sexta-feira, 14 de outubro de 2011

Decretos sobre o uso da lingua no sistema educativo

63 comentários:

  1. Presento un resume dos temas tratados nos distintos decretos sobre o uso da lingua.
    Cada decreto posterior ó primeiro foi tratando o mesmo co anterior e engadindo algunha cousa máis.
    O decreto 247/1995 desenvolve a lei 3/1989 de Normalización Lingüística na docencia non Universitaria.
    Ten dous capítulos:
    Capítulo I:
    Di que o Galego é a lingua oficial na Administración educativa de Galicia, e que a Consellería de Educación, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística é o departamento competente para organizar cursos de galego.
    Capítulo II:
    Detállase cantas horas de lingua galega se deben impartir e que asisgnaturas, por niveis, se deben impartir en galego. En todo caso o proxecto educativo de centro, aprobado polo consello claustro e o consello escolar, indicará a lingua a emplear por áreas.

    O decreto 124/2007 polo que se regula a promoción do galego no sistema educativo.
    É de aplicación a tódolos centros educativos públicos e privados.
    As actuacións administrativas nos centros serán en galego. Para elo a consellería desenvolverá un plan de formación en galego para todo o persoal.
    Detállase o horario da lingua galega e de que asignaturas por ciclo se deben impartir en galego.
    Fala do proxecto lingüístico do centro e a súa estrutura. Da exención da cualificación das probas en lingua galega, quen o pode solicitar, proceso e prazos.
    En canto os equipos de normalización lingüística, di que están constituidos para potenciar o uso do galego nos centros.
    As comisión territoriais de coordinación coordinarán os equipos de normalización lingüística.
    Regula o papel da inspección.

    Decreto 79/2010
    Capítulo I:
    Ámbito de aplicación: a tódolos centros docentes.
    CapítuloII: Na Administración educativa de Galicia utilizarase con caracter xeral o galego.
    CapítuloIII:
    Indica que linguas se utilizarán en cada nivel e en cada materia, horários e utilización das línguas.
    Fala da elaboración e publicación das materias curriculares e do Proxecto lingüístico do centro, e dos equipos de dinamización da lingua galega que son para potenciar o uso da lingua galega.
    Existe un plan de formación para funcionarios.
    Exección da cualificación en lingua galega.

    Capítulo IV:
    Asignaturas non ligüísticas impartidas en lingua estranxeira.
    Fomentarase, ata un máximo dun terzo do horario lectivo semanal, garantindo un equilibrio das horas semanales ofertadas en galego e castelán.

    ResponderEliminar
  2. Ola.
    En primeiro lugar, gostaríame dicir que en canto a min respecta, vou falar dos dous máis antigos, xa que penso que o de 2010 é máis corrente hoxe en día e polo menos eu xa o vira e lera con anterioridade.

    En canto o Decreto 247/1995 penso que é importante salientar a definición que fai de lingua, que logo no decreto 124/2007 auméntase. No primeiro deles fálase de que a lingua é base esencia da identidade do pobo, unión entre as súas xentes. No de 2007, ademáis aportase que é un elemento básico de identidade cultural.

    Concretamente, no primeiro deles, para min, é importante sinalar que todos os galegos teñen dereito a coñecer e usar a súa propia lingua e que é importante organizar cursos de galego para o persoal docente como non docente por se non coñecen a lingua. Ademáis é importante para min que os alumnos sexan axudados persoalmente cando non se teña o coñocemento suficiente da lingua. Na universidade unha compañeira miña, que non era galega, non tivo , nin por parte do profesor nin da universidade, axuda para poder comezar a usar o galego e aprendelo. Non a axudaron a que puidera entender os apuntamentos e nos a tivemos que axudar, encantados, pero sen axuda das administracións.

    Na Decreto 124/2007 paréceme importante qeu se afondara no desenvolvemento dos preceptos da Lei de normalización lingüística. Ademáis, paréceme importante que tanto o galego como o castelán teñan as mesmas horas no ensino.

    Finalmente, quero dicir que dende o 1995 ata o último decreto, fixéronse moitas incorporacións e moi importantes que cabe destacar como a definición de lingua, as horas de ensino na escola e sobre todo a Ley de Normalización Lingüística.

    UN SAÚDO
    MIREYA BENITO MORCUENDE

    ResponderEliminar
  3. Considero que é necesario a existencia dunhas n ormas que regulen o uso da lingua galega nas distintas etapas educativas do sistema docente,pois o galego forma parte de nós,e como tal cómpre utilizalo e conservalo.O sistema educativo é un bo medio para tal fin,xa que permite un estudio continuo e supervisado da lingua,e por iso a necesidade de contar con leis que controlen a organización do estudo,para asegurarnos de que é o apropiado.
    A coexistencia do galego e o castelán como linguas oficiais,tal como o reflexa o Estatuto de Autonomía,en teoría supón unha riqueza lingüística,pero na práctica o seu uso soe derivar no emprego dunha soa lingua,o cal,paréceme unha mágoa porque non todo o mundo ten a sorte de aprender dúas linguas,no noso caso,o cal supón unha boa ferramenta para desenvolvernos na vida.


    Carolina Arribi

    ResponderEliminar
  4. O decreto de 2007 introduce tres melloras ó meu ver con respecto ó de 1995: os proxectos lingüísticos de centro, os equipos de normalización e dinaminación lingüística e un sistema de inspección e avaliación da actividade desenvolvida nos centros.

    Polo demais, o decreto de 1995 e o de 2007 parecen asemellarse bastante, e digo parecen, porque a recurrente aparición da frase "con carácter xeral" (que retomarán no decreto de 2010), por desapercibida que pase, supón un atraso.

    Mentres que en 1995 a lingua da administración educativa había de ser o galego, en 2007 habíao de ser con carácter xeral, xa que logo con carácter puntual podería ser o castelán. E onde se establece cal frecuencia se estima xeral e cal puntual? A min paréceme unha especie de baleiro legal, unha forma de permitir que certos colectivos se cubran as costas.

    O decreto de 2010 xa dá gana de rir por non chorar. Dá por sentado que a labor normalizadora xa rematou e pasa ó plan lingüístico 2.0. Desgraciadamente é demasiado cedo para entrarmos en regular a vehicularización do ensino en linguas estranxeiras cando coas cooficiais aínda non nos damos amañado. Resulta que aínda é necesario protexer o galego e promovelo un pouquiño por riba do castelán para que realmente estean en igualdade. E este goberno pásao por alto. Elabora unha imaxe fictícia de equidade e harmonía que pon os pelos de punta. Quen nos dera que a situación na rúa e nas aulas fora así, pero non por poñelo no papel se fai realidade. A este decreto fáltalle realismo e sóbralle homoxeneidade.

    En xeral, imos a pior. Quizais que nos era mellor regresar ó pasado e recuperar o decreto do '95. Só por sermos un pouco menos ambiciosos e algo máis realistas.

    ResponderEliminar
  5. É moi importante que haxa Decretos polos que se desenvolvan Leis de normalización ou polos que se regule o uso e a promoción do galego no sistema educativo, etc... para que non se perda o uso da nosa lingua e non remate por desaparecer, xa que senon volveríamos ao de antes, cando estaba mal visto que nas grandes cidades se falase en galego. Por outra parte, baixo a miña experiencia, estes decretos non se cumpriron satisfactoriamente pese a que nos tres Decretos hai un artigo que di "A inspección educativa velará polo cumprimento do establecido no presente Decreto".

    Os tres Decretos falan tanto do uso do galego na administración coma no ensino. Nos tres fálase de que na administración educativa ulilizarase, con carácter xeral, a lingua galega, así como para as actas,comunicados e anuncios. Respecto ao ensino, na educación infaltil séguese a mesma normativa nos tres Decretos, as diferenzas están na educación primaria e na secundaria xa que por exemplo no Decreto 124/2007 dise que se impartirán obrigatoriamente en galego matemáticas e física e química mentres que no Decreto 79/2010 esas mesas materias impartiranse obrigatoriamente en castelán, cousa á que non lle vexo a lóxica. Outra diferenza que se pode apreciar é na ensinanza de persoas adultas, xa que no Decreto 124/2007 dise que na ESO e no Bacharelato impartiranse tódalas materias integramente en galego agás as materias doutras linguas mentres que no Decreto 79/2010 xa se fala de acadar a competencia lingüística propia do nivel nas dúas linguas oficiais. Tamén temos diferenzas no número de materias a impartir xa que nos dous primeiros Decretos fálase máis ou menos dun 50% para cada unha das linguas oficiais e no do plurilingüismo xa se fala de que os centros educativos poden chegar a ofrecer ata un tercio do horario lectivo semanal en linguas estranxeiras, co que xa se nos reduciría o uso da lingua galega. E xa por último destacar que aínda que no Decreto 79/2010 se nos reduzan horas polo menos poténciase a lingua galega cun incremento no uso do galego nas actividades extraescolares e complementarias, cousa que está moi ben para que os rapaces se acostumen a usar o galego tamén fora da escola.

    Os tres Decretos falan de que os materiais das materias que se impartan en galego estarán,con carácter xeral, en galego. Pois ben, eu cando estaba no instituto dábannos a opción (e non a obligación como debería de ser) de mercar os libros en galego pero sen embargo todas as materias agás lingua galega impartíanas en castelán, e é por esa mesma razón que dicía ao principio que non me parece que estes Decretos se cumpran satisfactoriamente.

    ResponderEliminar
  6. Despois de falarmos deles xa na clase, a súa lectura resulta máis doada. Eu vou comentar un pouco as diferenzas e similitudes que atopo entre eles.
    Todos os decretos fixan que no ámbito administrativo, en xeral, utilizarase o galego, e na educación infantil, os profesores usarán a lingua materna predominante entre os alumnos/as.
    O decreto de 1995 marca unha serie de materias en galego. Hai que salientar que igual cá ocorre no decreto de 2010, son as materias relacionadas cás letras as que se impartirán en galego (Coñecemento do Medio, Bioloxía, Xeografía, Historia...).
    O decreto de 2007 establece que, tanto na educación primaria e secundaria, e nos bacharelatos, hai que garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego. Ademais indica que tenderase a que entre as materias que se impartan nese idioma figuren as Matemáticas e a Tecnoloxía.
    Co decreto de 2010, o decreto do plurilingüismo, o equilibrio entre as dúas linguas oficiais é férreo, teoricamente. Retrocedemos ó pasado. As materias de Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química impartiranse en castelán. Había algúns sectores que criticaban o decreto anterior porque os algoritmos e as ecuación se impartisen en galego, pois seica os alumnos non entendían as clases...
    Este decreto, nun primeiro momento, pretendía consultar ós pais en primaria e secundaria sobre a lingua en que querían que se educase ós seus fillos.
    En primaria, impartirase en castelán Matemáticas, e en galego, Coñecemento do Medio. O centro decidirá, cada catro anos, en que lingua impartirá o resto de materias, mantendo o equilibrio entre ambas. En secundaria daríase en galego Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza e Bioloxía e Xeoloxía.
    Os alumnos poderán usar nas súas expresións orais e escritas a lingua que queiran, aínda que intentarán usar o idioma no que se imparta a materia. O decreto de 2007 dicía que debían procurar utilizar o galego en aquelas materias que se desen nesa lingua. Ven sendo o mesmo con outro enfoque político.
    Outro cambio é que os equipos de normalización e dinamización chamaranse só de dinamización. Tamén se amplía a opción de pedir unha exención da lingua galega. O decreto de 2007 só permitía durante dous anos en cuarto de secundaria ou en bacharelato. Agora poderán solicitala os alumnos desde o terceiro ciclo de primaria.
    O decreto de 2010 tamén recolle a posibilidade de que se impartan materias en lingua estranxeira. Neste caso deberán adaptar o resto para que se manteña o equilibrio entre as oficiais.

    ResponderEliminar
  7. Totalmente dacordo con Jesús en que a lectura dos decretos cambia unha vez que xa temos falado deles na clase.
    Nos tres se recoñece a lingua galega como unha base esencial de identidade e como elemento de unión entre as súas xentes, máis o tratamento que se lle da á lingua galega en cada un deles é bastante diferente.
    Nos tres a lingua galega ocupa o lugar de lingua administrativa, supoñendo no caso do D247/2995 un paso moi importante para o seu emprego en ámbitos cultos.
    No primeiro decreto, no artigo 2º, fálase de que a administración é a responsable de organizar cursos de galego para a comunidade educativa, pero non se establece ningún tipo de criterio. Nos artigos 3 e 4 do decreto 124/2007, dase un paso máis na concreción deste aspecto falando da necesidade de desenvolver un plan de formación que garante a competencia na lingua galega do persoal dos centros educativos de Galicia e obriga ademáis ós funcionarios en prácticas, a facer un curso específico de terminoloxía, estilos e linguaxe propias de especialidade. O mesmo aparecerá despois nos artigos 16 e 17 do D 79/2010.
    No que se refire ó uso do galego como lingua vehicular dentro das horas lectivas tamén atopamos amplas diferenzas:
    En educación infantil e primaria, no 247/1995 fálase do emprego da lingua predominante, medida que parece insuficiente xa que en moitos casos, a lingua predominante é o castelán, co que o galego pasa a unha posición máis desfavorecida nos primeiros anos de ensino, donde os hábitos lingüísticos se adquiren con máis forza. No seguinte decreto dáselle á volta á situación prevendo que, no caso de entornos castelán falantes, o galego terá que ocupar a lo menos a metade das horas lectivas. Esta posición favorable cambia outra vez co D 79/2010 no que, en educación infantil pasará a empregarse a lingua materna-(que será determinada por unha consulta aos país, mentres que no anterior a decisión era tomada polo claustro atendendo ao Mapa Sociolingüistico)-sen ter en conta o campo mínimo reservado para o galego que sí se contemplaba no decreto anterior. O 124/2007 fixa unhas materias que terán que ser impartidas en galego na educación primaria (matemáticas, coñecemento do medio e educación para a cidadanía) e o seguinte decreto, fixa unhas que terán que ser en galego, outras en castelán e o resto terán que ser repartidas de maneira equilibrada entre o galego e o castelán.
    Este último aspecto é recollido tamén no mesmo decreto no que respecta á educación secundaria obrigatoria, perdendo o galego eso sí, as materias que teñen máis prestixio a nivel social e tamén as que o alumnado escolle de forma maioritaria (as ciencias).
    No caso do bacharelato o 124/2007 establece que a lo menos o 50% das materias deberán ser en galego mentres que no 247/1995 contémplase a necesidade de impartir sólo dúas materias en lingua galega.

