Imaxina que entras nun ascensor e coincides con dúas persoas descoñecidas coas que decides falar de que non chove con expresións bastante tópicas e frases feitas, pois a túa intención non é meditar sobre o cambio climático nin falar das dificultades que tes na horta neses momentos. Cal é a intención desa interacción lingüística? Trátase de comunicar moito, de demostrar os teus coñecementos ao respecto??? Ou de que???
A min paréceme que nese caso o intercambio lingüístico vén dado por unha cuestión de cortesía. Nun ascensor sempre estamos máis preto das persoas descoñecidas do que habitualmente, o que provoca situacións e silencios incómodos. Falando do tempo pode aliviarse esta sensación, xa que dá a todos os interlocutores un tema do que poden falar sen se ver ameazados na súa intimidade (emocional, claro).
ResponderEliminarEstou de acordo con Inés. Penso que o que se trata é de facer menos incómoda a situación de estar nun ascensor, que ás veces vai máis lento do que desexariamos, con persoas que non coñecemos e simplemente tentar ser amable e pasar ese tempo comentando algo para o cal calquera pode ter resposta.
ResponderEliminarEstou de acordo coas miñas compañeiras, so quería facer un apuntamento, nalgúns caso, esa interacción lingüística ten coma obxetivo só falar, ter unha conversa con alguén, sobre todo cando se trata de persoas maiores, que xa viven soas. A súa intención, mais que romper situacións incómodas, é falar con alguén sen mais, e o tempo é un bo inicio.
ResponderEliminarEu tamén estou de acordo coas compañeiras. O feito de "ter que" falar de algo cando estás nunha situación coma un ascensor débese á necesidade de encher o silencio baleiro. Sen embargo, esta necesidade é puramente social, na nosa sociedade nós creamos a idea de que estar con outra persoa no mesmo espazo e non falar é incómodo, pero hai outros sitios onde o silencio nunca é incómodo e falar con alguén que non coñeces así para encher o silencio é mal visto. Por exemplo, eu vivín en Finlandia, e alí a xente non fala se non ten nada que dicir, podes estar cun amigo toda a tarde, e se non ten nada que dicirche, non vai falar, pero para eles non é algo rudo ou incómodo, se non te falan non é porque estén enfadados contigo, é soamente que non teñen nada que dicir nese momento, e falar por falar, é o que alí se considera rudo.
ResponderEliminarAsí que a intención que temos aquí de chear os silencios con conversas cortas é a de facer ós presentes estar menos incómodos, e evitar eses silencios que tanto medo dan aquí. Pero é soamente un aspecto social. Non ten nada que ver con demostrar os teus coñecementos sobre algo, porque ás veces tamén mentimos coa intención de non alargar demasiado esa conversa. Por exemplo, se a veciña nos pregunta "¿Qué tal?" ímoslle decir "Ben", cando ó mellor estamos tristes, ou estresados cós exames, ou o que sexa. Non lles explicamos ós veciños como estamos, e eles tampouco queren sabelo, son preguntas por cortesía, e as repostas están tamén "estandarizadas", se un veciño contesta que está mal e cóntache a súa vida, iso vai ser incómodo tamén. Así que as conversas de este tipo ten que ser cortas, sen profundizar en aspectos íntimos da persoa, e ficar dentro do estándar que existe e que é coma unha lei non escrita.
Estou de acordo tamén co que din as tres primeiras compañeiras, mais esa interacción lingüística pode ser tamén unha boa forma de sentirse ben con un mesmo. Hai xente que é reacia a falar con descoñecidos, mesmo con descoñecidos próximos; en cambio, outro tipo de xente sente a necesidade de abrirse cara aos demais, que non poden estar calados, mesmo dicindo obviedades.
ResponderEliminarPor outra parte, en moitos casos é simplemente unha forma de saúdo pois non dá para moito o tempo que pasas no ascensor a non ser que vivas nun rañaceos: "olá! parece que por fin vai chover! Ala, ata logo"
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarEstou de acordo cos comentarios e o único que se me ocorre engadir é que moitas persoas adoitan falar de temas tan recorrentes coma o tempo que fai (algo que por outra parte é máis que obvio para todo o mundo, bastaría son saír á rúa e comprobalo por un mesmo) como un inicio nun tema de conversación e falar posteriormente de temas máis directos ou que inicialmente resultarían un pouco violentos.
ResponderEliminarFalar do tempo é unha desas conversas que podes manter nun curto espazo de tempo, e por iso, utilízase de maneira “universal” neste tipo de situacións, aínda que non só.
ResponderEliminarComparto a opinión dos meus compañeiros, pois penso que o obxectivo desta interacción lingüística é unicamente falar, e dicir, evitar ese silencio que fai máis incómoda a situación de estares tan preto doutra persoa descoñecida.
