domingo, 23 de outubro de 2011

Galegofobia recente

Había persoas que non coñecíen a polémica que causaron estas declaracións que mostran a persistencia de preconceptos sobre o galego: http://www.youtube.com/watch?v=O4iUzyVQTIM

34 comentários:

  1. Descoñecia as declaracións que se fixeron no video.
    Pareceme incrible que a estas alturas, en pleno século XXI unha persoa galega poida dicir que un rapaz "perde" polo simple feito de falar galego.Do mesmo xeito quedei perplexa coa afirmación que fixo de que non falaba galego porque cometía erros e en castelán non.Na miña opinión,todos os galegos deberíamos dominar galego e castelán ó mesmo nivel e no caso de cometer erros ó comunicarse en galego, pois ter unha porcentaxe similar dos mesmos ó expresarse en castelán.

    ResponderEliminar
  2. Eu xa escoitara falar da rapaza e o comentario sobre o galego, aínda que non en tanta profundidade. A min o que máis me chama a atención é que afirme que "todos os libros eran en galego" e inmediatamente despois que ela mercaba en castelán (non sei como o conseguía).
    Sobre os mozos que "perden puntos" ao falaren galego, a que o perde é ela. El seguro que gañou en tranquilidade. Eu coñezo parellas nas que os memebros falan un galego e o outro castelán e non teñen ningún problema por combinar.
    Se ben sería moi desexable que todos acadásemos un nivel similar en castelán e galego, paréceme moi difícil porque os contidos tenden a estar cada vez máis en castelán, e sobre todo por estas actitudes que aínda perviven: coñezo un rapaz que aos 17 anos decidiu cambiar e falar só en galego por cuestións ideolóxicas, e ao cabo duns meses a súa nai díxolle o seguinte:
    "Desde que hablas en gallego ya no pareces mi hijo, sino que te han cambiado".

    ResponderEliminar
  3. No vídeo podemos escoitar unha opinión, que poderá ser máis ou menos xeral, aínda que creo que está intimamente relacionada coa educación ( do entorno social)recibida por esa persoa. Pode que na época que nos tocase vivir no noso pasado, certas ideas estiveran máis ou menos xeneralizadas como a asociación de falar galego a inculto, sobre todo entre a xuventude, pero debemos crecer non só cumprindo anos senón tamén culturalmente, formándonos e enriquecéndonos constantemente. A educación non remata na escola, continúa coa nosa vida, e isa é unha tarefa individual.

    ResponderEliminar
  4. Estou de acordo con Emilio en que unha opinión xeral, pero xeral nas cidades. En Coruña moita xente cré que o galego e do rural ou coma din ela de "paletos".
    En canto os libros que din Inés, era posible comprarlos en castelán no Corte inglés, eu tiña compañeiros que tamén os compraban en castelán, se os comprabas no colexio, entón tiñaos no idioma que lle correspondía.
    En canto as declaracións da rapaza, cando as oira, xa me deu vergoña como estaba a falar da miña terra na televisión. Non falo galego e mais gústame moito oilo falar, e cando me falan galego intento falalo eu tamén, porque gústame pero fáltame o costume.
    O de que os homes perden puntos polo seu idioma faime hasta gracia, a mín si me gusta un rapaz, vaime gustar fale no idioma que fale. Esta rapaza está influida polo prexuizo de que o galego e de "paletos ou ignorantes" e non é capaz de ver máis aló. Gustaríame preguntarlle a nena, si cando estaba en Lugo traballando que o 80% falaba "galego feo" entón quere dicir que só o 20% dos lucenses son intelixentes ¿o resto son paletos?

    ResponderEliminar
  5. Creo que este tipo de opinións teñen unha gran relación cunha falla de cultura xeral, como cita Emilio. Dame mágoa que a xente pense isto, máis ben vergoña allea, e por desgraza acontence. Non coñece a lingua pero case alardea da súa ignorancia, pasaralle co inglés, co castelán e sobre calquer tipo de criterio que teña que ver ca realidade que lle rodea. Pobriña.