    ResponderEliminar
  8. Mención aparte merece o tratamento que o D 79/2010 lle da ás linguas estranxeiras (aínda que se refire solo ó inglés) no reparto das horas de emprego como lingua vehicular, xa que favorece o seu uso, chegando a equiparalo co do galego e o castelán nese afán por EQUILIBRAR. Por unha parte, o que dicía a profesora na clase: non parece ter moito sentido darlle o mesmo protagonismo ás linguas oficiais e a unha que non o é, e por outra, é inxusto darlle as mesmas posibilidades a linguas que teñen condicións de partida diferentes. Eso non é equilibrar, senón acentuar máis ainda se cabe as súas diferenzas.
    Unha concepción radicalmente distinta do tratamento que se lle debe dar ao galego no ensino entre os decretos do 2007 e do 2010 pode exemplificarse nas seguintes frases:
    No artigo 7 do 124/2007: …”fomenta-lo uso do galego para que se convirta no idioma base da aprendizaxe”.
    No 79/2010 en relación ó D 124/2007: “no que non se fixaban mínimos de lingua castelá o que podía por en perigo o modelo de conxunción de linguas en Galicia dende o inicio da autonomía”.
    Tamén me gustaría suliñar a aparición no 124/2007 dos equipos de normalización e dinamización lingüísitica (chamados a partir do 79/2010 Equipos de dinamización da lingua galega) así coma a necesidade de elaborar o Proxecto lingüísitico de centro e a referencia que se fai nestes dous decretos á Carta Europea das Linguas e ó Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

    ResponderEliminar
  9. A similitude máis salientable que se atopa nos tres decretos é que nos tres o galego será a lingua empregada na administración educativa.

    No decreto 247/1995 marcáronse unha serie de materias que se impartirían en galego.O problema deste decreto(como se comentou na clase) foi que non se realizou unha inspección para corroborar o debido cumplimento do mesmo.

    O decreto 124/2007 estipula que terá que garantirse, como mínimo a docencia do 50% das materias en castelán nos cursos da ESO, bacharelato e formación profesional (Cabe sinalar que entre o decreto 247/1995 e o decreto 124/2007 asináronse dous documentos lexislativos, a carta europea das linguas rexionais ou minoritarias e o plan xeral de normalización lingüistica).
    Outro avance do decreto foi a creación dos qeuipos de dinamización e normalización lingüistica.

    No decreto 79/2010 múdase o nome do "equipo de normalización e dinamización da lingua galega", pásase a chamar " equipos de dinamización da lingua galega".
    Neste artigo detérminanse as materias que se impartirán obrigatoriamente en castelán(matemáticas, tecnoloxías e física e química) e as que terán que ter docencia obrigada en galego(ciencias sociais, xeografía e historia, ciencias da natureza e biloxía e xeoloxía).Como xa se mencionou na clase, é evidente que segundo o itinerario que escolla o alumno terá máis ou menos asignaturas en galego.
    Neste decreto aparece por primaira vez regulado o ensino en linguas extranxeiras, de feito nas bases do decreto aparecía estipulado que se impartira un terzo das materias en castelán, outro terzo en galego e o terzo restante nunha lingua extranxeira, a súa posta en práctica resultou imposible debido á non preparación dos docentes para impartir as súas clases nunha lingua extranxeira.
    Por ultimo comentar a enquisa que se fixo neste decreto ás familias dos alumnos para determinar a lingua materna predominante no alumnado, a crítica que se fixo na clase, e coa que coincido totalmente, foi que os pais poden ser galego falantes e o rapaz castelán falante.

    ResponderEliminar
  10. (Publico en dúas metades outra vez)


    Resulta curioso cómo ler entre as liñas dos aburridos decretos pode destapar algún que outro detalle interesante. Os decretos non son tan parecidos como pensaba nun principio aínda que os tres están anegados en cincuentas por cento e “igualdades” do máis ficticios.
    Os tres documentos hanche garantir o perfecto uso da lingua galega por parte de todo o persoal do centro, administrativo, docente e incluso da camareira da cafetería. Promete cursos de formación, prácticas... sen dúbida o persoal está máis que cualificado aínda que á hora da verdade o galego non apareza tanto como se esperaba. Aínda así, é certo que se conseguiu que o galego conformara o marco para a administración xeral e dos centros. Ao menos as partes dos decretos que establecen estes procedementos (documentos, actos públicos, materiais...) ven cumpridas as súas expectativas.
    Se ben o decreto do 95 ten pinta de ser inofensivo e benintencionado, o do 2010 cheira un pouco a desesperación. Todos comprendemos que estes decretos están pensados para garantiren a igualdade da presenza galega e castelá no ensino e que por iso, como ben din as introducións dos decretos, o galego debe supoñer unha parte significativa do currículo. Quédanos clara a porcentaxe do 50% que separa as dúas linguas pero é unha porcentaxe un pouco parcial xa que cando se trata de equilibrar a balanza cara o lado galego as portas están máis que abertas. De feito, suponse sempre que o desexable sería un ensino completo en galego. Claro que iso nolo contan as entreliñas.
    Non estou de acordo con Iria na parte de que as cousas vaian a peor. O decreto do 2010 si garante a igualdade que tan presente está nos tres documentos xa que non se ven todas as pretensións obvias no decreto do 2007: O decreto 124 adxudícalle tódalas ciencias, así como a ética/filosofía, ao galego a tódolos niveis. Educación primaria – matemáticas e coñecemento do medio, educación para a cidadanía. Educación secundaria – ciencias da natureza (no caso de se desdobrar en física e química e bioloxía e xeoloxía, ambas serían en galego), ciencias sociais e educación cidadá. O bacharelato recuperaría o equilibrio sen marcar as materias pero no FP o FOL sería obrigatoriamente en galego. Chamoume moito a atención que na ensinanza para adultos o galego tivera unha presenza completa nos seus niveis máis altos, coma se se quixera suxerir que un adulto cunha educación completa debería utilizar o galego en tódolos ámbitos. Ou quizais estoume a poñer un pouco paranoica.
    En calquer caso, qué clase de equilibrio hai entre as dúas linguas cooficiais se o galego vaise utilizar nas ciencias e materias máis importantes? E o problema non é ese, o problema é que iso non o decidiu o estudante nin os seus pais. Está claro que os susoditos pais pensaron o mesmo porque resulta gracioso como no decreto do 2010 aparece por primeira vez a opinión dos pais, se ben soamente na educación primaria. De todos modos, no índice as nosas amigas entreliñas explicannos que alguén, digamos os pais, chamáronlles a atención e por iso as materias que antes estaban adxudicadas ao galego aparecen equitativamente repartidas entre as dúas linguas e no resto das materias o claustro escollería as linguas nas que se imparten. Fora positivo ou non, a xente non estaba de acordo, posiblemente porque a reiterada aparición da palabra “igualdade” resultaba un tanto hipócrita.

    ResponderEliminar
  11. Aparte deste tema, hai dúas grandes diferenzas entre os decretos. Primeiro a positiva aparición do “ Equipo de normalización e dinamización lingüística” que vai ser o superheroe do galego e vai tratar de fomentar o seu uso en tódolos ámbitos. Curiosamente no 2010 pasará a se chamar “Equipo de dinamización do galego” o cal eu non acababa de comprender pero, como di Iria, é moi probable que sexa porque ao galego se lle supón suficientemente normalizado. Vaia, algúns deberían dar un paseíño por Galicia e quitar a cera dos ouvidos.
    A outra diferenza é a aparición do inglés no 2010, moi moi atrasado para o meu gusto comparando o panorama español co europeo. Aínda que as intencións, unha vez máis, eran boas os plans distan moito da realidade a pesar de que o inglés vaise facendo, moi pouquiño a pouco, un oco no noso país.
    Xa só quixera recalcar dous datos que me chamaron a atención. Primeiro, a poderosa afirmación do 95, artigo 7: “Os alumnos e alumnas non poderán ser separados en centros nin aulas diferentes por razón da lingua”. Non sabería dicir porqué non volve aparecer en ningures pero resulta curioso e seguro que ten chicha para o debate.
    E por último a insistencia nos documentos de que as clases de galego hanse impartir en galego e as de castelán en castelán. Non me poño de acordo en se me parece gracioso ou triste, pero xa se sabe, por se as moscas...

    ResponderEliminar
  12. Respecto ó Decreto 124/2007, a escola é un dos ámbitos máis apropiados para dotar ao alumnado de competencia lingüística nunha determinada lingua.A responsabilidade da c ompetencia bilingüe corresponde á Administración autonómica e ao sistema educativo, é dicir a quen regula as normas e ao ámbito no que se desenrola a aprendizaxe do alumnado.Ademáis inténtase avanzar hacia un ensino bilingüe delimitando o espazo curricular en galego.
    No Decreto 79/2010 indícase que se impartirán en galego as materias tradicionalmente coñecidas como "de letras" e en castelán aquelas consideradas "de ciencias",o cal xa reflexa unha desigualdade no aprendizaxe dependendo do itinerario que un escolla.
    Inténtase reforzar o galego,facilitándolle ao alumno unha oferta educativa que lle permita un maior contacto coa lingua,o cal pode axudar a fomentar o seu uso.
    O centro educativo elixe como ensinar as linguas oficiais,isto implica desigualdade ao non haber unha norma común para todos os centros nese sentido.
    Búscase o aumento do uso do galego nas actividades extraescolares e complementarias,o cal reflexa un reforzo en dito uso.

    Carolina Arribi Pérez

    ResponderEliminar
  13. Quería correxir unha cousiña:
    "Se ben o decreto do 95 ten pinta de ser inofensivo e benintencionado, o do 2010 cheira un pouco a desesperación". Referíame ao do 2007.

    ResponderEliminar
  14. Despois de ler os Decretos, recoñezo que ao facelo despois de comentalos na clase axuda moito, vexo que aínda que hai algunhas diferencias, todas seguen a mesma corrente.
    Os tres decretos teñen puntos coincidentes, coma por exemplo o uso do galego no ámbito administrativo ou que o centro, mediante unha enquisa que se lles fará aos pais, fixarán a lingua na que se impartirán as clases na etapa de educación infantil (será aquela que predomine como lingua materna entre os novos alumnos).
    Despois os tres decretos seguen a mesma estructura fixando uns mínimos para o uso do galego nas distintas etapas educativas.
    O que me chama máis a atención é que tendo en conta que o galego é unha lingua en perigo de desaparición, non se fagan as leis dunha forma un pouco máis radicais, impoñendo o galego ao castelán e non facendo tantas concesións. O que semella que máis lles preocupa é que exista unha relación igualitaria entre as dúas linguas cando a situación da lingua galega está moi por debaixo da do castelán. Para rematar, o último Decreto do ano 2010 semella que aínda se lles da aos centros educativos máis manga ancha dicindo que hai que garantizar o máximo equilibrio posible entre ambas linguas en materia de horas semanais e asignaturas impartidas. ¿Como que o máximo equilibrio posible? ¿Por qué non vai ser posible? É que se xa empezamos a facer estas concesións tendo en conta como anda a situación do galego é mellor apagar e marchar. Penso que non podemos facer unhas leis de mínimos. Dende 1995 dato do primeiro Decreto, xa pasaron anos dabondo para saberes a situación do galego, e aínda así…
    Seméllame moi importante que agora os equipos de normalización e dinamización so se chamen de dinamización… é a súa labor de promoción da lingua galega o claro exemplo de que as leis fallan, as leis de mínimos non son suficientes para nós, e que o éxito en Galicia pasaría porque estos equipos en vez de promocionar o galego tiveran que fomentar o castelán, a ver se algún día cúmprese esta situación.
    No último Decreto do 2010 fálase tamén das linguas extranxeiras. De novo a preocupación fundamentase no equilibrio, na igualdade, so que ahora hai que repartir o pastel en tres.

    ResponderEliminar
  15. Na miña opinión penso que de entre os dous últimos decretos, o que mais me gusta e o que creo que favorece máis a lingua galega o D124/2007.Creo que toca puntos moi importante que axudarían a que o galego se afianzase máis na vida diaria de todas as personas, independentemente do traballo que fagan e a da súa posición social. Os puntos que me chamaron a atención son:
    - os poderes públicos potenciaán o emprego do galego
    - garantir a igualdade entre galego e castelán
    - conseguir máis funcións sociais, darlle prioridade á súa en sectores estratexicos
    - aplicación do galego en todos os centros públicos e privados
    - uso do galego con carácter xeral na administración educativa
    - formación do persoal de centros educativos, competencia oral e escrita, coñecemento de aspectos sociolingüísticos
    Todo esto, claro, é de balde, si como xa falamos na clase non se preocupa ninguén de que se leve a cabo. Deberían de tomarse máis en serio todos estas normativas.

    ResponderEliminar
  16. O Decreto do 95 de normalización lingüística fala de utilizar o galego na ensinanza en todos os niveis e regulará o uso das linguas oficiais no sistema educativo.
    • Igual numero de horas en galego e en castelán.
    • Educación infantil e primeira etapa da primaria na lingua materna. No resto da primaria impartiranse en galego polo menos dúas áreas do coñecemento sendo unha delas a do medio natural, social e cultural.
    • No bacharelato impartiranse en galego filosofía e historia e, como materias específicas, tecnoloxía industrial, bioloxía e xeoloxía, historia do mundo contemporáneo, debuxo técnico, ciencias da terra, xeografía, historia do arte e da filosofía.
    • En F.P daranse en galego as áreas que faciliten a súa integración sociolaboral.
    O galego utilizarase na administración e nos centros de ensinanza, polo que calquera documento, acta, e demais emitirase en galego.
    O Decreto do 2007, no que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo, incorpora o Plan Xeral de normalización de lingua galega establecendo coma un dos obxectivos conseguir para o galego máis funcións sociais e máis espazos de uso.
    Para conseguir isto hai que comezar pola implantación de hábitos lingüísticos en galego no sistema educativo, como xa fixo referencia o Decreto do 95.
    Este decreto ten como fin proporcionar a igualdade plena entre as dúas linguas oficiais por parte de toda a poboación escolar tanto pública coma privada.
    Na educación infantil o profesorado preocuparase de que o alumno adquira tamén de forma oral e escrita o coñecemento das dúas linguas oficiais en Galiza.
    Impartiranse en galego :
    • Na primaria: matemáticas, coñecemento do medio natural, social e cultural e educación para a cidadanía e dereitos humanos.
    • En ESO: ciencias da natureza (bioloxía, xeoloxía, física e química), sociais, xeografía e historia, matemáticas, educación para a cidadanía.
    Cada centro deberá incluír no seu proxecto educativo o proxecto lingüístico no que se reflexará:
    • As linguas que empregaran nas diferentes áreas.
    • Medidas de apoio e reforzo para un correcto uso lingüístico escolar e educativo.
    • Criterios para determinar a lingua predominante do entorno.
    • Medidas adoptadas para que o alumnado con dominio insuficiente das linguas poida seguir aproveitando as clases.
    Na elaboración do proxecto lingüístico terán especial importancia o equipo de normalización e dinamización lingüística e os departamentos doutras linguas. Para fomentar o uso da lingua galega nos centros crearase o equipo de normalización e dinamización lingüística, formado polo profesorado, representantes de alumnos e profesorado non docente. Este equipo revisará os programas de normalización lingüística nos centros e contara co apoio técnico e dotación de recursos didácticos iguais cos outros departamentos.
    Tamén fomentarase o uso da lingua galega nas actividades complementarias, extraescolares e actos do centro.
    En todas as etapas do ensino garantirase que o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego, fomentando tamén que se impartan nesta lingua matemáticas tecnoloxía na ESO que non está rexistrado legalmente.
    No decreto de 2010 aparece por primeira vez o ensino en linguas estranxeiras regulado. Tamén establécense que materias deben darse en galego e cales en castelán.En galego: ciencias e historia. En castelán: física e química, matemáticas e tecnoloxía.
    Para rematar, este decreto fala de plurilingüismo con afán de integrar o inglés en materias non lingüísticas no sistema educativo en Galiza, de garantir a competencia plana e igualdade nas dúas linguas oficiais, adquirindo tamén un coñecemento efectivo en linguas estranxeiras.
    Coincidindo con Iria, creo que este Decreto está desfasado da realidade. Antes de regular o ensino doutras materias en linguas estranxeiras debémonos ocupar que os decretos anteriores se cumpran. Aínda estamos moi lonxe de acadar a igualdade do galego e castelán como para introducir outra lingua mais na competencia. Trátase de de que o galego vaia para arriba e non para abaixo con este proxecto plurilingüe.

