sexta-feira, 14 de outubro de 2011

A escola hai 30 anos

Paga a pena verdes o documental desta ligazón:
http://terrasdefriol.blogspot.com/2010/10/friol-en-vivir-cada-dia28-de-marzo-de.html

12 comentários:

  1. Un documental verdaderamente conmovedor, móstranos nenos pluriempleados que antes e/ou despois de acudir á escola teñen que traballar na súa casa. Ademáis, ó rematar a súa "xornada laboral" non teñen tempo ou un espacio apropiado para poder realizar as súas tarefas escolares. Esta situación, completamente oposta á realidade actual na que os nenos e nenas con estas idades están quizais sobreprotexidos, xa que a inmensa maioría non teñen ningunha tarefa doada da que facerse cargo na casa (poñer a mesa, facer a cama...) a cal na miña opinión axúdaos a facerse responsables.
    Por outro lado, a profesora do documental fala do problema de bilingüismo. Debido a que os nenos son do medio rural teñen dificultades para expresarse correctamente en español, aínda que non menciona en cal das dúas linguas exprésanse mellor a nivel escrito.
    Na miña opinión, este tema non avanzou tanto desde aqueles anos ata os de hoxe, xa que eu coñezo persoalmente casos nos que galego-falantes teñen problemas para expresarse comodamente en español, pero en cambio prefiren esta lingua á hora de expresarse por escrito. Tamén coñezo a situación oposta, persoas castelán-falantes que non se sinten cómodas falando en galego, pero sí que son capaces de expresarse por escrito nesta lingua sen problemas.
    Considero que esto é debido á forma tradicional de impartir calquera das dúas asignaturas (lingua galega e española) nas aulas, xa que trabállase máis a escritura que a parte oral, de modo que as tarefas, os exámenes, etc. son normalmente escritos mentres que as actividades orales son moitas veces escasas.
    Espero que algún día os nenos e nenas rematen a educación obrigatoria sendo capaces de expresarse por igual, tanto oralmente como na escitura, nas dúas linguas sen problemas de vergonza, de medo ó ridículo... ese día poderemos falar dunha poboación realmente bilingüe.

    ResponderEliminar
  2. Ola. Logo de ver o video paréceme unha exemplificación perfecta da represión feita en Galicia durante os 60-70 para que o galego non se falase. E pensaban que ía desaparecer? Pois non. Non foi así.

    Como mostras da represión, todo video ten como sonido o castelán, imposto, claro. Aínda así, as profesoras critican o uso dos seus alumnos cando din que eles teñen un gran problema co bilingüismo. E digo eu, non será ao revés? Non serán os que impoñían o castelán os que teñen un problema co bilingüismo?

    Por outro lado, está perfectamente descrito o traballo que todos eses nenos facían ao volver ás súas casas para axudar á familia, despois dunha dura xornada do colexio á casa e da casa ao colexio, xa que non había un colexio por aldea, senon por concello.
    Un saúdo.

