No artigo destacaría a reflexión que fai a autora sobre a decadencia que está sofrer non só galego, senón a grande maioría das linguas, maioritarias e minoritarias existentes, e grandes descoñecidas por moitas persoas, nas que me inclúo. Paréceme interesante o termo “Ecolinguístico, como termo comparativo no que se intenta, a traveso da investigación, conservar a diversidade lingüística que se está a perder, coa metodoloxía que se empregou para a conservación da diversidade ecolóxica.
Estou dacordo coa autora en que, aínda que esta metodoloxía pode conservar en maior ou menor medida a nosa e outras linguas, a escola pode xogar, dende as etapas máis tempranas, un papel moi importante na mesma, pois pode “convencer” do seu uso ou “rescatar a importancia da diversidade linguística”, pero aínda que desde a escola se faría unha grande labor, o apoio por parte das organizacións políticas ou dos medios de comunicación sería crucial para mantela en pé. Unha frase no texto chamou a miña atención: “o que non sae na televisión non existe ou non é certo”. Penso que, hoxe en día, a traveso das TICs, entre elas, a Internet, vai pouco a pouco gañandolle a batalla á invencible televisión, e sendo esta outra grande alternativa dende a que se pode impulsar ou promover a diversidade lingüística, aínda que non de maneira global, pois non está ao alcance de moitos e moitas.
O que máis me chamou a atención é que non me fixara nunca que na escola cando che explican xeografía, xunto coas capitais e ríos, nunca se mencionan as linguaxes e máis se podería facer, explicar que linguaxes existen en cada territorio, ainda que só sexa o nome. Iso daría unha idea moito máis xeneralizada da cantidade de linguas existentes no mundo, e farianos ver que tralo Inglés, Francés, Alemán hai moitísimas que non coñecemos. E es que hai moito descoñecemento da vida fora de Europa. Sí coñecía parte das linguas das que falaba a escritora, pero non polos libros de texto, senon por unha mestra de galego que tiven no instituto, que preocupouse moitísimo por que souberamos que había linguas que se perderían en breves anos. (Por exemplo, ela falaba do Dálmata) É moi triste saber, que moitas linguas estanse a perder pois tras elas, lévanse unha tradición, unha historía. Góstame o termo "ecolingüistica", non deberíamos perde-las linguas, está be a idea de comunicarse con todo o mundo, pero non a costa de perder os valores dun pobo, ou a sua identificación, que é o que ocorre cando unha lingua morre.
Non sabia que no libro da UNESCO incluiran o Galego como unha das liguas moribundas, entristéceme sabelo, ainda que non estou de acordo, eu cada vez coñezo mais persoas Galego falantes.
Ola. Para comezar direi que son galega, non por nacemento pero si por anos aquí. En primeiro lugar, antes de comentar a comentar o texto, debo dicir que para moitas persoas que coñezo do lugar onde eu nacín, Burgos, e onde vivín durante moitos anos, Asturias (provincia con una lingua como o Bable), o galego non é falado por ninguén, é unha lingua minoritaria que só se usa como un formalismo na administración para que todos estemos contentos. Creo que isto vai enlazado co que TEresa Moure pide que se faga. Antes de catalogar unha lingua, compre saber máis dela, compre valorar que é a representación dunha cultura e dun pobo.
En canto o texto de TEresa Moure, debo dicir que estou moi dacordo con ela en que a escola é moi importante para todas as linguas, e que se deberían ofertar máis opcións nos colexios e institutos para poder elixir sen imposicións. Por outro lado, dicir que a diversidade lingüística non é so importante pola lingua, senon por todo o que esta conleva: unha cultura, unha forma de ver o mundo. Como dicía un profesro meu: Cando unha persoa morre, non morre tamén un mundo?
Como comentaba unha compañeira miña neste blog, eu tampouco sabía que na UNESCO, o galego fora incluído como unha lingua moribunda.
Por último, para min é moi importante que se fixera una Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos para que se respectara a convivencia das linguas, aínda que sexa moi eurocéntrico. Por algo se empeza.
Finalmente, a última frase do artigo resulta moi importante para resumir o tema. para desmentir todas as opinións que din que é mellor ter unha única lingua para todos.
Eu estou de acordo coas achegas da autora. Neste artigo, Teresa Moure comeza chamando a nosa atención sobre un feito que nos pode parecer menor: na escola instrúesenos sobre a diversidade de animais, de flores, de árbores...dende logo de países con cadansúa capital e os ríos máis relevantes que os atravesan, pero en ningún caso se fala das diferentes linguas que neles se fala. Esta omisión contribúe, segundo ela á, “difusión dunha idea errónea: a homoxeneidade do mundo”. A maioría de nós non coñecemos máis de 20 linguas. Hai unha obsesión con coñecer aquelas linguas que por uns motivos o por outros se recoñecen como importantes, como son o inglés, francés, alemán... Cada vez insístese máis en que é necesario coñecer linguas para poder optar a un posto de traballo mellor, pero esas linguas sempre son as mesmas. Pero o problema non é so de programas de estudos, de profesorado...o multilingüísmo segue a ser unha realidade pouco explorada. Neste mundo marcado polo pensamento único pola globalización, o diferente, o propio, a diversidade, e daquela a diversidade lingüística, vese ameazada. O desexo de termos só unha única lingua, unha lingua universal vén de vello: o esperanto. A lingua é cultura, e se deixamos escapar a diversidade lingüística estaremos deixando escapar a diversidade cultural. Hai máis de seis mil linguas no mundo, pero moitas delas están condenadas a extinción. Forma parte da natureza de todo ser vivo de chegar a súa morte, pero, ¿é ese o caso tamén da natureza das linguas?. O latín, por exemplo, é unha lingua morta da que derivaron todas a linguas románicas. Outras linguas desaparecen sen deixar rastro, cando o último falante morre con elas. É necesario que se adopten unha serie de medidas para poder salvagardar a existencia desas linguas que a maioría de nós descoñecemos. As linguas mantéñense vivas soamente porque a xente as fala. É tanto unha responsabilidade individual, social como institucional, a valoración e preservación das linguas. Desafortunadamente o futuro das linguas depende demasiado dos gobernos. No ámbito educativo, cada goberno parece ter a necesidade de implantar unha nova lei. Para concluir, como di a autora, o obxectivo non é que se consigan grandes bancos de datos de linguas do mundo, o obxectivo ten que ser outro.
Estou dacordo ca autora e cos comentarios dos compañeiros, creo que son reflexións adoitadas á realidade que se está vendo das linguas minoritarias a nivel institucional e cultural.
É certo que a educación é unha ferramenta esencial para o coñecemento da lingua. Cando cheguei ó instituto, decateime da grande diferenza que había entre os rapaces e rapazas que non procedían de A Coruña cos que sí o facíamos, e que na nosa maioría, non tivemos o galego como lingua nai nin o recibimos por parte dos mestres de xeito adecuado na etapa escolar.
Me parece importante que se fomente, ademáis da presenza como lingua cooficial nos estamentos públicos, a presenza na cultura, na prensa escrita e noutros medios de comunicación. Pasiños como que poidamos empregar o galego en internet semellan afastarse desa morte da lingua no noso caso.
Paréceme moi bonito o artigo e moi bonitos os comentarios todos dos compañeiros. Todos levamos na cabeza a idea fermosa de que o multilingüismo é bo e desexable, que hai que fomentalo e mantelo. Si. Hai que fomentalo. Nótese aquí a marca de impersonalidade. Mais cantos de nós, e digo nós, tamén me inclúo eu, facemos algo diso que tanto pregoamos? É moi bonito escribir un texto en galego porque así somos respetuosos. Mais non é tan bonito ter empeño en aprender as normas ortográficas do código. E pra min isto é o de menos. Preocúpame máis o que segue. É moi bonito responderlle en galego a alguén que fala en galego, porque así somos respetuosos. Mais non é tan bonito aprender a colocar un pronome no seu sitio ou a pronunciar as vogais abertas. Non por responderlle a un galegofalante en galego (sendo nós castelánfalantes) somos máis respetuosos. Somos respetuosos cando aprendemos o idioma tal e como é (e non o macarrónico que estou chea de escoitar na esfera pública) e tentamos transmitirllo ás novas xeracións. Non somos respetuosos cando empregamos a lingua como símbolo baleiro do politicamente correcto. Quedar ben é bonito. Ter unha convición e emprender unha acción teleolóxica é grandioso.
Eu anímovos a vós, castelanfalantes, a que non escribades neste blog en galego e a que si vaiades á aldea do Castro de Elviña a escoitar falar ás señoras que van da-lo paseo pola fresca.
O feito de que a situación normal é a de linguas en contacto debería ser un eslógan que pintaramos con stencil, ou estarcido de toda a vida, enriba de tódolos carteis insulsos das paradas de autobuses, e dese xeito non sería unha realidade da que só sabemos os filólogos, lingüistas e estudantes que teñen que ler este artigo ó pasar por este mestrado. Porque o que non se sabe non existe. E non por xerar máis literatura esta se le.
Ó que vou é ó seguinte: concordo con Teresa Moure. Mais non podo deixar de ter a sensación de que os lingüistas nos escribimos a nós mesmos. Fornecemos os datos sobados que fornecen tódolos lingüistas e desenvolvemos (que non “desenrolamos”) o mesmo descurso ecolingüístico que todos manexamos. E expoñémolos... en Grial! Se cadra fan falta ideas, non sei, tan estranas e pouco viables coma poñerse en contacto coa Mesa, que son tan pouco proactivos co idioma (nótese a ironía nestas liñas), e imprimir cartaces coa mensaxe da realidade multilingüe do planeta para poñer no sitio da propaganda insulsa das paradas de autobuses.
Estou moi de acordo con Iria en que o idioma debémolo de usar tal e como é, e non "o macarrónico da esfera pública".
En canto ao artigo de Teresa Moure, comparto a opinión dela, como que na escola é realmente a primeira toma de contacto dos nenos coa cultura e é no momento en que se empeza a formar a persoa. Si é na escola donde dende o primeiro momento non nos ensinan a diversidade que realmente existe non chegaremos a velo, e así ter como resultado que un universitario sexa incapaz de dar o nome das 20 linguas máis faladas do mundo. Nunca antes me parara a pensar na Declaración Universal de Dereitos Humanos en relación coas linguas nin que en Occidente os dialectos pasan a considerarse linguas cando os seus falantes teñen poder para garantir o funcionamento dunhas institucións. Tampouco tiña coñecemento de que existira a Declaración Universal de Dereitos Linguísticos e estou de acordo con Mireya Benito en que "por algo se empeza". Comparto o pensamento da autora no senso de que "da escola terán que vir nos próximos anos a maioría das iniciativas", pero para que veñan da escola primeiro terán que saír das Institucións públicas que nos gobernan. Pero si certas institucións como a UNESCO, prexaxian que o galego está a punto de morrer, penso que : aínda que ás veces se den dous pasiños para diante e un para atrás, polo menos melloramos.
Estou dacordo con Teresa Moure e cós meus compañeiros. É triste que tantas linguas estean a piques de morrer porque "non interesa" fomentálas, xa que unha lingua é máis que un código para comunicarse, é unha forma de ver o mundo, é unha cultura. O multilingüismo é un regalo para ó mundo, o poder aprender outras linguas e toda a cultura que traen con elas. Pero parece que o que a xente quere é poder aprender unha sóa lingua coa que poder comunicarse có resto do mundo. É certo que poder comunicarse con cantas máis persoas, mellor, pero na miña opinión, o ideal sería que todo o mundo aprendera moitas linguas desde pequenos, que nas escolas a aprendizaxe de linguas se fomentara máis, e así poderíamos comunicarnos con moita xente de distintas maneiras, e non aprender unha sóa lingua para comunicarnos con ela. Non sei ata qué punto isto sería posible ou podería funcionar, pero como idea utópica a vexo ben. Como dí a autora: "Babel pode ser, máis ca un castigo bíblico, unha bendición (...)".
Estou dacordo con Iria no punto de aprender os idiomas tal e como son e non nesa forma normativa que usan na tele e que soa tan mal. Eu son castelanfalante e o galego que sei é básicamente o que fala o meu pai e a súa familia, que non o aprenderon precisamente na escola. Dáme pena non ter moita fluidez en galego porque aínda que non o use como lingua materna, é a lingua da miña terra, e gustaríame falálo máis, así como me gusta falar outras linguas que estudo. Entón, non vexo mal o feito de escribir neste blog en galego aínda que sexamos castelanfalantes, así como nas asignaturas que se dan en inglés escribo en inglés, vexo ben usar o galego nas que se dan en galego. Se tivera que falar en lugar de escribir, faríao en castelán por esa falta de fluidez que teño, pero se podo escribir en galego, prefiro facelo. Non por ser respetuosa con ninguén, senón por min mesma, por usar unha lingua que coñezo e que debería usar moito máis a menudo. Pero coincido con Iria en que a mellor maneira de achegarse ó galego é escoitando á xente que o fala como o aprenderon nas aldeas, non escoitando ós telexornais da TVG.
En primeiro lugar creo que todos, uns máis e outros menos, sabemos que vivimos nun mundo dirixido por uns poucos, pero ás veces creo que non somos demasiado conscientes de ata que punto. Por exemplo no caso de que ninguén nos fale das capitais de África, das linguas que se falan en cada país, sexan ou non minotitarias. Ou de que non sexamos capaces, non só de dicir as 20 linguas máis faladas do mundo, senón de que de moitas delas non escoitamos xamais o seu nome. Vivimos nun mundo cada vez máis globalizado, pero iso non debería facer que se perda a heteroxeneidade, senón que debería enriquecernos máis, coñecendo o noso e o de outros.
Do texto chamoume a atención cousas como que no século XVI mentres que a gramática do español estaba consolidada a do italiano estaba nacendo. Ou que a do italiano naceu ó tempo que a do euskera. Tamén o feito de que a existencia dos tempos verbais é relativamente rara no mundo, cando nós non somos capaces de imaxinar unha lingua sen eles. Feitos que quizais tiña esquecidos ou quizais sexan máis exemplos do dirixida que está a educación.
Por outra banda, xa que neste caso é un aspecto positivo, o texto permitiume coñecer que hai fundacións como a Wolkswagen ou a Ford que apoian as linguas ameazadas, é o igual que di Lara Pintos con respecto á presenza do galego en diferentes ámbitos da cultura, medios de comunicacións, etc. son pequenos pasos que poden afastar as linguas dese terrible desenlace que é a súa morte.
Por último, gustaríame dicir que para min o galego estándar que se emprega na esfera pública, como comentaron outras compañeiras, non é o galego que se usa na rúa. Pero na miña opinión é necesario que se estandarice (o que non sei, porque non é o meu campo, é se este é o máis axeitado ou non) para que cando xeracións posteriores o consideren como seu poida saír do libro vermello da UNESCO sobre as linguas moribundas.
Eu estou de acordo en que é necesario un estándar, é unha variedade que se emprega en contextos formais e institucionais e tamén na escrita. Pero o que non se pode facer é crear un estándar que ó falalo soe a castelán. O que escoitamos na TVG non é galego estándar, non nos enganemos, é galego acastellanizado. Carece dos fonemas do galego por completo.
O ler o artigo aprendín moitas cousas e reflexionei sobre outras tantas nas que estaba equivocada. Descoñecía que entre as vinte linguas máis faladas do mundo puideran estar linguas coma o bengalí, o xavanés ou o punxabí.Como ben di a autora no texto existen linguas prestixiosas, que todo o mundo estuda (ou intenta facelo na medida do posible) para ascender ou ó mellor para ser seleccionado nun determinado posto de traballo e outras sen acceso á escrita (linguas sen prestixio).
Chamoume a atención esta frase "entre un 75 e un 90% das seis mil linguas faladas hoxe terán deixado de falarse no ano 2100" isto supón a perda case total das linguas do planeta,é dicir, de 6000 linguas que existen, quedarían só 1500 (sendo optimistas) ou 600 (poñéndonos no caso máis tráxico).Coa perda destas linguas, perderíamos, como sinala Teresa Moure palabras, sons característicos..en definitiva,perderíamos a cultura das zonas nas que se falan esas linguas.
Por outra banda, como se comentou na clase,o galego é unha lingua maioritaria, xa que está entre as 200 máis faladas a pesar de que a competencia co castelán o sitúe nunha posición de debilidade.
Por último gustaríame subliñar, como ben din os compañeiros que o labor dos mestres e a transmisión xeracional son claves para a promoción de linguas moribundas.
(Subo o comentario en dúas metades porque é demasiado longo).
Se tivera que afirmar algo sobre o texto de seguro diría que resulta alarmante. Nunca me parara a pensar que na escola non nos falaran das diferentes linguas do mundo e moito menos en que a miña ignorancia comeza por non recoñecer nin tan sequera vinte das linguas máis usadas. Sen dúbida algunha eu tamén estou a ollar para o meu embigo europeo. Para nós, tentar comprender como alguén pode vivir o día a día enredado en tres ou catro linguas distintas é un misterio. É moito máis doado supoñer que o uso do “esperanto moderno” é o correcto, e así llo facemos saber dende a nosa posición civilizadora. O caso da Nagaland coas súas 40 linguas diferentes atópoo cando menos curioso. O que máis me gustou foi o uso dun pidgin intermedio para se comprender na escola. Penso que esta lingua franca resulta útil para facilitar a comunicación entre eles pero non vexo un motivo para que os “nagalandeses” e “nagalandesas” deixen de lado a súa lingua nai para adoptar unha solución canto menos incomoda e insatisfactoria para cada un dos 40 tipos de falante, por non dicir triste. Se tiveramos 100 prendas de roupa no noso armario coas que nos expresar e caracterizar ¿escolleriamos botar 90 para iren todos uniformados? ¿Se tiveramos a opción escolleríamos ser todos María García ou Pepito Fernandez? Non habería máis discusións, iso é seguro, pero morreriamos de tedio. O caso é que das 6000 linguas que existen máis do 75% han desaparecer nun espazo de 100 anos. Quedarán o curmán de Pepito, a mellor amiga da María e un par de Pacos cos que convivir o resto da nosa existencia neste planeta. Pero non é de estrañar unha vez que lemos que unha inmensa maioría das linguas nin sequera deixan constancia sobre o papel. Non son escritas, non transcenden. Eu véxome incapaz de imaxinar un idioma que só exista de boca en boca, completamente efémero, susceptible á morte tanto ou máis que cada un dos seus falantes. Se unha lingua só existe en sons, calar é desaparecer. Pero é que o nós, o mundo moderno, civilizado, millonario e omnipotente só nos preocupa aquilo que toca en propia pel. As razóns máis egoístas son as que chegan aos nosos ouvidos: perda de antídotos, perda de datos relacionados cas nosas linguas comodamente instaladas na actualidade. Unha vez máis traballamos o mínimo para manter o noso posto de traballo. É alarmante descubrir que non existe unha lingüística “misioneira”, senón o costume de agardar ao autobús antropolóxico. Os nosos lingüistas non están dispostos a quitar as chinelas da casa e se empapar de diversidade. Así, mentres a ciencia calza as botas das Sete Leguas, a lingüística queda relegada a un merecido esquecemento. ¿Cantas cousas se nos estarán a escapar entre os dedos?
Agora, coma sempre demasiado tarde, dámonos de conta dun erro que nos supón a perda dunha “fortuna”. Grandes fundacións dedican cantidades inxentes de diñeiro para tratar de atrapar a pantasma dun abanico de culturas que morren cos seus falantes. Pero... todo ten un pero: démoslle a volta á tortilla. ¿Hasta qué punto somos culpables da extinción cultural? Ao fin e ao cabo a linguaxe é cambio e vive e morre connosco, cos usuarios. Falamos do dereito de conservar as linguas propias pero ¿qué hai do dereito para escoller unha nova ferramenta? Se unha persoa ten a opción de vestir de traxe e ascender no seu nivel de vida, de se mimetizar no noso parque de atraccións europeo, debe poder facelo libremente, sen lamentacións. De seguro traerá aspectos positivos: quizais poda deixarnos algo da súa cultura, ¿acaso as “patacas” e as “almofadas” levan un nome español? Que eles aprendan os nosos idiomas tamén é unha forma de acercarnos ás súas... sempre e cando todos teñamos boas intencións. Resulta obvio que esta liberdade, da que supostamente gozamos, é a orixe da morte lingüística. Si. ¿Pero cal é a solución proposta? Estamos de acordo en que impoñer e convencer non son o mesmo pero do castaño ao escuro hai un paso. Coincido en que a perda de linguas é lamentable e que é básico frear a imposición das linguas poderosas nos contextos que non lles incumben... pero o mal xa está feito, e a culpabilidade debería de ter un límite. A suxestión é negativa en ambos sentidos: non por impor unha lingua en extinción faise algo bo. Os idiomas están para vestilos pero soamente mentres reflictan aos seus abanderados.
Lara, non podería estar máis dacordo coa túa exposición. Paréceme un razoamento que da xusto no problema, é dicir: se alguén ten oportunidades de mellorar, e iso pasa por aprender outra lingua para poder promocionar, pois claro que o vai facer. E non habería nada máis contraditorio na nosa sociedade eurocentrista que tentar impedirllo. De todos os xeitos gustaríame puntualizar dúas cousiñas: primeira, que non é que os lingüistas non queiran saír da casa. Estou certa de que, tantos millóns como somos só en Europa, habería máis de un e máis de dous moi dispostos a estudar o que fose nun cumio perdido, o que faltan son os cartos que o financien. Eu, por exemplo, igual que teño que comer aquí, tería que comer alí. Polo tanto, estamos no de sempre: se non hai quen o pague, non existe. Cales serían as razóns destes lingüistas para marchar a estudar unha lingua remota? Seguramente serían egoístas nalgúns casos (quero facer un doctorado) e noutras altruístas, como se lle supón aos misioneiros. Cambinado un pouquiño de tema, durante a lectura deste artigo pensei bastante a miúdo en 1984, de George Orwell. Non sei se o lestes, pero basicamente a xente vive nunha sociedade tan controlada que, entre outras cousas, teñen que falar só a "nova linguaxe" creada pola cúpula dirixente que tiña un vocabulario tan limitado que non lles permitía crear. Non creo que a cousa estea tan mal e aínda máis, creo que é imposible a utopía dunha lingua única: que cousa hai máis eurocentrista có esperanto, e canto éxito ten? O que quero dicir é que, tan pronto teñamos unha lingua única, esta dividirase en miles e miles de dialectos dos que xurdirán novas linguas. Algunhas perderanse polo camiño, claro que si, pero de tódolos pidgins, acentos y vocabularios únicos do mundo non se pode facer unha soa lingua perdurable no tempo. Non temos que ir moi lonxe: cantas linguas saíron do latín, do antigo nordés, cantos alemáns e suízos se entenden se falan os seus dialectos? Cantos dialectos (non considerados linguas) hai de árabe, cantos de chinés? O malo é que o que dura unha vida humana calquera non dá para analizar a evolución das linguas en detalle.
Eu só quería propoñer un símil. Os físicos cuánticos botan por terra as súas hipóteses cada dúas por tres. Tentan explicar que demo ocorre, mais non intentan cambialo, porque non poden. A miúdo esquécenos que os lingüístas tamén son científicos. Traballaron durante décadas para ser recoñecidos como tal, e moitos aínda fallan en en velo. Como científicos, tentan propoñer un modelo explicativo do que ocorre coa linguaxe e as linguas. E igual que as partículas subatómicas, as linguas e a linguaxe compórtanse de xeitos que tentamos comprender, mais non podemos cambiar as súas tendencias, por bravos que nos poñamos.
Cantos daquí sentiron falar do principio de economía? Hai formas que converxen ó longo da historia dunha lingua porque de xeito natural elimínase todo o redundante. E nós tendemos a ver as linguas como entes separados e diferenciados entre si, e sentimos a responsabilidade de mantelas afastadas e illadas. Mais a realidade natural é outra. Cantos daquí sentiron falar de "continuum"? A diferencia entre o portugués e o galego é pouca. Entre o galego e o asturleonés tamén. Entre o asturleonés e o castelán tamén. Entre o castelán e o valenciano outro tanto. O valenciano e o catalán din que é a mesma cousa. O catalán aseméllase ó occitano, e así poderiamos chegar ata a parte máis meridional de Italia e á máis septentrional de Francia. E resulta que é difícil dicir onde empeza unha variedade e onde remata outra, porque ó estaren pegadiñas, comparten moitos elementos, e resulta que son mutuamente intelixibles!
Volvo ó símil. Os físicos non se escandalizan cando atopan que tal partícula se comporta dun xeito inesperado tentando que se comporte do xeito que eles queren. Porque nin queren nin poden. E por que os lingüistas han de ser misioneiros? Para que lles chamen antropólogos? Unha cousa é un estudo científico, outra cousa son as afrentas persoales que poidan ter os colectivos. Creo eu que a maioría da xente non fala unha variedade determinada por elección nin por decisión. Fálaa porque foi a que lle transmitiron, porque é o que existe no seu entorno. E resulta que se a súa variedade cambia é porque o seu entorno o fai tamén. Entón xorden pdigins e despois creoulos. Entón hai préstamos e interferencias. Entón hai cambios de código. E iso é o normal, porque as variedades están pegadiñas, e na raia conflúen.
E igual podemos facer o cálculo de cantos elementos pertencían á variedade que estaba á esquerda da raia e cantos á que estaba á dereita. E o resultado só vai ser descritivo. Non é nin bo nin malo. Simplemente ocorre. Sexa cal sexa, non imos poder cambialo a vontade para un lado ou para o outro. Vai ir mudando de xeito natural dependendo do comercio, dos casamentos, das migracións... E non se pode planificar. Porque os elementos lingüísticos non deixan de ser ferramentas. E cando temos un arado igual deixámo-lo sacho un pouco de lado. E cando xa non temos horta pois abandonámo-los dous.
A linguaxe responde a unha serie de necesidades. Nós quixemos crer que cada unha das súas manifestacións era o estandarte dunha cultura. Mais iso é tan tristemente poético. Eu créome diferente ó que vive detrás daquel monte, e resulta que só pronuncia catro cousas de xeito diferente a min. A lingua non é o que nos diferencia. Son outros valores. Os irlandeses renunciaron ó gaélico. E síntense, vémolos, son taaaaan diferentes ós ingleses. Colleron as ferramentas do outro e apropiáronas. E mantiveron a súa cultura, o seu folklore, a súa cosmovisión. E non lles fixo falta manter tódalas súas ferramentas ben illadas e diferenciadas.
Exacto!! Aí quería eu chegar. O ser humano está tan feito a controlalo todo que cando descobre que algún aspecto da súa vida escapa do seu control, tolea. Pero eu atopo que precisamente esta liberdade nas linguas é sinxelamente o que as fai marabillosas. Con iso non quero dicir que non sexa unha pena cada vez que unha lingua desaparece pero... todo o que comeza ten unha fin. ¿Qué hai de todas as linguas novas que están por xurdir? ¿Non da rabia terminar un libro incrible e afacerse á idea de non ler ás suas personaxes nunca máis? Sí pero sempre poderemos relelo ;). Non porque os libros de antonte foran memorables vamos deixar de escribir outros novos. Hai que renovarse, morrer para deixar sitio á sangue nova. As linguas son a nosa ferramenta para nos expresar pero quizais a xente do futuro, ou incluso a que está a nacer agora!, xa non se sinte o suficientemente identificada con elas. Cambio! Vida e morte. E volvendo ao que dicía Iria, ten toda a razón do mundo. Non podemos poñerlle límites á linguaxe, só podemos enviar aos nosos valentes exploradores lingüísticos para trataren de gardar cantas máis lembranzas mellor sobre o pasado. Pero non imos frea-lo tempo. É triste? Un pouco. É xusto? Absolutamente. Ou iso é o que eu penso.
