sexta-feira, 14 de outubro de 2011

Historia dos bonobos con lentes

13 comentários:

  1. Gustoume tanto ou máis ca curtametraxe "Historia tráxica con final feliz"... é moi interesante como se representa o papel da "muller" nesta historia. Como os que cren ter a cultura, os mellores recursos e o poder, non poden facer nada sen o apoio e a base do colectivo feminino.

    Lara Díaz Pintos.

    ResponderEliminar
  2. Nesta historia refléxase moi ben o papel da muller durante os tempos dalgúns anos atrás…
    Era a ela a que se encargaba da casa, das súas labores e da educación e alimntación dos seus pequenos, mentres o seu home ía traballar ao extranxeiro encargándose maioritariamente da economía familiar.
    Cando as bonobas interésanse polas palabras que todos estaban a aprender e dicir en inglés, é cando se pretende ese cambio, reflexado nunha muller loitadora polos intereses culturais e sociais, acadando o que teñen hoxe en día, uns dereitos que se merecían aquelas de fai anos.

    Por outro lado, e á vez, tamén vexo na historia o interese por parte dunha comunidade de querer falar coma o resto para poderes entenderse, e as gafas dos personaxes coma o elemento social e de poder do que falamos na aula. Se sabes as palabras (lingua), consegues as gafas (elemento de poder) e ser do noso grupo (elemento social).

    ResponderEliminar
  3. Ola. Esta historia foi verdadeiramente educativa para os máis pequenos e exemplificadora do que moitas veces pasa na sociedade entre os non tan pequenos.
    Por outra banda, alégrome de que este tipo de contos se poidan usar para exemplificar que o papel da muller non é o que algúns pensan. As palabras, na vida das mulleres, e tamén dos homes, por suposto, son moi importantes. Ademáis estou dacordo coa miña compañeira Estefanía e coa súa última frase, coas palabras, consegues ter poder e comezar a adentrarte na sociedade.

    Un saúdo.
    Mireya BEnito Morcuende

    ResponderEliminar
  4. Pareceume unha historia fermosa en canto se pon de manifesto o problema que tiñan as mulleres noutra época para poder estar en igualdade cos homes, así como a forza que temos para manexarnos e saír adiante por nós mesmas sen necesidade de axuda do outro xénero. Dou as gracias a todas esas mulleres que loitaron polo que agora podemos "disfrutar" nós.

    Estou de acordo con Estefanía en que as palabras son elementos de poder importantísimos na vida cotiá, aínda que ás veces non nos demos conta.

    ResponderEliminar
  5. Estou totalmente de acordo con Lara (excepto no da curta, gustoume máis esta última ;))
    Moitas veces (demasiadas...incluso case sempre) os 'de arriba', os que teñen o poder, disfrázanse precisamente diso, de poderosos, e cren que o simple feito de ir 'vestidos' así, engalanados coas 'lentes e as maletas'(ou o atrezzo de moda entre as elites) xa lles confire de por si unha superioridade incuestionable; e esquecen que, sen a base, xa sexa material ou persoal, non hai pirámide nin sociedade que aguante.

    E, noutra orde de cousas, non podemos esquecer o dramático feito de que, ben sexa por ser muller ou por calquera outra característica totalmente inevitable, algo que non depende dun mesmo, se lle negue a alguén a oportunidade da educación e de sentirse parte activa das decisións da comunidade (co engadido de que, ademais, son os que teñen que traballar para o resto, e, por suposto, caladiños/as...)

    ResponderEliminar
  6. Paréceme unha historia moi interesante pola forma de facerlle chegar o mensaxe ós nenos e educativa para que os nenos vexan unha situación na que o reparto das tarefas entre homes e mulleres é discriminatorio, é serve para que vexan que cando o reparto é inxusto todos saen perdendo.
    Estou de acordo cos comentarios dos demáis compañeiros, na sociedade todos temos dereito ás mesmas oportunidades, non se pode excluír a ninguén.

    ResponderEliminar
  7. Estou de acordo con vós en que é unha obra que permite educar para a igualdade aos nenos e nenas pequenos/as, pero tamén penso que hai moitas persoas que, non sendo tan pequenos e pequenas, deberían leer este tipo de obras e darse conta de que, para que unha sociedade funcione, é necesario que tanto homes coma mulleres aporten as súas ideas. Deste xeito a sociedade sae reforzada e máis enriquecida.
    Por outra banda, sí, as palabras son poder,pero..non pensades que moitas veces ese poder vólvese na nosa contra por un mal uso das mesmas?
    Eu penso que ademáis de palabras fai falla responsabilidade no seu uso.

    ResponderEliminar
  8. Considero que,no caso dun grupo ou comunidade, é moi importante facer un reparto de tarefas entre todos os membros,tendo en conta o dereito á igualdade,independentemente do sexo,para que a convivencia resulte máis xusta;todos/as temos dereito a acceder á cultura,o cal resulta importantísimo,pois esta condiciona a nosa vida,axudándonos a camiñar pola mesma.