    MIREYA BENITO MORCUENDE

    ResponderEliminar
  3. Ben, este vídeo tráeme lembranzas da miña infancia.
    Eu nacín en Monforte de Lemos, non sei se coñecedes, é a vila máis grande da provincia de Lugo despois da capital. Fun un neno de vila, cursei o EXB nesa época e vivín a escola 100 % en castelán, (e o BUP e a Universidade), e se ben non fun un rapaz coma o do vídeo, si tiven compañeiros/as igual a eles. Vouvos a contar só un caso: Con nove anos, lémbrome dun compañeiro que se erguía moi cedo par muxir as vacas e logo viña a escola andando coa súa irmá de sete anos dende a aldea de Reigada, que veñen sendo uns 5 km, todos os días do ano, chovera, nevara, xeara, e en Monforte os invernos son moi duros, e aínda por riba, quedábanse a permanencias (pasantias), saíndo as sete da tarde e voltando a casa andando, de noite, coa luz dunha lanterna. Non había transporte escolar. E falo dunha parroquia rural dunha vila de 20.000 habitantes.
    Cando escoito ao meu sobriño de 11 anos falando e escribindo correctamente castelán e galego, mesmo pasando dunha lingua a outra con toda a facilidade do mundo; cando vexo que os seus avos fálanlle en galego e el respóndelles en galego, penso que algo, aínda que sexa pouco, si se está a facer ben.
    Cando eu estudiei na Universidade o 100 % do profesorado, administración e estudiantado da miña facultade (Aparelladores) falabamos castelán, agora que voltei a Universidade vexo que de primeiras: na administración fálanme en galego, nos carteis colgados nas paredes hai galego escrito, hai estudiantes que o falan (e penso que moitos/as), algo trocou.
    Mágoa que so unha profesora o empregue nas clases.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Ola, Comparto as impresións dos meus compañeiros sobor do video. O que me gustaría aportar é que estos rapaces, por raro que soe, non deixaban de ser uns "afortunados", xa que nesa época eran moitos os que non podían ir á escola ou so podían ir uns días soltos ao mes xa que nas súas casas non podían prescindir deles, sobor de todo unha vez que aprendian a ler, escribir e as catro reglas das matemáticas.
    Acerca do bilingüismo do que se fala no video, penso que este, enriquece ás persoas e que hoxe en día xa se superaron os problemas de inferioridade do galego.

    ResponderEliminar
  5. Paréceme incrible que estes nenos so teñan 7 anos máis ca min, dame a impresión de ser unha época completamente diferente. Asómbrame e conmóveme a predisposición deses rapaces e rapazas tan pequenos a ir á escola e a facer as labores da casa ou do campo ao mesmo tempo, así como a rapaciña que fai as labores dunha nai tendo so 12 anos. Estou de acordo con Alba en que os nenos de hoxe en día están moi sobreprotexidos, eu penso que é porque os pais viviron neses tempos nos que tiñan que traballar e non queren que os seus fillos pasen polo mesmo. Non sei se vos o teredes escoitado, pero a min téñenme dito persoas máis maiores ca min que os xóvenes de agora somos mois fráxiles, no sentido de que ao mínimo esforzo xa temos problemas de espalda ou cousas similares, xa que non estamos acostumados a traballar,cando os de antes parecen moito máis fortes (non en tódolos casos por suposto).
    Sobre o tema do bilingüismo, eu ademáis de coñecer persoas que falan en galego e dalles vergonza ou cóstalles falar castelán, tamén coñezo persoas que falando castelán cando algún galego-falante lles pide que falen en galego non queren porque teñen vergonza e tamén lles costa xa que "so saben falar o galego normativo" e máis coñezo xente á que lle dan envexa aqueles que falan un galego digamos popular porque eles so coñecen o da escola e non están acostumados a falar case nada en galego, ese é o caso de xente de cidade, e é unha mágoa.

    ResponderEliminar
  6. Ao ver este vídeo chámanme a atención unha serie de cousas.
    Por exemplo, o papel que ten a nena na casa, da cal se fai cargo ela soa (en canto a tarefas domésticas se refire), e non só iso, senón que na escola tampouco está libre de "ocupacións familiares" posto que encárgase de darlle de comer ao seu irmán e de estar pendente del en todo momento. Penso que isto fai que a nena non poida disfrutar da escola e do seu aprendizaxe pois sempre ten unha responsabilidade engadida, aínda que posiblemente ela non se percate disto posto que forma parte da súa rutina.
    Tamén me chama a atención o feito de que estes nenos van á escola e nada máis, refírome con isto a que non lle dedican horas extra na casa aos estudos posto que teñen outras ocupacións.
    Esta situación que a nós, hoxe en día, parécenos extraña no vídeo trátase como algo normal, mesmo nas palabras do pai, que relata o día a día dos seus fillos con total normalidade. Neste punto estou dacordo cos compañeiros que din que os nenos que ían á escola nesa época eran uns privilexiados, xa que na casa había outros intereses nos que non se incluía a educación.
    Por outra parte, a mestra refírese a un problema de falta de bilingüismo nos nenos, falaría dese problema se o caso fóse que os nenos usasen mellor o castelán que o galego?
    Penso que tamén podería ser interesante comparar este vídeo con outro da mesma época pero que se fixese nunha escola da cidade. Sen dúbida atoparíamos unhas diferenzas enormes entre a educación no rural e na cidade.