Ademáis de aprender cousas que nin sabía nin me imaxinaba (chamoume especialmente a atención a razón que explica a autora de distinción entre unha lingua e un dialecto), pareceume particularmente útil e exemplarizante o mea culpa entoado por Teresa Moure, facendoo extensivo a toda a comunidade de lingüistas profesionais. Cando hai unha desastre nun eido determinado-neste caso a desaparición de multitude de linguas-os estudosos e traballadores dese ámbito adoitan mirar cara outro lado, trantando de que a culpabilidade e a responsabilidade caia sobre alguén externo, ao que se lle atribúen intencións escuras cando os primeiros interesados, por ser os mellores coñecedores o por tanto os máis conscientes da perda que isto supón deberían ser os especialistas do propio campo. Neste caso, non se nega que existan intereses das máis altas esferas en ocultar esta diversidade-como dí a autora “informacións deste estilo non se divulgan porque contribuirían a desmitificar a preponderancia que, desde os medios académicos (…)se atribúe ás linguas europeas”, pero tampouco se elude a responsabilidade que segundo Teresa Moure, teñen os lingüistas de daren a coñecer a falsedade de moitos mitos existentes sobre as linguas máis ou menos adecuadas para se empregrar, por exemplo, no ámbito científico. Digno de admirar pola miña parte, o espíritu autocrítico do artigo.
Tamén me produciu unha certa inquedanza o feito que se dea a loita prácticamente por perdida. Refírome a que, os proxectos que se platexan céntranse en documentar linguas minoritarias en perigo, dando por feito que van desaparecer, renunciando a elaborar estratexias que posibiliten a súa supervivencia. Poida que sexa a postura máis acertada pois semella unha loita moi desigual que malgastaría recursos e enerxía que poden invertirse en que a lo menos, quede algunha testemuña de que nalgún momento houbo diversidade lingüística.
Por outra banda, quería suliñar a importancia que a autora lle da á transmisión da lingua de xeneración en xeneración, na casa, no eido familiar para garantir a supervivencia das mesmas. Sen nega-la bondade dos estándares no sistema educativo, penso que estes non recollen todolos matices locais que son tamén parte da riqueza dunha lingua e que son máis susceptibles de se perder.
Poco más que añadir a los comentarios de mis compañeros, con los que en su mayoría estoy de acuerdo. En especial con los de Lara e Iria, que creo tratan de aportar una visión de mirada al futuro y no de pesadumbre con respecto al panorama actual de las lenguas.
Creo que el hecho de asistir a la muerte de algunas lenguas puede tener un lado trágico pero en si mismo está reconociéndoles un carácter vital. Parece que se comportan de manera orgánica; nacen, crecen, se entremezclan y mutan, y sí, en algunos casos mueren. En mi caso, que vengo de la disciplina de arquitectura, se me asemeja al estudio que se puede hacer de las ciudades, también como organismos vivos y que es la única forma de entender de manera positivista una ciudad. Otra cosa que tienen en común, es que ambas están formadas por una sociedad, y ahí está la clave de su supervivencia. Debe exigirse a la sociedad una actitud lógica y cívica para con la ciudad (igual que para con la lengua); pero también es cierto que si en algún momento la ciudad deja de cumplir las exigencias para las que fue creada y no aparece un amplio refuerzo de los temas en los que se queda atrás; al final la sociedad la abandona y migra a otro lugar. Y creo que esta es la moraleja que se debe extraer en nuestro caso: cuando se leen noticias como las de la entrada “Todos os días morren linguas...” está entre los deberes del ciudadano tomar conciencia para con su propia lengua y protegerla y respetarla; e incluso reciclarla y mejorarla para asegurar su supervivencia. Si no se actúa ante la muerte de otra lengua, se está contribuyendo un poquito a la muerte de la materna.
Algo que además me ha llamado la atención en el texto, es que no sólo el desconocimiento es característico de las lenguas minoritarias, también entre las mayoritarias; incluso en algunas de las más habladas como señala el autor. Y desde mi punto de vista el hecho de que millones de gente las usen no implica que sean lenguas respetadas y que gocen de más salud que algunas minoritarias, que sin embargo tienen una gran carga literaria y mediática en su haber, por ejemplo. Porque el simple hecho de la cantidad puede quedar reducido de un día para otro (metafóricamente hablando) mientras que la cualidad es más difícil borrarla del mapa.
Deste artigo xa tiña lido partes noutros libros e tamén en internet. A miña opinión, aínda que estando de acordo co escrito por Teresa Moure, é pesimista, moi moi pesimista.
SOMOS UNHA ESPECIE CONDENADA A MORRER DE ÉXITO.
A evolución humana segue sen parar e nos levaremos por diante todo o que fai necesario que existamos como especie e o que se cruce con nós polo camiño. Nese proceso autodestructivo entran tamén as linguas, é moi triste dicilo pero é así. Os que temos xa un tempo de vida podemos notar como vai pouco a pouco trocando o clima. ¿Qué… non o notades ¿. Ou pensades que de verdade este outono é un caso raro no clima de Galicia, que non está ocurrindo cada vez con máis frecuencia, mirade atrás, hai 3, 5 e 8 anos, foron exactamente iguais. Arrasamos con todo e agora creamos zoolóxicos ata para as linguas.
Con respecto as linguas, e en concreto no caso do galego, se non temos un peso verdaderamente social, económico e político por detrás, nada poderemos facer. E aínda así é moi difícil, senon mirade o caso do catalán, que é unha das linguas máis faladas en Europa (11.500.000 falantes), fálase en Cataluña, Valencia, Baleares, Aragón, Murcia e tamén en tres estados europeos máis: Andorra, Francia e Italia; ten un gran apoio social, económico e político e con todo iso non é quen de ser recoñecido como idioma europeo. Metras que o maltés idioma falado por 300.000 persoas (dous tercios na emigración) nunhas illas con superficie menor que Ibiza, si é recoñecido (por política).
Por iso que estando de acordo coa exposición feita por Teresa Moure, non deixa de ser como cando vemos un documental sobre fauna. Ollade se non o caso dos bonobos, (lembro agora o vídeo que nos puso Goretti o primeiro día de clases). Os bonobos, os nosos primos no sistema evolutivo, cos que compartimos moitísimas cousas e que nolos estamos cargando, só quedan no mundo uns 2000, todos no estado do Congo, lugar de conflictos eternos, onde estamos arrasando co seu mato.
Páreceme ben que na escola se ensinen coñecementos sobre diversidade lingüística, e que se relacionen coa diversidade cultural que hai no mundo, e mesmo trasmitir aos alumnos a idea de que a morte dunha lingua leva implícito a morte dunha forma de ver o mundo e de relacinarse con él. E como lendo sempre se aprende algo novo, gustóume enterarme por este artigo que na nosa cabeza occidental, temos unha forma de ver o tempo (pasado, presente e futuro) que ven dado pola nosa linguaxe, e que noutras culturas con línguas diferentes o concepto do tempo é distinto.
Pero volvendo ao rego. A UNESCO, a Declaración Universal de Dereitos, etc. Que bonito é todo iso. Ao final somos unhos hipócritas, pero non o queremos recoñecer. A xente tería que dicir: “Apoiarei calquera iniciativa para salvar o que sexa, máis sempre o farei dende o meu sofa, na miña casa”.
O que si me gustou foi o dito de que “unha lingua é un dialecto cun exercito detrás”, aínda que triste é dicilo así.
Estou dacordo coa análise que T. Moure fai das causas e os posibles culpables de que una lingua morra. Tamén coincido en ver as presión que os grandes poderes económicos fan sobre os sistemas educativos co fin de ir relegando a unha língua minoritaria o cemiterio. Pero o que tamén creo é que todos nos, como persoas, somos tan vítimas deses poderes coma as línguas. Ese ataque a nosa integridade moral como persóas tenta minar a noso ser, arrancarnos das nosas raíces e lévanos, como fan as sectas, de maneira individualizada fora do noso entorno. Esa disgregación fomenta a perda da nosa esencia, e con ela tamén imos perdendo os poucos a nosa cultura , a nosa lingua.
Quixera comparar a riqueza que é ter una grande variedade de linguas no noso mundo coas sementes. Eu ata diría que está a pasar o mesmo. Coa globalización dos mercados, as grandes compañías productoras de gran crean tranxénicos coa disculpa de que son máis resistentes as pragas que as sementes tradicionais. O que non din é que a maioria das pragas son provocadas por esas mesmas compañías para que se compren os seus productos. Desta maneira as suas sementes van ocupando máis e máis terras. Os científicos decatáronse de que a gran variedade se sementes que hai no mundo estáse a reducir de forma dramática, poñendo en perigo o futuro da nosa alimentación o depender dun so tipo de gran. Por iso, cada país e una unión deles está a conxelar e a gardar en grandes almacéis toda a variedade que sementes que ainda existen por se algún día nos fan falta. Ben, pois coas linguas pasa o mesmo, están a ser grabadas e monotorizadas para gardalas en grandes arquivos por se algún día decidimos usalas para algo, mentres as línguas que máis se usan no planeta están a colonizar os pequenos recunchos de terra que aínda quedan vírxes.
Onde está a salvación? En continuar coa nosa variedade de gran, cultivandoo para que una vez que esa semente creza se multiplique en moitas máis sementes. No caso da lingua, o cultivo debe facerse na casa e na escola, e cando eses nenos crezan e formen una nova familia axudarán a espallar a lingua.
Coido que é unha mágoa que non se protexa e non se intente conservar aquelo que forma parte de nós, concretamente neste caso o patrimonio lingüístico da nosa comunidade, pois a lingua compartida por un grupo de persoas, condiciona un determinado espíritu, un determinado carácter que é o fundamento das nacións. Ademáis o coñecemento dunha lingua proporciona oportunidades sociais e laborais. Debemos considerar a lingua como fundamento das nosas reivindicacións. O sistema educativo é o espazo apropiado para aprender a lingua, pois si esta está presente na escola, todos os nenos a coñeceran e a estudarán. Logo, tamén é importante ter alguén na familia co que comunicarse en galego, ou veciño ou amigo. Tamén as autoridades políticas deben fomentar o uso da lingua, estudando métodos axeitados.
Case me gustaron máis os comentarios dos meus compañeir@s, que o artigo en si mesmo, por trataren puntos que van máis aló do lamento ante o que parece a inevitable perda de diversidade cultural mundial a causa da globalización. Paréceme un artigo moi pesimista, que semella describir, como di un compañeiro, "unha matanza" en toda regra. O certo é que a globalización arrastra consigo a linguas, culturas e economías de forma imparable. Se somos conscientes de que a lingua vivirá en canto que nós queiramos que o faga, tamén o temos que ser das ferramentas que das que dispoñemos para conseguilo e seguir na procura de máis. Unha delas será a concienciación, que nos pode parecer pouca a día de hoxe, pero menos había fai anos, e dimos chegado ata aquí... E falo de concienciación a tódolos niveis, non só de nenos, como estamos acostumados, que si, que son o futuro, pero sempre boto de menos que se inclúa ao colectivo de persoas maiores, como son meus pais, aos que lles houbo que dicir durante anos (e anos) que o seu galego era igual de bo ou mellor que o da TVG e que non llo ensinaran na escola non por non ter a mesma valía que o castelán, senón por outras razóns ben distintas. Seguen a desconfiar de que sexa certo. Incluso a globalización en si mesma tamén pode ser unha vía para que o galego atope novos espazos nos que vivir, por exemplo na Internet. Unha cousa coa que non estou conforme é coa identificación que a autora fai entre dialecto e idioma, diferenciados unicamente pola presenza dun “exército que o defenda”. Penso que esta disipación de límites que presenta a autora non lle fai ningún favor a idiomas que, como o galego, están sendo asoballados tódolos días, e menos que sexamos nós quenes pantexemos dúbidas ao respecto.
A lectura deste texto faime pensar no que dí á autora do mesmo, Teresa Moure, de que nos ensinan unha recua de información na que nunca consta o estudio das linguas nin tan sequera se mencionan os nomes delas, cando esto é unha información máis de cultura xeral. O monolingüismo ao que estamos acostumados, pola maneira na que nos ensinaron na escola, non é tal, o multilingüismo é a realidade aínda que está pouco explorada ou analizada, os datos non nos deixan ningunha dúbida ao respeto: 6.000 linguas e 250 estados. A realidade destes tempos, é que estamos presenciando a pérda irreparable de moitas linguas, a súa desaparición, linguas que non interesan nun mundo globalizado. Xerouse así un novo concepto que é a Ecolingüística, que non é máis ca o equivalente á Ecoloxía pero en termos de lingua. Unha lingua é moito máis ca un signo lingüístico, é unha mentalidade, unha cultura, unha sociedade, unha forma de sentir… Con cada lingua que perdemos, pérdese tamén unha forma de velo mundo dende outros ollos. Neste escrito recóllese tamén a labor limitada que teñen os lingüistas, polo que compre facer un cambio nas prioridades da investigación sobre a linguaxe, facendo unha intervención directa e real. Sorprendeume o dato de que dende o ano 2002 inclúese no libro vermello da UNESCO sobre as linguas moribundas, o galego. Penso que fai falla un cambio de actitude pola nosa parte, que empecemos a apoialo noso, a darlle a importancia que se merece a nosa lingua para que algún día a situación do galego sexa semellante ou mellor á do catalán. Parece que o futuro do cambio pasa pola escola, sempre que conte co apoio do goberno e das institucións, promovendo a diversidade lingüística. Deixo este enlace por se queredes botarlle un ollo, http://www.youtube.com/watch?v=3X6aTRstkws, é unha publicidade de Gadis.
De este artigo de Teresa Moure, saquei en claro cinco ideas fundamentais: En primeiro lugar a relación entre a lingua e a política, e a idea negativa da globalización que fai que a diversidade lingüística vaia desaparecendo. Certamente, nunca pensei que a situación das linguas na actualidade estivera tan relacionada coa política. Sempre tiven a idea positiva da globalización, pero doume de conta de que é o que che implantan na escola. O punto de vista da autora fai que reflexionemos ata qué punto estamos manipulados dende pequenos. En segundo lugar, fai una crítica á pouca implicación dos lingüistas na defensa das linguas minoritarias. Penso que é una postura moi valente, porque está a facer autocrítica da súa materia “os linguístas deberiamos asumir as nosas culpas”, para facer que os lingüistas que habitan nas “altas esferas” baixen á terra e interveñan na realidade, que se involucren, que una lingua non debe haber grados de importancia nas linguas, unha lingua falada por duascentas persoas é tan importante como unha que falan un millón. En terceiro lugar, trata o perigo da perda da diversidade lingüística, non só por perda dun ben da humanidade senón da contribución do coñecemento das linguas da lugar ao coñecemento de moitos matices que se perderían se desaparecesen. Os estudios lingüísticos, ao centrarse nas linguas maioritarias propoñen unas conclusión que se presupoñen como “correctas”, pero aquí Teresa Moure da no cravo: “e se os verbos, as accións, os casos, os adxectivos ou as oracións foses accidentes presentes nunhas poucas linguas pero non esenciais para falar de linguaxe?”. Cando lin esta cuestión sentín como se iluminaba una luz na cabeza. É certo, si hai 6000 linguas no mundo, porqué van ser correctas as estruturas de 50 delas?, se deixamos que desaparezan o resto, a investigación lingüística quedará incompleta. Tamén trata os dereitos lingüísticos dos individuos e dos pobos, pese a todo este pesimismo, fálanos, de iniciativas que están a xurdir, para reivindicar o dereito á lingua propia. Así Declaracións como a Universal de Dereitos lingüísticos, o ecolinguísmo, a fundación para as linguas ameazadas, Terralingua, Rosetta Project,… Aínda que a autora as considere como que “a lingüística profesional pretende lavar a cara e sacudirse a pala reputación” considero que iniciativas de este tipo sempre son positivas. Evidentemente o obxectivo non é crear unha “magnífica colección de linguas”, pero estas iniciativas sempre poderán dar lugar a outras cada vez máis interesantes e prometedoras. Por último formula o tema do Galego como lingua moribunda. Tal e como comentaron os meus compañeiros, a min tamén sorprendeume ver que o galego esta inscrito no libro vermello da UNESCO sobre as linguas moribundas. Sorprendeume e encheume de pena, e máis pena deume ler que “os galegos compoñemos unha máis das tribos de que desexa desaparecer”. Penso que foi un golpe baixo por parte da autora. Penso que ningún galego quere que a súa lingua desapareza, e moito menos que desexemos desaparecer como tribu-comunidade. Penso que a situación na que se encontra o galego débese en gran medida á falta de coñecemento da situación, a poboación non é consciente do punto crítico no que se atopa o galego é por falta de divulgación. Para esta divulgación é moi importante á escola, pero tamén debería darse una concienciación dende a administración pública, os medios de comunicación, iniciativas privadas, para chegar á conciencia de todos.
Resulta evidente que a escola é a administradora dos nosos coñecementos. Algo no que nunca reflexionara (e polo que vexo, coma a maioría dos meus compañeiros) é que sempre tivemos que estudar os países coas súas respectivas capitais, mais nada da súa lingua e cultura. Partindo desta idea, podemos dicir que o sistema educativo actual é a base da transmisión do concepto de homoxeneidade do mundo. A maioría dos individuos somos multilingües. Dende o meu punto de vista, penso que cantas máis linguas falemos e cantas máis culturas coñezamos, mellor. Mais isto non quere dicir que só se fale o inglés, senón todo o contrario, e non ten por que estar ligado á desaparición das linguas. Lara Edreira e Inés Cendón apuntan con moita certeza que “se alguén ten oportunidades de mellorar, e iso pasa por aprender outra lingua para poder promocionar, pois claro que o vai facer”. Este concepto podémolo relacionar co que pasa dende xa hai anos co éxodo da poboación das aldeas ás cidades… é triste, pero é unha realidade. Por outro lado, estou dacordo con Teresa Moure cando di que “as decisión sobre que variedade promocionar, estandarizar, difundir ou falar non son decisión científicas, senon que políticas” e que estas mesmas están presentes en congresos, na rede, nos medios de comunicación, e polo tanto, son un gran foco de influencia para nós. Mentres, no lado oposto atópanse as linguas minoritarias que non poden competir fronte a globalización, facendo que se perda material indispensable para a lingüística, psicoloxía, antropoloxía e socioloxía, e polo tanto, un rico tesouro. Tamén quería destacar a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (DUDL), iniciativa para propiciar un marco de organización política de diversidade lingüística, así coma a Fundación Volkswagen ou Ford que neste caso financian proxectos de linguas ameazadas. As tres iniciativas a prol das linguas desfavorecidas eran totalmente descoñecidas para min.
Que dicir? Case todo está comentado pol@s compañeir@s. Estou moi de acordo coas exposicións de Iria, pois através delas fai claras algunhas ideas do texto e de fóra del. O tema principal do texto é a desmitificación dun mundo homoxéneo lingüísticamente, pois este é unha idea errónea creada polo fenómeno da globalización e apoiado pola política e pola educación. No ámbito da educación só se mencionan as linguas que se consideran “importantes” e nunca as que son linguas minorizadas. Na escola hai unha selección da temática tendo en conta o que a política considera máis relevante e omitindo o que non lles interesa que o alumnado coñeza. Como consecuencia, chegamos á universidade sen coñecer vinte linguas diferentes entre as arredor de 6000 linguas do mundo e pensando que a maioría da poboación só fala inglés ou español; mais o monolingüismo non é unha realidade no territorio mundial, pois a maioría das persoas e dos territorios son multilingües. En canto ao papel da política, hai que sinalar que os dialectos pasan a ser linguas cando hai institucións de poder que as promoven. Alén disto, son decisións políticas os criterios sobre que variedade promocionar, estandarizar, difundir ou falar. A diversidade lingüistica e cultural de tribos estadesaparecendo a gran velocidade . As linguas desaparecen como consecuencia do terríbel impacto do imperialismo occidental. Hai moitas linguas das que só se coñece o nome e non están analizadas por lingüistas se non que por antropólog@s. A autora fai unha analoxía moi significativa da linguística coa zooloxía, pois o estudo de uns poucos animais para determinar a especie animal parece unha loucura, mais estudar só as linguas europeas para estudar o sistema lingüistico considérase algo normal e positivo.
Comparto as opinións dos meus compañeiros así como o que di T. Moure no artigo. Creo que está a xurdir na sociedade o que os que nos titerizan dende as altas alcurnias queren. Paréceme moi importante que o estudo da lingua e das linguas se faga dende o sistema educativo, pero xa sabemos que este non está libre de intoxicacións e intereses políticos. Ca globalización non tiña que ir asociada a idea de disminución ou homoxeneidade, pero é o que parece que se está a impoñer. Na miña opinión creo que se debe deixar emerxer os novos galegofalantes pero tamén os castrapofalantes, xa que non todo o mundo debemos falar do mesmo modo. En cada pobo, cada aldea, cada recuncho existen termos novos, expresións, etc que dan vida a lingua, heteroxeneidade e a nutren. O que están a conseguir, como xa dixo algún dos meus compañeiros, é manter un rexistro de linguas, de todas as que hai, como quen garda fenómenos extraordinarios da natureza nun almacén baixo chave. Eso si, cando sexa necesario poderánse ensinar, como trofeo de todo o que tivemos (e na miña opinión do que non soubemos coidar nin manter).
Canto descoñecemento temos no mundo! E neste descoñecemento inclúome…porque son dese grupo de xente (quero pensar que non me ocorreu só a min) que non sabía moitas das cousas que se falan neste texto coma que o galego se atopa entre as linguas maioritarias. E nisto estou dacordo co que expón Teresa Moure de que a escola xoga un papel fundamental no feito de que nela ensináronnos a identificar a unidade política co idioma nacional. Mais eu penso que, chegados a un punto, se temos inquedanzas e fuximos da preguiza, por moito que nos dixeran na escola, debemos ser capaces de buscar información máis aló dos tópicos e pensar por nós mesmos, non adoptando o pensamento doutros que xa o tiñan pensado por nós.
Por outra banda, o símil que realiza a autora entre o estudo das especies animais e o estudo das linguas paréceme moi axeitado. Eu estudei unha carreira de ciencias e sempre nos dixeron o mesmo, que non podemos quedarnos só cos termos xerais, senón que temos que ter un coñecemento en profundidade e abarcar a maior diversidade posible. Por qué non trasladar este coñecemento da diversidade a tódolos ámbitos? Teriamos un concepto do tema moito máis amplo e enriquecido.
Tamén estou dacordo con outras ideas que aparecen reflexadas no texto, algunhas das cales xa foron comentadas na clase ou no blogue. Por exemplo, o feito de que a xente non adoita asociar a perda da lingua coa perda de costumes ou tradicións que van asociadas aos falantes desa lingua. Con frecuencia, cando ocorre que desaparece unha lingua adoitamos pensar que isó é algo que a nós nunca nos vai suceder e que esta perda non significa perder unha parte da nosa cultura. Eu creo que a todo se pode chegar, e cando descoidamos as cousas terminamos por perdelas. É certo que xa hai quen se decidiu a protexer a nosa lingua, pero tamén creo que só é o comezo. Todo está moi recente e aínda queda un longo camiño por percorrer…coma sempre digo, depende de nós que a situación cambie.
Este texto conta case o mesmo que o de ecolinguística, pero centrase especialmente na crítica do modelo estruturalista dos linguistas indoeuropeos. As escolas teñen moito que ver neste asunto, pero tampouco hai que relegar toda a culpa nelas, xa que a educación desde a casa pode ter incluso mais peso do que che digan nas escolas. Tamén se fala da rapidez coa que as linguas están a desaparecer. Esto é unha pena, pero dubido que unha lingua non europea non entenda o que significa presente pasado e futuro. Non creo que sexa algo tan particular de nos, ou dificil de entender... non sei. Tampouco comparto a teima de meterse co inglés e o da globalización. Non todo neles está ben, pero tampouco mal. As veces hai que ser práctico e se tes que falar en inglés para traballar, ou para o que che pete, non e malo. Hai moi bos escritores en inglés con diferentes “cosmovisións” xa que non todos veñen de Inglaterra. E ademais se che apetece ler a un destes escritores, e tomarte unha Cocacola, non te sintas culpable, non e malo.
Despois de leer uns cantos comentarios dos meus compañeiros, gustoume de sobremaneira a interpretación do artículo que fai Iria na súa primeira opinión. A verdade e que o artículo resultoume bastante pesado de leer, quero creer porque a miña declinación futura non pasaría por ser a de lingüista. Supoño que o mesmo vos pasaría a maioría de vosoutros si tiverades que leer un artículo macroeconómico, de política económica, ou sobre o análises económico-contable dun sector financieiro.
Partindo desta base, gustaríame recalcar que o proceso de globalización e política económica neoliberal levada a cabo está avasallando o mundo a través do imperialismo levado a cabo polo países máis poderosos, non estando as linguas "minoritarias" libre da súa influencia. Como decía Singala "So os pobon que se respetan a sí mesmos sobreviven...", así que nos debemos xulgar a nos mesmos antes de empezar a analizar porque o galego é unha lingua minorizada.
Engadía Iria,"Non somos respetuosos cando empregamos a lingua como símbolo baleiro do politicamente correcto. Quedar ben é bonito. Ter unha convición e emprender unha acción teleolóxica é grandioso". Eu e un frase que sintetiza a miña opinión con respecto o uso que se lla da o galego, aínda que nas miñas palabras non quedaría tan ben descrito. Simplemente penso en moitos exemplos que se veñen a cabeza como ver a maioría dos políticos intentando falar galego diantes das cámaras co fin que todos imaxinamos, ou que chegues a presentación do máster en Enseñanza Secundaria e che intenten dar a charla de benvida nun "galego" esperpéntico...
Como cantaba Siniestro Total e que pode resumir o que pasaría coa globalización lingüística: "Pueblos del mundo extinguíos, dejad que continúe la evolución, esterilizad a vuestros hijos, juntos de la mano hacia la extinción..."
A min tamén me gustaron os comentarios que fixeron tanto Iria como Lara e estou moi de acordo con elas. Pero tamén co resto dos compañeiros, todos son interesantes e case todos falan do que a min tamén me chamou a atención do artigo, como por exemplo, o pouco coñecemento das linguas na escola, non saber dicir as 20 linguas máis faladas, que o multilingüismo segue a ser unha realidade pouco explorada, a pouca presenza nos medios de comunicación, que a maior parte das linguas vanse a extinguir... Estou tamén moi de acordo co que di Alicia de que ademáis do sistema educativo son moi importantes as transmisión por parte dos familiares ou da xente do redor, xa que o que aprendemos na escola tendemos a olvidalo, pero o que aprendemos por propio interese persiste máis tempo. Por iso mesmo ademáis da escola e dos medios de comunicación deberían aplicarse as linguas a actividades cotiás ou de ocio, para así irlle collendo máis o gusto. O de que "A diferenza do que se adoita pensar en Europa, a maioría do mundo non fala inglés", xa o tiña escoitado nun programa e xa me dera que pensar... como xa se dixo, temos moito descoñecemento. Tamén dicir que eu pensei moitas veces a frase de "As linguas como o Alemán son máis difíciles de aprender". E gustoume moito a comparación da idea para deter a tala masiva de árbores coa detención da extinción dos idiomas.
O artigo de Teresa Moure pareceume interesante porque achéganos a unha realidade para moitos descoñecida. O primeiro, a cantidade de linguas que hai no mundo e o descoñecemento que temos delas. Moitas veces, ese descoñecemento relacionase con que son linguas minoritarias e con poucos falantes, pero a realidade é outra. Das seis mil linguas da humanidade, dentro das vinte linguas máis faladas, hai moitas das que apenas coñecemos o nome e por extensión a cultura deses pobos que as falan. A diversidade lingüística está desaparecendo e non debemos permitilo.
O feito de que se produza cada vez máis una homoxenización, non debería repercutir na desaparición das linguas, xa que con elas perderíanse tamén moitos coñecementos, crenzas e formas de vida.
Parece que hoxe, polo menos parte da sociedade é consciente desta situación e cada vez máis xorden iniciativas de apoio ás linguas a piques de esmorecer. Estas iniciativas deberían tomarse antes de chegar ate esos límites.
Ademais das iniciativas por parte da escola, débese fomentar o uso da lingua noutros ámbitos como nos medios de comunicación, nas actividades culturais e sobre todo nas novas tecnoloxías que están a ter gran repercusión social.
