segunda-feira, 24 de outubro de 2011

Unha curta ben simpática...

... sobre Sarmiento, a escola, a aprendizaxe do galego..., e non só


http://www.youtube.com/watch?v=2-HfttcTuRw

18 comentários:

  1. Gustoume moito a curtometraxe,nela móstrase como coa paciencia (moita paciencia para ensinar a un cativo tan distraído) os rapaces aprenden mellor que cunha disciplina tan extrema.
    Refléxanse moi ben tódolos detalles, un maestro ensinando e esixindo o castelán por ser a lingua de prestixio naquela época e un fraile facendo referencia ó pai Sarmiento ensinando en galego e interesado en temas de botánica e medicina.

    ResponderEliminar
  2. Paréceme unha curta que está moi ben. Ensina un modelo que permaneceu moito tempo en Galicia, ata que o galego conseguiu recoñecemento na escola. Está moi ben ver cómo o mestre fala un castelán incorrecto, mofándose dos galego falantes cando el fai unha castelanización da lingua, e que cando maldi, o fai en galego.

    Lara Díaz Pintos

    ResponderEliminar
  3. O curto amosa a tendencia de aquela época de que o castelán era a lingua do saber, da cultura, e co galego non eras mais ca un cateto. Era e esta hai pouco foi o que se cria na escola, na administración e como falamos onte a burguesia, polo que falar galego estaba mal visto.
    Fíxome moita gracia o final do video cando a gaivota mancha o mestre coma el din "merda" olvidandose por compreto da lingua aprendida, e sacando a sua lingua propia.

    ResponderEliminar
  4. O corto pon de manifesto os prexuizos sobre o castelá e o galego.Otorgando o castelá como lingua culta estudiada na escola e a que podria proporcionar un futuro, mentres que deixa o galego nun segundo plano coma lingua vulgar.Pero amosando que isto non é certo, senon simples prexuizos.

    Noelia Esporas

    ResponderEliminar
  5. Unha vez escoitei que a túa primeira lingua é aquela na que insultas ou cabreas, e claro que si, porque é o primeiro que che vén á cabeza.
    A curta é unha delicia! Lembroume a unha profesora que tiven no bacharelato que era o contrario: o primeiro día desculpouse por non saber falar ben en galego, a continuación dixo que lle esixían dar a clase en galego e que faría o que puidese, e durante os seguintes dous anos falounos seguido en galego.

    ResponderEliminar
  6. Encantoume esta curtometraxe, reflexa moi ben o que acontecia en Galicia naquela época.
    Trata o tema que estivemos falando onte na clase, o ensino do castelán como lingua da cultura e de prestixo, e o uso do galego pa falarlle os animais e para usos coloquiais, aparecendo no vocabulario do profesor tan orgulloso de falar castelán cando maldí en galego.

    ResponderEliminar
  7. Estoy dacordo coas miñas compañeiras, e coincido con Leticia, sobre o tema do profesor. Esta moi relacionado co tema de onte, antes os profesores falaban un tipo de castelán con moitas palabras en galego aínda que eles eran os únicos do colexio que non falaban nin unha lingua nin a outra, é dicir, nin galego nin castelán, sen embargo a súa ensinanza debía aprenderse sen dúbida.
    A verdade é que se agradece que se realicen curtametraxes deste tipo porque dan unha vision histórica de Galicia, así como dos métodos didácticos, dende un punto de vista positivo e negativo, así como dunha figura tan fundamental para o noso país como é o "Padre Sarmiento".

    ResponderEliminar
  8. Paréceme que a curta mostra moi ben a realidade que vivían as persoas diglósicas que empregaban o castelán en ámbitos públicos como é a escola, mais que para unha cousa cotidiana, como é o momento de maldicir algunha cousa que acontece, emprega o galego como a súa lingua natural.
    O que máis me chama a atención é a maneira que ten Sarmiento de facer que unha persoa se interesa pola literatura, que é lendo en voz alta para que a crianza disfrute. Entón parece que non fai caso, mais cando deixa de ler quere saber como segue a historia e intenta ler. Creo que é un método que funciona moi ben para crear interese cara a literatura e que no sistema educativo case nunca se emprega.

