Ola. Bieito Silva Valdivia describe moi ben no seu artigo como é e era a situación de Galicia en canto ao ensino en relación coas linguas.
Estou totalmente dacordo con el. Por un lado, como di el, a lingua inflúe na escola e a escola na lingua. Ademáis, ésta é un saber necesario e debe ser garantido pola comunidade educativa xa que é un instrumento de comunicación social, que vai acompañado por una historia e unha cultura propia do país ao que pertence.
Pareceme moi interesante o feito de que as linguas que se estuden sexan opcións que se elixen politicamente e isto non favorece en ningún caso a conseguir unha gran diversidade lingüística en ningún lugar do mundo.
Por outro lado, pareceme moi importante saber que ata o 2004 non se fixo un Plan Xeral de política lingüística, e só había un conxunto de medidas que estaban asentadas nun bilingüismo difuso.
Na miña opinión o modelo lingüístico para garantir o galego, que existía dende había máis de 25 anos, tiña varias medidas positivas, como non separar os alumnos por razón de lingua, que puideran recibir o ensino na súa lingua materna ou planificar o número de asignaturas que debían estar en galego ou en castelán.
Finalmente, podemos dicir que foron importantes algunas das medidas que se levaron a cabo aínda que se poden mellorar. A lingua galega asentouse na administración, superando moitos prexuizos contra a nosa lingua e equiparouse educativamente tanto o galego, o castelán como as linguas estranxeiras.
O texto trata moitos temas interesantes dentro da cuestión "Lingua na escola".
Interésame especialmente o termo de "liberdade lingüística", por parecer case unha utopía.
Semella que ó longo dos últimos anos o ensino tentou ser políticamente correcto, fomentar un bilingüismo que remata por cumplirse a nivel administrativo, pero que non acaba de ter contento a ninguén: os centros non están suficientemente preparados ou implicados, nesta nova xeración auméntase a complicación por querer incluir linguas estranxeiras... Se na miña xeración non se solucionou un problema de diglose clara, pregúntome como van acadar esa "excelencia" plurilingüe os alumnos actuais, creo que o problema é unha base da articulación entre o ensino e os intereses sociopolíticos á hora de establecer prioridades e tempos na educación das linguas.
En primeiro lugar, comparto co autor que entre escola e lingua hai unha relación mutua, e que esta relación non so abarca cuestións educativas, senón que tamén cuestións socias, porque como xa sabemos, a lingua é cultura, e detrás de cada lingua hai unha historia e un pobo que a fala e se identifica con ela. Pero todos estes valores, para os gobernos, que son os que ditan as leis, non teñen ningunha importancia. É triste saber que ata o ano 2004 non houbo ningún modelo lingüístico para o sistema educativo galego, e vendo que as medidas que se tomaban eran pouco comprometidas, ¿por qué non se facía moito máis?, ¿ de verdade se pretendía un ensino bilingüe?. Isto a min faime pensar que non, e desde o ano 1983 que se promulgou a Lei de Normalización Lingüística pasaron moitos anos, anos perdidos. Todos os decretos que se formularon tiñan o obxectivo de conseguir un ensino bilingüe, pero parece que o único que se conseguiu con eles foi poñer límites á lingua minorizada. Ademais, como se di no texto, so cunha presenza escolar semellante do galego e do castelán non se pode ter unha auténtica competencia bilingüe, xa que depende de outros aspectos socias. De nada vale que un número de materias se imparta en galego se despois na casa fálase sempre en castelán, cos amigos falase castelán, nas actividades extraescolares fálase castelán... Chama a atención que, a pesar de todo, froito da lexislación existente, se conseguise asentar o galego en tarefas administrativas e que moitos dos prexuízos contra o galego se fosen superando. Outro tema importante, e que xorde como demanda do mundo actual, é o plurilingüismo. Penso que todos estaremos de acordo que hoxe en día é necesario o coñecemento dunha lingua estranxeira para movernos polo mundo, pero claro, o problema está en como o conseguimos. A min parécenme moi razoables os criterios básicos de Bieito Silva para un modelo lingüístico escolar orientado ó plurilingüismo e tamén penso que se pode ser plurilingüe desde unha lingua minoritaria, pero creo que aínda hai moito camiño por percorrer.
Despois da lectura de este artigo, creo que teño moito máis clara cal é a situación do galego dentro da escola, e cal foi o seu percorrido ata chegares ao panorama actual.
Polo propio título do artigo, podemos adiviña-la importancia da escola como instrumento de modificación de hábitos, ainda que, segundo o autor, esta foi diminuindo nos últimos anos. Por iso é clave coñecer a maneira de abordar a ensinanza do galego pero non illadamente, senon en relación co resto de competencias idiomáticas.
Silva Valdivia fálanos do relativamente recente que é o marco normativo lingüístico no que ao ensino se refire, polo que parece razoable que as distintas e sucesivas aproximacións que se veñen facendo para equiparar os niveis de competencia en lingua galega e castelá, non sexan todo o eficaces que desexaríamos. Non hai unha tradición-como dicía a profesora na clase-normativa que veña de lonxe polo que as experiencias resultan menos efectivas. Desta maneira podemos entender, que ainda que se obrigase a impartir certa cantidade de materias en galego, todos vivimos a heteroxeneidade de tratamento que se lle dou a esta medida: no meu caso, en COU solo tiña lingua galega e matemáticas en galego, e no último caso, penso que era porque o profesor era galegofalante e non porque se sentira obrigado a cumprir ningunha norma. Como non houbo ningún tipo de control sobre o que a lei prescribía, o seu cumprimento quedou en mans xa non dos centros, senon do compromiso persoal dos docentes. Como o autor nos dí, foi unha medida propia dun bilingüismo difuso.
Por outra banda, atopamos que non todas as linguas son percibidas polos falantes ou aprendices da mesma maneira, e como di Bieito Silva, non todas teñen o mesmo estatus social. Estou dacordo co autor, en que este é un dos temas principais a abordar no ensino por tratarse sen dúbida dun prexuízo profundamente enraizado na nosa cultura. Penso que só eliminando este complexo de inferioridade poderemos avanzar no coñecemento e uso da nosa lingua.
Penso tamén como Silva Valdivia que o futuro do galego está ligado á súa condición de lingua primeira, xa que, o uso do castelán está máis que garantido para os alumnos en contextos extraescolares. Non ten sentido intentar igualar o nivel de competencia entre as dúas linguas tratándoas da mesma forma, posto que unha parte en clara desvantaxe.
Incide tamén nun aspecto primordial que é que os referentes teñen que ser de calidade. Deste xeito, os docentes, xornalistas, políticos, etc e todos aqueles que fagan uso público de galego, deben estar ben formados e usalo correctamente. Non é por tanto só un tema de cantidade senón tamén de calidade e ao mesmo tempo non é só un problema dos aprendices senon da lingua modelo e de quen a transmite.
Outro tema que creo que merece ser resaltado é o de que cómpre superarmos o debate do bilingüismo para adentrarnos no plurilingüismo e elaborar estratexias comúns e coordinadas para aborda-la aprendizaxe das distintas linguas na escola, xa que, ainda que teñen características moi distintas hai outras que si poden ser extrapolables de unha a outra.
Silva Valdivia, ademáis de explicar con claridade en que modelos se basearon a diferentes etapas da vida do galego na escola, fai unha proposta de estratexias e modelos que segundo él deberían seguirse no futuro para garantir o coñecemento e polo tanto a supervivencia do galego nos distintos ámbitos.
Ola! Estou de acordo con mis compañeiros, só quería facer dous apuntamentos que me parecen moi interesantes: 1. Que na primeira idadade dos nenos nas escolas se fale a lingua materna da maioria deles. E non o contrario, de ese xeito fomentariamolo bilingüismo. É unha realidade, cando un dos pais do neno fala frances ou aleman, vese normal que o neno na casa desde pequeno escoite ese outro idioma para aprendelo xa que fora da casa escoitará o do seu pais. Sin embargo co noso idioma na escola facemolo ó reves.
2. O punto donde dín que a galeguización da vida académica foi mais cativa do que a propia lexislación permitía. Eu recordo de toda a miña etapa educativa os mestres dicindo "comprade o libro en galego pero eu vou falar castelán" ou outros dicindo "esta clase debería facela en galego pero somos maiores para que cada un fale o que queira" e cousas polo estilo. De maneira que xa os propios mestres, non cumprían coa lexislación e inculcabanos máis prexuizos.
Tamén é do máis interesante os resultados que fai tras 25 anos de lexislación.
Paréceme interesante o apuntamento que fai Bieito Silva, e coincido con él en que é moi importante o ensino das linguas na primeira etapa da escolarización dos nenos. Un neno que aprenda a falar en galego, seguirao falando sen problema mentres que se únicamente fala castelán terá máis dificultades á hora de expresarse en galego cando sexa adulto.
Por outra banda,como él comenta a pesar de que a lexislación lingüistica estableza un número de materias que se teñan que impartir en lingua galega, existen moitos profesores que non teñen un bó coñecemento do galego. Eu recordo,cando estudaba 2 de bacharelato a mestra de historia impartía as clases en galego (un galego con castelanismos e con erros na construcción das frases).Na correción dos exámes, ademáis de correxir os contidos da súa materia, correxía formas galegas que ó seu parecer, non eran correctas.Así pois, era moi normal atoparse cun "á" (referido a contracción) tachado e moitas outras palabras que dende o seu punto de vista estaban mal expresadas en galego. Deste xeito,moitas persoas se tiñan dúbidas na construcción dunha palabra ou frase,ó ver a forma errónea feita pola propia mestra,quedaban cun termo incorrecto.
Finalmente e con relación a expresion do autor "o uso que fai a mocidade do galego e cada vez máis minoritario" penso que as estatísticas dependerán da zona.Así pois, en Coruña cidade sempre se falou (e cústame pensar que isto mudará) o castelán como lingua maioritaria, noutros lugares de galiza as persoas exprésanse maioritariamente en galego, pero coincido co autor en que, en termos xerais si que descendeu o número de galego falantes entre a mocidade.
Sen dúbida o que máis me estaba a reconcomer mentres que lía o artigo era o tema que menciona a miña compañeira Sandra, a competencia lingüística dos profesores. Lía e lía e non falaban diso por ningures. Cando entran a considerar a lingua estranxeira é cando se menciona por primeira vez o tema. O cal me pareciu terrorífico. E por fin ó final do texto o din. É necesaria unha boa compentencia en galego por parte dos profesores. Case ó final. Como algo accesorio e adicional. Eu poñeríao ó principio.
Que os rapaces aprendan galego, si, pero que modelo de lingua lles imos ofrecer? O da profesora de historia de Sandra? E tamén o da miña, e supoño que o da de moitos máis.
Éncheselle a boca ó goberno co multilingüismo, plurilingüismo, inglés, inglés, aprender inglés, que haxa profesores de matemáticas e física en inglés. E logo profesores de matemáticas e física en galego? Pero galego de verdade. E que lles importe.
Porque con toda a lexislación, o único que fan é, ou ben non cumprila, ou cumprila a regañadentes. Cren que dan a clase en "galego" e xa zafan. Non se cuestionan se o falan ben ou se quizais deberían dar un cursillo. Porque para eles a calidade do idioma é o de menos. Hai que zafar.
E así tanto ten que che dean o 30% das materias en galego, o 50% ou o 100%, porque non che axudan a aprenderes. Se non se regulariza o coidado deses acementos, é escusado que se regularice a construción do resto do edificio.
Empezar comentando que el texto me parece realmente adecuado como complemento a la lectura anterior de Teresa Moure, ya que empieza exactamente donde ella lo deja: “A escola pode rescatar a importancia da diversidade…”.
Se nos explica con datos reales como la escuela está consiguiendo o dejando de cumplir este objetivo en el caso gallego. Y es aquí donde han aparecido algunos datos que me han llamado la atención; sobre todo en el apartado de balance de resultados. El primero es que la manera de averiguar si la lengua gallega está calando en los individuos se basa principalmente en cuestionarios sobre autopercepción, lo cual no deja de ser creo yo una parte muy pequeña de todo lo que se podría analizar e investigar. Dejando aparte el hecho de que las personas pueden no decir toda la verdad en este tipo de encuestas; creo que a veces el propio individuo no es consciente de su realidad al cien por cien y puede dar respuestas que no se ajustan a su vida real.
Y después un dato, que no es que me ha llamado la atención a mí en si mismo sino el hecho de que el autor lo extraiga como consecuencia después de una gran cantidad de información cuando para mí ya es algo con lo que se debe contar antes incluso de formalizar las bases de cómo se va a introducir una lengua en las escuelas: la teoría del cumplimiento de los mínimos. Para mí aparece de manera obvia que el individuo tiende a coger siempre el camino más corto y fácil en todo, va en nuestra naturaleza misma (y en especial en la de este país); por eso es de este hecho de donde se debería sacar la conclusión más importante. Si damos facilidades para no trabajar en la incorporación de una lengua que se está perdiendo; la lengua se perderá. Lo que se debe hacer es imponer unas normas más exhaustivas para que la que este en situación desfavorable pueda adecuarse a la que parece sana y tiene más protagonismo en la situación actual. Así que no es solo en la escuela donde tenemos que decir que algo falla; también en la legislación que tiene que darse cuenta que solo con buenas intenciones no se llega a ningún lado.
Y por último otra cosa con la que estoy totalmente de acuerdo: no puede recaer en la escuela toda la responsabilidad de transmisión y recuperación de la lengua; se deben proponer otros espacios y situaciones en que el uso se haga de manera informal y más rica y natural. Claro que en la escuela deben enseñar los fundamentos sintácticos, fonéticos, gramaticales,… pero es fuera en otros contextos donde las personas deben encontrar el gusto de hablarlas, de disfrutarlas, y eso a mi forma de ver es algo que está por resolver.
Básicamente estou dacordo co autor e cos meus compañeiros. Bieito Silva danos un paseo pola nosa recenté historia co galego na escola e clarifica a súa situación actual.
Está clara a importancia do ensino de novas linguas nas primeiras etapas da vida e a facilidade con que os nenos asimilan as novas estructuras. Por iso creo que pilar fundamental do ensino do galego debe estar nos primeiros anos de escolarización. Que o neno senta, ainda que non o óia na casa, que o galego forma parte de forma natural da súa vida. Se non se consegue isto, por moitos esforzos que se fagan nos nivéis superiores o rapaz vaino rechazar porque lle vai supor un esforzó extra.
Aprender una lingua sen poñela en práctica nun contexto real non ten sentido, por iso considero moi acertada a puntualización do autor ó dicir que o galego debe traballarse en distintas materias do ensino.or outra banda, o castelán é a lingua maioritaria e ningún rapaz vai ter problemas de dominio da mesma, pero tamén se debe traballar.
En referencia á política educativa neste país pensó que foi un proceso de adaptación ás distintas realidades que se iban detectando, pero dunha maneira branda. Os distintos decretos que se foron aprobando tiñan que ser cumpridos e a inspección educativa tiña que por todo-los medios o seu alcance para facela cumprir. E iso fallou.
O gran logro foi a institucionalización do galego na administración. Con iso conseguiuse elevar o galego a un uso nobre, axudando a que desaparecerá o prexuizo de lingua da aldea.
Atopar o equilibrio do linguismo na ensinanza non é tarefa fácil, pero penso que ise traballo ten que estar baseado no dereito do propio neno a coñecer e poderse manexar perfectamente nas línguas oficiáis da súa terra, a coñecer cales son os seus orixes e a cultura do seu pobo ( para o que é necesario o uso da lingua galega),e a coller as habilidades necesarias nunha língua estranxeira que lle permitan interactuar con xentes que falen o idioma dos países económicamente fortes.
Para rematar, eu propoñería un sistema que fose maioritariamente galego no inicio escolar, e os poucos chegar un equilibrio co castelán e con outra lingua estranxeira conforme se avanza nos cursos. Deste xeito, o galego sempre sería o idioma de referencia para o cativo, pero o mesmo tempo se lle amosaría a realidade, de tal forma que a escola fora un reflecto da sociedade.
É que o están a facer tan mal... Tan mal que o único que chega aos nosos ouvidos é isto. Podo dicir abertamente que este texto non me aportou nada porque estou xa bastante afeita a ler o mesmo unha e outra vez. E por extensión podo dicir que tampouco lle aportou nada ao galego, polo menos en canto á miña persoa se refire. Lamentos, lamentos, lamentos. Suxestión, suxestión, suxestión. “É que non tes conciencia?” – dinche – “O galego está a morrer. É un idioma menosprezado, case ninguén o fala xa!” E en qué o beneficia que se repita isto unha e outra vez? Qué mal o venden... e mira que é bonito. Se estás a repetir unha e outra vez que o galego non o fala ninguén estou segura que a xente que te oe non ten máis ca ganas de falalo... Claro. Porqué non me contas o que ten de bo? Se amas o galego porqué non pensas mellor cómo ensinarllo ao mundo? Eu son castelánfalante e o amor que eu poida ter polo galego venme dos libros. Dos libros e da terra, pero dende logo non de señores coma este. Señor Bieito, escriba novela, compoña música, actúe. Ensine vostede porqué deberiamos falar o galego se é iso o que deberiamos facer. Os galegos de hoxe falamos castelán. É ben certo, déalle as grazas aos reis católicos, a franco, a quen queira. É a lingua nai de moitos de nós. Iso non quere dicir que non nos guste o galego, non ten nada que ver. Gústanos o galego, o inglés, o francés, e ata o suahili. A diversidade gústanos pero que eu aprenda suahili non quere dicir que o vaia falar na casa. É o mesmo pero non é o mesmo, xa sei. O galego, di Bieito, debe ser a lingua primeira e principal do currículo. Pero para a xente que non ten máis contacto con el que na escola este punto de vista resulta radical, sobre todo se non se lle pregunta ao respecto. É que non é culpa dos galegos. Xa lle dixen a quén lle había botar a culpa. Arrastramos a historia canda nós. Xa non temos contacto co galego a pesar de que é o noso maior signo de identidade. Sería perfecto arranxar a situación pero non o van facer así: non poñade lo tellado antes que a casa, Bieitos e Bieitas. Primeiro teredes que convencer aos galegos de que queiran estudar en galego. Cómo facedes iso? Haberá que modernizarse un pouco. Cómo aprenden linguas os rapaces de hoxe? Co cine, cos videoxogos, coas redes sociais, cos bos libros (que deses temos moitos), coa música... Non gastedes máis cartos en campañas publicitarias ridículas que só saben repetir “fala galego” e “o galego morre”. Iso só nos fai sentir culpables, a ninguén lle gusta que lle repitan as cousas que fai mal unha e outra vez. Gasta o presuposto en promover máis, moitos máis concursos literarios en galego. Fai chegar os libros á xente. Promove os grupos de música en galego. Todo tipo de música, non só a tradicional, que os xoves escoitamos rock, non muiñeiras... Sinto non estar de acordo con Bieito. Gústame o galego, é precioso, é sonoro, ten moitas cores. Pero non é a miña lingua nai nin de lonxe. Crea contacto entre a xente nova e o galego pero faino da forma que funciona. E deixa de rosmar que iso si que non sirve para nada.
Lin este artigo de Bieito Silva detenidamente, parándome nos puntos sinalados polo autor. Toca moitos temas relacionados coa lingua cunha ampla problemática social en Galicia, e como eu non son nin sociolingüista, nin pedagogo e non entendo nada ou casi nada desas materias, vou dar a miña opinión, que igual é absurda, pois para min a cuestión da lingua galega é unha cousa de sentimento, de identidade.
Penso que a educación en dúas linguas á vez, da forma que está plantexada en Galicia non vale, podería estar ben cando a xente ten unha actitude positiva cara esas dúas linguas, por exemplo o caso dun estudante de Burgos escolarizado en castelán e inglés. Mais en Galicia está sendo un desastre polo desprestixio que ten entre moitos galegos a súa lingua nai e sobre todo o pasotismo que hai.
Coido que o problema e noso, da sociedade, nin sequera dos políticos de partidos estatais que gobernan como partidos nacionalista-estatais, pois, e retomando o termo de “Ecolingüística” de Teresa Moure, a nivel estatal están máis preocupados pola pérdida de calquera cousa de España, por exemplo o lince ibérico (que está ben que sexa así), que pola riqueza idiomática do estado. Repito o problema é noso, nin sequera dos políticos dos partidos estatais que nos gobernan e que están claramente a favor da desaparición paseniña do galego. Por tanto se nós como sociedade non queremos protexer o galego e esiximos esa protección así como a aprendizaxe dos nosos fillos na nosa lingua, os que nos gobernan pásaran, irán facendo leis en contra do galego, e éste desaparecerá. Se trocáramos a forma de pensarmos, iríamos cara unha escolarización integra en galego, que é o que tiña que ser.
Teño dous primos cataláns, un deles vai ingresar na Universidade para o ano, a súa escolarización dende infantil foi sempre integra en catalán, 100% catalán, estudaron inglés e castelán con clases prácticas e de desenrolo desas linguas, hoxe son catalán falantes 100 %, en todas as facetas da súa vida, pero falán e escriben perfectamente en castelán e inglés. Pero claro, estamos a falar doutro país e doutra sociedade. Ónde está o problema en Galicia?. O problema é sempre noso da sociedade.
O castelán vampiriza pouco a pouco ó galego, e nas escolas bilingües non se consegue avance ningún, ou tan só poucos avances. Si, os galegofalantes dominan as dúas linguas e algúns castelanfalantes tamén, pero non se trata diso, penso eu, do que realmente se trata é de que o galego domine totalmente o noso mundo, as nosas relacións sociais dentro de Galicia.
Por outra parte, o artigo quédase antigo, pois parece escrito na época en que gobernaba o bipartito, e xa temos un novo goberno na Xunta, o cal está a facer unha política que favorece o retroceso da lingua galega, incluso máis que cando gobernaba Fraga.
Hai cousas que se fixeron ben nestes vintecinco anos, e o galego gañou terreo nalgúns ámbitos, pero se o retroceso no uso nas xeracións vindeiras é notable, entón é que camiñamos cara o desastre total. Para min a educación tiña que ser 100 % en galego, non podes dar as matemáticas en castelán e a historia en galego, tes que manexarte e encher a túa cabeza coas dúas materias na túa lingua. E o digo eu que me custa moitísimo falar galego nun ámbito castelanfalante.
Por certo estou de acordo co que di Lara Edreira. Temos que recuperar aos castelanfalantes e castrapofalantes, entre os que me atopo eu, que si temos actitudes positivas cara o galego. E este artigo de Bieito Silva, parece un pouco o de sempre, o que dicía Goretti, o da "Gaivota chorona".
Ben, remato xa. Como dicía non son socilingüista, nin pedagogo, a miña e unha opinión de sentimento.
Ulas xentes durmidas de Galicia. Despertade xa, ou.
Canta, canta razón ten Lara Edreira. Abraiada quedei coa sinceridade do comentario. A experiencia que temos de cara á lingua non é exactamente a mesma, mais si tan semellante que as consecuencias veñen sendo as mesmas. A min preguntáronme hai uns meses cal era a mellor maneira de facer que os estranxeiros queiran achegarse ao galego e aínda estou tentando dar cunha proposta efectiva. Durante a primeira parte do texto eu tiven a mesma sensación que Lara (xa lin isto centos de veces). Porén, de cara ao final, cando expón os fundamentos do ensino plurilingüe en Galicia, paréceme unha proposta moi meditada, moi moderada e moi aberta cara as outras linguas, facendo fincapé no castelán e non no inglés, que é o lóxico (non me quero meter no tema de como se da bioloxía en inglés a uns alumnos aos que a bioloxía xa lles soa a alieníxena se a fan en galego ou castelán). Tamén menciona, se ben é breve, a cuestión do diferente estatus social de ambas linguas: sería iluso obviar a superioridade do castelán (ollo, estou a falar dun sentimento social que atopamos de feito na rúa, non estou a afirmar nada sobre as propiedades da lingua!) e isto mesmo lévao a considerar a necesidade de dar máis en galego, como unha especie de mecanismo compensatorio. Tamén pon en palabras algo que eu xa sabía mais que nunca me parara a verbalizar: dáse por suposto que as asignaturas que non son obrigatorias en galego deben ser en castelán. Nunca pensara que isto é unha tendencia asumida e seguramente en moitas ocasións non pensada. Por outra banda, gustaríame puntualizar outra cousa do comentario de Lara: é ben certo que apenas hai música moderna en galego, por non falar dos videoxogos, mais si que hai tele (comentei hai ben pouco o da tradución de pelis recentes), series autonómicas e estranxeiras, e literatura si que non falta. O facebook, rede social por excelencia, está dispoñible en galego, e o galego é un dos idiomas aos que máis se traduce o software libre. De feito a min sorprendeume o ben organizados que están e o nivel de criterio e corrección lingüística que teñen. E outra cousa máis, rosmar é deporte nacional ;)
Estou dacordo co autor do artigo en que a lingua e a escola teñen dependencia, e que ambas son necesarias para conseguir unha mellor comunicación oral e tamén social entre a comunidade escolar.
Arredor de vinte e cinco anos se tardou en asentar claramente o galego nas institucións públicas, nas administracións, nos medios de comunicación e no ensino (a metade das materias, como mínimo, se están a cursar na etapa obrigatoria). Paréceme importante destacar o apuntamento que fai Bieito co termo “ensino por contidos”, ensino no que se emprega unha lingua para falar na clase dunha asignatura non lingüística. Esto non sólo enriquece o léxico do alumnado, senón que tamén, como fai referencia o autor, a competencia entre o prfesorado tamén é maior.
Coa aparición na lexislación do uso de outras linguas extranxeiras de grande poder estase a ralentizar moito máis todo o que se conseguiu en tantos anos. É certo que a diversidade lingüística é necesaria hoxe en día, pero non nos olvidemos de que hai linguas que xa están aí dende antes, e que hai que seguir coidando, cando menos outros vintecinco anos máis.