Á vista outra vez de que case non hai nada que dicir que non este dito xa, vou dar a miña opinión sobre o artigo. A realidade é que non podería estar máis dacordo con Teresa Moure. Este texto debería de ser de lectura obrigada para todo o mundo. Vou comentar, na miña humilde opinión os puntos que teñen para min unha gran relevancia. Estou dacordo con Teresa Moure no tocante á morte das línguas, é un asasinato grazas ó imperialismo occidental, para min non é unha evolución natural para nada, o tema de homoxeneidade tamén é moi interesante baixo o meu punto de vista. Parece que non pero perder unha língua é perder moitas cousas máis(pódese apreciar esto no artígo)afecta a diferentes áreas como a da semantica entre outras, pois estase a perder riqueza léxica. A ensinanza por exemplo da gramática faise dunha forma moi xeral, sen ter en conta outras línguas que para nada se parecen ás europeas(Teresa explicao moi ben no artígo) e son igual de ricas. A comparativa que fai Teresa coa zooloxia pareceme sublime, proba claramente que o estudo de poucas línguas en concreto non ten validez universal(algo que moi pouca xente sabe). Pouco máis teño que engadir que non se dixese xa, pareceme un artigo moi interesante, cheo de datos, moi ben explicados e tamén moi descoñecidos creo que para todos nos.
O texto de Teresa Moure foi para min, de principio a fin, coma un raio de luz alumeando o recuncho escuro no que eu mesma deixara agochada a forza e o incalculable valor das linguas e, polo tanto, o esquecemento ó que tiña condenados feitos tan graves como o terrible eurocentrismo que rexe as nosas vidas ou tan fantásticos como que a lingua é unha das maiores fontes de riqueza do ser humano, en canto que é a base que moldea e exterioriza o sentir máis profundo de todo pobo, a estrutura interna inherente a toda cultura. É innegable que os humanos utilizamos a lingua para crear e contar a realidade (a nosa), e é terrible que sexamos tan ‘inocentes’ (por non dicir parvos/as) como para crer que non é unha das máis poderosas armas de sometemento e poder. Así, como potente forza dominadora, ten tamén a facultade de ‘hipnotizarnos’, de facernos crer en ‘verdades’ tan aterradoras como que falar todos unha mesma lingua é ‘cómodo e práctico’, que axuda ó progreso, cando o certo é que se trata, simplemente, dun asasinato. O asasinato da humanidade a mans de si mesma. É terrible darse de conta de que quen non ten lingua propia non é parte de ningunha cultura e, polo tanto, non ten memoria, non sabe de onde ven nin coñece a súa propia historia; sen lingua e cultura, pódese sobrevivir, si, as funcións vitais máis básicas non paran (respirar, alimentarse, reproducirse…), pero non se pode SER. Como tampouco se pode existir plena e satisfactoriamente sabendo que se aniquilou a outros, que se lles condenou ó peor dos males: a invisibilidade (porque dá igual que a decisión non fose nosa, o simple feito de colaborar coa nosa ignorancia, facendo da escusa ‘eu non son ninguén, non teño poder de decisión’ a nosa bandeira, estamos a ser tamén axentes activos e partícipes desa extinción doutras linguas e culturas; e pode que axentes da peor clase: os autoindulxentes -non podemos esquecer que, ás veces, é máis culpable quen, sabendo do acontecer dun crime, mira para outro lado, que quen está de facto a cometelo, e ademais descúlpase cun simple ‘eu non podía facer nada’)
O que sucede é que o Capitalismo, que durante décadas nos ten dominado e tentado con ‘oportunidades de ouro’, facendo que en todas partes o ser humano abandone as súas tradicións e incluso ós individuos máis vellos e sabios da comunidade, está abocado a desaparecer. E é que o ser humano terá que darse de conta de que el é a peor ameaza para si mesmo e está consumando a destrución da súa propia civilización. Terá que ver que o inimigo está dentro, que é a propia dinámica interna do sistema a que o leva á súa degradación. O exceso de ‘benestar’ provocado polo consumismo leva á indixestión, e teremos que voltar ó verdadeiramente importante e imprescindible: o contacto entre nós, os humanos, o intercambio cultural, a poesía, a música, a filosofía e as súas enriquecedoras conversas para intentar responder ás grandes preguntas, etc, e todo dende a multiplicidade das linguas, xa que esta sempre provoca a multiplicidade dos discursos, coa variedade de sentires, de matices, de coñecementos… De feito, aínda que sexa por puro interese e egoísmo (se é que o ser humano non é capaz de facer xa nada por amor), hai que espertar e ser conscientes de novo (e, polo tanto, responsables eticamente deste saber) da vital importancia –como ben dicía a autora- da diversidade (biolóxica, cultural, sexual, lingüística…), xa que, sen o Outro, non é posible seguir sendo un mesmo. A pesar de que quizais pareza que me quedei só coa visión dramática do artigo, co lado ‘escuro’ destas reflexións, quero dicir que para nada, que aprecio profundamente os datos que nos da a autora e eu descoñecía, así como a visión da lingüística que ten e comparte co lector (interesantísima a reflexión da Declaración dos Dereitos Humanos e, por extensión, a dos Lingüísticos, así como a autocrítica da súa propia profesión, e todos os datos en canto a número de linguas, razóns políticas das materias e programas escolares a nivel mundial, etc.; en fin, non vou reproducir o texto); a verdade é que o artigo pareceume tamén moi alentador, porque esa chispa de lucidez que prendeu un pouco en min (e de seguro en todos nós) a este respecto faime ver que quizais aínda non sexa tarde, que sempre hai tempo de aprender, de avanzar, de mirar ó Outro de fronte e cambiar a perspectiva. E sempre é de agradecer que lle recorden isto a un.
O título do primeiro parágrafo para min xa resulta revelador:“as linguas do mundo, unha cuestión de datos”. E datos que a maior parte das veces descoñecemos, eu a primeira que non sabía a lista das 20 linguas maioritarias no mundo( non escoitara a palabra telugú na miña vida)e iso que coma di o artigo, formo parte dises que “estudamos ata o final”.
O artigo tenta subliñar o perigo que sofren nos nosos días tanto linguas minoritarias como maioritarias, ben sexa pola globalización que nos afasta da individualidade, e tamén fai recaer nos lingüístas unha gran parte da responsabilidade. Se é tradición ou inercia ,o caso é que o que non está de moda ou no poder, fóra ; que existen moitísimas linguas, e sinálanse , outra vez, datos significativos, en perigo de desapareceren , por , entre outras cousas, falta de investigación e mantemento.Pero non está moi claro que a solución sexa esa e a única, porque como se di no texto, o mellor so se consigue “ter unha magnífica colección de linguas..mortas”. É preciso un cambio nas prioridades de investigación sobre a linguaxe, no tratamento das diversidades lingüísticas e no respeto as mesmas,nos dereitos lingüísticos dos individuos e dos pobos e un cambio tamén na escola, que sempre é un punto de partida.
Sorprendeume moitísimo, para mal ou peor, o feito de que se as cousas, a nivel linguas, non cambian, no 2100 entre o 75 e 90 por cento das seis mil linguas faladas hoxe terán deixado de falarse. Outra vez números, devastadores. Descoñecía tamén a existencia do libro vermello da UNESCO sobre as linguas moribundas, e a inclusión do galego no mesmo dende o 2002.
En definitiva, é necesario un compromiso maior e a moitos niveles, e seguramente como se di no texto, máis solucións xustas e efectivas e non so “parchear”. María Garrido Conde
As línguas teñen unha unha cultura en pertencen a un pobo, polo que compre coñecelas axeitadamente antes de facer valoración sobre ela.
É triste ver cómo están a desaparecer porque non interesa promovelas.
Dende logo, a língua é fundamental no ámbito escolar e para poder optar a recibir formación na língua que se desexe debe haber máis opcións nas escolas sen que lles impoñan unha en concreto.
Coincido con Teresa Moure no feito de que o uso la língua non é só pola língua en sí, senón pola cultura e por tódala tradición que leva consigo. Aínda así hai personas que pensan que o ideal sería ter unha língua global para tódalas persoas, paréceme que están errados dado que cómo comentei anteriormente a lingua leva en si moitas outras cousas. Un dos aspectos que máis me chamou a atención e me indignou bastante, é o feito que a UNESCO declarase ao galego língua moribunda.
Respecto a este artigo, dicir que estou de acordo con todos os meus compañeiros, e que pouco máis se pode añadir que eles xa non dixeran. Pareceume un artigo moi interesante aínda que un pouco difícil de leer, tal vez, polo pouco coñecemento que teño sobre o tema. Estou de acordo co feito de que na escola non se lle da a importancia a cousas que son realmente importantes, pois eu igual que María descoñezo por completo cáles son as 20 linguas máis faladas do mundo, e moito menos escoitara falar de moitas delas como é o caso do punxabí, maratí... Mais non por isto as considero menos importantes, simplemente que ninguén tuvo o valor de falarme delas, pode ser tamén que eles, coma min, as descoñeceran ou como nos di o texto, que esta omisión proceda do programa da materia, contribuíndo isto a idea errónea da homoxeneidade do mundo. Pareceme increíble que se oculte esta información para non sacarlle importancia as linguas europeas, xa que baixo o meu punto de vista absolutamente todas as linguas son importantes e en términos de lingua non debería existir competitividade. Pero está claro que tes que ter un bo exército que che respalde, que defenda a túa lingua para que esta chegue a considerase importante, se os que están detrás,se os que teñen o poder non lles interesa olvídate, farán o posible porque desapareza, xa que nos mundos nos que vivimos todo se basa en "decisións políticas". Por este motivo, creo que está nas nosas mans o poder para que non se extinga nin o Galego nin outras linguas que según o texto están a desaparecer por culpa da globalización. Respecto as persoas que falamos galego non vexo porqué habemos de deixar de falalo, ou porqué o día de mañán non llo vamos a trasmitir os nosos fillos, ¿por qué vamos a vender o noso idioma? O capitalismo está facendo que os máis novos vendan a súa lingua por outras que parece ser que elevan a súa promoción social ou a súa posición económica, deixanse enganar, somos marionetas duns cantos que nos queren mover o seu antoxo, só facemos o que fai a maioría, se isto non se detén acabará provocando a morte de centos de linguas. Tamén me chamou moito a atención o feito de que fundacións como Ford e Volkswagen estén financiando proxectos de linguas ameazadas, sin embargo ¿realmente dará isto resultado? ou ¿unha vez que se perdan estas linguas, serán tan só consideradas obxectos de museo? Podería comentar moitas cousas máis que me chamaron a atención do texto as cales descoñecía por completo, como foi a formulación da DUDL que como dí o artigo é insuficiente, por ser "marcadamente eurocéntrica", ou a existencia do libro vermello da UNESCO, no cal, e non sen a miña sorpresa, nos encontramos entre as linguas moribundas. Como antes xa dixen, se algo se poder facer, está nas nosas máns, e creo que se queremos cambiar este panorama, debemos de empezar por o principio, por os máis cativos, debemos empezar donde se empeza a formar a base dunha sociedade, na escola. Ana González Gozález
Coincido con Modesto en que non me resultou un texto de lectura doada, quizais porque, conforme vai avanzando, tamén se vai facendo máis costa arriba a situación lingüística que se nos plantexa. Por unha banda, non vou entrar a falar, porque comparto a opinión da autora e dos meus compañeiros da responsabilidade que nesa situación teñen o imperialismo e colonialismo que traemos dende tan atrás, pero que hoxe é exercido máis sutilmente. Por outra banda, é de recoñecer que neste mundo de globalización, no que as cousas ocorren e ninguén é responsable delas (especialmente a clase política e altos mandatarios económicos, etc.), alguén recoñeza a súa responsabilidade, neste caso un lingüista, respecto das condicións de vida ou, mellor dito, de morte, dalgunhas linguas. Como contrapartida, cabe salientar que o círculo se abre e se pecha no mesmo punto: a escola. A escola, ou mellor dito, a través da escola, os poderes públicos intentan transmitirnos unha visión homoxénea do mundo. Pero é a mesma escola a que debe abrir outra ventá cara o mundo e, como di Teresa Moure, aprendermos a ver a “importancia da diversidade”. Aínda que a primeira idea despois de ter lido o texto foi “e eu que pinto aquí?”, penso que é neste punto no que podemos entrar en xogo: valorar e ensinar a valorar a riqueza desa diversidade, sexa lingüística, biolóxica, cultural, etc. E cada un dende o seu ámbito (lingua, bioloxía, xeografía e historia, etc.). Atreveríame a dicir algo máis: quizais a través desa ventá non debemos mirar moi lonxe, e comezar polo que temos ao pé dela. María Castro
Este texto de Teresa Moure representa la visión que se tiene equivocada hoy en día de las personas de sus lenguas y de sus culturas. Por desgracia superan en número las lenguas habladas y no conocidas a las que si se conocen, pareciendo sorprendente que esto ocurra incluso con lenguas habladas por un número mayor de personas. Pero incluso aunque fueran 100 personas las que hablaran una determinada lengua, estarían en todo su derecho de hacerlo y no perder algo que forma parte de ellos y que como decía Susana les hace SER.
Si en la escuela dieran más información sobre las lenguas habladas en cada sitio aparte de los datos geográficos que se estudian, como se explica en el texto, llegaríamos a alcanzar un conocimiento más amplio sobre la pluralidad de personas y sus costumbres; y no daría lugar a la idea de homogeneidad del mundo. Limitarse a una única lengua no es para nada beneficioso.
Tendría que fomentarse desde la escuela ya que es el núcleo principal de conocimiento. Si por ejemplo todas las personas pudieran tener acceso a otra lenguas y otras culturas, estaríamos más enriquecidos culturalmente, y dentro de cada ciudad o pueblo estas personas podrían difundir estos nuevos conocimientos a sus amigos familiares y personas de su entorno, llegando a adquirir un conocimiento mayor que el aportado por una sola lengua común como es en este caso el inglés.
No podemos permitir que esta información tan valiosa muera y con ella sus lenguas, sus conocimientos, y las personas que las hablan.
Como ya comentaron mis compañeros, vivimos en una sociedad cada vez más minimalista que considera que aquello que no es imprescindible para vivir no merece la pena, y si dejamos que esto ocurra estaremos perdiendo lo más importante que tenemos como seres humanos como puede ser la música, el arte, la naturaleza y otras muchas cosas que forman parte de una lista interminable
Olá, parece-me mui interessante o texto da Teresa, e o conceito de ecolinguística. Do mesmo jeito, o texto propom umha série de interrogantes dos que seria preciso a existência do debate social. Agora bem, se calhar por ser um artigo e por problemas de espaço, acho que devemos aprofundar um bocado mais em como se chegou à situaçom que se monstra. Primeiramente, o próprio conceito de língua é bastante discutível já nem só pola ocidentalidade da sua semântica senom também porque como se tem afirmado ainda que pareça um oxímorom esse termo nom é lingüístico, é algo de razom parece ter. Coincido também em que os linguistas devem alçar a sua voz neste sentido mas, quando a alçam nom os querem ouvir, ponhamos o exemplo de Moreno Cabrera que é bastante desconhecido. Também é importante como o processo burocrático e a falta da especializaçom impede isto: A RAG, é academia mas nom só de língua, o CCG é também um órgao demasiado amplo... Enquanto o ponto de vista marcadamente europeu da análise linguística vem dado polos seguintes factores: eurocentrismo inerente aos movimentos de poder, lenta aceitaçom das novidades em matéria linguística por parte dos estudosos que se perpetuam em posturas superadas. O estudo das línguas sempre se fixo com fins práticos, bem os jesuítas para ensinar o catecismo, bem para prestigiá-las, de aí a problemática actual que ainda nom temos superada. Já por último, e como anedota, acho que é melhor utilizar "asturianu", nom "bable" como aparece no texto, já que este último tem ligadas valoraçons negativas.
Encantoume o texto de Teresa e aprendín moito con el.Sabía que había variedade lingüística no mundo pero non sospeitaba que tanta.Aínda que si nos poñemos a reflexionar coa extensión da Terra e coa poboación de toda ela e que fai anos,ó non haber medios de comunicación dunhas zonas con outras,aínda que non estivesen demasiado lonxe entre si,xurdían linguas distintas. No único que non estou dacordo é nesa negación dunha lingua universal, eu considéroa necesaria para entendernos os distintos pobos do mundo con esa língua común, que non necesariamente ten que ser o inglés. Agora si, que non so se tenda a aprender esta lingua se non estudiar e conservar tódalas outras. Gústame a metáfora existente entre extincións de especies naturais coa extinción das linguas, a chamada Ecolingüística.Esperemos e desexemos que non se sigan extinguindo nin as unhas nin as outras.Penso que si se fai unha boa labor teñen maior futuro as linguas que as especies animais,pois nestas últimas dependen de moitos máis factores. Sobre o texto de César, gustaríame que me dixera as connotacións negativas do bable.Xa llo preguntarei.
Case todos os compañeiros e compañeiras expuxeron xa as ideas principais do texto de Teresa Moure. Por un lado temos a idea da homoxeneidade do mundo, a idea de que só unhas cantas linguas son dignas de coñecemento e estudo. Igual que algúns dos meus compañeiros/as descoñecía a maioría de linguas que se sitúan entre as vinte máis faladas, e só sería capaz de nomear as máis comúns. Eu creo que a diversidade é unha riqueza, non só a lingüística, e que o coñecemento da existencia doutras linguas non supón ningún tipo de problema, por iso penso que non sería unha mala idea que ese coñecemento existise xa desde a escola, igual que coñecemos as capitais dos países, como dixo Jesús Manuel, porque non coñecer a lingua que neles se fala? Polo menos ser conscientes de toda a cantidade de linguas que existen no mundo e que non nos convenzan de que só unhas poucas son as máis importantes e as que debemos estudar. Desde logo o traballo que desenvolven os lingüistas é fundamental neste mundo cada vez máis globalizado e no que semella que a desaparición dalgunhas linguas é inevitable. Ese traballo é fundamental para coñecer os fundamentos internos de cada unha desas linguas e desde logo si que deberían desenvolver un traballo de campo para coñecer de primeira man o funcionamento real, e se chegasen a desaparecer dalgunha maneira quedaría recollido para o seu estudo e quen sabe se para unha nova vida. Desde logo que unha lingua non desapareza depende de moitos factores, e por moito que nós desde aquí tratemos de evitalo escribindo fórmulas para conseguilo, ten que existir un convencemento propio da xente e unha identidade real coa lingua, ademais dun goberno que se comprometa na súa defensa e uso. Referíndome ao caso concreto do galego semella que aínda temos moito por facer. Como se recolle no texto, no ano 2002 o galego recóllese como unha das linguas moribundas no libro vermello da UNESCO, porque a pesar de todos os esforzos que se levaron a cabo aínda falla a transmisión da lingua ás novas xeracións. Para isto, e como xa dixen no comezo, a escola debe desempeñar un papel importantísimo, necesitamos que sexa unha ferramenta aberta á diversidade lingüística e para derrubar todas as ideas equivocades que existen sobre a lingua.
Neste texto de Teresa Moure fálase da problemática das línguas minoritarias no mundo. Estou moi dacordo con ela nas súas afirmacións, pero como tódolos meus compañeiros xa resumiron o texto e diron moitas das opinión que a min me suxería, vou sacar o tema fora da lingüística, xa que hai moita xente na clase moi entendida no tema e probablemente, xa non teña nada que aportar. O problema que se describe no texto é algo que se suscribe a tódolos aspectos culturais. Ó largo dos anos e do mundo pérdense identidades e tradicións que forman parte da cultura de cada rincón da Terra sin que ninguén faga nada por remedialo. Profesións case artísticas que se perden, formas de construir as nosas vivendas dunha maneira máis sostible, que xa facían os nosos avós e agora damonos conta que temos que retomar, e inda por riba chamámoslle innovacións… penso ca cultura e riqueza, riqueza da boa, da que non nos volve uraños e todos debemos facer por non perdela. Está moi ben recordar línguas do outro lado do mundo, pero non podemos esquencer o que temos máis preto, non se pode deixar morrer. Meu avó foi ebanista, moitas veces penso no saber que levou con si cando morreu, todo ese coñecemento que non lle transmitiu a ninguén e que agora eu estaría tan interesada en aprender. Xa é tarde. Non corramos tanto é parémonos nas cousas pequeñas, as que nos dan identidade.
O artigo pareceume unha dura crítica cara aos lingüistas que culpa en parte do pouco coñecemento que ten o mundo da diversidade ademais de dar a coñecer esa gran diversidade. Como exemplo pon que nin os estudantes universitarios poden dar o nome das 20 linguas máis faladas das máis de 6000 que existen e por iso se ten unha idea de homoxeneidade do mundo, cando en realidade a maioría dos individuos son multilingües. Fala tamén do escaso coñecemento de linguas que precisan de investigación urxente e para as que a “era lingüística” non comezou. Critica como os dereitos das persoas se redactan dende unha visión occidental e para recoñecer como lingua un dialecto se escollen criterios básicamente económicos, cando nalgúns lugares debido á súa situación a lingua non pode ser unha prioridade. A escola, como gran culpable do descoñecemento da diversidade, ensina a identificar unidade política con idioma nacional e o multilingüismo parece unha excepción cando o normal é o solapamento das linguas nos territorios. A consecuencia é que o imperialismo occidental elimina a diversidade tanto lingüística como de outros elementos culturais como a vestimenta ou ata a forma de pensar. Historicamente o interese por outras linguas comezou para acadar a colonización relixiosa para finalmente homoxenizar o territorio tamén coa lingua que da prestixio. Os lingüistas ata agora non tiveron a capacidade de intervir na realidade limitandose a transmitir e estudar as peculiaridades dunha lingua europea. Para enteder o que é a linguaxe é preciso estudar canto maior número de linguas sexa posible para así poder saber qué teñen realmente en común todas elas. Ata agora tamén a forma de estudo da gramática se rexeu polas características común ás linguas europeas. Finalmente insta ó estudo debido á inminente perda de información pola morte de moitas linguas e á transmisión do coñecemento a tódalas persoas para que se coñeza a diversidade existente.
O meu comentario deste texto podería falar da tan boa sintaxe que fai a autora da realidade lingüística que nos toca vivir, podería agradecer o esforzo de, en tan poucas páxinas, presentar obxectivamente( nada doado)acontecementos e situacións reais que poderían alarmar a algún de nós . Pero vexo que son cousas que están de sobra comentadas. Serei, logo, ben breve, e soamente direi que, sen dúbida o máis loable que o texto de Teresa Moure ten para min, é a renuncia á culpabilidade allea polo que está a ocorrer. O asumir a súa propia participación neste espectáculo. Isto é algo que non abunda, do que é difícil escapar polo tentador e doado que resulta culpar a outro ou ó resto do que vai mal.
Moitas cousas van mal neste “consumundo”, moitísimas. E non é máis culpable o que ten armas máis grandes que o que devece por acada-las mesmas. Ben, se queremos buscar culpables, sería bó aproveitar o ben alimentado que temos o noso ego e comezar a búsqueda por nós mesmos, porque quizais na culpa dos outros pouco podamos facer, máis que laiarnos, pero sendo quen de nos facer parte culpable, ou se preferides, activa, do resultado, quizais poidamos atopar gañas de facer algo e nos percatemos de que as ferramentas para nos movilizar están a ser roubadas e aplicadas na nosa contra.
Quería apuntar a seguinte ligazón, da participación da autora do texto nun acto en defensa da lingua. Pareceume que podería enriquecer índa máis o seu discurso escrito. E todo sexa dito, sírveme de remate para este comentario que non atopa xa mellores palabras que as que é tentador plaxiar ós meus compañeiros.
http://www.youtube.com/watch?v=o7tg7HicLJU
Sei que é tarde e quizais non teña moito sentido estar a pór ligazóns, pero pode que quede algún rezagado coma min, e entón espero que lle guste miralo.
Despois de ler moitos dos comentarios dos meus compañeiros, teño que destacar igual que fai Modesto, o comentario de Iria Domínguez, có que estou dacordo en liñas xerais pero con certos matices.
O texto de Teresa Moure, como ben dixeron a maioria dos meus compañeiros, sinala unha serie de aspectos a ter en conta á hora de analizar a situación de perigo na que viven moitas das linguas faladas no mundo. Por un lado estaría o papel da escola, que durante moitos anos -e penso que aínda o fai a día de hoxe- tentou difundir a idea da homoxeneidade do mundo, omitindo un estudo máis pormenorizado das linguas faladas no mundo, e promovendo a asociación do concepto de país con lingua nacional, España-español, Italia-italiano...
Por outro lado a autora, fala da idea de euro-centrismo, esa crenza que temos un pouco de considerar Europa -ou occidente- como o centro do mundo. O que provocou e provoca aínda a día de hoxe, un notable descoñecemento do acervo lingüístico e cultural dos pobos non occidentais.
Despois disto e de ter presentado a grandes rasgos o marco que define a situación actual das linguas no mundo, a autora defende a necesidade dun cambio na actitude dos profesionais adicados á lingüístca. Segundo ela, unha disciplina que dende os seus inicios "se gaba de ser unha ocupación non comprometida" na defensa da diversidade lingüística, ademais de ter mantido unha postura demasiado europeizante, mirando en exceso as linguas desta pequena parte do mundo. Desto modo Teresa Moure fala do nacemento da Ecolingüística, como unha disciplina comprometida na defensa da linguo-diversidade.
Na miña opinión, e en referencia a este concepto de Ecolingüística, penso có feito de que unha disciplina científica tente intervir no campo do seu estudo, non ten porque ser algo nin negativo nin positivo. Todo depende das características da situación concreta. Iria Domínguez compara o traballo dun lingüística co dun físico, e argumenta que igual que o físico non intenta modificar as condicións do seu campo de estudo, o lingüísta tampouco debería intentar cambiar as condicións do seu. Sen embargo, na miña opinión, o concepto de Ecolingüística está máis vinculado coa ecoloxía ou bioloxía, que coa física. O lingüística tería neste caso máis que ver cun biólogo, que cun físico. E moitos biólogos si que interveñen dalgunha ou outra forma no mundo animal ou vexetal, e a maoiría das veces con consecuencias positivas.
Penso que esa é a idea que defenre Teresa Moure, a de intervir no mundo contra a acción indiscrimanada do home. Igual cá ecoloxía tenta reducir ou loitar contra a forte pegada do home sobre todo o ecosistema, a ecolingüística tenta loitar pola conservación das linguas como patrimonio cultural e fonte de diversidade da humanidade; unha situación -a de estaren moitísimas linguas en perigo- tamén provocada pola intervención do home sobre o mundo.
Despois de facer referencia a este pequeno matiz, teño que dicir que comparto en certa medida a opinión de Iria Domínguez, e non estou demasiado dacordo coa postura de Teresa Moure. Como Iria Domínguez afirma, moitas veces pensamos nas linguas nun sentido poético, cando realmente non deixan de ser ferramentas para comunicarmos e construir o mundo. Se a tendencia do mundo é a de ser cada vez máis homoxéneo a tódolos niveis, é lóxico que isto afecte tamén ás linguas e a outros aspectos culturais. Xa sei que isto probablemente non sexa algo positivo, pero este é o mundo no que vivimos. E non ten que ver con ser conformista, xa que sendo honestos, se falamos da necesidade dun compromiso por parte da sociedade, coido que hai bastantes máis problemas no mundo máis importantes cá defensa da diversidade lingüística. Moitas das comunidades nas que se falan linguas en perigo, por exemplo algunha tribo de África, seguramente teñan problemas máis graves cá conservación da súa lingua.
Por último e xa para rematar, quería salientar como xa fixo algún dos meus compañeiros, a frase de "unha lingua é un dialecto cun exécito que a defenda". Se ben é certo que Teresa Moure critica en certa medida esta frase, xa que na súa opinión non pode aplicarse en certos contextos non europeos ou occidentais, si que penso que é unha frase que pode levarnos á reflexión, e que está moi relacionada co contido da materia ó longo do curso. A maoiría das veces, a diferenza entre dialecto e lingua está máis ligada a cuestións políticas, cá cuestións puramente lingüísticas. Un caso moi claro é o do valenciano. O goberno valenciano defende o seu status de lingua, como consecuencia duns intereses políticos. Pero probablemente moi poucos, ou ningún lingüísta defenda a condición do valenciano como unha lingua diferente do catalán ou o balear, sendo neste caso unha variedade ou dialecto do que se coñece por catalán. Outra cousa ben diferente é se o término "catalán" é a acepción máis adecuada para a variedade estándar que englobaría tamén o valenciano e o balear. Pero iso xa é tema doutro debate.
