Pareceume un conto marabilloso. Se cadra debían de lelo obrigatoriamente para todos os nenos de Infantil ou dos primeiros cursos da Primaria. O conto ten uns valores que boto en falla máis do que eu quixer e un gran valor en temas de educación emocional. De cara ás mulleres, si, mais non só, posto que a liberdade e a seguranza que aprende Clementina temos que aprendelas (inclúome) as mulleres e mais os homes. Os contos non son só para os pequenos, mais coido que se aprende moito máis deles cando eres pequeno porque os repites unha e mil veces, miras os debuxos unha e mil veces, apréndelo de memoria... Lembro a Princesa Cocó, que meu pai rematou por negarse a ler de tanto que llo pedín, mais a princesa Cocó era tan pedichona que acabei por considerala insufrible e á fin procuraba non facer coma ela. Non sei se hoxe en día un conto podería chegarme tan adentro coma daquela por máis reflexións filosóficas que faga del. Se cadra este comentario quedoume un pouco introspectivo de máis pero foi o que se me veu á cabeza co conto.
Gustoume moito o conto pola súa mensaxe e pola escolla do tema. Por moitas cousas valiosas e preciosas que se poidan ter, non hai maior tesouro que o mundo interior de cada quen, que cómpre alimentar toda a vida, e polo que un debe de ser querido e apreciado por quen estea ó seu carón; e se por iso non te queren, é mellor sair do cascarón como fixo Clementina, para atoparse a sí mesma e ser feliz.
O contacontos é algo que non tiven a sorte de vivir moitas veces, e gracias a esta asignatura, vou recordar algúns contos durante moito tempo.
Un conto cun final verdadeiramente positivo, encantoume ese canto á liberdade, o encontro de Clementina con sigo mesma, a vitalidade e a forza que sacou do seu interior para decidir ir e percorrelo mundo en busca da felicidade.
Por outra banda, o conto tróuxome á memoria todos aqueles mestres, que seguramente todos nós tivemos, que non son máis que aqueles os que lle tiñamos medo. Medo a preguntarlles, medo as súas respostas, medo cando eles facían preguntas... porque normalmente as súas respostas eran: "ti es parva", " non sabes nada", "como podes preguntar iso a estas alturas?".... Eses profesores cos que todo o mundo agochaba a cabeza cando sospeitaban que ía lanzar unha pregunta. É dicir, medo a aqueles que nos facían sentir como ceros á esquerda, e que como lle pasou a Clementina coartaban a nosa liberdade a ter dúbidas, a facer preguntas, en definitiva a aprender. Creo que todos nós se o día de mañá somos profesores deberiamos ter dalgún xeito a Clementina presente.
Este cuento me resultó precioso. Como la tortuga aguanta todos los insultos y los desprecios de su " pareja" porque le quiere y cree que tiene razón en todo lo que le dice. En algún momento de nuestra vida esto nos ha pasado a todos que por no saber de un tema, preferimos no opinar ni intentar aprender ya que las supuestas personas que si lo han estudiado ,y dicen conocerlo nos dicen ,que no servimos para ello y que nos conformemos con otras cosas. Me gustó mucho el final, como representan el tema de la libertad y que si una persona se lo propone puede conseguir lo que quiera y viajar por todo el mundo y aprender diferentes culturas.Nadie puede decirnos que somos incapaces de conseguir algo. Siempre hay que intentarlo las veces que haga falta si es lo que nos gusta.
Gustoume este conto, creo que a mensaxe que quere darnos é que temos que facer o que soñamos, o que realmente queremos facer, sen importar que os demáis non nos valoren ou nos menosprecien. Arturo ten todas as trazas de un maltratador en potencia, facendo a Clementina pensar que era tonta, que non valía para nada máis que para estar na casa esperando por el. Pero ela cansou de vivir baixo esa situación de menosprecio continuo e eliminación de sí mesma e marchou a cumplir os seus soños. Creo que sería bó para que os nenos o leran, para que tiveran unha visión do que está mal (a actitude de Arturo) e do que cómpre facer se te atopas nunha situación parecida.