Neste artigo, Bieito Silva, amósanos a situación da lingua galega na escola, facendo un percorrido polo pasado, o presente, e o futuro desexado. Introdúcenos na lectura amosándonos a relación entre o galego como lingua e a escola. Trátase dunha relación mutua e recíproca, onde por un lado a lingua representa un sistema de comunicación e polo outro, dentro da escola esíxennos aprender unhas determinadas linguas. Logo Bieito intenta dar resposta á pregunta ¿Qué pasa co galego no sistema educativo en Galicia? Para amosarnos isto, fainos un percorrido pola historia, facendo hincapé nas principais etapas do modelo lingüístico suliñadas coa Lei de Normalizacion Lingüística, e os Decretos 247/1995 e 124/2007. ¿Qué foi o que pasou no sistema educativo en Galicia ca lingua galega? Despois de moitos anos de ocultamento, non é ata o ano 1983 cando se crea a Lei de Normalización Lingüística (LNL) nembargantes é no ano 2004 cando se constrúe un modelo lingüístico para o sistema educativo. A LNL segue unhas liñas de actuación que ainda que hoxe foran modificadas nalgún termo, consérvase o seu espíritu orixinario. A grandes rasgos pódese resumir no seguinte: - Os rapaces non poden ser separados dentro do centro educativo por motivo da lingua. - Recoñécese o dereito dos nenos a recibir o primeiro ensino na súa lingua materna, os Decretos posteriores foron modificando este dereito dunha forma menos regurosa - Reclámase a presenza das dúas linguas oficiais de Galicia como instrumentos do currículo. Esto tamén foise modificando cos Decretos ata chegar a unha porcentaxe do 50% “como mínimo” para o caso da lingua galega. - ¿qué pasa co outro 50%?. Os centros educativos deberán facer unha planificación lingüística onde a guía será garantir que os rapaces acaden o bilingüismo. Hoxe en día xa non falamos so de bilingüismo senon de plurilingüismo. Bieito propón unha serie de criterios para acadalo nos centros educativos. Estes criterios pasan pola implicación da sociedade no seu conxunto ou por ter profesionais da ensinanza que sexan compententes, etc. O que semella que é de moita importancia é que a lingua galega teña unha condición de primeira lingua para garantir o seu futuro. A miña opinión sobre o tema está chea de dúbidas, creo que é moi complexo e moi difícil valorar se coas actuacións que se van facendo acándase bos resultados, e se estos quedan materializados nalgo. Creo que a principal rocha está en nos, na nosa percepción como galegos, e ata que non cambiemos a nosa mentalidade ningunha Lei ou Decreto poderá acadar nada serio. De que serve que falemos todos un galego perfecto na escola se ao saires dela non o volvemos empregar nin leer ou escoitar na radio, na prensa, nos bestsellers, no cine….
Lara ten toda a razón do mundo. Parece que se trata de concienciar á xente para que fale galego dicindo que hai que falalo, que blablabla.... Pero non se propicia realmente que a xente o fale. O de que o 50% de asignaturas nos colexios se de en galego non parece dar moitos resultados, xa que non se controla e moitos profesores dan a clase en español, ou como dixo Sandra, en un galego que non é galego. Na miña opinión estaría mellor que o 100% das asignaturas (agás a de Lingua e Literatura Española) fosen en galego. Porque din que algunhas teñen que ser en castelán "para garantir o coñecemento das dúas linguas oficiais", pero é evidente que os nenos xa están suficientemente en contacto có español gracias á televisión, música, películas, videoxogos... Así que non precisan realmente dar matemáticas ou historia en español para "alcanzar un alto nivel" nesa lingua. Pero en cambio se un neno castelánfalante tén todas as clases en galego sí poderá chegar a un bó nivel en as dúas linguas, xa que fora da escola non hai problemas para aprender español. Esto aplicaríase máis ben a nenos castelánfalantes, supoño, pero de todas formas ó ter xa unha asignatura de español suponse que xa van a aprendelo igual. Para que isto tivera sentido e funcionase, os profesores deberían cumprir co seu cometido e falar galego nas clases, non como fan hoxe en día, e para iso precisaríamos algún tipo de control ó principio, ata que a xente estivera concienciada. Por qué os cataláns están tan concienciados da necesidade de protexer a súa lingua e nos non só non o estamos, si non que ás veces incluso atacámola nosa? Ahí hai un problema que tense que solucionar, e só podemos facelo nós mesmos, empezando por cada un individualmente, mentres esto non pase, as leis pouco van a cambiar as cousas.
Todo iso está moi ben. Agora convence aos nenos para que queiran as clases en galego... O primeiro vai primeiro. O cambio ten que sair de dentro de nós pero alguén ten que comezar a cambia-lo chip xeral.
Eu cando estudaba en Santiago tiña unha compañeira de Vimianzo á cal un día outra compañeira lle comentou que falaba moi ben o castelán, e preuntoulle si o falaba na clase, ao cal a de Vimianzo respondeu que lle daba vergoña porque tiña dous compañeiros de Lugo que cando falaban castelán todo o mundo ríase deles(polo acento)
O ano pasado dinlle clase a un rapaz que ten familia en Vilalba,un día falándome da súa aldea,empregaba o galego para contarme cousas sobre a súa familia, entón eu pregunteille si falaba en galego cos amigos e compañeiros da escola,entón díxome que non, que lle daba vergoña porque os seus amigos ríanse de el. Non entendo como un pode avergonzarse por facer uso de algo que forma parte da entidade de un, será que vivimos nunha sociedade cobarde, que renuncia a un dereito recollido na Constitución e no Estatuto de Autonomía, e que forma parte da nosa cultura e da nosa historia.
O estudo dunha lingua non garante a adquisición da competencia da mesma. A competencia adquírese co seu uso en diferentes contextos comunicativos. O uso dunha lingua débese fomentar nas relacións con outros centros, nos documentos de réxime interno. O profesorado debe formarse na lingua para impartila dunha maneira axeitada. Tamén desempeñan un papel moi importante no fomento da lingua as organizacións en defensa do idioma,os sindicatos, as organizacións estudiantís.........
Paréceme un tema bastante complicado ao tratar aspectos sociolingüísticos, sempre complexos, pero vou intentar dar a miña opinión. Para empezar, dicir que estou de acordo co autor en que o galego sexa lingua principal do currículo, penso que debería ser preponderante nas primeira etapas, sobre todo ata os 6 anos, xusto cando son máis receptivos na aprendizaxe de idiomas, para poder ir regulando en niveis máis altos a convivencia con outros idiomas, pero sempre respetando un mínimo do 50%, precisamente a porcentaxe mínima que tente rescatar a unha lingua minorizada. E como apuntan os compañeiros, ¿con quen van practicar estes rapaces ao saír das aulas? O panorama está claro. Os pais destes nenos aos que queremos aprender un mínimo de galego sentíronse ofendidos por cuestións sociopolíticas, viron “excesivo” o contido do decreto de 2007, unha normativa de “bilingüismo ficticio” da non se chegou a vixiar o seu cumprimento e que, aínda por riba, “serviu para poñer límites á lingua minorizada”. A consecuencia é, por incrible que pareza, a radicalización dos pais de alumnos e dunha parte da sociedade. Respecto ao modelo plurilingüísta actual: como pode ser que se priorice a unha lingua foránea en detrimento dunha propia, oficial e minorizada? Onde queda A Carta Europea de Linguas Rexionais? Como di Telmo, saben que realmente non nos importa. Por outra banda o profesorado debería ter un mínimo de calidade e de formación no seu galego como para estar exercendo de referente da lingua. Preocúpase a sociedade galega por este tema? Claro que non. Ao feito de que os funcionarios non se lles mira con bos ollos nestes tempos, xúntaselle o feito de que falen galego nas aulas (imposto, claro), e como dicíamos os primeiros días da clase: ou son aldeáns ou radicais. Saquen conclusión e volta a cuestións sociopolíticas. Á falla de formación que subsiste baixo os prexuízos tamén lle temos que sumar a mensaxe de imposición que se trasladou á cidadanía, có que penso que será unha etapa complicada, pero estou moi de acordo con Lara Edreira, non podemos vivir sempre queixándonos de que si morro por esta esquina... que se morro pola outra. É coma na curta de “Historia tráxica cun final feliz”: o que queiras cambiar, cámbiao, pero faino xa, hoxe, independentemente do mundo que te rodea. As ideas da xente sempre cambiaron e seguiran a cambiar o mundo, pero só cando fican libres de prexuízos. Somos unha das xeracións con menos expectativas dende fai anos e, aínda así, entramos no xogo dos prexuízos impostos. O cambio está en cada un, ben dende unha visión de identidade, ben cultural, cada quen có seu.
Bieito Silva fainos unha extensa análise sobre a situación do galego na escola. Quen mais e que menos xa coñecemos esa situación. Posiblemente haxa xente que o viviu con normalidade, pero no meu caso o galego na escola estaba como escondido. Eu fun desa xeración que recibiu as clases de galego en castelán. Foi ao chegar ao bacharelato onde me atopei cun profesor que me amosou que o galego non mordía. Lembro que el foi á primeira persoa coa que falei en galego. Gustábanme as súas clases porque se vía cómo gozaba ensinando a súa lingua. Conto isto porque penso que é esencial que os profesores se sintan motivados e cómodos ensinando e deste modo conectarán moito máis co alumnado. Refírome ao que conta Silva das causas do “fracaso” que ten ou tivo a planificación lingüística nos centros. Así como na administración o galego non tivo problemas, na escola non tivo as axudas necesarias. Cando falaba do meu profesor, evidentemente el non tiña problemas co galego, pero moitos outros si, e a administración non fixo o suficiente para formalos. Deste modo moitos profesores decidiron “pasar” do tema, e ademais a administración tampouco facía un seguimento adecuado, penso que xa é bastante difícil motivar aos rapaces para aínda enriba facelo nunha lingua na que non se sintan cómodos. Penso que a administración debería ter feito una grande inversión neste tema. Sabendo que o galego é moi importante que se transmita na escola, estou de acordo co que comentou Lara, de que o galego ten que formar parte da vida cotiá, non so da escola. Penso que a xente non vai falar máis galego porque lle impartan tódalas materias nesa lingua. O galego ten que implantarse no tempo de lecer, nos libros, no cine, na música,… non hai subvencións da administración neste senso. Nos libros pode ser, pero non todo o mundo le ou ten tempo para facelo, sen embargo case todo o mundo ve a televisión, polo que non estaría de máis que fixeran televisión interesante para xente nova. E qué dicides do cine? Coido que a única película que vin no cine en galego foi “Sempre Xonxa”, de Chano Piñeiro, e foi no 1989. Posiblemente desde aquela houbo mais, pero eu non me decatei, falta de publicidade? Falta de promoción? Falta de inversión? Co ben que o estaban facendo co Xabarín Club! Está ben que haxa teóricos como Bieito silva que nos amosen a realidade, pero a postura do “hai que facer…” non vale para nada se non se actúa.
Este artigo de Bieito Silva seméllase á comparativa que tivemos que facer sobre a lectura dos tres decretos, un pouco máis clara e precisa. Comeza facendo unha exposición sobre a relación da lingua coa escola, para facer unha crítica do modelo lingüístico escolar en Galicia dende o pasado ata as perspectivas de futuro. Coincido con algún dos meus compañeiros en que a primeira etapa na educación dun neno é fundamental, así que creo convinte que xa desde o seu inicio na escola se acerque ao galego e se familiarice con el. Como xa apuntaron Telmo e Cíes, dende o meu punto de vista a educación obrigatoria en Galicia tería que ser en galego (desde sempre), agás lingua castelá e as linguas extranxeiras obviamente, de tal modo que non existirían os prexuízos negativos actuales. Iso significa a esixencia ós profesores o dominio do galego para poder trasmitilo correctamente. Mais isto non quere dicir que esté en contra do plurilingüismo, senón todo o contrario. Na sociedade actual, cómpre coñecer cantas máis linguas mellor para adaptarnos á realidade social do momento no que vivimos. Finalmente, estou totalmente dacordo con Lara no que ós lamentos de Bieito Silva se refire. É un texto un pouco pesimista, repetindo seguido que o galego non o fala ninguén, e con isto penso o que está facendo é que como non o fala nadie, aumenten os prexuízos do galego todavía máis.
Gustoume este artigo de Bieito Silva porque entra a valorar e a expoñer o que a priori se nos quere agochar.
Antes de nada quero dicir que os comentarios de este artigo son uns dos mellores que lin, cada cal e insuperable, indagan en todos os puntos, en definitiva, vese temos conciencia do que está pasando.
Paréceme moi interesante a transcendencia social que implican todas as cuestións educativas, que levan sempre do brazo tomas de posturas sociopolíticas. Esto vai marcar a posición social dunha persoa dependendo do idioma que elixa, así como a identidade dunha comunidade en base a lingua falada. O longo de todas as clases que tivemos, e da análise dos decretos, desta lectura, dinme conta de que o que na miña opinión fallou neste sistema bilingüe foi a falta de compromiso das autoridades, tanto educativas, na administración, etc,, que en principio eran os responsables de facer que se levaran a cabo e se cumpriran estas leis. Houbo, na miña opinión, un excesivo "pasotismo" que levou todos istos plans a que non deran os froitos desexados. A lexislación está aí, agora so falta poñela en práctica. Fágome eco dunha frase de Telmo: hai que deixar de ser gaivota chorona.
Despois de ler os comentarios de tod@s fiquei un pouco confusa, é verdade que non merece a pena chorar, mais tamén é moi importante que a xente que non coñece realmente a situación que vive o galego que poida sabelo e poida tomar as súas propias decisións desde os datos verídicos e desde textos sociolingüísticos. Alguén comentou que para poder impartir as materias en galego, primeiro teñen que querer as crianzas, entón tamén elas poden decidir se queren aprender a sumar e como o queren aprender? Non parece que sexa moi lóxico, non? Se cadra o problema é que as crianzas se escolarizan na lingua materna da maioría, polo tanto hai algunhas que non teñen contacto co galego até que xa son algo maiorciñas, non sería mellor aproveitar que na etapa en que se escolarizan son como esponxas e poderían aprender todas as linguas que se lles quixesen ensinar? Se cadra, é polo principio da escolarización por onde hai que comezar e non polo final. A escola é o lugar onde as crianzas pasan máis tempo e polo tanto é un instrumento moi importante para conseguir que xente castelánfalante se inicie no galego e poida ter as mesmas competencias que en español, mais parece que como di o autor a escola funciona máis como unha ferramenta desgaleguizadora que galeguizadora, pois hai unha chea de crianzas que falan galego nas casas e despois de levar unha tempada na escola non llo escoitas falar máis, aínda que a familia si que o fale. Desde as institucións educativas e políticas nunca se atendeu a que realmente as persoas que remataran o ensino saíran coas competencias nas dúas linguas, pois hai moita xente que realizou en Galiza todos os anos da ensinanza e son incapaces de manter unha conversa en galego. Mais agora preténdese que haxa plurilingüismo, que se introduza unha terceira lingua, como non o inglés, e a pregunta é de onde van sacar profesorado que imparta filosofía ou matemáaticas en inglés? E no caso de telo, a que alumnado de bacharelato lles vas facer entender unha aula en inglés? Por outro, teño que comentar que estou totalmente de acordo co autor en que se pode ser multilingüe desde unha lingua “minorizada”, pois temos as mesmas cualidades de aprendizaxe lingüístico ca unha persoa que fale inglés ou francés.
Este artigo fai referencia a temas que xa tratamos na clase polo que non me resultou moi novedoso. Pola miña parte, igual ca moitos dos compañeiros, gustaríame destacar que, como se di no texto, a escola e a lingua están interrelacionadas. Isto paréceme básico. A escola exerce influenza sobre a lingua e viceversa, e penso que nós, coma futuros profesores debemos ser quenes de aproveitarnos desa influenza e de saber transmitirlles aos nosos alumnos a importancia de conservar a lingua e de saber empregar indistintamente unha ou outra. Chámame positivamente a atención, o feito de que xa na Lei de Normalización Lingüística de 1983 se estableza que os alumnos non poden ser separados por razón de lingua. Creo que esta “non segregación” é positiva xa que se elimina a posible segregación por outros motivos e porque ambos falantes poden enriquecerse mutuamente. En canto ás materias e ao número delas que deben impartirse en galego…non teño moi claro cómo de beneficioso resulta incluír ou non no curriculum a obrigatoriedade de impartir certas áreas en galego, xa que isto non garantiza que o profesor imparta a materia en galego. No meu caso, eu non vivín esta situación, posto que no meu colexio as materias que eran en galego impartíanse en galego, pero sei de persoas que recibían clase en castelán, aínda tendo os textos en galego. Pensó que incluílas no curriculum non é suficiente, debe concienciarse aos profesores da importancia e do por qué de impartir docencia en galego e tamén debe levarse a cabo un control de que isto se está a facer. Por último dicir que, coma sinala B. Silva no texto, é necesario habilitar outros espazos de uso do galego. Esto facilitaríase se concienciamos ás novas xeracións desde o inicio, espertando o gusto por comunicarse en galego non só naquelas materias nas que é “obrigatorio” senón tamén na súa vida cotiá.
Ola de novo, Este texto de Bieito Silva, e unha recapitulación das leis de ensino en Galicia. Bieito analiza a situación ata a lei do 2007, e comenta que ainda hai moito que facer. Bieito comeza por o feito de que toda educación ten fins políticos, e os currículos están dalgún xeito feitos para satisfacer os obxectivos dos que están no poder. O balance de todas e todas as medidas tomadas en Galicia, non e moi positivo, xa que a maioría das leis intentan igualar o Galego ao castelán sen decatarse que o galego está en desvantaxe social e necesitaría mais apoio. Bieito sinala aos Galego falantes non lles custa integrarse un ámbito de fala castelá, polo que a paridade que se pretende non tería por que ser tal.
Este texto resalta a evolución das distintas leis de intentar normalizar a lingua galega no ensino. Gustaríame resaltar o aspecto de utilizar a lingua materna predominante entre o alumnado en principio na Educación Infantil e no primeiro ciclo de Educación Primaria, e a partir do Decreto 124/2007 restrínxeo á Educación Infantil.
Eu como galegofalante, creo que cando antes che ensinen unha lingua, antes despertará a túa curiosidade ou antes te acostumarás a falar galego. Non quero que creades que estou a favor da imposición do galego ou algo polo estilo, pero creo que a igualdade de oportunidades no ensino nestes primeiros anos debería ser algo lóxico. Gustaríame recalcar o que di o autor, de que pese o esforzo de que como mínimo o 50% das clases fosen en galego, non tivera lugar un seguimento exhaustivo ou algún control de calidade para verificar o cumplimento da Lei, e no seu caso saber cales podrían ser as posibles sancións a aplicar.
E gustaríame que quede claro, por se non me explico coa suficente claridade,a igualdade de oportunidades para ambas linguas, e que cada quen fale a que queira, e volvo citar a Singala : "...Reinvindicar o propio, non supón desprestixiar os demáis.."
Paréceme interesante o percorrido que fai Bieito Silva sobre o modelo lingüístico escolar en Galicia ó longo destes anos. Parece, que a medida que avanzamos no tempo vanse incluíndo máis linguas, pasamos dun obxectivo bilingüe a un obxectivo trilingüe. A incorporación das diversas linguas ó ensino non debe poñer trabas á lingua propia do territorio, senón enriquecer ó individuo e favorecer a adquisición doutras aprendizaxes para responder ás demandas do mundo actual.
O problema reside en decidir en que momento se debe incorporar cada idioma como instrumento de currículo e no protagonismo que han de asumir no seu desenvolvemento, xa que a situación social e o papel das linguas na vida comunitaria é diferente. Hai que chegar a unha coordinación das linguas sen negar as súas diferenzas a través dunha mentalidade aberta á diversidade.
Para garantir o uso das linguas non abonda a clase de lingua, senón que cómpre habilitar outros espazos de uso. A marxe da escola, hoxe temos outros instrumentos de socialización ligados ao lecer e ás novas tecnoloxías. Estes instrumentos poderíanse introducir na escola para compaxinar os contidos das materias lingüísticas co emprego dese idioma noutros contextos. Sería unha forma de afianzar os contidos explicados na clase de lingua dun xeito máis doado e divertido.
Un dos problemas para levalo a cabo é que demanda un profesorado competente desde o punto de vista lingüístico e con habilidades para establecer o papel de cada idioma en cada momento.
Outro problema é que no modelo lingüístico escolar en Galicia só se cumpre o estritamente contemplado na lexislación, e moitas medidas non se contemplan.
Cada centro educativo debería gozar da liberdade para propoñer distintas actividades ou medidas para fomentar o uso das linguas máis desfavorecidas socialmente, pero está claro que este modelo baseado na liberdade de opción lingüística é utópico e podería desencadear na perigosa segregación dos centros. Por iso, é moi importante unha boa planificación da lexislación lingüística escolar.
Non quero ser redundante ó comentar este texto pero máis que facer un resumo do que se di intentareí aportar algun pensamento e algunha idea propia que se me ocurriron ó ler o texto frente ás xa ''vellas'' que os meus compañeiros expuxeron na blogue. Este autor B.Silva coincide con Teresa Moure sobre todo ó principio en que a relación entre língua e escola ten implícita unha postura ideolóxica e sociopolítica, polo tanto non está agochado nada máis nos ámbitos académicos e didácticos. Segundo o autor, a Administración educativa en Galicia esta falta de organización da lexislación a cal non está en ningun caso dirixida a un obxectivo marcado. B.Silva opina que non existe un modelo lingüístico delimitado, esta falta de deliminación é a culpable das carencias de do sistema. Cree o autor que sería positivo o feito de incorporar as línguas extranxeiras na futura formación do alumno pero evidentemente tras ter moi ben asimilada a língua de seu, a língua propia. Cando fala sobre a transmisión cuantitativa e cualitativa da língua fixome pensar no meu caso como licenciado en filoloxía inglesa, creo que a pesar de querer ensinar línguas debemos ter unha base sólida, pois senon non saberemos ningunha. Se non concurriremos nun mal uso das línguas aprendidas(todo baixo o meu punto de vista pois prefiro saber desenvolverme ben nunha língua que pobremente en 20). Para poder transmitir unha língua vexo necesario a consideración desta língua dentro do seu contexto social, así como o seu estatus dentro do panorama sociolingüístico, so así poderemos ter unha visión clara dela e poderemos comprendela mellor. Así a nosa ensinanza debe ter en conta este factor, informando os nosos alumnos da situación na que se encontra a nosa língua.
Segundo o meu punto de vista, o artigo de Bieito Silva debe entenderse como un aviso para non volver cometer os mesmos erros do pasado nesta nova andadura plurilingüista que estamos a comenzar.
Se ó longo destes 25 anos alguén fixera o seu traballo correctamente (refírome de maneira xeral a profesores e inspectores) hoxe en día teríamos estudios que poder analizar e así poder introducir modificacións, valorar positiva ou negativamente esas estratexias que se propuxeron para intentar que ó final das diferentes etapas educativas os rapaces foran quen de empregar indistintamente as dúas linguas. Polo tanto, como di Silva o problema non está nos obxectivos, que están claros, senón en como conseguilos.
En calquera experimento científico o proceso máis importante é o da observación, é dicir, observar os cambios que se van producindo para así poder obter uns resultados veraces, imprescindibles para poder demostrar a hipótese exposta ó principio do experimento, ou todo o contrario, xa que os pasos non foron os axeitados, e nese caso sería preciso expor outros e volver a empezar a observación. É dicir, para evitar cometer outra vez os erros que Bieito Silva expón no texto, é necesario, ademais da formación e o compromiso persoal dos profesores, avaliacións por parte da administración para comprobar se as medidas propostas son apropiadas, realizables, escasas, pouco individualizadas, etc., e así, se é o caso, poder introducir unhas novas que permitan acadar a meta desexada, que actualmente non é outra que conseguir a capacitación do alumnado en varias linguas.
Deste artigo quixera comezar por resaltar o final, os tan útiles argumentos que expón Bieito Silva para chegar a un compromiso COLECTIVO, e poño este termo en maiúsculas porque paréceme fundamental, xa que sen a concienciación de todos os axentes sociais, non só os educativos, non se chegará nunca a ningures. Tamén subliño que me gusta moito a visión optimista que dá da perspectiva de futuro, xa que só dende a ilusión se pode traballar (se fosemos todos catastrofistas daríamos todo por perdido e non se faría nada xamais, así que empecemos por aí, por traballar, e ademais con ganas, e, sobre todo, por poñer en marcha unha planificación estratéxica de calidade baseada no ben do galego e na necesidade de cimentar con aceiro o futuro, en lugar de parchear con finos vendaxes os erros do pasado).
Ultimamente, cando penso na diversidade lingüística, de pensamento, incluso de sentires e sentimentos, sempre acabo preguntándome a min mesma: Vencerán os Tecnócratas ou os Humanistas…? Por suposto, creo e teño fe –se non apaga e ímonos- que van ser os últimos os que acabarán por recuperar o papel fundamental na sociedade, para que esta poida renacer (aínda que agora esteamos inmersos nas circunstancias sociopolíticas particulares nas que nos atopamos e que ‘manexan’ as nosas vidas dende os gobernos e os mercados…). E nun caso como o de Galicia, no que vivimos nunha ‘realidade’ que máis ben parece unha novela absurda, mellor nos será que nos manexen os segundos en lugar de seguir manipulándonos os primeiros. Non podemos esquecer que somos un pobo cun goberno que (en xeral), por unha parte, non planifica o futuro da súa educación e, cando implanta medidas, faino dende un bilingüismo difuso, que permite facer moitas cousas pero que compromete a moi pouco, o que se traduce en inacción (amén da non existente avaliación do pouco que se fai); e, por outra, no máis absurdo de todo que é o feito de que teñamos que lexislar o uso da nosa propia lingua. E é que para min o feito de que teña que existir unha Lei de Normalización Lingüística do galego é un claro indicativo do pouco aprezo que teñen as autoridades políticas e educativas por el, así como da baixa autoestima que temos por nós mesmos como comunidade. Isto, sumado á ‘cegadora máscara’ da ‘liberdade de elección’ que nos queren vender (por non dicir impoñer), coa separación escolar por razón de lingua e a conseguinte segregación socioeconómica, sociocultural e mesmo territorial na que pode derivar, faime temer ese xerme tan perigoso que é a disgregación social que menciona o autor.