    ResponderEliminar
  7. Acabo de ver este vídeo, e a verdad e que reflexa moi ben o que era a educación nas aldeas do interior de Galicia. En xeral estou bastante de acordo coas opinións de todos, e como comentaba Sonia, gustaríame ver un vídeo da escola na cidade e a ser posible o dunha escola nunha zona costeira de Galicia, aínda que non creo que os nenos foran o mar de pequenos si que podía influír a hora de abandonar o estudos.

    Esta semana comentaba cun compañeiro do master como consecuencia dunha charla dunha clase da universidade , o tema do fracaso escolar e a adaptación curricular. Resulta que se nos comentaba algo así como "los que van suspendiendo se meten en adaptación curricular, y se les baja el nivel para aprobar...por un lado los listos y por otro los "tontos"". E eu comentaba co compañeiro, que cando eu ía o instituto, moitos dos meus compañeiros de clase non é que non foran listos, o que pasa e que o salir do instituto chegaban a casa e ían votar unha man na casa, e xa dende novos para moitos a educación era algo secundario. Así que a veces, persoas con moita intelixencia non sacaron o seu máximo potencial académico por temas de traballo, apoio da familia e lograr unha motivación dende os entes escolares.

    Eu son de Santa Leocadia de Parga, pertence o concello de Guitiriz e limita co concello de Friol. Creo que o vídeo reflexa a perfección o que foi a educación no campo, e o esforzo que facían a menudo as familias humildes para poder sacar os seus fillos adiante. Oxe en día a situación mellorou porque disminuíu o numero de familias que viven da agricultura, pero aínda a moitos rapaces que cando salen do colexio ou do instituto van traballar a casa.

    Vídeos como estes, son os que reflexan realmente o que foi o espíritu da sociedade galega para min: a humildade e o traballo no campo

    ResponderEliminar
  8. Meu pai foi mestre neses tempos na escola de Montillón, unha aldea de Estrada(Pontevedra). Cando meus irmáns e máis eu eramos cativos contábanos como era a situación nun colexio onde nenos e nenas de diferentes idades compartían aula e mestre. Eran ben poucos, máis non por iso doado ensinarlle a cadaquén ó nivel que a súa idade marcaba. Era non menos complicado que trouxeran as tarefas postas na clase o día anterior, pois ó rematar na escola, comezaba o traballo na casa e nas leiras.
    O mestre tiña que facerse a esta realidade; afacerse ós alumnos, ó seu entorno,...e dende ese coñecemento, e acougo, ensinarlles con entusiasmo, e contaxiarlles do mesmo.

    Cando, no vídeo, escoitei á mestra falando das dificultades lingüísticas dalgúns rapaces pra se expresaren en castelán, quixen pensar que fóra das cámaras, eses "avergoñados" tiveran a liberdade de abandoar os monosílabos e fluir na linguaxe que millor coñecían.

    Por outra banda, sorprendeume moítisimo a conversa de "Ángeles" co seu pai á volta da escola. Cando el, empregando o pretérito perfecto, pregúntalle: "¿Que te han dado de comer hoy?", e a rapaza cambia o ton coma si estivese a respostar ó mestre co seu millor castelán, e contesta empregando o mesmo pretérito perfecto co que lle foi preguntado.

    Quería agora, non seguir eu falando do vídeo e engadir o comentario , recollido na mesma páxina do enlace, dunha muller que estaba nesa escola no momento da rodaxe.

