segunda-feira, 24 de outubro de 2011

Todos os días morren linguas...

... e estas noticias publícanse en todos os medios e fálase de procesos de extinción, mais parece que nada se move entre nós.
http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2010/02/04/00031265285202048249612.htm

18 comentários:

  1. Se xa é triste que desapareza unha lingua, é peor que se trate de unha tan antiga como o Bo. Se a tribu levava 65.000 anos existindo, esa lingua tiña que conlevar unha cultura, uns coñecementos, e unha sabiduría tan valiosas como antigas. Unha verdadeira mágoa. Pero certo é que a xente le esas noticias e non lle dan importancia, cando hai moito traballo para os linguistas polo mundo adiante, deberíanse investigar máis esas linguas que teñen tan poucos falantes e facer algo para contribuír á súa conservación, aínda que só fora facendo diccionarios e gramáticas, para que se todos os habitantes morresen, quedase o recordo da lingua para que calquera que quera poidera aprendela. O latín por exemplo, morreu coma lingua de uso cotidiano, pero debido a súa importancia eclesiástica e académica consérvase material sufienciente como para estudalo hoxe en día.

    ResponderEliminar
  2. A mín chamoume a atención no seu momento a noticia da morte da última falante de Nu Shu, unha lingua chinesa de uso exclusivo entre mulleres, oculta ata 1983 despois de moitos séculos de tradición. Xurdiu como lingua segreda entre mulleres porque tiñan prohibido aprender o chinés.
    Deixo aquí a noticia dun xornal mexicano http://www.elsiglodetorreon.com.mx/noticia/111191.desaparece-el-idioma-nushu-hablado-solo-por-m.html e un vídeo documental sobre o tema por se vos interesa: http://www.youtube.com/watch?v=hqRcD8Cpucg&feature=related

    Saúdos,

    Lara Díaz Pintos.

    ResponderEliminar
  3. Todos os días morren linguas...e non todos, pero sí con relativa frecuencia, saen nos medios de comunicación noticias sobre isto. E nós qué?
    Nós pensamos que...total, como isto ocorre a moitísimos quilómetros do noso país, a cousa non vai con nós... E a noticia pasa a ser unha simple anécdota ou queda no olvido.
    Sen embargo, moitas veces non nos percatamos de que ao noso arredor o galego tamén sufriu un retroceso no seu uso e tampouco nos damos de conta de que a perda dunha lingua leva consigo unha perda de cultura.
    No noso caso, o galego sufriu unha disminución en canto ao seu uso, entre outras cousas, por aumento do uso do castelán en detrimento do galego; e no caso do bo o seu desprazamento é consecuencia da presenza de colonos que traen consigo unha cultura diferente que despraza á xa existente.

    ResponderEliminar
  4. Que pensar nestes casos de nós mesmos, dos humanos en xeral?...O certo é que, se o mundo 'segue a xirar' incluso cando morre quen máis amamos, como podemos esperar que nos mova a extinción dunha lingua e cultura, aínda por riba tan lonxana?....E o peor é isto último: o 'espellismo da distancia', xa que todos temos un lugar propio no mundo, necesario para nós pero tamén para os demais, somos pequenos átomos da mesma célula; cada pobo, cada cultura, é en si mesma unha Historia, conformada por unha espiral de lendas unidas en esencia á hélice xenética de toda a Humanidade.
    Un dos grandes problemas é que demasiada xente considera que os pobos 'pequenos' (en número de habitantes, xa que a 'grandeza dun pobo', para min, ríxese por outro 'sistema métrico') só acadarán o desenvolvemento e o progreso sacrificando a súa cultura e, polo tanto, a súa lingua, nos altares do deus Asfalto e o deus Turismo...e estes dous falan inglés (só cambian de idioma cando o require o protocolo económico, pero este non entende de termos como 'antigo', 'milenario', 'cultural',..., e moito menos 'infinita riqueza inmaterial'...

    ResponderEliminar
  5. déixovos un enlace a unha entrevista a Manuel Rivas que atopei nun xornal, na que fala sobre a literatura galega...e outros temas de actualidade.

    http://www.laopinioncoruna.es/cultura/2011/10/21/manuel-rivas-o-problema-da-literatura-galega-e-o-golpismo-linguistico/543711.html