Do que non me cabe a menor dúbida é da necesidade total e absoluta de compromiso ético e responsabilidade dos docentes, así como do resto dos axentes sociais que se expresan dende os medios de comunicación e tribunas públicas (xornalistas, políticos, mesmo artistas) para que ese bilingüismo formal e abstracto se concrete no real e se faga efectivo. Destacaría do artigo ademais a importancia que dá á necesidade de renovar os enfoques na didáctica das linguas; aprender a coordinarse no ensino das mesmas, xa que na maneira de aprendelas se desenvolven estratexias comúns e hai moitos saberes que se poden transferir dunhas a outras, o que nos leva a asegurar un nivel básico de competencias imprescindible para falar ben, antes de nada, a nosa lingua, despois o castelán e, máis tarde, incorporar as tan enriquecedoras linguas estranxeiras. Pero iso si, primeiro a nosa. Por último, dicir que non podo evitar caer na ‘suspicacia’ e na ‘mala baba’, xa que o feito de que dende as altas instancias se estea sempre a ‘protexer’ ó castelán, como se estivese ameazado polo galego (o cal é ridículo, xa que a prevalencia social do primeiro é clara, así como o feito de que o galego é quen se atopa en situación de retroceso, cunha mocidade á que cada vez lle custa máis expresarse nel e unhas institucións que o único que fan é comprobar por riba que se cumpran os mínimos minimísimos) lévame a pensar se ese ‘non ter plan’ non será en realidade ‘o plan’, xa que, se non planificas non tes obxectivos; se non tes obxectivos claros non tes que avalialos; e se non tes nada que avaliar, non podes ter nada que corrixir. E se non corrixes, valo seguir facendo sempre mal. Así de simple…
Sendo franca, direi que o título deste artigo fixo que agardara máis do que nel atopei. Básicamente Bieto Silva fai unha lectura crítica e comparativa dos Decretos de Normalización da lingua galega, atendendo a como se levaron a cabo nos centros educativos, que resumo, por non entrares aquí en detalle, en que non foi moi ben. E foi deste xeito porque non houbo control, porque non houbo preparación, porque faltaron moitas cousas..., e porque non houbo, concluíndo, moito interese en que se fixera doutro modo. No texto atopei comentarios moi manidos xa, aínda que non por iso pouco importantes. Atopei linguas competindo en porcentaxes, linguas a discutir polo reparto de materias académicas, linguas e falantes que, dóeme dicir, fan da escola o seu campo de batalla.
Atopei redactada toda a loita pola conquista da lingua no curriculum, pero botei en falta unha tregua onde poder tratar o tema da lingua na escola fóra do problema que está a supor. Se ben é certo que dende a educación pódese traballar na defensa da lingua, non vai ser combatendo contra outra onde gañe a partida. O principal tema debería centrarse en atopar o porqué desa loita. Nas escolas galegas pódese, e está ben que así se faga, falar da situación en clara desvantaxe da lingua nosa, pero ollo cos enimigos que se lle atribúen, porque a educación ten que valer por riba de moitas cousas para fomentar nos alumnos un espírito e actitude críticos, e entón, a loita debe superar a competición para enfrentarse a unha realidade que traspasa ás aulas.
Falabamos o outro día, no debate en clase do termo de “utilidade”, discutindo se seriamos quen de aumentar o uso da lingua galega facendo que os rapaces a sentisen como útil. Houbo bastante polémica neste aspecto; a utilidade do galego competía en comparación coa do inglés, un idioma que moitos dirían: “abre portas”. Pero, portas cara onde? Pois está claro, é a chave primeira para entrar de cabeza na “modernidade”. E velaí, nesta resposta que coido non se afasta da realidade, está a oportunidade de mostrar a “utilidade” da lingua “castigada”. Cómo? Primeiramente, habería que mostrar ós alumnos cara onde nos leva esa “modernidade”, quén a dirixe e con qué intereses. Como dicía antes, é labor do educador ensinar a cuestionar a realidade, educar na autonomía e na crítica dunha sociedade encantada de que crezcamos coma espectadores ou fieis seguidores. Haberá algún ó quen non lle preocupe ser marioneta, ou non caia na conta de que o é, pero aposto a que outros aprenderán a mirar esa “modernidade”coma unha ameaza, coma algo a combater polo ben do seu futuro, que xa ataca, e de que xeito, no presente.E entón poderiamos repetir o xa dito e redito: O galego ten dereitos, pero podemos dicir máis: O galego ten dereitos, si, pero ten máis. A súa defensa e ,sobre todo, o seu uso teñen o poder de servir coma ferramenta para esa loita na que todos debemos nos empregar.
En tanto que coa lingua se ensina na escola e na escola ensínanse linguas, parece consecuente que un bo modelo de planificación lingüística poidera ser un comezo para acadar óptimas competencias no mesmo.
No caso concreto de Galicia, o conxunto de medidas lexislativas propostas con fin de ter un bo modelo lingüístico, no que se equipare o galego ó castelán e ademáis, o primeiro trascenda en non fique so no ámbito escolar,baseouse nas seguintes liñas de actuación: a integración lingüística, o primeiro ensino na lingua materna, o uso vehicular das dúas linguas oficiais no currículo e a planificación lingüística nos centros. Pero parece que o que non funciona é a comprobación de resultados acadados.
Como din algúns compañeiros,aínda que o estudio dunha lingua non garante o seu uso,cómpre reforzalo, comezando dende cativos , dentro e fóra da escola, xa que o castelán ten unha presencia maioritaria fóra das aulas (televisión, videoxogos), e daquela , é sinxelo o seu aprendizaxe.
Segundo o autor cabe reflexionar como se pode facer para acadar , dende o sistema educativo , unha competencia satisfactoria por parte dos estudantes das dúas linguas oficiais, e como mínimo , nun idioma estranxeiro.Parece ser que se precisa un cambio na didáctica, pero tamén un reforzo da lingua nos entornos non so escolares. Quédome coa frase de que “o plurilingüísmo enriquece a nivel individual e colectivo, e que non dificulta , senón que favorece, a adquisición de outras aprendizaxes”.
A min este artigo, como xa dixo Marina e algún outro compañeiro, lembroume a cando lin os Decretos, e como xa se dixo por aquí varias veces, non me aportou nada novedoso. Como di Bieito Silva ao comezo do artigo, antes a culturización estaba na familia e no sistema educativo, hoxe no lecer e nas novas tecnoloxías. Xa teño comentado que eu penso que o importante é ir metendo o galego na vida cotiá, e non soamente na escola, como tamén din aquí moitos dos meus compañeiros. Pareceume moi interesante o comentario que fixo Beatriz sobre que se debería falar a lingua non materna para así promover mellor o bilingüismo ou plurilingüismo e estou de acordo con ela. B. Silva fala de que se lle prestou escasa atención ao obxetivo da competencia bilingüe e que non se fixeron avaliacións institucionais periódicas, esas reflexión xa as fixéramos cos Decretos, e ¿de que sirve unha Ley se despois non se cumpre?. Como dicían Iria, Sandra e alguén máis, hai moi pouca preparación dos profesores. O caso é que estamos a falar de que hai que concienciar aos rapaces, pero eu penso que habería que empezar por concienciar ao profesorado, por que os nenos son moi influenciables e se ven que os profesores "pasan" de dar as clases en galego, ou que falan mal o galego, pensarán que o galego non é importante. O mellor sería transmitirlle aos nenos que falar o galego é algo bo e é parte de nos. Tamén se di no artigo que os mozos castelanfalantes mostran cada vez máis dificultades para falar o galego, e é normal se á gran maioría de nos déronnos case todas as clases en castelán e nunca ninguén nos animou a falar en galego.
Estou moi de acordo tanto con Lara Pintos coma con Iria Domínguez e comparto o que dí Iria no senso de que o problema xa non é só as leis senon realmente o que hai que facer é levalas mesmas á práctica. Qué ocurre entón? Pois que o profesorado non está preparado para poder dar as clases en galego. Hai xente que eu mesma coñezo que non ten problema por dar as clases en galego porque son galegofalantes pero o seu problema comeza cando teñen que escribir porque na súa época non o facían e por moito que vaian a cursos non dan collido a práctica necesaria para poder facelo. Isto é unha pena porque a xente que realmente ten vontade de facelo cambio non pode. Por todo isto estou de acordo con Iria cando di que da igual a cantidade de materias se den nun ou noutro idioma si ó final non están ensinando o mesmo. Baixo a miña reflexión e ao meu pesar penso que imos tardar en poder levar á realidade o que pretende este artigo.
Esta claro que entre a escola e a língua hai unha relación moi estreita. Esto influe nas relacións sociais, a cultura e en xeral a tradición que hai detrás dun pobo. A pena deste aspecto é que as persoas que gobernan e dictan as leis, non valoran este aspecto. O que chama a atención é que paso moito tempo dende 1983, data da Lei de Normalización Lingüística, ata 2004, cando se estableceu un modelo lingüístico para o sistema educativo. Os decretos que se foron aprobando non fixeron moito polo galego, de feito algún puxéronlle algunas trabas. Ademáis, segundo o texto non serve de moito que se impartan asignaturas de galego e castelan de maneira igualitaria se despois na casa, coas amizades ou noutras actividades fálase castelán. É dicir, inflúen tamén os aspectos sociais. Segundo Bieito Silva, o plurilingüismo é moi popular hoxe en día pero é difícil orientalo na escola, defendendo unha lingua minoritaria en lugar de outra maioritaria, como unha extranxeira.
Este articulo reflexa moi ben a situción na que se encontra Galicia con respecto a escola o galego, castelán e outras linguas extranxeiras. Cabe destacar o recente que é o primeiro modelo lingüistico, posto que ate 2004 non houbo ningún.E dicir que as medidas de este foron bastante escasas. Como comenta o autor a lingua non só é unha labor educativa encaixada na escola, senon que tamén é unha labor social. Pero non todas as linguas teñen o mesmo status social e esto é un gran prexuizo na nosa cultura. Por outra banda, chamame a atencióno incapé que fai na primerira etapa de escolarización. Pero ten moita razón, porque se desde moi pequenos comenzanos a ensinar en galego continuaremos falándolo o longo da nosa vida.
A verdade é que sorprende como un único texto, e aparentemente cun único tema, pode levar a cada persoa por un camiño ben distinto. Supoño que por iso o de único tema é só aparente, porque en realidade a escola, aínda que neste caso vencellada ao tema da lingua, encerra cuestións, realidades, dimensións e sentimentos diversos para cada un de nós. Falando dende a ignorancia deste tema, como Telmo, deduzo do texto que esta relación lingua-escola estivo durante moito tempo rodeada dunha vaguedade que non beneficiou ao galego. Parece que nun primeiro momento esa indefinición afectou tanto aos obxectivos como ás medidas para acadalos. Supoño que, unha vez fixado o obxectivo de competencia bilingüe, de novo fallarían as medidas, ou quizais, como di Alba (dende a súa perspectiva de bióloga) a observación. É probable que ninguén observase e comprobase se as medidas funcionaban e os obxectivos se cumprían. Pero tamén dende a ignorancia me pregunto como se observou que os plantexamentos, as medidas, non poden ser as mesmas para un centro, por exemplo, dos Ancares, que para un centro en Betanzos. Teñen os centros autonomía para adaptar esas metas lingüísticas á súa realidade máis inmediata? Dado este panorama, xunto coa formación do profesorado e o rumbo cara ao plurilingüismo, parece que esa relación lingua-escola segue a andar por camiños imprecisos? María Castro
O artigo explica a gran interdependencia que ten a escola e a lingua debido á función de alfabetización que ten a escola. Sen embargo, a escola pode ser un factor positivo ou negativo en relación á conservación da diversidade lingüística como se comprobou en Galicia. Cando se procede á planificación para a conservación da lingua hai que decidir varios aspectos. Un dos aspectos a debate no artigo é a integración lingüística frente ós modelos segregacionistas que no caso do galego e o castelán, debido á inexistencia de barreiras comunicativas, ten máis vantaxes a integración. Outro dos aspectos a decidir é a lingua do primeiro ensino no que se recoñeceu o dereito a recibilo na lingua materna, pero que supón un conflito para alcanzalo bilingüismo. No artigo tamén fálase de que con relación ó resto do ensino se foi aumentando a presenza do ensino en galego, ainda que a decisión final estaba en mans do centro. Sen embargo, o artigo é anterior ó decreto 79/2010, no que se recorta as posibilidades do seu uso e o prestixio en relación ás materias que se deben impartir. Unha das críticas que Bieito Silva escribe é a escasa avaliación do cumprimento dos mínimos por parte da institución que se realizou neses anos e de que non se marcaron obxetivos a acadar. Por outra parte aquelas materias que non eran obrigatorias en galego non se daban e comprobouse que a escola era ó final castelanizadora, na que as competencias básicas en galego non se acadan. Con puntos positivos advirte da gran presenza na administración, a superación dalgúns prexuízos e a instauración da lingua galega como materia e idioma de outras áreas. En xeral, a avaliación do ensino paréceme escasa e ineficaz e paréceme curioso cómo cada persoa tivo unha experiencia distinta con relación ó ensino das linguas, e incluso cómo tanto o profesorado como o alumnado trataba de evitar o galego nalgúns lugares. Isto debeuse a esa mentalidade contra á diversidade lingüística presente na sociedade e que por suposto non se debe ó alumnado senon á familia ou á propia escola que pon protestas ante a obriga de dar a clase en un ou outro idioma. Outro debate que se propón é en relación a qué linguas aprender dando por suposto a necesidade de adquirir competencia en galego e castelán para poder optar con liberdade. Para ampliar a outras linguas estranxeiras cómpre concienciar das vantaxes do plurilingüismo e ter en conta a necesidade de empregar as linguas fóra da propia materia, polo que o profesorado debe ser competente en varias linguas. Para conseguir unha situación de plurilingüismo Bieito Silva da unha serie de puntos necesarios. O galego está en situación de minorización e polo tanto debe gozar de prioridade no currículo. Así mesmo, débese reforzar o dominio do castelán en certos usos académicos e formais posto que noutros usos está máis garantido no contexto extraescolar. Hai que valorar o cando e cómo ensinar as linguas estranxeiras, que son positivas e teñen unha necesidade funcional na sociedade pero que se debe facer garantindo a competencia no galego e castelán. Outro punto a renovar é a didáctica das linguas cunha perspectiva máis comunicativa e tamén con unha planificación compartida de tódalas linguas. Debe ensinarse a ter unha mentalidade aberta á diversidade. Como último punto trata os medios de comunicación que deben mellorala calidade idiomática. Para min o punto da renovación da didáctica, con métodos máis activos e máis motivadores é importante. Se o alumnado comprende qué lle pode aportar o coñecemento dunha lingua nova e entende a cultura da que forma parte terá máis interese e o estudo será máis eficaz. Tamén os medios de comunicación, en xeral en tódolos idiomas sí deberían poñer máis atención na calidade do idioma que empregan.
No texto Bieito Silva fai un percorrido pola historia do galego dentro do sistema educativo. Partindo da recente lexislación que existe ao respecto, e que traducen un modelo lingüístico similar, Bieito fai un balance dos aspectos positivos e negativos que esta supuxo para a lingua, destacando sobre todo dous aspectos: a escasa atención que se lle prestou ao obxectivo da competencia bilingüe e a non explicitación de obxectivos sociolingüísticos. E, finalmente, o autor propón catro principios básicos para un modelo lingüístico que se oriente cara a consecución dos obxectivos establecidos. Igual que o autor expón aquí eu tamén penso que e escola e a lingua son dúas realidades dependentes entre si, e no que se refire ao caso galego contamos con diferentes etapas onde semella que a lingua sempre estivo desamparada. A integración da lingua galega no sistema educativo, e a sucesiva lexislación que promoveu este fin, son elementos recentes, e como todos sabemos nunca se cumpriron ao pé da letra, como tampouco existiu un seguimento sobre o verdadeiro uso da lingua. O texto, ao centrarse no eido escolar, trata de valorar o que foi e o que debería ser o ensino respecto ao uso da lingua, por iso, propón unha serie de principios que se deberían ter en conta para levar a cabo isto. Algúns dos comentarios recalcan a idea de que isto que se recolle no texto xa é moi repetitivo e sempre andan a darlle voltas. É certo, a todos nos contaron moitas veces cal foi a situación do galego na escola desde que se recoñeceu o seu uso na mesma, pero tamén é certo que a pesar dos intentos por conseguir unha presenza da lingua no sistema nunca chegou a ser o que se pretendía. E como ven sabemos todos seguen a aparecer novas leis, concretamente o Decreto de 2007 onde se recolle ese novo obxectivo do trilinguismo, por iso, aínda que o texto parece moi redundante eu creo que responde tamén a estas novas circunstancias en que nos atopamos, xa que o propio autor expón para este caso unha serie de criterios que posibiliten a consecución dos obxectivos que se pretenden con esa nova lei, moi bonitos cando se redactan pero aí se quedan... No texto estase falando dunha situación concreta que vive a lingua nun dos ámbitos fundamentais para o seu coñecemento. É evidente que o galego ten que estar presente tamén fóra da escola pero esta pode ser unha base moi importante para que lles ensinemos aos rapaces e rapazas todas as posibilidades que a lingua lles ofrece, que tamén hai música en galego, literatura moi interesante, debuxos que poden entretelos tanto coma calquera outros... Nós tamén podemos espertar o seu interese polo idioma desde ben pequenos, xa que nós contamos coas ferramentas necesarias. Tamén nalgún comentario se fai referencia á calidade da lingua coa que se debe ensinar e que no texto se recolle na parte final á présa e correndo. Eu tamén penso que é algo fundamental na transmisión da lingua, nós seremos un modelo do que os rapaces e rapazas van copiar, e o autor tería que tratalo moito antes e con máis profundidade.
Bieito Silva explícanos moi ben neste texto, cómo foi e como é a situación do galego na escola. Estou de acordo con el na relación existente entre a lingua e a escola, e como el dí o galego estivo durante moito tempo agochado no sistema educativo de Galicia, tal vez por isto, nos atopamos con todos os problemas que existen hoxe en día respecto o uso do noso idioma. O fomento do uso do galego, non é só un problema da escola, sinon tamén da sociedade en xeral, mais creo que a escola xoga un papel moi importante. Eu sempre fun castelánfalante na casa, non porque meus pais o sean, todo o contrario, porque debido a nosa situación tiveron que aprenderme castelán, mais o chegar a escola onde case todo se falaba en galego volvinme galegofalante ata hoxe, o cal demostra que non só importa o que fales na casa, senon tamén o que che ensinen na escola dende os primeiros anos e nas relacións que teñas fora de esta. Hoxe gracias a isto, podo manexarme sin ningún problema en galelo e en castelán. Debo dicir, que non só aquel que fala únicamente castelán lle será moi difícil desenvolverse en galego nun futuro, senon que moitas veces a situación tamén é a inversa, xente que tan só fala galego cando necesita falar o castelán resúltalle realmente moi difícil, debido a que fai moito tempo, e en ocasións nunca, tivo que falar o castelán. Por iso creo, que os dous idiomas deben de estar presentes na escola, e que se debe facer un esforzo porque os alumnos falen en cada materia o idioma no que se imparta, creo que isto contribuiría a acadar senon un auténtico bilingüismo, si suficientes competencias para poder manexarse sin problemas, o día de mañá en calquera dos dous idomas.Tamén creo, que o galego debería ser o idioma que máis se utilizase nos primeiros anos de escola, con isto non podríamos obligar a que a xente o usase nun futuro, pero eu creo que sí contribuiríamos a asegurar as futuras bases do noso idioma. Chamoume moito a atención, a inexistencia dun Plan Xeral para o uso de galego ata o 2004, e que a pesar de todas as medidas que "supostamente" se tomaron non houbera ningún tipo de vixianza, para asegurar o seu cumplimento. Estou de acordo co modelo lingüístico que nos explica Bieito Silva, e tamén me chamou a atención os "claros e escuros" que houbo nestes vintecinco anos, sobre todo e como xa dixen antes, na escasa vixiancia por parte da administración pública e o insuficiente compromiso por parte de moitos centros para utilizar o galego máis alá dos mínimos. Pareceme importante considerar o feito, de que se asentou a idea de que o que non está obligado a falarse en galego na escola se teña que falar en castelán, e sobre todo, que o galego é insuficiente na Educación Infantil, etapa que eu considero unha das máis importantes para os alumnos. Creo que é realmente importante, un ensino plurilingüe en Galicia,e que o coñecemento de moitas linguas, nos enriquece de sobremaneira en tódos os aspectos. Por este motivo,apoio as seccións bilingües, o ano pasado dinlle clases a un rapaz que algunhas das materias as daba en inglés, con tan só 10 anos, e aínda que na casa era castelánfalate, falaba perfectamente o castelán e o galego, e deixoume moi sorprendida o ben que era capaz de manexarse en inglés, o cal só o había visto na escola dende ben pequeno. Ana González González
El texto de Bieito Silva resume de forma clara algunos de los aspectos que vimos en clase y que son importantes de tratar.
Como ya hemos hablado en otras ocasiones, la escuela es el lugar más importante a la hora de enseñar la lengua y de utilizarla de forma habitual; aquello que aprendamos en la escuela va a formar parte de nuestro futuro comportamiento y si se intentara fomentar más, conseguirían mejores resultados. Cuanto más se acercara el gallego a la vida cotidiana, sobre todo en la familia y la escuela, menos prejuicios habría sobre esta.
El problema es que a pesar de los intentos de normalizar la situación del gallego,( como aparece en los textos, a través de los decretos) una gran mayoría de profesores y personas que viven en las ciudades están más acostumbrados a hablar en castellano desde pequeños y cuando ya tienes una rutina es muy difícil cambiarla. Por lo que una de las soluciones sería empezar desde que son niños a manejar el gallego en todos los aspectos.
También quiero remarcar el punto que habla en el texto sobre el plurilingüismo. Una vez se tienen bien asentadas las bases de la lengua propia, no hay que olvidarse de lo que nos rodea, que también juega un papel muy importante. En otros países el aprender una lengua nueva no supone una materia más del colegio, sino que desde pequeños les han enseñado la importancia del conocimiento de otras lenguas y la usan indistintamente siempre que sea necesario. Si eso se hiciera también en nuestro país quizá eliminaríamos parte de esos prejuicios y todos tendríamos algo de conocimiento y respeto por lo que no es ajeno.
Por desgracia el modelo educativo viene bastante impuesto asique solo podemos actuar desde dentro, empezando por enseñar la importancia de cada lengua y de todo lo que trae consigo.
Neste texto o autor percorre a evolución das distintas lexislacións que afectan a nosa língua e os resultados que con elas se consiguen. Parece que non é moi alentador, pero sen embargo según Singala, tres de cada catro persoas en Galicia exprésase en galego. Despois de ler algún comentario, ademáis do texto, teño a sensación de que son un bicho raro ou de que non sei da misa á metade. A miña experiencia escolar co galego foi do máis natural, sin imposicións dunha língua, nin da outra. A miña familia viviu en tres ciudades distintas da nosa comunidade na miña época escolar, e sempre tiven a mesma sensación, nin nos peleabamos co galego nin co castelán. Cando chegaba un profesor e daba a clase de matemáticas en galego ninguén protestaba, nin alumnos nin pais, e se era en castelán tampouco. Cando fixen a Selectividade ademáis de cada examen de língua que evidentemente foi na súa, o resto das asignaturas fíxenas no idioma no que me falaba o profesor de cada materia, Xeoloxía en castelán porque ela falaba así e Filosofía en galego polo mesmo. Ningén falaba de 50 ou 40% de asignaturas en cada idioma. Cando cheguei a universidade foi o mesmo, a miña escola tiña un gran número de estudantes de fora da comunidade, e nunca escoitei a ninguén queixarse por ser de León e non entenderes o profesor de Urbanismo. Penso que todo sería máis doado se fose máis natural, e por suposto sempre con profesores cualificados. A escola é a base para o aprendizaxe dunha língua, e o seo familiar tamén. Si estamos nunha comunidade bilingüe todo profesor debería selo de verdade. Si, pode que sexa un pouco utópico, a min funcionoume, ainda que o mellor pensedes que sigo vivindo na parra.
Neste artigo, o autor fai una reflexión sobre a ensinaza e uso da lingua galega nos últimos anos na escola. Pon de manifesto a relación da lingua galega (elemento de comunicación) e a escola (lugar para a adquisición de cultura). Ademáis profundiza na influencia sobre o papel da sociedade e da política no sistema educactivo. Analiza o modelo educativo empregado en Galicia, resaltando os puntos fundamentais de cada lexislación de referencia adoptada (Lei de normalización lingüística e Decretos) en cada momento polos distintos gobernos. Centrase no tratamento que tanto a lei como os decretos fan sobre a integración lingüista escolar –non separación por razón de idioma-, establecemento do primeiro ensino na lingua materna, uso das duas línguas curriculares o 50% e planificación lingüistica dos centros –falta de formación docente e implicación administrativa-. Indica tamén os obxetivos principais a acadar e que como no caso da competencia bilingüe non foron alcanzados consecuencia do establecemento de “mínimos”. E por último explica os fundamentos para establecer o ensino plurilingüe en Galicia –conciencia do positivo que é na sociedade, o uso da lingua noutros espazos, o status de cada lingua e a innovación didáctica-. Como valoración persoal indicar que como ben recolle o Estatuto de Autonomía a lingua propia de Galicia é o galego e polo tanto debería primar en todas as etapas educativas de calquer galego dende os seus comenzos na escola. Non debería ser obxeto de discusión se o 50% das clases en galego e o outro en castelán e cales asignaturas por lingua, que lingua empregar en educación infantil,… senon o por qué non se imparten todas as asignaturas en galego, salvo as das respectivas linguas, na CC.AA. Partindo do exposto anteriormente, debería imponerse na lexislación o uso do galego no 100% das materias - salvo as das respectivas linguas-, una utopía hoxe en día coa política e sociedade pola que estamos guiados hoxe en día. Mais o remordemento da xente galega, polo ocorrido nos tempos pasados, deberíanos levar a dar un paso o fronte para reivindicar e dignificar o noso, pois pertencenos como propio. Mediante a fala e uso sen prexuizos do galego, a recuperación de tradicións, costumes, a difusión do galego nas TIC´s e no eido cultural,… temos que poñen a primeira pedra para que se leve a cabo un cambio radical nas políticas educativas vixentes, fomentando como xa dixen o uso sempre e en tódolos ámbitos do galego e así recuperalo e fortalecelo, evitando así que esmoreza. Non só a través da escola -que sen dúbida é a ferramenta das máis potentes-, senon tamén no eido familiar e administrativo ten que facilitarse este movemento como se fixo noutras nacións. Por último, dicir que a idea do plurilingüismo está ben, pero anteponer o alleo o noso non. Que se implante a nivel curricular o galego no 100% das materias, a lingua castelá e una ou duas linguas extranxeiras estou dacordo pero sendo consciente da importancia do galego ante todo e de que cada alumno debería ter posibilidade de elexir como lingua extranxeira calquera outra lingua (árabe, portugués, grego, xapones, alemán,…) sen que che veña imposto de anteman pola sociedade consumista na que vivimos. Esto suporía cambios importantes a nivel social, o meu parecer, pois a influencia das grandes fortunas imposibilita a igualdade de oportunides no sistema educativo, condicionando a ensinaza.