    ResponderEliminar
  17. Ola a todos, estaba buscando na rede para un traballo doutra asignatura e quedei sorprendida do que atopei, a noticia é do 2009, un profesor despedido por dar as matemáticas en galego! deixovos o link por se vos interesa.

    http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/03/24/00031237914695158606209.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

    ResponderEliminar
  18. Creo que a principal conclusión que sacamos dos decretos é a de que está ben que estén ahí e todo, pero que a xente fai o que lles da a gana. Porque aparte do uso do galego na administración, creo que a maioría das outras cosas que se establecen nestes decretos non se cumpren. O que vin cando estudiaba no instituto e máis tarde cando o meu irmán estaba na secundaria, foi que non se cumpría o de dar o 50% das materias en galego e as outras en castelán, nin nada parecido. Cada profesor daba as clases no idioma que lle apetecía, e só uns poucos elixían o galego. Cheguei a ter clases nas que o libro de texto estaba en galego mentres que o profesor daba a clase en castelán, e clases nas que o libro de texto estaba en castelán e o profesor falaba galego. Esto era un lío á hora de coller apuntes! Pero creo que con un pouco de control esto podería polo menos cumprirse. Como xa dixen unha vez neste blog, non parece xusto de todo que o 50% de materias sexan en un idioma e as outras noutro, porque nas cidades, por exemplo, o galego ten moita menos presenza que o castelán, en todos os ámbitos, así que pareceríame ben que todas as materias fosen en galego, xa que os nenos iban a aprender castelán de todas formas, pero se fose ó revés non aprenderían galego eles sós. De calqueira maneira, non creo que a parte de qué materias se dean en qué idioma fagan moito ata que non se controle un pouco o cumprimento da lei.

    A aparición dos equipos de normalización e dinamización lingüística no decreto do 2007 si é algo moi positivo, xa que fan unha labor de potenciar o uso da lingua que é moi necesaria.

    Outra cousa que chama a atención é a entrada do inglés no sistema educativo, o cal está ben, pero tamén é certo que debería dárselle máis importancia e presenza á(s) lingua(s) oficia(l)is que a unha lingua que, aínda que sexa importante nesta sociedad, non deixa de ser unha lingua extranxeira. Paréceme moi ben que se ensine, e se ensine ben, que en outro países europeos nótase que o nivel de inglés é moi bo, e aquí non podemos decir o mesmo. Sen embargo, non creo que se debera antepoñer ó galego. Por exemplo, poderíanse ofertar diferentes actividades extraescolares en inglés ou cosas así, pero non chegar ó punto no que os nenos sepan máis inglés que galego.

    Polo demáis, quédome có de que en xeral, imos a pior, como dixo Iria.

    Por certo, o artigo que compartiu Laura deixoume moi impresionada, maís que ir a pior parece que vamos cara atrás. Que despidan a alguén por querer da a súa clase en galego parece máis propio do franquismo que de hai dous anos... Onde imos a parar...

    ResponderEliminar
  19. Pese a súas carencias, considero que o Decreto 247/1995 foi un gran logro para a normalización do galego, pero chámame a atención que dende que saíu a Lei de normalización lingüística, no 1983, tardaran doce anos en desenvolver a normativa no ensino da lingua galega na escola. Qué estiveron a facer os políticos durante eses doce anos? Realmente pensaban que ía ser sinxelo recuperar o galego na escola ou noutros ámbitos, despois de tantos anos de escurecemento? Sinceramente non o entendo.

    A implantación na Administración educativa comeza con este Decreto e no seguinte (D124/2007) mantense. Esta implantación é importante porque regula o uso da lingua, dándolle un estatus oficial que ata entón non o tiña. Sen embargo o actual Decreto (D79/2010) ten un novo matiz, xa que en lugar de implantar o uso simplemente o promove. Vemos aquí xa de primeiras unha mingua en detrimento da lingua galega. Porque se ben, normalmente non estou de acordo coas imposicións, é certo que no caso das linguas débense forzar certas situacións para que co tempo se vexan con normalidade, porque as persoas somos cómodas por natureza, e se algo nos custa de facer deixamos de intentalo. Ao promover a lingua, pero non impoñer usala, o matiz fará que moitos deixen de facelo.

    En relación coa educación infantil e o primeiro ciclo da primaria, dáse un caso curioso. Posto que mentres no Decreto de 1995 a elección da lingua tena o claustro, baseándose en criterios do proxecto sociolingüístico. Parece que este criterio non é valido no Decreto do 2010, porque deixa a elección ás familias dos alumnos. Vamos, que pasa de deixar decidir aos profesionais do tema á que decidan as familias, que como todos sabemos están moi concienciadas da situación do galego, e coñecen á perfección o mapa sociolingüístico e restantes criterios obxectivos…

    No resto das etapas educativas, o Decreto do plurilingüísmo, pecha portas ante o galego en prol do inglés. As poucas vantaxes das que podía gozar nos decretos anteriores, este decreto quítallas introducindo una nova lingua estranxeira como vehicular. De modo que en lugar de manter o galego na súa posición, rebaixa a súa presenza. Está claro que no mundo global no que vivimos, internacionalmente coñecer unha lingua como o inglés pode abrir moitas portas, pero estou de acordo con Cies é que unha opción moi boa e facelo en outro tipo de actividades nas que o contexto non sexa solo o escolar.

    En resumo, o Decreto 79/2010, cambia totalmente de concepto, cara a protección do galego. Non intenta promover nin normalizar a lingua senón de introducir unha nova dándolle a mesma importancia. Todo é cuestión de números: Se hai 3 linguas a falar, unha delas pódese falar ata un terzo das materias, e as outras dous deben ir a partes iguales, temos un terzo para cada unha. Realmente pensan que están a promover o galego? Están a coidar a nosa lingua dándolle a un idioma alleo a nos a mesma importancia que ao propio? Están a quitarlle competencias.
    Sen embargo, esta sensación non é a mesma se nos referimos ao castelán. Tendo en conta que é o idioma maioritario, non se ve tan prexudicado. Da a impresión de que tanta igualdade é porque hai medo de que se esqueza o castelán, non de promover o galego. Certamente os nosos políticos andan moi perdidos. É triste que temas como a nosa lingua, patrimonio de todos, estea en mans de quen goberne.

    ResponderEliminar
  20. A Lei 3/1983, do 15 de xuño, garante a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galicia. En 1989, créase un modelo de normalización lingüística para o ensino, coa intención de converter o galego na lingua escolar, tanto en infantil coma na universidade. No ano 1992, se pronuncia a Carta Europea de linguas rexionais, ratificada polo goberno de España no ano 2001.
    No D. 247/1995, fíxase un modelo educativo de bilingüismo complementario, cunha reordenación das asignaturas onde un tercio delas serán impartidas en galego.
    O Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento galego en setembro de 2004, establece como obxectivos primordial conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e espazos de uso. No D.124/2007, instáurase un modelo educativo cun obxectivo principal: o mantemento da lingua galega. Neste caso, o 50% da asignaturas serán impartidas en galego. É neste periodo cando aparece por primeira vez o concepto de “os funcionarios e funcionarias en prácticas realizarán durante dita fase un curso de formación específico de terminoloxía, estilos, linguaxes propias da especialidade e aspectos sociolingüísticos” (artigo 4). É unha medida que me sorprendeu moito e que descoñecía totalmente. Cabe destacar tamén o artigo 3 do 2007, onde se especifica que o “se desenvolverá un plan de formación e coñecemento dos aspectos sociolingüísticos do idioma e competencia oral e escrita suficiente para comunicarse e para desenvolver a súa actividade profesional en galego”, e que tamén o podiamos observar anteriormente no artigo 2 do decreto do 95 “a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o departamento administrativo competente para organizar cursos de galego tanto para o persoal docente como non docente”. Neste decreto créanse os proxectos lingüísticos dos centros, os equipos de normalización e dinamización lingüística, así como se constitúen as comisións territorias de coordinación, coa finalidade de coordinar os equipos de normalización e dinamización lingüística territoriais.
    No D. 79/2010, vólvese a modificar o modelo educativo, instaurando nesta etapa un bilingüismo programado. E por iso que en xuño de 2009 a Consellería de Educación realiza unha consulta ás familias co obxectivo de coñecer directamente a súa opinión sobre distintos aspectos da utilización das linguas na educación de Galicia. Non estou de acordo en que se separe aos rapaces en función da lingua, penso que este feito pode acentuar os prexuízos do galego. Neste sentido, xa no artigo 7 do decreto de 1995 establecíase que “os alumnos non poderán ser separados en centros nin aulas diferentes por razón da lingua”. No D. 79/2010, aparece o ensino en linguas estranxeiras, e establécese una reorganización das asignaturas que serán impartidas nunha lingua ou noutra (un tercio en galego, outro tercio en castelán, e outro tercio en inglés). Mais dependendo do itinerario que escollas na secundaria e en bacharelato terás as clases nunha lingua ou noutra. As materias con maior prestixo social serán impartidas en castelán como por exemplo matemáticas, tecnoloxía e física e química, e en galego ciencias sociais, da natureza, historia, etc. Outra modificación en comparativa co anterior decreto, é no nome dos equipos de normalización e dinamización lingüística (artigo 18), para agora ser chamados equipos de dinamización da lingua galega (artigo 15).
    En definitiva, a normativa do galego nos dous primeiros decretos é bastante similar, mentres que no do 2010 é ben distinto. As principais semellanzas que atopo nos tres decretos é no procedimento administrativo, que será sempre en lingua galega agás a documentación que vaia a outras Comunidades Autónomas ou ao estraxeiro; na inspección, que velará para que en todos os centros educativos se cumpra a normativa vixente sobre normalización lingüística, e que dende o meu punto de vista en ningún dos tres decretos se realizou tal seguimento e control; e o ensino de educación infantil, o cal se impartirá segundo a lingua materna predominante.

    ResponderEliminar
  21. Acabo de ler os decretos, e bueno, non están tan mal como esperaba. Aínda que algunhas veces estas leis parécenme un pouco enganosas.
    Primeiro os do 95, parece que se regula un pouco mais o das materias que se imparten en secundaria. E tamén se regula o idioma dos centros de primaria e educación infantil. Aquí di que se impartirá na lingua materna, o que soa moi ben. Pero o que non se profundiza e que se esa lingua e a castelán, darase en castelán. Eu creo que si a maioría quere dala en castelá poden facelo, pero tamén creo que se isto ocorre, e una sinal de que algo non vai ben.
    Tamén vense melloras no que refire ao nivel burocrático/administrativo. Polo demais todo pare e unha evolución da primeira lei do 83.
    No 2007 Cámbiase un pouco o da educación infantil, e xa terá que ser polo menos a metade de carga horaria. Tamén se cambian as asignaturas dadas en galego en secundaria, e amplíanse ao campo das matemáticas e a física. Tamén nacen os equipos de normalización que supervisan os programas de normalización. Polo que parece outra evolución da lei do 95, con intencións de mellorar a capacidade e alcance do galego.
    No 2010 non existe ningunha evolución na dirección que viña desde que se creou a constitución, senón que se volveu aos niveis do 95 con respecto a educación infantil , mais non é así xa que hai unhas variantes que logo discutiremos. A primaria parece que non se toca. En E.S.O tamén se retrocede a niveis do 95.
    Ademais disto tamén se inclúe un artigo sobre a introdución dunha lingua estranxeira, Que a min persoalmente paréceme ben porque todo o que sexa o coñecemento doutra cultura e algo enriquecedor. Mais creo que debería incluír unha gama mais ampla de idiomas e que se centra demasiado no Inglés. Tamén que si realmente queremos que estos nenos aprendan outra lingua esta terá que ser impartida por profesorado nativo, ou polo menos licenciado na lingua, dando prioridade ao idioma e non a formación para impartir a materia. Quero dicir que se se pensa que un neno vai aprender algo dunha persoa que ten un título b1 de inglés van apañados!.

    A Real academia da lingua Galega, entre outras asociacións, e moi crítica con estos cambios. E cree pola contra que o Galego debería ter vantaxes sobre o castelán xa que foi e esta desfavorecida, polo que esta paridade de 50/50 non funciona, e menos a pluralidade 33%, contando o inglés.
    Tamén pensa que se rompen os dereitos constitucionais na educación infantil (que e case a mais importante para a adquisición dunha lingua) coa inclusión dos pais na elección da lingua.
    Para a miña opinión este e o punto mais importante xa nesta idade e cando se decide o idioma do neno. Creo que todos os nenos Galegos teñen o dereito de aprendelo, e sería unha pena que se por algunha razón os pais din que non queren, estos nenos perderían algo que xa nunca poderían recuperar.

    En resumo bótase en falta algunha lei que regule a ensinanza universitaria, ou en todo caso un compromiso por parte das universidades a utilizalo na mesma medida a dos ensinos precedentes, xa que se non é así, os estudantes que viñeron estudando dende infantil en galego, veranse prexudicados.
    Tamén e un pouco desconcertante a rapidez co que cambian as leis. Cada goberno, independentemente da súa ideoloxía, parece que está mais preocupado de deixar o seu selo que na propia educación, e cambian as leis sen analizar primeiro se os resultados foron satisfactorios.