    ResponderEliminar
  6. Non podería estar máis de acordo con Susana: que nos vai importar a nós, como sociedade, o que pasa cunha lingua minoritarísima e minorizadísima no outro extremo do mundo?
    Pola contra, non penso que as culturas para avanar teñan que rendirse aos deuses Turismo e Asfalto, que son poderosos pero nin de lonxe os únicos. Para min, a obrigación é moito máis sutil: se ti non queres falar o meu idioma, nunca vas poder acceder a unha cultura "decente", pero é que ademais, se non queres subirte ao carro, non vai ser culpa miña, aínda por riba de que tento instruírte!
    Tamén coincido en que é unha mágoa que as linguas vaian morrendo aos poucos, pero penso que cando queda un só falante, a lingua xa hai ben tempo que morreu: como imos extraer dun só falante que non ten contexto co que poder interaccionar toda unha cultura milenaria? É bastante utópico. Outra cousa é utilizar isto para dicir que "dá igual". Claro que non dá igual, pero aquí xa entramos noutro problema que é fundamentalmente económico: quen vai poñer os recursos para mandar un lingüista (ou máis) á Cochinchina a investigar un idioma que non vai reportar ningún beneficio? Se cadra algunha institución, pero pasará de cando en vez. Ademais, as institucións que se poidan permitir ese luxo serán occidentais ou de corte occidental, xa que somos os países que invirten e investigan en lingüística: non creo que o faga ningunha comunidade de 600 falantes. Os estudos, polo tanto, sempre se farán dende devandito punto de vista, claro que calquera que sexa a lingua dende a que se estude outra implicará necesariamente un punto de vista determinado... Complexo.
    Se alguén non sabe do que falo que o diga e tentarei aclaralo un pouco.

    ResponderEliminar
  7. O acabar de leer esta noticia pensei na tristeza na que debeu estar sumida esta muller ate a súa morte, por non poder compartir con nadie a sabeduría que unha lingua con 65.000 anos de antiguedade podía ofrecernos. Máis aínda pasando calamidades como o tsunami do 2004, epidemias e roubos por parte dos colonos, que puderon ir superando grazas os coñecementos dos máis ancians e da propia natureza na que vivían.

    ResponderEliminar
  8. A verdade es que é bastante triste que estemos presumindo de vivir na sociedade da información e de que temos tódolos recursos ao noso alcance pero en realidade vivimos en moitos aspectos baixo a ignorancia. Existen aspectos moi ricos de diferentes culturas e só nos orientamos nunha liña de pensamento, e en xeral no mundo occidentalizado, só porque consideramos que é o mellor.

    É unha mágoa que esta língua e moitas outras están e risco de extinción levando con elas a cultura e a sabiduría populares, que moitas veces non quedan rexistrados posto que se transmiten de forma oral.

    ResponderEliminar
  9. Ola.
    Como din os meus compañeiros é unha pena que linguas que identifican unha cultura e un pobo, morran. Eu penso que están comezando a perderse e perderanse moitas máis por causa da globalización. Seguramente, a xente das tribos pensa que mellor será falar a lingua que falen todos, nun instante de non facer esforzos. Pero non se dan conta de que coa morte da última persoa da tribo, perdeuse, como vimos na clase e como no libro "En galego, porque non?" unha forma de velo mundo.
    Un saúdo
    MIREYA BENITO MORCUENDE

    ResponderEliminar
  10. Eu coincido con Mireya. As linguas comezaron a morrer coa globalización. Pero non considero este feito como algo actual. Durante séculos uns pobos foron invadidos por outros e un xeito de impoñer o seu control sobre eles, ademais da represión, foi a imposición dun idioma oficia. Antes chamábase colonización e non chegaba a todas as partes, polo que sempre quedaban redutos que puideron chegar os nosos días. Agora, a invasión é global e non hai recuncho no planeta onde os tentáculos da economía global ( a actual colonización) chegue.

    ResponderEliminar
  11. Estudei casos parecidos na miña carreira e ai un poema de John Ross que escenifica moi ben o que significa que unha língua morra,só encontrei esta versión traducida dun blogue e pareceme interesante tanto o que dí o poema tanto o que dó o blogue.
    http://erisada.blogspot.com/2007/11/cuando-muere-una-lengua-seleccin.html
    A ligazón do poema en inglés por se o queredes leer é esta: http://morknme6.wordpress.com/john-ross-when-a-language-dies/

    ResponderEliminar
  12. Realmente é unha magoa que pase isto, pero o peor de todo, é que non é un feito illado, senón algo que ocorre todos os días. Cando non hai unha comunidade lingüística ou un grupo de persoas que se comuniquen nesa lingua, pois está claro, desaparece, e con ela moitos anos de historia e cultura.
    Eu atopei un artigo en internet relacionado con esta noticia que fala de outras linguas que desapareceron. Déixovos aquí a dirección.
    http://losdeabajoalaizquierda.blogspot.com/2011/03/tambien-las-lenguas-se-mueren.html

    ResponderEliminar
  13. É unha mágoa que isto siga a acontecer e que non se faga nada desde certas institucións con políticas lingüísticas como pode ser promover a utilización destas linguas entre a xente máis nova ou aprendela como outra lingua máis en colexios para lograr a súa pervivencia.
    Por outro lado, non estou de acordo en que a conservación dunha lingua se poida dar creando gramáticas ou dicionarios porque unha lingua que non é empregada para comunicar, pensar, contar...deixa de existir como lingua, pois non é funcional.

