segunda-feira, 17 de outubro de 2011

Historia tráxica con final feliz

Velaquí o relato do malestar que produce a diferenza e a falta de recoñecemento da diversidade....

13 comentários:

  1. A película pareceume realmente fermosa.



    Estamos acostumados a xulgar o que é distinto de nós coma o que non debe ser .



    A quen non lle gusta sentirse libre?

    O diferente sofre a miúdo o encerro da crítica e a mofa. Na aceptación (ou na desinterese por xulgar) dos outros, coma igual ou non, atopa o primeiro a súa liberdade.


    Nunha parte do filme, a mestura de sons forma unha música moi agradable. Cada ser, un son da melodía. Así mirado, resultaría máis doado e gratificante dar a benvida a cada novo instrumento

    ResponderEliminar
  2. Os debuxos son moi fermosos, a animación moi expresiva, represéntase todo moi ben. Gustoume moitísimo a voz da narradora.
    Gracias por este tipo de material na aula, a clase resulta dinámica e enriquécese máis.

    Lara Díaz Pintos.

    ResponderEliminar
  3. Pareceume un video moi interesante.Ser diferente, saírse do que os demais estipulan como "normal" sempre é xulgado e comentado, pero ó mesmo tempo é encantador e orixinal.
    Resulta sinxelo facer o que fan os demáis, pero facer algo diferente, ó meu parecer iso é o que ten mérito e ó final penso que a xente que os critica e únicamente por envexa.

    ResponderEliminar
  4. Penso que a cuestión da diversidade (e o tratamento da mesma tanto a nivel individual coma institucional ou social) é tremendamente complexa e depende de moitos aspectos. Independentemente do feito de que depende dun determinado momento político, cultural e social, tamén depende do grao de diferencia do que esteamos a falar. Por exemplo, non é o mesmo falarmos de racismo ca de enfermidades ou discapacidades. Explícome: a maioría de vós probablemente atope máis fácil falar con xente de raza negra ou cun Amish ca cunha persoa galega xorda.
    Non menos importante é a cuestión de que o diferente a moita xente non lle resulta atractivo, senón que o perciben como unha ameaza. Como convencelos do contrario?
    Ollo, con isto non estou a defender unha postura de rexeitar a diferencia. A miña intención é tan só apuntar o difícil que é aceptar a todo o mundo tal como é.

    ResponderEliminar
  5. Unha historia fermosa. Unha metáfora sobre algo tan sinistro como a morte. Pero o que máis me gustou é a humanidade que teñen as persoaxes, a través dos seus sons e movementos. En canto ao fondo da historia estou de acordo cos comentarios das compañeiras en torno a "seres diferentes".

    ResponderEliminar
  6. A curta é, simplemente, xenial. A verdade é que a vin xa varias veces dende o día que se puxo na clase. É pura poesía, tanto dialéctica como visual. E ten esa mestura perfecta de beleza e amargura que a min, persoalmente, me encanta (e todo cun final fermoso pero non gratuitamente, senón porque non podía ser doutro xeito).

    A vergonza de ser diferente moitas veces é a mesma que ‘a vergonza de non ser nada’, e creo que entre esas dúas anda aínda demasiada xente aquí en Galicia en canto á súa identidade nacional (ou andamos, que non teño claro se son obxectiva ó me ‘desligar’ dese sentimento...se cadra tería que estar fóra, tanto mentalmente como do ‘espazo físico-territorial’ para poder verme/vernos con perspectiva...)

    Supoño que vai xa demasiado tempo dende que unha parte do mundo reduxo a Galicia e o galego a algo que non era (unha lingua ‘minusválida’, fea...), ó tempo que nós mesmos nos convencimos de que tiñan razón e púdonos o medo; negabámonos a nosa propia beleza como pobo e cultura, e crimos que os que nos desprezaban tiñan razón. Así que, na miña opinión, a ese exército de espellos que é a vergoña teremos que darlle a volta e miralo dende o outro lado, dende o orgullo de ser quen somos, dende o reflexo non distorsionado (en ningún sentido, quero dicir: nin crernos de menos nin de máis; simplemente, ver o que en realidade somos, o bo e o malo, e agradecer e asumilo todo, e o que haxa que cambiar, pois cambialo...a ver cando empezamos a traballar...eu espero chegar a ver o cambio.......)