    Oscar Fouz López

    ResponderEliminar
  22. No decreto 247/1995 atopo xa un erro no seu comezo. O feito de que fale de que os galegos temos o dereito a coñecer e usar a nosa propia lingua fai que xa o estea dalgunha maneira desfavorecendo. Para min, o correcto sería dicir que os galegos temos o DEBER de coñecer o galego e o DEREITO a usalo, que é o mesmo que se di na Constitución Española sobre o castelá.
    Outro erro é que di que se deberá impartir o mesmo número de materias en galego que en castelán, pero se o galego están nunha situación de inferioridade deberiamos darlle máis peso e, ademais, as materias que aparecen en galego son case todas optativas e as materias con máis “prestixio”, coma as matemáticas, seguen a impartirse en castelán. O caso das matemáticas cambiará no decreto 124/2007 pero no 79/2010 volve a impartirse en castelán, dando un paso atrás.
    No decreto de 1995 tamén se di que se debe procurar que o alumnado empregue o galego na escrita e na oral nas materias impartidas en galego, penso que este emprego oral e escrito debe garantirse ao máximo.
    Do decreto 124/2007 quero destacar a aparición, como algo positivo, do proxecto lingüístico de centro, do equipo de normalización e dinamización lingüística e das comisións territoriais de coordinación de ditos equipos.
    Ademáis, fálase de que se van divulgar as experiencias positivas en relación coa lingua ocorridas nos centros educativos.
    Por último, no decreto 79/2010, que supón un paso atrás na miña opinión, aparece reflexado que en educación infantil a lingua materna predominante será coñecida a través dunha pregunta que se lles formulará ás familias a comezos de curso. Esta medida, coma xa vimos na clase, non resultou efectiva.
    Tamén se recolle neste decreto que se atenderá de xeito individualizado ao alumnado tendo en conta a súa lingua materna.
    Prodúcese de novo un cambio nas materias que se imparten en cada idioma e pretende fomentarse a lingua galega no centro a través da realización de actividades.
    Un error importante deste decreto aparece no feito de que di que o alumnado poderá usar a lingua que prefira pero procurarase que se exprese na lingua en que se imparte a asignatura. Paréceme unha incongruencia que a materia se imparta nun idioma e os rapaces se expresen noutro, porque non serviría de nada o aprendizaxe da lingua que pretendemos que acaden ao impartir a materia nese idioma.
    Cambia neste decreto a denominación dos equipos de normalización e dinamización lingüística pola de equipos de dinamización da lingua galega.
    Por último, este decreto recolle a docencia de materias noutra lingua estranxeira, principalmente o inglés, ao que trata de equiparar no reparto de horas ao castelán ou galego

    ResponderEliminar
  23. Principalmente os tres decretos parece que tratan de potenciar o galego nos ámbitos da administración i ensino, creo baixo o meu punto de vista que os tres decretos dan unha serie de ideas teóricas que na realidade e sempre na miña opinión non foros levadas a cabo de maneira máis ou menos eficiente(ou en algún caso obviaronse). Extraño unha labor de fomentar unha conciencia crítica sobre o galego nas persoas porque ainda que está ben que empreguemos a escola como un ámbito fundamental para a implantación do galego sería temén bo inculcar unha necesidade de aprender e coñecer a riqueza da língua da súa comunidade.
    Como non me quero repetir pois creo que está todo ou case todo dito polos meus compañeiros comento un pouco o que me parecee máis reseñable dos decretos. O Decreto 247/1995, que establece o mesmo número de horas ó ensino do galego e do castelán pero non trata de potenciar o galego en ámbitos ou situacións extraescolares algo que si fan o Decreto 124/2007 e o Decreto79/2010.
    O Decreto 124/2007,trata ou quere que o galego sexa idioma base de aprendizaxe. Este decreto foi pioneiro xa que aparecen a través del
    os primeiros equipos de normalización e dinamización lingüística, para tratar de potenciar o uso da língua galega.
    Nun derradeiro caso, o Decreto 79/2010, a pesares de que tamén aboga pelo galego como idioma base de aprendizaxe, vemos unha ''internacinalización'' a medida que avanzamos na súa lectura,este decreto amosa unha intención de equiparar o galego ás linguas extranxeiras,máis concretamente o inglés, o que provoca que as horas de ensino na nosa língua vexanse reducidas.A educación plurilingüe, repartiría o horario escolar en torno a fracción de "1/3 de formación en cada lingua". Comentar que este último decreto mantén os equipos de dinamización lingüística que antes se chamaban equipos de normalización e dinamización lingüística,ademaís destacar a introducción da necesidade de adaptar o sistema educativo ás competencias lingüísticas ao alumnado con necesidades educativas especiais.
    Na realidade todo esto e facendome eco da miña propia experiencia as porcentaxes de asignaturas que se deben dar en galego non se cumpren, ás veces por pasotismo do profesor ou por encontrarse con un aula de maioria castelá-falante, todo isto debería estar regulado por alguén (inspector) pero realmente creo que non son moitos os que se esmeran en cumplir a lei. Se non aparece entre a sociedade e o profesorado unha conciencia de salva-la nosa língua penso que isto irá a peor e chegará un momento en que só a asignatura de língua galega se impartirá en galego.

    ResponderEliminar
  24. Os seguintes decretos móstranos como nun tempo relativamente escaso a educación regulada en galego sufriu diversos cambios.

    No decreto do 95, regúlanse as materias que se impartirán en galego nos cursos de secundaria. Na miña opinión son poucas. Respecto á educación primaria e infantil tamén regula a educación en galego, pero refírese á lingua materna, o cal desconcerta un pouco.

    O que sí é axeitado é que a nivel de “papeleo” mellorouse bastante respecto á lexislación anterior aínda que segue habendo bastante burocracia.


    Xá en 2007 a educación infantil e primaria, impártese de forma igualitaria, é dicir, a metade do horario en galego.

    Respecto á secundaria, auméntanse o número de materias en galego, abarcando matemáticas e física.

    Pareceme moi importante nomear que se crean os equipo de normalización lingüística, os cales realizan axeitadas acción para a implementación e complementariedade da lingua galega.

    Na miña opinión o decreto de 2007 é o mellos dos tres.

    O último decreto, é de 2010. Súfrese un importante retroceso. Por exemplo, respecto á educación infantil vólvese á organización do ano 95. Aínda que débese apuntar que educación primaria non se modifica.

    É necesario indicar que se da un papel relevante á língua extranxeira. Paréceme fundamental para un correto desenvolvemento do alumno, aínda que sempre que a língua extranxeira se imparta de forma aproveitable.

    A ESO tamén sufre modificacións respecto ao decreto de 2007.

    Como persoa que estudiou a ESO, paréceme que tantas modificaciones estaría ben se non fose porque da a impresión de que son máis ben formas que teñen os diferentes grupos políticos de mostrar que estiveron ahí, que de buscar o mellor para a língua e os alumnos. Sinceramente é bastante compricado.

    De igual forma bótase de menos máis control nos ciclos formativos e nas universidades, pero nun bó sentido, promovendo o uso do galego tamén en persoas máis maduras.

    ResponderEliminar
  25. Primero de nada agradecer el análisis comparativo de los decretos, que si bien no exime de su lectura, si ayuda a poner las ideas que proponen los tres en orden y verlas con claridad de forma conjunta.

    Coincidiendo con casi todos mis compañeros veo una notable pérdida de interés por la transmisión real de la lengua a medida que voy leyendo los decretos en orden temporal. Esto sin embargo no me sorprende, porque creo que ya solo el título de cada uno contiene todo lo que va a pasar a continuación y es algo que me gustaría aportar a los comentarios de mis compañeros.

    El decreto de 1995 habla de NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, que a mi forma de entender es la única manera de preservar de verdad una lengua por medio de la administración. Como hemos comentado en otras entradas, con buenas intenciones no se soluciona nada y creo que es el deber de la administración defender la lengua gallega por todos los medios que pueda. Es una pena que a medida que pasan los decretos las normativas que se proponen levanten más la mano y comprometan a menos.

    El decreto de 2007 utiliza el término PROMOCIÓN DEL GALLEGO; lo que decíamos antes, buenas intenciones… pero en el fondo se da un pequeño paso atrás en lo que promulgaba el decreto de 1995.

    Un paso que se hace mucho más grande con el del 2010 que ahora habla de PLURILINGÜISMO y que incluso alguna pequeña cosa que mejoraba el de 2007 respecto al de 1995 (como poner dos años de exención de la lengua en vez de tres) vuelve a sufrir un retroceso (vuelta a los tres años). Y es una locura, a mi forma de ver, que se trate de hablar de plurilingüismo cuando no se ha sido capaz de crear una normativa adecuada para el bilingüismo de la que ya debería gozar esta comunidad. Antes de saltar a una tercera lengua debemos tener claro que hacer con las dos que ya se tienen…

    A parte de sorprenderme lo que comentó ya una compañera sobre que solo en el decreto del 95 hablan de no separar a los alumnos por cuestiones de lengua; me sorprendió muchísimo que se suprimiese el uso del gallego en los documentos administrativos; que si bien a efectos prácticos puede no tener un valor significativo; a efectos de prestigio si lo tiene.

    Estos son solo algunos ejemplos de lo poco respaldado que esta el gallego en el ámbito normativo; y tal como están las cosas parece que el decreto vigente debería pasarse por un nuevo filtro, reciclarse y adaptarse al devenir de la lengua que trata de proteger, en este caso el gallego.

    Un saludo.

    ResponderEliminar
  26. En 1983 ya comenzaron a hablar de forma significativa de las lenguas y del uso del gallego. Los tres decretos analizados en clase suponen un acercamiento de la lengua gallega al ámbito de la educación y la administración cada uno en mayor o menor medida.
    En el Decreto de 1995 comenzaron a incluir en el 30% de las asignaturas. Esto era en la teoría pero en la práctica no había ningún organismo que lo controlara por lo que se incumplía en la mayoría de los casos. Era básicamente elección de los profesores dar sus clases en gallego o en castellano.
    Es por ello que lo revisaron para mejorar la situación y conducir así a una mayor normalización lingüística, en mi opinión imprescindible para llevar el gallego a todos los ámbitos, sobre todo al de la educación que es uno de los medios más importantes de difusión con los que contamos.
    En el Decreto de 2007 ya aparece el gallego en el 50% de las asignaturas impartidas y se centran tanto en primaria como secundaria. Tuvo mucho que ver la llamada Carta Europea de las Lenguas Regionales Minoritarias ya que ningún decreto podía ir en contra de ésta.
    Ya en el Decreto del 2010 se introduce la enseñanza de las lenguas extranjeras e intentan establecer un equilibrio entre ambas, lo que supone de nuevo una reducción de horas en lengua gallega. Además quiero remarcar el hecho que comentaron ya algunos de mis compañeros de que las asignaturas consideradas de mas “prestigio“ eran las que solían darse en castellano y esta medida solo consigue que vuelvan a aparecer prejuicios sobre qué es lo más importante y que está considerado mejor para la sociedad; y si se enseña eso a los niños es bastante difícil que después puedan crear una opinión solida e individual sobre la importancia de su lengua.
    Me parecería una medida más adecuada que cada uno decidiera que asignaturas dar en castellano, en gallego y en inglés dentro de unos porcentajes adecuados para la correcta difusión de la lengua gallega. De esta manera el gallego podría tener la posibilidad de entrar en ámbitos tan poco frecuentes para él como el de las matemáticas o la física(dos asignaturas consideradas de prestigio) y así poder crear una conciencia crítica que no haga que diferenciemos entre prestigioso y no prestigioso

    ResponderEliminar
  27. Como xa apuntaron os meus compañeiros, a lectura dos decretos fíxose máis doada despois dos comentarios feitos na clase.

    Unha das similitudes entre os tres decretos é o uso do galego na administración educativa. Tamén os tres coinciden en usar a lingua materna predominante entre o alumnado na etapa de Educación Infantil (aínda que coidando de que os nenos adquirisen tamén a outra lingua oficial). Esta medida resulta insuficiente para acadar a competencia bilingüe, pois que en moitos casos a lengua materna é o castelán. Ademais, en idades temperás deberíase fomentar o uso das dúas linguas xa que está comprobado que o dominio lingüístico adquírese satisfactoriamente.

    O Decreto 247/1995 detalla as horas de lingua galega que se deben impartir e tamén marca as materias en galego, que fundamentalmente serán as de letras (Coñecemento do Medio, Historia, Xeografía,…).

    O Decreto 124/2007 establece que hai que garantir o 50% das materias do ensino en galego e introduce as materias do ámbito tecnolóxico como as matemáticas e a tecnoloxía en galego. Ademais ampliase a competencia básica de comunicación lingüística, entendida como o dominio oral e escrito das linguas galega e castelá en distintos contextos e como o uso funcional de, polo menos una lingua extranxeira. Tamén introduce o proxecto lingüístico de centro e a súa estructura, os equipos de normalización lingüística, para potenciar o uso do galego nos centros, as comisión territoriais de coordinación, para coordinar eses equipos e regula o papel da inspección. Respeto ó Decreto 247/1995, introduce novas medidas que fomentan o uso do galego como instrumento escolar e ademais preocúpase polo control dos “mínimos” fixados pola lexislación.

    Co Decreto 79/2010 as materias de ciencias volverán a impartirse en castelá como ocorría co Decreto 247/1995. Esto pode verse como un paso atrás pero si pensamos que as materias con máis carga lingüística son as relacionadas coas letras, non debería verse como un atraso, senón como una oportunidade para progresar no dominio do idioma. Ademais, con este decreto do plurilingüismo, fomentarase o uso da lingua extranxeira en materias non lingüísticas ate un máximo dun terzo do horario lectivo, garantindo un equilibrio das horas ofertadas en galego e castelá. Os equipos de normalización lingüística, con este decreto pasan a chamarse equipos de dinamización da lingua galega.

    O feito do plurilingüismo do último decreto debería verse como un feito positivo, pois enriquece a nivel individual e colectivo, e non dificulta, senón que favorece a adquisición doutras aprendizaxes. O problema reside no reparto equitativo das horas ofertadas, pois para decidir o uso das distintas linguas no currículo hai que ter en conta que a situación social de cada idioma é singular e tamén que non poden cumprir exactamente o mesmo rol na vida comunitaria.