Na miña opinión o texto de Bieito Silva resulta bastante útil á hora de entender os cambios que experimentou o modelo lingüístico galego durante as últimas décadas. Sen embargo, e como ben afirma Lara Edreire, parece que ó final cando falamos da situación do galego, sempre acaba todo en lamentos. E iso é de todo menos positivo.
O autor describe ó longo do texto os principais trazos que definiron a evolución deste modelo, e fai un balance de resultados poñendo de relevo, segundo a súa opinión, os escasos logros e os numerosos erros do modelo seguido. Xa para rematar o autor propón as bases para o que podería ser un novo modelo educativo plurilingüe, que ademáis de traballar pola normalización do galego, traballase na aprendizaxe por parte dos alumnos de polo menos unha lingua estranxeira con certas garantías.
Despois de ler a grandes rasgos os comentarios dos meus compañeiros teño que dicir que estou totalmente dacordo con Iria Domínguez e en liñas xerais con Lara Edreira. Aínda que penso que o texto é de certa utilidade á hora de ofrecer unha visión ampla da evolución do modelo lingüístico galego durante os últimos anos, tamén penso que o autor erra ó non facer fincapé na importancia dunha boa formación en lingua galega por parte do profesorado, como ben di Iria Domínguez. Penso que todos tivemos algún profesor ou profesora coma a de Sandra Carbajales. Sen ir moi lonxe, podemos lembrarnos da charla que tivemos o primeiro día do mestrado.
No tocante ó comentario de Lara Edreire, teño que dicir que estou dacordo con ela en que parece que soamente sabemos mandar mensaxes negativas referentes á situación do galego, sen decatarnos de que ese non é o camiño. Non é o camiño, porque neste mundo non se chega a ningún lado dando lástima, e botándolle sempre as culpas á historia e ós Reis Católicos. Se a mensaxe de "o galego morre" fora realmente útil, hoxe non estariamos a falar deste asunto.
O que si non estou dacordo con Lara Edreire é no papel que lle concede ela á escola. Na miña opinión o papel da escola na normalización do galego é vital, xa que como o propio autor afirma ó principio do texto, existe unha influencia mutua moi importante entre lingua e escola. E como vimos no texto de Teresa Moure a escola ten un papel moi importante na difusión de certas actitudes ou ideas. O que sucede é que Bieito Silva, e moitos outros autores, non se decatan que a escola non pode facer nada senón existe un cambio que abranga a toda a sociedade galega. A escola non pode facer a guerra pola súa conta.
Por último dicir, que como afirma Inés Cendón, non todo está perdido, e a día de hoxe podemos acceder ás redes sociais en galego, temos un montón de software traducido ó galego, e música moderna en galego haina a moreas, o que pasa é que hai que buscala. Quizáis ese sexa o camiño a seguir.
Bieito Silva móstranos unha lectura crítica e comparativa dos decretos da normalización da lingua galega, facendo unha reflexión sobre o ensino e o uso do galego nos últimos anos na escola. Comparto co autor a opinión de que a escola e a lingua están intimamente relacionadas, xa que é no sistema educativo onde permanecemos máis tempo durante a infancia e onde aprendemos a utilizala correctamente. Por iso paréceme abraiante que ata o ano 2004 non houbese ningún plan lingüístico para normalizar o galego, o que explica, xunto á existencia dos prexuízos, (debidos quizais, aos “estatus” das linguas) a predominancia do castelán respecto ao galego, así como o feito de que aínda non se conseguiran equiparar os niveis das dúas linguas. Por outra banda, paréceme interesante a perspectiva do autor en canto ao futuro do galego, que considera debería ser a primeira lingua na escola, xa que, segundo el, o castelán está garantido a través dos contextos non pertencentes a ela. Así pois, defende que debería reforzarse a utilización do galego por parte dos profesores, xornalistas, etc., pero dun galego correcto, normativo, para que se afiance na sociedade pouco a pouco. Pero, a pesar de tódalas cousas que habería que mellorar para fortalecer esta lingua propia, cabe destacar que ao menos conseguiuse asentar certo bilingüismo no ámbito administrativo e, por outro lado, que xa se superaron moitos prexuízos, polo que non todo está tan mal feito, simplemente hai que centrarse nos aspectos que aínda podemos mellorar para que a lingua galega adquira pouco a pouco máis presenza na actualidade.
Eu comezaría polo final , ó igual que Bieito considero que aínda que hai moito por facer, a responsabilidade recae en cada un de nós.Nos somos responsables de "darlle uso" a nosa lingua , a nosa identidade. Bieito Silva reflicte a situación pasada e actual na escola,fai un percorrido da nosa lingua no sistema educativo.A lingua inflúe na escola e a escola na lingua. A lingua debe de estar garantida pola comunidade educativa , aínda que os centros non están preparados nin tampouco implicados nesta mellora. Eu ó igual que os meus compañeiros considero que é completamente imprescindible unha boa formación e competencia dos mestres para unha boa educación en galego. Tamen considero importante o momento no que se debe de incorporar unha lingua,xa que canto antes se incorpore antes sintes ganas de aprendela.
Olá, bem, tenho que dizer que, embora o texto de Bieito Silva ainda que é interessante e achega informaçom, nom podo concordar com ele na aposta de futuro que nos propom. Primeiramente, porque eu nom acredito no bilinguismo social, sim no individual, mas nom na existência de duas línguas veiculares onde nom exista diglossia, o qual seria umha sociedade multilingue e nom plurilingue como o autor afirma; a nom ser que aposte pola desigualdade linguística, mas acho que nom. Tampouco coincido em que nom existisse um modelo linguístico no ensino. Quer dizer, as políticas linguísticas podem ser de dous tipos: bem "de iure", bem "de facto". As primeiras soem ser as representativas das línguas minorizadas, embora nom sempre (como o caso do Kurdo, em Turquia, onde o estado proibiu a sua utilizaçom em qualquer parte do mundo). As segundas consistem quase sempre no deixar fazer, para manter as inercias existentes, aliás com o controlo necessário para que nom mudem de rumo. Nesta última é onde podemos englobar o sistema educativo galego, ao meu parecer, e polo tanto falar da existência duns objectivos bem definidos. Já no nível educativo pleno, coincido em que há relaçom com as línguas. Porém, no coincido com a existência dum ensino bilingue. A língua veicular tem de ser o galego, esse deve ser o objectivo; como chegar a essa etapa, poderia-se discutir mas o fim deve ficar às claras. Por finalizar, para nom extender-me muito mais, embora haveria que comentar muitas cousas, penso que o autor lhe dá muita importância à funçom comunicativa da linguagem. Um exemplo temo-lo nas secçons bilingues, que partem de pensar nas línguas como umha simples traduçom de palavras, ficando por fora umha quantidade de dados e informaçom enorme. Pensar que por simplesmente traduzirmos um currículo a outra língua, os cativos e cativas vam aprender algo dessa língua mais que umha cheia de conceitos é de fábula. Devemos aprender quantas mais línguas melhor, mas sempre a partires da nossa própria língua.
O artigo de Bieito Silva Valdivia fai unha ampla, clara e ordeada exposición sobre a situación lexislativa con respecto ás linguas na educación en Galicia, explicando claramente tanto os acertos coma os erros das últimas decisións tomadas ó respecto, e partindo da base de que estas decisións que afectan á ensinanza non teñen unha intención únicamente curricular, senón máis ben política.
Tendo en conta isto, gustaríame sinalar a continuación algunhas das ideas expostas polo autor que me parecen máis clarificadoras. En primeiro lugar, paréceme interesante a reflexión que fai sobre a falla dun proxecto claro de planificación nas políticas lingüísticas recentes, especialmente nas que afectan á educación: “tampouco no eido educativo houbo un verdadeiro plan, senón un conxunto de medidas asentadas simplemente nun bilingüismo difuso, que, aínda que permitían facer bastantes cousas, comprometían a moi pouco”. Esta falla dun obxectivo claro fai que non estea definido dende a lexislación cal é o papel que debe asumir a escola, é dicir, cáles son os comportamentos e as actitudes sociolingüísticas que debe favorecer. O resultado disto explícao o autor de xeito moi claro: “a consecuencia foi que a valoración do modelo lingüístico escolar se asentou fundamentalmente na comprobación do cumprimento dos mínimos que debían funcionar en galego e do protagonismo das dúas linguas oficiais como vehículos do currículo”.
Outra das ideas relevantes a destacar no artigo está na valoración que fai o autor sobre o plurilingüismo, onde establece unha diferencia entre o carácter “competencial” do mesmo e o que denomina “actitudinal e existencial”. Penso que estas dúas dimensións do plurilingüismo son moitas veces confundidas, e téndese a atribuírlle ó coñecemento de máis dunha lingua unha necesidade de tipo instrumental, incidindo na compoñente de utilidade dos idiomas. Con respecto a isto, o autor fai unha reflexión ó final do artigo no que propón un plurilingüismo que non entre “en conflito coa permanencia do galego como lingua identificadora desa colectividade” que me parece moi acertada. Na miña opinión, non é incompatible a aprendizaxe dunha ou máis linguas estranxeiras co da materna, nin tampouco é imposible levar a cabo esta aprendizaxe dende o galego como lingua propia, como di o autor “está demostrado (…) que se pode ser plurilingüe desde unha lingua minoritaria”.
O terceiro punto que me gustaría comentar é o que se refiere á integración e segregación lingüísticas, un tema moi polémico ultimamente. Dar a posibilidade de escoller en qué lingua escolarizar ós nenos, por moi democrático que pareza, en realidade o que fai non é posibilitar o coñecemento doutras linguas diferentes á materna, senón que leva precisamente ó contrario, a impedilo. O que se trata é de favorecer que nos contextos castelánfalantes se incremente o uso do galego, e con esta medida isto non queda garantizado. A situación agrávase aínda máis se temos en conta as enormes diferencias que se están a dar en Galicia en canto á situación sociolingüística duns contextos a outros. Penso que o autor o argumenta perfectamente cando di que “a separación escolar por razón de lingua pode ir acompañada dunha segregación socioeconómica, sociocultural e mesmo territorial, converténdose, en consecuencia, en xermolo dunha perigosa disgregación social”.
Como conclusión, dicir que estou totalmente dacordo co autor na necesidade dunha política lingüística que favoreza ó galego con respecto ó castelán. Se a situación de partida está moi desequilibrada en favor do castelán, penso que todas as actuacións que se fagan deben ir destinadas a compensar esta situación, e teñen que ter unha clara dirección cara ó sistema educativo, cara a unha implementación total do galego na escola non só como materia de estudo, senón de uso. Só deste xeito se poderá acadar unha verdadeira liberdade lingüística, na que cada persoa, con pleno dominio das dúas linguas (o dominio do castelán xa está garantido de por sí, sen necesidade de ser impulsado), poida escoller libremente en qué lingua prefire expresarse.
Antes de nada, comentar que he realizado mis estudios fuera de Galicia por lo que la temática del artículo en relación a la evolución del gallego en la escuela a lo largo de estos últimos 25 años de legislación, me resulta un poco lejana al no haberla vivido en persona.
Me parece bastante clarificadora la síntesis que Bieito Silva realiza de la evolución de la normativa en los últimos años y sobretodo sus reflexiones: la necesidad de concienciarnos que el plurilingüismo es algo positivo, habilitar otros espacios para el uso de las lenguas que se quieran aprender y sobre todo mejorar la calidad del idioma por parte de los que escriben y hablan en los medios de comunicación y en otros foros de carácter público.
Estoy de acuerdo y me parece una crítica muy interesante y sobretodo realista, los comentarios publicados por Sandra e Iria sobre la falta de rigor lingüístico con la que algunos profesores de secundaria dan sus asignaturas en gallego. Esta misma situación, pero con las asignaturas que se imparten en castellano, sería bochornosa. Si la ley y la Constitución, amparan la enseñanza en gallego: “no puede ponerse en duda la legitimidad constitucional de una enseñanza en la que el vehículo de comunicación sea la lengua propia de la Comunidad Autónoma y lengua cooficial en su territorio”. Se debería facilitar al profesorado cauces para una correcta formación en gallego y una vez facilitados, exigirles su apropiada impartición de las asignaturas en el idioma pertinente, sea gallego, castellano, inglés o chino mandariín
O mesmo que Rubén eu tamén estudei toda a vida fora de Galicia, noutro sistema educativo cunha língua diferente o castelán coma é o catalán A verdade é que para mín o tema da língua na escola sempre foi que a maior parte das clases eran en catalán pero polo visto na clase e lendo o texto de Bieito queda claro que aiquí non foi da mesma forma. Penso que en Catalunya existe unha meta a onde chegar e en cambio en Galicia esa meta está un pouco borrosa. A lexislación tampouco axuda xa que o pasar dos anos parece que a meta cada vez veise menos. É verdade que a língua non debe ser un factor separatista o segregador dos alumnos nos centros educativos. Intentase que as dúas línguas oficiais na comunidade coexistan no sistema educativo nun 50% pero este caso é irreal xa que na sociedade esta paridade non existe. Búscase una planificación lingüística nos centros que poida levar a unha realidade onde o galego está en minoría. Existe un espazo curricular moi amplio onde pódense utilizar calquera das dúas línguas. Hai que concretar ese espazo para facilitar una paridade língüística real e non teorica. É evidente que os españois non temos unha cultura o un éxito coñecido no aprendizaxe das línguas estranxeiras, pode ser por non querer coñecer as nosas línguas propias o que nos leve a non poder asimilar outras línguas. Necesitase centrar en que tarefas ou conceptos hai que traballar en galego para mellorar a existencia do galego nas aulas. E obvio que é difícil cambiar dunha educación toda en castelán a unha galegalización de educación pero hai que fixar obxetivos concretos que teñan os seus resultados a curto prazo.
Neste artigo, Bieito Silva Valdivia fai un balance e fala do futuro da lingua e da escola en Galicia. Paréceme moi acertado que recalque a influencia que unha ten sobre a outra, xa que a escola precisa da lingua para poder expresar todo o que se quere dicir, pero ó mesmo tempo a lingua precisa da escola porque é a responsable de alfabetizar á xente (se ben esta función escolar está variando a causa das novas tecnoloxías).
Tras analizar o modelo lingüístico escolar galego (que xa marca que é relativamente novo) saca unhas conclusións entre as que destaco a pouca atención que se lle deu á conseguir a competencia bilingüe. Este feito paréceme moi alarmante porque o certo é que hai leis que nos obrigan a dar materias en galego pero o problema ben se dende a administración (non digo os altos mandos, senón dende o propio colexio) non conseguen que o profesorado cumpra con estes requisitos. Os que saen perxudicados neste caso son a lingua (normalmente o galego) e os alumnos.
Por iso, tras ler que moitos das aspiracións que se esperan do sistema lingüístico en Galicia fracasaron ou non se completaron de todo, resúltame raro que teñamos a utopía do ensino plurilingüe porque a estas alturas, co tipo de mentalidade que teñen estudantes, país, profesorado, e sociedade en xeral, paréceme complicado. E con este pesimismo non quero dicir que non estea de acordo co plurilingüismo na escola, pero tamén entendo que ó igual que se pon moitísimo interese en que os nenos estuden inglés, por que non poñer o mesmo para que teñan o mesmo nivel de galego e de castelán? Imos ó de sempre (en palabras do autor): “O problema non está, pois, nos obxectivos, senón en como conseguilos”. E se as cousas non cambian, non os imos conseguir.
Empezarei dicindo que non é doado facer un comentario cando xa existen por enriba de mín mais de cincuenta argumentacións sobre o mesmo tema, pero como se trata dunha lectura obrigada,velaivai a miña aportación:E certo o que di Bieito Silva de que escola e lingua están intimamente conectadas, e que a través da escola deben darse os mecanismos para que desde ese punto de vista conservacionista defender as linguas que, como o galego, se non se protexen especialmente, terminarán absorvidas por as linguas que impón o mercado ( esas denominadas linguas competenciais). Estou dacordo tamén, como din a maioria dos compañeiros, que aínda que a escola e un vehículo fundamental para a transmisión e coñecemento das linguas, o esforzo que faga a mesma non conseguirá os frutos esperados, se non vai acompañado de medidas no ámbito social: na casa, nos medios de comunicación, e nas comunicacións en xeral, ( e non só nas administrativas). Chámoume tamén a atención os datos que aporta o artigo sobre os resultados acadadados nestos máis de vintecinco anos da aplicación do decreto do bilingüismo, ainda que non me sorprende. E certo, que como dicimos sempre as leis chéanse de boas intencións, pero sen embargo non se acompañan de medidas que poñan enriba da mesa os recursos e medios que permitan levalas a cabo. Como ben dí a compañeira Iria Domíguez ¿que pasóu cos profesores? Todos somos testigos de que como gran parte do profesorado non utiliza a lingua galega. Han faiado, como ben di Bieito Silva os métodos de avaliación sobre o cumplimento dos obxectivos. De cara o futuro, e agora que nos enfrentamos ao plurilingüismo como forma vehícular do ensino na escola, é fundamental a idea que aporta o autor de considerar que as linguas non deben competir entre sí, e si deben acadar un compromiso colectivo, sempre nesa idea positiva de que todo suma, non son rivales, son compañeiras de viaxe. Patricia F.R.
O primeiro que chamoume a atención cando lin o texto xa fai tempo é o título: "Balance e propostas de futuro". Qué quere dicir con isto? O pasado xa rematou, agora toca analizar o que fixemos e mellora-lo futuro dende, como din a compañeira Susana, un compromiso COLECTIVO. O ensino en galego é un compromiso que todos debemos asumir, e temos que pormos de acordo xa; no texto de Teresa Moure propón a elección da lingua nas escolas como un comezo para afianzar o uso do galego, e Bieito Silva volve a recalcar o cumprimento de recibir o ensino na lingua materna, pero como xa vimos durante estos últimos anos, as normas están para saltalas. Os docentes temos que tomar partida nas aulas e fora delas, porque se non levamos o galego ós fogares e sitios de lecer, non importará o que fagamos; eso si, nós cumprimeros as leis e promoveremos un ensino plurilingüe en Galicia.
Pola miña parte, estou de acordo con Fátima e con outros compañeiros co referido a que o ensino do galego é un tema que nos atañe a todos, tanto os alumnos coma os profesores e os que non forman parte do sistema educativo. De nada serve que se enuncien decretos sobre a normalización do galego se despois non hai un seguemento do seu cumprimento. Tamén comparto co autor a idea de que o galego debe de ser a primeira lingua na escola, xa que coma temos comprobado, a educación é o mellor método para transmitir e aprender unha lingua. O castelán xa ten o seu futuro asegurado polo tanto temos que loitar o 100% polo uso do galego.
Bieito Silva con este texto o que intenta é destacarnos a importancia que ten a lingua na escola pero a súa vez a importancia que ten a escola no ensino. Considero que si que é moi importante que existan unhas leis que regulen que no caso de Galicia se dean materias en galego e en castelán para que os alumnos e alumnas saian ca mesma capacidade de desenvolvemento nos dous idiomas. Pero o mesmo tempo penso, de que serven estas leis e normas si os profesores a meirande parte das veces non as cumpren? Por moito que exista unha lei que regule que unha determinada materia ou sinatura debe estar impartida (en galego neste caso xa que é o idioma que sempre sae perdendo) nun idioma, se o profesor non se expresa nesa lingua e non respecta o que din as leis, non serve de nada. Creo que desde os órganos que teñen máis poder deberían regular un pouco isto para que non se dean estes problemas. Pero o mesmo tempo tamén creo que a estes órganos “pasan” un pouco do Por outro lado, en canto a que os nenos sexan educados na lingua materna predominante creo que nun futuro próximo a meirande parte sería educados en castelán, xa que o galego perde falantes e entre estes falantes atópanse as franxas de idade máis novas...a meirande parte deles virán educados da casa en castelán. Estou de acordo con Zeltia, en canto a pensar de que a idea do plurilingüísmo é utópico xa que na actualidade, os pais que son os primeiros que teñen que decidir sobre a educación dos seus fillos e moitos deles prefiren que sexan ensinados so en inglés e en castelán esquecéndose por completo do galego. Creo que inda falta moito que facer co galego no ensino e espero que todos nos, futuros docentes, poidamos contribuír a que o galego nas aulas mellore.
É un texto moi técnico, para o meu gusto fáltalle emoción. Por outro lado o autor expón a situación da lingua na escola como algo moi importante, que o é, xa que, sobre todo, hai que ter en conta que os nenos pasan gran parte do seu tempo nos centros e adquiren conceptos que dende alí se aportan. Pero debo dicir un inciso. Comentándoo co meu pai este fin de semana, el é mestre de Historia e Xeografía nun instituto e anteriormente foino nun centro de primaria. El apoia o galego dende sempre e está moi involucrado en solucionar o problema da nosa lingua, así pois as súas clases sempre as impartíu en galego, e coma el todos os mestres que con el impartían clase no CEIP de San Cibrao (o Rivera Casás, que foi derruído fai pouco por intereses económicos, non fai falla dicir nada) sen embargo, como dixen xa, falando con el díxome que non conseguira nada; os alumnos que falaban castelán ségueno falando e moitos dos que falaban galego cambiáronse de idioma, vade a San Cibrao e verédelo, é certo. É curioso, porque eu estudiei alí a ESO, nos centros de San Cibrao están máis volcados cara o galego que os de Burela, no que estudiei o Bacharelato e no que a maioría dos mestres falan castelán, sen embargo o 94% dos burelenses falan galego; alí quen fala castelán é de fora. Non se corresponde para nada, como meu pai me dixo sobre a súa experiencia, na decisión dos rapaces. Dende logo non sei porque en Burela e Foz se fala tanto galego, porque todo o mundo fala galego, dende logo non é pola ensinanza, ou non o parece. De todas formas, eu penso que o importante á hora de presentarlles o galego aos alumnos non é utilizándoo na clase, senón mostrándolles a importancia que ten empregalo e aproveitar as vantaxes que nos pode aportar, así como tamén as do castelán. Ensinarlles a realidade lingüística, desta forma eles, por si mesmos, poderán elixir en que idioma falar, con coñecemento do que están a facer. Os rapaces non son tontos, debemos explicarlles o porque das cousas, non impoñerlles ideas porque si: isto fano aqueles que non poden xustificar o que din porque de facelo non terían apoio (véxase Rajoy no debate), pero nós temos moitos motivos e explicacións que dar e moita realidade que mostrar.
Neste artigo se nos amosa a situación da lingua galega na escola, facendo un percorrido polo pasado, presente e futuro. Introdúcenos na lectura amosándonos a relación entre o galego e a escola. É unha relación mutua, xa que a lingua representa un sistema de comunicación e polo outro, dentro da escola esíxennos aprender unhas determinadas linguas. O problema é que aínda que moitas asignaturas na escola dánse en galego, a realidade non é así, os profsores falan castelán e o q fan é liarlles máis a cabeza, porque se o libro está en galego e o profesor fala en castelán? Facemos unha mezcla….. falo por min, per coma eu moitos. Este é un problema que tenemos que arranxar nós mesmos. Os políticos adícanse a poñer máis decretos e ordes… pero eles mesmos deerían de comezar a tratar o tema do galego con seriedade. A valoración do texto é boa, pero moi pesismista, esperemos que nun futuro non moi lonxe rematemos con este problema.
El texto carga, y con mucha razón contra los decretos que hemos tratado en clase. Argumenta que los decretos establecen muchas normas y marcos de actuación pero que se quedan en eso, mucho artificio pero con nada importante detrás. El problema es que ya se tienen claros los objetivos, pero no la manera de conseguirlos. Finalmente aboga por el plurilingüismo como la herramienta más válida para restablecer el status del gallego, ya que con esta postura la gente valoraría más la diversidad lingüística, y en consecuencia, valorarían más el gallego.
Ola.
ResponderEliminarBieito Silva Valdivia describe moi ben no seu artigo como é e era a situación de Galicia en canto ao ensino en relación coas linguas.
Estou totalmente dacordo con el. Por un lado, como di el, a lingua inflúe na escola e a escola na lingua. Ademáis, ésta é un saber necesario e debe ser garantido pola comunidade educativa xa que é un instrumento de comunicación social, que vai acompañado por una historia e unha cultura propia do país ao que pertence.
Pareceme moi interesante o feito de que as linguas que se estuden sexan opcións que se elixen politicamente e isto non favorece en ningún caso a conseguir unha gran diversidade lingüística en ningún lugar do mundo.
Por outro lado, pareceme moi importante saber que ata o 2004 non se fixo un Plan Xeral de política lingüística, e só había un conxunto de medidas que estaban asentadas nun bilingüismo difuso.