    ResponderEliminar
  6. Estou dacordo con Emilio e Lara en que isto é unha cuestión de ignorancia e da (mala) educación que recibiu esta rapaza na súa casa.
    É certo que moita xente pensa coma ela, que cre que os que falan galego son isto ou aquelo... E é triste, pero moitas veces os que atacamos ó galego somos nós mesmos. Pero é que ela parece que non se da de conta de que o que dí é un ataque tremendo contra o galego e contra todos os galegos, e contradícese dicindo logo: "es una pena que a nuestro propio idioma lo tratemos así, que lo hagamos nosotros además." ¿Cre que pode dicir iso despois de soltar todas esas burradas?

    E cóstame asimilar que algunha xente poda estar dacordo có que dí ela de: "el primer estímulo que te produce ver una persona joven hablando gallego es negativo." Non sei, non podo entendelo. Vale que algunha xente non o fale, vale que a algunha xente non lle guste, pero chegar a esos extremos paréceme de chiste.

    E o de "escuchar a gente joven hablando gallego queda raro"... Non sei de onde é esta tía, pero para dicir iso supoño que NUNCA saíu da súa casa máis que para entrar na de Gran Hermano.

    Non sei qué pretendía con esas declaracións, pero se sabe que cando Marta Sánchez dixo que se sentía madrileña iso sentou mal en Galicia... ¿cómo pensaba que esto que dixo ela nos iba sentar?

    Soamente espero que a botaran do programa pouco despois de ese día :P

    ResponderEliminar
  7. Paréceme moi triste cunha persoa "ignorante" coma ela fale da situacion da lingua galega. O problema é que este programa o vei moita xente que pensa que a situacion é así.
    Soamente temos que pensar que xente que ten vergoña da súa orixe non ten credibilidade nas súas opinions.

    ResponderEliminar
  8. Brrrr. Que vídeo máis vomitivo.

    De ónde saíu esta rapaza?. De qué submundo?. Ten todos os prexuízos e di todos os tópicos que Goretti nos mostrou no segundo día de clases. E o malo é, que non me extranaría que houbera máis "individuas" coma ela

    Incrible.

    Non podo máis. Síntoo.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  9. Máis aló da vergoña e as náuseas que podan provocar os comentarios desta rapaza, está unha realidade. De todo, mesmo dende esa vergoña allea, podemos sacar algo positivo;Non se trata de xulgar a súa intelixencia, senón de tér en conta a súa opinión sobre a lingua do lugar do que procede e empregar isto coma reflexión. Porque aquí fala unha moza, non coma representación do pobo galego(espero que aqueles que dende fóra miraran o programa teñan iso claro),pero si coma parte del;Coma membro dunha realidade, que guste ou non, existe. E, sentíndoo por Telmo, non é un caso aillado.

    Non está demáis escoitar.Non hai que querer tapar os ouvidos ante comentarios coma este. porque a millora ten que se traballar dende a realidade, e coñecela axuda a atopar as ferramentas para facelo.

    ResponderEliminar
  10. Coñecía este vídeo, e coñezo tamén o tremendo lío que se montou a raíz del, sen ir máis lonxe, nas redes sociais.
    Cando saiu este vídeo moita xente puxo o grito no ceo e, de súpeto, parece que a todos, ou a case todos, saíunos o "orgullo galego". Igual que nos sae cando vemos na televisión eses anuncios de Gadis nos que nos din eso que parece xa tan noso de "Vivamos coma galegos!". Neses momentos sentímonos os máis galegos do mundo.
    Eu son da Coruña, nacín aquí, crieime aquí e fun aquí á escola e á universidade. E non conto isto por casualidade senón porque penso, moi sinceramente, que nesta cidade (falo da capital) o pensamento desta rapaza está moi estendido.
    É obvio que sempre hai excepcións (e menos mal!), pero, polo menos eu, moitas veces escoitei o que di Marta no vídeo.
    Trátase de prexuízos? por suposto, pero creo que eses prexuízos non son tan antigos coma se pensa, polo menos en determinados lugares.
    Por desgracia, ao longo da nosa vida atoparémonos con xente que pense así, e teremos que sacar, neses momentos máis ca nunca, o noso "orgullo de galegos" e tentar que a xente vexa que o coñecemento do galego, unha lingua que é nosa, só ten a consecuencia de que nos enriquece, que nos da cultura, e que non podemos permitir que esa cultura se estrague por vergoña ou falta de coñecemento. Penso que coma galegos está nas nosas mans facerlles ver iso a aquela xente que pola súa experiencia ou por falta de coñecemento rexeita a nosa lingua. Non podemos quedarnos só con criticar ese pensamento, senón que temos que darlle argumentos á xente que pensa así de por qué hai vida máis aló do castelán.
    Nas mans dos pais e profesores desa rapaza tamén estivo, só que eles non souperon tomar esa responsabilidade.

