Velaí tedes diferentes propostas imaxinativas para crear conciencia sobre a necesidade de usarmos o galego. Imaxinades o efecto de que emitisen pola televisión estes (e outros) vídeos???
Por certo, xa mudei a ligazón do Ditame do Consello da Cultura Galega sobre o Decreto de plurilingüismo, que estaba mal.
Parécenme uns vídeos realmente magníficos. O efecto da súa emisión na tele sería moi positivo porque sería unha maneira de facer pensar á xente, de que non se conformasen só coa súa situación, de que pensasen en porque usan unha lingua e non a outra que é a propia do seu medio. Acho que sería algo moi interesante descobrir o pensamento da xente despois de ver estas imaxes, sobretodo d@s moz@s que están aínda descobrindo a súa personalidade.
ResponderEliminarAlén disto, creo que o de falar unha lingua resulta "contaxioso" realmente, pois unha persoa que se dirixe a ti en castelán e ti lle mantes a túa lingua habitual, vólveche a contestar en galego, mais a mágoa é que normalmente tamén é "contaxioso" á inversa: moita xente galegofalante cando lle preguntan en español resposta tamén nesta lingua.
Por outro lado, no último vídeo (A memoria da lingua) móstrase como á xente maior lle "impuxeron" falar o español na escola, con métodos como son os insultos ou, inclusive, pegándolles cunha regla nas mans. Moita xente compara isto coa falsa "imposición" do galego que supuxo a creación dun decreto onde se potencian o uso e o coñecemento das dúas linguas, mais que desde os medios de comunicación quixeron facer pensar a toda a sociedade que era unha "imposición". É equiparábel unha "imposición" á outra?
Encántame a idea da web, como sitio onde reunir xente ca mesma inquietude "o galego".Onde podes poñer opinions, artigos, traballos...
ResponderEliminarCon respecto os videos, gustaronme moito os dous primeros e si gustariame que os votaran pola televisión para asi chegar a máis público e que faga concienciar a máis xente.O terceiro video non é que non me gustara pero pareceme que a sua forma de expoñelo é máis "agresiva", e iso as veces non é unha boa maneira de chegar o público.
Pero sen dúbida quedome ca idea da web.
Noelia Esporas
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminar" Eu porque se perda a relixión non me importa nada, pero que se perda a lingua..."
ResponderEliminarEntrar na última das ligazóns,fíxome sentir dobremente leda.
Primeiramente porque, sen dúbida, sería este o tipo de material e formato que escollería dentre todos para trata-la toma de conciencia da situación da nosa lingua. Non hai famosos, nin enormes letras, nin "eslogans"(moitas veces mofados)...Son experiencias reais , contadas polos seus protagonistas; sinxelamente amosadas unha tras doutra. Este xeito de se nos presentar, coido que fai máis doado empatizar cos narradores, calar críticas e abrir ouvidos e mentes á reflexión.
Por outra banda, no vídeo aparecen fragmentos de moitos dos que tiña gardados (agás o de Goretti), e que quería compartir, mais non sabía en que comentario sinalalos. Así aproveito agora e déixovos algunha das ligazóns por se lles queredes botar un ollo
http://www.youtube.com/watch?v=xX__A8wP_LE&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=BKEt-yyLF84&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=Bis2J8xtmIg&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=krMKkw7JkiU&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=zwzuEwWclRk&feature=related
Paréceme que os tres primeiros videos expoñen as ideas dunha maneira moi clara e moi directa.
ResponderEliminarEstou dacordo en que ao final o que o galego caia ou non en desuso depende de cada un de nós.
Con respecto á última ligazón, non me sorprende o relato das señoras sobre a represión que sufría o galego posto que eu unha e mil veces escoitolle o mesmo á miña avoa, mais sorpréndeme que aínda así elas loiten porque a lingua non se perda. Penso que pode ser que esta represión tivera efecto en moitas persoas, e que deixaran de falar o galego a consecuencia disto.
A miña nai decidiu, despois de dar durante moitísimos anos as súas clases (aprox. 20, así a ollo) de primaria en castelán, cambiar para galego. No colexio aínda non lle protestou ninguén, que eu saiba (nin sequera xente que vén de fóra e non sabe de que vai o tema). Comentario (en galego) da miña avoa cando a sentiu falar galego na casa? "Xa dicían as vellas do meu tempo que non se debía falar galego."´
ResponderEliminarQue dacordo estou en que é unha mágoa verdadeira que non saian esas mensaxes pola tele.
Me parecen unos videos muy buenos igual que comento Patricia, y creo es una estupenda idea para concienciar a la gente de que la perdida de una lengua depende de las personas que la hablan. Respecto al video de contaxio decir que tiene mucha razón y lo estoy viviendo en persona estos dias. Como yo soy de fuera y no hablo gallego la gente al escucharme hablar enseguida cambia al castellano por si no les entiendo bien todas las palabras, pero asi mismo cuando entra una tercera persona en la conversación hablando gallego automaticamente cambian al gallego y me parece perfecto y muy curioso. Lo que quiero decir con todo esto es que si la gente habla en gallego, casi todo el mundo tiende a seguir hablando en gallego, por lo que pienso que debe fomentarse muchísimo para que no se pierda porque forma parte de vosotros y es una lengua ,en mi opinión ,muy bonita.
ResponderEliminarBeatriz Alosno Jimenez
Creo que a emisión destes vídeos sería unha boa idea para motivar á xente á hora de falar galego. Os dous primeiros presentan unha visión menos directa que o terceiro, segundo o meu punto de vista, xa que pretenden facernos ver que moitas linguas desaparecen cada día e os culpables son as persoas que deixan de falalas, por iso queren que nos sintamos responsables e que intentemos evitar esa situación orientada no fondo cara o galego. O terceiro vídeo, como xa dixen, paréceme máis directo, non tanto “agresivo” como dixo a compañeira Noelia, xa que parte da idea de que todos somos libres de escoller a lingua que nos pareza para comunicarnos, pero, evidentemente, pretende que reflexionemos sobre a posibilidade de que o galego desapareza. Pero, como se mostra no vídeo, ao final a decisión é de cada un.
ResponderEliminarEu non son capaz de imaxinar unha Galicia sen galego, porque a lingua é un símbolo que nos identifica fronte a outras persoas, e creo que todos deberiamos loitar para que algo tan importante como é o noso idioma non desaparecese nunca. Non debemos esquecer as palabras de Castelao: “Se aínda somos galegos, é por obra e gracia do idioma”.
A pregunta que fai Patricia sobre a imposición para min non ten dúbida ningunha, o tipo de imposición que se fixo nas escolas co castelán non ten nada que ver coa “imposición” que hoxe din que se pretende facer co galego. En ningún momento se está pedindo que o castelán deixe de falarse, nin que debe desaparecer, nin se insulta a ninguén por falalo; senón que o galego non perde o lugar que lle corresponde como lingua histórica de Galicia.
A min gustáronme moito os vídeos de Manuel Núñez Singala. Penso que si terían o seu efecto se se emitisen na televisión. Eu creo que chamarían moito a atención, e a música de fondo creo que tamén axudaría a que a xente prestásellela. Penso que entrarían moi ben na xente estes vídeos, e sobre todo na xente máis nova. A min o que máis me gustou foi o segundo, comparando o uso do galego cunha moda. Igual ca cando un empeza a utilizar unha cousa, e outra xente copia o que el fai, pois co galego pode pasar o mesmo, canta máis xente o usemos, seguramente máis xente o acabe utilizando.
ResponderEliminar