Na miña opinión o modelo lingüístico para garantir o galego, que existía dende había máis de 25 anos, tiña varias medidas positivas, como non separar os alumnos por razón de lingua, que puideran recibir o ensino na súa lingua materna ou planificar o número de asignaturas que debían estar en galego ou en castelán.
Finalmente, podemos dicir que foron importantes algunas das medidas que se levaron a cabo aínda que se poden mellorar. A lingua galega asentouse na administración, superando moitos prexuizos contra a nosa lingua e equiparouse educativamente tanto o galego, o castelán como as linguas estranxeiras.
Un saúdo.
MIREYA BENITO MORCUENDE
O texto trata moitos temas interesantes dentro da cuestión "Lingua na escola".
ResponderEliminarInterésame especialmente o termo de "liberdade lingüística", por parecer case unha utopía.
Semella que ó longo dos últimos anos o ensino tentou ser políticamente correcto, fomentar un bilingüismo que remata por cumplirse a nivel administrativo, pero que non acaba de ter contento a ninguén: os centros non están suficientemente preparados ou implicados, nesta nova xeración auméntase a complicación por querer incluir linguas estranxeiras... Se na miña xeración non se solucionou un problema de diglose clara, pregúntome como van acadar esa "excelencia" plurilingüe os alumnos actuais, creo que o problema é unha base da articulación entre o ensino e os intereses sociopolíticos á hora de establecer prioridades e tempos na educación das linguas.
Lara Díaz Pintos
En primeiro lugar, comparto co autor que entre escola e lingua hai unha relación mutua, e que esta relación non so abarca cuestións educativas, senón que tamén cuestións socias, porque como xa sabemos, a lingua é cultura, e detrás de cada lingua hai unha historia e un pobo que a fala e se identifica con ela.
ResponderEliminarPero todos estes valores, para os gobernos, que son os que ditan as leis, non teñen ningunha importancia. É triste saber que ata o ano 2004 non houbo ningún modelo lingüístico para o sistema educativo galego, e vendo que as medidas que se tomaban eran pouco comprometidas, ¿por qué non se facía moito máis?, ¿ de verdade se pretendía un ensino bilingüe?. Isto a min faime pensar que non, e desde o ano 1983 que se promulgou a Lei de Normalización Lingüística pasaron moitos anos, anos perdidos.
Todos os decretos que se formularon tiñan o obxectivo de conseguir un ensino bilingüe, pero parece que o único que se conseguiu con eles foi poñer límites á lingua minorizada. Ademais, como se di no texto, so cunha presenza escolar semellante do galego e do castelán non se pode ter unha auténtica competencia bilingüe, xa que depende de outros aspectos socias. De nada vale que un número de materias se imparta en galego se despois na casa fálase sempre en castelán, cos amigos falase castelán, nas actividades extraescolares fálase castelán...
Chama a atención que, a pesar de todo, froito da lexislación existente, se conseguise asentar o galego en tarefas administrativas e que moitos dos prexuízos contra o galego se fosen superando.
Outro tema importante, e que xorde como demanda do mundo actual, é o plurilingüismo. Penso que todos estaremos de acordo que hoxe en día é necesario o coñecemento dunha lingua estranxeira para movernos polo mundo, pero claro, o problema está en como o conseguimos. A min parécenme moi razoables os criterios básicos de Bieito Silva para un modelo lingüístico escolar orientado ó plurilingüismo e tamén penso que se pode ser plurilingüe desde unha lingua minoritaria, pero creo que aínda hai moito camiño por percorrer.
Ola a todos.
ResponderEliminarDespois da lectura de este artigo, creo que teño moito máis clara cal é a situación do galego dentro da escola, e cal foi o seu percorrido ata chegares ao panorama actual.
Polo propio título do artigo, podemos adiviña-la importancia da escola como instrumento de modificación de hábitos, ainda que, segundo o autor, esta foi diminuindo nos últimos anos. Por iso é clave coñecer a maneira de abordar a ensinanza do galego pero non illadamente, senon en relación co resto de competencias idiomáticas.
Silva Valdivia fálanos do relativamente recente que é o marco normativo lingüístico no que ao ensino se refire, polo que parece razoable que as distintas e sucesivas aproximacións que se veñen facendo para equiparar os niveis de competencia en lingua galega e castelá, non sexan todo o eficaces que desexaríamos. Non hai unha tradición-como dicía a profesora na clase-normativa que veña de lonxe polo que as experiencias resultan menos efectivas. Desta maneira podemos entender, que ainda que se obrigase a impartir certa cantidade de materias en galego, todos vivimos a heteroxeneidade de tratamento que se lle dou a esta medida: no meu caso, en COU solo tiña lingua galega e matemáticas en galego, e no último caso, penso que era porque o profesor era galegofalante e non porque se sentira obrigado a cumprir ningunha norma. Como non houbo ningún tipo de control sobre o que a lei prescribía, o seu cumprimento quedou en mans xa non dos centros, senon do compromiso persoal dos docentes. Como o autor nos dí, foi unha medida propia dun bilingüismo difuso.
Por outra banda, atopamos que non todas as linguas son percibidas polos falantes ou aprendices da mesma maneira, e como di Bieito Silva, non todas teñen o mesmo estatus social. Estou dacordo co autor, en que este é un dos temas principais a abordar no ensino por tratarse sen dúbida dun prexuízo profundamente enraizado na nosa cultura. Penso que só eliminando este complexo de inferioridade poderemos avanzar no coñecemento e uso da nosa lingua.
Penso tamén como Silva Valdivia que o futuro do galego está ligado á súa condición de lingua primeira, xa que, o uso do castelán está máis que garantido para os alumnos en contextos extraescolares. Non ten sentido intentar igualar o nivel de competencia entre as dúas linguas tratándoas da mesma forma, posto que unha parte en clara desvantaxe.
Incide tamén nun aspecto primordial que é que os referentes teñen que ser de calidade. Deste xeito, os docentes, xornalistas, políticos, etc e todos aqueles que fagan uso público de galego, deben estar ben formados e usalo correctamente. Non é por tanto só un tema de cantidade senón tamén de calidade e ao mesmo tempo non é só un problema dos aprendices senon da lingua modelo e de quen a transmite.
Outro tema que creo que merece ser resaltado é o de que cómpre superarmos o debate do bilingüismo para adentrarnos no plurilingüismo e elaborar estratexias comúns e coordinadas para aborda-la aprendizaxe das distintas linguas na escola, xa que, ainda que teñen características moi distintas hai outras que si poden ser extrapolables de unha a outra.
Silva Valdivia, ademáis de explicar con claridade en que modelos se basearon a diferentes etapas da vida do galego na escola, fai unha proposta de estratexias e modelos que segundo él deberían seguirse no futuro para garantir o coñecemento e polo tanto a supervivencia do galego nos distintos ámbitos.
Ola!
ResponderEliminarEstou de acordo con mis compañeiros, só quería facer dous apuntamentos que me parecen moi interesantes:
1. Que na primeira idadade dos nenos nas escolas se fale a lingua materna da maioria deles. E non o contrario, de ese xeito fomentariamolo bilingüismo.
É unha realidade, cando un dos pais do neno fala frances ou aleman, vese normal que o neno na casa desde pequeno escoite ese outro idioma para aprendelo xa que fora da casa escoitará o do seu pais. Sin embargo co noso idioma na escola facemolo ó reves.
2. O punto donde dín que a galeguización da vida académica foi mais cativa do que a propia lexislación permitía. Eu recordo de toda a miña etapa educativa os mestres dicindo "comprade o libro en galego pero eu vou falar castelán" ou outros dicindo "esta clase debería facela en galego pero somos maiores para que cada un fale o que queira" e cousas polo estilo. De maneira que xa os propios mestres, non cumprían coa lexislación e inculcabanos máis prexuizos.
Tamén é do máis interesante os resultados que fai tras 25 anos de lexislación.
Paréceme interesante o apuntamento que fai Bieito Silva, e coincido con él en que é moi importante o ensino das linguas na primeira etapa da escolarización dos nenos. Un neno que aprenda a falar en galego, seguirao falando sen problema mentres que se únicamente fala castelán terá máis dificultades á hora de expresarse en galego cando sexa adulto.
ResponderEliminarPor outra banda,como él comenta a pesar de que a lexislación lingüistica estableza un número de materias que se teñan que impartir en lingua galega, existen moitos profesores que non teñen un bó coñecemento do galego. Eu recordo,cando estudaba 2 de bacharelato a mestra de historia impartía as clases en galego (un galego con castelanismos e con erros na construcción das frases).Na correción dos exámes, ademáis de correxir os contidos da súa materia, correxía formas galegas que ó seu parecer, non eran correctas.Así pois, era moi normal atoparse cun "á" (referido a contracción) tachado e moitas outras palabras que dende o seu punto de vista estaban mal expresadas en galego. Deste xeito,moitas persoas se tiñan dúbidas na construcción dunha palabra ou frase,ó ver a forma errónea feita pola propia mestra,quedaban cun termo incorrecto.
Finalmente e con relación a expresion do autor "o uso que fai a mocidade do galego e cada vez máis minoritario" penso que as estatísticas dependerán da zona.Así pois, en Coruña cidade sempre se falou (e cústame pensar que isto mudará) o castelán como lingua maioritaria, noutros lugares de galiza as persoas exprésanse maioritariamente en galego, pero coincido co autor en que, en termos xerais si que descendeu o número de galego falantes entre a mocidade.
Sen dúbida o que máis me estaba a reconcomer mentres que lía o artigo era o tema que menciona a miña compañeira Sandra, a competencia lingüística dos profesores. Lía e lía e non falaban diso por ningures. Cando entran a considerar a lingua estranxeira é cando se menciona por primeira vez o tema. O cal me pareciu terrorífico. E por fin ó final do texto o din. É necesaria unha boa compentencia en galego por parte dos profesores. Case ó final. Como algo accesorio e adicional. Eu poñeríao ó principio.
ResponderEliminarQue os rapaces aprendan galego, si, pero que modelo de lingua lles imos ofrecer? O da profesora de historia de Sandra? E tamén o da miña, e supoño que o da de moitos máis.
Éncheselle a boca ó goberno co multilingüismo, plurilingüismo, inglés, inglés, aprender inglés, que haxa profesores de matemáticas e física en inglés. E logo profesores de matemáticas e física en galego? Pero galego de verdade. E que lles importe.
Porque con toda a lexislación, o único que fan é, ou ben non cumprila, ou cumprila a regañadentes. Cren que dan a clase en "galego" e xa zafan. Non se cuestionan se o falan ben ou se quizais deberían dar un cursillo. Porque para eles a calidade do idioma é o de menos. Hai que zafar.
E así tanto ten que che dean o 30% das materias en galego, o 50% ou o 100%, porque non che axudan a aprenderes. Se non se regulariza o coidado deses acementos, é escusado que se regularice a construción do resto do edificio.
Empezar comentando que el texto me parece realmente adecuado como complemento a la lectura anterior de Teresa Moure, ya que empieza exactamente donde ella lo deja: “A escola pode rescatar a importancia da diversidade…”.
ResponderEliminarSe nos explica con datos reales como la escuela está consiguiendo o dejando de cumplir este objetivo en el caso gallego. Y es aquí donde han aparecido algunos datos que me han llamado la atención; sobre todo en el apartado de balance de resultados. El primero es que la manera de averiguar si la lengua gallega está calando en los individuos se basa principalmente en cuestionarios sobre autopercepción, lo cual no deja de ser creo yo una parte muy pequeña de todo lo que se podría analizar e investigar. Dejando aparte el hecho de que las personas pueden no decir toda la verdad en este tipo de encuestas; creo que a veces el propio individuo no es consciente de su realidad al cien por cien y puede dar respuestas que no se ajustan a su vida real.
Y después un dato, que no es que me ha llamado la atención a mí en si mismo sino el hecho de que el autor lo extraiga como consecuencia después de una gran cantidad de información cuando para mí ya es algo con lo que se debe contar antes incluso de formalizar las bases de cómo se va a introducir una lengua en las escuelas: la teoría del cumplimiento de los mínimos. Para mí aparece de manera obvia que el individuo tiende a coger siempre el camino más corto y fácil en todo, va en nuestra naturaleza misma (y en especial en la de este país); por eso es de este hecho de donde se debería sacar la conclusión más importante. Si damos facilidades para no trabajar en la incorporación de una lengua que se está perdiendo; la lengua se perderá. Lo que se debe hacer es imponer unas normas más exhaustivas para que la que este en situación desfavorable pueda adecuarse a la que parece sana y tiene más protagonismo en la situación actual. Así que no es solo en la escuela donde tenemos que decir que algo falla; también en la legislación que tiene que darse cuenta que solo con buenas intenciones no se llega a ningún lado.
Y por último otra cosa con la que estoy totalmente de acuerdo: no puede recaer en la escuela toda la responsabilidad de transmisión y recuperación de la lengua; se deben proponer otros espacios y situaciones en que el uso se haga de manera informal y más rica y natural. Claro que en la escuela deben enseñar los fundamentos sintácticos, fonéticos, gramaticales,… pero es fuera en otros contextos donde las personas deben encontrar el gusto de hablarlas, de disfrutarlas, y eso a mi forma de ver es algo que está por resolver.
Un saludo.
Básicamente estou dacordo co autor e cos meus compañeiros. Bieito Silva danos un paseo pola nosa recenté historia co galego na escola e clarifica a súa situación actual.
ResponderEliminarEstá clara a importancia do ensino de novas linguas nas primeiras etapas da vida e a facilidade con que os nenos asimilan as novas estructuras. Por iso creo que pilar fundamental do ensino do galego debe estar nos primeiros anos de escolarización. Que o neno senta, ainda que non o óia na casa, que o galego forma parte de forma natural da súa vida. Se non se consegue isto, por moitos esforzos que se fagan nos nivéis superiores o rapaz vaino rechazar porque lle vai supor un esforzó extra.
Aprender una lingua sen poñela en práctica nun contexto real non ten sentido, por iso considero moi acertada a puntualización do autor ó dicir que o galego debe traballarse en distintas materias do ensino.or outra banda, o castelán é a lingua maioritaria e ningún rapaz vai ter problemas de dominio da mesma, pero tamén se debe traballar.
En referencia á política educativa neste país pensó que foi un proceso de adaptación ás distintas realidades que se iban detectando, pero dunha maneira branda. Os distintos decretos que se foron aprobando tiñan que ser cumpridos e a inspección educativa tiña que por todo-los medios o seu alcance para facela cumprir. E iso fallou.
O gran logro foi a institucionalización do galego na administración. Con iso conseguiuse elevar o galego a un uso nobre, axudando a que desaparecerá o prexuizo de lingua da aldea.
Atopar o equilibrio do linguismo na ensinanza non é tarefa fácil, pero penso que ise traballo ten que estar baseado no dereito do propio neno a coñecer e poderse manexar perfectamente nas línguas oficiáis da súa terra, a coñecer cales son os seus orixes e a cultura do seu pobo ( para o que é necesario o uso da lingua galega),e a coller as habilidades necesarias nunha língua estranxeira que lle permitan interactuar con xentes que falen o idioma dos países económicamente fortes.
Para rematar, eu propoñería un sistema que fose maioritariamente galego no inicio escolar, e os poucos chegar un equilibrio co castelán e con outra lingua estranxeira conforme se avanza nos cursos. Deste xeito, o galego sempre sería o idioma de referencia para o cativo, pero o mesmo tempo se lle amosaría a realidade, de tal forma que a escola fora un reflecto da sociedade.
É que o están a facer tan mal...
ResponderEliminarTan mal que o único que chega aos nosos ouvidos é isto. Podo dicir abertamente que este texto non me aportou nada porque estou xa bastante afeita a ler o mesmo unha e outra vez. E por extensión podo dicir que tampouco lle aportou nada ao galego, polo menos en canto á miña persoa se refire.
Lamentos, lamentos, lamentos. Suxestión, suxestión, suxestión. “É que non tes conciencia?” – dinche – “O galego está a morrer. É un idioma menosprezado, case ninguén o fala xa!” E en qué o beneficia que se repita isto unha e outra vez? Qué mal o venden... e mira que é bonito. Se estás a repetir unha e outra vez que o galego non o fala ninguén estou segura que a xente que te oe non ten máis ca ganas de falalo... Claro.
Porqué non me contas o que ten de bo? Se amas o galego porqué non pensas mellor cómo ensinarllo ao mundo?
Eu son castelánfalante e o amor que eu poida ter polo galego venme dos libros. Dos libros e da terra, pero dende logo non de señores coma este.
Señor Bieito, escriba novela, compoña música, actúe. Ensine vostede porqué deberiamos falar o galego se é iso o que deberiamos facer.
Os galegos de hoxe falamos castelán. É ben certo, déalle as grazas aos reis católicos, a franco, a quen queira. É a lingua nai de moitos de nós. Iso non quere dicir que non nos guste o galego, non ten nada que ver. Gústanos o galego, o inglés, o francés, e ata o suahili. A diversidade gústanos pero que eu aprenda suahili non quere dicir que o vaia falar na casa. É o mesmo pero non é o mesmo, xa sei. O galego, di Bieito, debe ser a lingua primeira e principal do currículo. Pero para a xente que non ten máis contacto con el que na escola este punto de vista resulta radical, sobre todo se non se lle pregunta ao respecto.
É que non é culpa dos galegos. Xa lle dixen a quén lle había botar a culpa. Arrastramos a historia canda nós. Xa non temos contacto co galego a pesar de que é o noso maior signo de identidade. Sería perfecto arranxar a situación pero non o van facer así: non poñade lo tellado antes que a casa, Bieitos e Bieitas. Primeiro teredes que convencer aos galegos de que queiran estudar en galego.
Cómo facedes iso? Haberá que modernizarse un pouco. Cómo aprenden linguas os rapaces de hoxe? Co cine, cos videoxogos, coas redes sociais, cos bos libros (que deses temos moitos), coa música... Non gastedes máis cartos en campañas publicitarias ridículas que só saben repetir “fala galego” e “o galego morre”. Iso só nos fai sentir culpables, a ninguén lle gusta que lle repitan as cousas que fai mal unha e outra vez. Gasta o presuposto en promover máis, moitos máis concursos literarios en galego. Fai chegar os libros á xente. Promove os grupos de música en galego. Todo tipo de música, non só a tradicional, que os xoves escoitamos rock, non muiñeiras...
Sinto non estar de acordo con Bieito. Gústame o galego, é precioso, é sonoro, ten moitas cores. Pero non é a miña lingua nai nin de lonxe. Crea contacto entre a xente nova e o galego pero faino da forma que funciona. E deixa de rosmar que iso si que non sirve para nada.
Lin este artigo de Bieito Silva detenidamente, parándome nos puntos sinalados polo autor.
ResponderEliminarToca moitos temas relacionados coa lingua cunha ampla problemática social en Galicia, e como eu non son nin sociolingüista, nin pedagogo e non entendo nada ou casi nada desas materias, vou dar a miña opinión, que igual é absurda, pois para min a cuestión da lingua galega é unha cousa de sentimento, de identidade.
Penso que a educación en dúas linguas á vez, da forma que está plantexada en Galicia non vale, podería estar ben cando a xente ten unha actitude positiva cara esas dúas linguas, por exemplo o caso dun estudante de Burgos escolarizado en castelán e inglés. Mais en Galicia está sendo un desastre polo desprestixio que ten entre moitos galegos a súa lingua nai e sobre todo o pasotismo que hai.
Coido que o problema e noso, da sociedade, nin sequera dos políticos de partidos estatais que gobernan como partidos nacionalista-estatais, pois, e retomando o termo de “Ecolingüística” de Teresa Moure, a nivel estatal están máis preocupados pola pérdida de calquera cousa de España, por exemplo o lince ibérico (que está ben que sexa así), que pola riqueza idiomática do estado. Repito o problema é noso, nin sequera dos políticos dos partidos estatais que nos gobernan e que están claramente a favor da desaparición paseniña do galego. Por tanto se nós como sociedade non queremos protexer o galego e esiximos esa protección así como a aprendizaxe dos nosos fillos na nosa lingua, os que nos gobernan pásaran, irán facendo leis en contra do galego, e éste desaparecerá.
Se trocáramos a forma de pensarmos, iríamos cara unha escolarización integra en galego, que é o que tiña que ser.
Teño dous primos cataláns, un deles vai ingresar na Universidade para o ano, a súa escolarización dende infantil foi sempre integra en catalán, 100% catalán, estudaron inglés e castelán con clases prácticas e de desenrolo desas linguas, hoxe son catalán falantes 100 %, en todas as facetas da súa vida, pero falán e escriben perfectamente en castelán e inglés. Pero claro, estamos a falar doutro país e doutra sociedade. Ónde está o problema en Galicia?. O problema é sempre noso da sociedade.
O castelán vampiriza pouco a pouco ó galego, e nas escolas bilingües non se consegue avance ningún, ou tan só poucos avances. Si, os galegofalantes dominan as dúas linguas e algúns castelanfalantes tamén, pero non se trata diso, penso eu, do que realmente se trata é de que o galego domine totalmente o noso mundo, as nosas relacións sociais dentro de Galicia.
Por outra parte, o artigo quédase antigo, pois parece escrito na época en que gobernaba o bipartito, e xa temos un novo goberno na Xunta, o cal está a facer unha política que favorece o retroceso da lingua galega, incluso máis que cando gobernaba Fraga.
Hai cousas que se fixeron ben nestes vintecinco anos, e o galego gañou terreo nalgúns ámbitos, pero se o retroceso no uso nas xeracións vindeiras é notable, entón é que camiñamos cara o desastre total.
Para min a educación tiña que ser 100 % en galego, non podes dar as matemáticas en castelán e a historia en galego, tes que manexarte e encher a túa cabeza coas dúas materias na túa lingua. E o digo eu que me custa moitísimo falar galego nun ámbito castelanfalante.
Por certo estou de acordo co que di Lara Edreira. Temos que recuperar aos castelanfalantes e castrapofalantes, entre os que me atopo eu, que si temos actitudes positivas cara o galego. E este artigo de Bieito Silva, parece un pouco o de sempre, o que dicía Goretti, o da "Gaivota chorona".
Ben, remato xa. Como dicía non son socilingüista, nin pedagogo, a miña e unha opinión de sentimento.
Ulas xentes durmidas de Galicia. Despertade xa, ou.
Un saúdo.
Canta, canta razón ten Lara Edreira. Abraiada quedei coa sinceridade do comentario. A experiencia que temos de cara á lingua non é exactamente a mesma, mais si tan semellante que as consecuencias veñen sendo as mesmas. A min preguntáronme hai uns meses cal era a mellor maneira de facer que os estranxeiros queiran achegarse ao galego e aínda estou tentando dar cunha proposta efectiva.
ResponderEliminarDurante a primeira parte do texto eu tiven a mesma sensación que Lara (xa lin isto centos de veces). Porén, de cara ao final, cando expón os fundamentos do ensino plurilingüe en Galicia, paréceme unha proposta moi meditada, moi moderada e moi aberta cara as outras linguas, facendo fincapé no castelán e non no inglés, que é o lóxico (non me quero meter no tema de como se da bioloxía en inglés a uns alumnos aos que a bioloxía xa lles soa a alieníxena se a fan en galego ou castelán). Tamén menciona, se ben é breve, a cuestión do diferente estatus social de ambas linguas: sería iluso obviar a superioridade do castelán (ollo, estou a falar dun sentimento social que atopamos de feito na rúa, non estou a afirmar nada sobre as propiedades da lingua!) e isto mesmo lévao a considerar a necesidade de dar máis en galego, como unha especie de mecanismo compensatorio. Tamén pon en palabras algo que eu xa sabía mais que nunca me parara a verbalizar: dáse por suposto que as asignaturas que non son obrigatorias en galego deben ser en castelán. Nunca pensara que isto é unha tendencia asumida e seguramente en moitas ocasións non pensada.
Por outra banda, gustaríame puntualizar outra cousa do comentario de Lara: é ben certo que apenas hai música moderna en galego, por non falar dos videoxogos, mais si que hai tele (comentei hai ben pouco o da tradución de pelis recentes), series autonómicas e estranxeiras, e literatura si que non falta. O facebook, rede social por excelencia, está dispoñible en galego, e o galego é un dos idiomas aos que máis se traduce o software libre. De feito a min sorprendeume o ben organizados que están e o nivel de criterio e corrección lingüística que teñen.
E outra cousa máis, rosmar é deporte nacional ;)
Estou dacordo co autor do artigo en que a lingua e a escola teñen dependencia, e que ambas son necesarias para conseguir unha mellor comunicación oral e tamén social entre a comunidade escolar.
ResponderEliminarArredor de vinte e cinco anos se tardou en asentar claramente o galego nas institucións públicas, nas administracións, nos medios de comunicación e no ensino (a metade das materias, como mínimo, se están a cursar na etapa obrigatoria).
Paréceme importante destacar o apuntamento que fai Bieito co termo “ensino por contidos”, ensino no que se emprega unha lingua para falar na clase dunha asignatura non lingüística. Esto non sólo enriquece o léxico do alumnado, senón que tamén, como fai referencia o autor, a competencia entre o prfesorado tamén é maior.
Coa aparición na lexislación do uso de outras linguas extranxeiras de grande poder estase a ralentizar moito máis todo o que se conseguiu en tantos anos. É certo que a diversidade lingüística é necesaria hoxe en día, pero non nos olvidemos de que hai linguas que xa están aí dende antes, e que hai que seguir coidando, cando menos outros vintecinco anos máis.
Neste artigo, Bieito Silva, amósanos a situación da lingua galega na escola, facendo un percorrido polo pasado, o presente, e o futuro desexado.
ResponderEliminarIntrodúcenos na lectura amosándonos a relación entre o galego como lingua e a escola. Trátase dunha relación mutua e recíproca, onde por un lado a lingua representa un sistema de comunicación e polo outro, dentro da escola esíxennos aprender unhas determinadas linguas.
Logo Bieito intenta dar resposta á pregunta ¿Qué pasa co galego no sistema educativo en Galicia?
Para amosarnos isto, fainos un percorrido pola historia, facendo hincapé nas principais etapas do modelo lingüístico suliñadas coa Lei de Normalizacion Lingüística, e os Decretos 247/1995 e 124/2007.