    ResponderEliminar
  11. Vou empezar opinando cunha breve cita o comentario de Beatriz, onde di: "Estou de acordo con Emilio en que unha opinión xeral, pero xeral nas cidades. En Coruña moita xente cré que o galego e do rural ou coma din ela de "paletos".

    Estou totalmente de acordo con que nas cidades, e en Coruña, en maior medida que as demáis cidades galegas, hai moitos prexuízos entre a xente nova coas persoas que falan galego. Así mesmo, nas aldeas tamén pasa o contrario coa xente de Coruña que fala castelán ou os que veñen falando ese "dialecto" chamado "koruño", que tamén os da aldea nos deixamos votado unha risa a súa costa...ou eso solo me pasaba a min?

    Eu coñecín a rapaza esta antes de entrar en Gran Hermano, porque temos amigos en común, e nunca problema tivo nas poucas veces que coincidimos co idioma no que me expresaba nin nada polo estilo. Esta claro que no vídeo non deixa títere con cabeza, moitas veces expoñendo a súa opinión e moitas veces expoñendo os típicos tópicos pexorativos sobre o galego, que a min como galegofalante tocanme a moral ata extremos ovalados(finamente dito).

    Citando a Inés Cendón Rodriguez. A súa opinión: " Sobre os mozos que "perden puntos" ao falaren galego, a que o perde é ela. El seguro que gañou en tranquilidade. Eu coñezo parellas nas que os memebros falan un galego e o outro castelán e non teñen ningún problema por combinar"

    Cando vín o vídeo por primeira vez e escoitei esto dixen eu: "o montón de xente tan retrasada, que deixa de coñecer xente por esta forma de pensar..." . Pois un día comentandoo no vestiario cos compañeiros do fútbol, dime un dos mesmos."oíste!¿andarías tú con una kinita destas de coruña, que te vienen pidiendo cinco pavos de sopa pal buga no?" E a miña resposta instántanea foi no. Non me preguntes o motivo da miña resposta, pero foi non. Algo que eu non entendo que pase coas persoas galegas, pasame a min con outras persoas que falan outro "idioma", o que non me pasa co galego, co castelán, co catalán.

    Eu a nivel persoal, son unha persoa que falo galego por costume dende neno e sigoo falando, sen ter problema con ninguén aínda que me falen en galego ou castelán, e creo que por encima dos idiomas están as persoas. Así que falando entendese a xente, e se todos nos molestamos por falar dous idiomas, pois podremos comunicarnos con máis xente. Así de sinxelo.

    P.D: Ahora pensade por un momento que entrades en Gran Hermano (non lle desexo mal a ninguén, solo e unha hipótese) e pensade o que poderíades chegar a decir vós do galego, de Galicia, de persoas de certas zonas de Galicia...eu, a nivel persoal, penso que ía dar pa sacar máis de un vídeo en internet e ser declarada persoa non grata en certas cidades!!!

