quarta-feira, 26 de outubro de 2011

En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega

60 comentários:

  1. Ola.
    Este libro, en primeiro lugar, fala dos prexuízos e das simplificacións sobre a lingua galega, facendo un análise destes a través de moitos exempros, moitas fotos, anécdotas e dirixido a todos as persoas do mundo

    En segundo lugar resaltar que había cousas e prexuízos das que aínda non me había decatado aínda que estiveran diante miña.
    Por exemplo, eu non sabía que o galego era una lingua das máis faladas e que estaba entre as duascentas primeiras.
    Por outro lado, como di o libro, a lingua é unha riqueza e non un estorbo. Ademáis, eu en moitas ocasións pensei que si que o alemán soaba mal pero logo de reflexionar cando lin o libro, puiden pensar que non é así. O alemán para min soaba mal pero vendo que moitos outros pensaban que o galego tamén, doume conta de que non é lóxico pensar así.
    Outro punto moi importante é que en canto ó galego todo o mundo lle adxudica adxetivos negativos e ó castelán positivos como no exemplo da gaivota.
    Por último, como xa dixen noutros comentarios paréceme moi interesante que no libro se reflicta que se todos faláramos unha lingua non sería perfecto. A cultura perderíase e non se pode consentir.
    Finalmente, chocoume moito que os galegos cando alguén fala en castelán, cambien a súa lingua nai. Moita xente fala de que se non cambias a lingua é de mala educación e penso que é ó reves. Se cambias a túa lingua, estás faltándote o respeto, a ti mesmo, á tua lingua.
    UN SAÚDO
    MIREYA BENITO MORCUENDE

    ResponderEliminar
  2. Primeiro gustaríame decir, que me gustou moito o libro, xa non so porque é lixeiro, sinxelo, vai o gran e explica claramente os diversos puntos senon que é un libro interactivo, e iso fai a lectura moi divertida e amena.

    O libro comeza facendo incapé nos nosos prexuizos e as simplificacións, gústame a maneira de empezar porque moitas veces na nosa vida cotiá, xa non só coas linguas, tendemos a simplificar, e intentar chegar un razoamento que é socialmente aceptado sexa ou non o que realmente pensamos, pero por medo o “que dirán” aceptamos a opinión xeral coma a certa.
    Na fala de unha lingua non creo que haxa opinión non certa, é dicir, fales castelán ou fales galego, é a tua decisión, é a que consideres correcta pero debes tomala por tí mesmo, non polo teu entorno, que é a parte máis difícil, sobretodo eliminar o prexuizo do medo a ser diferente.
    Outra cosa sobre o que me fixo pensar o libro foi en “non o falo ben” dixen iso tantas veces que é coma miña excusa para non falalo, o certo e que non teño o costume, pero tras facer os xogos que indica o libro, dinme conta de canto galego ai en mín, e sorprendeume. Non teño o costume de falar en galego porque ninguén no meu entorno mais próximo o fai, pero as construccións das frases, a pronunciación, como falo nótase a miña orixe. En canto o capítulo de porque é de mala educación cando alguén fala galego cando o seu interlocutor non o fai, nunca o pensei, e dicir, se unha persoa é galego falante, non entendo porque ia cambiar de idioma cando fala comigo se entendoo.
    Tamén meditei moito dous ideas máis que xorden no libro, o de lingua de minoria e a imposición da lingua. Son dous prexuizos que escoitei na casa desde pequena sobre o galego, e que tras lelo libro estou a darme conta que estan errados. Para mín o máis díficil de borrar da miña cabeza, foi o meu concepto de "importancia" dunha lingua en función do territorio que poido recorrer con ela.
    E de recoñecer que o libro abriume os ollos, e agora intento ser máis aberta e razoar por mi mesma apartando os prexuizos e simplificacións o máximo posible.

    ResponderEliminar
  3. Gustóume moito este libro, parecéume moi didáctico, esta feito dunha forma moi simple pero con grande inxenio, pois mostra claramente todos os tópicos e prexuizos que os galegos (galegofalantes e castelanfalantes) temos sobre a nosa lingua e o seu uso.

    Chamáronme varias cousa a atención: o emprego despectivo de “galego cerrado” contra o termo “buen español”, moitísimas veces tenme dito o de “ti es de Lugo que falas un galego cerrado”. E tamén o de que a moitos galegos lles pareza unha lingua bruta. A miña experiencia de coñecer xente de catalunya, andalucía, ou da mancha sempre foi a favor do galego no sentido de que lles gostaba moito o acento e o son da nosa lingua, ousexa que fora de Galicia soa mellor.
    Tamén me pareceu interesante o dito “o saber crea lugar” en vez de “o saber ocupa lugar”, paréceme moito máis acertado. Ao final o saber alimenta a intelixencia.

    A reflexión sinxela que fai o lingüista catalán Jesús Royo parecéume moi interesante.

    Outra cousa do libro que me gustou foi o de que ao final falabamos mellor galego e pior español, o autor deixóume moi abraiado pois para demóstralo faino cun exemplo sinxelo feito con dúas frases que vai pouco a pouco trocando de idioma.

    Estou de acordo co autor en que hai que correxir o de que haxa galegos castelanfalantes que non entendan o galego, eu na miña vida téñome atopado exemplos, ainda que sempre me quedei coa duvida de se era certo que non o entendían.

    O galego non é unha lingua minoritaria, pois forma parte do mundo lusófono, o peso que ten o galego á hora de entendermos o portugués é moi grande. A verdade é que no norte de Portugal non se sabe se falan galego ou portugués pois quitando algo o acento son idénticos. A mín axudoume moito o galego para falar moito con brasileiros/as que coñecín, e “gosto” moito de ler os autores portugueses, e brasileiros na súa lingua (sobre todo George Amado), realmente se les galego non custa ler portugués, quen non o fai e que ten o mesmo prexuizo que quen sendo galegofalante di que lle custa ler en galego. Outra cousa e chegar a enteder o que che di un lisboeta.

    Un saúdo a todos/as.

    ResponderEliminar
  4. Boas tardes

    Optei por ler este libro posto que me pareceu moi atractivo nun primeiro momento, e a verdade e que non estaba nun erro.

    O libro fai unha visión completa sobre a nosa linguas e os principais fenómenos que a rodean de modo práctico e sinxelo, pero favorecendo a reflexión.

    Chamoume a atención nun primeiro momento, a analoxía da gaivota chorona coa actitude de certas persoas ante o galego.

    Os prexuízos están moi arraigados ao galego, de feito, somos nos mesmos os que mostramos unha actitude moi dura coa nosa língua, o que noutros lugares ou culturas non ocorre.

    Dende logo débense evitar ditos prexuizos para que o galego deixe de estar estigmatizado. O autor realiza exemplos sinxelos cuns cuadros para demostrar que se nunha primeira ollada podemos estar errados con este exemplo, deberiamo cuestionarnos se a xente que critica o galego non estará confundida.

    De feito unha idea equivocada compartida por moita xente pode convertise en realidade, por exemplo pensar que a terra é plana.

    Para loitar cos prexuízos hai que ir máis aló. Non hai máis que razoar como todo o alleo considérase malo.

    Encantoume o exemplo dos bárbaros, e a similitude con bla, bla, bla. Isto refírese a como certas persoas pensan que o galego soa mal, pero en realidade é unha suxestión feita desde fai moitas décadas atrás.

    Dende un punto de vista estatístico, o galego é a língua máis falada en Galicia, sen embargo cando alguén nos fala en castelán, por suposta "educación" cambiamos á súa língua. Isto non quere dicir que a persoa non nos entenda en galego, senón que consideramos que é axeitado falar nunha língua común, nunca cambiando a outra persoa ao galego.

    Existe moita xente que pensa que aprender galego é unha perda de tempo pero o certo é que nunca aprender foi unha perda de tempo. Non hai porque falar unha lingua en detrimento doutra, senón usar as que se coñezan. De feito, unha das partes do libro que máis que chamaron a atención foi a de que as persoas extranxeiras que estudan galego na universidade aprenden máis rápido e teñen máis disposición que outras máis achegadas como persoas de asturias.

    Non é raro escoitar que moitos galegos, din que non falan dita língua porque non ha saben falar ben. "Para falar ben primeiro hai que falar mal", esta frase resume como están equivocados, de feito aínda que non nos demos conta, cando falamos castelán moitas veces estamos a falar algo máis próximo ao galego, comezando pola entonación.

    Por último, gustaríame comentar que este libro axudaría a abri-los ollos a moita xente respecto á súa lingua, dado que non se coñece, e entre eles me ubico, que o galego esta no posto 136 dentro das línguas máis faladas do mundo, ¿e aínda seguimos crendo que se lle falamos en galego a alguén non nos vai entender?

    Un Saúdo e gracias pola recomendación¡¡

    ResponderEliminar
  5. Acabei de ler o libro ai escasamente uns minutos, a verdade é que me sorprendeu bastante, non porque me explicase casos que non soupese mais porque é capaz ,cunha escrita moi sinxela, de crear unha conciencia crítica que che fai reflexionar moito sobre o galego e tódolos prexuízos existentes sobre este idioma.
    Gosto moito da mensaxe de que non todo é tan simple como o vemos, que ai que mirar maís aló, por iso gostame os exemplos e estadísticas realmente sorprendentes (como a que demostra que aínda que un 75% da poboación fale normalmente en galego cando intervén o castelán este galego só acaba usado nun 32% dos casos) utilizados polo autor que che fan abri-la mente ás cuestións sobre o galego.
    Como non quero repetir moitas das cousas que dixeron os meus compañeiros (coas que estou absolutamente dacordo)só vou a destacar que a parte que maís interesante me pareceu foi a relativa a que non somos tan bos castelán falantes como creemos nin tan mal galego falantes como nos fan creer, xa, que, as estructuras do noso galego están presentes no ''bo'' castelán que empregamos e incluso moitas palabras que empregamos tamén no castelán só existen no galego, así que demostrase que non descoñecemos tanto o galego como se cré e que o castelán que falamos non é tan perfecto tampouco. Ademaís sei de moitos casos nos que a xente ten esa crenza en canto ó dominio dos dous idiomas e realmente intentarei recomendarlles o libro para que pensen en si están no certo ou non (que vai ser que non).

    ResponderEliminar
  6. A miña opinión non é tan positiva coma a do resto dos meus compañeiros. Penso que o libro atina á hora de alentarnos a tentar evitar os prexuízos e as simplificacións que recaen sobre a lingua galega, e amósanos como moitas veces -e case sen ser conscientes delo- os nosos prexuízos xógannos unha mala pasada, como no exemplo da "eminencia" que aparece ó final do libro. Pero, por outro lado, tamén penso que algúns dos exemplos ou argumentos que aparecen no libro non son demasiado acertados.

    O capítulo 7, que leva por título "Porque é unha lingua minoritaria" é un bo exemplo disto. Neste capítulo, o autor afirma que a importancia que damos ás lingua cun gran número de falantes é esaxerada, xa que en caso de aprender unha desas linguas, non teríamos tempo material para falar con todos os seus falantes. En ningún momento o autor fai referencia ó uso da lingua escrita ou ás posibilidades que unha lingua, coma por exemplo o inglés, ofrécenos á hora de levar a cabo un traballo de investigación en calquera rama do saber -xa que moitas veces gran parte da bibliografía é neste idioma-, sen olvidar que a día de hoxe o coñecemento do inglés ou doutras linguas é un aspecto moi importante na búsqueda dun posto de traballo. Singala tamén di o seguinte: "A lingua do noso contorno é o galego, e quitando algunhas excepcións, facemos a nosa vida nesa zona e falamos con xente próxima". É dicir, que en Galicia non hai ninguén que teña que viaxar a miúdo a outras zonas de España ou do mundo por motivos de traballo, e que sexa galegofalante. Toma prexuízo por parte do propio autor. Eu penso que debemos defender a nosa lingua porque é parte da nosa identidade e da nosa cultura, pero non podemos negar a realidade.

    Non quero parecer o malo da película, e quero deixar claro que en ningún momento son unha persoa non comprometida coa situación do galego. Pero na miña opinión, nalgúns casos o libro tenta derribar prexuízos usando argumentos un pouco simplistas como os que acabo de mencionar anteriormente. Supoño que en certo modo esto será debido a que se trata dun libro dirixido principalmente a nenos e adolescentes.

    ResponderEliminar
  7. Igual que os meus compañeiros, agradoume moito a estrutura do libro, sinxela e interactiva, e o xeito que ten de fomenta-lo pensamento crítico a base de analoxías con problemas menos controvertidos. E do mesmo xeito estou de acordo co que di Pablo, ás veces os contraargumentos pódense calificar de tan simplistas coma os propios argumentos a derrubar.

    Aínda así, para min pesa máis o carácter didáctico da obra ca o propio contido. Non estou moi afeita a ler libros deste tipo, se cadra non é tan innovador como eu penso, pero dende logo chamoume a atención. A información gráfica é moi importante para min, non as fotografías, se non os diagramas coma o da rede social da filla do autor. Este tipo de información para moitas persoas é moito máis efectiva ca o texto.

    O que máis me tocou da obra foi a palabra "meloso". Certamente o sotaque galego é calificado como "meloso" por parte doutras xentes do Estado. E nós coa teima de que soa bruto. Soa meloso. Estiramos as vogais e facémolas flotar no ar. Cantaruxamos ó falar. O galego soa ben. Cando no libro se propoñía facer un listado coas linguas que nos soaban ben e mal, sorprendinme, porque as que eu listaba a pensas coincidían co que se supón que a xente adoita pensar. Nas que soan ben eu incluía o portugués e o chinés, e nas que mal o alemán e o ruso. E creo que é porque o portugués e o chinés tamén son melodiosos, coma o galego. As vogais teñen un timbre moi variado e palatalízase bastante. Pola contra o alemán e o ruso parece que teñen unhas fricativas máis velares, que non soan tan suaves coma as palatales. Son apreciacións, para nada exactas e totalmente subxectivas, mais fanme ver que se cadra a min si me gusta como soa o que falo, e eso faime quedar bastante contenta.

    Así que este libro para min non foi útil no tocante ó seu contido, eu xa falo galego, mais si no tocante á estrutura e á presentación da información. Creo que podo aprender moito del para a miña labor docente.