¿Qué foi o que pasou no sistema educativo en Galicia ca lingua galega? Despois de moitos anos de ocultamento, non é ata o ano 1983 cando se crea a Lei de Normalización Lingüística (LNL) nembargantes é no ano 2004 cando se constrúe un modelo lingüístico para o sistema educativo.
A LNL segue unhas liñas de actuación que ainda que hoxe foran modificadas nalgún termo, consérvase o seu espíritu orixinario. A grandes rasgos pódese resumir no seguinte:
- Os rapaces non poden ser separados dentro do centro educativo por motivo da lingua.
- Recoñécese o dereito dos nenos a recibir o primeiro ensino na súa lingua materna, os Decretos posteriores foron modificando este dereito dunha forma menos regurosa
- Reclámase a presenza das dúas linguas oficiais de Galicia como instrumentos do currículo. Esto tamén foise modificando cos Decretos ata chegar a unha porcentaxe do 50% “como mínimo” para o caso da lingua galega.
- ¿qué pasa co outro 50%?. Os centros educativos deberán facer unha planificación lingüística onde a guía será garantir que os rapaces acaden o bilingüismo.
Hoxe en día xa non falamos so de bilingüismo senon de plurilingüismo. Bieito propón unha serie de criterios para acadalo nos centros educativos. Estes criterios pasan pola implicación da sociedade no seu conxunto ou por ter profesionais da ensinanza que sexan compententes, etc. O que semella que é de moita importancia é que a lingua galega teña unha condición de primeira lingua para garantir o seu futuro.
A miña opinión sobre o tema está chea de dúbidas, creo que é moi complexo e moi difícil valorar se coas actuacións que se van facendo acándase bos resultados, e se estos quedan materializados nalgo. Creo que a principal rocha está en nos, na nosa percepción como galegos, e ata que non cambiemos a nosa mentalidade ningunha Lei ou Decreto poderá acadar nada serio. De que serve que falemos todos un galego perfecto na escola se ao saires dela non o volvemos empregar nin leer ou escoitar na radio, na prensa, nos bestsellers, no cine….
Lara ten toda a razón do mundo. Parece que se trata de concienciar á xente para que fale galego dicindo que hai que falalo, que blablabla.... Pero non se propicia realmente que a xente o fale. O de que o 50% de asignaturas nos colexios se de en galego non parece dar moitos resultados, xa que non se controla e moitos profesores dan a clase en español, ou como dixo Sandra, en un galego que non é galego. Na miña opinión estaría mellor que o 100% das asignaturas (agás a de Lingua e Literatura Española) fosen en galego. Porque din que algunhas teñen que ser en castelán "para garantir o coñecemento das dúas linguas oficiais", pero é evidente que os nenos xa están suficientemente en contacto có español gracias á televisión, música, películas, videoxogos... Así que non precisan realmente dar matemáticas ou historia en español para "alcanzar un alto nivel" nesa lingua. Pero en cambio se un neno castelánfalante tén todas as clases en galego sí poderá chegar a un bó nivel en as dúas linguas, xa que fora da escola non hai problemas para aprender español. Esto aplicaríase máis ben a nenos castelánfalantes, supoño, pero de todas formas ó ter xa unha asignatura de español suponse que xa van a aprendelo igual. Para que isto tivera sentido e funcionase, os profesores deberían cumprir co seu cometido e falar galego nas clases, non como fan hoxe en día, e para iso precisaríamos algún tipo de control ó principio, ata que a xente estivera concienciada. Por qué os cataláns están tan concienciados da necesidade de protexer a súa lingua e nos non só non o estamos, si non que ás veces incluso atacámola nosa? Ahí hai un problema que tense que solucionar, e só podemos facelo nós mesmos, empezando por cada un individualmente, mentres esto non pase, as leis pouco van a cambiar as cousas.
ResponderEliminarTodo iso está moi ben. Agora convence aos nenos para que queiran as clases en galego...
ResponderEliminarO primeiro vai primeiro. O cambio ten que sair de dentro de nós pero alguén ten que comezar a cambia-lo chip xeral.
Eu cando estudaba en Santiago tiña unha compañeira de Vimianzo á cal un día outra compañeira lle comentou que falaba moi ben o castelán, e preuntoulle si o falaba na clase, ao cal a de Vimianzo respondeu que lle daba vergoña porque tiña dous compañeiros de Lugo que cando falaban castelán todo o mundo ríase deles(polo acento)
ResponderEliminarO ano pasado dinlle clase a un rapaz que ten familia en Vilalba,un día falándome da súa aldea,empregaba o galego para contarme cousas sobre a súa familia, entón eu pregunteille si falaba en galego cos amigos e compañeiros da escola,entón díxome que non, que lle daba vergoña porque os seus amigos ríanse de el.
Non entendo como un pode avergonzarse por facer uso de algo que forma parte da entidade de un, será que vivimos nunha sociedade cobarde, que renuncia a un dereito recollido na Constitución e no Estatuto de Autonomía, e que forma parte da nosa cultura e da nosa historia.
O estudo dunha lingua non garante a adquisición da competencia da mesma. A competencia adquírese co seu uso en diferentes contextos comunicativos. O uso dunha lingua débese fomentar nas relacións con outros centros, nos documentos de réxime interno. O profesorado debe formarse na lingua para impartila dunha maneira axeitada. Tamén desempeñan un papel moi importante no fomento da lingua as organizacións en defensa do idioma,os sindicatos, as organizacións estudiantís.........
Paréceme un tema bastante complicado ao tratar aspectos sociolingüísticos, sempre complexos, pero vou intentar dar a miña opinión.
ResponderEliminarPara empezar, dicir que estou de acordo co autor en que o galego sexa lingua principal do currículo, penso que debería ser preponderante nas primeira etapas, sobre todo ata os 6 anos, xusto cando son máis receptivos na aprendizaxe de idiomas, para poder ir regulando en niveis máis altos a convivencia con outros idiomas, pero sempre respetando un mínimo do 50%, precisamente a porcentaxe mínima que tente rescatar a unha lingua minorizada.
E como apuntan os compañeiros, ¿con quen van practicar estes rapaces ao saír das aulas? O panorama está claro.
Os pais destes nenos aos que queremos aprender un mínimo de galego sentíronse ofendidos por cuestións sociopolíticas, viron “excesivo” o contido do decreto de 2007, unha normativa de “bilingüismo ficticio” da non se chegou a vixiar o seu cumprimento e que, aínda por riba, “serviu para poñer límites á lingua minorizada”. A consecuencia é, por incrible que pareza, a radicalización dos pais de alumnos e dunha parte da sociedade.
Respecto ao modelo plurilingüísta actual: como pode ser que se priorice a unha lingua foránea en detrimento dunha propia, oficial e minorizada? Onde queda A Carta Europea de Linguas Rexionais?
Como di Telmo, saben que realmente non nos importa.
Por outra banda o profesorado debería ter un mínimo de calidade e de formación no seu galego como para estar exercendo de referente da lingua. Preocúpase a sociedade galega por este tema? Claro que non. Ao feito de que os funcionarios non se lles mira con bos ollos nestes tempos, xúntaselle o feito de que falen galego nas aulas (imposto, claro), e como dicíamos os primeiros días da clase: ou son aldeáns ou radicais. Saquen conclusión e volta a cuestións sociopolíticas.
Á falla de formación que subsiste baixo os prexuízos tamén lle temos que sumar a mensaxe de imposición que se trasladou á cidadanía, có que penso que será unha etapa complicada, pero estou moi de acordo con Lara Edreira, non podemos vivir sempre queixándonos de que si morro por esta esquina... que se morro pola outra. É coma na curta de “Historia tráxica cun final feliz”: o que queiras cambiar, cámbiao, pero faino xa, hoxe, independentemente do mundo que te rodea.
As ideas da xente sempre cambiaron e seguiran a cambiar o mundo, pero só cando fican libres de prexuízos.
Somos unha das xeracións con menos expectativas dende fai anos e, aínda así, entramos no xogo dos prexuízos impostos. O cambio está en cada un, ben dende unha visión de identidade, ben cultural, cada quen có seu.
Bieito Silva fainos unha extensa análise sobre a situación do galego na escola. Quen mais e que menos xa coñecemos esa situación. Posiblemente haxa xente que o viviu con normalidade, pero no meu caso o galego na escola estaba como escondido. Eu fun desa xeración que recibiu as clases de galego en castelán. Foi ao chegar ao bacharelato onde me atopei cun profesor que me amosou que o galego non mordía. Lembro que el foi á primeira persoa coa que falei en galego. Gustábanme as súas clases porque se vía cómo gozaba ensinando a súa lingua.
ResponderEliminarConto isto porque penso que é esencial que os profesores se sintan motivados e cómodos ensinando e deste modo conectarán moito máis co alumnado. Refírome ao que conta Silva das causas do “fracaso” que ten ou tivo a planificación lingüística nos centros. Así como na administración o galego non tivo problemas, na escola non tivo as axudas necesarias. Cando falaba do meu profesor, evidentemente el non tiña problemas co galego, pero moitos outros si, e a administración non fixo o suficiente para formalos. Deste modo moitos profesores decidiron “pasar” do tema, e ademais a administración tampouco facía un seguimento adecuado, penso que xa é bastante difícil motivar aos rapaces para aínda enriba facelo nunha lingua na que non se sintan cómodos. Penso que a administración debería ter feito una grande inversión neste tema.
Sabendo que o galego é moi importante que se transmita na escola, estou de acordo co que comentou Lara, de que o galego ten que formar parte da vida cotiá, non so da escola. Penso que a xente non vai falar máis galego porque lle impartan tódalas materias nesa lingua. O galego ten que implantarse no tempo de lecer, nos libros, no cine, na música,… non hai subvencións da administración neste senso. Nos libros pode ser, pero non todo o mundo le ou ten tempo para facelo, sen embargo case todo o mundo ve a televisión, polo que non estaría de máis que fixeran televisión interesante para xente nova. E qué dicides do cine? Coido que a única película que vin no cine en galego foi “Sempre Xonxa”, de Chano Piñeiro, e foi no 1989. Posiblemente desde aquela houbo mais, pero eu non me decatei, falta de publicidade? Falta de promoción? Falta de inversión? Co ben que o estaban facendo co Xabarín Club!
Está ben que haxa teóricos como Bieito silva que nos amosen a realidade, pero a postura do “hai que facer…” non vale para nada se non se actúa.
Este artigo de Bieito Silva seméllase á comparativa que tivemos que facer sobre a lectura dos tres decretos, un pouco máis clara e precisa.
ResponderEliminarComeza facendo unha exposición sobre a relación da lingua coa escola, para facer unha crítica do modelo lingüístico escolar en Galicia dende o pasado ata as perspectivas de futuro. Coincido con algún dos meus compañeiros en que a primeira etapa na educación dun neno é fundamental, así que creo convinte que xa desde o seu inicio na escola se acerque ao galego e se familiarice con el. Como xa apuntaron Telmo e Cíes, dende o meu punto de vista a educación obrigatoria en Galicia tería que ser en galego (desde sempre), agás lingua castelá e as linguas extranxeiras obviamente, de tal modo que non existirían os prexuízos negativos actuales. Iso significa a esixencia ós profesores o dominio do galego para poder trasmitilo correctamente.
Mais isto non quere dicir que esté en contra do plurilingüismo, senón todo o contrario. Na sociedade actual, cómpre coñecer cantas máis linguas mellor para adaptarnos á realidade social do momento no que vivimos.
Finalmente, estou totalmente dacordo con Lara no que ós lamentos de Bieito Silva se refire. É un texto un pouco pesimista, repetindo seguido que o galego non o fala ninguén, e con isto penso o que está facendo é que como non o fala nadie, aumenten os prexuízos do galego todavía máis.
Gustoume este artigo de Bieito Silva porque entra a valorar e a expoñer o que a priori se nos quere agochar.
ResponderEliminarAntes de nada quero dicir que os comentarios de este artigo son uns dos mellores que lin, cada cal e insuperable, indagan en todos os puntos, en definitiva, vese temos conciencia do que está pasando.
Paréceme moi interesante a transcendencia social que implican todas as cuestións educativas, que levan sempre do brazo tomas de posturas sociopolíticas. Esto vai marcar a posición social dunha persoa dependendo do idioma que elixa, así como a identidade dunha comunidade en base a lingua falada.
O longo de todas as clases que tivemos, e da análise dos decretos, desta lectura, dinme conta de que o que na miña opinión fallou neste sistema bilingüe foi a falta de compromiso das autoridades, tanto educativas, na administración, etc,, que en principio eran os responsables de facer que se levaran a cabo e se cumpriran estas leis. Houbo, na miña opinión, un excesivo "pasotismo" que levou todos istos plans a que non deran os froitos desexados.
A lexislación está aí, agora so falta poñela en práctica. Fágome eco dunha frase de Telmo: hai que deixar de ser gaivota chorona.
Despois de ler os comentarios de tod@s fiquei un pouco confusa, é verdade que non merece a pena chorar, mais tamén é moi importante que a xente que non coñece realmente a situación que vive o galego que poida sabelo e poida tomar as súas propias decisións desde os datos verídicos e desde textos sociolingüísticos.
ResponderEliminarAlguén comentou que para poder impartir as materias en galego, primeiro teñen que querer as crianzas, entón tamén elas poden decidir se queren aprender a sumar e como o queren aprender? Non parece que sexa moi lóxico, non? Se cadra o problema é que as crianzas se escolarizan na lingua materna da maioría, polo tanto hai algunhas que non teñen contacto co galego até que xa son algo maiorciñas, non sería mellor aproveitar que na etapa en que se escolarizan son como esponxas e poderían aprender todas as linguas que se lles quixesen ensinar? Se cadra, é polo principio da escolarización por onde hai que comezar e non polo final.
A escola é o lugar onde as crianzas pasan máis tempo e polo tanto é un instrumento moi importante para conseguir que xente castelánfalante se inicie no galego e poida ter as mesmas competencias que en español, mais parece que como di o autor a escola funciona máis como unha ferramenta desgaleguizadora que galeguizadora, pois hai unha chea de crianzas que falan galego nas casas e despois de levar unha tempada na escola non llo escoitas falar máis, aínda que a familia si que o fale.
Desde as institucións educativas e políticas nunca se atendeu a que realmente as persoas que remataran o ensino saíran coas competencias nas dúas linguas, pois hai moita xente que realizou en Galiza todos os anos da ensinanza e son incapaces de manter unha conversa en galego. Mais agora preténdese que haxa plurilingüismo, que se introduza unha terceira lingua, como non o inglés, e a pregunta é de onde van sacar profesorado que imparta filosofía ou matemáaticas en inglés? E no caso de telo, a que alumnado de bacharelato lles vas facer entender unha aula en inglés?
Por outro, teño que comentar que estou totalmente de acordo co autor en que se pode ser multilingüe desde unha lingua “minorizada”, pois temos as mesmas cualidades de aprendizaxe lingüístico ca unha persoa que fale inglés ou francés.
Este artigo fai referencia a temas que xa tratamos na clase polo que non me resultou moi novedoso.
ResponderEliminarPola miña parte, igual ca moitos dos compañeiros, gustaríame destacar que, como se di no texto, a escola e a lingua están interrelacionadas. Isto paréceme básico.
A escola exerce influenza sobre a lingua e viceversa, e penso que nós, coma futuros profesores debemos ser quenes de aproveitarnos desa influenza e de saber transmitirlles aos nosos alumnos a importancia de conservar a lingua e de saber empregar indistintamente unha ou outra.
Chámame positivamente a atención, o feito de que xa na Lei de Normalización Lingüística de 1983 se estableza que os alumnos non poden ser separados por razón de lingua. Creo que esta “non segregación” é positiva xa que se elimina a posible segregación por outros motivos e porque ambos falantes poden enriquecerse mutuamente.
En canto ás materias e ao número delas que deben impartirse en galego…non teño moi claro cómo de beneficioso resulta incluír ou non no curriculum a obrigatoriedade de impartir certas áreas en galego, xa que isto non garantiza que o profesor imparta a materia en galego.
No meu caso, eu non vivín esta situación, posto que no meu colexio as materias que eran en galego impartíanse en galego, pero sei de persoas que recibían clase en castelán, aínda tendo os textos en galego.
Pensó que incluílas no curriculum non é suficiente, debe concienciarse aos profesores da importancia e do por qué de impartir docencia en galego e tamén debe levarse a cabo un control de que isto se está a facer.
Por último dicir que, coma sinala B. Silva no texto, é necesario habilitar outros espazos de uso do galego. Esto facilitaríase se concienciamos ás novas xeracións desde o inicio, espertando o gusto por comunicarse en galego non só naquelas materias nas que é “obrigatorio” senón tamén na súa vida cotiá.
Ola de novo,
ResponderEliminarEste texto de Bieito Silva, e unha recapitulación das leis de ensino en Galicia. Bieito analiza a situación ata a lei do 2007, e comenta que ainda hai moito que facer.
Bieito comeza por o feito de que toda educación ten fins políticos, e os currículos están dalgún xeito feitos para satisfacer os obxectivos dos que están no poder.
O balance de todas e todas as medidas tomadas en Galicia, non e moi positivo, xa que a maioría das leis intentan igualar o Galego ao castelán sen decatarse que o galego está en desvantaxe social e necesitaría mais apoio.
Bieito sinala aos Galego falantes non lles custa integrarse un ámbito de fala castelá, polo que a paridade que se pretende non tería por que ser tal.
Oscar Fouz López
Este texto resalta a evolución das distintas leis de intentar normalizar a lingua galega no ensino. Gustaríame resaltar o aspecto de utilizar a lingua materna predominante entre o alumnado en principio na Educación Infantil e no primeiro ciclo de Educación Primaria, e a partir do Decreto 124/2007 restrínxeo á Educación Infantil.
ResponderEliminarEu como galegofalante, creo que cando antes che ensinen unha lingua, antes despertará a túa curiosidade ou antes te acostumarás a falar galego. Non quero que creades que estou a favor da imposición do galego ou algo polo estilo, pero creo que a igualdade de oportunidades no ensino nestes primeiros anos debería ser algo lóxico. Gustaríame recalcar o que di o autor, de que pese o esforzo de que como mínimo o 50% das clases fosen en galego, non tivera lugar un seguimento exhaustivo ou algún control de calidade para verificar o cumplimento da Lei, e no seu caso saber cales podrían ser as posibles sancións a aplicar.
E gustaríame que quede claro, por se non me explico coa suficente claridade,a igualdade de oportunidades para ambas linguas, e que cada quen fale a que queira, e volvo citar a Singala : "...Reinvindicar o propio, non supón desprestixiar os demáis.."
Paréceme interesante o percorrido que fai Bieito Silva sobre o modelo lingüístico escolar en Galicia ó longo destes anos. Parece, que a medida que avanzamos no tempo vanse incluíndo máis linguas, pasamos dun obxectivo bilingüe a un obxectivo trilingüe. A incorporación das diversas linguas ó ensino non debe poñer trabas á lingua propia do territorio, senón enriquecer ó individuo e favorecer a adquisición doutras aprendizaxes para responder ás demandas do mundo actual.
ResponderEliminarO problema reside en decidir en que momento se debe incorporar cada idioma como instrumento de currículo e no protagonismo que han de asumir no seu desenvolvemento, xa que a situación social e o papel das linguas na vida comunitaria é diferente. Hai que chegar a unha coordinación das linguas sen negar as súas diferenzas a través dunha mentalidade aberta á diversidade.
Para garantir o uso das linguas non abonda a clase de lingua, senón que cómpre habilitar outros espazos de uso. A marxe da escola, hoxe temos outros instrumentos de socialización ligados ao lecer e ás novas tecnoloxías. Estes instrumentos poderíanse introducir na escola para compaxinar os contidos das materias lingüísticas co emprego dese idioma noutros contextos. Sería unha forma de afianzar os contidos explicados na clase de lingua dun xeito máis doado e divertido.
Un dos problemas para levalo a cabo é que demanda un profesorado competente desde o punto de vista lingüístico e con habilidades para establecer o papel de cada idioma en cada momento.
Outro problema é que no modelo lingüístico escolar en Galicia só se cumpre o estritamente contemplado na lexislación, e moitas medidas non se contemplan.
Cada centro educativo debería gozar da liberdade para propoñer distintas actividades ou medidas para fomentar o uso das linguas máis desfavorecidas socialmente, pero está claro que este modelo baseado na liberdade de opción lingüística é utópico e podería desencadear na perigosa segregación dos centros. Por iso, é moi importante unha boa planificación da lexislación lingüística escolar.
Non quero ser redundante ó comentar este texto pero máis que facer un resumo do que se di intentareí aportar algun pensamento e algunha idea propia que se me ocurriron ó ler o texto frente ás xa ''vellas'' que os meus compañeiros expuxeron na blogue.
ResponderEliminarEste autor B.Silva coincide con Teresa Moure sobre todo ó principio en que a relación entre língua e escola ten implícita unha postura ideolóxica e sociopolítica, polo tanto non está agochado nada máis nos ámbitos académicos e didácticos.
Segundo o autor, a Administración educativa en Galicia esta falta de organización da lexislación a cal non está en ningun caso dirixida a un obxectivo marcado. B.Silva opina que non existe un modelo lingüístico delimitado, esta falta de deliminación é a culpable das carencias de do sistema. Cree o autor que sería positivo o feito de incorporar as línguas extranxeiras na futura formación do alumno pero evidentemente tras ter moi ben asimilada a língua de seu, a língua propia. Cando fala sobre a transmisión cuantitativa e cualitativa da língua fixome pensar no meu caso como licenciado en filoloxía inglesa, creo que a pesar de querer ensinar línguas debemos ter unha base sólida, pois senon non saberemos ningunha. Se non concurriremos nun mal uso das línguas aprendidas(todo baixo o meu punto de vista pois prefiro saber desenvolverme ben nunha língua que pobremente en 20).
Para poder transmitir unha língua vexo necesario a consideración desta língua dentro do seu contexto social, así como o seu estatus dentro do panorama sociolingüístico, so así poderemos ter unha visión clara dela e poderemos comprendela mellor. Así a nosa ensinanza debe ter en conta este factor, informando os nosos alumnos da situación na que se encontra a nosa língua.
Segundo o meu punto de vista, o artigo de Bieito Silva debe entenderse como un aviso para non volver cometer os mesmos erros do pasado nesta nova andadura plurilingüista que estamos a comenzar.
ResponderEliminarSe ó longo destes 25 anos alguén fixera o seu traballo correctamente (refírome de maneira xeral a profesores e inspectores) hoxe en día teríamos estudios que poder analizar e así poder introducir modificacións, valorar positiva ou negativamente esas estratexias que se propuxeron para intentar que ó final das diferentes etapas educativas os rapaces foran quen de empregar indistintamente as dúas linguas. Polo tanto, como di Silva o problema non está nos obxectivos, que están claros, senón en como conseguilos.
En calquera experimento científico o proceso máis importante é o da observación, é dicir, observar os cambios que se van producindo para así poder obter uns resultados veraces, imprescindibles para poder demostrar a hipótese exposta ó principio do experimento, ou todo o contrario, xa que os pasos non foron os axeitados, e nese caso sería preciso expor outros e volver a empezar a observación. É dicir, para evitar cometer outra vez os erros que Bieito Silva expón no texto, é necesario, ademais da formación e o compromiso persoal dos profesores, avaliacións por parte da administración para comprobar se as medidas propostas son apropiadas, realizables, escasas, pouco individualizadas, etc., e así, se é o caso, poder introducir unhas novas que permitan acadar a meta desexada, que actualmente non é outra que conseguir a capacitación do alumnado en varias linguas.
Deste artigo quixera comezar por resaltar o final, os tan útiles argumentos que expón Bieito Silva para chegar a un compromiso COLECTIVO, e poño este termo en maiúsculas porque paréceme fundamental, xa que sen a concienciación de todos os axentes sociais, non só os educativos, non se chegará nunca a ningures. Tamén subliño que me gusta moito a visión optimista que dá da perspectiva de futuro, xa que só dende a ilusión se pode traballar (se fosemos todos catastrofistas daríamos todo por perdido e non se faría nada xamais, así que empecemos por aí, por traballar, e ademais con ganas, e, sobre todo, por poñer en marcha unha planificación estratéxica de calidade baseada no ben do galego e na necesidade de cimentar con aceiro o futuro, en lugar de parchear con finos vendaxes os erros do pasado).
ResponderEliminarUltimamente, cando penso na diversidade lingüística, de pensamento, incluso de sentires e sentimentos, sempre acabo preguntándome a min mesma: Vencerán os Tecnócratas ou os Humanistas…? Por suposto, creo e teño fe –se non apaga e ímonos- que van ser os últimos os que acabarán por recuperar o papel fundamental na sociedade, para que esta poida renacer (aínda que agora esteamos inmersos nas circunstancias sociopolíticas particulares nas que nos atopamos e que ‘manexan’ as nosas vidas dende os gobernos e os mercados…). E nun caso como o de Galicia, no que vivimos nunha ‘realidade’ que máis ben parece unha novela absurda, mellor nos será que nos manexen os segundos en lugar de seguir manipulándonos os primeiros. Non podemos esquecer que somos un pobo cun goberno que (en xeral), por unha parte, non planifica o futuro da súa educación e, cando implanta medidas, faino dende un bilingüismo difuso, que permite facer moitas cousas pero que compromete a moi pouco, o que se traduce en inacción (amén da non existente avaliación do pouco que se fai); e, por outra, no máis absurdo de todo que é o feito de que teñamos que lexislar o uso da nosa propia lingua. E é que para min o feito de que teña que existir unha Lei de Normalización Lingüística do galego é un claro indicativo do pouco aprezo que teñen as autoridades políticas e educativas por el, así como da baixa autoestima que temos por nós mesmos como comunidade. Isto, sumado á ‘cegadora máscara’ da ‘liberdade de elección’ que nos queren vender (por non dicir impoñer), coa separación escolar por razón de lingua e a conseguinte segregación socioeconómica, sociocultural e mesmo territorial na que pode derivar, faime temer ese xerme tan perigoso que é a disgregación social que menciona o autor.
