Estamos acostumados a xulgar o que é distinto de nós coma o que non debe ser .
A quen non lle gusta sentirse libre?
O diferente sofre a miúdo o encerro da crítica e a mofa. Na aceptación (ou na desinterese por xulgar) dos outros, coma igual ou non, atopa o primeiro a súa liberdade.
Nunha parte do filme, a mestura de sons forma unha música moi agradable. Cada ser, un son da melodía. Así mirado, resultaría máis doado e gratificante dar a benvida a cada novo instrumento
Os debuxos son moi fermosos, a animación moi expresiva, represéntase todo moi ben. Gustoume moitísimo a voz da narradora. Gracias por este tipo de material na aula, a clase resulta dinámica e enriquécese máis.
Pareceume un video moi interesante.Ser diferente, saírse do que os demais estipulan como "normal" sempre é xulgado e comentado, pero ó mesmo tempo é encantador e orixinal. Resulta sinxelo facer o que fan os demáis, pero facer algo diferente, ó meu parecer iso é o que ten mérito e ó final penso que a xente que os critica e únicamente por envexa.
Penso que a cuestión da diversidade (e o tratamento da mesma tanto a nivel individual coma institucional ou social) é tremendamente complexa e depende de moitos aspectos. Independentemente do feito de que depende dun determinado momento político, cultural e social, tamén depende do grao de diferencia do que esteamos a falar. Por exemplo, non é o mesmo falarmos de racismo ca de enfermidades ou discapacidades. Explícome: a maioría de vós probablemente atope máis fácil falar con xente de raza negra ou cun Amish ca cunha persoa galega xorda. Non menos importante é a cuestión de que o diferente a moita xente non lle resulta atractivo, senón que o perciben como unha ameaza. Como convencelos do contrario? Ollo, con isto non estou a defender unha postura de rexeitar a diferencia. A miña intención é tan só apuntar o difícil que é aceptar a todo o mundo tal como é.
Unha historia fermosa. Unha metáfora sobre algo tan sinistro como a morte. Pero o que máis me gustou é a humanidade que teñen as persoaxes, a través dos seus sons e movementos. En canto ao fondo da historia estou de acordo cos comentarios das compañeiras en torno a "seres diferentes".
A curta é, simplemente, xenial. A verdade é que a vin xa varias veces dende o día que se puxo na clase. É pura poesía, tanto dialéctica como visual. E ten esa mestura perfecta de beleza e amargura que a min, persoalmente, me encanta (e todo cun final fermoso pero non gratuitamente, senón porque non podía ser doutro xeito).
A vergonza de ser diferente moitas veces é a mesma que ‘a vergonza de non ser nada’, e creo que entre esas dúas anda aínda demasiada xente aquí en Galicia en canto á súa identidade nacional (ou andamos, que non teño claro se son obxectiva ó me ‘desligar’ dese sentimento...se cadra tería que estar fóra, tanto mentalmente como do ‘espazo físico-territorial’ para poder verme/vernos con perspectiva...)
Supoño que vai xa demasiado tempo dende que unha parte do mundo reduxo a Galicia e o galego a algo que non era (unha lingua ‘minusválida’, fea...), ó tempo que nós mesmos nos convencimos de que tiñan razón e púdonos o medo; negabámonos a nosa propia beleza como pobo e cultura, e crimos que os que nos desprezaban tiñan razón. Así que, na miña opinión, a ese exército de espellos que é a vergoña teremos que darlle a volta e miralo dende o outro lado, dende o orgullo de ser quen somos, dende o reflexo non distorsionado (en ningún sentido, quero dicir: nin crernos de menos nin de máis; simplemente, ver o que en realidade somos, o bo e o malo, e agradecer e asumilo todo, e o que haxa que cambiar, pois cambialo...a ver cando empezamos a traballar...eu espero chegar a ver o cambio.......)
A min pareceume unha historia fermosa. A nena pode ter unha relación coa lingua galega, pois por non ser o común é rexeitada, do mesmo xeito que día a día nos impoñen a idea de que o español é o normal dentro da Galiza. Entón moitas persoas rexeitan o galego como lingua vehicular fóra do ámbito familiar pola crenza dese prexuízo tan famoso: "Para que che serve o galego se vas a algún sitio que non sexa Galiza?". As únicas fronteiras existentes parecen ser só unhas e nunca existen as fronteiras do sur, onde tod@s nos podemos comunicar grazas ao galego. Cando vin esta curta recordoume ao artigo "A nena que berra" de Pilar Garcia Negro en que fai referencia a unha viñeta onde aparecen dúas nenas. Unha, no primeiro plano, toda descomposta, a berrar e a segunda, nun recanto maltratada. Pregúntaselle á primeira: «Como choras tanto, se é ela a ferida?» «–Si, pero como mira para min!», quéixase a nena. García Negro fai unha comparación moi ilustrativa entre a situación destas dúas nenas coas dúas linguas actualmente faladas na Galiza. Se a alguén lle interesar aquí vai a ligazón: http://www.vieiros.com/columnas/opinion/834/a-nena-que-berra
A min paréceme unha curta interesante na que se pode ver o proceso de liberación que sofre a protagonista a consecuencia de recoñecerse diferente ó resto dos individuos que a rodean. Como comenta Cecilia Castro no seu comentario, o diferente a nós é xulgado como o que non debe ser, entón inténtase ser igual cós demais, pero chega un día que se van e despois todos ó seu arredor parece que a botan de menos...