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarPrimeiramente,gustaríame compartir convosco este vídeo, por se alguén non é quen de se facer á idea do comentado, ou sinxelamente por pasar un bó rato
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=0pR5L4OicYg&feature=related
Poderiamos pensar, a xeito de xorna, que o ascensor incrementa o noso interese pola meteoroloxía; pero á vista do contido das nosas conversas : “Qué calor vai...!”, “Vaia friaxe a de hoxe...!”, non é que sexamos moi aplicados no estudio da materia.
O certo é que o contido non é o importante nesta situación ( índa que máis dunha vez podamos avergoñarnos do que dicimos ). Esa conversa serve para nos dar cercanía, igual que toda interacción que é en si social. Trátase dunha concesión de atención dirixida á outra persoa, e que pode, por breve ou “absurda” que pareza, nos reconfortar mínimamente.
Paréceme interesante o matiz que fai Cíes sobre o que acontece noutras culturas . Faime pensar que mesmo dentro dunha mesma rexión, podemos atopar diferentes preferencias á hora de manter ou non a boca pechada nun ascensor. Coido que a xente máis nova pode levar millor ese silencio tan incómodo para outros, e incluso preferilo a unha conversa “baleira”, e quizais teña esto algo, ou moito que ver cos cascos “aillantes” que adoitan levar postos.
Pra rematar, déixovos un enlace onde podedes vos adestrar para manter unha conversa de ascensor
http://www.elforro.com/general/19634-iniciar-y-sostener-conversacion-ascensor.html
En boa parte tamén estou de acordo coas opinións dos compañeiros. Na miña opinión tamén creo que falar por falar é algo no que non nos encontramos moi cómodos. Creo que dependendo da persoa ou persoas descoñecidas coas que nos atopemos en diferentes sitios fainos actuar de distindo modo. Explícome, non é o mesmo coincidir cun par de veciñas as que lles encanta saber de todo, que encontrarte cun mozo resultón. En ambos casos, vaia por diante a cordialidade, a intención desa interacción lingüística vai ser diferente.
ResponderEliminarEn cada unha das diferentes situacións tratarase dunha conversa simple, a veces absurda que nos permitirá salir máis ou menos cómodos da situación na que nos encontramos.
Ola a todo o mundo!
ResponderEliminarEstou dacordo con tódolos comentarios, eu confeso adoitar a falar do tempo cas veciñas, creo que o fago por resultar máis cercana. Tódolos días cruzámonos pola rúa con moita xente que coñecemos de vista e non nos saúdamos, é triste vivir no mesmo edificio e tampouco falarse ou sorirse... ás veces o simple feito dun intercambio de palabras é gratificante. Saúdos.
Lara Díaz Pintos
É verdade o que apuntan as miñas compañeiras de que depende da persoa (tanto da que inicia a conversa coma dos interlocutores), mais nunca me decatara de que tamén depende da cultura. Eu tamén vivín fóra e son moito de falar por falar, mais nunca ninguén me dixo que lle resultase incómodo, o que me fai inclinarme máis pola hipótese de que, aínda que poida haber diferencias a nivel cultural, depende sobre todo de cada persoa (o típico de "hai de todo en todos os sitios").
ResponderEliminarIgual có resto dos meus compañeiros penso que non se trata nin de demostrar os nosos coñecementos respecto o tempo nin de meditar sobre o cambio climático, senón que é debido máis ben a unha necesidade das persoas de relacionarse nesas situacións.
ResponderEliminarEu penso que este tipo de conversacións de pouca importancia nun espazo tan reducido como un ascensor prodúcense debido a que a distancia mínima que necesita unha persoa para sentirse segura fronte a outra queda reducida. As persoas necesitamos un espazo mínimo para sentirnos como un ser independente do resto, e cando ese espazo físico non se ten, entón empezamos a sentirnos incómodos e fai que falemos por falar.
Ola a todos!
ResponderEliminarEn primerio lugar, dicir que estou dacordo con todos os comentarios dos meus compañeiros. Para engadir algo, podería dicir que esta situación e case sempre normal en lugares nos que o tempo é moi importante. O tempo, antigamente e na actualidade, é un feito importante para a vida dun pobo e da agricultura e subsistencia deste. Por iso, cando un mariñeiro vía e ve que fai mal tempo non pode ir a pescar, ou cando hai sequía os animais das granxas e da natureza non poden beber. Ista é unha razón moi importante para o uso do clima en conversaciones, tanto para comezalas como para comezar unha, que ven dende moitos tempos atrás.