    ResponderEliminar
  7. A min pareceume unha historia fermosa. A nena pode ter unha relación coa lingua galega, pois por non ser o común é rexeitada, do mesmo xeito que día a día nos impoñen a idea de que o español é o normal dentro da Galiza. Entón moitas persoas rexeitan o galego como lingua vehicular fóra do ámbito familiar pola crenza dese prexuízo tan famoso: "Para que che serve o galego se vas a algún sitio que non sexa Galiza?". As únicas fronteiras existentes parecen ser só unhas e nunca existen as fronteiras do sur, onde tod@s nos podemos comunicar grazas ao galego.
    Cando vin esta curta recordoume ao artigo "A nena que berra" de Pilar Garcia Negro en que fai referencia a unha viñeta onde aparecen dúas nenas. Unha, no primeiro plano, toda descomposta, a berrar e a segunda, nun recanto maltratada. Pregúntaselle á primeira: «Como choras tanto, se é ela a ferida?» «–Si, pero como mira para min!», quéixase a nena. García Negro fai unha comparación moi ilustrativa entre a situación destas dúas nenas coas dúas linguas actualmente faladas na Galiza.
    Se a alguén lle interesar aquí vai a ligazón: http://www.vieiros.com/columnas/opinion/834/a-nena-que-berra

    ResponderEliminar
  8. A min paréceme unha curta interesante na que se pode ver o proceso de liberación que sofre a protagonista a consecuencia de recoñecerse diferente ó resto dos individuos que a rodean.
    Como comenta Cecilia Castro no seu comentario, o diferente a nós é xulgado como o que non debe ser, entón inténtase ser igual cós demais, pero chega un día que se van e despois todos ó seu arredor parece que a botan de menos...

    ResponderEliminar
  9. Quedei un pouco confusa, sinceramente.

    Éme difícil crer que a rapaza non fose aceptada xa que creo que hoxe en día xa hai un bo puñado de persoas que superaron o das diferenzas sociais. Seguramente hoxe xa tería un ou dous amigos. :)
    O curto é triste. O ser humano é unha criatura social e como tal vivir só por imposición resulta devastador.
    Quedei confusa co final. Non vexo unha resolución clara, non vexo loita, non vexo ganas de vivir. Entón a rapaza morre? Nese caso non me gustou. Se o galego é coma ela... vai morrer sen berrar un pouco?

    ResponderEliminar
  10. Ademais do xa comentado na clase -a necesidade de recoñecerse a un mesmo, a propia identidade para que os demais tamén o fagan- creo que este curto fala non só de non renunciar ao que somos, senon ao que queremos chegar a ser.

    ResponderEliminar
  11. A historia é moi fermosa. A sociedade é moi resistente aos cambios, pero cando este se vai establecendo imos aceptándoos e mesmo non queremos deixalos. Desde logo, estou dacordo con Alicia en que debemos ser como somos e que os prexuízos só provocan que poidamos perder cousas incribles por criticalas pola súa novidade

    ResponderEliminar
  12. Esta historia reflexanos a intolerancia por parte da sociedade,a sociedade é reaccia ao cambio, prefire manter a súa rutina, os seus costumes, é como se pensasen que vale máis mal coñecido que bo por coñecer.Estou dacordo co que di Alicia Abal,pois o respeto empeza por un mesmo,e como di o refrán "así chee ven,así che tratan"

    ResponderEliminar
  13. Estou de acordo con Iria e con Carolina, a sociedade non quere aceptar os cambios, estes son moi difíciles de entender para as persoas, sen embargo unha vez que nos acostumbramos a estos é moi difícil volver a vivir sen eles.
    Ana González González

    ResponderEliminar