É un conto impresionante. A relación de Arturo mostra todos os pasos polos que pasa unha persoa maltratada por culpa da súa parella. Arturo fai sentir a Clementina como unha persoa que non serve para nada. Ela dille todo o que lle gustaría facer, mais el non a apoia, pois o que pretende é cargar a súa casa de trapalladas para que ela non se poida mover. Así, sabe que ela sempre dependerá del, pois ela non pode moverse con todos os trastos que ten e, mentres, el ten a súa mobilidade, as súas relacións sociais. Fai que Clementina dependa del até para comer, pois é el o que vai pescar mentres ela fica na casa. Clementina deuse conta a tempo de que non podía vivir nesa situación de subordinación, de dependencia, de tristeza e de melancolía. Decidiu partir e probabelmente cumpriu moitos dos soños que tiña. É un exemplo de futuro para todas esas persoas que viven unha situación como a de esta tartaruga.
Dende a lectura na clase do conto dos bonobos, coñecín outros contos de Adela Turín. Contos "en defensa das nenas", cheos de mensaxes de traballo por facer en canto a situación,aínda viva, da consideración de inferioridade da muller. Pero máis aló diso,e superando o conflicto de xéneros, contos cun tremendo labor na educación afectiva e de valores, de nenos, rapaces e adultos.
Cantas veces escoitamos que os nosos límites decidímolos nós;que se te marcas unha meta baixa, será iso o que acades...Cantas veces nós mesmos nos repetimos iso en voz baixa...E cantas veces temos que o facer por nos atopar con pedras que tiran outros no noso camiño...
Cantas outras veces chegamos a nos sentir o torpes, aparvados e incapaces que din que somos...
Pois, seguramente, tantas veces coma esquecemos alimenta-la nosa autoestima (que ninguén ou poucos souboron nos ensinar a facer); tantas como esquecemos os nosos soños porque as pedras daqueles outros romperon as nosas ás... ...Pois... hai que aprender a zurcir e emprender o vó de novo.
Como di Alba, todos tivemos algún deses temidos mestres cos que un non podía dubidar,preguntar sen medo por querer saber.Entón deberiamos, coma futuros mestres,lembrar a Clementina; non esquecer que non temos ningún dereito a facer dano cos nosos comentarios a ninguén e si a obriga,e tamén o pracer,de animar ós alumnos a acadar os seus obxectivos dentro e fóra da aula.
Nós poderemos facer iso, pero as pedras poden chegar, e ás veces sen nos decatar, dende moi preto. Haberá que seguir zurcindo, pero se iso non é dabondo, cómpre trocar o fío e a agulla por unha boa blindaxe.
Pareceume un conto precioso, onde novamente, como no conto dos bonobos, a figura feminina sae perxudicada nun primeiro momento, e saliéntase cara o final do conto a valentía e a intelixencia coa que afronta o seu problema de inseguridade e humildade (polo menos eu o vexo así).
Acabo de ler outro conto da autora que se nomeou enriba, e que se chama "Rosa caramelo". É un conto moi curto, pero tamén cunha reflexión moi interesante e similar á dos dous contos que citei. Non volo vou contar, porque é mellor que o lexades, pero saquei da súa lectura o feito de que moit@s tomamos actitudes, moitas veces derivadas da sociedade na que vivimos, sen pensar se realmente as queremos facer ou indo máis aló se nos aportan felicidade. Ela soubo desde o principio o que quería: ser feliz, aínda que iso lle supora un cambio e un enfrentamento á familia e ás súas compañeiras. Unha vez máis a aposta polo cambio triunfa.
Este conto narra a historia dunha agresión que non sendo física, consegue a base de humillacións, de menosprezo, de soños frustrados…facer dano noutra persoa, de facer que se sinta que non vale para nada. Clementina vivía coma nunha cárcere. Arturo non entendía as súas pretensión e menosprezaba as súas capacidades.Paréceme un conto interesante para traballar na aula sobre temas de igualdade. Ó igual cós demais contos lidos na clase, paréceme moi interesante. De todos aprendemos sempre algo e fannos reflexionar sobre algún tema importante na vida.