    ResponderEliminar
  28. Ó comparar os decretos D. 247/1995, D.124/2007 e D. 79/2010 polo que de maneira xeral regúlanse o uso das linguas oficiais no sistema educativo de Galicia, pódense extraer, baixo o meu punto de vista, algunhas diferenzas significativas:
    1. No D.79/2010 recóllense os principios nos que se basea o decreto, entre eles destacan:
    - Garantir un coñecemento efectivo dunha o máis linguas estranxeiras.
    - Participación e colaboración familiar nas decisión que atixen ó sistema educativo.
    Nos outros dous decretos non están recollidos explicitamente estes principios.
    2. No referido a etapa de educación infantil, os tres decretos indican que a lingua usada será a lingua materna predominante entre o alumnado. O D.247/1995 non específica o modo de determinar esa lingua predominante. Mentres que os outros dous si que o fan.
    No D. 124/2007 aparece reflexado que a lingua materna determinarase a través da información obtida do mapa sociolingüístico de Galicia, de datos estatísticos oficiais e tamén da información obtida de pais e nais. Sen embargo, o decreto do 2010 simplemente indica que a lingua predominante será determinada por medio dos resultados obtidos de realizar unha pregunta ós país e nais do alumnado.
    Ademais, o D247/1995 fai unha mención especial para o caso de contornos castelán falantes, nos cales o uso da lingua galega será, como mínimo, igual o uso da lingua castelá.
    3. Para as etapas de primaria e secundaria:
    - O decreto de 1995 diferencia entre o primeiro ciclo de educación primaria, o cal estará regulado igual que a etapa de infantil, e o segundo e terceiro ciclos e a educación secundaria. Nos últimos ciclos de primaria, impartirase en galego, como mínimo, dúas áreas de coñecemento, das que especifica unha. No caso de secundaria especifica as dúas áreas que serán impartidas en galego.
    - O decreto de 2007 indica algunhas das materias que serán impartidas obrigatoriamente en galego, tanto en primaria como en secundaria.
    - O decreto de 2010 sinala algunhas das materias que serán impartidas obrigatoriamente en galego e en castelán, tanto en primaria como en secundaria. Para o resto especifica unha distribución 50-50 galego-castelán.
    4. En canto ó bacharelato, o D. 247/1995 cita, para cada uns dos dous cursos, as materias que serán impartidas en galego obrigatoriamente. O decreto de 2007 indica que polo menos o 50% das materias serán impartidas en galego, pero sen especificar cales. Por último, o decreto 79/2010 fala dunha distribución ó 50% galego-castelán.
    5. Para á Formación Profesional:
    - O primeiro decreto (1995) especifica que o alumnado recibirá en galego as áreas de coñecemento teórico-práctico que faciliten a súa integración socio-laboral.
    - O segundo (2007) sinala que módulos serán impartidos en galego deixando outros a decisión de dirección.
    - O último (2010) fala dunha oferta equilibrada galego-castelán pero non menciona explicitamente que deba ser a mesma porcentaxe para cada unha das linguas.

    ResponderEliminar
  29. 6. No referente a educación de persoas adultas, soamente hai artigos referidos nos decretos de 2007 e 2010. No primeiro, diferencia entre os niveis I e II, nos cales como mínimo impartiranse en galego o 50% das materias, e para o nivel III (ESO) e Bacharelato, a ensinanza será integramente en galego agás as materias de linguas.
    Por outro lado, o decreto de 2010 non fala, como anteriormente, de oferta equilibrada, simplemente indica que é preciso garantir a competencia lingüística do alumnado nas dúas linguas.
    7. No caso das exencións das cualificacións das probas de lingua galega, existe unha diferencia en canto ó curso que se pode solicitar nos decretos de 2007 e 2010. O D. 124/2007 contempla a exención para aqueles alumnos que se incorporen ó sistema educativo galego en 4º de ESO ou Bacharelato, mentres que o D. 79/2010 para aqueles que se incorporen no 3º ciclo de primaria, en ESO ou Bacharelato.
    8. Para rematar, o D. 79/2010 presenta un capítulo especial para a impartición de materias en linguas estranxeiras, convidando a que de maneira gradual e progresiva, os centros acaben por impartir 1/3 das materias en, principalmente, inglés. Este capítulo evidentemente non aparece nos outros dous decretos porque simplemente regulaban o uso no ensino de galego e castelán.
    Como conclusión creo que é importante, máis que aprobar novos decretos cada vez que exista un cambio de governo, obrigar a que se cumpra un que sexa equilibrado en canto as materias impartidas en galego e castelán, xa que é imposible coñecer cales e cantas materias é necesario impartir en cada unha das linguas oficiais senón se cumpre estrictamente o que indica a lei. Todos nós temos exemplos de asignaturas nas que o libro e o profesor empregaban diferentes linguas o unas que cada quen falaba o que quería… e así nunca será posible acadar boas competencias nas dúas linguas.

    ResponderEliminar
  30. PARTE I
    Despois de xa falarmos das diferencias máis notables entre eles, e tan tarde como chego a facer este comentario, espero me disculpedes por non me adicar a ler tódalas vosas opinións e paso a subliñar algúns detalles que me chamaron a atención.

    Para enmarcar a cuestión pode-se citar a Carlos Martinez-Buján, membro do Consello Consultivo, nun artigo do ELPAIS de 12/02/2007, cando comenta a ´poda´ que fixo o Tribunal Constitucional na STC 82/1996 da Lei 3/1983 de normalización lingüística, ao considerar que o deber de coñecer o galego era contrario à Constitución:

    Este es el Derecho vigente y todos debemos acatarlo, aunque evidentemente pueda discreparse de los fundamentos de derecho de la STC 82/1986. Y es que, en efecto, cabría sostener que el deber de conocer el gallego NO se opone al artículo 3-1 de la Constitución, puesto que éste se limita a establecer que el castellano es la lengua española oficial del Estado y que todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla, pero dicho precepto NO OBLIGA A PROHIBIR EL DEBER de conocer el gallego. Es más, cabría interpretar que EL DEBER DE CONOCER EL GALLEGO TIENE CABIDA EN EL CONTEXTO DEL ARTÍCULO 3, en la medida en que es una consecuencia natural de lo dispuesto en los apartados 2 y 3 del propio artículo 3, en concreto de la cooficialidad de la lengua gallega y del "ESPECIAL RESPECTO Y PROTECCIÓN" QUE ESTA MERECE.

    O Tribunal Constitucional terá pensado que o “especial respeto y protección” ao que se refire a Constitución se refira quizais a protexelo cando chegue ao museo.

    Na secuencia o Tribunal Superior de Xustiza tamén se aplicou sobre o Decreto 247/1995. Así

    Versión 247/1995 inicial

    Artículo 1º
    1.-La Administración educativa de Galicia y los centros de enseñanza de la misma utilizarán la lengua gallega y fomentarán su uso tanto en sus relaciones mutuas e internas como en las que mantengan con las administraciones territoriales y locales gallegas y con las demás entidades públicas y privadas de Galicia.

    2.-Los documentos administrativos de la Consellería de Educación y Ordenación Universitaria, de sus delegaciones y de los centros de enseñanza dependientes de la misma se harán en gallego, en ellos constará el nombre del centro y el topónimo del municipio o entidad de población en su forma oficial.

    3.-Las actuaciones administrativas de régimen interno de los centros docentes, tales como actas, comunicados y anuncios, se redactarán en gallego. También se redactarán en gallego las actuaciones administrativas que se realicen a solicitud de persona interesada, excepto en los casos en que ésta pida que se hagan en castellano.

    ResponderEliminar
  31. Gustaría comentara que Decreto 247/1995, do 14 de setembro,paréceme unha normativa moi importante xa que fala da normalización lingüistica e o maís interesante para mín que é unha lei, coma quen dí, nova, xa que é do 95.Tamén destaco que propón o mismo número de horas en galego que en castelán, deixando o 50% das asinaturas en cada idioma deixando coma se ve no artigo 6 as de maior carga lingüística (historia, filosofía..) en galego.
    No decreto de 2007 que pretende regulalo uso e promoción do galego no sistema educativo, sin embargo vemos diferenzas en canto as asignaturas, pasan a impartirse en galego as de ciencias, para mín iso é un atraso, porque empregas mais o idioma nunha asignatura como historia onde tes que escribir que nunhas matemáticas onde todo son números. Tamén fala este decreto do bacharelato, que debe ter polo menos o 50% en galego, ademáis este texto nos fala de proxectos lingüísticos do centro co fin de fomentalo galego.
    No último decreto de 2010, xa o título é raro, a palabra "plurilingüismo" xa nos indica que non so vai a intentar fomentar o uso do galego.Na educación infantil o idioma no que se lle falará os nenos sae dunha enquisa feita as familias, fala de que salvo en galego, castelán e lingua estranxeira o neno pode elexir o idioma no que escribir ou falar no resto das materias (art 12.3), tamén aparece un "fomento das linguas extranxeiras" pero sin embargo volven a darlle ó galego as materias con maior carga lingüística.

    ResponderEliminar
  32. Ola a todos,

    Con relación á lectura dos decretos, eu vou falar das ideas que , ó meu xuízo parecéronme máis interesantes.

    Respecto o Decreto 247/1995, de normalización lingüística, no Artigo 1 fálase do emprego da lingua galega no ámbito administrativo da educuación, o que lle a ó galego un nivel máis formal.No Artigo 2 , con fin de garantir un emprego correcto de galego, fáranse cursos de foemación para persoal docente e non docente da Administración Educativa. Nos Artigos 4,5 e 6 déixase constancia daquelas materias, tanto obrigatorias como optativas que deben ser impartidas en galego nas diferentes etapas educativas. Eu descoñecia esta clasificación, xa que estudei os antigos BUP e COU
    No Artigo 7 pareceume importante o feito de non separar aos alumnos por mor da lingua, e dicir , abógase pola integración. O Artigo 8 refírese á calidade ,en relación coa lingua galega, do material a empregar nas aulas.
    No Artigo 10, ínstase ó persoal docente a axudar a aqueles alumnos con dificultades na lingua galega, coas medidas que consideren oportunas.E por último , no Artigo 11, a tutela do cumprimento destes obxectivos por parte da inspección educativa.

    O Decreto 124/2007, polo que se regula o uso e promoción do galego, pareceume un pouco máis formal co anterior, respecto á sua estructuración e contidos. O que destacaría sería o seguinte. Primeiro de todo, o Artigo 1, no que se obliga ó cumprimento do decreto tanto por parte de centros docentes públicos coma privados.No Artigo 4 ,recóllese que o persoal funcionaro en prácticas beneficiaráse dun curso de formación específica da lingua galega. No Artigo 5 , o feito de precisar unha acreditación da capacitación lingüística en galego, para optar a un concurso de traslados no ámbito educativo galego.No Artigo 12, da ensinanza de persoas adultas, destacaría a idea do establecemento dun plan específico de tipo lingüístico, para a poboación inmigrante que se está a asentar en Galicia.Tamén resulta novidoso, con respecto ó decreto anterior, a incorporación, no Artigo 14, do proxecto educativo de centro que recollerá o proxecto lingüístico, así como os contidos que debe ter.
    Recóllese tamén nos Artigos 15 e 16 , o relativo as exencións da lingua galega. Paréceme importantísimo o Artigo 18, no que se fala da constitución dos equipos de normalización e dinamización lingüística , co fin de potenciar o uso e da lingua galega; asó como o Artigo 20, onde se recolle a intención de divulgación das experiencias positivas desenvolvidas nos centros educativos no campo da normalización lingüística.

    Respecto ó Decreto máis novo, o 79/2010, o que atopo novedoso con respecto ós dous decretos anteriores é o seguinte.No Artigo 2 xa non se fai distinción entre centros públicos ou privados , senón centros docentes sostidos con fondos públicos.
    No Artigo 4, incórpóranse ás familias ás tomas de decisións que a tinxan ao sistema educativo.Vóltase a facer unha relación das materias que deben ser impartodas en galego nas diversas etapas educativas.
    Nos Artigos 21, 22 e 23 recóllese información respectiva as materias non lingüísticas impartidas en lingua(s) estranxeira(s), con fin de combinar tres ou máis linguas no ámbito educativo e adquirir competencias adecuadas nas mesmas.
    Por último , nas disposicións adicionais , faise referencia ó establecemento dun proceso de avaliación da capacitación do alumnado nas linguas oficiais ,e tamén aténdese ó alumnado con necesidades educativas especiais, co fin de que sexa garantido a súa capacitación lingüística nas linguas oficiais.
    Un saúdo

    María Garrido Conde

    ResponderEliminar
  33. Non vou entrar na análise dos Decretos porque penso que o que comentamos na clase estivo ben, e hai outros estudos comparativos xa feitos que podemos consultar, coma o do enlace,que nos informa clara e minuciosamente sobre os mesmos.
    Pero, revisando as notas que tiña sobre estes Decretos, e algún outro comentario na rede, déuseme en pensar, que acaso sería bo, que esa competencia lingüística da que se fala para os nosos nenos durante o ensino obrigatorio, lles viñese dada, non só por ter unha porcentaxe das materias en galego. Creo que esa competencia se vería reforzada se se fixese un esforzo por tratar de enriquecer e fortalecer o uso da lingua noutros aspectos da vida socio-cultural e de lecer dos rapaces.
    E digo isto sen deixar de ter en conta o importante que é que dende pequenos os alumnos vivan, aprendan e xoguen co galego na escola.Tendo en conta, ademais, que cada vez pasan máis tempo nela.
    Volvendo co tema dos Decretos, e sobre todo pensando nos do ano 1995 e 2007, se os obxectivos non estaban tan mal,supoño,como nos comentaba B. Silva, que fallarían os medios, as medidas ou a comprobación de como se estaban desenvolvendo estes obxectivos. Á marxe da nova situación plantexada polo D. do 2010 -non sei se o tempo que leva implantado é suficiente para unha valoración- se eses atrancos non están superados, supoño que aínda se complicarán mais no camiño do plurilingüismo.

    ResponderEliminar
  34. Na clase vimos como a última lei supón un cambio a peor, pero realmente ¿supón algo na práctica?. Refírome a que coas mesma lei cada un tivo unha experiencia, os profesores fixeron en xeral o que lles deu a gana e penso que agora ocorre algo similar. Non creo que o sistema de regular cantas materias son nunha lingua ou noutra sexa agora eficaz. O problema virá cando en verdade instauren o inglés porque poida que iso si se cumpra debido a que é unha lingua máis diferente. Só espero que se antes os profesores castelanfalantes que tiñan que dar unha materia en galego non o facían ou transmitíanlle ó alumnado que o facían porque se lles "impoñía", os profesores galegofalantes que agora se vexan obrigados a dar clase en castelán fagan algo similar a ver se a percepción do alumnado é a mesma. Tamén me gustaría que o alumnado buscase os libros en galego para aquelas asinaturas en castelán tal como, polo que aprendín este ano, se facía.