    ResponderEliminar
  8. En galego, porque non¿?
    Creo que o titulo xa comenza diciendo moito. Este libro fai reflexionar sobre porque non utilizamos o galego, con exercicios prácticos quefan que vexemos dunha maneira tan simple a cantidade de prexuizos que temos co galego.
    Este libro vai dirixido a xente xoven para concenciala o seu uso co galego e que cree a sua propia idea con respecto a nosa lingua, e creo que en min fixo mella.
    Considero que son una persona que sintome máis comoda falando castelán, ainda que na casa ca miña familia falo galego. Pero como di no libro, eu tiña o prexuizo de que non falaba ben galego, pero dinme conta que o castelan tampouco.É mais, creo que me din conta que falo mellor o galego que o castelán debido o meu acento.
    Por outra banda otra das cousas que tamén me sorprendeu moito foi a posición na que se encontra o galego, sinceramente eu poñiao tirandoo po final e resulta q está entre as 200 primeiras, para min foi una grata sorpresa.
    Pero tamén comentarei que estou de acordó con Pablo.Eu son una persoa que estivo fora un tempo e co galego non me podía expresar porque senon non me entendería ninguén.Pero quedome ca frase do libro, para min a máis importante del “ a lingua é una riqueza, non un estorbo” e cantas máis sepamos millor

    ResponderEliminar
  9. Estamos ante un libro realmente abraiante, didáctico e que sobre todo nos fai reflexionar. Moitos dos argumentos que Manuel Núñez utiliza, axúdanos a debullar un por un todos aqueles elementos que se poden esgrimir en contra do galego, e por que non, tamén nos axuda a analizar a nosa rutina diaria en calquera ámbito da nosa vida.
    Ensínanos a nalizar as cousas polo miudo, a pensalas un pouco antes de respostar case inconscientemente, e para iso preséntanos una serie de xogos dos que é difícil escapar. Obríganos a usa-los nosos miolos xa dentro da propia lectura, e iso gústame.
    Tódo-los argumentos parécenme bastante axeitados agas un. O utilizado para rebatir a teoría de que aprender un idioma que falen millóns de persoas (o inglés ) non ten sentido no orde que é materialmente imposible falar con todos eses falantes. Claro que é imposible falar con todos eles, da mesma maeira que é imposible falar con todos os galego falantes. Niguén aprende una língua para poñerse en contacto con todos os posibles interlocutores. Trátase dunha cuestión de probabilidades, e explícome. Durante a nosa vida, vamos a ter o mesmo número de contactos verbáis tanto esteamos na nosa aldea, nunha gran cidade de Galicia ou en Londres. Dedicaremos un tempo a falar, outro a comer e outro a durmir. Pero si coñecemos outras línguas, poderemos entrar en contacto con ilas, ainda que sexa puntualmente por un asunto de negocios ou nunhas vacacións.
    Como moi ven di Manuel, o galego ábrenos as portas de Portugal e Brasil e algún que outro país de África, non é so válido para Galicia. Por todo ilo, estou dacordo no fin da teoría pero non no argumento.
    Feita esta puntualización, quixera destacar outros dous puntos que me chamaron poderosamente a atención:
    O primeiro, cando se refire a que é de mala educación falar galego cando alguén non o fala. Os idiomas son para comunicarse e tanto ten se utilizamos un ou outro sempre e cando o noso interlocutor nos entenda. A min pasóume moitas veces de recordar conversas, saber o que dicíamos pero non recordar o idioma no que falábamos. Pasóume co galego e co inglés. Daquela, non ten tanta importancia o idioma se nos entendemos.
    O outro punto é o de non falar galego porque non o fala ninguén. Cantas cousas deixamos de facer porque cremos que ninguén máis as fai? Se pensamos todos así, nunca faremos nada por iniciativa propia e perderemos todo potencial de creatividade. En definitiva, nos estamos traizoando a nos mesmos. E é certo que o poder do grupo, o noso desexo de pertecer a él limítanos, pero ninguén se para a pensar que pode que todo o grupo estea trabucado.
    Maravilloso libro que nos axuda a querer a nosa lingua e a nos mesmos un pouco máis.
    “ Saber suma, nunca resta. E canto máis se sabe, máis queremos saber”.
    Para rematar quixera lanzar una pregunta colectiva que se me acaba de ocurrir. Que sentides cando estando fora de Galicia, paseando por calquera rúa, oides falar a alguén en galego?

    ResponderEliminar
  10. El libro me ha parecido muy interesante, y sin duda, como dice el autor, te hace reflexionar y crear tu propia opinión sobre el tema. Porque sí que es verdad que muchas veces no somos capaces de crear nuestra propia idea sino que nos dejamos llevar por las masas y creemos que es lo correcto por el hecho de que ellos son la mayoría; e incluso, por miedo a ser rechazados, muchas veces no decimos lo que pensamos para que nadie opine mal de nosotros.

    Me pareció muy curioso el ejemplo de la gaviota chorona y lo que explica sobre que los gallegos son muy duros consigo mismos, no pensaba que hubiera tanta relación entre una lengua y la forma de ser de las personas.

    Refleja muy bien el tema de los prejuicios y como algo que puede parecer muy claro a simple vista, si miras mas allá te das cuenta de que no tenía nada que ver con la primera impresión( como por ejemplo el caso de los 9 puntos colocados en forma de cuadrado), y que por supuesto nunca hay que dar cosas por sentado porque a veces las cosas no son lo que parecen, sino que tenemos que parar a reflexionar.

    También quiero mencionar el tema de que tenemos la idea de que el inglés es la lengua que todo el mundo debe aprender, y en parte, ahora mismo es muy necesaria ya que te abre muchas posibilidades en el mercado laboral. Pero sí que es verdad que nos ha sido impuesta y ¿porque ha de ser el inglés y no cualquier otra lengua? Aquí ya entraríamos en otro tipo de cuestiones más relacionadas con poder y política.

    Aún así, esto no significa que porque una lengua “se considere” más importante que otras, tengamos que perder nuestras raíces y toda la historia y la cultura que hay detrás de ellas. El saber no ocupa lugar y es cierto que cuantas más lenguas sepamos más fácil será aprender una nueva y más nos enriquecerá; nunca lo contrario.

    Como conclusión, considero que este libro es una buena manera de llegar a la gente y de hacerla reflexionar sobre el tema, para que al menos puedan crear su propia opinión y no la tomen de prestado por lo que piense la mayoría.

    ResponderEliminar
  11. Un libro para todas as idades. Pareceume moi didáctico, con exemplos moi claros que fan a súa lectura máis amena e intrigante.

    O autor fai unha reflexión das frases máis tópicas á resposta do seu título “En galego, por que non?” Eu escoitei todas as respostas que aparecen nel, e teño que recoñecer que coas exemplificacións que fai Singala quedáronme aínda máis claras. Sabe como conectalas todas a través de diferentes actividades, conseguindo abrir os nosos ollos aos que aínda temos prexuízos cando pensamos que non os temos, e me inclúo porque nalgunhas delas piquei coma unha tonta.
    Na historia final do accidente, decateime que eu tamén os teño... é algo “imposto” inconscientemente, e penso: De cántas cousas máis non nos decataremos?
    Gustaríame facer fincapé cando comenta no seu libro o que xa apreciei no conto de “O neno que quixo ser excremento”: “o diferente tende a considerarse malo”, novamente creo que un dos prexuízos con máis peso, temos medo ao novo, ao diferente, ao que non considermos “normal”, ou ao que “sona mal” … aparentemente.

    ResponderEliminar
  12. Na liña dos comentarios dos meus compañeiros, pareceume unha lectura moi agradable, didáctica e nada pretenciosa. Explica dunha maneira moi sinxela cousas que a case todos escoitamos ou mesmo pensamos nalgún momento ainda que non sexamos quen de recoñecelo.
    Debo recoñecer que unha das cousas que máis me impactou foi a historia do final do libro: o feito de asociar a palabra eminencia a alguén do xénero masculino, e por iso, non entender o argumento. Sinceramente creía que xa tiñamos iso superado, pero como di o autor, son moitos anos de costumes, desprezos e minusvaloracións que case levamos gravados a lume e dos que é bastante difícil escapar. Aplicándoo ó machismo e á lingua galega.
    Atopei moi clara a maneira que ten o autor de exemplificar cada unha das opinións nas que se apoia para explicarmos os posibles prexuízos e simplificacións nos que caemos cando pensamos determinadas cousas sobre as linguas. Eu tiña moi asentado que o Alemán ou mesmo o Catalán soaban realmente mal pero a verdade e que nunca me parara a pensar na base de tales pensamentos.
    Outra das excusas estrela para non falar galego é a de “non o dou falado ben” (empregada por exemplo pola concursante de gran hermano) parece que se basa no sumo respeto á lingua, co que antes de non falala correctamente prefírese simplemente deixar de usala. Creo que é unha maneira cobarde de dicir que eres demasiado preguiceiro ou inseguro como para tentar facelo.
    Por outra banda atopei moi clarificadora a explicación que da sobre a idea que moitos teñen da inutilidade de aprender galego, por ser unha lingua rexional, non coma o inglés, que che pode abrir pouco menos que as portas do mundo. Gustoume a idea de tentar conciliar, de sumar experiencias a partires do ineludible coñecemento das linguas propias.
    Un libro que, sen dúbida, recomendarei.

    ResponderEliminar
  13. Ó igual que todos os meus compañeiros considero que é o libro de Singala é moi sinxelo de ler, entretido e didáctico, e como di Iria creo que todos nós deberíamos ter o libro presente na nosa futura vida como profesores á hora de intentar que os alumnos entendan o que tratamos de explicarlles.
    Ademais, o libro ten capítulos moi bos que ó rematar de lelos pensas que parva son porque non fun quen de caer na trampa antes. Como no caso das linguas que soan ben e mal, a trampa é tan sinxela que case todo o mundo pensa nas mesmas, as familiares soan xenial e as outras soan brutas. Nese mesmo capítulo, chamoume a atención a orixe da palabra "algarabía" (lingua árabe) e como foi evolucionando ata chegar a "barullo", é dicir, como hai palabras que usamos e non sabemos que a súa orixe está no desprezo cara outros, nese caso mesmo no racismo.
    Outra cousa que descoñecía, e coa que tamén quedei sorprendida, foi con que en galego temos dous tipos de enes (velares e alveolares), de repente sorprendinme a min mesma pronunciando "pan" e "unha" e comprobando que é certo, supoño que iso é gracias á forma na que está escrita o libro, que permite que comprobes por ti mesmo e sen darte conta esas cousas tan sinxelas nas que nunca antes pensaras.
    Por outra banda, estou de acordo con algúns dos meus compañeiros no caso de que o argumento empregado polo autor para rebatir a idea de que o inglés permite comunicarnos cun gran número de falantes é algo esaxerada, xa que creo que o inglés abre moitas portas, e non só en países de fala inglesa. Aínda que tamén creo que cerra outras, xa que hoxe en día evitamos traducir moitas palabras do inglés ó noso idioma (sexa galego, castelán o calquera outro) como web, light, etc. que teñen tradución literal nas nosas linguas. E con isto, estamos axudando a perda de riqueza e identidade.
    Para rematar gustaríame citar as dúas frases que máis me transmitiron do libro, neste caso referidas as linguas pero que poderíanse extrapolar a calquera campo do saber. Na primeira coincido con Telmo en que é moi acertada a expresión "o saber non ocupa lugar, créao" (canto máis sabemos, máis queremos saber e máis sinxelo nos resulta aprender). A segunda é a seguinte: "trátase de sumar, nunca de restar", por aprender algo novo, nunca podemos gardar nun caixón o que xa sabemos, senón buscar a forma de que todo sexa útil na vida.

    ResponderEliminar
  14. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  15. En galego, por que non?
    Onte terminei de ler esta obra e, desde ese intre e reflexionando ó longo do día, non puiden evitar sentirme un pouco mal. E agora explico a razón: sempre me considerei unha persoa que fala galego, iniciada nesta lingua, que está orgullosa de pertencer a esta cultura… Pero ó certo é que tras esta lectura, vexo tódolos meus defectos e xa non me podo considerar nada máis que unha semifalante.

    O primeiro que me fixo abrir os ollos foron os gráficos do primeiro capítulo; buscando cadrados, só atopei 16! E pensei: non es tan lista, eh! E xa despois me vin incapaz de resolver o segundo. De primeiras, pode parecer un exercicio simple é que non ten moito que ver, pero Núñez Singala cumpriu totalmente ó seu obxectivo: abrirnos os ollos.

    Tamén pensaba que eu non tiña algúns dos prexuízos como o de que o galego é bruto ou soa mal (a min ningunha lingua me soa mal, soa diferente e sinto unha especie de “envexa” por non saber falala), nin me parecía unha perda de tempo aprendelo (é xenial a reflexión sobre que o saber crea lugar)… Pero despois empecei a pensar, entón por que ás veces non o falo se a outra persoa me vai entender perfectamente? Por suposto considero unha falta de educación non cambiar de lingua se a persoa que está a conversar comigo non o entende, pero eu tendo á cambialo só coa xente nova que me fala en español cando moitas veces son amigos meus de toda a vida. Non cambio cando alguén maior me fala ou nunha tenda ou con alguén da administración. Non sei se é unha actitude hipócrita, pero si que é incoherente.

    Cando no capítulo cinco, o autor nos insta a traducir ese pequeno texto e imos vendo como, incluso en castelán, é un texto “medio-galego” o que a meirande parte de nós acabaría traducindo, gústame porque é como un pedaciño de realidade que non nos daríamos conta ningún ata que o facemos. E agora penso nos meus amigos galegos pero castelán falantes, non estarían mellor falando mal galego que peor castelán? É que despois están moi orgullosos vendo os anuncios de “Vivamos como galegos” pero nunca “dan feito” nada ó respecto.

    Tamén me pasaba a min estando nun ambiente castelán falante e dicindo “no lo doy hecho” ou “¿lo qué?”, non é que me sentira mal pero quedaba abraiada pensando que non tiña nin idea de que estivera mal dito. E tras ler o libro dígome a min mesma, quero saber as cousas que están mal ditas en castelán porque me gustaría falar correctamente esa lingua, pero igual que teño erros respecto ó galego normativo, tamén ei ter algúns no castelán. Non pasa nada. Teño que saber que existen pero, se ex presentadoras de informativos nacionais poden sobrevivir en Antena 3 dicindo “estuvistes”, creo que a min me van poder entender perfectamente se digo “reseso”. O peor é que eu sei que non é castelán, pero dáme a min que ela nin se da conta.

    Xa para rematar, quero dicir que me encantou a parte sobre a fonética galega (o de que a palabra “pan” teña un son velar e non alveolar foi unha sorpresa para min) e que o Núñez Singala conseguiu nun entretido libro o seu propósito: facerme reflexionar.

    ResponderEliminar
  16. En primeiro lugar quero dicir que escollín este libro polo título, chamoume máis a atención co outro, e cando vin “En galego por que non?” intrigoume bastante, tiña ganas de descubrir o contido e que se agochaba detrás dese título.
    Estou de acordo cos demais compañeiros en que é un libro moi sinxelo de ler e ameno. Está todo moi ven explicado e con exemplos prácticos fai que se comprenda mellor aínda.
    Fíxome pensar moito sobre o galego e sobre as actitudes que moita xente ten fronte á lingua nosa. Creo que é un libro que calquera persoa entendería porque con exemplos moi concretos e doados de entender, o autor derruba os prexuízos e simplificacións que se seguen tendo arredor da nosa lingua.
    Para min sería un deses libros que hai de lectura obrigatoria no primeiro ciclo da secundaria. Penso que faría reflexionar a moitos rapaces e rapazas que seguramente tamén teñan moitos dos prexuízos dos que fala o autor, e serviríalle para abrirlle os ollos. Seguramente ía haber algún que non o falase porque pensara que soa mal, outro que pense que é de brutos falalo, ou que pense que o fala mal ou simplemente non o fala porque ninguén o fai. Despois de ler o libro, o mellor a súa opinión sobre o uso do galego mudaba. E sen dúbida, se eso fose así, axudaría a manter con vida a lingua galega e a que gañase máis falantes.
    Sobre a cuestión de que cando nos falan en castelán nós tamén respondemos nese idioma, porque facelo en galego sería de mala educación, eu quería facer unha reflexión. A min tenme pasado de falar con moitas persoas descoñecidas aquí en Galicia, por exemplo, nunha tenda, e falarlle en galego á empregada e ela contestarme en castelán. ¿E iso non sería tamén de mala educación? Eu nunca pensei que esa persoa fose unha mala educada. Pero sen embargo, se che falan en castelán, ti tamén tes que falalo porque senón es un maleducado...
    Tamén é certo que moita xente que vai por ai falando castelán, e dicindo que eles falan castelán porque o galego fálano mal, non saben que están cometendo erros. Ó mellor máis ca se falaran en galego, pero non se dan conta e seguen a falar en castelán.
    Para finalizar, penso que este libro lle abriría os ollos a moita xente e axuda a entender que a diversidade cultural e lingüística é un ben, un tesouro, que non podemos, nin debemos desperdiciar, e que ademais serve para que apreciemos a lingua como tal.

    ResponderEliminar
  17. Recoñezo que me sorprendeu. É un libro moi ameno e didáctico. Consegue afondar nos prexuízos habituais sobre o uso do galego dunha forma moito máis informal e dinámica da que estou acostumada a ver.

