estar relacionada coa confianza en un mesmo. Ademáis, penso que é un reflexo de que na vida real pódese estar con calquer tipo de persoa.
    As imaxes, como di Iria, son preciosas e lévante a un mundo de imaxinación que, ata que o conto remata, non deixas.

    UN SAÚDO
    MIREYA BENITO MORCUENDE

    ResponderEliminar
  11. Pareceume un conto moi fermoso, aínda que me gustou máis o de "O neno que quería ser excremento". Seguramente o conto de "Sígueme..." espertará nos nenos e nenas unha grande imaxinación cando o leen.
    Cecilia, eu tamén pensei que algo malo acontecería ao principio, pero conforme avanzaba a historia de amor, dudaba máis do final. Eu tamén vexo a relación coa confianza da que falan os meus compañeiros, pero tamén unha constancia do elefante por conseguir o amor da súa formiga, puidendo aplicar isto, de maneira persoal, a todo o que queiramos conseguir na vida. Disque "O que a segue a consegue"...

    ResponderEliminar
  12. O conto é moi fermoso máis eu penso que a formiga fuxía porque desconfiaba de que o elefante a pisase.O elefante incansable e coidadoso ía tras ela sen perder forzas,foi capaz de superar todas as barreiras e diferenzas polo seu amor .
    Nos tamen deberíamos de superarnos día a día en todo-los ámbitos e non fuxir .

    ResponderEliminar
  13. Estou moi dacordo cos meus compañeiros en que o que nos intenta ensinar o conto é que sendo constantes e confiando nas nosas posibilidades poderemos facer o que nos propoñamos, incluso se é algo tan difícil coma que un elefante entre nunha botella.

    ResponderEliminar
  14. Estoy de acuerdo con todos mis compañeros en que el libro rompe con todos los prejuicios y muestra que cualquier cosa que nos propongamos es posible.Y que las personas somos todas iguales y nos podemos relacionar con gente muy distinta y aprender mucho de ellos y pasar muy buenos momentos.

    ResponderEliminar
  15. Este cuento es el que me ha enganchado más. Aunque los otros también han estado muy bien, este tuvo algo para mí con los que otros no contaban: la imprevisibilidad. Como han comentado otros; el final no parecía tan claro como podía ser el de “El niño que quiso ser excremento” por ejemplo, donde se veía claro que al final los personajes que parecían fuertes acabarían siendo los débiles y viceversa.

    Tampoco es que yo me estuviera esperando un final trágico como dicen algunas compañeras, simplemente no era capaz de imaginarme un final para el cuento. Y al final fue de la forma más sencilla: los enamorados acaban juntos. A base de tesón, como han visto mis compañeros, pero también a base de inocencia que es lo que más me gustó. No es que el libro sea un alegato contra los prejuicios, es más bien que ni se plantea que una relación como la de la hormiga y el elefante no pueda ser posible. Si los niños creciesen con este tipo de ideales en su cabeza; sin ideas preconcebidas y con una mente abierta y tolerante, sin duda el mundo sería un lugar mejor…

    Un saludo.

    ResponderEliminar
  16. Neste conto estou de acordo cos meus compañeiros, como di Elena "se te propos algo podes acadalo", se insistes, se sigues todas as sinais que se che ofrecen, podes chegar a donde desexees, incluso a lugares nos que nunca imaxinarías que chegaras a estar (como é o caso da botella), por imposible que pareza se tes un obxetivo fixoo e loitas por él conseguiralo.

    Ana González González

    ResponderEliminar