Gustoume moito o conto, a pobre Clementina vivía con medo, sentíase débil, inferior. Segundo Arturo ela non era quen de facer nada e o malo e que ela mesma así o pensaba. A valentía de desfacerse de tódalas cousas tan pesadas que lle facía levar Arturo supúxolle liberdade, valorarse por fin a ela mesma. Unha vez alguén me dixo, e con toda a razón que se non nos valoramos e non nos queremos a nós mesmos, ninguén o fará.
Ola. Un conto estupendo. Para ver como cambiar as cousas cando hai unha situación como esta. Esta moi ben que estes contos se poidan leer nas aulas de tódalas idades, para que sepan o que se pode facer. Un saúdo MIREYA BENITO MORCUENDE
Este conto tamén me pareceu moi bo, creo que reflexa claramente os soños frustrados dunha persoa por alguén que non é capaz de entendelos. O conformismo por facer feliz a alguén que non merece a pena. A ignorancia dalgunhas personas que pensan que todo se arregla con bens materiais. Mais Clementina acábase dando conta de que todos os bens materiais que tiña na súa casa por moitos que foran non logran substituír as súas inquietudes, demostra a valentía que non todo o mundo ten de abandoar o seu fogar para acadar por fin os seus soños, escapando de esa cárcere que cada vez a tiña máis presa.
Totalmente de acordo con Lara, é moi importante que quen estea ó noso carón nos aprecie e nos queira, pero moito máis importante ca isto é o feito de querernos a nós mesmos/as, e de coidar ese mundo interior que tantas veces deixamos de lado. Non hai mellor conquista que a dun mesmo, nin maior valentía que a de mirar cara adentro para intentar recoñecer quen somos e así poder crecer continuamente (sexa o que atopamos dentro de nós mesmos o que esperabamos ou non...) Unha das mellores cousas desta materia (e, de seguro, en todo o máster, porque dubido moito que volva suceder) é ter disfrutado da lectura dos contos, que de veras che agradezo. E este foi xenial!
Onte atopei este conto nunha biblioteca e fíxome moita ilusión!! Estaba cuns amigos que teñen fillos e recomendeillo sin dudalo. Moitas grazas por lelo na clase!!
A min non é que non me gustara o conto, pero doume un pouco de "mal rollo" porque te das conta que aínda hai moitas "clementinas" pola vida que non pensan por elas mesmas. A pesar de ser un gran conto, o que asusta é que este libro teña que ser escrito para amosarlle, tanto a nenos como nenas, unhas actitudes que sí ou non hai que ter. Non sei se me explico... Zeltia Freire.
O conto gustoume, pero da pena pensar que aínda temos problemas de este tipo, ademáis parece que as cousas van a peor. Co motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, fíxose unha enquisa entre os adolescentes sobre o tema. Agora mesmo non recordo o dato, pero creo que 8 de cada 10 rapaces consideraban que as rapazas tiñan que "compracelos" no que eles quixeran,e o máis grave do asunto era que elas estaban dacordo... parece que imos "patrás" en vez de "padiante".
en canto a este libro a verdade é que me sorprendeu moito xa que é un tema que nas sociedades actuais temos que tratar dende os máis cativos para que se dean conta de que isa non e a actitude correcta e intentar socializalos polo camiño correcto.
alégrome de que Clementina é final do conto se derá conta do que Arturo lle estaba a facer e que fose capaz de sair de esa situación, xa que desgraciadamente no mundo real a meirande parte das mulleres non son capaces de tomar esa decisión.
