sexta-feira, 18 de novembro de 2011

Galicia 2098

Quen non ten cabeza ten que andar a estas horas abrindo entradas no caderno dixital!!! Faltaba esta...

4 comentários:

  1. O vídeo fala por si solo,é bastante explícito.Pois claro que as línguas non teñen fronteiras a non ser que haxa un accidente xeográfico que non lles permita comunicarse.Por exemplo o río Miño ó Sur de Pontevedra,pois se estás en Tui falan galego e cruzas un kilómetro e xa escoitas o portugués.neste caso a min quédame claro que non houbo moita comunicación entre as dúas bandas debido a este accidente xeográfico.Ben,prosigo,pero as zonas nas que a xente pode interaccionar,van ter unha fala compartida,da igual a que concello,provincia,país pertenza.
    Neste video os zamoranos e leoneses teñen claro que a lingua que falan é galego.Non pasa o mesmo cos asturianos,eles buscan que sexa unha lingua que non ten que ver co galego,pois para min a xente do oeste de Asturias falan un galego do bloque oriental "cojonudo".
    A modo de curiosidade,que ó mellor xa sabedes,e que hay unha zona en Extremadura onde se fala galego.Ata ali chegamos.

    ResponderEliminar
  2. Ola.
    Penso que é un pouco esaxerado a curtametraxe pero exemplifica a morte das linguas e a ignoranza de moitas persoas. Nun futuro seguro que nalgún caso pasará así. Pero eu penso que no caso do galego non vai ocorrer. Non sei se é por que son moi positiva ou porqué pero penso que non vai ocorrer.
    Un saúdo
    MIREYA BENITO MORCUENDE

    ResponderEliminar
  3. Grazas as clases e as lecturas que facemos, fumos comprendendo xa algúns conceptos de sociolingüística e da situación da lingua. Tal e como vimos, hai argumentos para non ser "tan" pesimistas, pero este vídeo (co seu dramatismo) pode ser un perfecto exemplo de como se pode acabar se non nos concienciamos.
    Zeltia Freire.

    ResponderEliminar
  4. Ben, a risco de entrar en polémicas de lingüística histórica, nesa zona de Extremadura non se fala galego, ou polo menos non o galego noso de hoxe en día, se non un descendente do galego medieval. Digamos que é unha xoia arqueolóxica, coma o eslabón perdido do galego-portugués.

    ResponderEliminar