Pola miña experiencia, eu non uso o tema do clima para falar nun ascensor pero moita xente o fai.
Ademáis, como dicía Cíes no seu comentario, non en todas as culturas o tema do clima é un tempo do que falar se non tes nada que facer. Moitas veces é mellor un silencio. Pola contra en moitos países si que o é, como por exemplo Inglaterra. En países como Inglaterra o tempo é inestable e cambiante. Polo tanto manter unha primera conversa sobre o tempo non é nada raro. Ademáis, as persoas ven sempre de forma positiva este tema, como unha forma de proximidade para ter máis confianza.
Un saludo,
MIREYA BENITO MORCUENDE
Como moi ben di Inés, é unha cuestión de cortesía. Está claro que nunha viaxe duns poucos segundos podemos estar sen comunicar absolutamente nada, pero a nosa natureza social, que leva implícita o ser cortés ( non todos) impúlsanos a iniciar unha conversa.
ResponderEliminarNun ascensor poderíase falar de calquera cousa pero, o único tema sobre o que todos os presentes teñen coñecemento é o tempo e ninguén vaise sentir incómodo falando del.
Emilio Carreira Pan
Penso que, como di Cíes, e a maioria de vós, trátase de convencións sociais da nosa cultura, por algunha razón os silencios resultan incómodos, ainda que non sempre. Quizais decídese falar do tempo, que é un tema neutral, porque hai "medo" de que saian outros temas máis "serios" ou persoais.
ResponderEliminarTamén pode ser, como seres sociais que somos, pola necesidade que temos de interactuar entre nós, de facer notar a propia presencia dalguhna forma.
Pero penso que estas situacións, cada vez danse menos, ou polo menos no meu caso. Como di Cecilia, a quen agradezo o enlace (un toque de humor sempre é bo), prefiro o silencio a una conversa "baleira", xa hai que decidin que falar do tempo é una perdida do mesmo e xa non son eu que saca a conversa. Tamén é certo que estando nun ascensor cunha veciña maior, ó entrarmos e estar ambalasdúas caladas, ata o quinto piso, cando abriu a porta dixo polo baixo: "qué maleducada!" Eu certamente non me sentin asi, pero da que pensar, non si?
Paréceme interesante o punto de vista de Jesús Manuel Gil, e seguindo na súa liña, para moita xente podería ser como unha técnica de defensa ante un descoñecido.
ResponderEliminarAlguén sae da casa co seu mundo mental, pensando nas súas cousas, de repente ábrense as portas do ascensor e aparece o "DESCOÑECIDO", entón... plaf... de súpeto o cerebro desconecta e actívase o chip do "MÉTODO DEFENSIVO" ante o decoñecido.
Un saúdo a todos
Ola a todos!
ResponderEliminarA verdade é que estou bastante dacordo con todo o que escribistedes.Como di Jose Manuel Gil Gonzalez,pode ser que compartir un espacio tan reducido con alguén que non coñeces non sexa moi cómodo,e ó falar un pouquiño fágase máis levadeiro, e parece ser unha forma de cortesía coa persoa que compartes ises segundos no ascensor.
No fío do que falou Cíes, eu vivín un ano no sur de Italia, e aló(polo menos no meu edificio)era xusto o revés, fálabase si ou si,e do tempo non que xa o botaban na televisión.Penso que era unha maneira de"socializar"no edificio, de coñecer á comunidade, á xente que tes preto.
Como di Inés Cendón, "hai de todo en todos os lados",pode gustar falar no ascensor ou non, e a min ás veces non me resulta doado ficar calada,así que case prefiro recordarlle ó veciño que xa chegou o inverno, agora si!
Un saúdo
Maria Garrido Conde
Eu tamén estou dacordo con Jesús Manuel Gil. Sinxelamente trátase de como se di habitualmente "romper o xeo" saír dunha situación incómoda, provocada non só polo noso acompañante senon tamén por nós e polo espazo reducido que nos rodea. Estamos demasiado preto un do outro e a nosa reacción é de defensa e temos que relaxarnos desa maneira: falando. Sempre alguén ten que tomar a iniciativa, así un dalle ao outro a sensación de que non é hostíl. Neste caso non se trata dunha comunicación oral sinxelamente senon máis ben o que facemos é unha comunicacion non verbal. En moitos casos cando saímos do ascensor seguro que se analizamos o acontecido nin nos acordamos realmente do falado dentro, senon que saímos cabilando no mal trago pasado por unha tonteria de entrar nun ascensor cun descoñecido.