    ResponderEliminar
  14. Eu atopo estas historias (a do Bo e a do Nu Shu aportada por Lara, grazas Lara!) incriblemente románticas e cheas de beleza. Tamén creo que é o máis natural que as linguas morreran canda estas mulleres. Estas linguas naceron para esas persoas, para seren utilizadas neses contextos e para cubrir unhas determinadas necesidades de comunicación. Cando algo perde o fin para o que naceu, deixa de ter sentido. E por moito que doa non podemos pretender que outra xente, que xa non sinte lazos nin obriga ningunha con estas linguas, as conserve por unha nostalxia que non vive. O caso do Nu Shu paréceme máis fermoso: unha lingua creada polas mulleres ás que lles foi vetada a lingua oficial canda a educación que os homes si podían disfrutar. Creo que foi unha vinganza perfecta, unha vinganza intelixente. Elas ganaron a batalla, a ganaron da forma na que as mulleres sempre ganamos todas as nosas guerras: pacífica e silenciosamente. Ganaron, pero foi a súa guerra. Nós poderemos ler a súa historia, admirar a súa coraxe e a súa iniciativa pero as mulleres de hoxe xa non a precisan. O caso do Bo é máis do mesmo, é como o coñecido caso do capitán: o capitán debe afundir co seu barco. Ben, a lingua pode ser o noso capitán neste caso. Se os falantes viven, a lingua muda e se adapta. Se os falantes morren, a lingua escóltaos á tumba. E eu o atopo absolutamente romántico.

    ResponderEliminar
  15. O exposto neste artigo é un exemplo de colonización, onde unha cultura se impón a outra, facendo que pouco a pouco se vaian perdendo as súas costumes e tradicións, lingua, etc.
    É una realidade triste, pois unha lingua é depositaria de historia, tradición e cultura. Tal e como apuntou a miña compañeira Inés Cendón, cando só queda un falante dunha lingua, “xa hai ben tempo que morreu”. Para que unha lingua non desapareza é necesario o apoio institucional, co fin de que ésta poda competir, ou polo menos, non ser asoballada polas linguas globalizadas. O que deben pretender estas axudas é que a lingua non quede relegada a un simple uso no ámbito familiar, senon que se promova na escola, na administración e no ámbito social.

    ResponderEliminar
  16. Esta noticia está moi en relación co texto de Teresa Moure “A batalla das linguas no mundo actual” para que vexamos que realmente algunhas linguas perden na batalla da supervivencia. Porque pensar que hai linguas, do mesmo xeito que as persoas, que nacen para morrer? Porque non transmitirlle aos máis novos esa lingua e así garantir a súa supervivencia? Eu non vexo nada malo nisto, se todos estamos en contra da homoxeneidade do mundo o normal sería que isto que lemos no xornal non acontecese, pero claro, para conseguir isto dá igual que nós nos convenzamos se a xente que debería facelo non o fai, se ante a presenza doutra cultura non intentamos loitar pola nosa propia é inevitable que sucedan cousas coma esta. Os falantes de todas as linguas son os que deben decatarse da riqueza que posúen e loitar por mantela.

    ResponderEliminar
  17. Que duda cabe, como ben apuntaban por ahí arriba os compañeiros, que cando queda un só falante a lingua xa está perdida. Máis denoto tristeza, porque ninguén intentara quedarse coa lingua que falaba esa muller, supoño que viviría rodeada de persoas nalgún contorno, senón a noticia non chegaría a saberse.

    En canto a aportación de Lara, moi interesante o enlace. Descoñecía totalmente a existencia desa lingua, que as propias mulleres desenvolveron, o non poder optar a educación, como forma de comunicación persoal nun contexto machista. Tamén darlle os meus parabéns a Boris e Emilio polas súas aportacións.

    En canto o galego, é en modo ironía, non deberíamos temer pola nosa lingua. Somos un pobo colonizador...temos que percorrer todo o mundo para poder encontrar traballo

    ResponderEliminar
  18. Todos los días mueren lenguas y como dice el siguiente documento, más de la mitad de las lenguas mundiales están en peligro de extinción.

    En el documento se explica, cómo muere una lengua. Espero que no esté repetido: http://www.elpais.com/articulo/sociedad/muere/lengua/elpepusoc/20100617elpepusoc_1/Tes

    Un saludo

    ResponderEliminar