    ResponderEliminar
  12. Neste vídeo poden observarse todos os prexuízos dos que se falou na aula. O que a min máis me chama a atención, e que se oe a miúdo pola rúa é: "Eu gosto moito do galego, mais non o falo porque non o sei falar ben". Isto é un prexuízo máis para excusarse de non o falar, pois cando unha persoa comeza a estudar alemán, francés, inglés ou calquera outra lingua por suposto que non a sabe falar ben, mais intenta día a día conseguir expresarse mellor e non a deixa de lado.
    Alén disto, fai referencia a que ela non sabe falar o galego da RAG, ninguén fala o galego con todas as normas que hai, pois as normas son para a escrita. Ou é que cando se fala español se fala o español da RAE? Eu desde logo nunca o escoitei.
    Outro prexuízo que creo que ninguén referiu é ese de "el gallego lo hablan jóvenes de la ciudad que son extremadamente nacionalistas, y que, aunque sepan castellano por narices tienen que hablar gallego". Hai moita xuventude na Coruña que che fala en galego e é de dereitas, de esquerdas ou de ningún partido. Alén disto, parece que a afirmación xa a leva a dicir que o que o correcto é falar en español, mais que certa xente por molestar aos demais fala galego.

    ResponderEliminar
  13. Ola. Este video mostra a opinión que en algunhas cidades galegas se pensa do galego. Fora de Galicia hai moita xente que pensa que os galegos, por falar o seu idioma, parecen uns brutos, uns bestias. Tamén se di do alemán e agora as Escolas Oficiais de Idiomas están cheas de xente que o quere aprender. O peor que me parece é que esta persoa é galega, sabe falalo e solamente fala dos prexuizos que a xente ten do galego. Ademáis, creo que minte, como dixo un compañeiro meu máis arriba, xa que os libros non son todos en galego e menos cando ela ía á escola. Ela non explica para nada a realidade galega, fala moito dos prexuizos, pero dicir que moi pouca xente o fala...non ten perdón.
    Un saúdo
    MIREYA BENITO MORCUENDE

    ResponderEliminar
  14. Non vira este video porque cando saiu toda esta polémica eu encontrabame estudiando no extranxeiro,pero direi que o seu eco chegou ate Polonia.
    Dicíase que unha rapaza galega saira no GH dicindo miles de pravadas sobre os propios galegos e a sua lingua.
    Visto o video agora si podo opinar.¿Parvadas? pois pa min si dixo unhas cuantas coma "la gente que habla gallego es paleta" o " el gallego de la gente joven solo es de nacionalistas o de gente del medio rural".
    Pois si un poco parvadas si son, pero paremonos a pensar un pouco; por desgraza ¿canta xente pensa igual que esta rapaza? Moita máis da que pensamos. Seguramente que moita xente que se revindicou contra ela se as chegaramos a coller noutro intre dirian o mesmo ou moi parecido do que dixo Marta.
    Asi que no que me fai pensar este video é na cantidade de xente que realmente pensa como esta rapaza e eso pra min si que é unha gran mágoa.

    Noelia

    ResponderEliminar
  15. Boas !
    Estou de acordo con moitos de vos.Aínda que este tipo de declaracións nos provoquen abraio é unha realidade moi próxima.Poderíamo-lo chamar ignorancia ou falta de coñecemento pero eu diría que é un problema de identidade.
    Vexo contradicións nestas declaracións xa que se sinte orgullosa do noso acento pero pola contra avergóñase da nosa fala.

    ResponderEliminar
  16. Estou dacordo contigo Tamara, contradícese un pouco nos feitos (co desprecio que lle fixo ao rapaz que falaba galego, como tamén ocorre no video da "escola das areas" co profesor e Alfonsiño) cando dí que está orgullosa de ser galega. Se estas orgullosa de ser galega, tes que estar orgullosa de falalo e de que o falen os demáis, ben ou mal.
    Como vas defender algo se non o sintes teu?
    Sei que é unha opinión dunha "persoa de cidade",coma eu, e a respeto, pero non todas pensamos da mesma forma e a compartimos...