    Unha das cousas que máis me chamou atención a contraposición das expresións “galego cerrado” e “español cerrado”, xa que a ninguén se lle ocorrería dicir a segunda e sen embargo, escoitamos a primeira a cotío.

    Todos podemos comprobar que levamos máis ou menos prexuízos dentro de nós, algo que se evidencia ao final do libro coa historia do accidente, pero, como nos anima Singala, temos que ir máis aló para ver o que no albiscamos a simple vista.
    Outros non teñen tanta sorte e quédanse en que non aprenden galego porque defenden un suposto dereito á ignorancia, ou, doutra banda, din que lles resulta moi difícil cando en realidade non lles interesa. Como vimos no libro, temos a maioría do léxico, da semántica e, por suposto, da fonética xa dominados, pero seguimos a pensar que temos un mellor nivel de castelán.
    Esta falta de interese e desprezo por parte dalgún sectores da sociedade galega e española responde a unha longa tradición de actitudes cargadas de prexuízos contra o galego, pero coido que se están a renovar. Agora escoitamos cousas coma que o galego non o fala ninguén porque é unha lingua minoritaria. O certo é que o galego é a lingua maioritaria de Galicia, pero se nos facemos eco deste prexuízo… a que asociamos coa palabra minoría?. Que non é útil?, falada por uns poucos?, carente de valor?... E así, volta a empezar outra vez cun círculo vicioso do que non hai saída, unicamente desprestixio para o galego.

    Outro destes argumentos, carente de sentido para min, é que o galego é algo imposto, xa que como víamos antes, disque ninguén o fala. Máis o galego é unha realidade, maioritaria, ademais, e cómpre dotalo dunha normativa, a modo de garantía para os cidadáns, non esquezamos que os galegos temos o dereito de aprender a falar o galego.

    Non ía estar de acordo con todo, e houbo unha parte coa que discrepo bastante, no mesmo punto que Emilio, ao falar das porcentaxes de falantes de linguas no mundo, non ten sentido facer cálculos para saber canto tempo che vai levar falar con cada un, non ten razón de ser.

    Por último, para rematar, dicir que me sorprendeu moito, como a Zeltia, o tema da consoante velar final de “pan”.

    En resumo, temos unha labor de reparación polos estragos que deixaron moitos prexuízos cara a nosa lingua que so se poderán reparar mediante unha axeitada educación que a poña en valor.

    Un saúdo.

    Mayte González Caneiro.

    ResponderEliminar
  18. Encantoume o libro. Como din os compañeiros é didáctico e moi sinxelo de ler (levoume só un día lelo, e precisando un pouco..unhas horas).
    Chamoume moito a atención a cercanía de Singala, supoño que será porque na universidade a lexislación e os manuais que tiña que consultar cando estudei a carreira eran moi distantes.
    Sorprendeume...todo..dende os cadrados do principio, pasando polos cartos da cea,a unión dos puntos sen mover o lapis e por suposto, como xa comentaron liñas arriba os meus compañeiros o relato da eminencia..confeso que piquei en todos e as súas respostas, comentadas sempre paso a paso resultáronme curiosas.
    No transcurso do conto tamén se mencionou que era unha lingua que soaba mal e clasificou en dúas táboas as linguas que soaban ven e mal...realmente era a distinción exacta que internamente eu facía e cando explicou que normalmente o que soaba mal era porque o considerabamos diferente penso que estivo moi acertado (tódalas linguas que "soaban mal" dende o meu punto de vista eran as que tiñan unhas diferenzas máis significativas coa miña.
    Singala conseguiu sorprenderme co seu texto,captou a miña atención dende a primeira liña ata o final.

    ResponderEliminar
  19. Núñez Singala fainos una presentación sobre a situación do galego na actualidade e intenta, mediante metáforas e xogos perceptivos, abrirnos os ollos ante as escusas que pon a xente para non falar galego.
    A verdade e que descubriume certas circunstancias do galego que eu descoñecía, por exemplo, sorprendeume saber que o galego está incluído dentro das linguas máis faladas do mundo. Ou o por que algunhas linguas nos soan mal (aínda así nunca pensei que o galego soara mal).
    Sen embargo tamén penso que algunhas situacións das que fala xa están superadas. Non sei no mundo adolescente, do que ando descolgada dende hai tempo, pero na vida adulta penso que si. Falo da vivencia que tivo a súa filla no instituto, sobre que ao principio falaba castelán para sentirse mais integrada e decidiu falar galego, de novo, facendo así que moita xente “saíra do armario” lingüístico. É unha postura moi valente e comprometida pola súa parte, sobre todo nesa situación. Aínda así, diría que hoxe en día non se xulga á xente por falar galego, simplemente se fala ou non se fala. Polo menos no meu contorno.
    O que si consigue Singala é poñer sobre a mesa certos prexuízos e tópicos sobre a lingua galega, facendo que reflexionemos. A historia da Gaivota Chorona, na miña opinión, deu no cravo. É unha metáfora que explica perfectamente o carácter pesimista dos galegos: “Cústanos moito apreciar o noso” E falo por experiencia propia. Tiven que saír uns anos de Galicia para darme de conta do privilexio que é ser galega, apreciar o que temos e que é una pena que non saibamos valoralo.
    En resposta á pregunta que deixou no aire Emilio, direi que foi estando fóra cando rompín a “vergoña” de falar galego. O que di Singala da escusa de non falalo porque “non o falo ben” era a miña, recoñezo que antes se me falaban en galego eu contestaba en castelán porque pensaba que se o facía en galego íanse rir de min. Sen embargo, estando fóra de Galicia, ao escoitar o galego, sentinme tan orgullosa de selo, que comecei a falalo.
    Singala está no certo nos argumentos que mostra, e considero este libro como una lectura obrigada para que a xente abra os ollos fronte ao galego, que se de conta da riqueza que ten, e non sexa necesario saír fóra para velo.

    ResponderEliminar
  20. Gustoume moito este libro de Singala por moitos motivos, é sinxelo e doado de ler pero o mais importante é que expón unha serie de reflexións sobre a nosa lingua, reflexións sinxelas, nada rebuscadas, pero que debido aos nosos prexuizos e as simplificacións feitas dende fai moito tempo non nos dabamos conta delas. Non se emprega unha linguaxe imperativa con fins de imposición senon todo o contrario.
    De feito o obxetivo deste libro é unha invitación á reflexión sobre a nosa lingua, para que nos formemos unha opinión que sexa propia e libre de influencias, que con toda a información que o autor nos ensina, saibamos darlle unha oportunidad á lingua galega.

    Gustoume moito o principio do libro, a explicación do nome das gaivotas xa que se expon dunha maneira moi ilustrativa o noso carácter que como galega vexo perfectamente reflexado no exemplo. Este libro, divídese en varios capítulos sobre tópicos ou excusas repetidas unha e otra vez sobre o galego:
    - ¿Por qué di que é unha lingua bruta ou que soa mal?
    - ¿Por qué aprender galego é unha perda de tempo ?
    - ¿Por qué falar galego con alguén que non o fala é de mala educación e non o é ao contrario?
    - ¿Por qué non o damos falado ben?
    - ¿Por qué nos obligan a estudialo?
    O que fai neles é desmontar estes tópicos mediante explicacións ben sinxelas retornando sempre ao final de cada capítulo á gaivota, pero non a calquer gaivota se non á galega…
    Singala explícanos que non profundizamos moitas veces o suficiente, o que fai que perdamos aspectos importantes sobre a lingua e o máis perigoso que non nos damos conta deles debido aos prexuízos.

    Ao igual ca o meu compañeiro penso que este libro sería moi adecuado como lectura na escola para que os rapaces tiveran unha lectura sobre a lingua galega que poidesen comprender dunha forma amena e doada.
    En canto aos comentarios dos meus compañeiros sobre se é esaxerado a explicación do autor sobre o inglés, a min tampouco me gustou, ainda que penso que o autor deixa ben claro que ademaís de que o saber non ocupa lugar, senon todo o contrario (o crea) o que non quere e que, baixo a excusa de aprender outra lingua coma o inglés, despreciemos a lingua galega e olvidemos practicala, aprender unha lingua nunca poderá ser unha perda de tempo.

    ResponderEliminar
  21. O libro gustoume moito, porque ademáis do contido, a estructura é moi sinxela e é doado e incluso divertido de ler. Creo que está moi ben para que os nenos o lean nos colexios, ou no instituto cando son un pouco máis maiores, para romper eses mitos que existen sobre o galego, como que soa bruto. E digo eu, bruto o galego? Dende cando?? É unha das linguas maís suaves, ou melosas, como di o autor, que coñezo. Realmente non creo que se poida dicir que ningunha lingua soe bruta, algunhas soan máis fortes que outras, pero é cuestión de gustos. Cando vin a táboa de linguas que soan ben e linguas que soan mal do libro dínme conta de que eu non faría a mesma táboa, porque gústanme as linguas que soan "fortes" coma o ruso, o xaponés, ou o finés; mentres que o francés e o italiano non me gustan nada. Pero é cuestión de gustos, soar soan ben todas, porque senón non creo que houberan sido mantidas ata hoxe en día.

    Sorprendéronme moitas cousas do libro, supoño que non podo comentalas todas nun comentario, pero por exemplo, o autor enganoume con todos os enigmas que puxo. Non adiviñei o dos puntos verdes, nin o da cea de 250 euros, nin o do neno que está no hospital.

    Outra cousa que sorprendeume foi que a palabra "reseso" é galega. Eu sempre a utilizo falando español, e en cambio nunca oíra a palabra "revenido". Nunca. Xamais.

    Unha cousa que querería comentar, sobre o falar galego cando alguén fala español ou viceversa... Eu normalmente falo español, e teño amigos que falan galego, e falamos cada un na lingua na que se sente máis cómodo e non hai problema. A mín non me importa que falen unha ou a outra porque podo entendelos igual. E eles non me fan falar galego porque enténdemne en español. Ata aquí ben, pero é que pasoume algunha vez de falar con xente que falaba galego, e querer eu falarlles en galego tamén, (porque por qué non? Tamén é a miña lingua) e que a eles lles parecera mal, porque saben que normalmente non o falo, como se o falara con eles porque se non non me van a entender ou algo así, como si lles ofendera que eu falara galego, como si o fixera como dicindo "cambio a galego porque non me entendes en español"... Isto pareceume fatal, sinceramente. Se quero falar galego, podo facelo, aínda que non o faga moi ben, porque tampouco falo español "ben", pois está cheo de galeguismos. Así que qué é iso de que non podo falar galego porque non o falo normalmente? Como se quero falar en chinés! (Pero así non me entenderían eles, así que non fai xeito.) Enfadoume moito cando estas persoas "prohibíronme" dalgunha forma falar galego, así que simplemente deixei de falar con esa xente. Sei que eles protestan porque "ninguén fala galego" e cousas así, pero logo se un castelánfalante quere falarlles en galego quéixanse. Ola?? Exemplos extremos de gaivotas choronas, tal vez? Pero tontos os hai en todos lados, e afortunadamente a maioría da xente non é así.

    Se tivera que elixir unha soa idea de libro para destacala, quedaríame coa de que "as linguas, cantas maís, mellor". Son totalmente partidaria de que aprender linguas é algo moi útil e moi bó, xa que cantas máis se aprenden, máis facilidade se ten despois para aprender outras, e "o saber non ocupa lugar".

    ResponderEliminar
  22. A min, ao igual co resto dos meus compañeiros, gustoume moito o libro. Faise moi ameno e sinxelo de entender con tódolos exemplos que pon. Eu a maioría dos enigmas xa os coñecía mais non por iso déronme menos que reflexionar. Todo o libro en xeral da moito que pensar. Despois de ler os comentarios xa feitos pouco me queda que dicir.

    A frase de que é opinable que unha lingua soe mal ou ben fíxome lembrar cando con 10 anos vin dende un pobo de Ribeira (Rías Baixas) a vivir á Coruña e no colexio os nenos ríanse do meu acento, mais tiña unha mestra que sempre me dicía que lle encantaba escoitarme falar. Tamén pasa cando rapaces de aldeas de preto de Pontedeume teñen que ir alí ao instituto e escóitase "ahí veñen os paletos eses". A verdade é que da a impresión de que somos racistas dentro da nosa propia comunidade e non é cousa boa.
    Eu, ó igual que Alba, tamén estiven pronunciando as palabras pan, unha... e tamén o verbo comer, e gustáronme moito eses exemplos, son cousas que tiña xa olvidadas. Tampouco sabía que a palabra reseso era galega, pero si que sabía que "dar feito" era unha expresion galega así como "malo será",a palabra esmagado, as que xa dixo Zeltia, e moitas máis; pero aínda así non lle vexo nada de malo seguir a usalas falando castelán xa que sendo bilingües é normal que teñamos tanto galeguismos falando castelán como castelanismos falando galego, e hai moitas expresións que me gustan moito máis en galego que en castelán.

    ResponderEliminar
  23. A min gustoume e sorprendeume moito este libro.

    En primeiro lugar debo remarcar a maneira tan sinxela de demostrarnos como os nosos prexuízos ás voltas xógannos unha mala pasada, o último exemplo do neno do accidente foi o que más me sorprendeu, sentimme un pouco decepcionada comigo mesma por non ser quen de procurar mirar e cavilar un pouco máis aló do que estaba a ler.

    Pareceume un libro moi sinxelo de ler, pode ser que a forma no que se escribiu sea máis axeitada para cativos e adolescentes, pero cos ejemplos obxectivos resulta axeitado, según o meu punto de vista, para calqueira idade.

    Penso que é un libro moi moi recomendable, sobre todo porque cada pouco o autor recorda o importante que é aprender e non compartimentarse, que canto máis saibamos mellor, pero ser perder a nosa propia perspectiva en canto o noso idioma.

    Aínda que xa o víramos nas clases teóricas, sorprendeume e alegroume o posto do galego na escala de lenguas maioritarias e minoritarias, porque de antemán era un dato que descoñecía.Pero o que realmente me deixou descolocada foi no capítulo cinco o tema da pronucia do “n”; comecei a ler en voz alta coma se me suxería no libro, e fiquei abraiada, non tiña nin idea deste dato fonético.E por suposto, sempre sempre direi antes un “non dou feito” a un “non son capaz”, alí estou completamente dacordo con que moitas veces os castelanfalantes galegos(coma min) tiramos máis do galego do que pensamos.

    Repetindo o que dixen antes, que é o que me parece a mellor reflexión do libro, o importante é saber, por suposto que no mundo no que vivimos é moi necesario saber inglés, por exemplo, pero isto non quere dicir deixar de lado o noso.
    Eu quédome coa frase “o importante é sumar e non restar” do capítulo 7, e coñecer máis non implica abandonar o noso.

    Un saúdo

    Maria Garrido Conde

    ResponderEliminar
  24. Encantoume este libro,resulta moi ameno leelo e resulta atractiva a forma en que o autor explica a realidade, non se basa só en palabras,senón que emprega a matemática,a estadística,a lóxica( que moitos non vemos ou que non reparamos nela).