    ResponderEliminar
  35. O Decreto 247/1995 aplica a lingua galega en todos os niveis non universitarios.
    Para eso establece como oficial o galego na administración educativa e que se impartirán igual número de horas en galego e en castelán, respetando o equilibrio entre as duas linguas oficiais.
    Ademais establece que en infantil e primeira etapa da primaria utilizarase a lingua materna, no resto da primaria impartiranse en galego polo menos dúas áreas do coñecemento (obrigatorio o de medio natural, social e cultural), en bacharelato impartiranse en galego filosofía e historia e materias específicas da especialidade (tecnoloxía industrial, bioloxía e xeoloxía,…) e as optativas e en F.P daranse en galego as áreas de coñecemento teórico-prácticas.
    Por último e non menos importante reseñar que por razón de lingua non se pode separar o alumnado.
    O Decreto 124/2007 regula o uso e promoción do galego no sistema educativo para conseguir o cumplimento do Plan Xeral de normalización de lingua galega establecendo como obxectivos conseguir para a lingua galega máis funcións sociais, máis espazos de uso e presenza en sectores estratéxicos.
    Coma no Decreto anterior, establece o uso da lingua galega na educación en Galicia tanto polo persoal (profesorado e persoal non docente) como polo alumnado.
    Tamén manifesta igual número de horas en galego e en castelán no ensino, a educación infantil na lingua materna (que establecerá cal é o claustro) e indica que asignaturas se impartirán en galego en primaria (matemáticas, coñecemento do medio natural, social e cultural e educación para a cidadanía e dereitos humanos), na ESO (ciencias da natureza, sociais, xeografía e historia, matemáticas, educación para a cidadanía), en BAC o 50% das materias e en FP os módulos da especialidade e os profesionais que decida a dirección.
    Na miña opinión dalle máis importancia ao galego establecendo o seu uso nas asignaturas de maior peso do currículo.
    Indica que cada centro deberá incluír no seu proxecto educativo o proxecto lingüístico; e crea a figura dos equipos de normalización e dinamización lingüística para fomentar o uso da lingua galega.
    Por último o Decreto 79/2010 implanta o plurilingüismo no ensino non universitario.
    Tamén establécense que materias deben darse en galego e cales en castelán. Para eso parte de principios como igualdade das duas linguas oficiais, máximo equilibrio entre elas, participación das familias, adquisición de coñecementos en linguas extranxeiras e dinamización das linguas galegas.
    Usarase a lingua materna en educación infantil, para a sua determinación consultarase os pais (diferencia co decreto anterior), en primaria en galego (ciencias e historia) e en castelán (física e química, matemáticas e tecnología). Pretende a adquisición por igual nas duas linguas oficiais pero a diferencia co Decreto anterior obriga a impartir asignaturas de menor rango curricular en galego. En secundaria máis do mesmo, en galego (ciencias sociais, xeografía e historia) e as asignaturas máis importantes en castelán (matemática, tecnología, física e química) e en BAC oferta equilibrada en ambas linguas.
    Establece como función principal dos equipos de dinamización da lingua galega o potenciar o seu uso nos centros.
    Implanta o plurilingüismo para fomentar o uso de linguas extranxeiras (inglés) en materias non lingüísticas no sistema educativo, adquirindo así un coñecemento efectivo en linguas estranxeiras co obxetivo de chegar a implantar un tercio do curriculo en linguas extranxeiras.

    ResponderEliminar
  36. Como xa vimos na clase e para non repetir moitas das cousas que os meus compañeiros e compañeiras comentaron, vou presentar só aqueles aspectos que considero relevantes destes tres documentos e dar a miña opinión ao respecto.
    Para comezar podemos deternos nos títulos dos tres e veremos como cambia a cousa. No primeiro fálase de “normalización lingüísticas”, no segundo de “promoción do galego” e o derradeiro xa non recolle nin normalización nin promoción do galego, fala de “plurilingüismo”. Os tres presentan a educación nos niveis non universitarios como piar fundamental do coñecemento e transmisión da lingua galega e do castelán como linguas cooficiais en Galicia, e a maiores, o decreto de 79/2010 recoñece tamén a presenza dunha lingua estranxeira. Como diferenzas destaca que no Decreto 124/2007 se recolle un Plan de Formación que garanta unha competencia oral e escrita do idioma de todo o persoal dos centros educativos de Galicia así como dos funcionarios e funcionarias en práctica, que tamén aparece no de 2010. Tamén no Decreto 124/2007 se recollen dúas novidades importantes a Carta europea de linguas rexionais e minoritarias e o Plan xeral de normalización da lingua galega de 2004.
    No Decreto 79/2010 xa se recolle un parágrafo novo onde se fala da realidade social europea na que vivimos e que esixe a capacitación efectiva do alumnado nas dúas linguas oficiais e nunha ou varias linguas estranxeiras. E recóllese tamén que se realizou unha consulta ás familias do alumnado para coñecer a súa opinión sobre aspectos referidos á utilización das linguas na educación en Galicia. Ademais disto recóllese tamén a nova denominación dos Equipos de normalización e dinamización lingüística que pasan a chamarse Equipos de dinamización da lingua galega, porque deben pensar que a normalización do idioma xa se conseguiu por completo. Igual que o equilibrio entre as linguas oficias, entón xa podemos incluír unha lingua estranxeira para facelo todo máis difícil. O primeiro que se tería que conseguir é que realmente existise unha competencia nas dúas linguas oficiais, comprobar que realmente se cumpría o disposto en cada Decreto a este respecto e logo incorporar outra lingua. Primeiro deberiamos ser conscientes da verdadeira realidade lingüística na que vivimos e que na maioría dos casos nunca se cumpriu ese uso do galego na ensinanza de materias, daba igual que fose un terzo ou o cincuenta por cento delas, agora xa só temos o 33%.
    Outro parágrafo que non me deixa indiferente é, xustamente, o que sigue ao anterior. Semella que teñen que cambiar o sistema porque o castelán está en perigo xa que no Decreto 124/2007, transcribo literalmente, “orientouse nomeadamente cara á obtención dunha competencia axeitada en lingua galega no ensino obrigatorio, sen o establecemento dun número ou porcentaxe mínima de materias impartidas en lingua castelá, o cal podería chegar a cambiar o modelo de conxunción de linguas desenvolvido en Galicia...” pero cambiar o que? Que o galego consiga de verdade a situación que merece? Non é preciso establecer número de materias en lingua castelán cando sempre foron as maioritarias, pero se o galego chega a ter maior presenza no ensino iso xa supón un perigo e hai que saír na defensa do castelán non vaia ser...

    ResponderEliminar
  37. Despois de ler os decretos, as comparacións e algún comentarios dos meus compañeiros confirmo a miña idea de que a mayoría das veces o que se pon no papel non ten nada que ver ca realidade que vivimos e co que pretendemos. Todos estamos dacordo con que cada vez ímos a pior, principalmente co decreto do 2010, e que os do 1995 e o do 2007 tiñan boas intencións, pero que con iso non basta, se non se pon en práctica o que se aproba é imposible que funcione.
    De tódolos xeitos non sei ata que punto os cupos de horas son a forma máis axeitada para conseguir que se fale o galego. Estou moi dacordo con María cando fala dos nenos e dos xogos. As actividades extraescolares pareceme un mellor momento para “tomarlle cariño” ó galego que as clases de matemáticas. Teatro axeitado as súas idades, tanto de público coma de actores e actrices, contacontos, xogos populares… non sei o que lles faga sentir algo que non sexa deber e obligación.
    Tamén estou dacordo con que hai que tomar o tema do plurilingüismo como algo bo, pero non se pode equiparar cas línguas oficiais da comunidade. Si non somos capaces de organizarnos con dúas línguas a ver o que facemos con tres ou catro.

    ResponderEliminar
  38. Eu, igual que Cecilia, chegando como chego tan tarde a comentar os Decretos, non me vou estender demasiado en reiterar as comparativas que fixeron os meus compañeiros/as, en xeral todas moi acertadas, senón que vou falar máis ben da miña impresión persoal sobre os documentos.
    Na miña opinión, seguimos coa liña da última década de ir ‘invisibilizando’ cada vez máis ó galego, e é que vemos como dende o Decreto do 1995 ata o do plurilingüismo se vai ‘alixeirando’ o peso da lingua e da cultura como sinais identificativos esenciais do pobo galego ó tempo que se van baleirando de contido conceptos como ‘comunidade’.
    Vemos como se pasa tamén do recoñecemento oficial do galego como a lingua propia e identificativa de Galicia, a intentar igualalo co castelán (o que para min significa rebaixar ó primeiro e elevar ó segundo), ademais de querer darlle un impulso e unha forza impensables ata o de agora ás linguas estranxeiras. Considero ridículo e ata insultante estar “defendendo” todo o rato ó castelán (xa que esa é a actitude que se ten, a de defensa da lingua oficial maioritaria do Estado español), cando non está en absoluto ameazado por ningún lado. Isto lévame a pensar que feitos como o que comenta a Nova Escola Galega (a cuxos compoñentes e expertos non se lles pide opinión nin consello á hora de elaborar as diferentes lexislacións en materia de lingua, supoño que para que os entendidos ‘non metan as narices’ no asunto…) de que ‘parece que queren establecer o dereito á ignorancia’, quizais signifique en realidade que o que queren é impoñernos a obriga de ser ignorantes para que non poidamos ser críticos co sistema e cos seus cada vez máis ignorantes gobernantes.
    Paréceme incrible que se estean a dar semellantes pasos atrás en canto á defensa e posta en valor da nosa propia lingua, e máis cando, como se dicía no artigo de Teresa Moure, o galego está no libro vermello das linguas moribundas (e senón, que llelo digan ás 17 emisoras que emitían en galego e ás que a Xunta de Galicia lles denegou as axudas para radios…surrealista….)
    Dáme a min que, a este paso, faremos realidade o chiste aquel de ‘-O fillo de Manola é un perfecto idiota / - Pero que dis?! Se fala sete idiomas / - Pois será idiota en sete idiomas diferentes (e inda por riba, non sabe nin falar ben a súa propia lingua)’.

    ResponderEliminar
  39. Penso que a mellor forma de dotar á poboación de competencia lingüística, sobre todo nas comunidades bilingües, é a través da escola, polo que é moi importante que haxa leis ou decretos a través dos que se regule ou normalice o uso das diferentes linguas no sistema educativo. Aínda que o ideal sería que nestes intentos de normalización as dúas linguas tivesen a mesma importancia e a mesma representación, vemos como non termina de ser así.
    Se comparamos os tres decretos 247/1995,124/2007 e 79/2010, apreciamos que todos seguen a mesma liña, aínda que hai algunhas diferenzas importantes, xa que coa aparición de cada decreto novo se engaden algunhas incorporacións, como a do plan xeral de normalización de lingua galega, no decreto de 2007, no que se establecen máis funcións sociais e máis espazos de uso.
    Entre as semellanzas máis notables atopamos que nos tres decretos a lingua empregada na administración educativa é o galego,e que todos fixan uns mínimos para o uso do galego nas distintas etapas educativas, aínda que unha diferenza importante afecta ás materias impartidas en cada idioma, así como ao número de horas dedicados en cada lingua; nos dous primeiros decretos é, máis ou menos, da metade, é dicir, do 50%, mentres que no de 2010 tanto o galego como o castelán perden competencia, en detrimento do inglés.
    Penso que os dous primeiros decretos son máis parecidos entre si, sendo o de 2010 o que establece un cambio máis significativo, xa que nel se intenta incorporar un ensino bilingüe, ou máis ben plurilingüe, onde ademais das dúas linguas cooficiais se incorpore o inglés como lingua vehicular. Ao meu parecer, xa é demasiado difícil encontrar un equilibrio entre estas dúas linguas (parece que unha está sempre máis presente que a outra), como para introducir tamén unha lingua estranxeira; creo que é un proxecto demasiado ambicioso e que máis ben se debería reforzar a lingua máis desfavorecida e deixar o plurilingüismo para máis adiante.

    ResponderEliminar
  40. Os tres decretos teñen unha cabeceira moi bonita, mais moi enganosa: o galego é a lingua propia de Galiza, garantízase a igualdade de competencias en galego e en castelán, potenciarase o emprego do galego, e todas esas cousas que soan moi xustas e moi democráticas.
    No decreto 79/2010 fai referencia a unha enquisa realizada ás nais e pais das crianzas sobre que lingua empregar, mais sería moi interesante que lles preguntasen tamén por se prefiren que lles ensinen a ler e a escribir ou prefiren que non, se queren que lles aprendan a sumar ou mellor a restar... Se a familia pode decidir nuns casos, non sería xusto que tamén decidise noutros? Acho moi significante a frase "A administración educativa [...] utilizará a lingua galega sen que iso supoña unha restrición dos dereitos do persoal docente", pois no Estatuto de Autonomía dise que as persoas non poderán ser discriminadas pola súa lingua e que teñen dereito a usar o español en Galiza, entón se empregan o galego estanse restrinxindo ou seus dereitos, non é? Polo tanto, as persoas da administración poden usar a lingua que desexen. Alén disto, fomentarase a iimpartición de materias en inglés, pois non hai ningún dereito a coñecer outras linguas, o importante é o imperialismo e o capitalismo. Se cadra deberíase abrir un pouco o abano para coñecer outras linguas que non fosen tan coñecidas.
    En canto ao período máis importante na adquisición das linguas, o período da educación infantil, no decreto 247/1995 recóllese que se atenderá á lingua materna mais que polo menos dúas áreas se impartirán en galego, no 124/2007 afírmase que se impartirá a docencia na lingua materna da maioría das crianzas, polo tanto poderá haber algunhas que non teñan o mínimo contacto co galego até arredor dos seis ou sete anos. E no 70/2010 as familias mandan.
    No desenvolvemento dos tres decretos se fai referencia á mesma cantidade de horas impartidas nas dúas linguas oficiais, mais tamén se quere promover e normalizar o galego, polo tanto esta forma de actuar é un pouco contraditoria. Se, por exemplo, nós temos dous animais e un está o doble de mantido co outro e pretendemos que pesen o mesmo, sería lóxico que lles deramos a mesma cantidade de alimentos aos dous, ou pola contra, deberiamos aumentar a proporción de alimento ao máis fraco e reducirlla ao máis gordo?

    ResponderEliminar
  41. Olá,
    coincido com a companheira anterior na radiografia que fai sobre os decretos. Porém devemos ter em conta que a aplicaçom dos decretos e a sua avaliaçom. Em todo processo dumha política linguística é necessário fazermos umha avaliaçom. Isto é devido a que dita política tem de tentar conseguir uns objectivos com a utilizaçom da menor quantidade de recursos possível. Em nengum dos três se fixo nengum tipo de avaliaçom para ver que era o que havia que corrigir.
    Destacar também que o último decreto é o único que estabelece um máximo para o ensino em galego, cousa que nom ocorria em negum dos outros dous e que polo tanto vai em contra do teórico espíritu da LNL e do PXL, aliás o incumprimento das leis parece que tampouco é questom mui importante para lograrem os seus objectivos.

    ResponderEliminar
  42. Unha vez lidos a maioría dos comentarios, gustaríame resaltar que cada Decreto que se publica posteriormente intenta mellorar a situación da lingua galega no eido educativo. Máis cabe resaltar pese a que non tivo ningún proceso de avaliación dos mesmo, como apunta César, para ter un diagnóstico da situación, ver se se cumplen os obxetivos, e en caso de que non se cumpran analizar a situación para adoptar unhas medidas que permitan obter melloras, algo se debe estar a facer mal.

    Tendo en conta que o número de galegofalantes disminúe en idades comprendidas no período do proceso educativo pese a que o lingua galega dende o Decreto de 1995 e os posteriores está aumentando a súa presencia no sistema educativo e na administración (en teoría polo menos eso se recolle nos Decretos), creo que é unha clara señal de que algo se estará facendo mal. Facendo un símil económico: A maior "inversión" en lingua galega, debería aumentar o "producto" en lingua galega, así que dende o meu punto de vista o único que realmente se logra sobre o papel cos Decretos é un intento de igualdade de oportunidades (o cal non é real). Habrá que observar a medio plazo se o D124/2007 é o D70/2010 logran revertir a tendencia que se ven provocando con respeto a pérdida de galegofalantes.