(continúo...)
ResponderEliminarDo que non me cabe a menor dúbida é da necesidade total e absoluta de compromiso ético e responsabilidade dos docentes, así como do resto dos axentes sociais que se expresan dende os medios de comunicación e tribunas públicas (xornalistas, políticos, mesmo artistas) para que ese bilingüismo formal e abstracto se concrete no real e se faga efectivo. Destacaría do artigo ademais a importancia que dá á necesidade de renovar os enfoques na didáctica das linguas; aprender a coordinarse no ensino das mesmas, xa que na maneira de aprendelas se desenvolven estratexias comúns e hai moitos saberes que se poden transferir dunhas a outras, o que nos leva a asegurar un nivel básico de competencias imprescindible para falar ben, antes de nada, a nosa lingua, despois o castelán e, máis tarde, incorporar as tan enriquecedoras linguas estranxeiras. Pero iso si, primeiro a nosa.
Por último, dicir que non podo evitar caer na ‘suspicacia’ e na ‘mala baba’, xa que o feito de que dende as altas instancias se estea sempre a ‘protexer’ ó castelán, como se estivese ameazado polo galego (o cal é ridículo, xa que a prevalencia social do primeiro é clara, así como o feito de que o galego é quen se atopa en situación de retroceso, cunha mocidade á que cada vez lle custa máis expresarse nel e unhas institucións que o único que fan é comprobar por riba que se cumpran os mínimos minimísimos) lévame a pensar se ese ‘non ter plan’ non será en realidade ‘o plan’, xa que, se non planificas non tes obxectivos; se non tes obxectivos claros non tes que avalialos; e se non tes nada que avaliar, non podes ter nada que corrixir. E se non corrixes, valo seguir facendo sempre mal. Así de simple…
“Lingua e escola en Galicia”
ResponderEliminarSendo franca, direi que o título deste artigo fixo que agardara máis do que nel atopei. Básicamente Bieto Silva fai unha lectura crítica e comparativa dos Decretos de Normalización da lingua galega, atendendo a como se levaron a cabo nos centros educativos, que resumo, por non entrares aquí en detalle, en que non foi moi ben. E foi deste xeito porque non houbo control, porque non houbo preparación, porque faltaron moitas cousas..., e porque non houbo, concluíndo, moito interese en que se fixera doutro modo.
No texto atopei comentarios moi manidos xa, aínda que non por iso pouco importantes. Atopei linguas competindo en porcentaxes, linguas a discutir polo reparto de materias académicas, linguas e falantes que, dóeme dicir, fan da escola o seu campo de batalla.
Atopei redactada toda a loita pola conquista da lingua no curriculum, pero botei en falta unha tregua onde poder tratar o tema da lingua na escola fóra do problema que está a supor. Se ben é certo que dende a educación pódese traballar na defensa da lingua, non vai ser combatendo contra outra onde gañe a partida. O principal tema debería centrarse en atopar o porqué desa loita. Nas escolas galegas pódese, e está ben que así se faga, falar da situación en clara desvantaxe da lingua nosa, pero ollo cos enimigos que se lle atribúen, porque a educación ten que valer por riba de moitas cousas para fomentar nos alumnos un espírito e actitude críticos, e entón, a loita debe superar a competición para enfrentarse a unha realidade que traspasa ás aulas.
Falabamos o outro día, no debate en clase do termo de “utilidade”, discutindo se seriamos quen de aumentar o uso da lingua galega facendo que os rapaces a sentisen como útil. Houbo bastante polémica neste aspecto; a utilidade do galego competía en comparación coa do inglés, un idioma que moitos dirían: “abre portas”. Pero, portas cara onde? Pois está claro, é a chave primeira para entrar de cabeza na “modernidade”.
E velaí, nesta resposta que coido non se afasta da realidade, está a oportunidade de mostrar a “utilidade” da lingua “castigada”. Cómo? Primeiramente, habería que mostrar ós alumnos cara onde nos leva esa “modernidade”, quén a dirixe e con qué intereses. Como dicía antes, é labor do educador ensinar a cuestionar a realidade, educar na autonomía e na crítica dunha sociedade encantada de que crezcamos coma espectadores ou fieis seguidores. Haberá algún ó quen non lle preocupe ser marioneta, ou non caia na conta de que o é, pero aposto a que outros aprenderán a mirar esa “modernidade”coma unha ameaza, coma algo a combater polo ben do seu futuro, que xa ataca, e de que xeito, no presente.E entón poderiamos repetir o xa dito e redito: O galego ten dereitos, pero podemos dicir máis: O galego ten dereitos, si, pero ten máis. A súa defensa e ,sobre todo, o seu uso teñen o poder de servir coma ferramenta para esa loita na que todos debemos nos empregar.
En tanto que coa lingua se ensina na escola e na escola ensínanse linguas, parece consecuente que un bo modelo de planificación lingüística poidera ser un comezo para acadar óptimas competencias no mesmo.
ResponderEliminarNo caso concreto de Galicia, o conxunto de medidas lexislativas propostas con fin de ter un bo modelo lingüístico, no que se equipare o galego ó castelán e ademáis, o primeiro trascenda en non fique so no ámbito escolar,baseouse nas seguintes liñas de actuación: a integración lingüística, o primeiro ensino na lingua materna, o uso vehicular das dúas linguas oficiais no currículo e a planificación lingüística nos centros. Pero parece que o que non funciona é a comprobación de resultados acadados.
Como din algúns compañeiros,aínda que o estudio dunha lingua non garante o seu uso,cómpre reforzalo, comezando dende cativos , dentro e fóra da escola, xa que o castelán ten unha presencia maioritaria fóra das aulas (televisión, videoxogos), e daquela , é sinxelo o seu aprendizaxe.
Segundo o autor cabe reflexionar como se pode facer para acadar , dende o sistema educativo , unha competencia satisfactoria por parte dos estudantes das dúas linguas oficiais, e como mínimo , nun idioma estranxeiro.Parece ser que se precisa un cambio na didáctica, pero tamén un reforzo da lingua nos entornos non so escolares.
Quédome coa frase de que “o plurilingüísmo enriquece a nivel individual e colectivo, e que non dificulta , senón que favorece, a adquisición de outras aprendizaxes”.
María Garrido Conde
A min este artigo, como xa dixo Marina e algún outro compañeiro, lembroume a cando lin os Decretos, e como xa se dixo por aquí varias veces, non me aportou nada novedoso.
ResponderEliminarComo di Bieito Silva ao comezo do artigo, antes a culturización estaba na familia e no sistema educativo, hoxe no lecer e nas novas tecnoloxías. Xa teño comentado que eu penso que o importante é ir metendo o galego na vida cotiá, e non soamente na escola, como tamén din aquí moitos dos meus compañeiros.
Pareceume moi interesante o comentario que fixo Beatriz sobre que se debería falar a lingua non materna para así promover mellor o bilingüismo ou plurilingüismo e estou de acordo con ela.
B. Silva fala de que se lle prestou escasa atención ao obxetivo da competencia bilingüe e que non se fixeron avaliacións institucionais periódicas, esas reflexión xa as fixéramos cos Decretos, e ¿de que sirve unha Ley se despois non se cumpre?.
Como dicían Iria, Sandra e alguén máis, hai moi pouca preparación dos profesores. O caso é que estamos a falar de que hai que concienciar aos rapaces, pero eu penso que habería que empezar por concienciar ao profesorado, por que os nenos son moi influenciables e se ven que os profesores "pasan" de dar as clases en galego, ou que falan mal o galego, pensarán que o galego non é importante. O mellor sería transmitirlle aos nenos que falar o galego é algo bo e é parte de nos.
Tamén se di no artigo que os mozos castelanfalantes mostran cada vez máis dificultades para falar o galego, e é normal se á gran maioría de nos déronnos case todas as clases en castelán e nunca ninguén nos animou a falar en galego.
Estou moi de acordo tanto con Lara Pintos coma con Iria Domínguez e comparto o que dí Iria no senso de que o problema xa non é só as leis senon realmente o que hai que facer é levalas mesmas á práctica. Qué ocurre entón? Pois que o profesorado non está preparado para poder dar as clases en galego. Hai xente que eu mesma coñezo que non ten problema por dar as clases en galego porque son galegofalantes pero o seu problema comeza cando teñen que escribir porque na súa época non o facían e por moito que vaian a cursos non dan collido a práctica necesaria para poder facelo. Isto é unha pena porque a xente que realmente ten vontade de facelo cambio non pode. Por todo isto estou de acordo con Iria cando di que da igual a cantidade de materias se den nun ou noutro idioma si ó final non están ensinando o mesmo.
ResponderEliminarBaixo a miña reflexión e ao meu pesar penso que imos tardar en poder levar á realidade o que pretende este artigo.
Esta claro que entre a escola e a língua hai unha relación moi estreita. Esto influe nas relacións sociais, a cultura e en xeral a tradición que hai detrás dun pobo.
ResponderEliminarA pena deste aspecto é que as persoas que gobernan e dictan as leis, non valoran este aspecto. O que chama a atención é que paso moito tempo dende 1983, data da Lei de Normalización Lingüística, ata 2004, cando se estableceu un modelo lingüístico para o sistema educativo.
Os decretos que se foron aprobando non fixeron moito polo galego, de feito algún puxéronlle algunas trabas. Ademáis, segundo o texto non serve de moito que se impartan asignaturas de galego e castelan de maneira igualitaria se despois na casa, coas amizades ou noutras actividades fálase castelán. É dicir, inflúen tamén os aspectos sociais.
Segundo Bieito Silva, o plurilingüismo é moi popular hoxe en día pero é difícil orientalo na escola, defendendo unha lingua minoritaria en lugar de outra maioritaria, como unha extranxeira.
Este articulo reflexa moi ben a situción na que se encontra Galicia con respecto a escola o galego, castelán e outras linguas extranxeiras.
ResponderEliminarCabe destacar o recente que é o primeiro modelo lingüistico, posto que ate 2004 non houbo ningún.E dicir que as medidas de este foron bastante escasas.
Como comenta o autor a lingua non só é unha labor educativa encaixada na escola, senon que tamén é unha labor social. Pero non todas as linguas teñen o mesmo status social e esto é un gran prexuizo na nosa cultura.
Por outra banda, chamame a atencióno incapé que fai na primerira etapa de escolarización. Pero ten moita razón, porque se desde moi pequenos comenzanos a ensinar en galego continuaremos falándolo o longo da nosa vida.
A verdade é que sorprende como un único texto, e aparentemente cun único tema, pode levar a cada persoa por un camiño ben distinto. Supoño que por iso o de único tema é só aparente, porque en realidade a escola, aínda que neste caso vencellada ao tema da lingua, encerra cuestións, realidades, dimensións e sentimentos diversos para cada un de nós.
ResponderEliminarFalando dende a ignorancia deste tema, como Telmo, deduzo do texto que esta relación lingua-escola estivo durante moito tempo rodeada dunha vaguedade que non beneficiou ao galego.
Parece que nun primeiro momento esa indefinición afectou tanto aos obxectivos como ás medidas para acadalos. Supoño que, unha vez fixado o obxectivo de competencia bilingüe, de novo fallarían as medidas, ou quizais, como di Alba (dende a súa perspectiva de bióloga) a observación. É probable que ninguén observase e comprobase se as medidas funcionaban e os obxectivos se cumprían. Pero tamén dende a ignorancia me pregunto como se observou que os plantexamentos, as medidas, non poden ser as mesmas para un centro, por exemplo, dos Ancares, que para un centro en Betanzos. Teñen os centros autonomía para adaptar esas metas lingüísticas á súa realidade máis inmediata?
Dado este panorama, xunto coa formación do profesorado e o rumbo cara ao plurilingüismo, parece que esa relación lingua-escola segue a andar por camiños imprecisos?
María Castro
O artigo explica a gran interdependencia que ten a escola e a lingua debido á función de alfabetización que ten a escola. Sen embargo, a escola pode ser un factor positivo ou negativo en relación á conservación da diversidade lingüística como se comprobou en Galicia.
ResponderEliminarCando se procede á planificación para a conservación da lingua hai que decidir varios aspectos. Un dos aspectos a debate no artigo é a integración lingüística frente ós modelos segregacionistas que no caso do galego e o castelán, debido á inexistencia de barreiras comunicativas, ten máis vantaxes a integración. Outro dos aspectos a decidir é a lingua do primeiro ensino no que se recoñeceu o dereito a recibilo na lingua materna, pero que supón un conflito para alcanzalo bilingüismo. No artigo tamén fálase de que con relación ó resto do ensino se foi aumentando a presenza do ensino en galego, ainda que a decisión final estaba en mans do centro. Sen embargo, o artigo é anterior ó decreto 79/2010, no que se recorta as posibilidades do seu uso e o prestixio en relación ás materias que se deben impartir.
Unha das críticas que Bieito Silva escribe é a escasa avaliación do cumprimento dos mínimos por parte da institución que se realizou neses anos e de que non se marcaron obxetivos a acadar. Por outra parte aquelas materias que non eran obrigatorias en galego non se daban e comprobouse que a escola era ó final castelanizadora, na que as competencias básicas en galego non se acadan. Con puntos positivos advirte da gran presenza na administración, a superación dalgúns prexuízos e a instauración da lingua galega como materia e idioma de outras áreas. En xeral, a avaliación do ensino paréceme escasa e ineficaz e paréceme curioso cómo cada persoa tivo unha experiencia distinta con relación ó ensino das linguas, e incluso cómo tanto o profesorado como o alumnado trataba de evitar o galego nalgúns lugares. Isto debeuse a esa mentalidade contra á diversidade lingüística presente na sociedade e que por suposto non se debe ó alumnado senon á familia ou á propia escola que pon protestas ante a obriga de dar a clase en un ou outro idioma.
Outro debate que se propón é en relación a qué linguas aprender dando por suposto a necesidade de adquirir competencia en galego e castelán para poder optar con liberdade. Para ampliar a outras linguas estranxeiras cómpre concienciar das vantaxes do plurilingüismo e ter en conta a necesidade de empregar as linguas fóra da propia materia, polo que o profesorado debe ser competente en varias linguas.
Para conseguir unha situación de plurilingüismo Bieito Silva da unha serie de puntos necesarios. O galego está en situación de minorización e polo tanto debe gozar de prioridade no currículo. Así mesmo, débese reforzar o dominio do castelán en certos usos académicos e formais posto que noutros usos está máis garantido no contexto extraescolar. Hai que valorar o cando e cómo ensinar as linguas estranxeiras, que son positivas e teñen unha necesidade funcional na sociedade pero que se debe facer garantindo a competencia no galego e castelán.
Outro punto a renovar é a didáctica das linguas cunha perspectiva máis comunicativa e tamén con unha planificación compartida de tódalas linguas. Debe ensinarse a ter unha mentalidade aberta á diversidade. Como último punto trata os medios de comunicación que deben mellorala calidade idiomática.
Para min o punto da renovación da didáctica, con métodos máis activos e máis motivadores é importante. Se o alumnado comprende qué lle pode aportar o coñecemento dunha lingua nova e entende a cultura da que forma parte terá máis interese e o estudo será máis eficaz. Tamén os medios de comunicación, en xeral en tódolos idiomas sí deberían poñer máis atención na calidade do idioma que empregan.
No texto Bieito Silva fai un percorrido pola historia do galego dentro do sistema educativo. Partindo da recente lexislación que existe ao respecto, e que traducen un modelo lingüístico similar, Bieito fai un balance dos aspectos positivos e negativos que esta supuxo para a lingua, destacando sobre todo dous aspectos: a escasa atención que se lle prestou ao obxectivo da competencia bilingüe e a non explicitación de obxectivos sociolingüísticos. E, finalmente, o autor propón catro principios básicos para un modelo lingüístico que se oriente cara a consecución dos obxectivos establecidos.
ResponderEliminarIgual que o autor expón aquí eu tamén penso que e escola e a lingua son dúas realidades dependentes entre si, e no que se refire ao caso galego contamos con diferentes etapas onde semella que a lingua sempre estivo desamparada. A integración da lingua galega no sistema educativo, e a sucesiva lexislación que promoveu este fin, son elementos recentes, e como todos sabemos nunca se cumpriron ao pé da letra, como tampouco existiu un seguimento sobre o verdadeiro uso da lingua. O texto, ao centrarse no eido escolar, trata de valorar o que foi e o que debería ser o ensino respecto ao uso da lingua, por iso, propón unha serie de principios que se deberían ter en conta para levar a cabo isto.
Algúns dos comentarios recalcan a idea de que isto que se recolle no texto xa é moi repetitivo e sempre andan a darlle voltas. É certo, a todos nos contaron moitas veces cal foi a situación do galego na escola desde que se recoñeceu o seu uso na mesma, pero tamén é certo que a pesar dos intentos por conseguir unha presenza da lingua no sistema nunca chegou a ser o que se pretendía. E como ven sabemos todos seguen a aparecer novas leis, concretamente o Decreto de 2007 onde se recolle ese novo obxectivo do trilinguismo, por iso, aínda que o texto parece moi redundante eu creo que responde tamén a estas novas circunstancias en que nos atopamos, xa que o propio autor expón para este caso unha serie de criterios que posibiliten a consecución dos obxectivos que se pretenden con esa nova lei, moi bonitos cando se redactan pero aí se quedan...
No texto estase falando dunha situación concreta que vive a lingua nun dos ámbitos fundamentais para o seu coñecemento. É evidente que o galego ten que estar presente tamén fóra da escola pero esta pode ser unha base moi importante para que lles ensinemos aos rapaces e rapazas todas as posibilidades que a lingua lles ofrece, que tamén hai música en galego, literatura moi interesante, debuxos que poden entretelos tanto coma calquera outros... Nós tamén podemos espertar o seu interese polo idioma desde ben pequenos, xa que nós contamos coas ferramentas necesarias.
Tamén nalgún comentario se fai referencia á calidade da lingua coa que se debe ensinar e que no texto se recolle na parte final á présa e correndo. Eu tamén penso que é algo fundamental na transmisión da lingua, nós seremos un modelo do que os rapaces e rapazas van copiar, e o autor tería que tratalo moito antes e con máis profundidade.
Bieito Silva explícanos moi ben neste texto, cómo foi e como é a situación do galego na escola. Estou de acordo con el na relación existente entre a lingua e a escola, e como el dí o galego estivo durante moito tempo agochado no sistema educativo de Galicia, tal vez por isto, nos atopamos con todos os problemas que existen hoxe en día respecto o uso do noso idioma.
ResponderEliminarO fomento do uso do galego, non é só un problema da escola, sinon tamén da sociedade en xeral, mais creo que a escola xoga un papel moi importante. Eu sempre fun castelánfalante na casa, non porque meus pais o sean, todo o contrario, porque debido a nosa situación tiveron que aprenderme castelán, mais o chegar a escola onde case todo se falaba en galego volvinme galegofalante ata hoxe, o cal demostra que non só importa o que fales na casa, senon tamén o que che ensinen na escola dende os primeiros anos e nas relacións que teñas fora de esta. Hoxe gracias a isto, podo manexarme sin ningún problema en galelo e en castelán.
Debo dicir, que non só aquel que fala únicamente castelán lle será moi difícil desenvolverse en galego nun futuro, senon que moitas veces a situación tamén é a inversa, xente que tan só fala galego cando necesita falar o castelán resúltalle realmente moi difícil, debido a que fai moito tempo, e en ocasións nunca, tivo que falar o castelán. Por iso creo, que os dous idiomas deben de estar presentes na escola, e que se debe facer un esforzo porque os alumnos falen en cada materia o idioma no que se imparta, creo que isto contribuiría a acadar senon un auténtico bilingüismo, si suficientes competencias para poder manexarse sin problemas, o día de mañá en calquera dos dous idomas.Tamén creo, que o galego debería ser o idioma que máis se utilizase nos primeiros anos de escola, con isto non podríamos obligar a que a xente o usase nun futuro, pero eu creo que sí contribuiríamos a asegurar as futuras bases do noso idioma.
Chamoume moito a atención, a inexistencia dun Plan Xeral para o uso de galego ata o 2004, e que a pesar de todas as medidas que "supostamente" se tomaron non houbera ningún tipo de vixianza, para asegurar o seu cumplimento.
Estou de acordo co modelo lingüístico que nos explica Bieito Silva, e tamén me chamou a atención os "claros e escuros" que houbo nestes vintecinco anos, sobre todo e como xa dixen antes, na escasa vixiancia por parte da administración pública e o insuficiente compromiso por parte de moitos centros para utilizar o galego máis alá dos mínimos. Pareceme importante considerar o feito, de que se asentou a idea de que o que non está obligado a falarse en galego na escola se teña que falar en castelán, e sobre todo, que o galego é insuficiente na Educación Infantil, etapa que eu considero unha das máis importantes para os alumnos.
Creo que é realmente importante, un ensino plurilingüe en Galicia,e que o coñecemento de moitas linguas, nos enriquece de sobremaneira en tódos os aspectos. Por este motivo,apoio as seccións bilingües, o ano pasado dinlle clases a un rapaz que algunhas das materias as daba en inglés, con tan só 10 anos, e aínda que na casa era castelánfalate, falaba perfectamente o castelán e o galego, e deixoume moi sorprendida o ben que era capaz de manexarse en inglés, o cal só o había visto na escola dende ben pequeno.
Ana González González
El texto de Bieito Silva resume de forma clara algunos de los aspectos que vimos en clase y que son importantes de tratar.
ResponderEliminarComo ya hemos hablado en otras ocasiones, la escuela es el lugar más importante a la hora de enseñar la lengua y de utilizarla de forma habitual; aquello que aprendamos en la escuela va a formar parte de nuestro futuro comportamiento y si se intentara fomentar más, conseguirían mejores resultados. Cuanto más se acercara el gallego a la vida cotidiana, sobre todo en la familia y la escuela, menos prejuicios habría sobre esta.
El problema es que a pesar de los intentos de normalizar la situación del gallego,( como aparece en los textos, a través de los decretos) una gran mayoría de profesores y personas que viven en las ciudades están más acostumbrados a hablar en castellano desde pequeños y cuando ya tienes una rutina es muy difícil cambiarla. Por lo que una de las soluciones sería empezar desde que son niños a manejar el gallego en todos los aspectos.
También quiero remarcar el punto que habla en el texto sobre el plurilingüismo. Una vez se tienen bien asentadas las bases de la lengua propia, no hay que olvidarse de lo que nos rodea, que también juega un papel muy importante. En otros países el aprender una lengua nueva no supone una materia más del colegio, sino que desde pequeños les han enseñado la importancia del conocimiento de otras lenguas y la usan indistintamente siempre que sea necesario. Si eso se hiciera también en nuestro país quizá eliminaríamos parte de esos prejuicios y todos tendríamos algo de conocimiento y respeto por lo que no es ajeno.
Por desgracia el modelo educativo viene bastante impuesto asique solo podemos actuar desde dentro, empezando por enseñar la importancia de cada lengua y de todo lo que trae consigo.
Neste texto o autor percorre a evolución das distintas lexislacións que afectan a nosa língua e os resultados que con elas se consiguen. Parece que non é moi alentador, pero sen embargo según Singala, tres de cada catro persoas en Galicia exprésase en galego.
ResponderEliminarDespois de ler algún comentario, ademáis do texto, teño a sensación de que son un bicho raro ou de que non sei da misa á metade. A miña experiencia escolar co galego foi do máis natural, sin imposicións dunha língua, nin da outra. A miña familia viviu en tres ciudades distintas da nosa comunidade na miña época escolar, e sempre tiven a mesma sensación, nin nos peleabamos co galego nin co castelán. Cando chegaba un profesor e daba a clase de matemáticas en galego ninguén protestaba, nin alumnos nin pais, e se era en castelán tampouco. Cando fixen a Selectividade ademáis de cada examen de língua que evidentemente foi na súa, o resto das asignaturas fíxenas no idioma no que me falaba o profesor de cada materia, Xeoloxía en castelán porque ela falaba así e Filosofía en galego polo mesmo. Ningén falaba de 50 ou 40% de asignaturas en cada idioma. Cando cheguei a universidade foi o mesmo, a miña escola tiña un gran número de estudantes de fora da comunidade, e nunca escoitei a ninguén queixarse por ser de León e non entenderes o profesor de Urbanismo.
Penso que todo sería máis doado se fose máis natural, e por suposto sempre con profesores cualificados. A escola é a base para o aprendizaxe dunha língua, e o seo familiar tamén. Si estamos nunha comunidade bilingüe todo profesor debería selo de verdade. Si, pode que sexa un pouco utópico, a min funcionoume, ainda que o mellor pensedes que sigo vivindo na parra.
Neste artigo, o autor fai una reflexión sobre a ensinaza e uso da lingua galega nos últimos anos na escola.
ResponderEliminarPon de manifesto a relación da lingua galega (elemento de comunicación) e a escola (lugar para a adquisición de cultura). Ademáis profundiza na influencia sobre o papel da sociedade e da política no sistema educactivo.
Analiza o modelo educativo empregado en Galicia, resaltando os puntos fundamentais de cada lexislación de referencia adoptada (Lei de normalización lingüística e Decretos) en cada momento polos distintos gobernos.
Centrase no tratamento que tanto a lei como os decretos fan sobre a integración lingüista escolar –non separación por razón de idioma-, establecemento do primeiro ensino na lingua materna, uso das duas línguas curriculares o 50% e planificación lingüistica dos centros –falta de formación docente e implicación administrativa-.
Indica tamén os obxetivos principais a acadar e que como no caso da competencia bilingüe non foron alcanzados consecuencia do establecemento de “mínimos”.
E por último explica os fundamentos para establecer o ensino plurilingüe en Galicia –conciencia do positivo que é na sociedade, o uso da lingua noutros espazos, o status de cada lingua e a innovación didáctica-.
Como valoración persoal indicar que como ben recolle o Estatuto de Autonomía a lingua propia de Galicia é o galego e polo tanto debería primar en todas as etapas educativas de calquer galego dende os seus comenzos na escola.