    ResponderEliminar
  17. Olá,
    coincido bastante com o comentário de Tamara já que nom acho que seja um problema de cultura, se calhar pode-o ser na expressom da rapariga mas nom no fundo da questom.
    A existência de prejuízos é um processo iniciado desde o âmbito espanhol desde a Idade Média do qual há bastantes livros que recolhem este tipo de afirmaçons que saem da boca de gente ilustre como Quevedo, por exemplo.
    É por isso que nom devemos ligar ao nível cultural o fundo da questom.
    Deixo um outro exemplo dumha pessoa à que se lhe supom um nível cultural alto falando sobre umha língua distinta do castelhano na península como é o basco.
    http://www.youtube.com/watch?v=dvpFUK7YU9E

    ResponderEliminar
  18. BEATRIZ ALONSO JIMÉNEZ
    Como muchos de mis compañeros dicen anteriormente, se ven parte de los prejuicios analizados en clase; los cuales se producen cuando la persona desconoce el tema del que habla. Yo no soy gallega y me cuesta mucho entender como una persona puede llegar a decir tantas tonterias como por ejemplo que si un chico la habla en gallego pierde todo el encanto o parece una persona mas bruta. Estoy en total desacuerdo. Estoy de acuerdo con Ruben en que esto sale en un programa de la tele que , por desgracia, mucha gente ve y puede llegar a creer que esto es asi en realidad.Me parece indignante que tal y como esta la situacion de complicada con muchas lenguas, entre ellas el gallego, la chica no utilice este medio de comunicación que tanto alcance tiene precisamente para explicar a todas aquellas personas ignorantes en el tema que todo eso es mentira, no porque hables otra lengua una persona es mas inculta, todo lo contrario yo creo que cuantas mas cosas sepamos mas cultas y enriquecidas intelectualmente estamos las personas

    ResponderEliminar
  19. Non pensei que me ía rir con isto do blog pero os comentarios de Inés de "El gañou en tranquilidade" e o de Modesto de "non lle desexo mal a ninguén" conseguirono. Estou de acordo con moitas das opinións pero tamén creo que hai que ser realistas como apunta Nadia en que a súa é unha opinión que existe e hai que ser conscientes diso. No seu momento entereime de que houbera comentarios sobre o noso idioma pero xa non quixen ver o video sabendo de onde viñan.

    A miña parella fala castelán porque súa nai non era de Galicia e eu galego e nunca temos ningún problema, polo menos en relación a iso senon que ainda nos enriquecemos do vocabulario propio dos nosos lugares de nacemento. Ainda así se falase galego creo que no meu caso gañaría máis que perdería puntos polo que eu non opino como a de GH.

    Ela ademais contradise porque di que non se fala nas cidades pero logo resulta que en Lugo sí, que é unha cidade non? Podería sentirme ofendida poque son de Lugo e do rural polo de paletos pero non paga a pena.

    Ela insiste en que non quere falar en galego porque non o vai falar ben pero eu creo que o falaría igual que o castelán, non sei si ben.

    Sen embargo, a pesar de que este prexuízos sexan falsos debemos ter en conta que existen e se queremos que sobreviva o galego debemos coñecer que existen. Por exemplo un prexuízo co que me atopei e ainda non o entendo que que a nai asturiana da miña afillada pois dixo que a súa filla tiña que falar porque é de Ribadeo, e alí falase máis castelán. A outra filla criouse máis cos avós paternos e non con tanta influencia castelá e polo tanto adquiriu o idioma do pai, o galego. Pero agora á miña afillada fálanlle castelán e ademais mandalle a súa irmá falarllo. Ainda que a miña afillada xa está perdida non quero que iso lle pase á irmá maior. Creo que isto pasou moito tamén nas grandes cidades e non só cando un dos pais non falaba galego e iso é o grave problema de transmisión xeracional do que falabamos na clase. Todo isto ven a que os prexuízos existen e son difíciles de eliminar.

    ResponderEliminar
  20. Boas Noite, estou de acordo coa maioría de vós. A verdade é que hay que ter en conta que neste tipo de programas xa entran persoas cun perfil e cunha ingnorancia que se leva repetindo dende que comezou o concurso.