    ResponderEliminar
  9. A verdade é que encantoume a curtametraxe!
    Paréceme moi ilustrativa da realidade que vivía o galego na época. Esta realidade refléxase no mestre que impón o castelán, por ser a lingua con prestixio, sen decatarse de todas as construccións en galego que él mesmo emprega aínda que fale en castelán.
    E na presenza do mestre tamén se reflexa o papel autoritario que éstes tiñan, aparecen nunha tarima como querendo sinalar que están por riba dos seus alumnos e cunha vara na man.
    Tamén encantoume a maneira de sinalar a paciencia e o interés que un mestre debe espertar nos seus alumnos para conseguir que aprendan.

    ResponderEliminar
  10. Polo que vexo coincidimos todos en que a curtometraxe é moi divertida e amena, ó tempo que describe a situación do galego nesa época. Non quero repetirme porque estou dacordo cos meus compañeiros. Referíndome ó tema de que o castelán=prestixio e o galego=catetos, me recorda unha anécdota persoal:
    Un veciño aínda non maior da miña avoa, sempre fala en castelán nun aspecto de superioridade coma no caso do profesor na curtometraxe e a miña avoa púxolle o "apodo" de: "o do pretixio" jajaja, sempre di por exemplo: onte estaba pola rúa o do prestixio.
    Por outra parte estou moi darcordo con Patricia Freire cando se refire a maneira que ten Sarmiento de facer que unha persoa se interesa pola literatura, resaltando como o crego motiva ó rapaz para ensinarlle, collendo unha caracola e oíndo o sonido do vento, a música que se escoita, que o rapaz asocia coas sereas, a palabra fume...comezando polo máis básico chegando despois a ensinarlle nomes científicos de plantas. Con todo isto reflexiono sobre a importancia que teñen e teremos nun futuro os mestres.

    ResponderEliminar
  11. Ola.
    Estou dacordo cos meus compañeiros en canto que o modelo educativo de ensinar do mestre desta curtametraxe estivo implantada en Galica durante moitos anos, pero gustaríame facer algunhas apreciacións.Por un lado, o mestre fala castelán pero utiliza palabras galegas como "panoco" ou "merda". Por outro lado, aínda que el intente falar castelán, a sintaxe do galego está na súa forma de falar.

    Ademáis, penso que a través do texto de Frei Martín Sarmiento e desta curtametraxe adaptada, pódese apreciar que o modelo educativo que mellor ensinaba os rapaces era e sempre será, un modelo educativo alternativo, onde o rapaz poida aprender según as súas inquedanzas. Neste caso, o rapaz non aprende a ler e a escribir xa que o mestre impón o que el quere e non mostra interese polos seus alumnos.

    Un saúdo.
    MIREYA BENITO MORCUENDE

    ResponderEliminar
  12. No curto, apréciase ben, coma dín as miñas compañeiras, esa lingua de prestixio (o castelán) da que estivemos a falar na aula, e a súa predominancia nunha escola onde hai nenos e nenas que son galegofalantes. O peor é argumento que lle fai un “profesor” castelán-falante nefasto cando lle dí que o galego é para “falarlle ás bestias”.
    Frei Martín Sarmiento o describe moi ben nestas liñas:
    "É bárbara crueldade e ignorancia inaudita que ensinen aos nenos galegos mediante a lingua castelá, que non saben unha lingua antiga (o latín) que non deben saber, castigándoos se se lles escapa algunha voz ou frase galega"

    ResponderEliminar
  13. Coincido cos meus compañeiros en todo o que expuxeron anteriormente con respecto á situación diglósica que había naquela época e que estivo vixente ata fai ben pouco, e que esta curtametraxe en ton de mofa reflexa moi ben. Pero quixera comentar a lección tan importante que Frei Martín Sarmiento ensínanos nesta historia: a motivación do alumno.