Non debería ser obxeto de discusión se o 50% das clases en galego e o outro en castelán e cales asignaturas por lingua, que lingua empregar en educación infantil,… senon o por qué non se imparten todas as asignaturas en galego, salvo as das respectivas linguas, na CC.AA.
Partindo do exposto anteriormente, debería imponerse na lexislación o uso do galego no 100% das materias - salvo as das respectivas linguas-, una utopía hoxe en día coa política e sociedade pola que estamos guiados hoxe en día.
Mais o remordemento da xente galega, polo ocorrido nos tempos pasados, deberíanos levar a dar un paso o fronte para reivindicar e dignificar o noso, pois pertencenos como propio.
Mediante a fala e uso sen prexuizos do galego, a recuperación de tradicións, costumes, a difusión do galego nas TIC´s e no eido cultural,… temos que poñen a primeira pedra para que se leve a cabo un cambio radical nas políticas educativas vixentes, fomentando como xa dixen o uso sempre e en tódolos ámbitos do galego e así recuperalo e fortalecelo, evitando así que esmoreza.
Non só a través da escola -que sen dúbida é a ferramenta das máis potentes-, senon tamén no eido familiar e administrativo ten que facilitarse este movemento como se fixo noutras nacións.
Por último, dicir que a idea do plurilingüismo está ben, pero anteponer o alleo o noso non. Que se implante a nivel curricular o galego no 100% das materias, a lingua castelá e una ou duas linguas extranxeiras estou dacordo pero sendo consciente da importancia do galego ante todo e de que cada alumno debería ter posibilidade de elexir como lingua extranxeira calquera outra lingua (árabe, portugués, grego, xapones, alemán,…) sen que che veña imposto de anteman pola sociedade consumista na que vivimos.
Esto suporía cambios importantes a nivel social, o meu parecer, pois a influencia das grandes fortunas imposibilita a igualdade de oportunides no sistema educativo, condicionando a ensinaza.
Na miña opinión o texto de Bieito Silva resulta bastante útil á hora de entender os cambios que experimentou o modelo lingüístico galego durante as últimas décadas. Sen embargo, e como ben afirma Lara Edreire, parece que ó final cando falamos da situación do galego, sempre acaba todo en lamentos. E iso é de todo menos positivo.
ResponderEliminarO autor describe ó longo do texto os principais trazos que definiron a evolución deste modelo, e fai un balance de resultados poñendo de relevo, segundo a súa opinión, os escasos logros e os numerosos erros do modelo seguido. Xa para rematar o autor propón as bases para o que podería ser un novo modelo educativo plurilingüe, que ademáis de traballar pola normalización do galego, traballase na aprendizaxe por parte dos alumnos de polo menos unha lingua estranxeira con certas garantías.
Despois de ler a grandes rasgos os comentarios dos meus compañeiros teño que dicir que estou totalmente dacordo con Iria Domínguez e en liñas xerais con Lara Edreira. Aínda que penso que o texto é de certa utilidade á hora de ofrecer unha visión ampla da evolución do modelo lingüístico galego durante os últimos anos, tamén penso que o autor erra ó non facer fincapé na importancia dunha boa formación en lingua galega por parte do profesorado, como ben di Iria Domínguez. Penso que todos tivemos algún profesor ou profesora coma a de Sandra Carbajales. Sen ir moi lonxe, podemos lembrarnos da charla que tivemos o primeiro día do mestrado.
No tocante ó comentario de Lara Edreire, teño que dicir que estou dacordo con ela en que parece que soamente sabemos mandar mensaxes negativas referentes á situación do galego, sen decatarnos de que ese non é o camiño. Non é o camiño, porque neste mundo non se chega a ningún lado dando lástima, e botándolle sempre as culpas á historia e ós Reis Católicos. Se a mensaxe de "o galego morre" fora realmente útil, hoxe non estariamos a falar deste asunto.
O que si non estou dacordo con Lara Edreire é no papel que lle concede ela á escola. Na miña opinión o papel da escola na normalización do galego é vital, xa que como o propio autor afirma ó principio do texto, existe unha influencia mutua moi importante entre lingua e escola. E como vimos no texto de Teresa Moure a escola ten un papel moi importante na difusión de certas actitudes ou ideas. O que sucede é que Bieito Silva, e moitos outros autores, non se decatan que a escola non pode facer nada senón existe un cambio que abranga a toda a sociedade galega. A escola non pode facer a guerra pola súa conta.
Por último dicir, que como afirma Inés Cendón, non todo está perdido, e a día de hoxe podemos acceder ás redes sociais en galego, temos un montón de software traducido ó galego, e música moderna en galego haina a moreas, o que pasa é que hai que buscala. Quizáis ese sexa o camiño a seguir.
Bieito Silva móstranos unha lectura crítica e comparativa dos decretos da normalización da lingua galega, facendo unha reflexión sobre o ensino e o uso do galego nos últimos anos na escola.
ResponderEliminarComparto co autor a opinión de que a escola e a lingua están intimamente relacionadas, xa que é no sistema educativo onde permanecemos máis tempo durante a infancia e onde aprendemos a utilizala correctamente. Por iso paréceme abraiante que ata o ano 2004 non houbese ningún plan lingüístico para normalizar o galego, o que explica, xunto á existencia dos prexuízos, (debidos quizais, aos “estatus” das linguas) a predominancia do castelán respecto ao galego, así como o feito de que aínda non se conseguiran equiparar os niveis das dúas linguas.
Por outra banda, paréceme interesante a perspectiva do autor en canto ao futuro do galego, que considera debería ser a primeira lingua na escola, xa que, segundo el, o castelán está garantido a través dos contextos non pertencentes a ela. Así pois, defende que debería reforzarse a utilización do galego por parte dos profesores, xornalistas, etc., pero dun galego correcto, normativo, para que se afiance na sociedade pouco a pouco.
Pero, a pesar de tódalas cousas que habería que mellorar para fortalecer esta lingua propia, cabe destacar que ao menos conseguiuse asentar certo bilingüismo no ámbito administrativo e, por outro lado, que xa se superaron moitos prexuízos, polo que non todo está tan mal feito, simplemente hai que centrarse nos aspectos que aínda podemos mellorar para que a lingua galega adquira pouco a pouco máis presenza na actualidade.
Eu comezaría polo final , ó igual que Bieito considero que aínda que hai moito por facer, a responsabilidade recae en cada un de nós.Nos somos responsables de "darlle uso" a nosa lingua , a nosa identidade.
ResponderEliminarBieito Silva reflicte a situación pasada e actual na escola,fai un percorrido da nosa lingua no sistema educativo.A lingua inflúe na escola e a escola na lingua.
A lingua debe de estar garantida pola comunidade educativa , aínda que os centros non están preparados nin tampouco implicados nesta mellora.
Eu ó igual que os meus compañeiros considero que é completamente imprescindible unha boa formación e competencia dos mestres para unha boa educación en galego.
Tamen considero importante o momento no que se debe de incorporar unha lingua,xa que canto antes se incorpore antes sintes ganas de aprendela.
Olá,
ResponderEliminarbem, tenho que dizer que, embora o texto de Bieito Silva ainda que é interessante e achega informaçom, nom podo concordar com ele na aposta de futuro que nos propom. Primeiramente, porque eu nom acredito no bilinguismo social, sim no individual, mas nom na existência de duas línguas veiculares onde nom exista diglossia, o qual seria umha sociedade multilingue e nom plurilingue como o autor afirma; a nom ser que aposte pola desigualdade linguística, mas acho que nom.
Tampouco coincido em que nom existisse um modelo linguístico no ensino. Quer dizer, as políticas linguísticas podem ser de dous tipos: bem "de iure", bem "de facto". As primeiras soem ser as representativas das línguas minorizadas, embora nom sempre (como o caso do Kurdo, em Turquia, onde o estado proibiu a sua utilizaçom em qualquer parte do mundo). As segundas consistem quase sempre no deixar fazer, para manter as inercias existentes, aliás com o controlo necessário para que nom mudem de rumo. Nesta última é onde podemos englobar o sistema educativo galego, ao meu parecer, e polo tanto falar da existência duns objectivos bem definidos.
Já no nível educativo pleno, coincido em que há relaçom com as línguas. Porém, no coincido com a existência dum ensino bilingue. A língua veicular tem de ser o galego, esse deve ser o objectivo; como chegar a essa etapa, poderia-se discutir mas o fim deve ficar às claras.
Por finalizar, para nom extender-me muito mais, embora haveria que comentar muitas cousas, penso que o autor lhe dá muita importância à funçom comunicativa da linguagem. Um exemplo temo-lo nas secçons bilingues, que partem de pensar nas línguas como umha simples traduçom de palavras, ficando por fora umha quantidade de dados e informaçom enorme. Pensar que por simplesmente traduzirmos um currículo a outra língua, os cativos e cativas vam aprender algo dessa língua mais que umha cheia de conceitos é de fábula. Devemos aprender quantas mais línguas melhor, mas sempre a partires da nossa própria língua.
(PARTE 1)
ResponderEliminarO artigo de Bieito Silva Valdivia fai unha ampla, clara e ordeada exposición sobre a situación lexislativa con respecto ás linguas na educación en Galicia, explicando claramente tanto os acertos coma os erros das últimas decisións tomadas ó respecto, e partindo da base de que estas decisións que afectan á ensinanza non teñen unha intención únicamente curricular, senón máis ben política.
Tendo en conta isto, gustaríame sinalar a continuación algunhas das ideas expostas polo autor que me parecen máis clarificadoras. En primeiro lugar, paréceme interesante a reflexión que fai sobre a falla dun proxecto claro de planificación nas políticas lingüísticas recentes, especialmente nas que afectan á educación: “tampouco no eido educativo houbo un verdadeiro plan, senón un conxunto de medidas asentadas simplemente nun bilingüismo difuso, que, aínda que permitían facer bastantes cousas, comprometían a moi pouco”. Esta falla dun obxectivo claro fai que non estea definido dende a lexislación cal é o papel que debe asumir a escola, é dicir, cáles son os comportamentos e as actitudes sociolingüísticas que debe favorecer. O resultado disto explícao o autor de xeito moi claro: “a consecuencia foi que a valoración do modelo lingüístico escolar se asentou fundamentalmente na comprobación do cumprimento dos mínimos que debían funcionar en galego e do protagonismo das dúas linguas oficiais como vehículos do currículo”.
Outra das ideas relevantes a destacar no artigo está na valoración que fai o autor sobre o plurilingüismo, onde establece unha diferencia entre o carácter “competencial” do mesmo e o que denomina “actitudinal e existencial”. Penso que estas dúas dimensións do plurilingüismo son moitas veces confundidas, e téndese a atribuírlle ó coñecemento de máis dunha lingua unha necesidade de tipo instrumental, incidindo na compoñente de utilidade dos idiomas. Con respecto a isto, o autor fai unha reflexión ó final do artigo no que propón un plurilingüismo que non entre “en conflito coa permanencia do galego como lingua identificadora desa colectividade” que me parece moi acertada. Na miña opinión, non é incompatible a aprendizaxe dunha ou máis linguas estranxeiras co da materna, nin tampouco é imposible levar a cabo esta aprendizaxe dende o galego como lingua propia, como di o autor “está demostrado (…) que se pode ser plurilingüe desde unha lingua minoritaria”.
O terceiro punto que me gustaría comentar é o que se refiere á integración e segregación lingüísticas, un tema moi polémico ultimamente. Dar a posibilidade de escoller en qué lingua escolarizar ós nenos, por moi democrático que pareza, en realidade o que fai non é posibilitar o coñecemento doutras linguas diferentes á materna, senón que leva precisamente ó contrario, a impedilo. O que se trata é de favorecer que nos contextos castelánfalantes se incremente o uso do galego, e con esta medida isto non queda garantizado. A situación agrávase aínda máis se temos en conta as enormes diferencias que se están a dar en Galicia en canto á situación sociolingüística duns contextos a outros. Penso que o autor o argumenta perfectamente cando di que “a separación escolar por razón de lingua pode ir acompañada dunha segregación socioeconómica, sociocultural e mesmo territorial, converténdose, en consecuencia, en xermolo dunha perigosa disgregación social”.
(CONTINÚA)
(PARTE 2)
ResponderEliminarComo conclusión, dicir que estou totalmente dacordo co autor na necesidade dunha política lingüística que favoreza ó galego con respecto ó castelán. Se a situación de partida está moi desequilibrada en favor do castelán, penso que todas as actuacións que se fagan deben ir destinadas a compensar esta situación, e teñen que ter unha clara dirección cara ó sistema educativo, cara a unha implementación total do galego na escola non só como materia de estudo, senón de uso. Só deste xeito se poderá acadar unha verdadeira liberdade lingüística, na que cada persoa, con pleno dominio das dúas linguas (o dominio do castelán xa está garantido de por sí, sen necesidade de ser impulsado), poida escoller libremente en qué lingua prefire expresarse.
Belén García Lamas
Antes de nada, comentar que he realizado mis estudios fuera de Galicia por lo que la temática del artículo en relación a la evolución del gallego en la escuela a lo largo de estos últimos 25 años de legislación, me resulta un poco lejana al no haberla vivido en persona.
ResponderEliminarMe parece bastante clarificadora la síntesis que Bieito Silva realiza de la evolución de la normativa en los últimos años y sobretodo sus reflexiones: la necesidad de concienciarnos que el plurilingüismo es algo positivo, habilitar otros espacios para el uso de las lenguas que se quieran aprender y sobre todo mejorar la calidad del idioma por parte de los que escriben y hablan en los medios de comunicación y en otros foros de carácter público.
Estoy de acuerdo y me parece una crítica muy interesante y sobretodo realista, los comentarios publicados por Sandra e Iria sobre la falta de rigor lingüístico con la que algunos profesores de secundaria dan sus asignaturas en gallego. Esta misma situación, pero con las asignaturas que se imparten en castellano, sería bochornosa. Si la ley y la Constitución, amparan la enseñanza en gallego: “no puede ponerse en duda la legitimidad constitucional de una enseñanza en la que el vehículo de comunicación sea la lengua propia de la Comunidad Autónoma y lengua cooficial en su territorio”. Se debería facilitar al profesorado cauces para una correcta formación en gallego y una vez facilitados, exigirles su apropiada impartición de las asignaturas en el idioma pertinente, sea gallego, castellano, inglés o chino mandariín
O mesmo que Rubén eu tamén estudei toda a vida fora de Galicia, noutro sistema educativo cunha língua diferente o castelán coma é o catalán A verdade é que para mín o tema da língua na escola sempre foi que a maior parte das clases eran en catalán pero polo visto na clase e lendo o texto de Bieito queda claro que aiquí non foi da mesma forma.
ResponderEliminarPenso que en Catalunya existe unha meta a onde chegar e en cambio en Galicia esa meta está un pouco borrosa. A lexislación tampouco axuda xa que o pasar dos anos parece que a meta cada vez veise menos.
É verdade que a língua non debe ser un factor separatista o segregador dos alumnos nos centros educativos. Intentase que as dúas línguas oficiais na comunidade coexistan no sistema educativo nun 50% pero este caso é irreal xa que na sociedade esta paridade non existe.
Búscase una planificación lingüística nos centros que poida levar a unha realidade onde o galego está en minoría. Existe un espazo curricular moi amplio onde pódense utilizar calquera das dúas línguas. Hai que concretar ese espazo para facilitar una paridade língüística real e non teorica.
É evidente que os españois non temos unha cultura o un éxito coñecido no aprendizaxe das línguas estranxeiras, pode ser por non querer coñecer as nosas línguas propias o que nos leve a non poder asimilar outras línguas.
Necesitase centrar en que tarefas ou conceptos hai que traballar en galego para mellorar a existencia do galego nas aulas. E obvio que é difícil cambiar dunha educación toda en castelán a unha galegalización de educación pero hai que fixar obxetivos concretos que teñan os seus resultados a curto prazo.
Neste artigo, Bieito Silva Valdivia fai un balance e fala do futuro da lingua e da escola en Galicia. Paréceme moi acertado que recalque a influencia que unha ten sobre a outra, xa que a escola precisa da lingua para poder expresar todo o que se quere dicir, pero ó mesmo tempo a lingua precisa da escola porque é a responsable de alfabetizar á xente (se ben esta función escolar está variando a causa das novas tecnoloxías).
ResponderEliminarTras analizar o modelo lingüístico escolar galego (que xa marca que é relativamente novo) saca unhas conclusións entre as que destaco a pouca atención que se lle deu á conseguir a competencia bilingüe. Este feito paréceme moi alarmante porque o certo é que hai leis que nos obrigan a dar materias en galego pero o problema ben se dende a administración (non digo os altos mandos, senón dende o propio colexio) non conseguen que o profesorado cumpra con estes requisitos. Os que saen perxudicados neste caso son a lingua (normalmente o galego) e os alumnos.
Por iso, tras ler que moitos das aspiracións que se esperan do sistema lingüístico en Galicia fracasaron ou non se completaron de todo, resúltame raro que teñamos a utopía do ensino plurilingüe porque a estas alturas, co tipo de mentalidade que teñen estudantes, país, profesorado, e sociedade en xeral, paréceme complicado. E con este pesimismo non quero dicir que non estea de acordo co plurilingüismo na escola, pero tamén entendo que ó igual que se pon moitísimo interese en que os nenos estuden inglés, por que non poñer o mesmo para que teñan o mesmo nivel de galego e de castelán? Imos ó de sempre (en palabras do autor): “O problema non está, pois, nos obxectivos, senón en como conseguilos”. E se as cousas non cambian, non os imos conseguir.
Zeltia Freire Álvarez
Empezarei dicindo que non é doado facer un comentario cando xa existen por enriba de mín mais de cincuenta argumentacións sobre o mesmo tema, pero como se trata dunha lectura obrigada,velaivai a miña aportación:E certo o que di Bieito Silva de que escola e lingua están intimamente conectadas, e que a través da escola deben darse os mecanismos para que desde ese punto de vista conservacionista defender as linguas que, como o galego, se non se protexen especialmente, terminarán absorvidas por as linguas que impón o mercado ( esas denominadas linguas competenciais). Estou dacordo tamén, como din a maioria dos compañeiros, que aínda que a escola e un vehículo fundamental para a transmisión e coñecemento das linguas, o esforzo que faga a mesma non conseguirá os frutos esperados, se non vai acompañado de medidas no ámbito social: na casa, nos medios de comunicación, e nas comunicacións en xeral, ( e non só nas administrativas). Chámoume tamén a atención os datos que aporta o artigo sobre os resultados acadadados nestos máis de vintecinco anos da aplicación do decreto do bilingüismo, ainda que non me sorprende. E certo, que como dicimos sempre as leis chéanse de boas intencións, pero sen embargo non se acompañan de medidas que poñan enriba da mesa os recursos e medios que permitan levalas a cabo. Como ben dí a compañeira Iria Domíguez ¿que pasóu cos profesores? Todos somos testigos de que como gran parte do profesorado non utiliza a lingua galega. Han faiado, como ben di Bieito Silva os métodos de avaliación sobre o cumplimento dos obxectivos. De cara o futuro, e agora que nos enfrentamos ao plurilingüismo como forma vehícular do ensino na escola, é fundamental a idea que aporta o autor de considerar que as linguas non deben competir entre sí, e si deben acadar un compromiso colectivo, sempre nesa idea positiva de que todo suma, non son rivales, son compañeiras de viaxe.
ResponderEliminarPatricia F.R.
O primeiro que chamoume a atención cando lin o texto xa fai tempo é o título: "Balance e propostas de futuro". Qué quere dicir con isto? O pasado xa rematou, agora toca analizar o que fixemos e mellora-lo futuro dende, como din a compañeira Susana, un compromiso COLECTIVO. O ensino en galego é un compromiso que todos debemos asumir, e temos que pormos de acordo xa; no texto de Teresa Moure propón a elección da lingua nas escolas como un comezo para afianzar o uso do galego, e Bieito Silva volve a recalcar o cumprimento de recibir o ensino na lingua materna, pero como xa vimos durante estos últimos anos, as normas están para saltalas.
ResponderEliminarOs docentes temos que tomar partida nas aulas e fora delas, porque se non levamos o galego ós fogares e sitios de lecer, non importará o que fagamos; eso si, nós cumprimeros as leis e promoveremos un ensino plurilingüe en Galicia.
Pola miña parte, estou de acordo con Fátima e con outros compañeiros co referido a que o ensino do galego é un tema que nos atañe a todos, tanto os alumnos coma os profesores e os que non forman parte do sistema educativo. De nada serve que se enuncien decretos sobre a normalización do galego se despois non hai un seguemento do seu cumprimento. Tamén comparto co autor a idea de que o galego debe de ser a primeira lingua na escola, xa que coma temos comprobado, a educación é o mellor método para transmitir e aprender unha lingua. O castelán xa ten o seu futuro asegurado polo tanto temos que loitar o 100% polo uso do galego.
ResponderEliminarBieito Silva con este texto o que intenta é destacarnos a importancia que ten a lingua na escola pero a súa vez a importancia que ten a escola no ensino.
ResponderEliminarConsidero que si que é moi importante que existan unhas leis que regulen que no caso de Galicia se dean materias en galego e en castelán para que os alumnos e alumnas saian ca mesma capacidade de desenvolvemento nos dous idiomas. Pero o mesmo tempo penso, de que serven estas leis e normas si os profesores a meirande parte das veces non as cumpren? Por moito que exista unha lei que regule que unha determinada materia ou sinatura debe estar impartida (en galego neste caso xa que é o idioma que sempre sae perdendo) nun idioma, se o profesor non se expresa nesa lingua e non respecta o que din as leis, non serve de nada.
Creo que desde os órganos que teñen máis poder deberían regular un pouco isto para que non se dean estes problemas. Pero o mesmo tempo tamén creo que a estes órganos “pasan” un pouco do
Por outro lado, en canto a que os nenos sexan educados na lingua materna predominante creo que nun futuro próximo a meirande parte sería educados en castelán, xa que o galego perde falantes e entre estes falantes atópanse as franxas de idade máis novas...a meirande parte deles virán educados da casa en castelán.
Estou de acordo con Zeltia, en canto a pensar de que a idea do plurilingüísmo é utópico xa que na actualidade, os pais que son os primeiros que teñen que decidir sobre a educación dos seus fillos e moitos deles prefiren que sexan ensinados so en inglés e en castelán esquecéndose por completo do galego.
Creo que inda falta moito que facer co galego no ensino e espero que todos nos, futuros docentes, poidamos contribuír a que o galego nas aulas mellore.
É un texto moi técnico, para o meu gusto fáltalle emoción. Por outro lado o autor expón a situación da lingua na escola como algo moi importante, que o é, xa que, sobre todo, hai que ter en conta que os nenos pasan gran parte do seu tempo nos centros e adquiren conceptos que dende alí se aportan. Pero debo dicir un inciso. Comentándoo co meu pai este fin de semana, el é mestre de Historia e Xeografía nun instituto e anteriormente foino nun centro de primaria. El apoia o galego dende sempre e está moi involucrado en solucionar o problema da nosa lingua, así pois as súas clases sempre as impartíu en galego, e coma el todos os mestres que con el impartían clase no CEIP de San Cibrao (o Rivera Casás, que foi derruído fai pouco por intereses económicos, non fai falla dicir nada) sen embargo, como dixen xa, falando con el díxome que non conseguira nada; os alumnos que falaban castelán ségueno falando e moitos dos que falaban galego cambiáronse de idioma, vade a San Cibrao e verédelo, é certo. É curioso, porque eu estudiei alí a ESO, nos centros de San Cibrao están máis volcados cara o galego que os de Burela, no que estudiei o Bacharelato e no que a maioría dos mestres falan castelán, sen embargo o 94% dos burelenses falan galego; alí quen fala castelán é de fora. Non se corresponde para nada, como meu pai me dixo sobre a súa experiencia, na decisión dos rapaces. Dende logo non sei porque en Burela e Foz se fala tanto galego, porque todo o mundo fala galego, dende logo non é pola ensinanza, ou non o parece. De todas formas, eu penso que o importante á hora de presentarlles o galego aos alumnos non é utilizándoo na clase, senón mostrándolles a importancia que ten empregalo e aproveitar as vantaxes que nos pode aportar, así como tamén as do castelán. Ensinarlles a realidade lingüística, desta forma eles, por si mesmos, poderán elixir en que idioma falar, con coñecemento do que están a facer. Os rapaces non son tontos, debemos explicarlles o porque das cousas, non impoñerlles ideas porque si: isto fano aqueles que non poden xustificar o que din porque de facelo non terían apoio (véxase Rajoy no debate), pero nós temos moitos motivos e explicacións que dar e moita realidade que mostrar.
ResponderEliminarNeste artigo se nos amosa a situación da lingua galega na escola, facendo un percorrido polo pasado, presente e futuro.
ResponderEliminarIntrodúcenos na lectura amosándonos a relación entre o galego e a escola. É unha relación mutua, xa que a lingua representa un sistema de comunicación e polo outro, dentro da escola esíxennos aprender unhas determinadas linguas.
O problema é que aínda que moitas asignaturas na escola dánse en galego, a realidade non é así, os profsores falan castelán e o q fan é liarlles máis a cabeza, porque se o libro está en galego e o profesor fala en castelán? Facemos unha mezcla….. falo por min, per coma eu moitos. Este é un problema que tenemos que arranxar nós mesmos. Os políticos adícanse a poñer máis decretos e ordes… pero eles mesmos deerían de comezar a tratar o tema do galego con seriedade.
A valoración do texto é boa, pero moi pesismista, esperemos que nun futuro non moi lonxe rematemos con este problema.
El texto carga, y con mucha razón contra los decretos que hemos tratado en clase. Argumenta que los decretos establecen muchas normas y marcos de actuación pero que se quedan en eso, mucho artificio pero con nada importante detrás. El problema es que ya se tienen claros los objetivos, pero no la manera de conseguirlos. Finalmente aboga por el plurilingüismo como la herramienta más válida para restablecer el status del gallego, ya que con esta postura la gente valoraría más la diversidad lingüística, y en consecuencia, valorarían más el gallego.
ResponderEliminar