É difícil aportar algo que non estea xa dito, a verdade é que os comentarios dos meus compañeiros son moi acertados, case todos falan das mesmas cousas que me chamaron a atención a min. O que máis me impresionou deste artigo foi a relación existente entre lingua e política, nunca pensei que estes dous ámbitos estivesen relacionados entre si, pero como ben deixa entrever Teresa Moure, as decisións sobre que variedade falar son políticas, e o máis preocupante é que estamos moi influenciados desde pequenos a través do sistema escolar sen decatarnos diso, algo que se ve reforzado, ademais, polos medios de comunicación, as redes sociais, etc. Por outro lado, tamén me parece importante destacar o perigo da perda da diversidade lingüística, da desaparición de moitas linguas minoritarias e todo o que iso conleva, así como o feito de que o galego se atope entre as linguas moribundas. Paréceme moi triste que desaparezan tantos coñecementos que aportan moitísimas contribucións ás nosas vidas e que non sexamos capaces de manter vivo algo que forma parte de nós, como é unha lingua.
Aínda que pesimista, non debería ser de outra maneira na situación que nos atopamos, estou totalmente de acordo con T .Moure. O primeiro impacto que me levei lendo este texto foi o descoñecemento absoluto sobre as distintas linguas que Moure cita . Sinalaría cando di que deberiamos tomar en conta as realiades extra-europeas pois o multilingüismo é unha realidade pouco explorada. Na escola ninguén nos ensinou mais alá do "pequeno mundo",inglés , francés e como moito alemán, no meu caso. Estas variedades , sen dúbida , son, promocionadas ,estandarizadas, difundidas e ou faladas decisións políticas. A GLOBALIZACIÓN MATA- Idea negativa da globalización , cando pola contra, a todos nos dixeron ou ensinaron que isto era positivo. Máis se nos paramos a reflexionar sobre isto ,vemos que a diversidade desaparece mediante este fenómeno. A pesar de ver algun "trazo positivo" , todos nos destacamos o negativo. Impresióname saber que o galego pertence o libro vermello da UNESCO sobre as linguas moribundas pola perda xeracional . E con isto da perda xeracional, vénme á cabeza as trabas polas que o galego pasou e moitas familias tamén.Se nos remontamos aos desgrazados séculos escuros e ditadura franquista, o galego sobreviviu,grazas ás clases sociais máis precarias que o empregaban no seu fogar. Estoume desviando un pouco do tema pero considero que isto repercuteu na transmisión xeracional.
Este texto expón unha serie de formulacións que ó longo do discurso van tocando temas diversos mais cunha finalidade común: invitar ó lector á reflexión. Gracias a un xenial dominio da linguaxe e ó emprego de abundantes exemplos, comparacións e metáforas logra con éxito o seu obxectivo. Ademáis, a claridade coa que está argumentado fai do artigo unha lectura asequible e agradable para calquera persoa non procedente do ámbito profesional da lingüística, o cal supón dende o meu punto de vista un dos maoires logros acadados pola autora.
Aínda que o tema central do artigo xira entorno á situación da diversidade lingüística e a súa conservación a nivel mundial, non resulta estrano que comece e remate sacando a relucir o tema da educación, atribuíndolle á escola nun primeiro momento a responsabilidade da situación actual para finalmente darlle a chave das posibles solucións de mellora. Non é estrano porque lonxe do que normalmente se poida pensar, e en base ós argumentos expostos no texto, o sistema educativo é responsable en grande medida das ideas, valores e actitudes presentes na poboación. É moi explicativo o exemplo que pon sobre a filosofía da linguaxe, con respecto á consideración tripartita do tempo ou ás categorías gramaticais. Da moito que pensar que para alguén coma min, que non veño do ámbito da lingüística e toda a formación gramatical que teño é a que me deron na escola, resulte tan sorprendente que existan linguas no mundo que carezan de marcas aspectuais e temporais ou que poidan referirse a sucesos pasados ou futuros con outros mecanismos distintos ós tempos verbais ós que tan habituados estamos no pensamento occidental. Decatarme de que isto non é máis que unha derivación do grego clásico resultoume verdadeiramente sorprendente.
Penso que realmente non somos conscientes de que toda a ensinanza que se está a dar e que se nos deu a nós na escola supón só unha pequena parte da realidade global, é coma se só se nos ensinara a ver unha pequena parte do mundo e esa parte xa servira como representación do mundo enteiro, é como tomar unha parte polo todo. A denominación que lle da a autora de “euro-centrismo” penso que é absolutamente acertada. Como di ela, aínda que “todos pensamos que non tomamos Europa polo centro do mundo”, a realidade é moi distinta, mais o certo é que non somos verdadeiramente conscientes.
Un claro exemplo que demostra este eurocentrismo está nas iniciativas da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, que aínda que xurdiron para protexer as linguas minoritarias, o feito de centrar a súa atención nas linguas europeas, obvia a existencia das procedentes doutros continentes, volvendo a caer unha vez máis na visión limitada do mundo.
A reflexión que fai con respecto ás linguas minoritarias, deixando abertas vías para a reflexión, paréceme moi interesante. Por exemplo, fala das inciativas que apareceron recentemente destinadas á conservación das linguas minoritarias, consistentes en almacenar gravacións e datos sobre as linguas que están próximas a desaparecer. Como ben deixa implícito no texto, pouco se fai pola conservación dunha lingua almacenándoa nun catálogo dun museo. É o uso e a transmisión ás novas xeracións o único que pode manter viva unha lingua.
Para rematar, gustaríame recordar unha frase do artigo que penso que concentra con moita claridade a mensaxe que quere transmitir a autora e tamén a esencia do que aprendimos nesta materia. Estaría ben que todos nós a tiveramos presente cando algún día nos corresponda exercer a nosa labor docente: “a lingua é, por excelencia, o dominio da democracia e a liberdade e, polo tanto permitir como espectadores pasivos que alguén sexa incitado a cambiar de lingua é exercer unha violencia simbólica atroz, porque é colaborar para que ese individuo cambie a súa relación co mundo; o que é tanto como cambiar o mundo mesmo”.
Teño que recoñecer, pese a todo o pesimismo que asolaga o seu uso futuro, que sentín un pouco de alivio momentáneo cando escoitei en clase de Educación e linguas que o galego estaba dentro das 200 linguas máis faladas das 6.000 que se estiman no planeta. Isto non deixa lugar a que a situación siga sendo alarmante segundo se extrae do texto de Teresa Moure. Lamentablemente existe unha relación directa entre política e linguas mediante o concepto de globalización, que trae consecuencias tan negativas como que a diversidade lingüística vaia desaparecendo no planeta. Doume conta por iso de que estivemos manipulados desde a escola pola idea de que a globalización ten máis consecuencias positivas que negativas. Paréceme incrible que haxa lingüistas con cotas de poder que non se impliquen e prexudiquen á variedade lingüística, considerando distintos grados de importancia dependendo do uso de cada lingua. Eu son da idea de que as linguas minoritarias son e deben ser tan importantes como as máis usadas, independentemente do número de persoas que a falen. Vemos que cada vez que se perde unha lingua perdemos para a humanidade todo un universo de coñecementos e matices propios que van relacionados a esa lingua. Resulta tamén un tanto curiosa a tendencia actual dos estudios lingüísticos de centrarse nas linguas maioritarias, facendo crer que a súas estruturas son correctas con respecto ás minoritarias e deixando de lado múltiples opcións na investigación lingüística. Por outra banda, descoñecía as iniciativas (Terralingua, Rosetta Project,...) que xorden e reivindican os dereitos lingüísticos dos pobos e dos individuos que loitan contra o pesimismo instaurado nas súas linguas minoritarias. Estes proxectos parécenme moi positivos, a pesar de que moitas veces existe unha certa hipocrisía, e poden dar lugar a outros proxectos máis interesantes para preservar o futuro da diversidade lingüística fronte ó poder das linguas maioritarias. Unha das cousas que máis me impresionou do texto foi ver que o galego está inscrito no libro vermello da UNESCO sobre linguas moribundas,o que fai ver que a situación do galego a nivel global e local resulta alarmante. Sigo pensando que as causas desta situación remóntanse a moitos momentos históricos transcendentais que ocorreron no pasado en detrimento de Galicia , e non só no aspecto lingüístico. Hoxe en día sabemos que é difícil pero non imposible remontar esta situación do galego. Creo que é fundamental resolver o descoñecemento da situación por parte da poboación, por medio da divulgación nos distintos entes sociais e a tódolos niveis, para que realmente se chegue á conciencia da poboación. Aínda así, trasladando meu optimismo e rebeldía persoal á situación lingüística, penso que non é definitivo un destino cunha única lingua planetaria dominante, pois aínda somos capaces de loitar pola liberdade individual e o dereito á diversidade de culturas (linguas).
Parece claro que la globalización a la que lamentablemente estamos abocados pone en peligro el multilingüismo y la diversidad multicultural, patrimonio por derecho de los seres humanos.
No sé si la idea de una lengua única es real o una utopía como la que se imaginó antes de la construcción de la torre de babel; lo que es seguro es que intentos hubo, como la creación del esperanto; y parece que el “imperialismo” dominante de unas lenguas sobre otras es, de hecho, una realidad irrefutable.
No tenía ni idea de esta situación: la extinción de determinadas lenguas; por desinformación, por falta de interés o porque a veces en la vida priorizamos unas cosas sobre otras. Pero el hecho de conocer la realidad, es bastante triste. Al perder una lengua, se pierden inevitablemente otras muchas cosas. Los sentimientos no son los mismos en unos países que en otros, ni tan siquiera en el mismo país. Con esto quiero decir que el significado de muchas palabras es propio y exclusivo de cada sociedad; un castellano manchego, por ejemplo, nunca comprendería con toda su plenitud lo que verdaderamente significa morriña; los esquimales tienen un montón de palabras para definir la nieve… si estos idiomas se pierden, no sólo se pierde el idioma, se pierde un patrimonio, una cultura, una herencia y una sociedad al completo
Paréceme increibel que, o que os governos venden coma a solución a todos os nosos problemas coma é a globalización, sexa o verdadero problema de todo. A crise económica actual, a eliminación das línguas minoritarias, desa riqueza. Os governos ou os políticos deciden que língua é importante e cales non. Todo dependerá da cantidade de ceros que movan esas linguas. Encántame a frase “una lingua é un dialecto cun exército que o defenda”, máis cun exército debería decir una moneda ou un billete, una gran identidade nacional ou global. O que queda claro é que poñense máis trabas as linguas minoritárias cercanas que as que se topan noutro lado do mundo. A língua cercana veise coma un problema una distorsión da unidade nacional cando a allea é unha interesante curiosidade. A diferenza entre o mundo occidental e o resto do mundo é ver as linguas minoritarias coma suma e non coma resta. O querer imponer unha língua global é unha utopía posto que cadascún ten a súa identidade, a súa personalidade. O mesmo pasa cas linguas, cada língua implica unha forma de pensar, unha forma de ser. Si falamos dun imperialismo lingüístico, falamos dunha mesma forma de pensar, de actuar e iso é inverosímil. Temos que intentar diferenciar os pobos polas súas línguas, xa que cada língua é unha cultura. Si o ser humano perde todas esas línguas perderá o significado de humano para converterse nun robot, mesma língua, mesmo pensamento, perfecta globalización.
Tras leer o artigo de Teresa Moure estou moi dacordo ca súa opinión en que a escolaé fundamental para as linguas, é o berce onde aprendelas e por iso deberianse ofertas mais linguas nas escolas para así poder achegarnos dunha maneira máis doada a elas.
Por outra banda, pareceme moi importante, xa que descoñecia a súa existencia e polas repercusións que conleva a Declaración Universal dos dereitos Lingüisticos porque é unha maneira de comezar a respectar a convicencia das dintintas linguas.
Por último, como comentan moitos dos meus compañeiros con respecto o galego( a pesar de ser unha lingua maioritaria) a súa presencia na prensa, radio, ambito cultural...son " pequenas" cousas que poden logran que non exista un desenlace fatal: unha morte dunha lingua
O artigo “A batalla das linguas no mundo actual – Multilingüismo e antiglobalización” é un dos máis interesantes que lin en moito tempo. Era consciente de que temos unha visión occidental, europeísta, eurocentrista ou como queiramos chamarlle, pero nunca pensei que isto se puidera aplicar tamén as linguas. Por exemplo, non sabía da existencia do punxabí, o maratí ou o telegú.
Tamén me gusta á forma na que lle “pon as pilas” os lingüísticas marcando a atención das linguas das que non se coñece unha expresión escrita (cos seus conseguintes estudios de gramática, sintaxe e demais) senón que soamente se usan a nivel oral. Acaso son menos linguas? Pois non.
E debido a venda que nos tapa os ollos e non nos deixa ver eses miles de linguas que non son tan “importantes” para a lingüística, estanse a perder culturas, cosmovisións totalmente diferentes e que non fan nada máis que enriquecer o noso mundo.
Aínda non me entra na cabeza que haxa persoas que poidan pensar nas virtudes do monolingüismo e non se fixen no valor do plurilingüismo. Non é necesario crear unha lingua artificial como o esperanto ou limitar tódolos ámbitos comunicativos ó uso do inglés, se é mellor coñecer moitas linguas diferentes.
E este feito pódese extrapolar a un ámbito moito máis preto a nós. Sempre nos están dicindo que o galego é unha lingua minoritaria e case que “non vale para nada”. Pero tamén hai estadísticas máis positivas, por sorte. Pero agora pensemos na hipótese de que non as haxa e que o galego, tal e como nolo pinta, está mal. Entón eu pregúntome, por que os pais poñen tanto interese en que os seus cativos aprendan inglés ou alemán a toda costa e, pola contra, non lles interesa para nada que lles dean materias en galego na escola? Non o entendo, estamos vivindo cada día nunha sociedade máis anglosaxona con “muffins” e “cookies” por todas partes... sen embargo, non nos importa nada que a nosa propia cultura desapareza.
Respecto a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos cando expresa que cada individuo ten dereito á súa lingua, pero no noso caso, xa que temos dereito a dúas, porque non nos fixamos un pouquiño na que é só nosa e que non compartimos con ninguén. É esta unha arma de dobre fío, xa que por un lado é un orgullo ter unha lingua propia, pero por outro temos que estar á altura e saber conservala, senón simplemente morre.
Pese a facer tan tarde o comentario deste texto, debo dicir que encontoume e peréceme moi importante a súa lectura e difusión en tódolos centros educativos e culturais. Teresa Moure defende a diversidade de linguas nas escolas e favorece a súa elección sen impoñer ninguha, porque así é realmente como un gusta de aprender algo, sexan letras ou ciencias, a través da libre elección. As linguas son un pozo cheo de cultura e as escolas, nas que deben participar toda a comunidade, o centro no que promocionalas para non perder multitude de termos que, debido á globalización e á imposición de estilos de vida totalmente diferentes ó noso, están a desaparecer; estou de acordo con Iria en que deberíamos ir cos rapaces e cos castelánfalantes ó castro de Elviña ou ás pequenas aldeas a escoitar a riquísima variedade lingüística que existe na nosa terra. E creo que ese galego estándar que usan nas altas esferas públicas non se parece en nada o que falaban os nosos avós e o que se fala na rúa hoxe en día, senón que é unha forma castelanizada que nada ten que ver coa orixinal. Temos que loitar pola supervivencia das linguas do planeta, porque é a nosa cultura. Non podemos permitir que no 2100 case o 90% das linguas faladas hoxe deixen de existir e só se empreguen na escrita, porque eso suporá o fin de moitas cousas que coñecemos. Deixémonos de loitas sobre o prestixio entre ser unha lingua e un dialecto e unámonos para conseguir a súa supervivencia para sempre.
Despois de tantos comentarios, pareceme que non hai moito máis que engadir. Eu xa leera o libro de Ecolingüistica que fala sobre o mesmo tema. O igual que o libro, o texto pareceume moi interesante cando acabas de leelo non podes facer outra cousa que reflexionae. Moure ten toda a razón cando di (video que deixou cecilia) que a globalización do inglés non é para que a xente teña mellor condicións de vida e que poida aspirar mas alto, senon que a finalidade desta globalización é a de que a xente poida consumir calquera tipo de producto na lingua universal dos cartos. Como dixo Tamara, a nós metéronnos o inglés mais outros idiomas na educación como algo positivo... certo é que coñecer outras linguas supón unha riqueza, sempre e cando non se menosprecien outras, como é o que esta a pasar co galego. ¿E iso de que o galego pertence as linguas moribundas no libro da UNESCO? eso si que me sorprendeu, pareceme un tanto alarmante demais, segundo o meu punto de vista, pasamos por unha época complicada pero non creo que se considere coma moribunda... polo menos en Galiza non dá esa sensación. Como dixo Teresa Moure, e apuntaron ben os meus compañeiros, cada lingua ten detrás unha sociedade, unha forma de ver a realidade, que vaise perder ca imposta globalización que estamos a sufrir.
Eu a modo de conclusión (xa que debo ser unha das últimas en comentar este texto) quedaríame con catro interesantes ideas: 1) Mcdonaldización (Define moi bén a obsesión polas linguas compitenciais). 2) A culpabilización dos lingüistas (como dín a maioria dos compañeiros: Moi valente a postura de Moure, pero tamén moi reveladora de que a situación se cadra podería ser outra se tempo atrás os profesionáis da lingua houbesen tomado conciencia da súa labor como investigadores. (Boísima por certo a analoxía zoolóxica). Eu tamén pensaba que os lingüistas ocupábanse só do estudo da gramática. 3) A creación da D.U.D.L (ainda que sexa eurocéntrica), como din os compañeiros "algo é algo". 4)A errada apreciación da UNESCO sobre que o galego sexa unha lingua moribunda. Coincido plenamente co que di a compañeira Fatima Fernández, creo que T. Moure, na súa pretensión de facernos despertar, o que consegue é que a sintamos catastrofista. Un comentario final: E verdade que o inglés é claramente a lingua invasora, pero tampoco está ben quitarlle méritos. Ainda que é certo que é vendida como a lingua esperanto, e xa estamos a comprobar que non é para tanto, si é verdade que é unha lingua que facilita á vida en cando viaxamos fora das nosas fronteiras facéndonos mais doado o entendendemento con xente doutros lugares da terra, que de outro xeito resultaría ben máis complicado. Patricia F.R.
En canto o texto de Teresa Moure estou completamente de acordo co que nos di, a vez que creo que é un texto moi interesante e nos deixa ver moitos dos aspectos que se esconden detrás da lingua.
Para comezar, quedei moi sorprendida ca infinidade de linguas que existen e das que eu non tiña ningún tipo de coñecemento a pesar de que se atopan, algunha delas, con un gran número de falantes.
Considero moi significativo a similitude que fai Teresa Moure das linguas con aprender as capitais de África, xa que creo que todos en algún momento da nosa etapa educativa nos dixeron a frase que ela señala.
Estou completamente de acordo que desde nenos se nos inculca a idea de,un país unha lingua, pero que non nos damos conta de que en moitos países existe máis de unha. Non concibo como os propios políticos e na política, na meirande parte dos casos, non defenden a diversidade das linguas xa que, desde o meu punto de vista considero que enriquece a un país culturalmente e polo tanto, deberían sentirse orgullosos de poder posuír máis de un idioma ou lingua. Si todos falásemos o mesmo idioma perderiamos moitos aspectos que fan a un país ou a un colectivo diferente do resto. Pero diferenza no sentido positivo e non no negativo xa que tendemos a pensar que diferente é igual a negativo. Poñámonos no caso de que o galego desaparecese, como podíamos explicar que significa a morriña os nosos descendentes? Non podíamos explicarlle que significa xa que está palabra so ten sentido no galego.
Estou de acordo con Teresa Moure, de que a lingua tamén é unha cuestión de moda. Hoxe en día todo o mundo quere saber falar inglés e si o sabes falar parece xa que dominas o mundo. Temos a concepción de que hai que saber falar en inglés xa que é un idioma que coñece todo o mundo; atópaste con un inglés falas en inglés, atópaste con un francés falas en inglés, atópaste con un chino falas en inglés...Da a sensación de que hoxe en día todo o mundo ten abriga de saber dominar a lingua inglesa, pero é que pasa cos ingleses? A caso eles non teñen a obriga de saber francés si van a Francia ? pois parece que no, xa que os franceses xa saben falar inglés.
por último, no caso concreto de España, creo que deberiamos ter un maior interese por fomentar os diferentes idiomas que se falan, xa que o coñecemento de idiomas é riqueza cultural(inda que parece ser que cos nosos propios do país non é así) e xa que temos esa ventaxa deberiamos aprobeitala e explotala.
É un texto moi interesante, como todos din. Pero en primeiro lugar quero dar a enhoraboa a Iria Domínguez (aínda que a estas alturas seguramente non se entere..) polo seus comentarios, o certo é que lelos foi coma unha extensión do texto de Teresa, creo que tes toda a razón e espero algún día poder darlles aos meus alumnos textos de Iria Domínguez. O certo é que non sei que dicir despois de lelos, está todo dito e eu non son capaz de aportar nada máis novo. Así como tamén me resultou interesante o de Cesar. Como din, e como di Teresa, a realidade lingüística non está presente case nunca no proceso de aprendizaxe da maioría da xente, eu incluída, e estoume dando conta de moitas cousas. Antes defendía o galego, pero non tiña ideas tan claras que textos como este me aportaron. Demóstranos feitos que descoñecemos, só por non adicarnos a este campo profesionalmente (nótase escoitando as palabras de Iria e Cesar, que si están ao tanto de todo e máis). Neste aspecto penso que temos gran parte de culpa aqueles que, aínda que moitos apoiamos estas ideas, non as investigamos a fondo e non nos interesamos por profundizar no tema, co que non somos realmente conscientes do que estamos defendendo. Menos mal que se mostran ocasións para cambiar. Eu persoalmente, falo galego dende sempre, toda a miña familia o fala, sen embargo recoñezo que non me esforzo en perfeccionalo, falo como me sae, como falei toda a vida sen molestarme en intentar mellorar, castrapeo a miúdo, falo como todos falamos na Mariña Lucense (asturianizado). Como di Iria defendo moito pero non me esforzo no que realmente supón un traballo para min, aínda que en parte tamén digo que me sinto moi rara intentando falar correctamente, non me sinto eu. O texto interesoume moito no sentido de que che demostra claramente a influencia (agochada) que teñen as linguas á hora de manipularnos por parte das élites. Dende logo cada día que pasa descubro algo novo a través do que me comen a cabeza, non me podo crer que sabendo a riqueza que aportan as linguas e o gran número delas que existen poda haber xente que renuncie a eses coñecementos, conscientemente. Como en todos os aspectos da vida, non vamos a ningún sitio. Tendo en conta o panorama, gustaríame que Teresa fixera tamén mención a como vamos recuperar a esas linguas minoritarias e facer que o inglés non só se pare de expandir, senón que diminúa. Eu vexoo como algo moi difícil de recuperar a estas alturas, espero que os novos lingüistas sigades os consellos tanto de Teresa como de Iria e divulguedes a realidade; todos deberíamos facer o posible por axudar.
Do texto chamoume a atención cousas como que , cando a gramática do español estaba consolidada a do italiano estaba nacendo. Ou que a do italiano naceu ó tempo que a do euskera. Tamén o feito de que a existencia dos tempos verbais é relativamente rara no mundo, cando nós non somos capaces de imaxinar unha lingua sen eles. Tamnén pareceume interesante a diferencia que fai sobre o dialecto e unha lengua.
O texto deume a coñecer que hai fundacións como a Wolkswagen ou a Ford que apoian as linguas ameazadas. Paréceme tamén importante, o aspecto de que hai que potenciar a transmisión da lengua de xeración en xeración, aínda que non sexa o galego normativo, iso é o que axuda tamén a que a lingua non morra.
Este texto resulta de una relevancia tremenda, ya que pone de relieve que la importancia la idoneidad de unas lenguas respecto de otras no es más que una falacia inventada por los sistemas culturales de occidente para auto-promocionarse y denostar a las lenguas que no interesa que sean oídas. Se trata de que entendamos que no hay ni una manera cuantitativa ni cualitativa de decir que un lenguaje es mejor que otro, todos son igualmente válidos e importantes, ya que todos representan visiones del mundo. Al mira un objeto a través de un cubo, vemos el objeto reflejado a través de las múltiples aristas del cubo, y no diríamos que desde una arista se ve mejor el cubo que desde otra.
s veces sorpéndome a min mesma pensando en cousas nas que nunca tiña reparado, e isto foi o que me aconteceu co texto de Teresa Moure. Parécenos que está todo tan ben artellado na nosa cabeza, que a realidade é só a que temos diante dos ollos, que non nos deixa ver máis aló. Eu, que estudei filoloxía, cústame chegar ás 10 linguas máis faladas no mundo e aínda así non sei se as acertaría todas! Neste ilustrarivo artrigo Teresa bota luz donde antes para min había sombra, só chega con ler isto e xa parece que se abre un chisco máis a mente, porque por exemplo personalmente o das gramáticas non foi nada novo para min, mais si o do eurocentrismo na lingüística; nunca tiña reparado niso. Si no caso do galego sabía que a lingua é unha arma moi importante para os intereses do estado centralista do que forzadamente formamos parte (forzadamente par min), mais non era consciente de que nunca me tiñan falado de linguas de África ou América aínda que soubese moi ben as súas capitais. Os lingüistas teñen que facer o seu labor e non simplemente ficar encerrados nun laboratorio como di a escritora, mais penso que nós como futuros formadores debemos, en pequenas doses e en consonancia coa materia que vaiamos impartir, asegurar a transmisión destes coñecementos para así demostrar que a lingua é patrimonio de todos. Porque por moito que pertenzamos a ámbitos ben distintos sabemos que TODOS falamos para nos comunicar, independentepente de que sexamos filólogos, arquitectos ou matemáticos. Entón se queremos ser xustos e facer que as cousas funcionen como deberían ter funcionado xa fai moito tempo, tentemos facer un exercicio de elasticidade coa mente para que así poidan saír os prexuízos que tanto levan estragado e poida entrar o coñecemento verdadeiro baseado en verdades e realidades non en mentiras e argúcias intereseiras promovidas por unhas cuantas clases dirixentes e aínda por riba, ignorantes en canto á situación do país se refira (Galiza). Ah, é marabilloso ver como compañeiros que falan castelán a cotío non lle treme o pulso á hora de escribir en galego, eu só os animo agora a que den o paso e se poñan a falalo!! ÁNIMO!!
No artigo destacaría a reflexión que fai a autora sobre a decadencia que está sofrer non só galego, senón a grande maioría das linguas, maioritarias e minoritarias existentes, e grandes descoñecidas por moitas persoas, nas que me inclúo. Paréceme interesante o termo “Ecolinguístico, como termo comparativo no que se intenta, a traveso da investigación, conservar a diversidade lingüística que se está a perder, coa metodoloxía que se empregou para a conservación da diversidade ecolóxica.
ResponderEliminarEstou dacordo coa autora en que, aínda que esta metodoloxía pode conservar en maior ou menor medida a nosa e outras linguas, a escola pode xogar, dende as etapas máis tempranas, un papel moi importante na mesma, pois pode “convencer” do seu uso ou “rescatar a importancia da diversidade linguística”, pero aínda que desde a escola se faría unha grande labor, o apoio por parte das organizacións políticas ou dos medios de comunicación sería crucial para mantela en pé.
Unha frase no texto chamou a miña atención: “o que non sae na televisión non existe ou non é certo”.
Penso que, hoxe en día, a traveso das TICs, entre elas, a Internet, vai pouco a pouco gañandolle a batalla á invencible televisión, e sendo esta outra grande alternativa dende a que se pode impulsar ou promover a diversidade lingüística, aínda que non de maneira global, pois non está ao alcance de moitos e moitas.