    O profesor describe ó neno como vago, parvo... cando o que lle falta é interese. Frei Martín, aínda que ó principio tivo algunha que outra dificultade, consegue ensinarlle a ler deixando voar a súa imaxinación con elementos do seu entorno, porque ó final que máis ten que o rapaz aprenda a ler cun libro de aventuras ou cun libro en latín, o importante é ler e coller interese pola lectura! Como di Katya, o principal é que nós como futuros profesores reflexionemos en canto ó papel que temos e intentemos sempre buscar recursos que permitan chegar ó alumnado e manter viva a súa motivación.

    ResponderEliminar
  14. A verdade é que coincido cos meus compañeiros en moitos aspectos, máis gustaríame incidir nun tema que se pon de manifesto no curto que me parece bastante patético: a parte de que a sintaxe galega esteña presente nas verbas en castelan do profesor, cando este se enfronta a unha situazón de tensión fala galego (para min un claro signo de que o galego foi o seu idioma durante moito tempo)e non entendo por qué as persoas intentan ser quen non son na vida, porque non se é nin maís nin menos ca ninguen por falar o teu idioma(ou por ser maís ou menos listo e moitos outros temas, pos penso que todos somos persoas iguais) e neste caso non é por esixencias posto que fóra do ámbiente escolar fala o mesmo castelán.Por outro lado non vexo o video como algo do pasado senon algo que esta a pasar agora mesmo en toda Galiza por moito que a xente o negue.

    ResponderEliminar
  15. Estou dacordo cos meus compañeiros na simpatía do curto así coma en moitas outras cousas. De todas formas quero suliñar a importancia da metodoloxía que aplica o fraile en contraposisión da que utiliza o mestre. Faise evidente que a metodoloxía do "sí porque sí" que utiliza o mestre non funciona. Xa baseándome na linguas non vou aportar moito máis que os meus compañeiros porque estou dacordo con eles sobre todo no prestixio. Por certo decirlle a Katya que é curiosa a anécdota de súa avoa.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  16. El corto es agradable y fácil de ver. Creo que no solo pueden extraerse enseñanzas sobre la validez que podía haber tenido el gallego como lengua de aprendizaje en la escuela en aquellos tiempos donde no se planteaban que fuese culto suficiente para el área de la enseñanza. También lo podemos trasladar al presente; donde por extraño que parezca, he podido comprobar cómo aun queda gente que piensa que el estudiar determinadas materias en una u otra lengua, implica que se sepa más o menos a final de curso. Como siempre, hay que romper con los estereotipos y las creencias mal fundadas que se insertan en la sociedad, y a veces los caminos son tan sencillos como poner una “corto de dibujitos animados para los niños” que nos haga reflexionar a todos.

    A mayores de eso una advertencia. De igual modo que el gallego sufrió en sus tiempos (y aun hoy) una fama que lo menospreciaba y que no le era justa; ¿no corre este corto el riesgo de estar haciéndole lo mismo al castellano, donde el profesor que lo impone es una persona de carácter despreciable? Lo que quiero decir con esto es que igual que no se debe despreciar a una lengua, en este caso el gallego, tal como se presenta en el corto; tampoco se debe ridiculizar a la otra, porque si no se está haciendo justamente lo que se trata de corregir. ¿Tal vez yo lo he malinterpretado?

    Un saludo a todos.

    ResponderEliminar
  17. Unha curta moi interesante. Mostra con moita ironía como Frei Martín Sarmiento ensina a ler a Alfonsiño, un neno pontevedrés, co seu propio método educativo. Fai que se interese pola lectura léndolle libros de aventuras. Sarmiento discute co mestre sobre a necesidade de que se lle ensine ós nenos a lingua galega. Este non estaba de acordo, pois para el o castelán era a lingua da cultura e o galego das “bestias”. Pero sen embargo, el emprega moitos galeguismos no seu discurso. Reflicte moi ben o que pasaba antes nas escolas, o castelán, que era o idioma imposto obrigatoriamente, nin os profesores sabían falalo ben.

    ResponderEliminar
  18. Este vídeo foi xenial! Mostra claramente e sen tapuxos cómo era a situación do galego no sistema educativo. Non entendo moi ben porque cando íamos no instituto non nos poñían esta clase de documentos porque agora son útiles, pero hai uns anos tamén o serían.
    Zeltia Freire.

    ResponderEliminar