sexta-feira, 28 de outubro de 2011
Máis vídeos
Ola!!! Hai persoas que me envían outros vídeos de interese sobre os temas que andamos a tratar. Entre eles, xa que lemos na clase algo del, está o de Séchu Sende (http://www.youtube.com/watch?v=W7PzMxD0H9g). Un dos vídeos máis interesantes (algo longo, si, mais pode verse fragmentado) sobre o tema das actitudes sobre o galego entre a xente nova é Linguas cruzadas, que se emitiu na TVG o 17 de maio de 2007. Quizais algunhas persoas xa o vistes. Velaí vai a ligazón: http://video.google.com/videoplay?docid=-7399630610169788180#
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Gustáronme moito os vídeos, mais especialmente o segundo porque me identifico moito con moitas das cousas que se din, tanto da parte castelanfalante como da galegofalante. Eu son unha desas que leva xa máis tempo do que vou admitir pensando que "debería cambiar para galego", mais non o fago porque a maioría das persoas do meu ambiente falan castelán, as que non, falan galego sen se molestaren porque os demais falemos en castelán (e viceversa!), e ademais co meu normativísimo galego xa non é a primeira vez que me din "ti non falas galego moi a miúdo, ou?"
ResponderEliminarTamén me quedou a frase esa de "de ahí es de donde viene que nos llamen pijos a los coruñeses". Podedes crelo ou non, pero téñome sentido moi pija por manterme en castelán se saíndo de festa coñecía xente que falaba en galego, non sei por que nesa situación si e noutras non.
A verdade é que os dous vídeos están xenial, pero gustoume moito o de Sechu Sende. Xa non me acordaba da historia da ouija de Castelao, e eso que xa a escoitara cando Sechu estubera de profe de galego no meu instituto. Acórdome de moitas cousas que intenta enseñarnos pero sempre facendo uso de materiais didácticos, pero nunca utilizamos o libro de texto. Unha cousa curiosa foi na primeira semana de clase, alá por 3º de E.S.o. que nos fixera asinar un contrato para falar o galego con toda a xente que adoitabamos relacionarnos. Foi unha gran idea, creo que moitos de nos empezamos a usalo galego de costume.
ResponderEliminarDo primeiro vídeo chámame a atención que unha chamada de Castelao fose a impulsora para que Sechu se parase a pensar sobre a súa fala e logo dun tempo, a empezara a falar.
ResponderEliminarO vídeo de Linguas Cruzadas non o vira antes e mesmo sae un rapaz do meu pobo.Síntome identificada con moitas das opinións ; no meu pobo fálase un galego moi castelanizado entón, cando escoito expresións normativizadas, chócame.
Eu ,os dous últimos anos de carreira, vivín con 3 rapazas , as tres galegofalantes. A experiencia faime estar totalmente en desacordo co prexuízo de que, o galego é de nacionalistas, xa que unha delas era de dereitas e estaba moi a prol do uso do galego.O galego non é nin de uns,nin de outros, é de todos nós !Sí que podemos facer algo por cambiar a situación pero non colaboramos...
Se me permitides colgo este vídeo que me transmiteu moito no momento que o vin:
ResponderEliminarhttp://eufalo.tv/video/maruja-gonzalo-e-anton/
"O galego vai triunfar sempre que os galegos queiramos!"
Un saúdo!
Pareceronme interesantes os vídeos pero máis o primeiro ainda que no segundo poden verse moitas opinións distintas que nos da unha idea de todas as que hai entre a xente nova. Sen embargo creo que faltan moitas opinións de xente con prexuízos. Ser un neofalante é algo valente e que require esforzo, a min tamén me pasa que cando alguén fala "moi normativo" tamén me soa mal e deberíamos ser máis comprensivos neses casos.
ResponderEliminarChámame a atención que a primeira rapaza do segundo video, esté tan en contra do emprego do castelán cando ela fala un galego con moitos castelanismos. Dame pena que esteamos sempre a comparar o castelán e o galego, creo que agora non hai tanta necesidade de estar en contra dun deles para estar a favor do outro. Todos deberiamos ter máis seguridade cas dúas linguas, seas falante dunha ou doutra lingua, e como lingua propia, é unha mágoa que moita xente non se sinta máis segura falando galego.
ResponderEliminarE en canto ós neofalantes como Séchu, creo que hai que ter unha gran vontade de facer iso porque non é doado cando a lingua que escolles non foi a túa lingua inicial. É importante esa reflexión en canto á identificación ca lingua, sen ter porque entrar en temas máis vinculados á política.