    Un día, estando con algúns amigos,puxémonos a debatir sobre a obrigatoriedade da lingua galega nas distintas materias da escola. Por un lado, Marcos e eu dixemos que consideramos apropiado o sistema que nos tiñamos na E.X.B, por outra banda, Paula e Rosa coidaban que o galego debía ser obrigatorio nas diferentes asignaturas, Jose, que estaba con nos e non dicía nada, pregunteille que opinaba, a súa resposta foi: Paula e Rosa que nunca falan en galego, opinan que debe ser obrigatorio nas ensinanzas,e Marcos e Carolina que empregan o galego nas súas conversas, son máis flexibles.....foi paradóxico,pero certo.
    Penso que a sociedade está moi cega,este libro ábrenos os ollos empregando exemplos moi axeitados.
    Eu coido que cando algo forma parte de ti,o defendes como algo propio que é,que pasa no caso do galego? Pois que a xente non está concienciada coa lingua, isto deriva da aceptación social, a cal está condicionada pola ignorancia ou coñecemento do idioma, non solo do que todos cremos ver, senón tamén do fondo da cuestión.
    Adoitamos a crer aquelo que nos contan, aquelo que nos ensinan, pero non somos quen de estudar de onde veñen as cousas, por que son así ou cal é a realidade absoluta. Soemos aceptar o que di a maioría, sen dubidar.
    Entre as cousas que comenta Manuel Núñez Singala,hai algo que me parece importantísimo,sobre todo para nós que andamos na procura dunha praza docente, e é que aprender nunca é unha perda de tempo,o saber alimenta a intelixencia.Cando unha persoa non quere unha cousa ou non cree nela, todo o que vai a opinar sobor dela vai ser negativo.
    Cando nos ensinan galego, isto non debería limitarse a aprender a lingua, senón que deberíamos ter coñecemento de aspectos trascendentais tales como a historia ou o seu tratamento político.

    Carolina Arribi

    ResponderEliminar
  25. Olá,
    Como a as companheiras e companheiros tenho de dizer que é um livro bastante didáctico, que vai ao fundamental e atinge problemas de língua nom desde umha perspectiva da altura do saber filológico senom através da interdisciplinariedade, cousa que acho bastante acertada.

    Já as compas falárom sobre o conteúdo do livro, polo que para alimentar um tanto o debate vou-lhe responder ao dito polo Pablo.
    Em primeiro lugar nom acho que seja um livro para adolescentes, de facto nom penso que nós sejamos adolescentes e fixo falta ler este livro para derrubar alguns prejuízos, como já dixérom atrás. Outra cousa é a forma em que se apresenta o livro, de maneira simplista... mas agora pergunto eu: quem leria um tratado sobre o tema de 300 folhas? Afinal consegue o mesmo resultado com muitas menos e ainda por cima fazendo amena a leitura!!
    Doutra banda, afirmas que há gente que tem de ir fora, por trabalho ou estudos, e que existem necessidades por conta do trabalho. Eu coincido com o que tu dis, e nom apenas necessidades em inglês, senom pergunta aos médicos que vam (iam) para Portugal... Mas isso nom tem a ver com o que diz o autor, segundo a minha interpretaçom.
    O que ele quer diferenciar nom é que uses galego ou inglês, senom a diferença entre língua social (ou veicular) e línguas de uso específico. Quer dizer, que seguramente o inglês seja necessário por exemplo no posto de trabalho, para poder ler textos, comunicar-se com certas empresas... mas outra mui distinta é que qualquer pessoa passe a utilizar o inglês na sua vida normal, isto é, no mercado, no banco, nas relaçons pessoais, na administraçom...
    Um saudinho

    ResponderEliminar
  26. Non lin todos os comentarios dos compañeiros, pero supoño que estamos todos dacordo en que o libro é dunha moi fácil lectura.

    Creo que é axeitado para alumnos de secundaria e incluso máis cativos, porque é un libro que invita ó lector a participar, que inclúe moitos exemplos da vida diaria, dos prexuízos e cuestións cotiás que afectan ó uso da lingua galega.

    Invita á reflexión dun xeito entretido, facéndonos ver como ó final, incluso para o uso da lingua, todo é cuestión de percepción, da falla de deterse por un momento e escoller conscientemente o uso dunha lingua. Ten gran importancia se queremos coidar outros aspectos que afectan á nosa liberdade como individuos, a ter unha preferencia ou escoller, non para diferenciarse, senón polo feito de ter unha opción máis, que nos enriquece de seu por ser unha lingua propia.

    Gracias pola recomendación.

    ResponderEliminar
  27. Gustoume bastante ler este libro, é un bo exercicio de ximnasia mental, e salienta ás claras a eterna cuestión do fácil que é caermos nos estereotipos e prexuízos profundos no día a día. É case seguro que todos estamos a nos esforzar por mantérmonos ceibes de prexuízos no nivel racional, mais logo… aí vén o subconsciente e amósanos como eses prexuízos están a impregnar as estruturas profundas, básicas, do noso comportamento, das nosas reaccións, e do moitas decisións, saibámolo ou non.

    Dende logo que o libro facilmente levará a un exercicio de humildade e autoconsciencia. Ben por isto.

    Pola outra banda, estou de acordo con Iria e Pablo en que ás veces o autor cae no mesmo simplismo que sinala nos argumentos que desmonta. Non é moi grave nin moitas veces, mais corre o risco de se desautorizar.

    Gustoume moito coñecer un pouco as familias das linguas indoeuropeas, e paréceme interesantísima a frase de que ‘A UNIFORMIDADE NON É NATURAL’… dá para todos os ámbitos, e no eido das linguas máis: a dúas bandas, pola defensa da diversidade (tan fundamental), e pola reflexión sobre o proceso de fragmentación e evolución das linguas, que me parece moi interesante (observar, reflexionar sobre a lingua viva, moi interesante). De todos os xeitos é unha frase de amplo espectro… moi boa.


    Quédame moi claro, lendo o libro, que falar ben o galego, ou calquera lingua vén dependendo do interese que lle poñamos, e o dispostos que esteamos, ou non, a enfrontármonos aos nosos prexuízos. (E aí queda iso… dá para pensar).

    Outra compañeira pensa que os prexuízos nolos impón alguén, e aínda que e arrepiante, teño que levarlle a contraria porque sería un alivio poder botarlle a culpa a alguén, á sociedade ou ao sistema, de nos impoñer prexuízos pero a verdade é que os mamamos, que os aprendemos sen querer, e a miúdo sen que queiran os nosos educadores, transmitímonolos uns aos outros sen decatármonos, e o único que podemos facer é un exercicio constante de autoobservación e autohonestidade para tentar controlármonos e mellorar. Hoxe en día, parece que a sociedade se tornou algo máis superficial e isto incrementa a transmisión de prexuízos en todas as idades, pero especialmente a adolescencia é un caldo de cultivo perigoso para esta tendencia, porque é a idade en que mais concesións facemos para seren aceptados socialmente. É fundamental axudar a mocidade a desenvolver madurez e seguranza emocional e racional, porque os patróns que adquiran nese tempo han acompañala boa parte da súa a vida.


    Por último vou falar do primeiro, porque é do que máis me gusta. Co exemplo da gaivota chorona toca o tema xigante da identidade cultural, tan ben debuxada, sen decatarse a persoa falante, na globalidade de calquera lingua.

    Lembro moito a frase (a ver se a digo ben): NON PODES FALAR COMO PENSAS, PERO HAS PENSAR COMO FALAS. ¡Que si! Que a calidade dos nosos pensamentos ten moito a ver coa calidade da linguaxe que empregamos!!! Se falamos de xeito limitado, tamén pensamos de xeito limitado, porque articulamos o pensamento sobre a linguaxe. É FUNDAMENTAL FALAR O MELLOR POSIBLE, CALQUERA LINGUA, e que os rapaces interioricen este feito.

    A nivel práctico é iso, mais a nivel de pobo, a linguaxe reflicte o transfondo, o sentir, dese anaco de humanidade. Paréceme apaixonante e un tema de antropoloxía (e se alguén coñece bos libros que fagan estes relacionamentos… ¡por favor, pasádeme títulos! Seica un/unha mesmo/a pode reflexionar nisto, mais non recibín clases de galego e non son moi consciente das estruturas que emprego ao falalo, nin das que non emprego). Para mín isto é o mais fermoso que toca o libro, aínda que non o mais útil.

    Só me resta dicir que adorei ese comentario de Iria que di que co galego se pintan as vogais no ar… Coido que eu non teño tan boa fonética, pero ¡¡beleza que falastes!!

    PERDOÁDEME QUE ME ESTENDESE TANTO, NON O PUIDEN EVITAR.

    ResponderEliminar
  28. Este pequeno libriño contén no seu interior unha chea de informacións moi interesantes para conseguir eliminar moitos “prexuízos e simplificacións sobre a lingua galega”. Alén disto, é de considerar que sexa un libro tan claro, pois grazas a isto pode ser un libro de leitura para xente adulta, mais tamén para rapazas e rapaces máis novas. Sería xenial que toda a sociedade galega lese este libro, porque se ía dar conta de todas as burradas que ten asimiladas sen nen tan sequera recapacitar sobre elas, tan só asumindo o que lle vén dado.
    Teño que dicir que comparto co autor a idea de que non gostaría de que existise unha lengua común e uniforme para todo o mundo, sería un mundo sen riqueza lingüística, cultural, literaria… Por outro lado, é interesante como unha persoa galegofalante, como son os exemplos de Alberte, Brais e Carlos, cambia a súa lingua habitual por se pode resultar de mala educación, mais en que momento unha persoa españolfalante cambia a súa lingua por se é de mala educación para un galegofalante? Nunca, o cal é moi respeitábel, mais deberiamos tomar exemplo e non o facer nós tampouco, pois a nosa lingua habitual porque ten que ser máis maleducada que outras?
    O autor é moi claro cos casos prácticos que expón, que todos perfeitamente coinciden coa realidade e tod@s pensamos nalgunha situacións desas, mais chega a ser mesmo irónico facendo referencia ao mal uso do español da xente de Galiza, mais que se sente moi orgullosa de como fala mentres que proclama con moito orgullo non saber galego. Tamén é moi irónico co caso que pon de cantos anos se necesitarían para falar con todas as persoas dunha lingua con un gran número de falantes. Aquí, Pablo creo que non entendiches moi ben a idea do autor, pois el en ningún momeno di que non aprendamos inglés, español, francés ou calquera outra lingua, ao contrario, anímanos a aprender cantas máis mellor.
    Concordo totalmente en que cando estás cun grupo de persoas que están falando español e ti mantés o galego hai algunhas que cambian para o galego e despois sincéranse dicindo que se sinten agora máis cómodas, mais que como antes ningunha o falaba e era ela soa, pois…

    ResponderEliminar
  29. (Exercitade un pouco a paciencia que vai un comentario largo...)

    Singala é un home intelixente. Soubo transmitir a mesma mensaxe de sempre envolta nun papel de regalo lustroso, brillante e novo. Se se me permite, vou separar o seu libro “En galego por qué non?” en dúas metades: a metade da orixinalidade e a que eu vou bautizar como “a metade escura”.
    Singala desfaise en boísimos argumentos. Valoro a creatividade por riba de todo e gústame que se me convenza xa que creo que non é fácil. O certo é que durante as primeiras páxinas marabilleime o mesmiño que o resto dos meus compañeiros. Ten uns argumentos moi fortes:
    Deille dez puntos co razoamento sobre a hexemonía norteamericana e como iso fai que un país que nada ten que ver cos Estados Unidos se poida situar tan ao lado deles sen se dar de conta sequera. Así que por iso non nos gusta Alemaña, ou Rusia, ou Xapón... Certo é que estas opinións están exclusivamente fundamentadas na ignorancia. Unha persoa que coñece calquera destas tres linguas non poderá compartir a opinión de que “soen mal”, eu adoro o xaponés e o alemán. Pero xa abonda que os Estados Unidos teñan o seu recunchiño, por moi pequeno que sexa, no noso subconsciente. É arrepiante.
    Non podería estar máis de acordo co de que o saber crea lugar xa que día a día experimentamos as vantaxes de coñecer o galego: por exemplo no meu caso, se eu quero estudar xaponés o galego é unha base importante xa que comparte moitos fonemas con el. Os sons das vogais xaponesas teñen moito que ver coas galegas, o cal é sinxelamente fantástico!
    Singala anotou outro tanto no meu marcador co das variacións do Español. Lembreime moito do meu avó : “A culpa de que non se fale o galego é nosa: ninguén o fala igual, vas a calquer lugar e dinche “ventana”, das dous pasos e din “ventá”, e cando das media volta escoitas “fiestra”. Non dan acordado.” Eu nunca pensei que iso fora algo malo, ao contrario, eu disfruto coas diferentes variedades e de feito creo que vai moi a xogo co carácter galego de non sabermos moi ben se baixamos ou subimos. Un galego soe ter sempre a man dúas cousas: una queixa e unha pregunta. En conclusión: Se as variedades do español son tantas e todas son boas e aceptadas porqué non habían selo as do galego? (Velaí a miña natureza de galega “retranqueira”).

    ResponderEliminar
  30. O punto máis forte da argumentación de Singala ven co exemplo da tradución, aínda que non me sorprendeu moito. Salta á vista que o galego vese acosado polo español, temos a proba no concepto de “castrapo” que fai referencia precisamente ao galego castelanizado. Pero nunca nos detemos a pensar que o castelán que falamos está infinitamente influenciado pola nosa terra, e confeso que iso paréceme perfecto xa que penso que debemos levar a nosa identidade sempre connosco. Deume motivos para pensar en que quizais o meu galego non sexa tan malo e que podería usalo máis veces sen que ninguén tivese que “sufrilo”, o galego mal falado paréceme tan pesado...
    A mágoa é que xusto despois do seu razoamento maxistral xa comezan as miñas dúbidas. Pensei que Singala era infalible pero non foi así. Singala especula sobre a razón de que aos españois e aos galegos pareza que nos custa máis aprender ben o galego. El cre que é polos prexuizos e eu non teño nada que opoñer, teño claro que é unha posible razón. Pero é só por iso? Non creo.
    Cando as nosas linguas nais teñen moito en común coa lingua nova que queremos aprender fáisenos un pouco costa arriba porque damos cousas por sentado. Eu tiven unha mestra de portugués que non podía aturar que falásemos o galego na súa clase porque pensabamos que xa era o mesmo que se souberamos portugués e claro, equivocabámonos. E a meirande parte das veces a palabra que tiñamos que dicir pouco o nada tiña que ver coa correspondente en galego. Era moi confuso. Entón pedíanos constantemente que por favor utilizásemos o español con ela. Non é fácil supoñer que “pega na mala” sexa o mesmo que “colle o bolso”, non é?
    E agora co capítulo 6 comeza a miña “metade escura”. De seguida atopeime apuntando “peros” no meu caderno. O primeiro deles co exemplo do neno-ocupa. Moi ben pensado, unha vez máis, porque é un exemplo que a primeira vista parece digno da nosa indignación. Un neno que chega á casa e atopa outro no seu lugar. A palabra para iso é inxusto, por suposto. Os pasos a seguir son obvios: dáme as miñas cousas e sal da miña casa. Singala terame que perdoar porque quero corrixir un detalle, a historia real é esta:
    Un día volvendo a casa dende a escola un neno, chamémoslle Brais, é raptado por uns descoñecidos e levado moi lonxe, entón encérrano nun cuarto escuro durante moitos anos. Ao mesmo tempo, eses señores deixan no seu lugar outro neno distinto, Blas, que vai para a casa, pon o pixama e xoga cos videoxogos do outro neno. Este neno crece cos seus novos pais, crea lazos, adáptase á nova vida nesa casa, nesa cidade. Blas vai xogar cos compañeiros da escola, visita aos veciños... Ata que un bo día Brais volve á casa, considerablemente cambiado aínda que suficientemente recoñecible. Qué van sentir os seus pais, os amigos da escola, os veciños, cando os señores queiran levar ao impostor e deixar ao fillo real no seu lugar? Moitos deles nin sequera chegaron a coñecer a Brais e non só están afeitos a Blas, senón que o queren e xa forma parte das súas vidas. Quizá os familiares máis cercanos a Brais acepten o cambio porque Brais era o seu fillo, ou porque Blas non lles termiñaba de gustar de todo ou porque só o coidaban por obriga pero e os demais qué? Incluso os pais, probablemente, botarán a Blas en falta... É un exemplo comparable co caso duns pais de adopción, un neno adoptado ha pensar que estes son os seus pais de verdade aínda que coñeza aos biolóxicos porque foi con eles con quen viviu sempre e compartiu tantas cousas. É un exemplo comparable co caso duns pais de adopción, un neno adoptado ha pensar que estes son os seus pais de verdade aínda que coñeza aos outros porque foi con eles con quen viviu sempre e compartiu tantas cousas. Non é tan sinxelo como Singala o fai parecer. Creo que o factor tempo é esencial. Aínda que estivera mal o que os señores fixeron, a nós só nos queda adaptarnos ás consecuencias.

