quarta-feira, 2 de novembro de 2011

EXERCICIO DE DEBATE (para a clase práctica)

  Se o traedes feito (cando menos, pensado) temos un pouco máis de tempo para o debate e as conclusións.

     
Supón que es unha lingüista especializada en planificación e en terminoloxía que chega a Glosolandia, un país onde ten que realizar un informe sobre as posibilidades de se manter a lingua propia desa poboación, o glosolandés, un idioma que leva séculos soportando unha forte presión do sombreiranés, lingua con presenza internacional que acabou por se converter na lingua inicial de case o cincuenta por cento da poboación, maioritariamente dos habitantes das cidades e das vilas. O inicio dun proceso de substitución lingüística é evidente no dato que motivou a UNESCO para sufragar os gastos da investigación: as porcentaxes de competencias orais en glosolandés descenden a medida que descende a idade da poboación mentres que as porcentaxes de competencias escritas diminúen conforme aumenta a idade dos/das habitantes de Glosolandia, moitos/as por non recibiren nunca o ensino na súa lingua inicial.
        Os teus coñecementos destas dúas linguas son moi rudimentarios, mais do que si tes constancia é de posuíren moitos elementos en común e de ás veces non ser quen de diferenciar claramente se as persoas están a falar nun ou noutro idioma. Ao chegares alí, observas con abraio que o glosolandés ten abondosa literatura, ten presenza no ensino (só como materia de estudo) e na administración (onde aínda non consolidou un modelo culto de referencia) e que mesmo nas institucións e nos medios de comunicación é utilizado, aínda que moito menos que o sombreiranés que é o único idioma en que se dirixe a ti a poboación, o máis habitual nos falantes de menor idade e o maioritario no ámbito oral para as clases medias e altas, sobre todo entre as mulleres das franxas etáreas intermedias, se computarmos desde os 16 aos 65 anos. Para alén de ser o glosolandés a lingua maioritaria de certa actividade cultural (teatro, recitais poéticos, premios e concursos literarios), tamén hai nesta lingua algunha obra científica e ten unha importante presenza na rede. Mais no mundo da música o glosolandés é residual así como no ámbito xurídico e nos ritos relixiosos.
O teu primeiro traballo consiste en estabeleceres unha prelación entre os elementos que xulgas positivos para, nunha proposta de planificación lingüística, o glosolandés ter posibilidades de subsistir. Debes numeralos por orde de relevancia para lle agoirar moitos anos de vida ao glosolandés, guiándote do teu coñecemento lingüístico e do teu sentido común. Tes que procurar acompañar cada unha das escollas cun dato obxectivo que recollas directamente na presentación inicial ou que deduzas pola información de que dispós. Escribe na columna Individual a orde de importancia que atribúes a cada enunciado. A continuación, debateremos a decisión en grupo e formularemos unha proposta colectiva. A partir da desviación entre a puntuación global e a colectiva e os coñecementos que adquirises durante o debate, debes conceder unha puntuación final ao teu exercicio.

                                                        

CRITERIOS
Indiv.         
Grupo
Desviac
Hai que conseguir que, cando menos, o 50 % d@s glosolandes@s lea literatura en glosolandés.



Nas baiúcas debe usarse o glosolandés,
sobre todo para brincadeiras.



Cómpre realizar intercambios educativos de centros con diferentes contornos sociolingüísticos.



Os nomes de paxaros só deben ser coñecidos
en glosolandés.



Cómpre reforzar a presenza na rede en glosolandés.



Debe premiarse que os nomes das persoas estear en glosolandés.



É preciso reducir as dubidas sobre o uso do glosolandés en contextos formais.



Deben facerse campañas coincidentes coas festas máis habituais (magosto, entroido,...).



Nos ritos funerarios cómpre empregar o
glosolandés.



A neoloxía debe facerse desde o glosolandés.    



No sistema educativo a transmisión de coñecementos debe facerse, maioritariamente, desde o glosolandés.



Son necesarias campañas que fomenten que @s glosolandeses inicien nesa lingua
 as súas relacións de parella.