O que máis me chamou a atención é que non me fixara nunca que na escola cando che explican xeografía, xunto coas capitais e ríos, nunca se mencionan as linguaxes e máis se podería facer, explicar que linguaxes existen en cada territorio, ainda que só sexa o nome. Iso daría unha idea moito máis xeneralizada da cantidade de linguas existentes no mundo, e farianos ver que tralo Inglés, Francés, Alemán hai moitísimas que non coñecemos. E es que hai moito descoñecemento da vida fora de Europa. Sí coñecía parte das linguas das que falaba a escritora, pero non polos libros de texto, senon por unha mestra de galego que tiven no instituto, que preocupouse moitísimo por que souberamos que había linguas que se perderían en breves anos. (Por exemplo, ela falaba do Dálmata)
ResponderEliminarÉ moi triste saber, que moitas linguas estanse a perder pois tras elas, lévanse unha tradición, unha historía. Góstame o termo "ecolingüistica", non deberíamos perde-las linguas, está be a idea de comunicarse con todo o mundo, pero non a costa de perder os valores dun pobo, ou a sua identificación, que é o que ocorre cando unha lingua morre.
Non sabia que no libro da UNESCO incluiran o Galego como unha das liguas moribundas, entristéceme sabelo, ainda que non estou de acordo, eu cada vez coñezo mais persoas Galego falantes.
Ola.
ResponderEliminarPara comezar direi que son galega, non por nacemento pero si por anos aquí. En primeiro lugar, antes de comentar a comentar o texto, debo dicir que para moitas persoas que coñezo do lugar onde eu nacín, Burgos, e onde vivín durante moitos anos, Asturias (provincia con una lingua como o Bable), o galego non é falado por ninguén, é unha lingua minoritaria que só se usa como un formalismo na administración para que todos estemos contentos. Creo que isto vai enlazado co que TEresa Moure pide que se faga. Antes de catalogar unha lingua, compre saber máis dela, compre valorar que é a representación dunha cultura e dun pobo.
En canto o texto de TEresa Moure, debo dicir que estou moi dacordo con ela en que a escola é moi importante para todas as linguas, e que se deberían ofertar máis opcións nos colexios e institutos para poder elixir sen imposicións.
Por outro lado, dicir que a diversidade lingüística non é so importante pola lingua, senon por todo o que esta conleva: unha cultura, unha forma de ver o mundo. Como dicía un profesro meu: Cando unha persoa morre, non morre tamén un mundo?
Como comentaba unha compañeira miña neste blog, eu tampouco sabía que na UNESCO, o galego fora incluído como unha lingua moribunda.
Por último, para min é moi importante que se fixera una Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos para que se respectara a convivencia das linguas, aínda que sexa moi eurocéntrico. Por algo se empeza.
Finalmente, a última frase do artigo resulta moi importante para resumir o tema. para desmentir todas as opinións que din que é mellor ter unha única lingua para todos.
Un saúdo,
MIREYA BENITO MORCUENDE
Eu estou de acordo coas achegas da autora. Neste artigo, Teresa Moure comeza chamando a nosa atención sobre un feito que nos pode parecer menor: na escola instrúesenos sobre a diversidade de animais, de flores, de árbores...dende logo de países con cadansúa capital e os ríos máis relevantes que os atravesan, pero en ningún caso se fala das diferentes linguas que neles se fala. Esta omisión contribúe, segundo ela á, “difusión dunha idea errónea: a homoxeneidade do mundo”.
ResponderEliminarA maioría de nós non coñecemos máis de 20 linguas. Hai unha obsesión con coñecer aquelas linguas que por uns motivos o por outros se recoñecen como importantes, como son o inglés, francés, alemán... Cada vez insístese máis en que é necesario coñecer linguas para poder optar a un posto de traballo mellor, pero esas linguas sempre son as mesmas.
Pero o problema non é so de programas de estudos, de profesorado...o multilingüísmo segue a ser unha realidade pouco explorada. Neste mundo marcado polo pensamento único pola globalización, o diferente, o propio, a diversidade, e daquela a diversidade lingüística, vese ameazada. O desexo de termos só unha única lingua, unha lingua universal vén de vello: o esperanto.
A lingua é cultura, e se deixamos escapar a diversidade lingüística estaremos deixando escapar a diversidade cultural. Hai máis de seis mil linguas no mundo, pero moitas delas están condenadas a extinción. Forma parte da natureza de todo ser vivo de chegar a súa morte, pero, ¿é ese o caso tamén da natureza das linguas?. O latín, por exemplo, é unha lingua morta da que derivaron todas a linguas románicas. Outras linguas desaparecen sen deixar rastro, cando o último falante morre con elas.
É necesario que se adopten unha serie de medidas para poder salvagardar a existencia desas linguas que a maioría de nós descoñecemos. As linguas mantéñense vivas soamente porque a xente as fala. É tanto unha responsabilidade individual, social como institucional, a valoración e preservación das linguas. Desafortunadamente o futuro das linguas depende demasiado dos gobernos. No ámbito educativo, cada goberno parece ter a necesidade de implantar unha nova lei.
Para concluir, como di a autora, o obxectivo non é que se consigan grandes bancos de datos de linguas do mundo, o obxectivo ten que ser outro.
Estou dacordo ca autora e cos comentarios dos compañeiros, creo que son reflexións adoitadas á realidade que se está vendo das linguas minoritarias a nivel institucional e cultural.
ResponderEliminarÉ certo que a educación é unha ferramenta esencial para o coñecemento da lingua. Cando cheguei ó instituto, decateime da grande diferenza que había entre os rapaces e rapazas que non procedían de A Coruña cos que sí o facíamos, e que na nosa maioría, non tivemos o galego como lingua nai nin o recibimos por parte dos mestres de xeito adecuado na etapa escolar.
Me parece importante que se fomente, ademáis da presenza como lingua cooficial nos estamentos públicos, a presenza na cultura, na prensa escrita e noutros medios de comunicación. Pasiños como que poidamos empregar o galego en internet semellan afastarse desa morte da lingua no noso caso.
Lara Diaz Pintos
Paréceme moi bonito o artigo e moi bonitos os comentarios todos dos compañeiros. Todos levamos na cabeza a idea fermosa de que o multilingüismo é bo e desexable, que hai que fomentalo e mantelo. Si. Hai que fomentalo. Nótese aquí a marca de impersonalidade. Mais cantos de nós, e digo nós, tamén me inclúo eu, facemos algo diso que tanto pregoamos? É moi bonito escribir un texto en galego porque así somos respetuosos. Mais non é tan bonito ter empeño en aprender as normas ortográficas do código. E pra min isto é o de menos. Preocúpame máis o que segue. É moi bonito responderlle en galego a alguén que fala en galego, porque así somos respetuosos. Mais non é tan bonito aprender a colocar un pronome no seu sitio ou a pronunciar as vogais abertas. Non por responderlle a un galegofalante en galego (sendo nós castelánfalantes) somos máis respetuosos. Somos respetuosos cando aprendemos o idioma tal e como é (e non o macarrónico que estou chea de escoitar na esfera pública) e tentamos transmitirllo ás novas xeracións. Non somos respetuosos cando empregamos a lingua como símbolo baleiro do politicamente correcto. Quedar ben é bonito. Ter unha convición e emprender unha acción teleolóxica é grandioso.
ResponderEliminarEu anímovos a vós, castelanfalantes, a que non escribades neste blog en galego e a que si vaiades á aldea do Castro de Elviña a escoitar falar ás señoras que van da-lo paseo pola fresca.
O feito de que a situación normal é a de linguas en contacto debería ser un eslógan que pintaramos con stencil, ou estarcido de toda a vida, enriba de tódolos carteis insulsos das paradas de autobuses, e dese xeito non sería unha realidade da que só sabemos os filólogos, lingüistas e estudantes que teñen que ler este artigo ó pasar por este mestrado. Porque o que non se sabe non existe. E non por xerar máis literatura esta se le.
Ó que vou é ó seguinte: concordo con Teresa Moure. Mais non podo deixar de ter a sensación de que os lingüistas nos escribimos a nós mesmos. Fornecemos os datos sobados que fornecen tódolos lingüistas e desenvolvemos (que non “desenrolamos”) o mesmo descurso ecolingüístico que todos manexamos. E expoñémolos... en Grial! Se cadra fan falta ideas, non sei, tan estranas e pouco viables coma poñerse en contacto coa Mesa, que son tan pouco proactivos co idioma (nótese a ironía nestas liñas), e imprimir cartaces coa mensaxe da realidade multilingüe do planeta para poñer no sitio da propaganda insulsa das paradas de autobuses.
Iria Domínguez Mariño
Estou moi de acordo con Iria en que o idioma debémolo de usar tal e como é, e non "o macarrónico da esfera pública".
ResponderEliminarEn canto ao artigo de Teresa Moure, comparto a opinión dela, como que na escola é realmente a primeira toma de contacto dos nenos coa cultura e é no momento en que se empeza a formar a persoa. Si é na escola donde dende o primeiro momento non nos ensinan a diversidade que realmente existe non chegaremos a velo, e así ter como resultado que un universitario sexa incapaz de dar o nome das 20 linguas máis faladas do mundo.
Nunca antes me parara a pensar na Declaración Universal de Dereitos Humanos en relación coas linguas nin que en Occidente os dialectos pasan a considerarse linguas cando os seus falantes teñen poder para garantir o funcionamento dunhas institucións. Tampouco tiña coñecemento de que existira a Declaración Universal de Dereitos Linguísticos e estou de acordo con Mireya Benito en que "por algo se empeza".
Comparto o pensamento da autora no senso de que "da escola terán que vir nos próximos anos a maioría das iniciativas", pero para que veñan da escola primeiro terán que saír das Institucións públicas que nos gobernan. Pero si certas institucións como a UNESCO, prexaxian que o galego está a punto de morrer, penso que : aínda que ás veces se den dous pasiños para diante e un para atrás, polo menos melloramos.
Estou dacordo con Teresa Moure e cós meus compañeiros. É triste que tantas linguas estean a piques de morrer porque "non interesa" fomentálas, xa que unha lingua é máis que un código para comunicarse, é unha forma de ver o mundo, é unha cultura. O multilingüismo é un regalo para ó mundo, o poder aprender outras linguas e toda a cultura que traen con elas. Pero parece que o que a xente quere é poder aprender unha sóa lingua coa que poder comunicarse có resto do mundo. É certo que poder comunicarse con cantas máis persoas, mellor, pero na miña opinión, o ideal sería que todo o mundo aprendera moitas linguas desde pequenos, que nas escolas a aprendizaxe de linguas se fomentara máis, e así poderíamos comunicarnos con moita xente de distintas maneiras, e non aprender unha sóa lingua para comunicarnos con ela. Non sei ata qué punto isto sería posible ou podería funcionar, pero como idea utópica a vexo ben. Como dí a autora: "Babel pode ser, máis ca un castigo bíblico, unha bendición (...)".
ResponderEliminarEstou dacordo con Iria no punto de aprender os idiomas tal e como son e non nesa forma normativa que usan na tele e que soa tan mal. Eu son castelanfalante e o galego que sei é básicamente o que fala o meu pai e a súa familia, que non o aprenderon precisamente na escola. Dáme pena non ter moita fluidez en galego porque aínda que non o use como lingua materna, é a lingua da miña terra, e gustaríame falálo máis, así como me gusta falar outras linguas que estudo. Entón, non vexo mal o feito de escribir neste blog en galego aínda que sexamos castelanfalantes, así como nas asignaturas que se dan en inglés escribo en inglés, vexo ben usar o galego nas que se dan en galego. Se tivera que falar en lugar de escribir, faríao en castelán por esa falta de fluidez que teño, pero se podo escribir en galego, prefiro facelo. Non por ser respetuosa con ninguén, senón por min mesma, por usar unha lingua que coñezo e que debería usar moito máis a menudo. Pero coincido con Iria en que a mellor maneira de achegarse ó galego é escoitando á xente que o fala como o aprenderon nas aldeas, non escoitando ós telexornais da TVG.
Gustaríame subliñar varias cousas do artigo:
ResponderEliminarEn primeiro lugar creo que todos, uns máis e outros menos, sabemos que vivimos nun mundo dirixido por uns poucos, pero ás veces creo que non somos demasiado conscientes de ata que punto. Por exemplo no caso de que ninguén nos fale das capitais de África, das linguas que se falan en cada país, sexan ou non minotitarias. Ou de que non sexamos capaces, non só de dicir as 20 linguas máis faladas do mundo, senón de que de moitas delas non escoitamos xamais o seu nome. Vivimos nun mundo cada vez máis globalizado, pero iso non debería facer que se perda a heteroxeneidade, senón que debería enriquecernos máis, coñecendo o noso e o de outros.
Do texto chamoume a atención cousas como que no século XVI mentres que a gramática do español estaba consolidada a do italiano estaba nacendo. Ou que a do italiano naceu ó tempo que a do euskera. Tamén o feito de que a existencia dos tempos verbais é relativamente rara no mundo, cando nós non somos capaces de imaxinar unha lingua sen eles. Feitos que quizais tiña esquecidos ou quizais sexan máis exemplos do dirixida que está a educación.
Por outra banda, xa que neste caso é un aspecto positivo, o texto permitiume coñecer que hai fundacións como a Wolkswagen ou a Ford que apoian as linguas ameazadas, é o igual que di Lara Pintos con respecto á presenza do galego en diferentes ámbitos da cultura, medios de comunicacións, etc. son pequenos pasos que poden afastar as linguas dese terrible desenlace que é a súa morte.
Por último, gustaríame dicir que para min o galego estándar que se emprega na esfera pública, como comentaron outras compañeiras, non é o galego que se usa na rúa. Pero na miña opinión é necesario que se estandarice (o que non sei, porque non é o meu campo, é se este é o máis axeitado ou non) para que cando xeracións posteriores o consideren como seu poida saír do libro vermello da UNESCO sobre as linguas moribundas.
Eu estou de acordo en que é necesario un estándar, é unha variedade que se emprega en contextos formais e institucionais e tamén na escrita. Pero o que non se pode facer é crear un estándar que ó falalo soe a castelán. O que escoitamos na TVG non é galego estándar, non nos enganemos, é galego acastellanizado. Carece dos fonemas do galego por completo.
ResponderEliminarO ler o artigo aprendín moitas cousas e reflexionei sobre outras tantas nas que estaba equivocada.
ResponderEliminarDescoñecía que entre as vinte linguas máis faladas do mundo puideran estar linguas coma o bengalí, o xavanés ou o punxabí.Como ben di a autora no texto existen linguas prestixiosas, que todo o mundo estuda (ou intenta facelo na medida do posible) para ascender ou ó mellor para ser seleccionado nun determinado posto de traballo e outras sen acceso á escrita (linguas sen prestixio).
Chamoume a atención esta frase "entre un 75 e un 90% das seis mil linguas faladas hoxe terán deixado de falarse no ano 2100" isto supón a perda case total das linguas do planeta,é dicir, de 6000 linguas que existen, quedarían só 1500 (sendo optimistas) ou 600 (poñéndonos no caso máis tráxico).Coa perda destas linguas, perderíamos, como sinala Teresa Moure palabras, sons característicos..en definitiva,perderíamos a cultura das zonas nas que se falan esas linguas.
Por outra banda, como se comentou na clase,o galego é unha lingua maioritaria, xa que está entre as 200 máis faladas a pesar de que a competencia co castelán o sitúe nunha posición de debilidade.
Por último gustaríame subliñar, como ben din os compañeiros que o labor dos mestres e a transmisión xeracional son claves para a promoción de linguas moribundas.
(Subo o comentario en dúas metades porque é demasiado longo).
ResponderEliminarSe tivera que afirmar algo sobre o texto de seguro diría que resulta alarmante. Nunca me parara a pensar que na escola non nos falaran das diferentes linguas do mundo e moito menos en que a miña ignorancia comeza por non recoñecer nin tan sequera vinte das linguas máis usadas. Sen dúbida algunha eu tamén estou a ollar para o meu embigo europeo. Para nós, tentar comprender como alguén pode vivir o día a día enredado en tres ou catro linguas distintas é un misterio. É moito máis doado supoñer que o uso do “esperanto moderno” é o correcto, e así llo facemos saber dende a nosa posición civilizadora.
O caso da Nagaland coas súas 40 linguas diferentes atópoo cando menos curioso. O que máis me gustou foi o uso dun pidgin intermedio para se comprender na escola. Penso que esta lingua franca resulta útil para facilitar a comunicación entre eles pero non vexo un motivo para que os “nagalandeses” e “nagalandesas” deixen de lado a súa lingua nai para adoptar unha solución canto menos incomoda e insatisfactoria para cada un dos 40 tipos de falante, por non dicir triste. Se tiveramos 100 prendas de roupa no noso armario coas que nos expresar e caracterizar ¿escolleriamos botar 90 para iren todos uniformados? ¿Se tiveramos a opción escolleríamos ser todos María García ou Pepito Fernandez? Non habería máis discusións, iso é seguro, pero morreriamos de tedio.
O caso é que das 6000 linguas que existen máis do 75% han desaparecer nun espazo de 100 anos. Quedarán o curmán de Pepito, a mellor amiga da María e un par de Pacos cos que convivir o resto da nosa existencia neste planeta. Pero non é de estrañar unha vez que lemos que unha inmensa maioría das linguas nin sequera deixan constancia sobre o papel. Non son escritas, non transcenden. Eu véxome incapaz de imaxinar un idioma que só exista de boca en boca, completamente efémero, susceptible á morte tanto ou máis que cada un dos seus falantes. Se unha lingua só existe en sons, calar é desaparecer.
Pero é que o nós, o mundo moderno, civilizado, millonario e omnipotente só nos preocupa aquilo que toca en propia pel. As razóns máis egoístas son as que chegan aos nosos ouvidos: perda de antídotos, perda de datos relacionados cas nosas linguas comodamente instaladas na actualidade. Unha vez máis traballamos o mínimo para manter o noso posto de traballo. É alarmante descubrir que non existe unha lingüística “misioneira”, senón o costume de agardar ao autobús antropolóxico. Os nosos lingüistas non están dispostos a quitar as chinelas da casa e se empapar de diversidade. Así, mentres a ciencia calza as botas das Sete Leguas, a lingüística queda relegada a un merecido esquecemento. ¿Cantas cousas se nos estarán a escapar entre os dedos?
Agora, coma sempre demasiado tarde, dámonos de conta dun erro que nos supón a perda dunha “fortuna”. Grandes fundacións dedican cantidades inxentes de diñeiro para tratar de atrapar a pantasma dun abanico de culturas que morren cos seus falantes.
ResponderEliminarPero... todo ten un pero: démoslle a volta á tortilla.
¿Hasta qué punto somos culpables da extinción cultural? Ao fin e ao cabo a linguaxe é cambio e vive e morre connosco, cos usuarios. Falamos do dereito de conservar as linguas propias pero ¿qué hai do dereito para escoller unha nova ferramenta? Se unha persoa ten a opción de vestir de traxe e ascender no seu nivel de vida, de se mimetizar no noso parque de atraccións europeo, debe poder facelo libremente, sen lamentacións. De seguro traerá aspectos positivos: quizais poda deixarnos algo da súa cultura, ¿acaso as “patacas” e as “almofadas” levan un nome español? Que eles aprendan os nosos idiomas tamén é unha forma de acercarnos ás súas... sempre e cando todos teñamos boas intencións.
Resulta obvio que esta liberdade, da que supostamente gozamos, é a orixe da morte lingüística. Si. ¿Pero cal é a solución proposta?
Estamos de acordo en que impoñer e convencer non son o mesmo pero do castaño ao escuro hai un paso. Coincido en que a perda de linguas é lamentable e que é básico frear a imposición das linguas poderosas nos contextos que non lles incumben... pero o mal xa está feito, e a culpabilidade debería de ter un límite. A suxestión é negativa en ambos sentidos: non por impor unha lingua en extinción faise algo bo. Os idiomas están para vestilos pero soamente mentres reflictan aos seus abanderados.
Lara, non podería estar máis dacordo coa túa exposición. Paréceme un razoamento que da xusto no problema, é dicir: se alguén ten oportunidades de mellorar, e iso pasa por aprender outra lingua para poder promocionar, pois claro que o vai facer. E non habería nada máis contraditorio na nosa sociedade eurocentrista que tentar impedirllo.
ResponderEliminarDe todos os xeitos gustaríame puntualizar dúas cousiñas: primeira, que non é que os lingüistas non queiran saír da casa. Estou certa de que, tantos millóns como somos só en Europa, habería máis de un e máis de dous moi dispostos a estudar o que fose nun cumio perdido, o que faltan son os cartos que o financien. Eu, por exemplo, igual que teño que comer aquí, tería que comer alí. Polo tanto, estamos no de sempre: se non hai quen o pague, non existe. Cales serían as razóns destes lingüistas para marchar a estudar unha lingua remota? Seguramente serían egoístas nalgúns casos (quero facer un doctorado) e noutras altruístas, como se lle supón aos misioneiros.
Cambinado un pouquiño de tema, durante a lectura deste artigo pensei bastante a miúdo en 1984, de George Orwell. Non sei se o lestes, pero basicamente a xente vive nunha sociedade tan controlada que, entre outras cousas, teñen que falar só a "nova linguaxe" creada pola cúpula dirixente que tiña un vocabulario tan limitado que non lles permitía crear. Non creo que a cousa estea tan mal e aínda máis, creo que é imposible a utopía dunha lingua única: que cousa hai máis eurocentrista có esperanto, e canto éxito ten? O que quero dicir é que, tan pronto teñamos unha lingua única, esta dividirase en miles e miles de dialectos dos que xurdirán novas linguas. Algunhas perderanse polo camiño, claro que si, pero de tódolos pidgins, acentos y vocabularios únicos do mundo non se pode facer unha soa lingua perdurable no tempo. Non temos que ir moi lonxe: cantas linguas saíron do latín, do antigo nordés, cantos alemáns e suízos se entenden se falan os seus dialectos? Cantos dialectos (non considerados linguas) hai de árabe, cantos de chinés?
O malo é que o que dura unha vida humana calquera non dá para analizar a evolución das linguas en detalle.
Eu só quería propoñer un símil. Os físicos cuánticos botan por terra as súas hipóteses cada dúas por tres. Tentan explicar que demo ocorre, mais non intentan cambialo, porque non poden. A miúdo esquécenos que os lingüístas tamén son científicos. Traballaron durante décadas para ser recoñecidos como tal, e moitos aínda fallan en en velo. Como científicos, tentan propoñer un modelo explicativo do que ocorre coa linguaxe e as linguas. E igual que as partículas subatómicas, as linguas e a linguaxe compórtanse de xeitos que tentamos comprender, mais non podemos cambiar as súas tendencias, por bravos que nos poñamos.
ResponderEliminarCantos daquí sentiron falar do principio de economía? Hai formas que converxen ó longo da historia dunha lingua porque de xeito natural elimínase todo o redundante. E nós tendemos a ver as linguas como entes separados e diferenciados entre si, e sentimos a responsabilidade de mantelas afastadas e illadas. Mais a realidade natural é outra. Cantos daquí sentiron falar de "continuum"? A diferencia entre o portugués e o galego é pouca. Entre o galego e o asturleonés tamén. Entre o asturleonés e o castelán tamén. Entre o castelán e o valenciano outro tanto. O valenciano e o catalán din que é a mesma cousa. O catalán aseméllase ó occitano, e así poderiamos chegar ata a parte máis meridional de Italia e á máis septentrional de Francia. E resulta que é difícil dicir onde empeza unha variedade e onde remata outra, porque ó estaren pegadiñas, comparten moitos elementos, e resulta que son mutuamente intelixibles!
Volvo ó símil. Os físicos non se escandalizan cando atopan que tal partícula se comporta dun xeito inesperado tentando que se comporte do xeito que eles queren. Porque nin queren nin poden. E por que os lingüistas han de ser misioneiros? Para que lles chamen antropólogos? Unha cousa é un estudo científico, outra cousa son as afrentas persoales que poidan ter os colectivos. Creo eu que a maioría da xente non fala unha variedade determinada por elección nin por decisión. Fálaa porque foi a que lle transmitiron, porque é o que existe no seu entorno. E resulta que se a súa variedade cambia é porque o seu entorno o fai tamén. Entón xorden pdigins e despois creoulos. Entón hai préstamos e interferencias. Entón hai cambios de código. E iso é o normal, porque as variedades están pegadiñas, e na raia conflúen.
E igual podemos facer o cálculo de cantos elementos pertencían á variedade que estaba á esquerda da raia e cantos á que estaba á dereita. E o resultado só vai ser descritivo. Non é nin bo nin malo. Simplemente ocorre. Sexa cal sexa, non imos poder cambialo a vontade para un lado ou para o outro. Vai ir mudando de xeito natural dependendo do comercio, dos casamentos, das migracións... E non se pode planificar. Porque os elementos lingüísticos non deixan de ser ferramentas. E cando temos un arado igual deixámo-lo sacho un pouco de lado. E cando xa non temos horta pois abandonámo-los dous.
A linguaxe responde a unha serie de necesidades. Nós quixemos crer que cada unha das súas manifestacións era o estandarte dunha cultura. Mais iso é tan tristemente poético. Eu créome diferente ó que vive detrás daquel monte, e resulta que só pronuncia catro cousas de xeito diferente a min. A lingua non é o que nos diferencia. Son outros valores. Os irlandeses renunciaron ó gaélico. E síntense, vémolos, son taaaaan diferentes ós ingleses. Colleron as ferramentas do outro e apropiáronas. E mantiveron a súa cultura, o seu folklore, a súa cosmovisión. E non lles fixo falta manter tódalas súas ferramentas ben illadas e diferenciadas.
Exacto!! Aí quería eu chegar. O ser humano está tan feito a controlalo todo que cando descobre que algún aspecto da súa vida escapa do seu control, tolea. Pero eu atopo que precisamente esta liberdade nas linguas é sinxelamente o que as fai marabillosas. Con iso non quero dicir que non sexa unha pena cada vez que unha lingua desaparece pero... todo o que comeza ten unha fin. ¿Qué hai de todas as linguas novas que están por xurdir? ¿Non da rabia terminar un libro incrible e afacerse á idea de non ler ás suas personaxes nunca máis? Sí pero sempre poderemos relelo ;). Non porque os libros de antonte foran memorables vamos deixar de escribir outros novos. Hai que renovarse, morrer para deixar sitio á sangue nova. As linguas son a nosa ferramenta para nos expresar pero quizais a xente do futuro, ou incluso a que está a nacer agora!, xa non se sinte o suficientemente identificada con elas. Cambio! Vida e morte. E volvendo ao que dicía Iria, ten toda a razón do mundo. Non podemos poñerlle límites á linguaxe, só podemos enviar aos nosos valentes exploradores lingüísticos para trataren de gardar cantas máis lembranzas mellor sobre o pasado. Pero non imos frea-lo tempo.
ResponderEliminarÉ triste? Un pouco. É xusto? Absolutamente. Ou iso é o que eu penso.
Falando de pidgins e o xurdimento de novas lignuas, quen non lle chamou ao spanglish aberración?
ResponderEliminarAí vos deixo unha ligazón a un extracto do Quixote en Spanglish: www.erudit.org/revue/ttr/2004/v17/n1/011978ar.pdf
Ademáis de aprender cousas que nin sabía nin me imaxinaba (chamoume especialmente a atención a razón que explica a autora de distinción entre unha lingua e un dialecto), pareceume particularmente útil e exemplarizante o mea culpa entoado por Teresa Moure, facendoo extensivo a toda a comunidade de lingüistas profesionais. Cando hai unha desastre nun eido determinado-neste caso a desaparición de multitude de linguas-os estudosos e traballadores dese ámbito adoitan mirar cara outro lado, trantando de que a culpabilidade e a responsabilidade caia sobre alguén externo, ao que se lle atribúen intencións escuras cando os primeiros interesados, por ser os mellores coñecedores o por tanto os máis conscientes da perda que isto supón deberían ser os especialistas do propio campo. Neste caso, non se nega que existan intereses das máis altas esferas en ocultar esta diversidade-como dí a autora “informacións deste estilo non se divulgan porque contribuirían a desmitificar a preponderancia que, desde os medios académicos (…)se atribúe ás linguas europeas”, pero tampouco se elude a responsabilidade que segundo Teresa Moure, teñen os lingüistas de daren a coñecer a falsedade de moitos mitos existentes sobre as linguas máis ou menos adecuadas para se empregrar, por exemplo, no ámbito científico. Digno de admirar pola miña parte, o espíritu autocrítico do artigo.