    ResponderEliminar
  31. Igual que antes Singala tivo un argumento boísimo agora destaco un que non me gustou nada... O autor adica parte do seu capitulo 7 a se recrear na ridícula idea de que “se sabes falar chinés poderíaste comunicar coa metade da poboación do planeta”. Porque claro, como nos imos comunicar coa metade do planeta nos 85 míseros anos que dura de media a vida humana? E entón fai contas e chega á conclusión de que necesitariamos case 3000 anos para facelo adicando tan só un minuto a cada persoa. Non podo crer que sacara TANTO de contexto unha idea tan simple. Está claro que a frase refírese a probabilidades. É ben certo, como el di, que “de pouco podería servir saber inglés no medio do Amazonas”. Indubidable, pero a estatística de seguro estase a morrer de risa. Creo que está claro que é moito máis probable que necesites o inglés ou o chinés en calquera parte do mundo hoxe que o ianomami, aínda que nesa situación fora o máis útil do planeta. Comprendo a súa crítica porque a min tamén me molesta que a xente soamente fale en termos de números. Cando digo o de “eu quero aprender xaponés, ou coreano!!” sempre che saltan co de “aprende chino, é o idioma do futuro, moito máis útil”. Cago no demo. E qué terá que ver iso con que eu queira aprender un idioma porque me parece fermoso ou interesante? Estou de acordo con Singala, pero está moi mal planteado.
    Eu non creo no bilingüismo, penso que é unha utopía. Quen ten dúas linguas na súa cabeza, aínda que as controle perfectamente, non as usa nos mesmos contextos. Ao mellor usa unha para discutir ou para falar cos pais e outra para clase, os amigos, etc... Ou outras moitas posibles separacións, pero nunca indistintamente. Ben, iso pasa en Galicia, xa o sabemos. Sorprendeume moito comprobar que o galego é falado habitualmente pola inmensa maioría da xente (un 75%!!) e penso que é incrible. O galego está máis que vivo!! Porqué falamos de morte dende a saúde?? Non creo que sexa tan inminente...
    O tema é que se xa é o idioma maioritario, por qué un castelán-falante non pode vivir ao seu aire? Falan de plurilingüismo pero eu non podo quitar da cabeza a idea da uniformización. É como se alguén estivera constantemente rumiando no meu ouvido. Primeiro diría “qué gorra máis bonita levas!”, logo “nunca probaches a quitala?”, despois un tímido “penso que unha boina quedaríache moi ben” e ao mesmo tempo que imos comprendendo por onde van as cousas rematan con un “leva boina!!”. Onde quedou a tolerancia?

    ResponderEliminar
  32. Deume a impresión de que o derradeiro capítulo asume que a opción correcta sería o galego. Por qué? O título é “por que non”, ou sexa: “non falo galego porque non”. E eu vexo que ben explicada esta é unha opción absolutamente valida. Ou non estamos no século da liberdade e a tolerancia? Se os galegos non falan galego hai un problema. E se non hai ningún problema? E se os galegos todos (o cal non é certo pero vou falar en termos utópicos) aceptaran e coñeceran o galego sen prexuízos? E se lles gustara e o utilizaran nalgúns contextos? Pode que de todas maneiras decidiran utilizar o castelán na súa vida cotiá, porque lles gusta máis ou simplemente porque si. Que ten iso de malo? Qué hai de iso de vivir como queiramos mentres non fagamos mal aos outros? Unha persoa culta, sensata e normal debería poder vivir en Galicia sen que a alguén lle pareza mal que non escolla o galego. Todos notamos esa presión que se supón que non hai. É como cando alguén comeza a súa argumentación nunha discusión con “eu non te quero convencer de nada pero...”. Con iso xa se activan as nosas defensas. É mentira, iso é como o cliché de “isto non é o que semella” cando si é exactamente o que semella. Non te queren convencer, fano amistosamente e en silencio pero todos sabemos o que pasa. Unha mensaxe poderosa non necesita ser dita en voz alta. Proba a entrar nun “chino”, refírome ás tendas e non aos restaurantes, e a te pasear tranquilamente mirando a mercancía como farías noutra tenda calquera. Ninguén se sinte cómodo dentro dun chino, cando saes da tenda a sensación de alivio é instantánea. A min pásame e iso que adoro esas tendas. Pois a situación de Galicia é parecida. Por iso cústame tanto crer nas boas intencións, porque son incapaz de me sacudir esa sensación incomoda de enriba.
    O libro é moi bo. Está moi ben estructurado, é ameno e divertido, é intelixente e ten un montón de argumentos valiosos. Aínda que lle asomou o rabo ao demo un pouquiño eu creo que foi unha experiencia positiva para min e que aprendín cousas moi útiles.

    ResponderEliminar
  33. Ah! Esquecín comentar un erro tremendo por parte do autor aínda que xa lin por ahí arriba que xa vos dechedes de conta así que afórrome o comentario.
    "A lingua do noso contorno é o galego, e quitando algunhas excepcións, facemos a nosa vida nesa zona e falamos con xente próxima".
    O erro é tan grande que fala só. Neste mundo de hoxe no que o punto máis lonxano está a apenas unhas horas do noso alcance esta afirmación é tan vacía como ridícula. :)

    ResponderEliminar
  34. “En galego por que non?” convida á reflexión, ao pensamento, a intentar responder numerosas cuestións que probablemente moitas veces nos plantexamos mais non nos atrevemos a contestar. Singala, divide o libro principalmente en sete capítulos: (1) porque é unha lingua bruta que soa mal, (2) porque aprender galego é unha perda de tempo, se todos falásemos inglés non habería problemas para entenderse; (3) porque non todos o falamos, e facelo cando hai alguén que non o fala é de mala educación; (4) porque non o damos falado ben; (5) porque é unha lingua imposta; (6) porque é unha lingua minoritaria; e (7) porque non o fala ninguén; e (8) porque non. Na maioría dos “porques”, Singala emprega xogos e exemplos moi entretidos para facernos pensar sobre o galego e sobre as nosas actitudes fronte a el.
    No primeiro capítulo non estou totalmente dacordo co autor. Fai que escribamos nunha táboa as linguas que nos soan ben, e as que nos soan mal, é dicir, as que nos gustan máis ou nos son máis atractivas á hora de aprender, ou as que menos. Ben, pois no meu caso a súa teoría de desprezar o que non é próximo a nós ou o que descoñecemos, non funciona. É máis, non relaciono as linguas que soan ben ou mal con ningunha imaxe, e menos coas reflexadas no libro.
    Como anécdota, teño que recoñecer que no exemplo dos tres rapaces (capítulo 2) que van a cear xuntos, piquei totalmente… Ao igual que Pablo quédome con “a lingua é unha riqueza, non un estorbo” e cantas máis coñezamos, máis facilidade teremos para aprender outras novas.
    En canto ao terceiro capítulo, nunha conversación ben sexa en galego ou en castelán non lle dou importancia á lingua na que me respondan, e moito menos me parece unha falta de educación se cambian de lingua ou non o fan. Penso que a lingua é un medio de comunicación coa finalidade principal de entendernos. Tal e como apuntou Fatima Fernández, “hoxe en día non se xulga á xente por falar galego, simplemente se fala ou non se fala, polo menos no meu contorno”.
    O cuarto capítulo, penso que Singala o resume estupendamente na frase “paréceme perfecto que os galegos aprendamos unha segunda, terceira ou cuarta lingua, o que non me parece unha boa idea é que renunciemos á nosa” e a frase “trátase de sumar, nunca de restar" Non podo estar máis dacordo con ambas afirmacións.
    Porque é unha lingua imposta, poderiamos estar falando horas, días e anos. É un tema que se segue abordando na actualidade, con colectivos a favor e en contra. Penso que o galego ten moito resentimento polo xurdido durante o franquismo coas linguas autóctonas. Mais o que nunca comprendín, é como os cataláns souberon valorar a súa lingua e en Galicia se crearon a cantidade de prexuízos que ten.
    Porque non o fala ninguén e porque é unha lingua minoritaria (capítulo sexto e sétimo), para min están moi relacionados. Debo recoñecer a miña ignorancia sobre o posto 136 da lingua galega dentro das 5.000 linguas existentes na actualidade, tal e como xa comentaramos na clase. É sorprendente que o galego esté entre as 18 linguas interface en Google, que conte cun sistema operativo Windows, que se atope no posto 48 en libros traducidos ao galego e no posto 37 no número de páxinas webs dispoñibles.
    Para rematar, aínda que discrepo nalgunhas cuestións que abordou Singala ao longo do libro, teño que recoñecer que me encantou a lectura e que debería ser un libro de lectura obrigatoria en secundaria ou bacharelato. É unha maneira diferente de reflexionar e abrir os ollos un pouco.

    ResponderEliminar
  35. O autor repasa ao longo do libro todos os prexuízos que existen en relación ao uso do galego. Faino dunha maneira sinxela, de modo que calquera persoa sexa quen de comprender a mensaxe que nos quere transmitir. Ademais, primeiro plantexa a cuestión, da unhas liñas para a reflexión e despois comenta a resposta. Gústoume que non nolo dera todo feito, senón que deixase tempo para pensar.
    Pouco queda que comentar sobre o libro, xa que os meus compañeiros o fixeron e vexo que máis ou menos todos pensamos o mesmo. Únome á idea de que este libro foi moi doado de ler, o autor consegue que a lectura resulte sinxela e atractiva, posto que a min enganchoume desde o comezo e sempre tiña ganas de seguir lendo a ver cál era o seguinte acertixo.
    Penso que ao longo do tempo sempre me atopei con alguén que agora, lendo o libro, podería enmárcalo dentro de cada un dos prexuízos que expón Nuñez Singala. Conforme ía lendo no texto ía lembrándome de persoas que encaixaban no perfil que se describía. Na mayoría dos casos pensaba en miña avoa que, aínda que sempre fala en galego, é sempre á que lle escoito iso de que o galego é moi bruto e só o fala a xente da aldea, penso que pola época que lle tocou vivir.
    Por casos coma este é polo que creo que os prexuízos sobre o galego están tan arraigados nalgunhas xeracións que só será posible eliminalos completa, ou case completamente, nas xeracións vindeiras. Pois serán xeracións con outros niveis académicos e con outra conciencia lingüística, ou eso espero…
    Encantoume o exemplo final, o do círculo de amizade da filla do autor, chamoume moito a atención ese contaxio de lingua. E tamén quedoume gravado o exemplo de ene velar e ene alveolar, aínda pasei un bo anaco repetindo as palabras! Pero sí que é certo que os castelanfalantes empregamos moitos galeguismos sen sabelo.
    E se me teño que quedar cunha idea do texto quédome con que “o saber non ocupa lugar, créao”. Pois iso, que canto máis saibamos, linguas neste caso, máis espazo teremos na nosa memoria para almacenar máis e máis coñecementos.

    ResponderEliminar
  36. Lin este libro porque o vin moi ameno, e para ser o meu segundo libro en galego pensei que era fácil de ler e de entender. Este libro nos fai pensar sobre a situación da lingua galega na actualidade.
    É verdade que aos galegos cústalles ver as cousas boas, apreciar o seu, mais penso que isto está a cambiar. Cada vez máis os galegos sinténse orgullosos do seu e ante todo da súa lingua. A realidade a miúdo é máis complexa do que parece a primeira ollada. É máis doado deixarse levar polos prexuízos e pola simplificación. Estes son os verdadeiros enemigos da lingua galega, aqueles que durante anos fixeron que a nosa lingua fora secundaria na nosa terra, coñecida si pero non excesivamente empregada.
    O feito de que o galego sexa considerada coma unha lingua que soa mal ou bruta tal coma di Singala é un prexuízo, non é que a lingua sexa bruta o que é bruto é o falante da mesma. Dícese que unha lingua soa mal cando non se coñece, cando é distinta das que un coñece.
    Paréceme realmente interesante a afirmación que fai Singala na que dí que cantas máis linguas saibamos máis doado será aprender novas linguas. No meu caso persoal o feito de coñecer catalán, francés, inglés e castelán, facilítame moito a aprendizaxe da lingua galega. Tamén hai que dicir que os milagres non existen e sen esforzo e tempo e imposíbel aprender calquera lingua por moito que sexas políglota.
    Pensar que un idioma universal é posible é coma si falaramos dunha sola raza no planeta, impensable. A diversidade é riqueza e nas linguas temos o mellor exemplo.
    É moi importante destacar que na Galiza fálase mellor galego do que se cree, o que pasa é que coma sucede noutras linguas, fálase de forma diferente debido as variedades dialectais da mesma.
    Realmente unha lingua é o patrimonio dun pobo, e parte dos seus sinais de identidade tal coma di Singala.
    Coma conclusión direi que aquel que pensa que o galego non é internacional cómpre decirlle que galegos hainos en todo o mundo polo que empregar a lingua galega abriranos moitas portas incluso na lúa onde tamén dicen que hai galegos.

    ResponderEliminar
  37. Despois de facer esta lectura sobre os prexuizos da lingua galega que o seu autor (Manuel Núñez Singala) nos quere transmitir, engadirei que estou dacordo na maioría, pero non comparto algunhas das ideas expresadas. Como recolle na introdución, non nos debemos quedar só co superficial senón que hai que ir máis aló e analizar o abano de posibilidades máis amplo que se pode presentar.

    Para comezar a comentar o libro, seguindo os puntos tratados polo autor, non estou totalmente dacordo en que o que non é próximo sóanos mal. Para min hai máis factores a ter en conta como pode ser a cultura ou a historia dos países nos que ese idioma se fala. Por exemplo, se che interesa estudar polo motivo que sexa a fondo unha determinada sociedade como pode ser a china, non por estar máis afastada que a francesa ou a alemana ten que ser máis difícil de entender.
    Como moitos dos meus compañeiros, creo que aprender unha lingua como o galego neste caso, identidade dun pobo, non o considero pérdida de tempo, senón que paréceme unha necesidade que como galegos que somos deberíamos aprender a amosar a súa riqueza ao mundo que nos rodea, mediante a súa fala e escritura tanto en situacións formais coma coloquiais. Para eso deberíamos empezar por esixir que a prensa con maior tirada do país se editara en galego por exemplo.

    En canto ao punto no que trata a fala do galego non estou totalmente dacordo co autor. Eu, como a maoría dos galegos nados no rural, son galego falante (e espero seguilo sendo toda a vida) e como tal en todos os contextos posibles falo o galego agás que me pidan que fale o castelán porque non entenden o galego (caso que me pasou na empresa na que traballei).
    Non porque me falen o castelán ou outro idioma na miña terra vou cambiar eu, e non por eso creo que lle falte á educación a ninguén, agora ben: coma no exemplo exposto no parágrafo anterior, considero que calquera persoa se llo piden por calquera motivo xustificado debería cambiar de lingua.

    Como o autor no seguinte aspecto que tratou, estou dacordo con el, posto que como membros dunha sociedade consumista da que formamos parte posiblemente debamos manter e loitar pola nosa, non renunciando a ela. Eso si, a influencia desa sociedade consumista, ben sexa a través dos medios de comunicación ou doutros medios, fainos que moitas veces sen darnos conta perdamos parte da nosa historia adoptando como propios palabras propias doutros idiomas.

    En canto a ser unha lingua imposta penso que o complexo de inferioridade que moitas veces sobrevive en nós, froito dos tempos pasados, lévanos a plantexarnos este tema.
    Por eso moitos dos prexuizos que xorden aquí creo que son obxecto da herdanza do pasado e que deberiamos superar sen que ninguén impoña nada.