Pareceume un conto marabilloso. Se cadra debían de lelo obrigatoriamente para todos os nenos de Infantil ou dos primeiros cursos da Primaria. O conto ten uns valores que boto en falla máis do que eu quixer e un gran valor en temas de educación emocional. De cara ás mulleres, si, mais non só, posto que a liberdade e a seguranza que aprende Clementina temos que aprendelas (inclúome) as mulleres e mais os homes.
ResponderEliminarOs contos non son só para os pequenos, mais coido que se aprende moito máis deles cando eres pequeno porque os repites unha e mil veces, miras os debuxos unha e mil veces, apréndelo de memoria... Lembro a Princesa Cocó, que meu pai rematou por negarse a ler de tanto que llo pedín, mais a princesa Cocó era tan pedichona que acabei por considerala insufrible e á fin procuraba non facer coma ela. Non sei se hoxe en día un conto podería chegarme tan adentro coma daquela por máis reflexións filosóficas que faga del.
Se cadra este comentario quedoume un pouco introspectivo de máis pero foi o que se me veu á cabeza co conto.
Gustoume moito o conto pola súa mensaxe e pola escolla do tema. Por moitas cousas valiosas e preciosas que se poidan ter, non hai maior tesouro que o mundo interior de cada quen, que cómpre alimentar toda a vida, e polo que un debe de ser querido e apreciado por quen estea ó seu carón; e se por iso non te queren, é mellor sair do cascarón como fixo Clementina, para atoparse a sí mesma e ser feliz.
ResponderEliminarO contacontos é algo que non tiven a sorte de vivir moitas veces, e gracias a esta asignatura, vou recordar algúns contos durante moito tempo.
Un conto cun final verdadeiramente positivo, encantoume ese canto á liberdade, o encontro de Clementina con sigo mesma, a vitalidade e a forza que sacou do seu interior para decidir ir e percorrelo mundo en busca da felicidade.
ResponderEliminarPor outra banda, o conto tróuxome á memoria todos aqueles mestres, que seguramente todos nós tivemos, que non son máis que aqueles os que lle tiñamos medo. Medo a preguntarlles, medo as súas respostas, medo cando eles facían preguntas... porque normalmente as súas respostas eran: "ti es parva", " non sabes nada", "como podes preguntar iso a estas alturas?".... Eses profesores cos que todo o mundo agochaba a cabeza cando sospeitaban que ía lanzar unha pregunta. É dicir, medo a aqueles que nos facían sentir como ceros á esquerda, e que como lle pasou a Clementina coartaban a nosa liberdade a ter dúbidas, a facer preguntas, en definitiva a aprender. Creo que todos nós se o día de mañá somos profesores deberiamos ter dalgún xeito a Clementina presente.
Este cuento me resultó precioso. Como la tortuga aguanta todos los insultos y los desprecios de su " pareja" porque le quiere y cree que tiene razón en todo lo que le dice. En algún momento de nuestra vida esto nos ha pasado a todos que por no saber de un tema, preferimos no opinar ni intentar aprender ya que las supuestas personas que si lo han estudiado ,y dicen conocerlo nos dicen ,que no servimos para ello y que nos conformemos con otras cosas. Me gustó mucho el final, como representan el tema de la libertad y que si una persona se lo propone puede conseguir lo que quiera y viajar por todo el mundo y aprender diferentes culturas.Nadie puede decirnos que somos incapaces de conseguir algo. Siempre hay que intentarlo las veces que haga falta si es lo que nos gusta.
ResponderEliminarGustoume este conto, creo que a mensaxe que quere darnos é que temos que facer o que soñamos, o que realmente queremos facer, sen importar que os demáis non nos valoren ou nos menosprecien. Arturo ten todas as trazas de un maltratador en potencia, facendo a Clementina pensar que era tonta, que non valía para nada máis que para estar na casa esperando por el. Pero ela cansou de vivir baixo esa situación de menosprecio continuo e eliminación de sí mesma e marchou a cumplir os seus soños. Creo que sería bó para que os nenos o leran, para que tiveran unha visión do que está mal (a actitude de Arturo) e do que cómpre facer se te atopas nunha situación parecida.