    "Son unha rapaza de Friol. Que estaba no colexio nese tempo. Desa xente que andamos nos corenta.
    O vídeo é excepcional. De acordo que a vida de todos e todas nós non era coma da nena e os seus irmáns. Pero si moi similar a todo o que dixeron o resto dos nenos e nenas que alí falan. Non todo era tristura. A pesar das dificultades, eramos e somos persoas felices.
    Vivíamos no rural con moitas carencias, pero tamén con moitas cousas positivas.
    Houbo algúns mestres e mestras nese cole que fixeron moito por nós. Especialmente que nos axudaron a crer en nós, a non ter que baixar a cabeza, a respectar e amar intensamente as nosas orixes, a nosa cultura e en especial a nosa lingua. Deso sabe moito Dona Pepita. A mestra que pregunta ao seu alumnado onde vive, a que se adica... As súas clases, xa dende moito antes do 79 xa eran en galego. Hai outros docentes dese tempo que o fixeron, pero ela destacou especialmente. Gracias Pepita.
    Ao contrario do que lle pasa ao noso presidente da Xunta, algúns deses nenos e nenas do colexio público de Friol, andamos polo mundo adiante sen complexos, tendo como resorte fundamental de comunicación a nosa lingua nai. Pero tamén falamos castelán e falamos inglés... E para nós a nosa lingua materna sigue sendo o galego.
    Outras mulleres e homes defenden a súa vida continuando no concello. Viven aquí e comunícanse en galego pero ningún "foráneo" que non entenda o galego se vai de aquí sen que se lle expliquen as cousas como precisa.
    Os nenos e as nenas desa xeración somos os adultos de hoxe. Algúns de nós, vivindo xa lonxe de Friol, vivindo polo resto do país galego, seguimos falando na lingua que nos criou e sentíndonos orgullosos das nosas orixes... que nos acompañan precorrendo outros mundo"

    Despois de ler isto, volto mira-lo vídeo, e o fago agora con máis tranquilidade, co pensamento da posibiladade de que a que escribe, sexa unha daquelas rapazas monosilábicas. Sabendo que o castelán das aulas non rematou co seu galego e alguén sóubolles dar unha educación fachendosa da súa cultura.

    ResponderEliminar
  9. Aínda van ter razón os nosos pais e avós cando din que os nenos de agora xa non son coma os de antes. Mesmo me parece ver o halo luminoso a flotar sobre as súas cabezas.
    É absolutamente incrible a madurez dos rapaces pequeniños. Falan coma verdadeiros adultos. O exceso de traballo nas súas vidas seguramente facíalles ver a escola como unha alternativa nada desprezable. Ao marxe dos “clichés”, encantoume ver eses ollos cheos de ilusión e inocencia. Hoxe, un neno de 10 anos xa non che devolve unha ollada coma esa.
    O filme está cheo de detalles para pensar: como volven a casa collidos da man, como o neno o primeiro que fai ao chegar á casa é bicar á avoa, como una meniña explica que á volta da escola ten que facer as camas e traballar, como a nena che conta absolutamente concienciada da necesidade da súa axuda para a súa familia. Egoísmo cero.
    “¿Qué queredes ser de maiores?”
    “Mestra”. “Mestra”. “Mestra”.
    Debía ser ben doado ensinar a xente que morría de ganas de aprender. Agora somos nós, os futuros mestres, os que teremos que nos espremer os miolos para que os nosos alumnos queiran aprender e crecer canda nós.