    Ela indica que non fala galego por non falalo mal, e que ten que ir traducindo pouco a pouco se non se intenta é sinxelo que se perda. Isto demostra o pouco apego desta persoa pola súa cultura

    ResponderEliminar
  21. No habia visto estas declaraciones y me parecen realmente penosas. Esta claro que esta mujer habla desde la ignorancia. Ademas me resulta graciosa su reticencia hacia alguien que hable en gallego, porque entonces tampoco se podra gustar mucho a si misma.

    ResponderEliminar
  22. A ver non é por xeralizar pero unha persoa que entra en GH non soe entrar pola súa excesiva cultura ou por ser 100% cabal (seguramente existirán excepcións) este video recórdame a outro que aínda que non teña nada que ver non saímos moi ben parados por una besta (no sentido peiorativo da palabra) chamada Rosa Díez,encima agora mesmo está a chupar do bote no Congreso dos Diputados. Deixo eiquí o enlace por se alguen non sabe do que falo http://www.youtube.com/watch?v=HPgWFmnxDHk

    ResponderEliminar
  23. Despois de ver este video non teño palabras... Nacín e crieime na cidade da Coruña e estou totalmente convencida de que a maioría da xente nova non pensa coma ela.
    Estou totalmente de acordo cós comentarios anteriores sobre a pouca intelixencia e xuízo que teñen as persoas que entran neste concurso de masas, non hai máis que ve-lo vídeo!!

    ResponderEliminar
  24. Coñecía estas declaracións, moi triste … Penso que o que nos temos que plantexar é o motivo polo cal esta persoa pensa de tal maneira, así coma a galegofobia que manifesta. Esa opinión é a consecuencia dunha campaña de desprestixo da lingua galega ao longo de moitos moitos anos, e que por desgracia, é un sentimento bastante frecuente na xuventude das cidades galegas, principalmente na que nos atopamos.

    ResponderEliminar
  25. Xa escoitara falar desta rapaza, pero nunca vira o vídeo. Eu recomendaríalle que léese o libro de Nuñez Singala “En galego por qué non? Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega” porque ten tódolos prexuízos que se poden ter sobre a lingua galega e haber se despois de léelo cambiaba de opinión. Comparto as opinións dos demais compañeiros. A min realmente paréceme unha vergoña que se poidan ir dicindo esas cousas por aí adiante do galego. ¿De verdade unha persoa perde por falar en galego? Estas declaración parécenme un menosprezo ó idioma galego, unha falta de respecto moi grande.

    ResponderEliminar
  26. Estou de acordo con Emilio e con Tamara.
    De nada nos sirve criticar os comentarios de Marta (que así se chama a rapaza) xa que estariamos a criticar a realidade. Temos que aceptar que unha gran cantidade de galegos pensan coma ela. E isto é un problema non só de educación porque estas opinións as teñen persoas cultas e incultas, con diñeiro e sin diñeiro. A diferenza é quén o di porque non ten pelos na lingua nin lle importa o que pensen del ou dela, e os que non o din sinxelamente porque non poden ou non deben. Os prexuizos existen e o sabemos, por sorte non existen en todos nós e polo tanto algo se está a facer ben. O que estaría perfecto sería conseguir que a xente mirara o galego con outros ollos, que se identificara, que lle gustara. Cando o consigamos, teremos o fin deste tipo de comentarios que a ninguén lle gusta escoitar.

    ResponderEliminar
  27. Boas.

    Xa sufrín a indignación provocada por este video fai tempo, sobretodo a través da súa difusión nas redes sociais.
    Estou de acordo coa maioría de vos, é coma dicían as avoas: "que falta de ignorancia!".
    A pobre rapaza non entra en nada máis que contradiccións e o que é aínda máis triste, seguro que pensa que fala un castelán excelente... Por se non é o caso, xa lle dicimos que non.