    Pese a que non coñecía os datos expostos sobre a lingua galega e demáis aspectos reseñados, eu consideraba o galego como unha lingua importante e cun certo peso no mundo pois como relata o autor ten presenza nas redes socias, nas novas tecnoloxías,…
    Esto non quere dicir que non debamos seguir loitando polo noso patrimonio para que cada día sexa máis forte e conseguir así que non esmoreza.

    Como expresei ao principio destas palabras, a fala ou non do galego vai nas conviccións e crenzas de cada persoa, aínda así hoxe en día o exemplo que relata sobre a súa filla ocorre en ocasións puntuais.
    Creo que moitas veces polo medo ao que dirán, certas persoas (sobre todo xente de idade) en determinadas situacións formais non o falan, pero coido que estes momentos diminúen.

    Por útimo rematar resaltando a forma de enfocar os puntos tratados no libro polo autor, mediante a utilización de exemplos, facilitando deste xeito a lectura do mesmo.

    ResponderEliminar
  38. Escollín a lectura deste libro porque nunha primeira ollada pareceume moi ameno e fácil de entender, ademais de invitar ó lector a participar. A pesar de ter falado xa na clase de moitos dos conceptos que aparecen, é un libro para pensar sobre o galego e reflexionar sobre as distintas situacións, que aínda téndoas diante no día a día non nos decatamos delas.

    O feito de que o título do libro sexa unha pregunta en galego, por que non? xa invita á reflexión. A claridade das respostas e argumentos que vai dando o autor ó longo do libro fixéronme pensar sobre a cantidades de prexuízos da lingua que aínda seguen presentes nesta sociedade, moitos deles baseados en xuízos erróneos.

    Chamoume moito a atención o xogo dos cadrados para descubrir as simplificacións e a súa relación coas linguas. É certo que moitas veces adoptamos unha visión superficial sen profundar o suficiente e sen percibir todo o que hai.

    Tamén estou de acordo con Singala no feito de que moita xente pensa que hai linguas que soan ben e outras que soan mal. Pola contra, non estou de acordo cos motivos que plantexa, pois non creo que as linguas soen mal por pertencer aos tradicionais inimigos dos Estados Unidos. O que si é certo, é que normalmente gústanos máis o coñecido ou o que se asemella máis ó noso.

    A posibilidade dunha única lingua común para entendermos, renunciando así á diversidades de linguas, paréceme totalmente errónea. As linguas non só resultan unha riqueza por elas mesmas, senón pola cultura que representan.

    Unha frase moi acertada para desmentir un prexuízo da lingua é "o saber non ocupa lugar". Cantas máis linguas saibamos, máis doado será aprender outras. Por iso, para comunicarnos, debémos aprender cantas máis linguas mellor sen ter que renunciar á nosa.

    Tamén coincido con Singala en que moitas veces a comunicación é posible aínda que cada quen empregue a súa lingua, non ten porque ser de mala educación falarlle a alguén en galego se esa persoa non o fala, sempre que o entenda.

    ResponderEliminar
  39. Despois de un par de intentos de querer comentar o libro hai uns días, e por erros no blog, e erros meus en non copiar o comentario e gardalo, a ver si por fin oxe é posible que acabe co tema este.

    Despois de leer a opinión dos compañeiros, vexo que todos analizan bastante ben o contido do mesmo e levan a cabo o seu análise individual sobre os prexuízos dos que eles son partícipes. Pese a ser un libro interesante, a min como galegofalante, non me sorprendeu ningún prexuízo dos que nomea Singala o largo do texto, xa que nesta vida deixa un oído de todo. Así mesmo, non comparto para nada a súa opinión sobre a necesidade de aprender o inglés e o razonamento que fai. Quero creer que se refería a que sendo galego e prioritario aprender galego, antes que outras linguas, e a partir de coñecer a túa lingua te adentres no coñecementos das demáis linguas nas que estes interesado, pero o exemplo que pon pareceme bastante malo, por non decir patético.

    O que sí me chamou a atención e que as seguintes partes do libro que vou citar a continuación non lle resultaran a ninguén dignas de ser citadas: "Só os pobos que se respetan a sí mesmo permanecen e progresan, dos que non o fan...non temos noticia porque desaparecen", "Apreciar o propio non supón desprezar o dos demáis".

    E tendo en conta estas citas, é os maravillosos comentarios recollidos no blog cos que Goretti estará encantada de ver como os alumnos se "interesan" polo galego, gustaríame saber cantos levarían a Práctica o que a veces escriben, co cal axudaríamos a respetarnos a nos mesmos para medrar co pobo. E simplemente facelo porque apreciar o noso, non significa desprezar o dos demáis como engade Singala. Volvo deixar a maravillosa cita de Iria noutra artículo do blog: "Non somos respetuosos cando empregamos a lingua como símbolo baleiro do politicamente correcto. Quedar ben é bonito. Ter unha convición e emprender unha acción teleolóxica é grandioso".

    Así que o dito, a predicar co exemplo na vida cotiá, e non sólo reflexalo nun bonito texto para contentar a profesora da asignatura.

    ResponderEliminar
  40. O libro de Singala paréceme moi entretido sobre todo analizando cal é o seu fin. É moi interesante como leva á práctica e ó razoamento todas as ideas que realmente quere transmitir. Estou de acordo con case todos os prexuízos que expón e dinme conta que hai cousas que nunca pensara, por exemplo cando fala de "falar galego cando hai alguén que non o fala é de mala educación"; esta frase sempre a supuxen con alguén que non coñecía o galego pero non con xente de aquí que coñece o galego pero non o fala, resulta moi curioso o resultado. Co que non estou de acordo é co prexuízo de que a lingua é imposta, esto nunca se me puido pasar pola cabeza. E para finalizar gustoume que levara ó libro unha historia persoal (aínda que sexa da filla) xa que o acerca máis ó lector.
    En definitiva sorprendeume moito o libro pero para ben. Felicitar a Singala.

    ResponderEliminar
  41. En galego, por que non?, cun titulo tan suxestivo quen poderia resistir a facer a sua ultima aportación o blog na lingua que viñemos tratando toda esta asignatura; antes de nada pido disculpas polas posibles faltas de gramatica e ortografía que de seguro estou a cometer.

    Como dixen antes,o titulo e suxestivo e foi o que levoume a ler o libro a pesar de ler o de Ecolingüística con aterioridade. Teño que dicir que o de Moure encantoume e descubrín unha morea de temas descoñecidos pra min dunha forma rigorosa e obxetiva; moi o meu pesar este non me gustou. Quizais esté ben coñecelo para nun futuro poder recomendalo os alumnos desorientados que tañamos nas nosas aulas; pero ainda que sinxelo de ler, fíxoseme aburrido… aburrido porque di cousas demasiado obvias con exemplos que en moitos caso non me sorprenden en absoluto, como o primeiro dos cadrados ou o ultimo que pretende romper prexuicios, e alguns nin os comparto; porque non chego a ver esa confusión que di o autor hai no capitulo 3 co problema dos tres amigos, por exemplo.

    Resumindo que o libro desencantoume un pouco; quedome co de Moure e os próximos que lea, xa pra meu enriquecemento persoal, serán mais na línea deste que do que aquí nos ocupa.

    Un saudo a todos.

    ResponderEliminar
  42. Gustoume moito o libro de Singala, xa que ademáis de ser de amena lectura e de doada comprensión, explica con exemplos moi sinxelos algúns dos prexuízos máis habituais que sofre a lingua galega.

    Singala comeza o libro explicandonos a diferenza entre prexuízos e simplificacións con dous exemplos interesantes, nos que a maioría de nós caeríamos. Gustaríame centrarme no capítulo 4, "Porque non todos o falamos...", xa que creo que este punto é un tema interesante. ¿Hai quen realmente pode creer que é de mala educación falar galego cando alguén que non o fala diante? Para min a resposta é que non, que a educación é un concepto que vai máis alá que no linguaxe que nos dirixamos a calquera persoa. Dende este punto de vista, tamén sería de mala educación que me falaran en castelán cando son unha persoa que solo falara galego. En canto a que o galego é unha lingua minoritaria, realmente é unha lingua cun maior número de "falantes", xa que co galego podese ampliar os nosos horizontes de comunicación con países de fala portuguesa, cos que nos podríamos comprender perfectamente.

    Para rematar, simplemente decir que o galego non é unha lingua imposta, que hai persoas que o falamos porque estamos convencidos da importancia de poder comunicarnos no idioma que nos críamos dende nenos, sen ningún tipo de prexuízos as persoas que se expresen noutra lingua, polo que os prexuízos que sufrimos os galegofalantes tamén deberían ir desaparecendo. ¿Cómo lograr que eso teña lugar? Pois falando en galego, ¿por que non?

    Ana González González

    ResponderEliminar
  43. Supoño que, como a maioría dos meus compañeiros, elixín o libro de Singala por ser o que se revelaba máis sinxelo. Pero o sorprendente é que esa sinxeleza é usada dun xeito intelixente, á vez que divertido, para levarnos por onde quere o autor, con xogos que nunca daría en relacionar con temas lingüísticos, e dando sempre no centro da diana.
    É curioso, tamén , que tiven mesmo a sensación de non estar lendo un libro, senón dialogando co autor. Penso que non é difícil poñer nas nosas bocas algunha das respostas do libro. No meu caso, nalgún momento, en galego, por que non, por medo a non falalo ben.
    Só lle vou poñer un pero: no epílogo, ese aire divertido semella dar paso á “gaivota chorona”, da que antes falaba Singala. Quizais esa sexa a súa intención, rematar a obra sen que deixemos de reflexionar (guiados por el), seguindo os seus pasos.
    María Castro

    ResponderEliminar
  44. Ao igual que xa comentaron os meus compañeiros e compañeiras este libro pareceume unha boa ferramenta para botar abaixo tantos e tantos prexuízos que existiron, e seguen a existir, sobre o galego. Desde logo a maneira en que o autor leva a cabo isto é totalmente novidosa para min e creo que o resultado pode ser moi bo.
    Unha visión errónea que se recolle no libro, e que xa aparecía en moitos dos vídeos que temos recollidos, é a idea de que o galego está sendo unha lingua imposta. Como ben di o autor, o único que se pretende é que o galego recupere usos que lle corresponden para que ao final exista un certo equilibrio e teñamos unha competencia en ambas linguas. Eu non creo que a intención de Singala con este libro sexa convencer de nada a ninguén. Simplemente é unha maneira moi sinxela de achegarnos a todos aqueles prexuízos que recaían sobre o galego, nada máis, e dalgunha maneira facernos ver que o galego pode servir para comunicarnos coma calquera outra lingua, sen menosprezar ningunha. Está claro que o autor pode estar máis ou menos acertado nas súas argumentacións ou exemplos, ou a cada un nos poden parecer mellores ou peores pero hai cousas que non se poden sacar do contexto no que aparecen. Eu creo que en ningún momento se está criticando ou pedindo que os castelán falantes deixen de falar a súa lingua e que todo o mundo fale galego, para nada é iso. Como ben di Lara Edreira vivimos na era da liberdade e cada un pode escoller falar o que queira e aínda que ela pense que hai unha certa presión sobre todos os que son galegos e non falan galego, a min non me parece tal. Parece que no seu comentario temos de novo esa idea da imposición do galego, de que perseguimos aos que falan castelán por non falar galego, e non é así, ela e calquera somos libres de escoller a lingua que queiramos para comunicarnos pero hai certos dereitos que ninguén lle pode arrebatar, gústenos ou non. Os castelán falantes viven ao seu aire, creo eu, pero viven nun territorio onde existe unha lingua propia que sempre estivo pouco valorada e que ten todo o dereito de vivir tamén libremente coma eles, e o único que se pretende é facer ver que sempre existiron ideas erróneas respecto a ela que debemos botar a baixo, e que a xente debe ser consciente diso.
    Se un galego non quere falar galego non hai ningún problema, pero a realidade é que moitas veces detrás dese non querer existían moitos outros elementos negativos, que pesaban máis ca propia vontade, que se non existisen as cousas poderían ser doutro xeito. E loitar contra eses elementos negativos non é facerlle mal a ninguén, é loitar contra o que ti cres que é prexudicial para algo tan importante e noso como é o galego. Seguramente se a situación fose á inversa, todos os que defenden o castelán loitarían polo mesmo.
    Volvendo ao libro teño que destacar, como tamén fixeron algúns dos meus compañeiros e compañeiras a última parte, onde tamén por culpa dos prexuízos, que pensamos que non temos, era incapaz de atoparlle sentido a esa historia, porque non vía que a palabra eminencia tamén se podía referir a alguén do xénero feminino.

    ResponderEliminar
  45. É un libro ameno, en parte pola boa organización en forma de capítulos que rompen cun prexuízo e tamén polos esquemas presentes. Nestes esquemas ata ó final non sabes cómo se relaciona co tema mantendo certo interese. Ademais é un libro curto que creo que sería útil na escola para eliminar os prexuízos relativos ó galego.
    En primeiro lugar presenta a gaivota chorona que xa coñecía o curioso do nome ainda que non sabía que ademais de no castelán era igual noutras linguas. Agora para min é un exemplo de que a lingua é unha cosmovisión pois este nome é bastante representativo da forma de ver as cousas dos galegos.
    Tamén trata de demostrar que o galego é unha lingua melosa e que menosprezada a diversidade está moi menosprezada, saber inglés si sería bo, pero non só inglés.
    O máis novidoso do libro foi aprender que é eso ó que lle chamamos “acento” e cómo o que falamos é máis e mellor galego do que pensamos. Así os conceptos de alternancia vocálica nos verbos e cómo empregamos o n alveolar ou velar segundo o caso éranme concepto descoñecidos.
    Tamén me parece moi necesario romper co prexuízo de que é unha lingua imposta que creo que está moi establecido. O galego foi moi castigado pero ó parecer isto non é tan coñecido pola xente e por iso non se entende que é algo a recuperar non algo novo a instaurar.
    No que non estou tan de acordo é que no capítulo 8 insta a falar para de algún modo “contaxiar” e na miña experiencia eso nunca ocorreu, pero quizais sexa só propio da adolescencia na que eu tiven cunha maioría galegofalante.
    Sen embargo o último capítulo paréceme necesario porque nun primeiro momento todos pensamos que non temos prexuízos e debemos reflexionar sobre iso.

    ResponderEliminar
  46. Escollín este libro, En galego, por qué non? seguramente polo mesmo que a mayoría dos meus compañeiros, parecía ameno e fácil de ler. Era certo. É sinxelo, divertido e consegue que pares e penses. Eso si non estou totalmente de acordó co autor nalgunhas das cousas, pero vou a escomenzar polas que si.
    En xeral gústanme os exemplos propostos, reflexan a realidade de moitas situacións e creo que ademáis pódense extrapolar a nosa vida sin pensar só na língua. No capítulo 1 Sobre simplificacións e prexuízos, explícase perfectamente estos termos, aplicámolos a nosa língua, pero tamén poderiamos aplicalos ás razas, á identidade sexual, á relixión, á cultura ou a calquera cousa que é “diferente do normal”.
    Unha das cousas que máis ridícula me pareceu, foi o capítulo e o exemplo da língua minoritaria. Manuel Núñez Singala cae na súa propia trampa e pretende simplificar os motivos polos que alguén estudia idiomas como o inglés. Entendo e comparto a idea de que todo galego debe estudar, entender e coñecer a súa língua. Non é so un idioma, una língua, é parte da nosa identidade, é a nosa cultura. Pero igual de importante son outras línguas maioritarias que nos permiten relacionarnos co resto do mundo. Falo inglés, e evidentemente non para relacionarme un minuto con cada un dos anglofalantes do mundo, explicación do autor bastante demagóxica con cálculos matemáticos incluidos, senón para adquirir coñecementos expresados nesa língua, por ler revistas especializadas que se encontran só nese idioma, e por relacionarme con xente que, por naceres en Australia evidentemente non falan o galego.
    Non por falar a mesma língua témonos que entender e pola contra cando hai bondade de facelo entendémonos ainda que nos expresemos en idiomas distintos.