    ResponderEliminar
  9. Además do xa dito sobre a desigualdade que mostra o conto, chamoume a atención que as propias bonobas favoreceron a instauración do poder nos bonobos que sabían inglés e tiñan gafas. A través de darlles o dobre de alimento déronlles poder que os bonobos empregaron para discriminalas. Isto ocorre frecuentemente na sociedade actual.

    O que xa non é tan común é que as persoas discriminadas, como neste caso eran as bonobas, rompan o orde establecido. Creo que é unha ensinanza importante para as novas xeración de que poden desafiar o poder se entenden que as condicións son inxustas.

    Nuria Fernández Rodríguez

    ResponderEliminar
  10. Hola.
    Estoy de acuerdo con todo lo que se dijo anteriormente. Este cuento ilustra muy bien la situación de la mujer, que se ha considerado siempre la que debia estar al cargo de los hijos, de la casa, de hacer la compra, la comida.. Y aunque esta situación ha cambiado mucho a lo largo de los anos, y ahora las mujeres ya podemos trabajar y dedicarnos a lo que nos guste, todavia seguimos viendo esta situación en casa. La madre no siempre trabaja, y sigue siendo la que cuida de todos y la que educa a las hijas de la misma forma para un futuro. Además se refleja muy bien la situación de aquellas personas que ,por el hecho de "saber más" ,se cree que ya es más importante o que tiene derecho sobre los demás.
    Me gusta mucho el cuento porque intenta transmitir que todos somos iguales independientemente de los estudios, de donde vengamos y del sexo que seamos, tanto mujer como hombre.

    Beatriz Alonso Jimenez

    ResponderEliminar
  11. Aunque mi entrada llega algo tarde, he elegido este cuento para estrenar mi participación en el blog, porque me parece un ejemplo de las lecturas, que igual que en la asignatura pueden abrir y cerrar una clase (de lo que sea), utilizándolas para centrarnos en el tema que se va a debatir, y también para empezar y terminar de forma amena y distinta, lo cual sin duda es de agradecer tanto en nuestro caso, como en alumnos a los que podamos dirigirnos en un futuro.

    Estoy de acuerdo con todos los compañeros en que es más que un cuento para los pequeños; toca temas de género que puede hacer ver las cosas de manera natural y justa desde infantil y que a los “niños mayores” nos hace reflexionar sobre temas de los que a veces no somos conscientes como comenta Nuria con la que estoy totalmente de acuerdo.

    Aunque este es el tema con el que termina el cuento y que centra la mayor parte de nuestra atención, yo quiero extraer un apunte sobre el tema de las lenguas; parece que los bonobos eligen el hablar inglés sin mucho debate ni reflexión sobre si es el mejor o el más apto para ellos. Eso también es un reflejo de la sociedad y ya no de la pasada sino de la actual; lo digo porque si en nuestra generación si pudo ser una de las opciones más valoradas y está demostrado que nos ha abierto muchísimas puertas, hoy los niños tienen mucha más oferta que entonces y los tiempos han cambiado; se demandan además otros muchos idiomas (alemán, mandarín, brasileño,...) y sin embargo parece que el inglés sigue siendo la única lengua que goza de prestigio a la hora de elegirla para los hijos. Esta genial que alguien la quiera estudiar o regalar a sus hijos, pero debe ser con conocimiento de causa, no por dejarse arrastrar por la marea. Por eso además de niños y niños mayores también puede que el cuento debiera leerse a padres de los adultos del futuro.

    Un saludo a todos.

    ResponderEliminar
  12. Boas.

    Este conto ilustra moi ben o que sempre acontece cós prexuízos e máis en concreto cós machistas. Chamoume moito a atención o detalle de que ás bonobas non tivesen a prohibición de levar lentes pero esta era a consecuencia de que tiveran que levar pano, e entón caíanselles as lentes. Coitadas!
    Este tipo de construcción son as máis efectivas en canto a desiguladade de xénero ou calquera en xeral.
    Sempre se envolve a discriminación cun certo paternalismo cara á parte máis desprotexida, como contrapartida, vese privada dun elemento de poder, de prestixio, asegurando así a perpetuación do dominio sobre a parte máis feble.

    ResponderEliminar
  13. A min esta historia lémbrame á época da emigración cando eran os homes os que marchaban buscando un futuro mellor igual que marcharon os bonobos. As mulleres, pola contra, ficaban na casa a coidar dos fillos e das persoas maiores, se as houber. Os emigrantes cando regresaban, a maioría, fachendeábanse do que conseguiran e mostrábanllo aos demais orgullosos de como se souberan mover polo mundo, igual que os bonobos o facían coas lentes.
    Esta historia suscitoume máis ideas, unha delas é a de como as bonobas souberon marchar lonxe da contaminación que supuxo a volta dos bonobos e adaptarse a un novo medio; ademais disto tamén souberon conservar as tradicións e o ideario común e grazas a esta acción garantiron o benestar da comunidade.

    ResponderEliminar