    ResponderEliminar
  28. Estou totalmente de acordo co que din algúns dos meus compañeiros, como Lara ou Noelia, por poñer un exemplo. O máis doado sería pensar que o que sucede é que esta rapaza é unha ignorante ou que non é moi intelixente. Pero a realidade é que ela di o que unha parte da sociedade galega pensa -espero que non sexa unha porcentaxe moi grande- pero non se atreve a dicir, porque non é politicamente correcto. E na miña opinión, que queredes que vos diga, pero non sei que é peor, se o que pensa desta maneira e o afirma publicamente -sabendo que vai levar críticas pola súa forma de pensar- ou o que pensa así pero non o di por non quedar mal. Eu case prefiro ó que di o que realmente pensa, por moi en desacordo que eu poida estar, có hipócrita de turno. Vivimos no mundo do politicamente correcto e ás veces parece que todo é de cor de rosa. Cando a realidade é ben distinta.

    Lembro que cando souben da existencia deste vídeo pilleime un cabreo tremendo. No momento en que o vin levaba varios meses vivindo en Barcelona, e o mero feito de comparar a situación do catalán e o galego facíame sentir triste, e á vez sentir un pouco de envexa. Envexa da mala. Non creo que exista iso da envexa sa.

    Por outro lado, quería salientar que non penso que se trate soamente da existencia de certos prexuízos lingüísticos por parte desta rapaza. Aquí hai algo máis, unha especie de sentimento de inferioridade polo feito de ser galega e ter ese acento que segundo ela é moi feo. E ó contrario do que din algúns dos meus compañeiros, non penso que sexa unha contradicción que ela memsa diga que se sente orgullosa de ser galega. Penso que aí reside o quid da cuestión. O seu sentimento de inferioridade está tan interiorizado e enraizado que ela mesma nin se dá de conta. Vou poñer un exemplo que pode semellar non ter nada que ver a primeira vista, pero se o analizamos podemos atopar algúns puntos en común. No campo dos estudos post-coloniais referentes á cultura e literatura das antigas colonias inglesas, emprégase moito o concepto de "colonising the mind" (colonizando a mente) para describir a maneira en que os habitantes dos países colonizados, acababan asumindo como algo natural a súa condición de seres "inferiores" e a súa cultura como "inferior" á cultura do país colonizador. Xa sei que o caso galego é moi diferente, pero non deixa de ter certas similutes que nos poden levar á reflexión. Quizáis, esa sexa unha das razóns que expliquen porque a maioría das veces, o peor inemigo que temos os galegos somos nós mesmos.

    ResponderEliminar
  29. Vaia… vaia, vaia…

    Dende logo que esta conversa mostra esa ‘falta de ignorancia’ que dicides, e sendo consciente de que estades a facer unha observación, e non a xulgar á rapaza, para mín o mais significativo é o que o seu discurso representa. Por suposto que prexuízos a esgalla, probablemente mais polo seu sentimento de inferioridade, como dí Pablo, que lévalle a posicionarse seguindo os ‘modos de éxito social’ recoñecidos, por así dicilo.

    Paréceme unha mostra, aplicada ao caso do galego, de algo moi ‘gordo’ que acontece a todos os niveis na nosa socidade: o duplo discurso.

    Vivimos na era da información e, se cadra, da cultura, pero estamos empachados por non traballar o noso criterio mais que o consumo de datos. Parece que isto non ten moito que ver co vídeo, pero eu míroo coma se nos estivésemos a poñer un traxe de progreso (educativo, cultural, tecnológico… porque xa está o país alfabetizado, que si temos TICs en todo lugar…) pero dentro de esa traxe mantemos as inquedanzas de sempre, especialmente sociais, xa que o clasismo non só non está a desaparecer se non que está a se corporativizar. E non falo de empresas, se non que cada unha das antigas clases sociais estase a tornar mais monolítica e as diferenzas entre elas de novo se agudizan (e cómo!!). Ademais agora apenas hai loita social de fondo, continuada, que é a que da resultados, co que a xente básicamente pensará qué é o mellor que pode facer para mellorar a súa propia situación… tal vez así conclúen que non lles convén falar galego, ou que non lees molan os mozos que o fan 
    Se cadra vou un pouco lonxe pero non podo evitar pensar nestas cousas.