ResponderEliminarÉ un conto impresionante. A relación de Arturo mostra todos os pasos polos que pasa unha persoa maltratada por culpa da súa parella. Arturo fai sentir a Clementina como unha persoa que non serve para nada. Ela dille todo o que lle gustaría facer, mais el non a apoia, pois o que pretende é cargar a súa casa de trapalladas para que ela non se poida mover. Así, sabe que ela sempre dependerá del, pois ela non pode moverse con todos os trastos que ten e, mentres, el ten a súa mobilidade, as súas relacións sociais. Fai que Clementina dependa del até para comer, pois é el o que vai pescar mentres ela fica na casa.
ResponderEliminarClementina deuse conta a tempo de que non podía vivir nesa situación de subordinación, de dependencia, de tristeza e de melancolía. Decidiu partir e probabelmente cumpriu moitos dos soños que tiña.
É un exemplo de futuro para todas esas persoas que viven unha situación como a de esta tartaruga.
Dende a lectura na clase do conto dos bonobos, coñecín outros contos de Adela Turín. Contos "en defensa das nenas", cheos de mensaxes de traballo por facer en canto a situación,aínda viva, da consideración de inferioridade da muller. Pero máis aló diso,e superando o conflicto de xéneros, contos cun tremendo labor na educación afectiva e de valores, de nenos, rapaces e adultos.
ResponderEliminarCantas veces escoitamos que os nosos límites decidímolos nós;que se te marcas unha meta baixa, será iso o que acades...Cantas veces nós mesmos nos repetimos iso en voz baixa...E cantas veces temos que o facer por nos atopar con pedras que tiran outros no noso camiño...
Cantas outras veces chegamos a nos sentir o torpes, aparvados e incapaces que din que somos...
Pois, seguramente, tantas veces coma esquecemos alimenta-la nosa autoestima (que ninguén ou poucos souboron nos ensinar a facer); tantas como esquecemos os nosos soños porque as pedras daqueles outros romperon as nosas ás...
...Pois... hai que aprender a zurcir e emprender o vó de novo.
Como di Alba, todos tivemos algún deses temidos mestres cos que un non podía dubidar,preguntar sen medo por querer saber.Entón deberiamos, coma futuros mestres,lembrar a Clementina; non esquecer que non temos ningún dereito a facer dano cos nosos comentarios a ninguén e si a obriga,e tamén o pracer,de animar ós alumnos a acadar os seus obxectivos dentro e fóra da aula.
Nós poderemos facer iso, pero as pedras poden chegar, e ás veces sen nos decatar, dende moi preto. Haberá que seguir zurcindo, pero se iso non é dabondo, cómpre trocar o fío e a agulla por unha boa blindaxe.
Pareceume un conto precioso, onde novamente, como no conto dos bonobos, a figura feminina sae perxudicada nun primeiro momento, e saliéntase cara o final do conto a valentía e a intelixencia coa que afronta o seu problema de inseguridade e humildade (polo menos eu o vexo así).
ResponderEliminarAcabo de ler outro conto da autora que se nomeou enriba, e que se chama "Rosa caramelo". É un conto moi curto, pero tamén cunha reflexión moi interesante e similar á dos dous contos que citei.
Non volo vou contar, porque é mellor que o lexades, pero saquei da súa lectura o feito de que moit@s tomamos actitudes, moitas veces derivadas da sociedade na que vivimos, sen pensar se realmente as queremos facer ou indo máis aló se nos aportan felicidade. Ela soubo desde o principio o que quería: ser feliz, aínda que iso lle supora un cambio e un enfrentamento á familia e ás súas compañeiras. Unha vez máis a aposta polo cambio triunfa.
Este conto narra a historia dunha agresión que non sendo física, consegue a base de humillacións, de menosprezo, de soños frustrados…facer dano noutra persoa, de facer que se sinta que non vale para nada. Clementina vivía coma nunha cárcere. Arturo non entendía as súas pretensión e menosprezaba as súas capacidades.Paréceme un conto interesante para traballar na aula sobre temas de igualdade.