ResponderEliminarUn saúdo,
Dolores Fernández
Eu tamén estou de acordo en xeral con todos os comentarios, soamente quería engadir que a min ás veces xa me da carraxe falar do tempo no ascensor porque paréceme un tema moi forzado e que non se pode alongar moito, e se vives nun edificio con por exemplo vinte plantas, como é o meu caso, penso que o silencio incómodo despois dos comentarios do tempo ou a incomodidade de non saber de que máis podes falar é case peor que non falar de nada.
ResponderEliminarSaúdos,
Sara Ayaso Enríquez
Ola a todos!
ResponderEliminarNa liña do que dicides moitos de vos, falar de temas triviais no ascensor estase a converter nunha convención social case como dicir `bos días´ ou `grazas´. Ó leer os comentarios veume á memoria unha excursión que fixen nos meus anos de estudante de EXB, creo recordar que á Domus, na que había un experimento que mostraba dunha maneira moi sinxela a reacción do noso corpo segundo a maior ou menor proximidade de outra persoa. Así, canto máis nos achegamos a un descoñecido, o noso corazón bate máis lixeiro -ainda que non nos decatemos-, e as nosas glándulas sudoríparas tamén comezan a traballar con máis intensidade. Pois ben, eu penso que, nun entorno cotiá, onde os descoñecidos non deberían selo, poida que esa reacción sexa aínda máis intensa e, dalgunha maneira nos esté obrigando a interactuar. ¿Pode ser por iso que os silencios nos resultan incómodos? ¿O reacción normal non é falar aínda que sexa do tempo?
En xeral estou bastante de acordo con todas as opinións, en especial co tema dos "silencios incómodos" sobre os que reflexionaba Uma Turman con Jhon Travolta en "Pulp Fiction".
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=sLhyvJOxET4
Por eso, cando montamos nun ascensor cun descoñecido, tendemos a falar dun tema tan trivial como o tempo por simple motivo de educación e ter unha pequena conversa, ou optamos polo silencio ante o medo a non saber de que falar como comentaba sara Ayaso Enríquez.
Gracias a Cecilia Castro por compartir o vídeo de José Mota.
Hola,
ResponderEliminarestoy de acuerdo con Leticia en el hecho de que depende mucho de con quién te cruces en el ascensor.Cuando ya conoces a los vecinos sabes con quién vas a hablar del tiempo que hace para que ese rato sea menos incómodo, a quién le vas a preguntar cosas mas personales y aquellas otras vecinas con las que si te encuentras es mejor ir por las escaleras aunque vivas en un noveno ya que sino vas a estar dos horas en el portal hasta que consigues escapar. También estoy de acuerdo con Alicia cuando dice que cuánto más cerca estamos de una persona más incómodos nos sentimos y solemos recurrir a frases sin importancia para sentirnos mas seguros. Por lo tanto no creo que sea un intercambio cultural sino una de las formas de comunicación coordial que tenemos como seres humanos.
Beatriz Alonso Jimenez
Ao igual ca os meus compañeiros penso que é unha charla de cortesía onde o que importa é falar dalgo para que eses intres no ascensor non resulten incómodos e dese tema pode sair outro máis interesante. Creo que se trata de comportarse na vida como persoas e non coma robots.
ResponderEliminarEn xeral estou dacordo cos meus compañeiros, e a verdade pouco podo engadir. Comentar que me sorprendeu moito a aportación que fai Cíes sobre os silencios incómodos noutras culturas, como no exemplo que puxo ela de Finlandia.
ResponderEliminarDescoñecemos o motivo polo cal non nos gusta estar calados nunha superficie pequena e con varias persoas ao noso carón. En numerosas ocasións subimos moitos pisos con alguén, e non mediamos palabra. Miramos ao espello, ós botóns para ver cantos pisos nos faltan para chegar ao noso destino, collemos o móbil, gardámolo... facendo que a situación se convirta máis incómoda aínda. Outras veces, ben por cortesía, pois en xeral a persoa coa que compartes ese instante non é una persoa descoñecida para ti, ou ben por aliviar esa situación incómoda, sacamos o tema do tempo por falar de algo neutral que sexa bo para amenizar eses segundos, pois non imos falar de política…
Marina Fernández Rodríguez
Ola,
ResponderEliminareu non teño moito máis que engadir ao dito anteriormente. No meu caso, cando uso un ascensor se non coñezo ao que vén comigo, normalmente opto por non falar de nada, pois logo remata a "viaxe" e sería máis incómodo para min iniciar unha conversa de 4segundos que non dicir nada. Ademais na miña aldea non hai ascensores e as conversas cando me cruzo con algún veciño son igualmente do tempo, penso que é case como unha máxima universal! Cando se dá unha situación destas penso que acontece porque na nosa cultura compartir un espazo reducido con un descoñecido produce incomodidade, entón para saír dese estado decidimos falar para buscar a complicidade do outro.