Éme difícil crer que a rapaza non fose aceptada xa que creo que hoxe en día xa hai un bo puñado de persoas que superaron o das diferenzas sociais. Seguramente hoxe xa tería un ou dous amigos. :) O curto é triste. O ser humano é unha criatura social e como tal vivir só por imposición resulta devastador. Quedei confusa co final. Non vexo unha resolución clara, non vexo loita, non vexo ganas de vivir. Entón a rapaza morre? Nese caso non me gustou. Se o galego é coma ela... vai morrer sen berrar un pouco?
Ademais do xa comentado na clase -a necesidade de recoñecerse a un mesmo, a propia identidade para que os demais tamén o fagan- creo que este curto fala non só de non renunciar ao que somos, senon ao que queremos chegar a ser.
A historia é moi fermosa. A sociedade é moi resistente aos cambios, pero cando este se vai establecendo imos aceptándoos e mesmo non queremos deixalos. Desde logo, estou dacordo con Alicia en que debemos ser como somos e que os prexuízos só provocan que poidamos perder cousas incribles por criticalas pola súa novidade
Esta historia reflexanos a intolerancia por parte da sociedade,a sociedade é reaccia ao cambio, prefire manter a súa rutina, os seus costumes, é como se pensasen que vale máis mal coñecido que bo por coñecer.Estou dacordo co que di Alicia Abal,pois o respeto empeza por un mesmo,e como di o refrán "así chee ven,así che tratan"
Estou de acordo con Iria e con Carolina, a sociedade non quere aceptar os cambios, estes son moi difíciles de entender para as persoas, sen embargo unha vez que nos acostumbramos a estos é moi difícil volver a vivir sen eles. Ana González González
A película pareceume realmente fermosa.
ResponderEliminarEstamos acostumados a xulgar o que é distinto de nós coma o que non debe ser .
A quen non lle gusta sentirse libre?
O diferente sofre a miúdo o encerro da crítica e a mofa. Na aceptación (ou na desinterese por xulgar) dos outros, coma igual ou non, atopa o primeiro a súa liberdade.
Nunha parte do filme, a mestura de sons forma unha música moi agradable. Cada ser, un son da melodía. Así mirado, resultaría máis doado e gratificante dar a benvida a cada novo instrumento
Os debuxos son moi fermosos, a animación moi expresiva, represéntase todo moi ben. Gustoume moitísimo a voz da narradora.
ResponderEliminarGracias por este tipo de material na aula, a clase resulta dinámica e enriquécese máis.
Lara Díaz Pintos.
Pareceume un video moi interesante.Ser diferente, saírse do que os demais estipulan como "normal" sempre é xulgado e comentado, pero ó mesmo tempo é encantador e orixinal.
ResponderEliminarResulta sinxelo facer o que fan os demáis, pero facer algo diferente, ó meu parecer iso é o que ten mérito e ó final penso que a xente que os critica e únicamente por envexa.
Penso que a cuestión da diversidade (e o tratamento da mesma tanto a nivel individual coma institucional ou social) é tremendamente complexa e depende de moitos aspectos. Independentemente do feito de que depende dun determinado momento político, cultural e social, tamén depende do grao de diferencia do que esteamos a falar. Por exemplo, non é o mesmo falarmos de racismo ca de enfermidades ou discapacidades. Explícome: a maioría de vós probablemente atope máis fácil falar con xente de raza negra ou cun Amish ca cunha persoa galega xorda.
ResponderEliminarNon menos importante é a cuestión de que o diferente a moita xente non lle resulta atractivo, senón que o perciben como unha ameaza. Como convencelos do contrario?
Ollo, con isto non estou a defender unha postura de rexeitar a diferencia. A miña intención é tan só apuntar o difícil que é aceptar a todo o mundo tal como é.
Unha historia fermosa. Unha metáfora sobre algo tan sinistro como a morte. Pero o que máis me gustou é a humanidade que teñen as persoaxes, a través dos seus sons e movementos. En canto ao fondo da historia estou de acordo cos comentarios das compañeiras en torno a "seres diferentes".
ResponderEliminarA curta é, simplemente, xenial. A verdade é que a vin xa varias veces dende o día que se puxo na clase. É pura poesía, tanto dialéctica como visual. E ten esa mestura perfecta de beleza e amargura que a min, persoalmente, me encanta (e todo cun final fermoso pero non gratuitamente, senón porque non podía ser doutro xeito).