Cómpre traducir toda a lexislación ao glosolandés.



Hai que investir en facer xogos de mesa en glosolandés.



Nas festas populares debe usarse o glosolandés.



Cómpre difundir a idea de ser útil o glosolandés.



Os principais manuais universitarios deben estar en glosolandés.



Cómpre reforzar o prestixio internacional investindo en lectorados de glosolandés.



Hai que apoiar o teatro en glosolandés.



Debemos recoller todo o léxico do glosolandés.



Hai que homenaxear persoeiros que defendesen o glosolandés.



É preciso realizar unha campaña de mercadotecnia (cadernos, lapis, chapas...) de promoción da lingua.



Deben transmitirse conceptos (socio)lingüísticos a través de todo o currículo





















1 comentário:

  1. Datos obxetivos sobre o uso do glosolandés en Glosolandia: Fálao máis a xente maior que a xoven; escríbeo con maior dificultade a xente maior que a xente xoven; posúe elementos comúns co sombreiranés; hai abondosa literatura nesta lingua; ten presenza no ensino aínda que so como materia de estudio; tamén se fala na Administración; tamén se utiliza nas Institucións e nos medios de comunicación pero moito menos que o sombreiranés.Fálano maioritariamente as clases baixas, é lingua maioritaria na actividade cultural e tamén hai algunha obra científica nesta língua e presenza na rede.
    Datos obxetivos sobre o uso do sombreiamés en Glosolandia: é a lígua inicial do 50% dos habitantes das cidades; posúe elementos comúns co Glosolandés; o sobreiranés é utilizado moito máis nos medios de comunicación; a poboación diríxese ós de fora en Sombreiranés; é máis habitual nos falantes de menor idade e maioritario no ámbito oral para as clases medias e altas e sobretodo nas mulleres.
    Tendo en conta estes datos habería que comezar polos 5 apartados en que meus compañeiros dividiron os campos de aplicación do glosolandés e dentro deles poñer os criterios según orde de importancia para defender o glosolandés fronte ó sobreiranés:
    1-Información:
    -Reforzar a presenza na rede.
    2-Educación:
    -No sistema educativo a transmisión de coñecementos debe facerse maioritariamente dende o glosolandés.(aquí centraríase na xente nova e non sería tan necesario como na xente maior que non poideron ter estudado en glosolandés. Propoñería clases e actividades para que esta xente practicara a escrita).
    -Os principais manuais universitarios en glosolandés.(penso que a Universidade lle da prestixio a unha língua).
    -É preciso reducir as dúbidas sobre o uso( deberíanse facer campañas,por exemplo publicitarias para convencerse de falar glosolandés).
    -Ler un 50% de Literatura en glosolandés.( Por riba dispoñen de moita literatura nesta lingua).
    -Facer xogos de mesa en glosolandés( penso que non terían que chegar a moitos fogares e non cumplirirían co seu fin.
    3-Investigación:
    -Neoloxía dende o glosolandés(paréceme impotante porque estarían relacionados con temas novos e novas tecnoloxías que estarían na boca da xente en glosolandés.
    -Compre traducir toda a lexislación( esta linguaxe non chega a todo tipo de xente pero daríalle prestixio ó glosolandés).
    -Recoller o léxico( nestes momentos non considero que sexa necesario pero nun futuro si se debería recopilar).
    -Os nomes dos paxaros deben ser coñecidos en glosolandés(non o considero necesario pero tampouco está de mais pois a ornitoloxía é unha ciencia que está en auxe dende que xurdiron grupos naturalistas e ecoloxistas).
    4-Cultura:
    -Apoiar o teatro(aínda que nos consta que é a lingua maioritaria neste xénero).
    -Deben ser os ritos funerarios en glosolandés.(aínda que habería pouca xente xoven nestes eventos,non estaría de máis que así fora).
    5-Ocio:
    -Deben facerse campañas para a promulgación da desta fala nas festas tradicionais(é un medio importante porque neste tipo de festas hai xente de tódalas idades).

    ResponderEliminar