    Lucía Díaz.

    ResponderEliminar
  47. (PARTE I)
    É curioso que tan tarde chegue a facer este comentario. Digo curioso, porque o texto xa hai tempo longo que o lin, e fun tamén mirando as opinións dos compañeiros. Mais non sei se foi a razón da miña demora que ó trata-lo libro o tema dos prexuízos, tivese eu a necesidade de pór tempo de por medio para alonxar da miña propia opinión a dos compañeiros, ou que é o que me fixo estar agora a escribir no blog? O caso é que aquí estamos...

    Quero dicir primeiro, que foi esta unha lectura entretida e nada pesada, e iso é de valorar. Pero tentarei ser crítica dende o punto de vista do que, segundo o autor, pretendía acadar na súa escritura, e cal é a miña opinión ó respecto trala lectura do mesmo.

    “En galego, por qué non? Contra os prexuíxoa e as simplificacións sobre a lingua galega”

    Ese é o título completo do libro de Manuel Nuñez Singala, e segundo o autor a orixe do libro foi “fornecer ós xovenes de argumentos para contrarrestar a sensación de que a opción do galego é antiga, errada, minoritaria, rural, propia de radicais ou intelectuais desconectados da realidade social.” E máis “ para gañar novos falantes e fidelizar aos que xa o son”

    E continúa na introducción con:

    “ A miña intención é convidarte á reflexión, a pensar honradamente sobre o galego”. Apunta Singala que pretende axudar a crear unha opinión propia sobre a lingua galega; a pensar en por qué non falamos galego.

    Qué é o que fai o autor para acadar o pretendido?

    Singala escolle algunhas das “excusas” que se poderían escoitar como resposta á pregunta que antes formulaba do porqué non se fala en galego. Atende a cada unha delas con abraiantes datos e curiosidades, e é por iso que resulta entretido.

    ResponderEliminar
  48. (PARTE II)
    Mais son estes os prexuízos que escoitamos máis a miúdo?E , máis importante coido eu, son os prexuízos a razón pola que non se fala o galego? Porque, quen de nós contestaría con algunha destas respostas? Algún haberá, non o poño en dúbida, mais persoalmente, paréceme máis interesante analizar de onde veñen eses prexuízos, porque se ben son obstáculo para o uso e desenrolo dunha lingua, a eliminación dos mesmos, que sabemos levaría moitísimo tempo, non asegura de por si que se gañen falantes.

    Imaxino a alguén que tivera algunha das “excusas formuladas no libro”, e que o lendo, descubrise que non tén fundamento sólido a súa argumentación. Se así fose, credes que eliminando(coa mirada máis optimista) este prexuízo non se apuntaría a outro con tal de non darse o gusto de non varia-la súa opinión?

    Dicía antes que máis importante que plantexar os prexuízos , paréceme que é preciso pescudar na súa orixe. Porque moitos prexuízos, dos que como tales,nin se quera nos percatamos, teñen un fórtisimo poder de contaxio, e se puidésemos chegar á fonte do seu nacemento, sería máis doada a súa erradicación.

    E que trala lectura do texto, tiven a sensación de que o autor escollera estes motivos-excusa coma título dos capítulos porque tiña datos que sabía poderían abraiar ó lector. E, non me malinterpretedes, non digo que non o acadase, seguro que máis de un viuse sorprendido coas respostas, mais deixando a un lado o abraio, queda superado o prexuízo? Na miña opinión, pode que o libro axude na defensa do galego en tanto que ofrece argumentos cos que poder loitar contra as excusas para non o falar, pero de aquí a acadar novos falantes coido que hai ben un paso moi grande que non se pode quedar só niso,na derriba dos prexuízos, que se ben son mal importante, poden tinguirse de únicos culpables, e responsables da perda de galegofalantes.

    Se a nós nos preguntasen porque falamos castelán e non galego, coido que a resposta de moitos, con ou sen prexuízos, sería porque foi na lingua na que nos educaron e a que, maioritariamente, escoitamos no entorno que ocupamos. Lonxe nos quedará entón a forza ou a rabia para loitar pola lingua nosa( cal é agora?), que outros emprenderon e tantísimos deron por perdida chegando ata se crer os comentarios ben dirixidos e intencionados do bárbaro que era o idioma seu. Entón, se cadra, é tarde para falarmos de prexuízos que deberan ser desenmascarados hai tempo, ou se cadra non porque, coma puidemos ler neste libro, xurden excusas novas e axeitadas ós novos tempos que haberá que atender.

    Qué facer entón?Cómo se pode animar a esta parte da poboación, que non pensan que o galego sexa bruto, nin que sexa unha perda de tempo aprendelo, nin que sexa de mala educación..., a aqueles que non o falan sinxelamente porque sempre empregaron o castelán. Non é doado, pode axudar convidar á reflexión sobre o que fixo que o galego de moitos dos nosos avós e avóas desaparecera polo camiño, con que intencións se feriu á lingua nosa e cantas outras cousas se perderon con ela; pode servir tamén atender a eses prexuízos que non se quedan atrás e se actualizan de xeito formidable, ...isto pódese facer, pero hai que traballar no querer facelas, no sentir que, de nos quedar parados, somos os primeiros perxudicados pois nin imaxinamos todo o que perdemos. E entón unha idea ven á miña cabeza.Coido que sería bó sair de viaxe fóra das cidades, a coñecer Galicia, achegarnos ás xentes que falan coa natureza coma ninguén, e entón coñecer o segredo da súa envidiable relación, que non é outro que falar a mesma lingua.

    ResponderEliminar
  49. Desde o principio este libro chamoume moito a atención, posto que “En galego, por qué non?” foi unha pregunta que me fixen antes de decidir se viña a vivir a Galicia e comezaba a aprender unha nova lingua e cultura ou non. Pareceume interesante coñecer a situación lingüística que existe actualmente en Galicia e a visión que ten a xente de aquí.
    Aínda que o tema xa me atraía, Manuel Núñez Singala conseguiu sorprenderme, xa que, como a meirande parte dos meus compañeiros comentaron, é moi fácil de ler e faite reflexionar sobre moitos aspectos da vida diaria que non te plantexaras. Ó igual que outras compañeiras, quedei parva coa historia final do accidente ao decatarme de que aínda teño prexuízos que estaba segura de non ter, pareceume incrible descubrir certas cousas coma estas, é un libro moi didáctico en tódolos sentidos.
    En canto á lingua en si, sorprendeume moito o feito de que houbese tanta xente castelanfalante e que a perspectiva xeral sobre a lingua non fose precisamente favorecedora. Tampouco sabía que houbese tantísimos prexuízos á hora de falar unha lingua propia nin que, se xorde unha conversación ente castelanfalantes e galegofalantes, tendíase a cambiar de lingua favorecendo ó castelán por “respecto”, paréceme absurdo, xa que, se todos se entenden entre si, non hai falta de respecto posible, e no caso de habelo, por que o castelán antes que o galego? Penso que o normal é que cada un manteña a súa lingua, a que elixiu utilizar e coa que se sinte máis cómodo, sempre que fose elixida por un mesmo, non polo seu entorno. Por outra banda, comparto con Iria que sodes vós mesmos os que mostrades unha actitude moi dura coa vosa lingua, eu nunca imaxinara que tivésedes ese tipo de problemas, será porque estudei idiomas e teño claro que a diversidade cultural e lingüística é un ben moi prezado; cada lingua, fálese máis ou menos, aporta aspectos moi interesantes á nosa vida, e ter a oportunidade de poder coñecer dúas desde o nacemento é algo que non deberiades desaproveitar.

    ResponderEliminar
  50. Creo que os 49 comentarios deixan case todo dito sobre o tema que propón Singala no texto. O autor é moi claro e preciso, incluso ás veces pon exemplos tan cotiáns que parece que non está na casa tranquilamente lendo o libro senón na rúa escoitando comentarios hipócritas.
    Coa disposición de capítulos que establece, Singala penetra de cheo no problema, non o rodea nin o suaviza porque sabe que todo o que está a ler o seu libro ten unha boa razón para facelo; gústame a perspectiva que ten cando expón as opinións da xente sobre o "prestixio" dunha lingua no momento que di: "no mundo hai 5 millóns de linguas, cantas son minoritarias??". A verdade é que nos somos os que as convertemos no que son hoxe en día: porcentaxes de falantes que non miran o aporte cultural, só o prestixio que ten por encima doutra lingua.
    Todos os que comentamos no blog fixemos unha boa reflexión que nos servirá no futuro para ensinar os rapaces que a cultura non ten que ser cuantitativa e mercantilista, senón unha oportunidades de aprender. O galego medrará se educamos os rapaces e falamos claro do problema, pero sobre todo se facemos cumplir as leis que tanto custaron conseguir.

    ResponderEliminar
  51. Na miña opinión, a recomendación desta lectura foi moi acertada. O autor, cun ton ameno e un deseño agradable, empregando abundantes imaxes e gráficos que fan que a lectura sexa rápida e entretida, aborda unha serie de temas polémicos que non é doado tratar. Mais él soubo facelo dun xeito tan sinxelo que cando se está a ler no libro, non deixa de sorprender capítulo a capítulo. Persoalmente eu non podía deixar de pensar no doado que poder ser ás veces explicar algo tan complexo se sabes cómo facelo. E máis aínda cando se trata de temas tan subxectivos coma estes, respecto ós que todo o mundo ten ou máis ben cre ter unha opinión xa formada, aínda que en moitos casos fundamentada en ideas preconcebidas erróneas.

    Penso que por moi seguros que esteamos das nosas conviccións e aseguremos que estamos libres de prexuízos, non podemos negar que algunha vez pensamos ou dixemos algunha das frases que aparecen no libro. Pero non é doado recoñecelo. E aí é donde está o mérito deste libro, porque pon todo sobre a mesa, sen pudor, para ir desmantelando un a un tódolos prexuizos con argumentos tan simples coma os que soteñen as ideas contrarias. A mágoa é que as persoas que máis conviccións prexuizosas teñen sexan as menos propensas a achegarse á lectura dun libro coma este.

    Hai un capítulo do libro que me chamou moito a atención porque fala dunha convicción moi frecuente que aínda que moitas veces non se fundamenta en ningún pensamento malicioso, sí está moi presente e está a ser moi dañina para a conservación da lingua galega entre as xeracións novas. Trátase de “Porque non o damos falado ben”. Todos nos amparamos algunha vez nisto para non falar galego porque realmente criamos que non o sabíamos falar ben. É curioso cómo o autor é capaz de demostrarnos dun xeito tan sinxelo que o noso dominio do galego non só é moito maior do que pensamos, senón que falamos un castelán máis galego que castelán.

    Mais quería adicar este comentario ó que realmente nos interesa agora a nós, que é polo que estamos aquí, para emprender unha labor docente próximamente. É por iso que a recomendación deste libro me parece máis acertada aínda. Sexamos profesores de linguas ou non, penso que esta debe ser unha lectura de cabeceira para nós e para os nosos futuros alumnos. Dado o seu carácter didáctico, penso que non só é importante, senón necesario, tela a man tanto para recomendárllela como para relela nós mesmos de cando en vez e tela en conta á hora de dirixirnos a eles, tratar con eles e servirlles de guía para o seu futuro, porque eles serán as xeracións que veñen detrás e nas súas mans estamos poñendo a supervivencia da nosa lingua.

    Belén García Lamas

    ResponderEliminar
  52. O libro e moi "bo de levar", dunha fácil lectura e comprensión.
    É sinxelo pola mostra de exemplos da vida cotiá e dos problemas ós que sumerximos, nós mesmos, á lingua.Incita a reflexión de como debemos derribar eses prexuízos e como debemos de interesarnos pola mellora da nosa fala, da nosa lingua.Non podemos negar que o que os casos prácticos reflicten,non son máis que a realidade.
    Deberiamos de aprender as linguas que queiramos, as que nos desperten interese, pois as linguas son cultura e como cultura deben ter o mesmo trato e recoñecemento.
    Tamén considero que ninguén impón unha lingua .E que debemos de ser nós, quen conscientemente , a escollamos.

    ResponderEliminar
  53. Fai dous anos chamoume a atención e merquei o libro “As razóns do galego”, de Henrique Monteagudo. Era curioso, pois eu son galegofalante máis por convicción que por herdanza, e vinme absorbido por ese ensaio no que se recollen escritos e artigos de prensa ó redor da situación actual do idioma galego e os debates sociais xurdidos sobre a política lingüística, un tema capital para a sociedade galega.
    Con estes antecedentes, atoparíame cunha sensación parecida se de pequeno tivese a sorte de ler un libro tan ameno coma EN GALEGO, POR QUÉ NON?, pois afonda no tema clave das nosas actitudes fronte da lingua a través de exemplos moi doados de entender, eliminando os prexuízos que a xente ten sobre a nosa propia lingua, e facendo que optar por falar en galego sexa algo natural.
    Este interesante libriño, que elixín como moitos dos meus compañeiros por parecer sinxelo, fainos reflexionar e intenta responder a unha chea de cuestións (por qué?) mediante exemplos e xogos moi entretidos para facernos pensar sobre a nosa actitude fronte o galego.
    O autor Singala intenta levarnos de forma intelixente ó seu campo de acción con xogos que aparentemente non se relacionan con temas lingüísticos, aínda que non sempre se obteñen os resultados previstos (tal e como puiden advertir con algún comentario dos compañeiros).

    Resultoume interesante o exemplo da gaivota chorona, que explica a relación que pode haber entre a forma de ser das persoas e a súa lingua, facéndonos saber de que os galegos somos moi duros con nós mesmos.

    Gústame moito cómo trata en xeral o tema dos prexuízos, pois fai que o lector mire máis alá de algo que parece estar moi claro a simple vista, e despois dáse un conta de que non tiña nada que ver cá primeira impresión. Desta forma fai vernos que temos que pararnos a reflexionar,porque moitas veces as cousas non son o que parecen.

    Non me gusta en cambio cando di que aprender un idioma coma o inglés (falado por tanta xente) non ten sentido porque non se pode falar con todos eses falantes. Penso que hai argumentos mellores, pois ninguén aprende una lingua para contactar con tódolos seus falantes. Para min resulta máis ben una cuestión de probabilidade de entenderse con alguén que se atopa en determinado contexto. No que si estou moi de acordo é que no coñecemento de cantas máis linguas mellor, pois o coñecemento de linguas é unha riqueza e ningún estorbo:

    “ Saber suma, nunca resta. E canto máis se sabe, máis queremos saber”.

    Pero o tema que me parece máis destacable do libro é cando saca o tema de non falar galego porque non o fala ninguén. Aquí refírese ó poder do grupo e ó desexo de pertencer a el, a pesar de que todo o grupo pode estar trabucado. Este tema é algo fundamental, e persoalmente o relaciono cá liberdade individual que se establece para si cada un de nós. A xente normalmente sente medo a ser realmente libre, e busca asociarse ó máis poderoso, grande ou normalizado, para non sentirse discriminado.

    En definitiva, resúltame un libro moi interesante, de aconsellable lectura na escola ou en secundaria a pesar que ten certos puntos mellorables,e que consegue a labor fundamental de amar e empregar a nosa lingua sen complexos, nestes tempos tan decisivos para o futuro do galego.