    ResponderEliminar
  10. Aínda non vira este vídeo, e reproduce moi ben o que meus pais me teñen contado de cando eles ían á escola. Estou de acordo cás opinións dos demais compañeiros. En primeiro lugar, destacar que o idioma que se usaba era o castelán, e que moitos nenos só empregaban monosílabos para contestaren por medo a equivocárense, entón, como ían aprender... Naquela época falalo castelán era signo de prestixio.
    Por outro lado está o papel que tiñan os nenos en nenas na súa casa. Os nenos dedicábanse máis ós traballos do campo e ó coidado do gando. As mulleres, debido moitas veces a perda da súa nai, tiñan que encargarse elas das tarefas da casa e de coidar do resto de irmáns, e tamén non quedaban excluídas do resto de traballos. Primeiro era o traballo, e despois a escola. Se non se podía ir non pasaba nada.
    Miña nai tenme contado que ela para ir á escola tiña que andar tódolos días uns tres quilómetros. E daquela non había estradas, nin tan sequera pistas. Tiña que ir andando por un camiño barrento. Deixaba uns zapatos na escola, e para chegar ata alí usaba uns zocos. E mesmo algunhas veces debido a temporais tiña que quedarse na casa de algún veciño e non podía regresar. Agora todo cambiou, os autobuses recollen ós nenos case nas portas da casa e déixanos diante da escola.
    Nós non facemos máis cá queixarnos, todo nos parece que está mal, pero se tivésemos que vivir naquelas condición íamos saber o que realmente é duro. Aqueles si que eran tempos...

    ResponderEliminar
  11. Este vídeo móstranos como cambiaron as cousas na vida. Os nenos tiñan que traballar na casa,axudando nas tarefas que hoxe consideramos dos pais. A escola é o único sitio onde se lles ve verdadeiramente como nenos, estudan,xogan,relaciónanse con outros nenos....
    Páreceme moi importante a presenza de xogos populares, pois eu cando era pequena xogaba cos nenos do lugar a todo tipo de xogos(escondite,fútbol, saltar á corda, ao gardanapos,andábamos todos xuntos na bicicleta...),e iso axuda moito a socializarse, a saber formar parte dun grupo,en fin, eu voltaría a aqueles tempos.
    Daquela os nenos fomentaban máis os valores sociais( a igualdade, vese que non hai diferencias entre eles, móstranse moi educados na clase e moi respetuosos.
    Denoto que non hai moito valor por parte das profesoras á hora de falar dos alumnos,parece que falan de números e non de nenos,nin que foran os traballadores dunha empresa.
    Chamoume moito a atención oir falar en castelán á avoa que sae ao final,pois eu relaciono á xente maior de antes con falar galego.Será que meu pai era dunha aldea de Cedeira,e a súa nai e as súas tías(que as lembro moi maiores e cunha imaxe coma a devandita avoa,de loito e co pano na cabeza)falaban só galego, entón sorprendeume esta imaxe.
    Os nenos son nenos, e como tal deben medrar nun ambiente de xogo,comunicación con outros cativos e aprender,que é o que lle servirá para alimentar o seu espíritu e formarse como é debido.

    Carolina Arribi

    ResponderEliminar
  12. Uuuuuffff! Eu non son desta época, mais o vídeo parece moi triste para o feliz que se ven as crianzas cando están no recreo, que desfrutan entre elas.
    É moi significativo como a irmá maior cuida dos irmáns na casa e, inclusive, no colexio. Todas traballaban ao chegar a casa, pois facía falta o seu traballo, mais aparece un punto chave desta época: os nenos van cos animais e as nenas van cos animais e, ao chegar, fan as tarefas da casa, fan a comida... Aquí está a diferenza entre unhas e outros.
    Chama a atención como todas estas crianzas vendo o duro que é o traballo non queren dedicarse ao traballo da gandaría, nen da agricultura, pois todas queren ser mestras.
    En canto á explicación da profesora sobre o problema do suposto "bilingüismo" que non o danconseguido hai que dicir que como queren IMPOÑERLLES o español en dous días se na súa casa sempre falaron galego?
    Á hora da comida, aparecen unicamente mulleres poñendo a mesa e vese como se fai a bendición da mesa ou algo similar, que nesa época se debía facer en todas as escolas.

    ResponderEliminar