    É espeluznante non só polo que implica para o galego, ademais amosa un retroceso social importante. Porque eu tamén estou convencida de que haberá mais que pensen coma ela.


    O exemplo que pon Modesto sobre a rapaza que pide cartos para a sopa do buga, non me parece comparable. Non penso que sexas prexuizoso por rexeitares a alguén con tanto morro, se precisas 5 euros ¡pídesllos a un colega! E se non, chamas, que se o pides a descoñecidos ou ves dunha rave ou es un xeta, e ningún dos casos é compañía moi recomendable. Rexeitar a alguén polo que fala… e ben diferente.


    Teño que decir que ese sentimento de inferioridade por falar o galego é considerado así precisamente por algúns galegos. Medrei en Zamora e as veces saía o tema coas amigas/os, a verdade é que no centro da península téñenlle mais medo ca outra cousa a que lles falen algo que non entenden, ou a viren eles a vivir aquí e ter que se enfrentar a esa ‘incomodidade’ dunha segunda lingua. Sí que as veces ‘flipan’ cos acentos, pero a ninguén se lle ocorreu xamais (alo menos diante de mín) menospreciar a lengua ou a cultura galega. Mais ben hai algo de envexa polo fermoso da terra e polos recursos do país, e porque normalmente aquí hai mais traballo e vidilla cultural.

    Pero claro, esto ao meu nivel social, porque quedo xeada co vídeo de Rosa Díez ¿qué é iso??? ¿Cómo pode esta muller falar así? E tamén moi importante ¿respondeulle alguén?? Ou ¿por qué non ten eco a resposta? Verdaderamente aquí está o mesmo problema, e é un monstruo de problema...

    ResponderEliminar
  30. Quedeime abraiada... non sei que dicir que se poda escribir aqui... só me veñen a cabeza alguns refrans como que o falar non ten cancela...

    ResponderEliminar
  31. Paréceme triste que hoxe en día haxa xente xoven que non saiba apreciar a vantaxe que supón vivir nunha comunidade bilingüe, coñecer dúas linguas e ter máis facilidade de aprender outras novas. Non consigo comprender por que esta rapaza ten esa visión do galego e rexeita usalo, cando, por outro lado, admite que lle gusta escoitalo. Creo, ao igual que algúns dos meus compañeiros, que ninguén fala ningunha lingua sen cometer ningún tipo de erro.
    Chamoume moito a atención o de que o acento caracterizado por gheada e seseo considérase moi bruto. Fíxome reflexionar sobre os prexuízos que temos en canto aos acentos que soan diferentes do normativo, digamos. Eu son andaluza e alí pasa un pouco o mesmo, considérase máis bonito o andaluz de Sevilla, por exemplo, que o de Almería, porque é o que máis se coñece ou porque soa máis pavero. Penso que cada unha das variantes dunha lingua enriquécea e debemos ser conscientes diso.

    ResponderEliminar
  32. Menos mal que non vexo estes programas.pois ante estes tipos de reflexións sobre a lingua galega ou te ofendes ou che da a risa,optei por rirme.Non sei que realidade lingüística vive esta tía pero dende logo a realidade do meu entorno é moi distinta,seá que son de Bergantiños...
    ¿Non recibiu clase da Historia da Lingua Galega?.porque eso de confundir as variedades lingüísticas de Galicia con un Galego máis bruto,refírome á gheada máis ó seseo,non che me entra na cabeza.Remato a miña opinión cunha recomendación para a nosa Gran Hermana:lee un pouquiño máis para que o próximo monólogo que deas estea fundamentado.

    ResponderEliminar
  33. o día que vin este video colgado en todas as redes socias dos meus amigos non me podía creer o que estaba escoitando.

    sinceramente penso que esta rapaza é bastante ignorante, xa que non todas as persoas que falamos galego somos nacionalistas e polo menos na miña zona falar galego non e un impedimento para ligar ou conocer xente novo, non sei no voso?

    realmente, dame vergoña ver como unha persoa da súa idade pode pensar así, pero que lle imos facer? non todo o mundo sabe apreciar o que é bo.

    ResponderEliminar