ResponderEliminarTamén me produciu unha certa inquedanza o feito que se dea a loita prácticamente por perdida. Refírome a que, os proxectos que se platexan céntranse en documentar linguas minoritarias en perigo, dando por feito que van desaparecer, renunciando a elaborar estratexias que posibiliten a súa supervivencia. Poida que sexa a postura máis acertada pois semella unha loita moi desigual que malgastaría recursos e enerxía que poden invertirse en que a lo menos, quede algunha testemuña de que nalgún momento houbo diversidade lingüística.
Por outra banda, quería suliñar a importancia que a autora lle da á transmisión da lingua de xeneración en xeneración, na casa, no eido familiar para garantir a supervivencia das mesmas. Sen nega-la bondade dos estándares no sistema educativo, penso que estes non recollen todolos matices locais que son tamén parte da riqueza dunha lingua e que son máis susceptibles de se perder.
Poco más que añadir a los comentarios de mis compañeros, con los que en su mayoría estoy de acuerdo. En especial con los de Lara e Iria, que creo tratan de aportar una visión de mirada al futuro y no de pesadumbre con respecto al panorama actual de las lenguas.
ResponderEliminarCreo que el hecho de asistir a la muerte de algunas lenguas puede tener un lado trágico pero en si mismo está reconociéndoles un carácter vital. Parece que se comportan de manera orgánica; nacen, crecen, se entremezclan y mutan, y sí, en algunos casos mueren. En mi caso, que vengo de la disciplina de arquitectura, se me asemeja al estudio que se puede hacer de las ciudades, también como organismos vivos y que es la única forma de entender de manera positivista una ciudad. Otra cosa que tienen en común, es que ambas están formadas por una sociedad, y ahí está la clave de su supervivencia. Debe exigirse a la sociedad una actitud lógica y cívica para con la ciudad (igual que para con la lengua); pero también es cierto que si en algún momento la ciudad deja de cumplir las exigencias para las que fue creada y no aparece un amplio refuerzo de los temas en los que se queda atrás; al final la sociedad la abandona y migra a otro lugar. Y creo que esta es la moraleja que se debe extraer en nuestro caso: cuando se leen noticias como las de la entrada “Todos os días morren linguas...” está entre los deberes del ciudadano tomar conciencia para con su propia lengua y protegerla y respetarla; e incluso reciclarla y mejorarla para asegurar su supervivencia. Si no se actúa ante la muerte de otra lengua, se está contribuyendo un poquito a la muerte de la materna.
Algo que además me ha llamado la atención en el texto, es que no sólo el desconocimiento es característico de las lenguas minoritarias, también entre las mayoritarias; incluso en algunas de las más habladas como señala el autor. Y desde mi punto de vista el hecho de que millones de gente las usen no implica que sean lenguas respetadas y que gocen de más salud que algunas minoritarias, que sin embargo tienen una gran carga literaria y mediática en su haber, por ejemplo. Porque el simple hecho de la cantidad puede quedar reducido de un día para otro (metafóricamente hablando) mientras que la cualidad es más difícil borrarla del mapa.
Un saludo a todos.
Deste artigo xa tiña lido partes noutros libros e tamén en internet.
ResponderEliminarA miña opinión, aínda que estando de acordo co escrito por Teresa Moure, é pesimista, moi moi pesimista.
SOMOS UNHA ESPECIE CONDENADA A MORRER DE ÉXITO.
A evolución humana segue sen parar e nos levaremos por diante todo o que fai necesario que existamos como especie e o que se cruce con nós polo camiño.
Nese proceso autodestructivo entran tamén as linguas, é moi triste dicilo pero é así.
Os que temos xa un tempo de vida podemos notar como vai pouco a pouco trocando o clima. ¿Qué… non o notades ¿. Ou pensades que de verdade este outono é un caso raro no clima de Galicia, que non está ocurrindo cada vez con máis frecuencia, mirade atrás, hai 3, 5 e 8 anos, foron exactamente iguais.
Arrasamos con todo e agora creamos zoolóxicos ata para as linguas.
Con respecto as linguas, e en concreto no caso do galego, se non temos un peso verdaderamente social, económico e político por detrás, nada poderemos facer. E aínda así é moi difícil, senon mirade o caso do catalán, que é unha das linguas máis faladas en Europa (11.500.000 falantes), fálase en Cataluña, Valencia, Baleares, Aragón, Murcia e tamén en tres estados europeos máis: Andorra, Francia e Italia; ten un gran apoio social, económico e político e con todo iso non é quen de ser recoñecido como idioma europeo. Metras que o maltés idioma falado por 300.000 persoas (dous tercios na emigración) nunhas illas con superficie menor que Ibiza, si é recoñecido (por política).
Por iso que estando de acordo coa exposición feita por Teresa Moure, non deixa de ser como cando vemos un documental sobre fauna. Ollade se non o caso dos bonobos, (lembro agora o vídeo que nos puso Goretti o primeiro día de clases). Os bonobos, os nosos primos no sistema evolutivo, cos que compartimos moitísimas cousas e que nolos estamos cargando, só quedan no mundo uns 2000, todos no estado do Congo, lugar de conflictos eternos, onde estamos arrasando co seu mato.
Páreceme ben que na escola se ensinen coñecementos sobre diversidade lingüística, e que se relacionen coa diversidade cultural que hai no mundo, e mesmo trasmitir aos alumnos a idea de que a morte dunha lingua leva implícito a morte dunha forma de ver o mundo e de relacinarse con él.
E como lendo sempre se aprende algo novo, gustóume enterarme por este artigo que na nosa cabeza occidental, temos unha forma de ver o tempo (pasado, presente e futuro) que ven dado pola nosa linguaxe, e que noutras culturas con línguas diferentes o concepto do tempo é distinto.
Pero volvendo ao rego. A UNESCO, a Declaración Universal de Dereitos, etc. Que bonito é todo iso.
Ao final somos unhos hipócritas, pero non o queremos recoñecer. A xente tería que dicir: “Apoiarei calquera iniciativa para salvar o que sexa, máis sempre o farei dende o meu sofa, na miña casa”.
O que si me gustou foi o dito de que “unha lingua é un dialecto cun exercito detrás”, aínda que triste é dicilo así.
Un saúdo.
Estou dacordo coa análise que T. Moure fai das causas e os posibles culpables de que una lingua morra. Tamén coincido en ver as presión que os grandes poderes económicos fan sobre os sistemas educativos co fin de ir relegando a unha língua minoritaria o cemiterio. Pero o que tamén creo é que todos nos, como persoas, somos tan vítimas deses poderes coma as línguas.
ResponderEliminarEse ataque a nosa integridade moral como persóas tenta minar a noso ser, arrancarnos das nosas raíces e lévanos, como fan as sectas, de maneira individualizada fora do noso entorno. Esa disgregación fomenta a perda da nosa esencia, e con ela tamén imos perdendo os poucos a nosa cultura , a nosa lingua.
Quixera comparar a riqueza que é ter una grande variedade de linguas no noso mundo coas sementes. Eu ata diría que está a pasar o mesmo. Coa globalización dos mercados, as grandes compañías productoras de gran crean tranxénicos coa disculpa de que son máis resistentes as pragas que as sementes tradicionais. O que non din é que a maioria das pragas son provocadas por esas mesmas compañías para que se compren os seus productos. Desta maneira as suas sementes van ocupando máis e máis terras. Os científicos decatáronse de que a gran variedade se sementes que hai no mundo estáse a reducir de forma dramática, poñendo en perigo o futuro da nosa alimentación o depender dun so tipo de gran. Por iso, cada país e una unión deles está a conxelar e a gardar en grandes almacéis toda a variedade que sementes que ainda existen por se algún día nos fan falta.
Ben, pois coas linguas pasa o mesmo, están a ser grabadas e monotorizadas para gardalas en grandes arquivos por se algún día decidimos usalas para algo, mentres as línguas que máis se usan no planeta están a colonizar os pequenos recunchos de terra que aínda quedan vírxes.
Onde está a salvación? En continuar coa nosa variedade de gran, cultivandoo para que una vez que esa semente creza se multiplique en moitas máis sementes. No caso da lingua, o cultivo debe facerse na casa e na escola, e cando eses nenos crezan e formen una nova familia axudarán a espallar a lingua.
Coido que é unha mágoa que non se protexa e non se intente conservar aquelo que forma parte de nós, concretamente neste caso o patrimonio lingüístico da nosa comunidade, pois a lingua compartida por un grupo de persoas, condiciona un determinado espíritu, un determinado carácter que é o fundamento das nacións. Ademáis o coñecemento dunha lingua proporciona oportunidades sociais e laborais. Debemos considerar a lingua como fundamento das nosas reivindicacións. O sistema educativo é o espazo apropiado para aprender a lingua, pois si esta está presente na escola, todos os nenos a coñeceran e a estudarán. Logo, tamén é importante ter alguén na familia co que comunicarse en galego, ou veciño ou amigo.
ResponderEliminarTamén as autoridades políticas deben fomentar o uso da lingua, estudando métodos axeitados.
Case me gustaron máis os comentarios dos meus compañeir@s, que o artigo en si mesmo, por trataren puntos que van máis aló do lamento ante o que parece a inevitable perda de diversidade cultural mundial a causa da globalización.
ResponderEliminarParéceme un artigo moi pesimista, que semella describir, como di un compañeiro, "unha matanza" en toda regra.
O certo é que a globalización arrastra consigo a linguas, culturas e economías de forma imparable.
Se somos conscientes de que a lingua vivirá en canto que nós queiramos que o faga, tamén o temos que ser das ferramentas que das que dispoñemos para conseguilo e seguir na procura de máis.
Unha delas será a concienciación, que nos pode parecer pouca a día de hoxe, pero menos había fai anos, e dimos chegado ata aquí... E falo de concienciación a tódolos niveis, non só de nenos, como estamos acostumados, que si, que son o futuro, pero sempre boto de menos que se inclúa ao colectivo de persoas maiores, como son meus pais, aos que lles houbo que dicir durante anos (e anos) que o seu galego era igual de bo ou mellor que o da TVG e que non llo ensinaran na escola non por non ter a mesma valía que o castelán, senón por outras razóns ben distintas. Seguen a desconfiar de que sexa certo.
Incluso a globalización en si mesma tamén pode ser unha vía para que o galego atope novos espazos nos que vivir, por exemplo na Internet.
Unha cousa coa que non estou conforme é coa identificación que a autora fai entre dialecto e idioma, diferenciados unicamente pola presenza dun “exército que o defenda”.
Penso que esta disipación de límites que presenta a autora non lle fai ningún favor a idiomas que, como o galego, están sendo asoballados tódolos días, e menos que sexamos nós quenes pantexemos dúbidas ao respecto.
A lectura deste texto faime pensar no que dí á autora do mesmo, Teresa Moure, de que nos ensinan unha recua de información na que nunca consta o estudio das linguas nin tan sequera se mencionan os nomes delas, cando esto é unha información máis de cultura xeral.
ResponderEliminarO monolingüismo ao que estamos acostumados, pola maneira na que nos ensinaron na escola, non é tal, o multilingüismo é a realidade aínda que está pouco explorada ou analizada, os datos non nos deixan ningunha dúbida ao respeto: 6.000 linguas e 250 estados.
A realidade destes tempos, é que estamos presenciando a pérda irreparable de moitas linguas, a súa desaparición, linguas que non interesan nun mundo globalizado. Xerouse así un novo concepto que é a Ecolingüística, que non é máis ca o equivalente á Ecoloxía pero en termos de lingua. Unha lingua é moito máis ca un signo lingüístico, é unha mentalidade, unha cultura, unha sociedade, unha forma de sentir… Con cada lingua que perdemos, pérdese tamén unha forma de velo mundo dende outros ollos.
Neste escrito recóllese tamén a labor limitada que teñen os lingüistas, polo que compre facer un cambio nas prioridades da investigación sobre a linguaxe, facendo unha intervención directa e real.
Sorprendeume o dato de que dende o ano 2002 inclúese no libro vermello da UNESCO sobre as linguas moribundas, o galego. Penso que fai falla un cambio de actitude pola nosa parte, que empecemos a apoialo noso, a darlle a importancia que se merece a nosa lingua para que algún día a situación do galego sexa semellante ou mellor á do catalán.
Parece que o futuro do cambio pasa pola escola, sempre que conte co apoio do goberno e das institucións, promovendo a diversidade lingüística.
Deixo este enlace por se queredes botarlle un ollo, http://www.youtube.com/watch?v=3X6aTRstkws, é unha publicidade de Gadis.
Déixovos un enlace que recrea un mapa de linguas mundial baseándose no idioma do interface dos usuarios de Twitter.
ResponderEliminarhttp://www.fastcodesign.com/1665366/infographic-of-the-day-the-many-languages-of-twitter
De este artigo de Teresa Moure, saquei en claro cinco ideas fundamentais:
ResponderEliminarEn primeiro lugar a relación entre a lingua e a política, e a idea negativa da globalización que fai que a diversidade lingüística vaia desaparecendo. Certamente, nunca pensei que a situación das linguas na actualidade estivera tan relacionada coa política. Sempre tiven a idea positiva da globalización, pero doume de conta de que é o que che implantan na escola. O punto de vista da autora fai que reflexionemos ata qué punto estamos manipulados dende pequenos.
En segundo lugar, fai una crítica á pouca implicación dos lingüistas na defensa das linguas minoritarias. Penso que é una postura moi valente, porque está a facer autocrítica da súa materia “os linguístas deberiamos asumir as nosas culpas”, para facer que os lingüistas que habitan nas “altas esferas” baixen á terra e interveñan na realidade, que se involucren, que una lingua non debe haber grados de importancia nas linguas, unha lingua falada por duascentas persoas é tan importante como unha que falan un millón.
En terceiro lugar, trata o perigo da perda da diversidade lingüística, non só por perda dun ben da humanidade senón da contribución do coñecemento das linguas da lugar ao coñecemento de moitos matices que se perderían se desaparecesen. Os estudios lingüísticos, ao centrarse nas linguas maioritarias propoñen unas conclusión que se presupoñen como “correctas”, pero aquí Teresa Moure da no cravo: “e se os verbos, as accións, os casos, os adxectivos ou as oracións foses accidentes presentes nunhas poucas linguas pero non esenciais para falar de linguaxe?”. Cando lin esta cuestión sentín como se iluminaba una luz na cabeza. É certo, si hai 6000 linguas no mundo, porqué van ser correctas as estruturas de 50 delas?, se deixamos que desaparezan o resto, a investigación lingüística quedará incompleta.
Tamén trata os dereitos lingüísticos dos individuos e dos pobos, pese a todo este pesimismo, fálanos, de iniciativas que están a xurdir, para reivindicar o dereito á lingua propia. Así Declaracións como a Universal de Dereitos lingüísticos, o ecolinguísmo, a fundación para as linguas ameazadas, Terralingua, Rosetta Project,… Aínda que a autora as considere como que “a lingüística profesional pretende lavar a cara e sacudirse a pala reputación” considero que iniciativas de este tipo sempre son positivas. Evidentemente o obxectivo non é crear unha “magnífica colección de linguas”, pero estas iniciativas sempre poderán dar lugar a outras cada vez máis interesantes e prometedoras.
Por último formula o tema do Galego como lingua moribunda. Tal e como comentaron os meus compañeiros, a min tamén sorprendeume ver que o galego esta inscrito no libro vermello da UNESCO sobre as linguas moribundas. Sorprendeume e encheume de pena, e máis pena deume ler que “os galegos compoñemos unha máis das tribos de que desexa desaparecer”. Penso que foi un golpe baixo por parte da autora. Penso que ningún galego quere que a súa lingua desapareza, e moito menos que desexemos desaparecer como tribu-comunidade. Penso que a situación na que se encontra o galego débese en gran medida á falta de coñecemento da situación, a poboación non é consciente do punto crítico no que se atopa o galego é por falta de divulgación. Para esta divulgación é moi importante á escola, pero tamén debería darse una concienciación dende a administración pública, os medios de comunicación, iniciativas privadas, para chegar á conciencia de todos.
Resulta evidente que a escola é a administradora dos nosos coñecementos. Algo no que nunca reflexionara (e polo que vexo, coma a maioría dos meus compañeiros) é que sempre tivemos que estudar os países coas súas respectivas capitais, mais nada da súa lingua e cultura. Partindo desta idea, podemos dicir que o sistema educativo actual é a base da transmisión do concepto de homoxeneidade do mundo.
ResponderEliminarA maioría dos individuos somos multilingües. Dende o meu punto de vista, penso que cantas máis linguas falemos e cantas máis culturas coñezamos, mellor. Mais isto non quere dicir que só se fale o inglés, senón todo o contrario, e non ten por que estar ligado á desaparición das linguas. Lara Edreira e Inés Cendón apuntan con moita certeza que “se alguén ten oportunidades de mellorar, e iso pasa por aprender outra lingua para poder promocionar, pois claro que o vai facer”. Este concepto podémolo relacionar co que pasa dende xa hai anos co éxodo da poboación das aldeas ás cidades… é triste, pero é unha realidade.
Por outro lado, estou dacordo con Teresa Moure cando di que “as decisión sobre que variedade promocionar, estandarizar, difundir ou falar non son decisión científicas, senon que políticas” e que estas mesmas están presentes en congresos, na rede, nos medios de comunicación, e polo tanto, son un gran foco de influencia para nós. Mentres, no lado oposto atópanse as linguas minoritarias que non poden competir fronte a globalización, facendo que se perda material indispensable para a lingüística, psicoloxía, antropoloxía e socioloxía, e polo tanto, un rico tesouro.
Tamén quería destacar a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (DUDL), iniciativa para propiciar un marco de organización política de diversidade lingüística, así coma a Fundación Volkswagen ou Ford que neste caso financian proxectos de linguas ameazadas. As tres iniciativas a prol das linguas desfavorecidas eran totalmente descoñecidas para min.
Que dicir? Case todo está comentado pol@s compañeir@s. Estou moi de acordo coas exposicións de Iria, pois através delas fai claras algunhas ideas do texto e de fóra del.
ResponderEliminarO tema principal do texto é a desmitificación dun mundo homoxéneo lingüísticamente, pois este é unha idea errónea creada polo fenómeno da globalización e apoiado pola política e pola educación. No ámbito da educación só se mencionan as linguas que se consideran “importantes” e nunca as que son linguas minorizadas. Na escola hai unha selección da temática tendo en conta o que a política considera máis relevante e omitindo o que non lles interesa que o alumnado coñeza. Como consecuencia, chegamos á universidade sen coñecer vinte linguas diferentes entre as arredor de 6000 linguas do mundo e pensando que a maioría da poboación só fala inglés ou español; mais o monolingüismo non é unha realidade no territorio mundial, pois a maioría das persoas e dos territorios son multilingües.
En canto ao papel da política, hai que sinalar que os dialectos pasan a ser linguas cando hai institucións de poder que as promoven. Alén disto, son decisións políticas os criterios sobre que variedade promocionar, estandarizar, difundir ou falar.
A diversidade lingüistica e cultural de tribos estadesaparecendo a gran velocidade . As linguas desaparecen como consecuencia do terríbel impacto do imperialismo occidental. Hai moitas linguas das que só se coñece o nome e non están analizadas por lingüistas se non que por antropólog@s.
A autora fai unha analoxía moi significativa da linguística coa zooloxía, pois o estudo de uns poucos animais para determinar a especie animal parece unha loucura, mais estudar só as linguas europeas para estudar o sistema lingüistico considérase algo normal e positivo.
Comparto as opinións dos meus compañeiros así como o que di T. Moure no artigo.
ResponderEliminarCreo que está a xurdir na sociedade o que os que nos titerizan dende as altas alcurnias queren. Paréceme moi importante que o estudo da lingua e das linguas se faga dende o sistema educativo, pero xa sabemos que este non está libre de intoxicacións e intereses políticos. Ca globalización non tiña que ir asociada a idea de disminución ou homoxeneidade, pero é o que parece que se está a impoñer. Na miña opinión creo que se debe deixar emerxer os novos galegofalantes pero tamén os castrapofalantes, xa que non todo o mundo debemos falar do mesmo modo. En cada pobo, cada aldea, cada recuncho existen termos novos, expresións, etc que dan vida a lingua, heteroxeneidade e a nutren. O que están a conseguir, como xa dixo algún dos meus compañeiros, é manter un rexistro de linguas, de todas as que hai, como quen garda fenómenos extraordinarios da natureza nun almacén baixo chave. Eso si, cando sexa necesario poderánse ensinar, como trofeo de todo o que tivemos (e na miña opinión do que non soubemos coidar nin manter).
Canto descoñecemento temos no mundo! E neste descoñecemento inclúome…porque son dese grupo de xente (quero pensar que non me ocorreu só a min) que non sabía moitas das cousas que se falan neste texto coma que o galego se atopa entre as linguas maioritarias.
ResponderEliminarE nisto estou dacordo co que expón Teresa Moure de que a escola xoga un papel fundamental no feito de que nela ensináronnos a identificar a unidade política co idioma nacional. Mais eu penso que, chegados a un punto, se temos inquedanzas e fuximos da preguiza, por moito que nos dixeran na escola, debemos ser capaces de buscar información máis aló dos tópicos e pensar por nós mesmos, non adoptando o pensamento doutros que xa o tiñan pensado por nós.
Por outra banda, o símil que realiza a autora entre o estudo das especies animais e o estudo das linguas paréceme moi axeitado. Eu estudei unha carreira de ciencias e sempre nos dixeron o mesmo, que non podemos quedarnos só cos termos xerais, senón que temos que ter un coñecemento en profundidade e abarcar a maior diversidade posible. Por qué non trasladar este coñecemento da diversidade a tódolos ámbitos? Teriamos un concepto do tema moito máis amplo e enriquecido.
Tamén estou dacordo con outras ideas que aparecen reflexadas no texto, algunhas das cales xa foron comentadas na clase ou no blogue. Por exemplo, o feito de que a xente non adoita asociar a perda da lingua coa perda de costumes ou tradicións que van asociadas aos falantes desa lingua.
Con frecuencia, cando ocorre que desaparece unha lingua adoitamos pensar que isó é algo que a nós nunca nos vai suceder e que esta perda non significa perder unha parte da nosa cultura.
Eu creo que a todo se pode chegar, e cando descoidamos as cousas terminamos por perdelas. É certo que xa hai quen se decidiu a protexer a nosa lingua, pero tamén creo que só é o comezo. Todo está moi recente e aínda queda un longo camiño por percorrer…coma sempre digo, depende de nós que a situación cambie.
Hola a todos,
ResponderEliminarEste texto conta case o mesmo que o de ecolinguística, pero centrase especialmente na crítica do modelo estruturalista dos linguistas indoeuropeos.
As escolas teñen moito que ver neste asunto, pero tampouco hai que relegar toda a culpa nelas, xa que a educación desde a casa pode ter incluso mais peso do que che digan nas escolas.
Tamén se fala da rapidez coa que as linguas están a desaparecer. Esto é unha pena, pero dubido que unha lingua non europea non entenda o que significa presente pasado e futuro. Non creo que sexa algo tan particular de nos, ou dificil de entender... non sei.
Tampouco comparto a teima de meterse co inglés e o da globalización. Non todo neles está ben, pero tampouco mal. As veces hai que ser práctico e se tes que falar en inglés para traballar, ou para o que che pete, non e malo. Hai moi bos escritores en inglés con diferentes “cosmovisións” xa que non todos veñen de Inglaterra. E ademais se che apetece ler a un destes escritores, e tomarte unha Cocacola, non te sintas culpable, non e malo.
Despois de leer uns cantos comentarios dos meus compañeiros, gustoume de sobremaneira a interpretación do artículo que fai Iria na súa primeira opinión. A verdade e que o artículo resultoume bastante pesado de leer, quero creer porque a miña declinación futura non pasaría por ser a de lingüista. Supoño que o mesmo vos pasaría a maioría de vosoutros si tiverades que leer un artículo macroeconómico, de política económica, ou sobre o análises económico-contable dun sector financieiro.
ResponderEliminarPartindo desta base, gustaríame recalcar que o proceso de globalización e política económica neoliberal levada a cabo está avasallando o mundo a través do imperialismo levado a cabo polo países máis poderosos, non estando as linguas "minoritarias" libre da súa influencia. Como decía Singala "So os pobon que se respetan a sí mesmos sobreviven...", así que nos debemos xulgar a nos mesmos antes de empezar a analizar porque o galego é unha lingua minorizada.
Engadía Iria,"Non somos respetuosos cando empregamos a lingua como símbolo baleiro do politicamente correcto. Quedar ben é bonito. Ter unha convición e emprender unha acción teleolóxica é grandioso". Eu e un frase que sintetiza a miña opinión con respecto o uso que se lla da o galego, aínda que nas miñas palabras non quedaría tan ben descrito. Simplemente penso en moitos exemplos que se veñen a cabeza como ver a maioría dos políticos intentando falar galego diantes das cámaras co fin que todos imaxinamos, ou que chegues a presentación do máster en Enseñanza Secundaria e che intenten dar a charla de benvida nun "galego" esperpéntico...
Como cantaba Siniestro Total e que pode resumir o que pasaría coa globalización lingüística: "Pueblos del mundo extinguíos, dejad que continúe la evolución, esterilizad a vuestros hijos, juntos de la mano hacia la extinción..."
A min tamén me gustaron os comentarios que fixeron tanto Iria como Lara e estou moi de acordo con elas. Pero tamén co resto dos compañeiros, todos son interesantes e case todos falan do que a min tamén me chamou a atención do artigo, como por exemplo, o pouco coñecemento das linguas na escola, non saber dicir as 20 linguas máis faladas, que o multilingüismo segue a ser unha realidade pouco explorada, a pouca presenza nos medios de comunicación, que a maior parte das linguas vanse a extinguir...
ResponderEliminarEstou tamén moi de acordo co que di Alicia de que ademáis do sistema educativo son moi importantes as transmisión por parte dos familiares ou da xente do redor, xa que o que aprendemos na escola tendemos a olvidalo, pero o que aprendemos por propio interese persiste máis tempo. Por iso mesmo ademáis da escola e dos medios de comunicación deberían aplicarse as linguas a actividades cotiás ou de ocio, para así irlle collendo máis o gusto.
O de que "A diferenza do que se adoita pensar en Europa, a maioría do mundo non fala inglés", xa o tiña escoitado nun programa e xa me dera que pensar... como xa se dixo, temos moito descoñecemento.
Tamén dicir que eu pensei moitas veces a frase de "As linguas como o Alemán son máis difíciles de aprender". E gustoume moito a comparación da idea para deter a tala masiva de árbores coa detención da extinción dos idiomas.
O artigo de Teresa Moure pareceume interesante porque achéganos a unha realidade para moitos descoñecida. O primeiro, a cantidade de linguas que hai no mundo e o descoñecemento que temos delas. Moitas veces, ese descoñecemento relacionase con que son linguas minoritarias e con poucos falantes, pero a realidade é outra. Das seis mil linguas da humanidade, dentro das vinte linguas máis faladas, hai moitas das que apenas coñecemos o nome e por extensión a cultura deses pobos que as falan. A diversidade lingüística está desaparecendo e non debemos permitilo.
ResponderEliminarO feito de que se produza cada vez máis una homoxenización, non debería repercutir na desaparición das linguas, xa que con elas perderíanse tamén moitos coñecementos, crenzas e formas de vida.
Parece que hoxe, polo menos parte da sociedade é consciente desta situación e cada vez máis xorden iniciativas de apoio ás linguas a piques de esmorecer. Estas iniciativas deberían tomarse antes de chegar ate esos límites.
Ademais das iniciativas por parte da escola, débese fomentar o uso da lingua noutros ámbitos como nos medios de comunicación, nas actividades culturais e sobre todo nas novas tecnoloxías que están a ter gran repercusión social.