    ResponderEliminar
  54. Dos dous libros escollín este porque me pareceu dinámico e atractivo, e porque na miña experiencia persoal si que teño vivido situacións, máis que nada de pequena, nas que o galego non era unha opción ‘ben vista’. Teño 34 años, pero lembro perfectamente cando se empezaron a dar máis materias que lingua galega en galego e como había pais e nais que protestaban con argumentos do tipo ‘se lles dan as matemáticas en galego non van entender nada e van ser máis parvos’ –literal- (e non falo dunha cidade como Coruña, senón de Narón, en Ferrolterra…).
    Gustoume moito o xeito tan ameno e fluído no que foi desmontando os tópicos e xuízos erróneos nos que se basean opinións xeneralizadas como a de que o galego é unha lingua fea, bruta, por exemplo.
    Coincido con el en moitísimas das súas reflexións, xa que é certo que os galegos temos moi pouca autoestima como pobo, así como que somos moi autocríticos (tanto, que moitas veces distorsionamos a imaxe que temos de nós mesmos, esquecendo que só os pobos que se queren e se respectan a si mesmos son os que permanecen e progresan)
    Está claro que unha lingua é sempre unha riqueza, e que ningunha lingua é bruta ou fea (en canto ó feito de que moitos galegos pensan isto da nosa, sempre me resultou moi curioso o feito de que toda a xente que coñezo de fóra de Galicia queda sempre marabillada coa súa dozura). E vemos aquí como aparece de novo o eurocentrismo á hora de elixir as linguas que soan ben (que qué casualidade, son as próximas, as coñecidas).
    No tocante ó apartado no que desmonta a ‘teoría’ (se se lle pode chamar así a semellante parvada) de que ‘aprender galego é unha perda de tempo’, quédome con dúas cousas: a primeira, a gran verdade de que aprender nunca é unha perda de tempo, e menos se é unha lingua, unha ferramenta coa que comunicarse, crecer, alimentar a imaxinación e os sentimentos; e a segunda, cómo nos desvela que este ‘argumento’ funciona porque a estratexia é tan simple como “formular mal o problema. E non só o problema está mal formulado, senón que se xuntan verdades moi, moi evidentes, cunha mentira cativa, de xeito que o conxunto parece correcto”. É aterrador pensar no milleiro de crenzas e “verdades” coas que nos enganan dun xeito tan sinxelo, só por non pararnos a pensar…
    Do capítulo 4º, resaltar o feito de que para min só é de mala educación falar nunha lingua se se cumpren dúas premisas: 1) se quen non o fala non o entende, e 2) se ademais non hai outra lingua que entenda a maioría. E o curioso é que, en Galicia, non hai un só galego que non entenda a lingua, así que, por que nos deixaremos levar por este sentimento de ‘pleitesía’, cando ‘a comunicación é posible aínda que cada quen empregue a súa lingua’?...
    O por que o galego non se dá falado ben é tan simple como que lle sucede só a quen o aprende como segunda lingua e inda por riba non llo ensinan correctamente, xa que toda lingua é igual de difícil ou doada de aprender –segundo se queira mirar ‘o vaso’- que calquera outra. É máis ben unha cuestión de interese e querer aprender. Nada máis.
    Gustoume moito o capítulo 6, e a necesidade implícita de recuperar a memoria, a Historia (a xeral e a propia particular), para poder ter unha visión de conxunto e non deixarnos enganar por informacións e realidades sesgadas.

    ResponderEliminar
  55. (continúo...)

    En canto ó 7º, que trata sobre ‘linguas minoritarias ou maioritarias’ (moi conectado co artigo de Teresa Moure), opino que na sociedade na que vivimos temos o “feo costume” de cuantificalo todo –e cada vez máis-, cando a calidade (sobre todo a de algo tan valioso como unha lingua) non ten nada que ver con cantidade. Só un exemplo (extremista quizais, pero creo que moi esclarecedor): imaxinemos unha lingua con só dez falantes, pero todos eles persoas cultas, observadoras e reflexivas, cun léxico rico e un profundo respecto polos demais pobos, linguas e culturas, e outra lingua cun millón de falantes, pero que resultan ser, en xeral, xentes sen capacidade analítica, sen interese algún polo mundo que os arrodea nin moito menos respecto polos outros pobos…seguiriamos dicindo que a súa lingua –e a súa (in)cultura- é máis valiosa e importante que a primeira?...
    Ó ler o capítulo 8 non puiden deixar de pensar no refrán ‘critica que algo queda’, e é que nos levan contando toda a vida que o galego é feo, inservible, de aldea (como se iso fose malo, cando alí é onde se concentra a sabedoría popular da nosa terra –que non é pouca-, ademais de que de toda a vida ir á aldea é do mellor que lle pode pasar a un nas vacacións ou nas fins de semana ;)) Moi boa a observación (non o pensara así nunca, co obvio que é…) de que ‘o argumento de que non o fala ninguén adoitan empregalo os que opinan que xa se fala demasiado’…
    E por último, o capítulo 9, no que moi acertadamente fai fincapé no feito de que as nosas opinións non sempre (ou con demasiada frecuencia, máis ben) non teñen unha base racional, e ademais crémonos ‘donos’ das nosas crenzas, sen ter en conta todos os prexuízos e condicionamentos externos que non dependen realmente de nós; o único certo é que hai que ter lido, observado, escoitado, viaxado e reflexionado moito (entre outras moitísimas cousas) para poder achegarnos un pouco a afirmar que a nosa opinión é iso, nosa (e ademais, facela sempre con cautela e sabendo que mañá, con sorte, se estamos atentos aprenderemos algo máis que nos faga avanzar e volver cambiar de opinión)
    Pódense sacar moitas conclusións deste (aparentemente) sinxelo libro, pero quédome pensando que, igual que se deixamos de respirar morremos, se deixamos de falar, a que morre é a lingua; ou sexa, que parece que sobrevivir pasa, en tódolos sentidos, por non pechar a boca ;))

    ResponderEliminar
  56. Para comezar escollin este libro para ler porque o seu título: en galego, por que non?, chamoume moito a atención.

    O libro de Singala creo que explica perfectamente os prexuízos que se ten do galego e as ideas ou conceptos que en xeral soemos toparnos co galego. Realmente, os exemplos que se expoñen son unha realidade que temos diante e da que creo que todos nos damos conta. O libro consegue de unha forma moi sinxela resumir moitos dos aspectos que se ten do galego e de unha forma moi amena.
    Os prexuízos en si que se mencionan non me sorprenderon porque escoiteinos todos, pero, en cambio o autor non menciona un prexuízo que eu teño escoitado moitas veces. Este é que os galegos non sabemos falar ben o noso idioma; e esta idea parte a inmensa maioría das veces de persoas galegas. Para argumentar isto, din que non sabemos usalo ben debido a que según na zona na que vivamos temos diferentes expresións, ou usamos a gheada ou o seseo entre outros. Pero acosa isto forma parte da nosa lingua? Tanto a gheada, o seseo como as expresións de cada zona, entre outras moitas non están mal usadas. Pero supoñendo que estiveran mal, a caso no castelán os madrileños non usan o laismo cando falan? E iso é correcto? Pois a verdade é que non, e non se cuestiona de que os madrileños falan mal castelán.

    Considero que o idioma é algo moi importante e que os galegos temos a sorte de contar con un propio e que debemos defendelo e darlle uso pero, desde a miña opinión creo que non so debemos reivindicar o idioma senón a nosa cultura en xeral xa que temos moita e moi rica.

    ResponderEliminar
  57. Haberá que escribir un libro que se titule "En galego porque si",sen que haxa obligatoriedade por ningunha parte.
    É un libro que me entretivo moito, con todos eses xogos e figuras(que eu non vía dende a miña Filosofía de 3º de B.U.P),comentario a parte, o libro é moi ameno.Sen que haxa algunha páxina que non estea adornada con entretenimentos.Tratou e conseguiu que apreciáramos os prexuicios que hai sobre as linguas.
    En canto ó contido gustoume volver a ler sobre a orixe do galego, dos bloques en que se divide a lingua galega.O que si non estaba volvendo a ler,si nun texto de Teresa Moure pero fai uns días,e que o Galego é unha das duascentas linguas máis faladas do mundo.É que Galicia é tan pequena dentro dese mundo, non é un prexuicio é un dato obxetivo.
    Sobre o tema de que a ver onde se fala mellor Galego,faime acordar ós meus pais que din: "eu non sei nin falar jallejo nin castellano,non sei falar ninjunha clase", e eu díjolles:" vos sabedes falar moi moi ben o jallejo que se fala en Benjantiños".
    Para rematar e a modo de anécdota.Levo 16 anos estudando as aves e haille que facer chegar a Manuel Núñez, se non lle chegou xa, que aínda que ten razón no da gaviota reidora/gaivota chorona, a da foto non é, é unha gaivota patiamarela.Non sei como tiveron este erro habendo fotos en internet.Para outra persoa pasará desapercibido pero cando vin a foto causoume un malestar.

    ResponderEliminar
  58. Como dicides todos, coincido en que é un libro moi ameno, ademáis lese rapidísimo e faiche abrir os ollos en moitos detalles que pasan desapercibidos. Eu persoalmente sentinme moi mal ao non darme conta de que a "eminencia" era unha muller, e sen embargo, cando llo ensinei ao meu noivo deuse conta case no momento; tiroume ao chan todos os meus discursos feministas... Pero falando en serio, fíxome reflexionar moito en moitos aspectos. Tamén me gustou moito o que tamén menciona Telmo sobre o feito de que os galegos castelánfalantes falan moito mellor o galego que o castelán (sen ningunha dúbida), aínda que a frase esaxerábaa un pouco, falan mal, pero non tanto!!(hai de todo, pero a maioría non traduce tan literalmente). De todas todas, resultoume máis que interesante, moi gracioso, porque eu vivín en Viveiro moitos anos, e alí todos falan así, con ese idioma propio, que sempre me pareceu graciosísimo, e sempre vacilaba aos meus amigos e lles preguntaba se non lles daba máis vergoña falar así que en galego, ¡cantas veces escoitei esa resposta! “Es que hablo pero el gallego”. Sintoo se son malvada por “rirme deles” (con eles, que non lles parecía mal, sempre con cariño) e estarme rindo agora mesmo tamén, pero e que non podo nin facer unha crítica cara esta aptitude, é tan ridícula que simplemente faime gracia. Outra cousa que tamén cita Telmo e coa que empaticei foi co feito de escoitarme falar e saber que son de Lugo por falar bruto; Modesto identificou incluso que era da Mariña, pero non fixo referencia á brutalidade do meu acento, sen embargo moita outra xente si que se centran nesa idea. Triste pero certo. Aos andaluces non se lles entende papa e non lles importa nin o máis mínimo, pero nós estamos preocupados porque hai xente di que temos un acento bruto. A min tamén me teñen dito catalanes e andaluces que lles gusta moito o noso acento, que é moi dulce e meloso, moi musical; depende como o mires, se o vemos a través dos prexuízos quizais soe bruto. Eu ao mellor é porque estou moi acostumada a oílo, non sei, pero despreocúpame por completo como soa o idioma que falo, o importante é o que dicimos.
    Por outro lado tamén estou moi de acordo con Modesto no referente a poñer en práctica, todos os que estamos aquí, o que dicimos. Porque ata que se pasa á acción, todo o comentado non aportará valor ás nosas palabras; serán palabras, nada máis que iso.
    Tamén teño que dicir que tamén me pareceu esaxerado en moitos aspectos, por exemplo no comentario sobre o filme de Tarzán, é un exemplo moi pobre e semella que non se lle ocorreu ningún mellor, o que di penso que é certo, pero non convence a ninguén con ese exemplo, ata incluso me desconvenceu ao lelo, demasiado esaxerado. Non só o fai neste exemplo, creo que esaxera en moitos aspectos e iso non é bo, xa que parece desesperado por convencernos sobre as posibilidades e utilidade do galego; eu xa o pensaba e sigoo pensando (que son moitas), pero non podes intentar sacarlle a puntilla a todo, hai suficientes razóns e exemplos para abrirnos os ollos fronte o galego convincentes, complícase demasiado e perde o sentido.
    Encantoume o da gaivota (aínda que non se corresponda coa gaivota da fotografía... gran fallo, e tonto), é certo que di moito de nós, e ademais demostra moi ben a importancia da lingüística ben traballada, canto di de nós o noso idioma e nin sequera o sabemos. Recórdame a unha frase dun filme galego, no que participou un gran profesor que tiven na universidade (Miguel Anxo Fernández), “Os mortos van á presa” na que se di que “os galegos somos como os percebes, duros por fora pero brandiños por dentro”, son detalles que fan que me guste máis aínda ser galega.

    ResponderEliminar
  59. Como o resto dos meus compañeiros, sinto repetirme, pero é a verdade, foi un libro moi entretido. Fai ver dende outra perspectiva, moi sinxela , as costumes, perxuízos e demáis problema s que hai na nosa lengua.
    Ademais, primeiro plantexa a cuestión, da unhas liñas para a reflexión e despois comenta a resposta.

    Conforme ía lendo ía sembrando temas persoais, de persoas coñecidas.
    Tamén é certo que os castelanfalantes empregamos moitos galeguismos sen sabelo. Sorprendeume o da pronunciación da “n” e outras cousa s que xa repetiron tamén os meus compañeiros, pero a verdade é q todo foi moi positivo.
    E estou dacordo con que o saber non ocupa lugar, todos deberiamos concienciarnos en que leer, estudiar ou aprender dende o máis insignificante ate o máis complicado é importante e que de todo se saca algo positivo, neste caso nas lenguas.
    Creo que é moi recomendable este libro, xa non só para adolescentes, senón para rapaces máis pequenos e incluso para a xente maior.

    ResponderEliminar
  60. Teño que dicir que escollín este libro para comentar aínda que lin os dous, a razón é porque me gustou moito como explica moitísimos anos de prexuízos en poucas páxinas. Eu xa lera varios libros de este tipo, como 55 mentiras sobre a lingua galega, mais este pon de manifesto problemas que se dan hoxe no galego e que temos tan interiorizados que non somos quen de velos, a non ser que algúen nolos explique ou que nolos fagan ler.
    Penso que o libro é o axeitado para que o lean persoas que non están moi habituadas a consumir literatura galega, e máis que iso, é axeitado para que a xente que nin sequera é galegofalante se dea conta do que está a acontecer co idioma. No libro mestúranse xogos de memoria e outros entretementos que che fan levar a lectura dunha maneira máis amena e ademais, outro valor engadido é que ao ser breve expresa as ideas dunha forma clara e concisa, sen moitas dilacións.
    Como din moitos dos meus compañeiros, é un libriño de fácil lectura mais que nos fai reflexionar sobre eses prexuízos que aínda están moi operativos como o de que o galego non serve no mundo globalizado de hoxe, ou que é máis importante o inglés. Sabela comenta con moito acerto que moitas veces se identifica o galego de algunhas zonas como un galego brután ou de aldea e isto oímolo con demasiada frecuencia; cando é ben sabido que isto non ten base científica. Outro prexuízo moi habitual é oír dicir a xente galegofalante que non sabe falar ben o galego ou ese galego que sae nos medios de comunicación, eu mesma cando estou na miña aldea rodeada exclusivamente de xente que leva falado galego desde que naciu, teño que escoitar isto e intento facerlle ver que non é certo. Dígolle que xa lle gustaría a moitos falar coa calidade que falan eles ou ter esa fonética, que o galego non é só as palabras do vocabulario que non identifican como galego, que é moito máis. Eu sígoo intentando máis é un prexuízo moi, moi difícil de desartellar.
    Mais por último teño que dicir que se todos poñemos da nosa parte, a situación ten que mudar é preciso deixarlle toda a riqueda que nós tivemos e desfrutamos aos nosos fillos, é de xustiza social. Ademais se estamos aquí é porque pretendemos ser docentes, e ser profesor implica moitas cualidades e entre elas está fomentar o espírito crítico dos rapaces e mostrarlle o camiño cara a verdade; non imos ser nós os que de novo lle tapemos os ollos con máis prexuízos.

    ResponderEliminar