    ResponderEliminar
  43. Estamos co de sempre cando se fala de educación: Política. Para ben ou para mal dependemos dos políticos no porvir do noso sistema educativo. Desta forma xúntanse unha morea de decretos e leis que se suceden a medida que se cambia o perfil político no goberno. Con respecto á lingua na educación temos a seguinte cadea de acontecementos que a afectaron ou afectan:
    •A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, garantiu a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galicia.
    • Modelo de normalización lingüística para o ensino, de 1989 (vixente ata 1.999), foi un paso adiante para converter o galego na lingua escolar nas etapa infantil e universitaria.
    • Carta Europea de linguas rexionais ou minoritarias (1.992), ratificada polo goberno español en 2001, que supuxo un paso adiante desde Europa para que as leis estatais non fosen en contra da nosa lingua.
    • Decreto 247/1995, polo que se desenrola a Lei 15 xuño de 1983 (LG 1983\1070), de normalización lingüística para a súa aplicación na docencia a aquelas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes niveles non universitarios, polo cal se estableceu que aproximadamente o terzo do currículo se dese en galego, aínda que na realidade non houbo seguimentos e inspeccións para mirar se se estaba a cumprir.
    • Plan xeral de normalización da lingua galega (2004), aprobado por unanimidade, estableceu máis funcións sociais e espazos de uso para a lingua galega, intentando acadar un 50% de uso en galego.
    • Decreto 124/2007, de 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, baseado na Carta Europea ratificada en 2001 e no Plan de normalización de 2004, que tivo como obxectivo o mantemento da lingua galega mediante a ensinanza no 50% da materias.Nos artigos 3 e 4, faise referencia a que os funcionarios en prácticas tiñan que realizar cursos específicos sobre a lingua segundo plans de formación da Consellería, tal como recollía o artigo 2 do decreto do 95. Mediante este decreto creáronse os proxectos lingüísticos dos centros, os equipos de normalización e dinamización lingüística, e tamén se constituíron as comisións territoriais de coordinación cá finalidade de coordinar os equipos de normalización e dinamización lingüística territoriais.
    • Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Este decreto non está feito para favorecer ó galego, pois modifica o modelo educativo e instaura un bilingüismo programado. Aparece por primeira vez o ensino en linguas estranxeiras (inglés), e establece a lingua das materias que son impartidas (un terzo en castelán, outro terzo en galego, e outro terzo en inglés), pero co detalle de que as materias con maior prestixio social son impartidas en castelán como por exemplo Tecnoloxía ou Físico -Química, mentres que para o galego queda o resto: Historia ou Ciencias da natureza. Desta forma, dependendo do itinerario que se escolla na secundaria e en bacharelato téñense as clases nunha lingua ou noutra.
    Analizando os tres decretos que se foron sucedendo no tempo, vemos que o decreto do 2.010 actualmente vixente, deixa ó galego claramente en desvantaxe e en retroceso de uso con respecto ós dous decretos anteriores, a pesar de que os procedementos administrativos mantéñense en galego agás a documentación que vai a outras CCAA ou ó estranxeiro.
    Por non falar xa da inspección educativa, que en teoría vela para que en todos os centros educativos se cumpra a normativa vixente sobre normalización lingüística, pois creo que tal seguimento e control,no actual marco político, non vai favorecer nin mellorar o uso da lingua galega no ensino, tendo en conta por exemplo que actualmente establécese un ensino infantil impartido segundo a lingua materna predominante.
    En fin, como dicía Lope de Vega: “Mata máis esperar por unha melloría, que vivir malamente”

    ResponderEliminar
  44. Despois de ter lido os decretos e ler os comentarios da maioría dos meus compañeiros, teño que dicir que estou completamente dacordo co que din Patricia Freire ou César Campos.

    Como ben di César se non existe unha avaliación rigurosa sobre o cumprimento do exposto no decreoto, ó final todo queda en palabras de cara á galería. E penso que ó mesmo tempo, é moi importante asegurar a existencia dunha boa formación en lingua galega por parte do profesorado. Pero claro, se caemos na conta de que nun principio, o decreto do 2010 propoñía que unha porcentaxe do 33% das materias foran impartidas en inglés, todo isto sen analizar se realmente temos un profesorado formado adecuadamente para tal fin... pois non hai moito máis que dicir.

    O que si me gustaría salientar é que na miña opinión, no Decreto 79/2010 existe como certo "retroceso" ou polo menos parón, á hora da normalización da lingua galega. Este feito queda bastante claro ó lermos a parte onde di que o Decreto 124/2007:

    "[...] orientouse nomeadamente cara á obtención dunha competencia axeitada en lingua galega no ensino obrigatorio, sen o establecemento dun número ou porcentaxe mínima de materias impartidas en lingua castelá [...]".

    Como ben di Patricia Feire ó final do seu comentario, non é adecuado falar da búsqueda dun equilibrio das dúas linguas oficias no sistema educativo cando a verdadeira intención é a de normalizar o uso da lingua minorizada, a cal está en desvantaxe social e culturual fronte á outra. Pero é que quizáis esa non sexa realmente a verdadeira intención que agocha este decreto.

    Como aspecto positivo unha vez analizados os tres decretos, salientar que se comparamos o Decreto 247/1995 co Decreto 124/2007 si que podemos falar dun importante avance no camiño cara a normalización do galego. No decreto do 2007 faise fincapé na importancia da evaluación -aínda que non sei ata que punto se levaría a cabo- e introdúcese o denominado "Proxecto lingüístico do centro".

    En resumo e como xa mencionei ó principio do meu comentario, penso que o actual decreto é un paso atrás no camiño cara á normalización do galego iniciado cos anteriores decretos. Pero tampouco hai que pensar demasiado nas razóns deste cambio de rumbo. So temos que pensar nos gobernos que están detrás destes decretos. Eso si, sigo pensando que o sistema educativo non pode facer a guerra na defensa do galego pola súa conta, se non existe un cambio na sociedade non imos conseguir nada por moi ventaxoso para o galego que sexa o decreto. Algúns pensarán que a maneira de lograr ese cambio é partindo dun cambio na educación. Eu penso que non, que o cambio na educación ten que ser unha consecuencia do cambio producido na sociedade.

    ResponderEliminar
  45. É algo necesario que exita un reglamento que dicte unhas normas para as diferentes etapas educativas e que fagan mencion do galego e da súa postura dentro do sistema educativo.

    Cada decreto posterior toma como base o primeiro e engade algunha cousa nova:
    D. 1983: de caracter moi xeral; potencia o galego na escola.
    D. 1989: modelo de normalización linguistica para o ensino.Incluia dende infantil ate a Universidade.
    D. 1995: marca un 1/3 das materias en galego.(Ainda que a inspeccion non funcionou)
    D. 2007:Como mínimo un 50% das materias teñen que ser en galego.Cando a lingua dominante sexa o castelán un 1/3 ten que ser en galego.
    D. 2010: decreto para o plurilingüismo. Establece que materias hai que darse en galego e cales en castelán.

    ResponderEliminar
  46. A lexislación non sempre acerta ca forma de levar a bon porto o desexado coma fin. Neste caso levar o galego as aulas, a rúa e a sociedade.
    Queda ben claro que con cada decreto intentáse solventar un problema que non se resolveu co anterior. Intentase avanzar nunha senda difícil coma é a normalización lingüística dunha língua minoritaria. Quérese concretar coma ten que ser a diversificación das materias nas dúas línguas coexistentes.
    Levámos xa uns cantos decretos e parece que aínda non queda claro ou non quere quedar claro. Dende o decreto de 1983 ata o do 2010 puxerónse as bases para un plurilingüismo que na realidade non se levóu a cabo. As leis sen inspección, sen control, non se levan a término.
    Ao último decreto do 2010 temoslle que dar unha marxe de actuación pero polo visto cos anteriores non o vexo claro.
    Na miña opinión creo que cando máis se quere concretar máis se confunde, e que en vez de ir para adiante estamos retrocedendo.
    Esperemos que os futuribles decretos melloren a perspectiva do galego nas aulas e axuden a súa igualdad eco castelán.

    ResponderEliminar
  47. A miña opinión sobre as propostas dos decretos que regulan o uso da lingua galega no sistema educativo é coincidente coa da maioría das que se foron vertendo aquí. Penso que a grande diferencia entre os dous últimos está nas bases ideolóxicas nas que se asentan. Polo que respecta ó de 124/2007, un dos seus maiores acertos é ter unhas formulacións de partida ben claras baseadas no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega do 2004, cuxo obxectivo, tal como se explica no decreto consistía en “conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso” para o cal se priorizaba a súa presenza en sectores considerados “estratéxicos” coma o do ensino. O decreto toma este principio e lévao á práctica desenvolvendo as medidas necesarias para facer que a lingua sexa o medio que reequilibre unha situación sociolingüística de partida no que o galego se atopaba en clara situación de desvantaxe.

    O Decreto 79/2010 aséntase nunhas bases ben distintas que tal como xa se comentou aquí e tamén na clase non pasan desapercibidas xa dende o título. Aínda que tamén fai referencia ó Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, o obxectivo que se persegue esta vez penso que se afasta bastante do de incentivar o uso da lingua galega defendido polo Plan. O que se busca agora é situar ó galego nunha situación de “igualdade” con respecto ó castelán e á lingua estranxeira, traducido nun reparto a tercios, que lonxe de crear unha situación de uso igualitario, o que fai é afastar aínda máis ó galego do uso no ensino, o cal implica retroceder moitos pasos do acadado coa anterior lexislación.

    Se a isto engadimos a liberdade que o 79/2010 lle outorga ós centros para a elección do idioma, a situación aínda se torna máis difícil. Dada a desigualdade sociolingüística existente hoxe en Galicia duns contextos a outros, e mesmo dentro dun mesmo contexto urbano, duns centros a outros, dar liberdade de elección sempre vai acentuar máis estas diferencias. O normal ante a posibilidade de elección é elixir o máis doado, que será empregar a lingua habitual do contexto no que se sitúa o centro: na maioría dos casos, sobre todo urbanos, o castelán. Na miña opinión, a política lingüística debe encamiñarse a poñer solucións a estas desigualdades, non a incrementalas.

    Belén García Lamas

    ResponderEliminar
  48. Estou de acordo coa maioría dos meus compañeiros pero vou resaltar a miña opinión:

    A primeira diferenza aparece no título de cada decreto, que pasa a ser, por orde de antigüidade, "normalización linguística", "promoción do galego" e "plurilinguismo". Outra gran diferenza é que ó principio fálase de normalización no senso de que se pretende facer o galego como unha lingua propia de Galicia e segundo avanzamos no tempo xa se empeza a garantir a igualdade entre o galego e o castelán.
    Aparece tamén unha diferencia cuantitativa xa que se facía a reserva de materias para o cupo lingüístico en galego entrono a 1/3 e no 2007 fálase que non baixa do s 2/3. No 2010 introdúcese tamén outra lingua a maiores, o inglés. Aquí xa non é só a promoción do galego. Pásase de dicir no referente ao alumno “debe procurar utilizalo galego” a “o alumno utilizará”, xa é máis obrigatorio.
    Existe outro cambio na denominación dos equipos de normalización lingüística que pasan a chamarse equipos de dinamización da lingua galega.

    Como remate dicir que o importante dunha lei non é so o contido senón que se leve á práctica xa que de nada vale que sexa moi favorable para o galego se despois non se pon en práctica.

    ResponderEliminar
  49. Como xa comentaron algúns dos meus compañeiros, unha vez máis se anda a voltas para sacar decretos que regulen unha situación que non é nada doada. Estou moi de acordo con César cando di que se non se avalían, de nada serven. Doutro modo, que imos cambiar nun decreto novo se non sabemos o que funcionaba ou non no anterior?
    Como tamén di a miña compañeira Patricia, moita palabra solta... Con este tipo de documentos sempre fan o mesmo, tentar que soe bonito, igualitario e xusto algo que a eles mesmos lles convén pero que ó final, e na maioría dos casos, nunca se vai levar cabo.

    De feito, non hai máis que ver o encabezado dos decretos, nos títulos do 247/1995 e 124/2007 fálase do galego, mentres que no terceiro xa se pasa a plurilingüismo. Onde está o galego? Acaso esquecemos que vivimos nunha comunidade na que hai dúas linguas oficiais e polo tanto esas dúas linguas teñen que ser tratadas de igual forma? Como dixo Singala “o saber non ocupa lugar, créao”, iso está claro... pero aínda así non podemos utilizar os decretos para pintar bonita unha cousa que non o é. Hai que sacar decretos que realmente regulen e controlen o uso das nosas linguas oficiais, e sobre todo, facer que se cumpran ou,cando menos, intentalo.

    Zeltia Freire

    ResponderEliminar
  50. O terrible da situación da lingua galega nos decretos do sistema educativo é que non parece rematar nunca. Cada goberno impón un modelo, cambiando o anterior, e parece que cada vez vai a peor... O que temos agora é intolerable, está ben que mellore o uso do inglés entre os alumnos, pero eso non significa que o galego teña que quedar só para as materias máis desprestixiadas socialmente e sobre as que non se está exercendo ningún control. No 2007 estableceuse que o 50% das materias tiñan que darse en lingua galega, por que iso non continuou?? É que non saliu ben o decreto?? Tiveron tempo en menos de tres anos para comprobalo?? Non, ó final todo é puro politiqueo.
    Cada goberno fai o que quere. Mentres estivo Fraga no poder, non houbo ningún seguimento para garantir o cumplimento do decreto de 1995 e así aconteceu o que temos hoxe en día: mozos e mozas de 25 anos que non deron ningunha das materias que tiñan que dar en galega. E maila que no 2001 asinouse a Carta Europea das Linguas rexionais e minoritarias, só ata que no 2007 chegou un goberno socialista ó poder non comezou un verdadero cambio que detívose fai pouco que custaranos moito retomar cando volvamos ter a oportunidade.
    Este tema é moi desagradable. Como docentes debemos adaptarnos ó que mandan as leis, pero é que algunhas son absurdas e desprestixan todo no que cremos. Vivimos en Galicia, o galego é unha das linguas oficiais, por que intentan destruila?? Se nos temos que cumplir as leis, eles tamén teñen que facelo, e desprestixa-lo galego rebaixándoo ás materias de letras é unha artimaña demasiado sucia para que quede esquecida no olvido.
    Imos loitar polo seu emprego, non por encima do inglés ou do castelán, senón dunha forma igualitaria e impedindo que os políticos acabne con ela dunha forma tan impune.