ResponderEliminarA vergonza de ser diferente moitas veces é a mesma que ‘a vergonza de non ser nada’, e creo que entre esas dúas anda aínda demasiada xente aquí en Galicia en canto á súa identidade nacional (ou andamos, que non teño claro se son obxectiva ó me ‘desligar’ dese sentimento...se cadra tería que estar fóra, tanto mentalmente como do ‘espazo físico-territorial’ para poder verme/vernos con perspectiva...)
Supoño que vai xa demasiado tempo dende que unha parte do mundo reduxo a Galicia e o galego a algo que non era (unha lingua ‘minusválida’, fea...), ó tempo que nós mesmos nos convencimos de que tiñan razón e púdonos o medo; negabámonos a nosa propia beleza como pobo e cultura, e crimos que os que nos desprezaban tiñan razón. Así que, na miña opinión, a ese exército de espellos que é a vergoña teremos que darlle a volta e miralo dende o outro lado, dende o orgullo de ser quen somos, dende o reflexo non distorsionado (en ningún sentido, quero dicir: nin crernos de menos nin de máis; simplemente, ver o que en realidade somos, o bo e o malo, e agradecer e asumilo todo, e o que haxa que cambiar, pois cambialo...a ver cando empezamos a traballar...eu espero chegar a ver o cambio.......)
A min pareceume unha historia fermosa. A nena pode ter unha relación coa lingua galega, pois por non ser o común é rexeitada, do mesmo xeito que día a día nos impoñen a idea de que o español é o normal dentro da Galiza. Entón moitas persoas rexeitan o galego como lingua vehicular fóra do ámbito familiar pola crenza dese prexuízo tan famoso: "Para que che serve o galego se vas a algún sitio que non sexa Galiza?". As únicas fronteiras existentes parecen ser só unhas e nunca existen as fronteiras do sur, onde tod@s nos podemos comunicar grazas ao galego.
ResponderEliminarCando vin esta curta recordoume ao artigo "A nena que berra" de Pilar Garcia Negro en que fai referencia a unha viñeta onde aparecen dúas nenas. Unha, no primeiro plano, toda descomposta, a berrar e a segunda, nun recanto maltratada. Pregúntaselle á primeira: «Como choras tanto, se é ela a ferida?» «–Si, pero como mira para min!», quéixase a nena. García Negro fai unha comparación moi ilustrativa entre a situación destas dúas nenas coas dúas linguas actualmente faladas na Galiza.
Se a alguén lle interesar aquí vai a ligazón: http://www.vieiros.com/columnas/opinion/834/a-nena-que-berra
A min paréceme unha curta interesante na que se pode ver o proceso de liberación que sofre a protagonista a consecuencia de recoñecerse diferente ó resto dos individuos que a rodean.
ResponderEliminarComo comenta Cecilia Castro no seu comentario, o diferente a nós é xulgado como o que non debe ser, entón inténtase ser igual cós demais, pero chega un día que se van e despois todos ó seu arredor parece que a botan de menos...
Quedei un pouco confusa, sinceramente.
ResponderEliminarÉme difícil crer que a rapaza non fose aceptada xa que creo que hoxe en día xa hai un bo puñado de persoas que superaron o das diferenzas sociais. Seguramente hoxe xa tería un ou dous amigos. :)
O curto é triste. O ser humano é unha criatura social e como tal vivir só por imposición resulta devastador.
Quedei confusa co final. Non vexo unha resolución clara, non vexo loita, non vexo ganas de vivir. Entón a rapaza morre? Nese caso non me gustou. Se o galego é coma ela... vai morrer sen berrar un pouco?
Ademais do xa comentado na clase -a necesidade de recoñecerse a un mesmo, a propia identidade para que os demais tamén o fagan- creo que este curto fala non só de non renunciar ao que somos, senon ao que queremos chegar a ser.
ResponderEliminarA historia é moi fermosa. A sociedade é moi resistente aos cambios, pero cando este se vai establecendo imos aceptándoos e mesmo non queremos deixalos. Desde logo, estou dacordo con Alicia en que debemos ser como somos e que os prexuízos só provocan que poidamos perder cousas incribles por criticalas pola súa novidade
ResponderEliminarEsta historia reflexanos a intolerancia por parte da sociedade,a sociedade é reaccia ao cambio, prefire manter a súa rutina, os seus costumes, é como se pensasen que vale máis mal coñecido que bo por coñecer.Estou dacordo co que di Alicia Abal,pois o respeto empeza por un mesmo,e como di o refrán "así chee ven,así che tratan"
ResponderEliminarEstou de acordo con Iria e con Carolina, a sociedade non quere aceptar os cambios, estes son moi difíciles de entender para as persoas, sen embargo unha vez que nos acostumbramos a estos é moi difícil volver a vivir sen eles.
ResponderEliminarAna González González