Á vista outra vez de que case non hai nada que dicir que non este dito xa, vou dar a miña opinión sobre o artigo.
ResponderEliminarA realidade é que non podería estar máis dacordo con Teresa Moure. Este texto debería de ser de lectura obrigada para todo o mundo.
Vou comentar, na miña humilde opinión os puntos que teñen para min unha gran relevancia.
Estou dacordo con Teresa Moure no tocante á morte das línguas, é un asasinato grazas ó imperialismo occidental, para min non é unha evolución natural para nada, o tema de homoxeneidade tamén é moi interesante baixo o meu punto de vista. Parece que non pero perder unha língua é perder moitas cousas máis(pódese apreciar esto no artígo)afecta a diferentes áreas como a da semantica entre outras, pois estase a perder riqueza léxica. A ensinanza por exemplo da gramática faise dunha forma moi xeral, sen ter en conta outras línguas que para nada se parecen ás europeas(Teresa explicao moi ben no artígo) e son igual de ricas. A comparativa que fai Teresa coa zooloxia pareceme sublime, proba claramente que o estudo de poucas línguas en concreto non ten validez universal(algo que moi pouca xente sabe).
Pouco máis teño que engadir que non se dixese xa, pareceme un artigo moi interesante, cheo de datos, moi ben explicados e tamén moi descoñecidos creo que para todos nos.
O texto de Teresa Moure foi para min, de principio a fin, coma un raio de luz alumeando o recuncho escuro no que eu mesma deixara agochada a forza e o incalculable valor das linguas e, polo tanto, o esquecemento ó que tiña condenados feitos tan graves como o terrible eurocentrismo que rexe as nosas vidas ou tan fantásticos como que a lingua é unha das maiores fontes de riqueza do ser humano, en canto que é a base que moldea e exterioriza o sentir máis profundo de todo pobo, a estrutura interna inherente a toda cultura. É innegable que os humanos utilizamos a lingua para crear e contar a realidade (a nosa), e é terrible que sexamos tan ‘inocentes’ (por non dicir parvos/as) como para crer que non é unha das máis poderosas armas de sometemento e poder. Así, como potente forza dominadora, ten tamén a facultade de ‘hipnotizarnos’, de facernos crer en ‘verdades’ tan aterradoras como que falar todos unha mesma lingua é ‘cómodo e práctico’, que axuda ó progreso, cando o certo é que se trata, simplemente, dun asasinato. O asasinato da humanidade a mans de si mesma. É terrible darse de conta de que quen non ten lingua propia non é parte de ningunha cultura e, polo tanto, non ten memoria, non sabe de onde ven nin coñece a súa propia historia; sen lingua e cultura, pódese sobrevivir, si, as funcións vitais máis básicas non paran (respirar, alimentarse, reproducirse…), pero non se pode SER. Como tampouco se pode existir plena e satisfactoriamente sabendo que se aniquilou a outros, que se lles condenou ó peor dos males: a invisibilidade (porque dá igual que a decisión non fose nosa, o simple feito de colaborar coa nosa ignorancia, facendo da escusa ‘eu non son ninguén, non teño poder de decisión’ a nosa bandeira, estamos a ser tamén axentes activos e partícipes desa extinción doutras linguas e culturas; e pode que axentes da peor clase: os autoindulxentes -non podemos esquecer que, ás veces, é máis culpable quen, sabendo do acontecer dun crime, mira para outro lado, que quen está de facto a cometelo, e ademais descúlpase cun simple ‘eu non podía facer nada’)
ResponderEliminar(continúo...)
ResponderEliminarO que sucede é que o Capitalismo, que durante décadas nos ten dominado e tentado con ‘oportunidades de ouro’, facendo que en todas partes o ser humano abandone as súas tradicións e incluso ós individuos máis vellos e sabios da comunidade, está abocado a desaparecer. E é que o ser humano terá que darse de conta de que el é a peor ameaza para si mesmo e está consumando a destrución da súa propia civilización. Terá que ver que o inimigo está dentro, que é a propia dinámica interna do sistema a que o leva á súa degradación. O exceso de ‘benestar’ provocado polo consumismo leva á indixestión, e teremos que voltar ó verdadeiramente importante e imprescindible: o contacto entre nós, os humanos, o intercambio cultural, a poesía, a música, a filosofía e as súas enriquecedoras conversas para intentar responder ás grandes preguntas, etc, e todo dende a multiplicidade das linguas, xa que esta sempre provoca a multiplicidade dos discursos, coa variedade de sentires, de matices, de coñecementos… De feito, aínda que sexa por puro interese e egoísmo (se é que o ser humano non é capaz de facer xa nada por amor), hai que espertar e ser conscientes de novo (e, polo tanto, responsables eticamente deste saber) da vital importancia –como ben dicía a autora- da diversidade (biolóxica, cultural, sexual, lingüística…), xa que, sen o Outro, non é posible seguir sendo un mesmo.
A pesar de que quizais pareza que me quedei só coa visión dramática do artigo, co lado ‘escuro’ destas reflexións, quero dicir que para nada, que aprecio profundamente os datos que nos da a autora e eu descoñecía, así como a visión da lingüística que ten e comparte co lector (interesantísima a reflexión da Declaración dos Dereitos Humanos e, por extensión, a dos Lingüísticos, así como a autocrítica da súa propia profesión, e todos os datos en canto a número de linguas, razóns políticas das materias e programas escolares a nivel mundial, etc.; en fin, non vou reproducir o texto); a verdade é que o artigo pareceume tamén moi alentador, porque esa chispa de lucidez que prendeu un pouco en min (e de seguro en todos nós) a este respecto faime ver que quizais aínda non sexa tarde, que sempre hai tempo de aprender, de avanzar, de mirar ó Outro de fronte e cambiar a perspectiva. E sempre é de agradecer que lle recorden isto a un.
O título do primeiro parágrafo para min xa resulta revelador:“as linguas do mundo, unha cuestión de datos”. E datos que a maior parte das veces descoñecemos, eu a primeira que non sabía a lista das 20 linguas maioritarias no mundo( non escoitara a palabra telugú na miña vida)e iso que coma di o artigo, formo parte dises que “estudamos ata o final”.
ResponderEliminarO artigo tenta subliñar o perigo que sofren nos nosos días tanto linguas minoritarias como maioritarias, ben sexa pola globalización que nos afasta da individualidade, e tamén fai recaer nos lingüístas unha gran parte da responsabilidade. Se é tradición ou inercia ,o caso é que o que non está de moda ou no poder, fóra ; que existen moitísimas linguas, e sinálanse , outra vez, datos significativos, en perigo de desapareceren , por , entre outras cousas, falta de investigación e mantemento.Pero non está moi claro que a solución sexa esa e a única, porque como se di no texto, o mellor so se consigue “ter unha magnífica colección de linguas..mortas”. É preciso un cambio nas prioridades de investigación sobre a linguaxe, no tratamento das diversidades lingüísticas e no respeto as mesmas,nos dereitos lingüísticos dos individuos e dos pobos e un cambio tamén na escola, que sempre é un punto de partida.
Sorprendeume moitísimo, para mal ou peor, o feito de que se as cousas, a nivel linguas, non cambian, no 2100 entre o 75 e 90 por cento das seis mil linguas faladas hoxe terán deixado de falarse. Outra vez números, devastadores.
Descoñecía tamén a existencia do libro vermello da UNESCO sobre as linguas moribundas, e a inclusión do galego no mesmo dende o 2002.
En definitiva, é necesario un compromiso maior e a moitos niveles, e seguramente como se di no texto, máis solucións xustas e efectivas e non so “parchear”.
María Garrido Conde
As línguas teñen unha unha cultura en pertencen a un pobo, polo que compre coñecelas axeitadamente antes de facer valoración sobre ela.
ResponderEliminarÉ triste ver cómo están a desaparecer porque non interesa promovelas.
Dende logo, a língua é fundamental no ámbito escolar e para poder optar a recibir formación na língua que se desexe debe haber máis opcións nas escolas sen que lles impoñan unha en concreto.
Coincido con Teresa Moure no feito de que o uso la língua non é só pola língua en sí, senón pola cultura e por tódala tradición que leva consigo. Aínda así hai personas que pensan que o ideal sería ter unha língua global para tódalas persoas, paréceme que están errados dado que cómo comentei anteriormente a lingua leva en si moitas outras cousas.
Un dos aspectos que máis me chamou a atención e me indignou bastante, é o feito que a UNESCO declarase ao galego língua moribunda.
Respecto a este artigo, dicir que estou de acordo con todos os meus compañeiros, e que pouco máis se pode añadir que eles xa non dixeran.
ResponderEliminarPareceume un artigo moi interesante aínda que un pouco difícil de leer, tal vez, polo pouco coñecemento que teño sobre o tema.
Estou de acordo co feito de que na escola non se lle da a importancia a cousas que son realmente importantes, pois eu igual que María descoñezo por completo cáles son as 20 linguas máis faladas do mundo, e moito menos escoitara falar de moitas delas como é o caso do punxabí, maratí... Mais non por isto as considero menos importantes, simplemente que ninguén tuvo o valor de falarme delas, pode ser tamén que eles, coma min, as descoñeceran ou como nos di o texto, que esta omisión proceda do programa da materia, contribuíndo isto a idea errónea da homoxeneidade do mundo. Pareceme increíble que se oculte esta información para non sacarlle importancia as linguas europeas, xa que baixo o meu punto de vista absolutamente todas as linguas son importantes e en términos de lingua non debería existir competitividade. Pero está claro que tes que ter un bo exército que che respalde, que defenda a túa lingua para que esta chegue a considerase importante, se os que están detrás,se os que teñen o poder non lles interesa olvídate, farán o posible porque desapareza, xa que nos mundos nos que vivimos todo se basa en "decisións políticas".
Por este motivo, creo que está nas nosas mans o poder para que non se extinga nin o Galego nin outras linguas que según o texto están a desaparecer por culpa da globalización. Respecto as persoas que falamos galego non vexo porqué habemos de deixar de falalo, ou porqué o día de mañán non llo vamos a trasmitir os nosos fillos, ¿por qué vamos a vender o noso idioma? O capitalismo está facendo que os máis novos vendan a súa lingua por outras que parece ser que elevan a súa promoción social ou a súa posición económica, deixanse enganar, somos marionetas duns cantos que nos queren mover o seu antoxo, só facemos o que fai a maioría, se isto non se detén acabará provocando a morte de centos de linguas.
Tamén me chamou moito a atención o feito de que fundacións como Ford e Volkswagen estén financiando proxectos de linguas ameazadas, sin embargo ¿realmente dará isto resultado? ou ¿unha vez que se perdan estas linguas, serán tan só consideradas obxectos de museo?
Podería comentar moitas cousas máis que me chamaron a atención do texto as cales descoñecía por completo, como foi a formulación da DUDL que como dí o artigo é insuficiente, por ser "marcadamente eurocéntrica", ou a existencia do libro vermello da UNESCO, no cal, e non sen a miña sorpresa, nos encontramos entre as linguas moribundas.
Como antes xa dixen, se algo se poder facer, está nas nosas máns, e creo que se queremos cambiar este panorama, debemos de empezar por o principio, por os máis cativos, debemos empezar donde se empeza a formar a base dunha sociedade, na escola.
Ana González Gozález
Coincido con Modesto en que non me resultou un texto de lectura doada, quizais porque, conforme vai avanzando, tamén se vai facendo máis costa arriba a situación lingüística que se nos plantexa.
ResponderEliminarPor unha banda, non vou entrar a falar, porque comparto a opinión da autora e dos meus compañeiros da responsabilidade que nesa situación teñen o imperialismo e colonialismo que traemos dende tan atrás, pero que hoxe é exercido máis sutilmente.
Por outra banda, é de recoñecer que neste mundo de globalización, no que as cousas ocorren e ninguén é responsable delas (especialmente a clase política e altos mandatarios económicos, etc.), alguén recoñeza a súa responsabilidade, neste caso un lingüista, respecto das condicións de vida ou, mellor dito, de morte, dalgunhas linguas.
Como contrapartida, cabe salientar que o círculo se abre e se pecha no mesmo punto: a escola. A escola, ou mellor dito, a través da escola, os poderes públicos intentan transmitirnos unha visión homoxénea do mundo. Pero é a mesma escola a que debe abrir outra ventá cara o mundo e, como di Teresa Moure, aprendermos a ver a “importancia da diversidade”. Aínda que a primeira idea despois de ter lido o texto foi “e eu que pinto aquí?”, penso que é neste punto no que podemos entrar en xogo: valorar e ensinar a valorar a riqueza desa diversidade, sexa lingüística, biolóxica, cultural, etc. E cada un dende o seu ámbito (lingua, bioloxía, xeografía e historia, etc.).
Atreveríame a dicir algo máis: quizais a través desa ventá non debemos mirar moi lonxe, e comezar polo que temos ao pé dela.
María Castro
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarEste texto de Teresa Moure representa la visión que se tiene equivocada hoy en día de las personas de sus lenguas y de sus culturas. Por desgracia superan en número las lenguas habladas y no conocidas a las que si se conocen, pareciendo sorprendente que esto ocurra incluso con lenguas habladas por un número mayor de personas. Pero incluso aunque fueran 100 personas las que hablaran una determinada lengua, estarían en todo su derecho de hacerlo y no perder algo que forma parte de ellos y que como decía Susana les hace SER.
ResponderEliminarSi en la escuela dieran más información sobre las lenguas habladas en cada sitio aparte de los datos geográficos que se estudian, como se explica en el texto, llegaríamos a alcanzar un conocimiento más amplio sobre la pluralidad de personas y sus costumbres; y no daría lugar a la idea de homogeneidad del mundo. Limitarse a una única lengua no es para nada beneficioso.
Tendría que fomentarse desde la escuela ya que es el núcleo principal de conocimiento. Si por ejemplo todas las personas pudieran tener acceso a otra lenguas y otras culturas, estaríamos más enriquecidos culturalmente, y dentro de cada ciudad o pueblo estas personas podrían difundir estos nuevos conocimientos a sus amigos familiares y personas de su entorno, llegando a adquirir un conocimiento mayor que el aportado por una sola lengua común como es en este caso el inglés.
No podemos permitir que esta información tan valiosa muera y con ella sus lenguas, sus conocimientos, y las personas que las hablan.
Como ya comentaron mis compañeros, vivimos en una sociedad cada vez más minimalista que considera que aquello que no es imprescindible para vivir no merece la pena, y si dejamos que esto ocurra estaremos perdiendo lo más importante que tenemos como seres humanos como puede ser la música, el arte, la naturaleza y otras muchas cosas que forman parte de una lista interminable
Olá,
ResponderEliminarparece-me mui interessante o texto da Teresa, e o conceito de ecolinguística. Do mesmo jeito, o texto propom umha série de interrogantes dos que seria preciso a existência do debate social.
Agora bem, se calhar por ser um artigo e por problemas de espaço, acho que devemos aprofundar um bocado mais em como se chegou à situaçom que se monstra.
Primeiramente, o próprio conceito de língua é bastante discutível já nem só pola ocidentalidade da sua semântica senom também porque como se tem afirmado ainda que pareça um oxímorom esse termo nom é lingüístico, é algo de razom parece ter.
Coincido também em que os linguistas devem alçar a sua voz neste sentido mas, quando a alçam nom os querem ouvir, ponhamos o exemplo de Moreno Cabrera que é bastante desconhecido. Também é importante como o processo burocrático e a falta da especializaçom impede isto: A RAG, é academia mas nom só de língua, o CCG é também um órgao demasiado amplo...
Enquanto o ponto de vista marcadamente europeu da análise linguística vem dado polos seguintes factores: eurocentrismo inerente aos movimentos de poder, lenta aceitaçom das novidades em matéria linguística por parte dos estudosos que se perpetuam em posturas superadas.
O estudo das línguas sempre se fixo com fins práticos, bem os jesuítas para ensinar o catecismo, bem para prestigiá-las, de aí a problemática actual que ainda nom temos superada.
Já por último, e como anedota, acho que é melhor utilizar "asturianu", nom "bable" como aparece no texto, já que este último tem ligadas valoraçons negativas.
Encantoume o texto de Teresa e aprendín moito con el.Sabía que había variedade lingüística no mundo pero non sospeitaba que tanta.Aínda que si nos poñemos a reflexionar coa extensión da Terra e coa poboación de toda ela e que fai anos,ó non haber medios de comunicación dunhas zonas con outras,aínda que non estivesen demasiado lonxe entre si,xurdían linguas distintas.
ResponderEliminarNo único que non estou dacordo é nesa negación dunha lingua universal, eu considéroa necesaria para entendernos os distintos pobos do mundo con esa língua común, que non necesariamente ten que ser o inglés. Agora si, que non so se tenda a aprender esta lingua se non estudiar e conservar tódalas outras.
Gústame a metáfora existente entre extincións de especies naturais coa extinción das linguas, a chamada Ecolingüística.Esperemos e desexemos que non se sigan extinguindo nin as unhas nin as outras.Penso que si se fai unha boa labor teñen maior futuro as linguas que as especies animais,pois nestas últimas dependen de moitos máis factores.
Sobre o texto de César, gustaríame que me dixera as connotacións negativas do bable.Xa llo preguntarei.
Case todos os compañeiros e compañeiras expuxeron xa as ideas principais do texto de Teresa Moure. Por un lado temos a idea da homoxeneidade do mundo, a idea de que só unhas cantas linguas son dignas de coñecemento e estudo. Igual que algúns dos meus compañeiros/as descoñecía a maioría de linguas que se sitúan entre as vinte máis faladas, e só sería capaz de nomear as máis comúns. Eu creo que a diversidade é unha riqueza, non só a lingüística, e que o coñecemento da existencia doutras linguas non supón ningún tipo de problema, por iso penso que non sería unha mala idea que ese coñecemento existise xa desde a escola, igual que coñecemos as capitais dos países, como dixo Jesús Manuel, porque non coñecer a lingua que neles se fala? Polo menos ser conscientes de toda a cantidade de linguas que existen no mundo e que non nos convenzan de que só unhas poucas son as máis importantes e as que debemos estudar.
ResponderEliminarDesde logo o traballo que desenvolven os lingüistas é fundamental neste mundo cada vez máis globalizado e no que semella que a desaparición dalgunhas linguas é inevitable. Ese traballo é fundamental para coñecer os fundamentos internos de cada unha desas linguas e desde logo si que deberían desenvolver un traballo de campo para coñecer de primeira man o funcionamento real, e se chegasen a desaparecer dalgunha maneira quedaría recollido para o seu estudo e quen sabe se para unha nova vida. Desde logo que unha lingua non desapareza depende de moitos factores, e por moito que nós desde aquí tratemos de evitalo escribindo fórmulas para conseguilo, ten que existir un convencemento propio da xente e unha identidade real coa lingua, ademais dun goberno que se comprometa na súa defensa e uso.
Referíndome ao caso concreto do galego semella que aínda temos moito por facer. Como se recolle no texto, no ano 2002 o galego recóllese como unha das linguas moribundas no libro vermello da UNESCO, porque a pesar de todos os esforzos que se levaron a cabo aínda falla a transmisión da lingua ás novas xeracións. Para isto, e como xa dixen no comezo, a escola debe desempeñar un papel importantísimo, necesitamos que sexa unha ferramenta aberta á diversidade lingüística e para derrubar todas as ideas equivocades que existen sobre a lingua.
Neste texto de Teresa Moure fálase da problemática das línguas minoritarias no mundo. Estou moi dacordo con ela nas súas afirmacións, pero como tódolos meus compañeiros xa resumiron o texto e diron moitas das opinión que a min me suxería, vou sacar o tema fora da lingüística, xa que hai moita xente na clase moi entendida no tema e probablemente, xa non teña nada que aportar.
ResponderEliminarO problema que se describe no texto é algo que se suscribe a tódolos aspectos culturais. Ó largo dos anos e do mundo pérdense identidades e tradicións que forman parte da cultura de cada rincón da Terra sin que ninguén faga nada por remedialo. Profesións case artísticas que se perden, formas de construir as nosas vivendas dunha maneira máis sostible, que xa facían os nosos avós e agora damonos conta que temos que retomar, e inda por riba chamámoslle innovacións… penso ca cultura e riqueza, riqueza da boa, da que non nos volve uraños e todos debemos facer por non perdela. Está moi ben recordar línguas do outro lado do mundo, pero non podemos esquencer o que temos máis preto, non se pode deixar morrer.
Meu avó foi ebanista, moitas veces penso no saber que levou con si cando morreu, todo ese coñecemento que non lle transmitiu a ninguén e que agora eu estaría tan interesada en aprender. Xa é tarde. Non corramos tanto é parémonos nas cousas pequeñas, as que nos dan identidade.
Lucía Díaz.
O artigo pareceume unha dura crítica cara aos lingüistas que culpa en parte do pouco coñecemento que ten o mundo da diversidade ademais de dar a coñecer esa gran diversidade. Como exemplo pon que nin os estudantes universitarios poden dar o nome das 20 linguas máis faladas das máis de 6000 que existen e por iso se ten unha idea de homoxeneidade do mundo, cando en realidade a maioría dos individuos son multilingües.
ResponderEliminarFala tamén do escaso coñecemento de linguas que precisan de investigación urxente e para as que a “era lingüística” non comezou.
Critica como os dereitos das persoas se redactan dende unha visión occidental e para recoñecer como lingua un dialecto se escollen criterios básicamente económicos, cando nalgúns lugares debido á súa situación a lingua non pode ser unha prioridade.
A escola, como gran culpable do descoñecemento da diversidade, ensina a identificar unidade política con idioma nacional e o multilingüismo parece unha excepción cando o normal é o solapamento das linguas nos territorios. A consecuencia é que o imperialismo occidental elimina a diversidade tanto lingüística como de outros elementos culturais como a vestimenta ou ata a forma de pensar.
Historicamente o interese por outras linguas comezou para acadar a colonización relixiosa para finalmente homoxenizar o territorio tamén coa lingua que da prestixio. Os lingüistas ata agora non tiveron a capacidade de intervir na realidade limitandose a transmitir e estudar as peculiaridades dunha lingua europea. Para enteder o que é a linguaxe é preciso estudar canto maior número de linguas sexa posible para así poder saber qué teñen realmente en común todas elas. Ata agora tamén a forma de estudo da gramática se rexeu polas características común ás linguas europeas. Finalmente insta ó estudo debido á inminente perda de información pola morte de moitas linguas e á transmisión do coñecemento a tódalas persoas para que se coñeza a diversidade existente.
O meu comentario deste texto podería falar da tan boa sintaxe que fai a autora da realidade lingüística que nos toca vivir, podería agradecer o esforzo de, en tan poucas páxinas, presentar obxectivamente( nada doado)acontecementos e situacións reais que poderían alarmar a algún de nós . Pero vexo que son cousas que están de sobra comentadas. Serei, logo, ben breve, e soamente direi que, sen dúbida o máis loable que o texto de Teresa Moure ten para min, é a renuncia á culpabilidade allea polo que está a ocorrer. O asumir a súa propia participación neste espectáculo. Isto é algo que non abunda, do que é difícil escapar polo tentador e doado que resulta culpar a outro ou ó resto do que vai mal.
ResponderEliminarMoitas cousas van mal neste “consumundo”, moitísimas. E non é máis culpable o que ten armas máis grandes que o que devece por acada-las mesmas. Ben, se queremos buscar culpables, sería bó aproveitar o ben alimentado que temos o noso ego e comezar a búsqueda por nós mesmos, porque quizais na culpa dos outros pouco podamos facer, máis que laiarnos, pero sendo quen de nos facer parte culpable, ou se preferides, activa, do resultado, quizais poidamos atopar gañas de facer algo e nos percatemos de que as ferramentas para nos movilizar están a ser roubadas e aplicadas na nosa contra.
Quería apuntar a seguinte ligazón, da participación da autora do texto nun acto en defensa da lingua. Pareceume que podería enriquecer índa máis o seu discurso escrito. E todo sexa dito, sírveme de remate para este comentario que non atopa xa mellores palabras que as que é tentador plaxiar ós meus compañeiros.
http://www.youtube.com/watch?v=o7tg7HicLJU
Sei que é tarde e quizais non teña moito sentido estar a pór ligazóns, pero pode que quede algún rezagado coma min, e entón espero que lle guste miralo.
1º PARTE
ResponderEliminarDespois de ler moitos dos comentarios dos meus compañeiros, teño que destacar igual que fai Modesto, o comentario de Iria Domínguez, có que estou dacordo en liñas xerais pero con certos matices.
O texto de Teresa Moure, como ben dixeron a maioria dos meus compañeiros, sinala unha serie de aspectos a ter en conta á hora de analizar a situación de perigo na que viven moitas das linguas faladas no mundo. Por un lado estaría o papel da escola, que durante moitos anos -e penso que aínda o fai a día de hoxe- tentou difundir a idea da homoxeneidade do mundo, omitindo un estudo máis pormenorizado das linguas faladas no mundo, e promovendo a asociación do concepto de país con lingua nacional, España-español, Italia-italiano...
Por outro lado a autora, fala da idea de euro-centrismo, esa crenza que temos un pouco de considerar Europa -ou occidente- como o centro do mundo. O que provocou e provoca aínda a día de hoxe, un notable descoñecemento do acervo lingüístico e cultural dos pobos non occidentais.
Despois disto e de ter presentado a grandes rasgos o marco que define a situación actual das linguas no mundo, a autora defende a necesidade dun cambio na actitude dos profesionais adicados á lingüístca. Segundo ela, unha disciplina que dende os seus inicios "se gaba de ser unha ocupación non comprometida" na defensa da diversidade lingüística, ademais de ter mantido unha postura demasiado europeizante, mirando en exceso as linguas desta pequena parte do mundo. Desto modo Teresa Moure fala do nacemento da Ecolingüística, como unha disciplina comprometida na defensa da linguo-diversidade.
Na miña opinión, e en referencia a este concepto de Ecolingüística, penso có feito de que unha disciplina científica tente intervir no campo do seu estudo, non ten porque ser algo nin negativo nin positivo. Todo depende das características da situación concreta. Iria Domínguez compara o traballo dun lingüística co dun físico, e argumenta que igual que o físico non intenta modificar as condicións do seu campo de estudo, o lingüísta tampouco debería intentar cambiar as condicións do seu. Sen embargo, na miña opinión, o concepto de Ecolingüística está máis vinculado coa ecoloxía ou bioloxía, que coa física. O lingüística tería neste caso máis que ver cun biólogo, que cun físico. E moitos biólogos si que interveñen dalgunha ou outra forma no mundo animal ou vexetal, e a maoiría das veces con consecuencias positivas.
Penso que esa é a idea que defenre Teresa Moure, a de intervir no mundo contra a acción indiscrimanada do home. Igual cá ecoloxía tenta reducir ou loitar contra a forte pegada do home sobre todo o ecosistema, a ecolingüística tenta loitar pola conservación das linguas como patrimonio cultural e fonte de diversidade da humanidade; unha situación -a de estaren moitísimas linguas en perigo- tamén provocada pola intervención do home sobre o mundo.
Despois de facer referencia a este pequeno matiz, teño que dicir que comparto en certa medida a opinión de Iria Domínguez, e non estou demasiado dacordo coa postura de Teresa Moure. Como Iria Domínguez afirma, moitas veces pensamos nas linguas nun sentido poético, cando realmente non deixan de ser ferramentas para comunicarmos e construir o mundo. Se a tendencia do mundo é a de ser cada vez máis homoxéneo a tódolos niveis, é lóxico que isto afecte tamén ás linguas e a outros aspectos culturais. Xa sei que isto probablemente non sexa algo positivo, pero este é o mundo no que vivimos. E non ten que ver con ser conformista, xa que sendo honestos, se falamos da necesidade dun compromiso por parte da sociedade, coido que hai bastantes máis problemas no mundo máis importantes cá defensa da diversidade lingüística. Moitas das comunidades nas que se falan linguas en perigo, por exemplo algunha tribo de África, seguramente teñan problemas máis graves cá conservación da súa lingua.