    ResponderEliminar
  51. Como a maioria dos meus compañeiros opino que a normativa sobre o galego vai cara atrás en lugar de ir cara adiante. Se no decreto do 95 pretendíase conseguir unha educación bilingulista, pero cunha clara protección da lingua galega, mellorando a lexislación anterior ao respecto, coas bases de 2010 todo queda nunha mera declaración de intencións, complicando todavía máis o papel do galego frente as linguas dominantes ao incluir a lingua extranxeria como vehículo conductual.(Para non repetirme remítome a que xa dixen ao respecto no comentario sobre "As bases para o plurilingüismo no ensino no universitario".
    A estas alturas, co que levamos xa falado das dificultades do galego para sobrevivir frente a invasión das linguas extranxeiras ou o propio castelán, o que esta claro é que os nosos lexisladores non están axudando moito.
    Patricia F.R.

    ResponderEliminar
  52. Primeiro titulábase "normalización do Galego",despois era "promoción do Galego" e por último "plurilingüismo".Parece que cada decreto vai peor con respecto a defensa e divulgación do Galego.Decretos máis favorables que houbo e que non se cumpliron totalmente;os decretos máis desfavorables, coma este último que xa non necesitan ningún seguimento porque xa eles por si sos o din todo.Imos de mal en peor,aínda que eu seguirei igual.

    ResponderEliminar
  53. Como é de esperar a política sempre está en todo e manexa todas as situacións o seu entoxo. E na cuestión do Galego na educación non ia ser menos.
    En relación os decretos, suponse que as renovacións destes teñen que ser para mellor e para avanzar, pero no caso do galego parece que é o revés. En vez irmos cara adiante, andamos pasos cara atrás.
    En vez de facer un decreto no que se defenda o Galego, se valore e se promocione no ensin,o o que nos inculcan é un plurilingüísmo.
    Desde o meu punto de vista o plurilingüísmo é algo positivo pero sempre e cando primeiro se defenda o propio e despois si intente acadar o alleo, é dicir, estou de acordo que a xente aprenda outros idiomas pero primeiro deberíamos aprender os que temos onde vivimos e logo xa aprenderás o resto.
    Creo que o que se debería facer é un decreto na defensa do galego pero que se asegure e se regule o seu cumprimento, porque si ningún o fai non sirve para nada.

    ResponderEliminar
  54. O curioso dos decretos é que non son lineais, senón que van cara atrás e cara adiante, evolucionan e involucionan. No fondo é lóxico, se nos baseamos en que cada un deles está fundamentado nunha determinada ideoloxía,e supoño que aínda habemos ter cambios de goberno e de políticas lingüísticas para rato.
    Como considero fundamental a existencia de leis que regulen o uso non só do galego, senón de calquera lingua minorizada para evitar a súa completa desaparición, o que máis me preocupa non son os cambios que poida haber nestes decretos, senón o que traen con eles. É unha cuestión difícil, como apuntaban compañeiros meus antes, e de seguro haberá diferentes opinións: son os decretos un intento de desprestixio dende un poder maior ou ben reflicten unha ideoloxía que, por pouco que nos guste, ten unha gran parte da poboación? É triste, é duro de aceptar, pode que mesmo vaia en contra do que nós mesmos pensamos, mais seguro que moitos de nós poñemos iso mesmo en práctica todos os días.
    A pesar da necesidade imperiosa de considerar o anterior con moito coidado e moitos matices, coido que é imprecindible un marco legal que se respecte (obvio, senón estaría só de adorno) e que fomente o uso da lingua. E o que non convén precisamente é disfrazalo de fomento do inglés para quedar ben.

    ResponderEliminar
  55. Desde o meu punto de vista o Decreto 79/2010 supón un atraso, xa que impón un regulamento de máximos, en vez de mínimos, que sería o máis recomendado e desexable, tendo en conta os datos estatísticos de perda do uso do galego nos últimos anos.
    Non trata de defender nin de promocionar o uso do galego xunto con outras linguas, máis ben ao contrario, pero en política ás veces o único que chega á cidadanía son os nomes das leis, que so quedan niso, en palabras sen contidos reais.
    A isto únese, como be di César Campos, a falta de control sobre unha lexislación que a día de hoxe cedeu o deber primordial de normalización dunha lingua minorizada en prol de linguas hexemónicas, conlevando o desatendemento do galego en clara situación de desavantaxe có castelán.
    Certo é que no mundo actual o coñecemento de linguas converteuse en algo moi valioso, sobre todo a nivel de cualificación profesional, pero o lóxico sería mellorar esta situación desigual de xeito prioritario, dado que o galego é a lingua propia de Galicia.
    Detrás de tanta lexislación, en realidade, estanse a dar pasos cara atrás, como di Susana Castro, coa que coincido totalmente, sobre todo no feito de que se tenta instaurar o “dereito á ignorancia”.
    De tódolos xeitos as leis sempre teñen que servir ao fin último de utilidade e regulamento social, e ata que non se demande unha lexislación eficaz, ésta non será aprobada nin terá mecanismos de control serios.

    ResponderEliminar
  56. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  57. Vexo ben que haxa unha lexislación que protexa o uso do galego no ensino pero, ¿realmente de qué valen estes decretos? ¿De qué vale, por exemplo, o Dec 247/1995 onde 1/3 do curriculo se ten que dar en galego ou o Dec 124/2007 onde dí que o 50% das materias se deben dar en galego, se realmente non hai ninguén que controle que esto se cumpla? Baixo a miña opinión, son simples palabras, simples escritos que a hora da verdade ninguén os ten en conta, facendo cada un o que lle ven en gana. Creo que no só habería que facer textos que "protexan o galego" se non actuar de verdade para que esto se cumpla.
    Respecto o Decreto 79/2010, e como muitos dos meus compañeiros din, creo que sí, supón unha ventaxa para o plurilingüísmo, que é realmente importante na sociedade na que vivimos, mais é un atraso para o galego, demostrando a pouca importancia que se lle da o uso de este idioma, cando debería ser todo o contrario, xa que se trata da nosa lingua, e tamén da lingua das persoas que "supostamente" escriben eses decretos.
    Ana González González

    ResponderEliminar
  58. Teño que decir que a verdade eu o de leer leis... non me gusta nadiña. Quizais porque o deixei para última hora, e coas prisas…., aínda así axudáronme pequena s anotacións que tiña da clase.
    Unha das similitudes entre os tres decretos é o uso do galego na administración educativa. Tamén os tres coinciden en usar a lingua materna predominante entre o alumnado na etapa de Educación Infantil (adquirindo tamén a outra lingua oficial). Esta medida resulta insuficiente para acadar a competencia bilingüe, xa que en moitos casos a lengua materna é o castelán. Ademais, en idades temperás deberíase fomentar o uso das dúas linguas xa que está comprobado que o dominio lingüístico adquírese satisfactoriamente. Xa no Decreto do 2010, introdúcese a ensinanza das linguas extranxeiras e intentan establecer un equilibrio entre elas, o que supón de novo unha reducción de horas na lengua galega.
    O s cambias por exemplo coas materias de ciencias é un cachondeo”, tanto nesa s coma noutras pero leendo os decretos fíveimemási nesa rama, porque é a que pretenzo, Co Decreto 79/2010 as materias de ciencias volverán a impartirse en castelá como ocorría co Decreto 247/1995
    Como conclusión creo que é importante obrigar ó gobernó a que se cumpra un decreto que sexa equilibrado en canto as materias impartidas en galego e castelán. Todos nós temos exemplos de asignaturas nas que o libro e o profesor empregaban diferentes linguas o unas que cada quen falaba o que quería… e así nunca será posible acadar boas competencias nas dúas linguas.

    ResponderEliminar
  59. Decreto 124-2007
    Se trata de un decreto muy idealista, y redactado con la idea de no hacer nada en la práctica. Destaca el repetido uso de “por norma general”, que realmente no deja un espacio definido y claro para analizar cuando es norma general y cuando no. También peca de idealista en que divide demasiado el campo de actuación de la política lingüística, da demasiada autonomía confiando en que todo el mundo se auto-regulará. Se echa de menos una agenda más seria a la hora de controlar los resultados, y un organismo o agentes que lo controlen. Un punto muy importante como es la formación del profesorado en gallego, algo capital y básico que se resuelve con el artículo 4, muy escueto en contenido y soluciones. Este decreto deja la taréa de la formación del gallego los EDLG, como si por ellos mismos y por arte de magia quedase solucionado el problema. Como hemos visto en clase, estos equipos pueden ser muy útiles o no, pero por sí solos no pueden realizar cambios significativos. Para ayudarles el decreto se saca de la manga la ley del 50 %, con la que también sólo por aplicarla se espera de los alumnos una competencia igual en gallego que en castellano cuando bien sabemos que no es tan sencillo. Este decreto deja a los alumnos como meros receptores de las políticas para potenciar el gallego en vez de implicarlos activamente.
    Decreto Plurilingüísmo
    Este decreto es muy similar al decreto 124-2007, de hecho, es insultantemente parecido, simplemente se han institucionalizado más las políticas que en el anterior decreto sólo se esbozaron. Lo único en lo que innova es en el proyecto lingüístico de centro, que aun así resulta totalmente insuficiente para potenciar adecuadamente el desarrollo y uso del gallego.

    ResponderEliminar
  60. Comentar os decretos que regulan o ensino nestes momentos políticos que estamos a vivir é un pouco desalentador. Os primeiros pasos para normalizar un bocado o uso do galego déronse no 83 e con posterioridade foise aumentando e mellorando ese incremento. Mais na actualidade estamos nun retroceso, xa non só non se mira desde as institucións por promocionar e normalizar o idioma senón que se vai en contra de todo o labor feito até o de agora.
    No decreto do ano 95 o galego era considerado a lingua oficial da administración e dicíase que polo menos un terzo das materias do curriculum tiñan que estar en galego; mais sendo un pouco observadores vemos que isto non se cumpriu porque non houbo un seguimento educativo que garantise a realización do que se propuña no decreto.
    Avanzándomos cara o ano 2007 observamos algunhas melloras con respecto ao decreto anterior. Neste caso afírmase que cando menos o 50% das materias do curriculum obrigatorio teñen que estar en galego. Esta mudanza ten como base a Carta Europea das Linguas Minoritarias do ano 2001 máis o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega do ano 2004. Este último xurdiu como resposta ao descontento xeralizado que existía por parte de diferentes sectores da sociedade ao ver que no se cumprían os decretos lingüísticos; hai que dicir que foi aprobado por unanimidade polo Partido Popular. Un cambio significativo con respecto ao anterior tamén se deu no aspecto donde se fala da educación para adultos, aquí vemos que tamén é regulada.
    Xa no último do ano 2010 obsérvase un claro retroceso con respecto ao galego. O decreto di que se deben dar materias do curriculum obrigatorio en inglés, castelán e galego; o mil veces mencionado plurilinüismo. Isto obviamente é un engano; como imos dar materias obrigatorias en inglés se nin é a nosa lingua materna, nin o profesorado está perparado para ese cometido? Quizáis cos anos si mais agora eu penso que é unha utopía.
    Como sempre digo está ben aprender cantas máis lingua mellor, e o castelán e o inglés inclusive, mais hai que comezar pola base e para min o comezo é regular o uso do galego que é o noso idioma propio e que nos pertence por dereito e xustiza de moitos séculos. De algo servirá que Galiza fose o primeiro reino da Europa digo eu!!

    ResponderEliminar
  61. Os tres Decretos (Decreto 247/1995, Decreto 124/2007 e o Decreto 79/2010) teñen en común o recoñecemento do galego como lingua no ensino escolar, aínda que no primeiro se estudaba aproximadamente nunha terceira parte das asignaturas, incrementouse no terceiro, cando menos na metade das asignaturas implantadas no ensino obligatorio. Polo que é no Decreto do ano 2010 cando realmente existe unha cooficialidade non só na nosa comunidade, senón tamén no ensino da lingua galega e o castelán.

    Sábese que o Decreto do ano 1995 non funcionou porque o profesorado que impartía as materias que tiñan que ser en galego non o facían, e tampouco houbo un seguimento que o amosase (“non se mire se se cumpre”). Como xa falamos na aula, penso que realmente tería que existir un control máis exhaustivo nos centros de cara a calquera norma que sexa de obrigado cumprimento, comopor ejemplo é o do uso dunha lingua na porcentaje que se dí no Decreto do 2010. Dame a impresión de que se non se lle da unha importancia de merecer a nosa lengua na lexislación, que é a que máis manda, ¿quen llo dará?

    No segundo Decreto 124/2007 recóllense, como novidades, tanto a Carta europea de Linguas Rexionais e Minoritarias (2001) como o Plan xeral de Normalización da Lingua Galega, documento clave do 2004, aprobada polo Parlamento Galego, créado a partir dunha alarma social xerada polo baixo uso do galego nas aulas.

    Do derradeiro Decreto, do 79/2010 destacaría o estudo que se lle fai aos pais dos escolares coa finalidade de coñecer o pensamento que teñen sobre o uso das linguas no sistema educativo galego. Paréceme interesante que se fagan este tipo de enquisas, pois é importante o apoio das linguas no ámbito familiar ou na contorna do alumnado, para poder mellorar os aspectos negativos que se poidan expoñer nelas.

    O máis destacable no Decreto 79/2010 é a conversión do nome do Equipo de Normalización e Dinamización lingüística polo de Equipos de Dinamización da Lingua Galega. Tamén se engade na aprendizaxe obrigatoria unha lingua extranxeira, polo que en Galicia, actualmente, teríase que coñecer e estudiar tres idiomas: galego, castelán e outro idioma, que xeralmente é o inglés, aínda que o uso do francés e o alemán, a nivel estatal, estánse a incrementar últimamente.
    A lexislación é a base que sostén á lingua galega no ensino, e cun apoio actual suficiente, pero hai que aplicar o que se expón nela e manter o control necesario para que non teñamos que voltar ao que aconteceu co Decreto do 1995.

    ResponderEliminar
  62. Sen mencionar o pesado que resulta ler estas cousas, que parece que o fan adrede para que ninguén as lea se non é por obriga; vese unha evolución dos dereitos do galego nos tres Decretos, como di Anxela, é certo que hai un retroceso no do 2010, xa que o galego agora ocupa unha parte menor da ensinanza que se comparte agora co inglés. Quería ver eu ao meu antigo mestre de matemáticas dando a clase en inglés, pago o que sexa.
    Na miña opinión todo isto non son máis que letras para poder calar a aqueles que se reivindican; todos nós estudamos durante todos estes anos e sabemos que non se cumpriu en ningún caso. No meu caso cada profesor daba a materia no idioma que el mesmo falaba, non hai ningún tipo de inspección, sen embargo para vixiar se fumamos nos bares ben que se mobilizan. Ademais os tres decretos son moi semellantes, veñen dicindo os tres pouca cousa repetitivamente, e non ten en conta en ningún momento as verdadeiras necesidades do galego no ensino. É certo que mellor que nada... pero con esta filosofía non se vai a ningures.

    ResponderEliminar