ResponderEliminarÓ igual cós demais contos lidos na clase, paréceme moi interesante. De todos aprendemos sempre algo e fannos reflexionar sobre algún tema importante na vida.
Gustoume moito o conto, a pobre Clementina vivía con medo, sentíase débil, inferior.
ResponderEliminarSegundo Arturo ela non era quen de facer nada e o malo e que ela mesma así o pensaba.
A valentía de desfacerse de tódalas cousas tan pesadas que lle facía levar Arturo supúxolle liberdade, valorarse por fin a ela mesma.
Unha vez alguén me dixo, e con toda a razón que se non nos valoramos e non nos queremos a nós mesmos, ninguén o fará.
Ola.
ResponderEliminarUn conto estupendo. Para ver como cambiar as cousas cando hai unha situación como esta. Esta moi ben que estes contos se poidan leer nas aulas de tódalas idades, para que sepan o que se pode facer.
Un saúdo
MIREYA BENITO MORCUENDE
Este conto tamén me pareceu moi bo, creo que reflexa claramente os soños frustrados dunha persoa por alguén que non é capaz de entendelos. O conformismo por facer feliz a alguén que non merece a pena. A ignorancia dalgunhas personas que pensan que todo se arregla con bens materiais. Mais Clementina acábase dando conta de que todos os bens materiais que tiña na súa casa por moitos que foran non logran substituír as súas inquietudes, demostra a valentía que non todo o mundo ten de abandoar o seu fogar para acadar por fin os seus soños, escapando de esa cárcere que cada vez a tiña máis presa.
ResponderEliminarAna González González
Totalmente de acordo con Lara, é moi importante que quen estea ó noso carón nos aprecie e nos queira, pero moito máis importante ca isto é o feito de querernos a nós mesmos/as, e de coidar ese mundo interior que tantas veces deixamos de lado.
ResponderEliminarNon hai mellor conquista que a dun mesmo, nin maior valentía que a de mirar cara adentro para intentar recoñecer quen somos e así poder crecer continuamente (sexa o que atopamos dentro de nós mesmos o que esperabamos ou non...)
Unha das mellores cousas desta materia (e, de seguro, en todo o máster, porque dubido moito que volva suceder) é ter disfrutado da lectura dos contos, que de veras che agradezo. E este foi xenial!
Onte atopei este conto nunha biblioteca e fíxome moita ilusión!! Estaba cuns amigos que teñen fillos e recomendeillo sin dudalo. Moitas grazas por lelo na clase!!
ResponderEliminarA min non é que non me gustara o conto, pero doume un pouco de "mal rollo" porque te das conta que aínda hai moitas "clementinas" pola vida que non pensan por elas mesmas. A pesar de ser un gran conto, o que asusta é que este libro teña que ser escrito para amosarlle, tanto a nenos como nenas, unhas actitudes que sí ou non hai que ter. Non sei se me explico...
ResponderEliminarZeltia Freire.
O conto gustoume, pero da pena pensar que aínda temos problemas de este tipo, ademáis parece que as cousas van a peor.
ResponderEliminarCo motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, fíxose unha enquisa entre os adolescentes sobre o tema.
Agora mesmo non recordo o dato, pero creo que 8 de cada 10 rapaces consideraban que as rapazas tiñan que "compracelos" no que eles quixeran,e o máis grave do asunto era que elas estaban dacordo... parece que imos "patrás" en vez de "padiante".
en canto a este libro a verdade é que me sorprendeu moito xa que é un tema que nas sociedades actuais temos que tratar dende os máis cativos para que se dean conta de que isa non e a actitude correcta e intentar socializalos polo camiño correcto.
ResponderEliminaralégrome de que Clementina é final do conto se derá conta do que Arturo lle estaba a facer e que fose capaz de sair de esa situación, xa que desgraciadamente no mundo real a meirande parte das mulleres non son capaces de tomar esa decisión.