quarta-feira, 16 de novembro de 2011

A rede continúa...

Un novo documental, Fronteiras, que xulgades interesante difundir, sobre a falta de coincidencia entre fronteiras político-administrativas e lingüísticas:

http://video.google.es/videoplay?docid=8384521364641041210#

5 comentários:

  1. Eu tampouco encontrei a forma de aumentarlle o son...

    ResponderEliminar
  2. Quizais todos teñan parte de razón.Ónde trazaríamos a raia que nos delimita ?É dificil fixar exactamente os límites mais estamos delimitados.

    (custa moito escoitalo , esa o son moi baixo)

    ResponderEliminar
  3. Lembro que hai uns anos vira este documental no festival de curtas de Tui, o Play-Doc, e gustárame moito. Na miña opinión e sen ningunha dúbida, o mellor comentario do vídeo é o do home portugués de Castro Laboreiro, que di o seguinte:

    "A Galiza representa pra Portugal uma moça muito linda, una moça muito bonita, muito rica e muito inteligente, e Portugal quería casar coa Galiza, so que ela escolheu casar coa Espanha porque era mais rica que Portugal. Todavía Portugal está á espera que a Galiza se divorce da Espanha pra casar con Portugal".

    Tan sinxelo e ó mesmo tempo tan cheo de significado. Do documental en xeral, dicir que acerta á hora de amosar como as fronteiras entre os distintos territorios son moito máis difusas e arbitrarias do que moitas veces pensamos. Detrás dos mapas existe unha realidade que non vemos, e este documental amósanos o caso de varias persoas que viven nesa realidade ambigua que conforma o feito de formar parte dun territorio, e á vez sentirte tamén ligado ó territorio fronteirizo.

    Por último dicir que no tocante ó tema lingüístico, podemos ver como o portugués falado pola xente da fronteira que sae no vídeo é claramente máis parecido foneticamente ó galego, có portugués de Lisboa. Este portugués é portugués tamén, pero non é o mesmo portugués que se fala en Lisboa ou Coimbra. Polo que non so debemos pensar en fronteiras territoriais en certo modo difusas, senón tamen en fronteiras lingüísticas difusas e menos ríxidas do que acostumamos a facer.

    ResponderEliminar
  4. Cada vez sorpréndeme máis a labor da Real académica da lingua. Parece que se preocupa moito mais polo galego,(digoo polos premios que organizou en asturias para os galegofalantes). Déronme ganas de ler a este Mendez Ferrín...
    Oscar Fouz López

    ResponderEliminar