2º PARTE
ResponderEliminarPor último e xa para rematar, quería salientar como xa fixo algún dos meus compañeiros, a frase de "unha lingua é un dialecto cun exécito que a defenda". Se ben é certo que Teresa Moure critica en certa medida esta frase, xa que na súa opinión non pode aplicarse en certos contextos non europeos ou occidentais, si que penso que é unha frase que pode levarnos á reflexión, e que está moi relacionada co contido da materia ó longo do curso. A maoiría das veces, a diferenza entre dialecto e lingua está máis ligada a cuestións políticas, cá cuestións puramente lingüísticas. Un caso moi claro é o do valenciano. O goberno valenciano defende o seu status de lingua, como consecuencia duns intereses políticos. Pero probablemente moi poucos, ou ningún lingüísta defenda a condición do valenciano como unha lingua diferente do catalán ou o balear, sendo neste caso unha variedade ou dialecto do que se coñece por catalán. Outra cousa ben diferente é se o término "catalán" é a acepción máis adecuada para a variedade estándar que englobaría tamén o valenciano e o balear. Pero iso xa é tema doutro debate.
Saúdos
É difícil aportar algo que non estea xa dito, a verdade é que os comentarios dos meus compañeiros son moi acertados, case todos falan das mesmas cousas que me chamaron a atención a min.
ResponderEliminarO que máis me impresionou deste artigo foi a relación existente entre lingua e política, nunca pensei que estes dous ámbitos estivesen relacionados entre si, pero como ben deixa entrever Teresa Moure, as decisións sobre que variedade falar son políticas, e o máis preocupante é que estamos moi influenciados desde pequenos a través do sistema escolar sen decatarnos diso, algo que se ve reforzado, ademais, polos medios de comunicación, as redes sociais, etc.
Por outro lado, tamén me parece importante destacar o perigo da perda da diversidade lingüística, da desaparición de moitas linguas minoritarias e todo o que iso conleva, así como o feito de que o galego se atope entre as linguas moribundas. Paréceme moi triste que desaparezan tantos coñecementos que aportan moitísimas contribucións ás nosas vidas e que non sexamos capaces de manter vivo algo que forma parte de nós, como é unha lingua.
Aínda que pesimista, non debería ser de outra maneira na situación que nos atopamos, estou totalmente de acordo con T .Moure.
ResponderEliminarO primeiro impacto que me levei lendo este texto foi o descoñecemento absoluto sobre as distintas linguas que Moure cita .
Sinalaría cando di que deberiamos tomar en conta as realiades extra-europeas pois o multilingüismo é unha realidade pouco explorada.
Na escola ninguén nos ensinou mais alá do "pequeno mundo",inglés , francés e como moito alemán, no meu caso.
Estas variedades , sen dúbida , son, promocionadas ,estandarizadas, difundidas e ou faladas decisións políticas.
A GLOBALIZACIÓN MATA- Idea negativa da globalización , cando pola contra, a todos nos dixeron ou ensinaron que isto era positivo. Máis se nos paramos a reflexionar sobre isto ,vemos que a diversidade desaparece mediante este fenómeno.
A pesar de ver algun "trazo positivo" , todos nos destacamos o negativo.
Impresióname saber que o galego pertence o libro vermello da UNESCO sobre as linguas moribundas pola perda xeracional .
E con isto da perda xeracional, vénme á cabeza as trabas polas que o galego pasou e moitas familias tamén.Se nos remontamos aos desgrazados séculos escuros e ditadura franquista, o galego sobreviviu,grazas ás clases sociais máis precarias que o empregaban no seu fogar.
Estoume desviando un pouco do tema pero considero que isto repercuteu na transmisión xeracional.
Este texto expón unha serie de formulacións que ó longo do discurso van tocando temas diversos mais cunha finalidade común: invitar ó lector á reflexión. Gracias a un xenial dominio da linguaxe e ó emprego de abundantes exemplos, comparacións e metáforas logra con éxito o seu obxectivo. Ademáis, a claridade coa que está argumentado fai do artigo unha lectura asequible e agradable para calquera persoa non procedente do ámbito profesional da lingüística, o cal supón dende o meu punto de vista un dos maoires logros acadados pola autora.
ResponderEliminarAínda que o tema central do artigo xira entorno á situación da diversidade lingüística e a súa conservación a nivel mundial, non resulta estrano que comece e remate sacando a relucir o tema da educación, atribuíndolle á escola nun primeiro momento a responsabilidade da situación actual para finalmente darlle a chave das posibles solucións de mellora. Non é estrano porque lonxe do que normalmente se poida pensar, e en base ós argumentos expostos no texto, o sistema educativo é responsable en grande medida das ideas, valores e actitudes presentes na poboación. É moi explicativo o exemplo que pon sobre a filosofía da linguaxe, con respecto á consideración tripartita do tempo ou ás categorías gramaticais. Da moito que pensar que para alguén coma min, que non veño do ámbito da lingüística e toda a formación gramatical que teño é a que me deron na escola, resulte tan sorprendente que existan linguas no mundo que carezan de marcas aspectuais e temporais ou que poidan referirse a sucesos pasados ou futuros con outros mecanismos distintos ós tempos verbais ós que tan habituados estamos no pensamento occidental. Decatarme de que isto non é máis que unha derivación do grego clásico resultoume verdadeiramente sorprendente.
Penso que realmente non somos conscientes de que toda a ensinanza que se está a dar e que se nos deu a nós na escola supón só unha pequena parte da realidade global, é coma se só se nos ensinara a ver unha pequena parte do mundo e esa parte xa servira como representación do mundo enteiro, é como tomar unha parte polo todo. A denominación que lle da a autora de “euro-centrismo” penso que é absolutamente acertada. Como di ela, aínda que “todos pensamos que non tomamos Europa polo centro do mundo”, a realidade é moi distinta, mais o certo é que non somos verdadeiramente conscientes.
Un claro exemplo que demostra este eurocentrismo está nas iniciativas da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, que aínda que xurdiron para protexer as linguas minoritarias, o feito de centrar a súa atención nas linguas europeas, obvia a existencia das procedentes doutros continentes, volvendo a caer unha vez máis na visión limitada do mundo.
A reflexión que fai con respecto ás linguas minoritarias, deixando abertas vías para a reflexión, paréceme moi interesante. Por exemplo, fala das inciativas que apareceron recentemente destinadas á conservación das linguas minoritarias, consistentes en almacenar gravacións e datos sobre as linguas que están próximas a desaparecer. Como ben deixa implícito no texto, pouco se fai pola conservación dunha lingua almacenándoa nun catálogo dun museo. É o uso e a transmisión ás novas xeracións o único que pode manter viva unha lingua.
Para rematar, gustaríame recordar unha frase do artigo que penso que concentra con moita claridade a mensaxe que quere transmitir a autora e tamén a esencia do que aprendimos nesta materia. Estaría ben que todos nós a tiveramos presente cando algún día nos corresponda exercer a nosa labor docente: “a lingua é, por excelencia, o dominio da democracia e a liberdade e, polo tanto permitir como espectadores pasivos que alguén sexa incitado a cambiar de lingua é exercer unha violencia simbólica atroz, porque é colaborar para que ese individuo cambie a súa relación co mundo; o que é tanto como cambiar o mundo mesmo”.
Belén García Lamas
Teño que recoñecer, pese a todo o pesimismo que asolaga o seu uso futuro, que sentín un pouco de alivio momentáneo cando escoitei en clase de Educación e linguas que o galego estaba dentro das 200 linguas máis faladas das 6.000 que se estiman no planeta. Isto non deixa lugar a que a situación siga sendo alarmante segundo se extrae do texto de Teresa Moure.
ResponderEliminarLamentablemente existe unha relación directa entre política e linguas mediante o concepto de globalización, que trae consecuencias tan negativas como que a diversidade lingüística vaia desaparecendo no planeta. Doume conta por iso de que estivemos manipulados desde a escola pola idea de que a globalización ten máis consecuencias positivas que negativas.
Paréceme incrible que haxa lingüistas con cotas de poder que non se impliquen e prexudiquen á variedade lingüística, considerando distintos grados de importancia dependendo do uso de cada lingua. Eu son da idea de que as linguas minoritarias son e deben ser tan importantes como as máis usadas, independentemente do número de persoas que a falen.
Vemos que cada vez que se perde unha lingua perdemos para a humanidade todo un universo de coñecementos e matices propios que van relacionados a esa lingua. Resulta tamén un tanto curiosa a tendencia actual dos estudios lingüísticos de centrarse nas linguas maioritarias, facendo crer que a súas estruturas son correctas con respecto ás minoritarias e deixando de lado múltiples opcións na investigación lingüística.
Por outra banda, descoñecía as iniciativas (Terralingua, Rosetta Project,...) que xorden e reivindican os dereitos lingüísticos dos pobos e dos individuos que loitan contra o pesimismo instaurado nas súas linguas minoritarias. Estes proxectos parécenme moi positivos, a pesar de que moitas veces existe unha certa hipocrisía, e poden dar lugar a outros proxectos máis interesantes para preservar o futuro da diversidade lingüística fronte ó poder das linguas maioritarias.
Unha das cousas que máis me impresionou do texto foi ver que o galego está inscrito no libro vermello da UNESCO sobre linguas moribundas,o que fai ver que a situación do galego a nivel global e local resulta alarmante.
Sigo pensando que as causas desta situación remóntanse a moitos momentos históricos transcendentais que ocorreron no pasado en detrimento de Galicia , e non só no aspecto lingüístico. Hoxe en día sabemos que é difícil pero non imposible remontar esta situación do galego. Creo que é fundamental resolver o descoñecemento da situación por parte da poboación, por medio da divulgación nos distintos entes sociais e a tódolos niveis, para que realmente se chegue á conciencia da poboación.
Aínda así, trasladando meu optimismo e rebeldía persoal á situación lingüística, penso que non é definitivo un destino cunha única lingua planetaria dominante, pois aínda somos capaces de loitar pola liberdade individual e o dereito á diversidade de culturas (linguas).
Parece claro que la globalización a la que lamentablemente estamos abocados pone en peligro el multilingüismo y la diversidad multicultural, patrimonio por derecho de los seres humanos.
ResponderEliminarNo sé si la idea de una lengua única es real o una utopía como la que se imaginó antes de la construcción de la torre de babel; lo que es seguro es que intentos hubo, como la creación del esperanto; y parece que el “imperialismo” dominante de unas lenguas sobre otras es, de hecho, una realidad irrefutable.
No tenía ni idea de esta situación: la extinción de determinadas lenguas; por desinformación, por falta de interés o porque a veces en la vida priorizamos unas cosas sobre otras. Pero el hecho de conocer la realidad, es bastante triste. Al perder una lengua, se pierden inevitablemente otras muchas cosas. Los sentimientos no son los mismos en unos países que en otros, ni tan siquiera en el mismo país. Con esto quiero decir que el significado de muchas palabras es propio y exclusivo de cada sociedad; un castellano manchego, por ejemplo, nunca comprendería con toda su plenitud lo que verdaderamente significa morriña; los esquimales tienen un montón de palabras para definir la nieve… si estos idiomas se pierden, no sólo se pierde el idioma, se pierde un patrimonio, una cultura, una herencia y una sociedad al completo
http://news.bbc.co.uk/2/hi/south_asia/8498534.stm
ResponderEliminarA lo mejor ya lo está publicado
Paréceme increibel que, o que os governos venden coma a solución a todos os nosos problemas coma é a globalización, sexa o verdadero problema de todo. A crise económica actual, a eliminación das línguas minoritarias, desa riqueza.
ResponderEliminarOs governos ou os políticos deciden que língua é importante e cales non. Todo dependerá da cantidade de ceros que movan esas linguas.
Encántame a frase “una lingua é un dialecto cun exército que o defenda”, máis cun exército debería decir una moneda ou un billete, una gran identidade nacional ou global.
O que queda claro é que poñense máis trabas as linguas minoritárias cercanas que as que se topan noutro lado do mundo. A língua cercana veise coma un problema una distorsión da unidade nacional cando a allea é unha interesante curiosidade.
A diferenza entre o mundo occidental e o resto do mundo é ver as linguas minoritarias coma suma e non coma resta. O querer imponer unha língua global é unha utopía posto que cadascún ten a súa identidade, a súa personalidade. O mesmo pasa cas linguas, cada língua implica unha forma de pensar, unha forma de ser. Si falamos dun imperialismo lingüístico, falamos dunha mesma forma de pensar, de actuar e iso é inverosímil.
Temos que intentar diferenciar os pobos polas súas línguas, xa que cada língua é unha cultura. Si o ser humano perde todas esas línguas perderá o significado de humano para converterse nun robot, mesma língua, mesmo pensamento, perfecta globalización.
Tras leer o artigo de Teresa Moure estou moi dacordo ca súa opinión en que a escolaé fundamental para as linguas, é o berce onde aprendelas e por iso deberianse ofertas mais linguas nas escolas para así poder achegarnos dunha maneira máis doada a elas.
ResponderEliminarPor outra banda, pareceme moi importante, xa que descoñecia a súa existencia e polas repercusións que conleva a Declaración Universal dos dereitos Lingüisticos porque é unha maneira de comezar a respectar a convicencia das dintintas linguas.
Por último, como comentan moitos dos meus compañeiros con respecto o galego( a pesar de ser unha lingua maioritaria) a súa presencia na prensa, radio, ambito cultural...son " pequenas" cousas que poden logran que non exista un desenlace fatal: unha morte dunha lingua
O artigo “A batalla das linguas no mundo actual – Multilingüismo e antiglobalización” é un dos máis interesantes que lin en moito tempo.
ResponderEliminarEra consciente de que temos unha visión occidental, europeísta, eurocentrista ou como queiramos chamarlle, pero nunca pensei que isto se puidera aplicar tamén as linguas. Por exemplo, non sabía da existencia do punxabí, o maratí ou o telegú.
Tamén me gusta á forma na que lle “pon as pilas” os lingüísticas marcando a atención das linguas das que non se coñece unha expresión escrita (cos seus conseguintes estudios de gramática, sintaxe e demais) senón que soamente se usan a nivel oral. Acaso son menos linguas? Pois non.
E debido a venda que nos tapa os ollos e non nos deixa ver eses miles de linguas que non son tan “importantes” para a lingüística, estanse a perder culturas, cosmovisións totalmente diferentes e que non fan nada máis que enriquecer o noso mundo.
Aínda non me entra na cabeza que haxa persoas que poidan pensar nas virtudes do monolingüismo e non se fixen no valor do plurilingüismo. Non é necesario crear unha lingua artificial como o esperanto ou limitar tódolos ámbitos comunicativos ó uso do inglés, se é mellor coñecer moitas linguas diferentes.
E este feito pódese extrapolar a un ámbito moito máis preto a nós. Sempre nos están dicindo que o galego é unha lingua minoritaria e case que “non vale para nada”. Pero tamén hai estadísticas máis positivas, por sorte. Pero agora pensemos na hipótese de que non as haxa e que o galego, tal e como nolo pinta, está mal. Entón eu pregúntome, por que os pais poñen tanto interese en que os seus cativos aprendan inglés ou alemán a toda costa e, pola contra, non lles interesa para nada que lles dean materias en galego na escola? Non o entendo, estamos vivindo cada día nunha sociedade máis anglosaxona con “muffins” e “cookies” por todas partes... sen embargo, non nos importa nada que a nosa propia cultura desapareza.
Respecto a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos cando expresa que cada individuo ten dereito á súa lingua, pero no noso caso, xa que temos dereito a dúas, porque non nos fixamos un pouquiño na que é só nosa e que non compartimos con ninguén. É esta unha arma de dobre fío, xa que por un lado é un orgullo ter unha lingua propia, pero por outro temos que estar á altura e saber conservala, senón simplemente morre.
Zeltia Freire Álvarez
Pese a facer tan tarde o comentario deste texto, debo dicir que encontoume e peréceme moi importante a súa lectura e difusión en tódolos centros educativos e culturais.
ResponderEliminarTeresa Moure defende a diversidade de linguas nas escolas e favorece a súa elección sen impoñer ninguha, porque así é realmente como un gusta de aprender algo, sexan letras ou ciencias, a través da libre elección. As linguas son un pozo cheo de cultura e as escolas, nas que deben participar toda a comunidade, o centro no que promocionalas para non perder multitude de termos que, debido á globalización e á imposición de estilos de vida totalmente diferentes ó noso, están a desaparecer; estou de acordo con Iria en que deberíamos ir cos rapaces e cos castelánfalantes ó castro de Elviña ou ás pequenas aldeas a escoitar a riquísima variedade lingüística que existe na nosa terra. E creo que ese galego estándar que usan nas altas esferas públicas non se parece en nada o que falaban os nosos avós e o que se fala na rúa hoxe en día, senón que é unha forma castelanizada que nada ten que ver coa orixinal.
Temos que loitar pola supervivencia das linguas do planeta, porque é a nosa cultura. Non podemos permitir que no 2100 case o 90% das linguas faladas hoxe deixen de existir e só se empreguen na escrita, porque eso suporá o fin de moitas cousas que coñecemos. Deixémonos de loitas sobre o prestixio entre ser unha lingua e un dialecto e unámonos para conseguir a súa supervivencia para sempre.
Despois de tantos comentarios, pareceme que non hai moito máis que engadir. Eu xa leera o libro de Ecolingüistica que fala sobre o mesmo tema. O igual que o libro, o texto pareceume moi interesante cando acabas de leelo non podes facer outra cousa que reflexionae. Moure ten toda a razón cando di (video que deixou cecilia) que a globalización do inglés non é para que a xente teña mellor condicións de vida e que poida aspirar mas alto, senon que a finalidade desta globalización é a de que a xente poida consumir calquera tipo de producto na lingua universal dos cartos.
ResponderEliminarComo dixo Tamara, a nós metéronnos o inglés mais outros idiomas na educación como algo positivo... certo é que coñecer outras linguas supón unha riqueza, sempre e cando non se menosprecien outras, como é o que esta a pasar co galego.
¿E iso de que o galego pertence as linguas moribundas no libro da UNESCO? eso si que me sorprendeu, pareceme un tanto alarmante demais, segundo o meu punto de vista, pasamos por unha época complicada pero non creo que se considere coma moribunda... polo menos en Galiza non dá esa sensación.
Como dixo Teresa Moure, e apuntaron ben os meus compañeiros, cada lingua ten detrás unha sociedade, unha forma de ver a realidade, que vaise perder ca imposta globalización que estamos a sufrir.
Eu a modo de conclusión (xa que debo ser unha das últimas en comentar este texto) quedaríame con catro interesantes ideas:
ResponderEliminar1) Mcdonaldización (Define moi bén a obsesión polas linguas compitenciais).
2) A culpabilización dos lingüistas (como dín a maioria dos compañeiros: Moi valente a postura de Moure, pero tamén moi reveladora de que a situación se cadra podería ser outra se tempo atrás os profesionáis da lingua houbesen tomado conciencia da súa labor como investigadores. (Boísima por certo a analoxía zoolóxica). Eu tamén pensaba que os lingüistas ocupábanse só do estudo da gramática.
3) A creación da D.U.D.L (ainda que sexa eurocéntrica), como din os compañeiros "algo é algo".
4)A errada apreciación da UNESCO sobre que o galego sexa unha lingua moribunda. Coincido plenamente co que di a compañeira Fatima Fernández, creo que T. Moure, na súa
pretensión de facernos despertar, o que consegue é que a sintamos catastrofista.
Un comentario final: E verdade que o inglés é claramente a lingua invasora, pero tampoco está ben quitarlle méritos. Ainda que é certo que é vendida como a lingua esperanto, e xa estamos a comprobar que non é para tanto, si é verdade que é unha lingua que facilita á vida en cando viaxamos fora das nosas fronteiras facéndonos mais doado o entendendemento con xente doutros lugares da terra, que de outro xeito resultaría ben máis complicado.
Patricia F.R.
En canto o texto de Teresa Moure estou completamente de acordo co que nos di, a vez que creo que é un texto moi interesante e nos deixa ver moitos dos aspectos que se esconden detrás da lingua.
ResponderEliminarPara comezar, quedei moi sorprendida ca infinidade de linguas que existen e das que eu non tiña ningún tipo de coñecemento a pesar de que se atopan, algunha delas, con un gran número de falantes.
Considero moi significativo a similitude que fai Teresa Moure das linguas con aprender as capitais de África, xa que creo que todos en algún momento da nosa etapa educativa nos dixeron a frase que ela señala.
Estou completamente de acordo que desde nenos se nos inculca a idea de,un país unha lingua, pero que non nos damos conta de que en moitos países existe máis de unha. Non concibo como os propios políticos e na política, na meirande parte dos casos, non defenden a diversidade das linguas xa que, desde o meu punto de vista considero que enriquece a un país culturalmente e polo tanto, deberían sentirse orgullosos de poder posuír máis de un idioma ou lingua.
Si todos falásemos o mesmo idioma perderiamos moitos aspectos que fan a un país ou a un colectivo diferente do resto. Pero diferenza no sentido positivo e non no negativo xa que tendemos a pensar que diferente é igual a negativo. Poñámonos no caso de que o galego desaparecese, como podíamos explicar que significa a morriña os nosos descendentes? Non podíamos explicarlle que significa xa que está palabra so ten sentido no galego.
Estou de acordo con Teresa Moure, de que a lingua tamén é unha cuestión de moda. Hoxe en día todo o mundo quere saber falar inglés e si o sabes falar parece xa que dominas o mundo. Temos a concepción de que hai que saber falar en inglés xa que é un idioma que coñece todo o mundo; atópaste con un inglés falas en inglés, atópaste con un francés falas en inglés, atópaste con un chino falas en inglés...Da a sensación de que hoxe en día todo o mundo ten abriga de saber dominar a lingua inglesa, pero é que pasa cos ingleses? A caso eles non teñen a obriga de saber francés si van a Francia ? pois parece que no, xa que os franceses xa saben falar inglés.
por último, no caso concreto de España, creo que deberiamos ter un maior interese por fomentar os diferentes idiomas que se falan, xa que o coñecemento de idiomas é riqueza cultural(inda que parece ser que cos nosos propios do país non é así) e xa que temos esa ventaxa deberiamos aprobeitala e explotala.
É un texto moi interesante, como todos din. Pero en primeiro lugar quero dar a enhoraboa a Iria Domínguez (aínda que a estas alturas seguramente non se entere..) polo seus comentarios, o certo é que lelos foi coma unha extensión do texto de Teresa, creo que tes toda a razón e espero algún día poder darlles aos meus alumnos textos de Iria Domínguez. O certo é que non sei que dicir despois de lelos, está todo dito e eu non son capaz de aportar nada máis novo. Así como tamén me resultou interesante o de Cesar. Como din, e como di Teresa, a realidade lingüística non está presente case nunca no proceso de aprendizaxe da maioría da xente, eu incluída, e estoume dando conta de moitas cousas. Antes defendía o galego, pero non tiña ideas tan claras que textos como este me aportaron. Demóstranos feitos que descoñecemos, só por non adicarnos a este campo profesionalmente (nótase escoitando as palabras de Iria e Cesar, que si están ao tanto de todo e máis). Neste aspecto penso que temos gran parte de culpa aqueles que, aínda que moitos apoiamos estas ideas, non as investigamos a fondo e non nos interesamos por profundizar no tema, co que non somos realmente conscientes do que estamos defendendo. Menos mal que se mostran ocasións para cambiar.
ResponderEliminarEu persoalmente, falo galego dende sempre, toda a miña familia o fala, sen embargo recoñezo que non me esforzo en perfeccionalo, falo como me sae, como falei toda a vida sen molestarme en intentar mellorar, castrapeo a miúdo, falo como todos falamos na Mariña Lucense (asturianizado). Como di Iria defendo moito pero non me esforzo no que realmente supón un traballo para min, aínda que en parte tamén digo que me sinto moi rara intentando falar correctamente, non me sinto eu.
O texto interesoume moito no sentido de que che demostra claramente a influencia (agochada) que teñen as linguas á hora de manipularnos por parte das élites. Dende logo cada día que pasa descubro algo novo a través do que me comen a cabeza, non me podo crer que sabendo a riqueza que aportan as linguas e o gran número delas que existen poda haber xente que renuncie a eses coñecementos, conscientemente. Como en todos os aspectos da vida, non vamos a ningún sitio. Tendo en conta o panorama, gustaríame que Teresa fixera tamén mención a como vamos recuperar a esas linguas minoritarias e facer que o inglés non só se pare de expandir, senón que diminúa. Eu vexoo como algo moi difícil de recuperar a estas alturas, espero que os novos lingüistas sigades os consellos tanto de Teresa como de Iria e divulguedes a realidade; todos deberíamos facer o posible por axudar.
Do texto chamoume a atención cousas como que , cando a gramática do español estaba consolidada a do italiano estaba nacendo. Ou que a do italiano naceu ó tempo que a do euskera. Tamén o feito de que a existencia dos tempos verbais é relativamente rara no mundo, cando nós non somos capaces de imaxinar unha lingua sen eles. Tamnén pareceume interesante a diferencia que fai sobre o dialecto e unha lengua.
ResponderEliminarO texto deume a coñecer que hai fundacións como a Wolkswagen ou a Ford que apoian as linguas ameazadas.
Paréceme tamén importante, o aspecto de que hai que potenciar a transmisión da lengua de xeración en xeración, aínda que non sexa o galego normativo, iso é o que axuda tamén a que a lingua non morra.
Este texto resulta de una relevancia tremenda, ya que pone de relieve que la importancia la idoneidad de unas lenguas respecto de otras no es más que una falacia inventada por los sistemas culturales de occidente para auto-promocionarse y denostar a las lenguas que no interesa que sean oídas. Se trata de que entendamos que no hay ni una manera cuantitativa ni cualitativa de decir que un lenguaje es mejor que otro, todos son igualmente válidos e importantes, ya que todos representan visiones del mundo. Al mira un objeto a través de un cubo, vemos el objeto reflejado a través de las múltiples aristas del cubo, y no diríamos que desde una arista se ve mejor el cubo que desde otra.
ResponderEliminars veces sorpéndome a min mesma pensando en cousas nas que nunca tiña reparado, e isto foi o que me aconteceu co texto de Teresa Moure. Parécenos que está todo tan ben artellado na nosa cabeza, que a realidade é só a que temos diante dos ollos, que non nos deixa ver máis aló. Eu, que estudei filoloxía, cústame chegar ás 10 linguas máis faladas no mundo e aínda así non sei se as acertaría todas!
ResponderEliminarNeste ilustrarivo artrigo Teresa bota luz donde antes para min había sombra, só chega con ler isto e xa parece que se abre un chisco máis a mente, porque por exemplo personalmente o das gramáticas non foi nada novo para min, mais si o do eurocentrismo na lingüística; nunca tiña reparado niso. Si no caso do galego sabía que a lingua é unha arma moi importante para os intereses do estado centralista do que forzadamente formamos parte (forzadamente par min), mais non era consciente de que nunca me tiñan falado de linguas de África ou América aínda que soubese moi ben as súas capitais.
Os lingüistas teñen que facer o seu labor e non simplemente ficar encerrados nun laboratorio como di a escritora, mais penso que nós como futuros formadores debemos, en pequenas doses e en consonancia coa materia que vaiamos impartir, asegurar a transmisión destes coñecementos para así demostrar que a lingua é patrimonio de todos. Porque por moito que pertenzamos a ámbitos ben distintos sabemos que TODOS falamos para nos comunicar, independentepente de que sexamos filólogos, arquitectos ou matemáticos. Entón se queremos ser xustos e facer que as cousas funcionen como deberían ter funcionado xa fai moito tempo, tentemos facer un exercicio de elasticidade coa mente para que así poidan saír os prexuízos que tanto levan estragado e poida entrar o coñecemento verdadeiro baseado en verdades e realidades non en mentiras e argúcias intereseiras promovidas por unhas cuantas clases dirixentes e aínda por riba, ignorantes en canto á situación do país se refira (Galiza).
Ah, é marabilloso ver como compañeiros que falan castelán a cotío non lle treme o pulso á hora de escribir en galego, eu só os animo agora a que den o paso e se poñan a falalo!! ÁNIMO!!