Ola. Este conto, lido na clase, fíxome reflexionar sobre o pequeno e o grande que é o mundo e sobre as inquedanzas que alguén pode ter en canto á lingua. O protagonista sempre ten unha certa ilusión sobre ter unha casa redonda e cada vez máis grande xa que non pode camiñar nela. Eu vexo unha similitude coas linguas. O protagonista da historia ao final, ve que a súa casa é o mundo e que non quere ter nin paredes, quere andar polo mundo. Penso que eso pásalles ás linguas. As linguas minorizadas e minoritarias deberían espallarse polo mundo, sen pensar en reducilas a un grupo de xente, nun remoto lugar do globo. Por iso, creo que é moi importante aprender tantas linguas como se poida para así, coñecer todas as culturas posibles e poder andar polo mundo sin restriccións. Un saúdo MIREYA BENITO MORCUENDE
"A casa redonda" é un conto precioso. Pequeno pero matón, como dín. Reflicte, nin máis nin menos, o espírito de superación e as ganas de aprender. Creo que as novas xeracións cada vez nos identificamos máis con estes valores. Queremos viaxar, falar, ver. Nós xa non somos das antigas xeracións de andar por casa, nós levamos botas de montaña. Hai que sermos grandes para que o mundo nos quede pequeno.
O dominio de linguas é unha riqueza que proporciona poder,cantas máis linguas fale un,maior será o número de persoas coas que se poda comunicar,terá maior acceso a distintas culturas.Eu,no meu caso,fun educada en castelán por miña nai,e en galego por meu pai,son bilingüe dende que nacín,e iso permíteme comunicarme con xente que fala en castelán e/ou galego,e incluso podo relacionarme cos portugueses e brasileños,a experiencia da fe de elo,pois estar en Portugal e en Brasil non supuxo un problema de comunicación.
Boa noites, que precioso conto limos o outro dí na clae. A verdade e que é moi importante inculcar aos pequenos este tipo de lectura dende os primeiros meses. Fala de soidariedade e de nunc conformare, o que podemos aplicar a moita áreas da nosa vida.
Estou dacordo con Mireya en que cantas máis linguas podamos coñecer mellor nos vamos a poder relacionar no mundo pero non só temos que coñecer as linguas maioritarias senón que temos que ir aprendendo un pouco todas senon pasaríanos como a historia do rapaz chinés. En canto ao que comenta Carolina da súa experiencia co bilinguismo teño que dicir que a mín falábanme o castelán na escola e cando chegaba á casa o galego pero aínda así na miña època da EXB primaba na miña fala o castelán, aínda que pouco a pouco foi mudando.
Un conto moi bonito. Nel amósanos a ambición e a inconformidade da súa protagonista. Sempre quere máis, márcase unha meta, pero unha vez conseguida non se queda ahí, vólvese a propoñer outro obxectivo, e así unha e outra vez. A lección que saco eu deste conto é que na vida os límites poñémolos nós, que loitando sempre se pode conseguir o que un se propoña, nós somos os que decidimos ata donde queremos chegar...
Este conto é especialmente bonito para min. Penso que hai moitas cousas das que se pode quitar unha ensinanza. - os pais da nena en vez de desanimala, sempre a escoitaban e a axudaban a acadar o que ela ansiaba, as suas metas. - estas metas podianse facer realidade grazas a que un monton de animais coma os pingüinos colaboraban con eles, aqui vese a importancia do compañerismo e da amizade - doutra banda a nena sempre que alcanzaba o seu obxetivo non se detia, vese eiqui que a ambición e o ter metas ou aspiracións non ten porque ser algo negativo senon todo o contrario - ao final do conto, os pais aceptan que a sua filla "bote ás" e a pesar da dor que poidan sentir por desprenderse dela, non frean os seus sonos de percorre-lo mundo
Escribindo isto, dame tamen por pensar xustamente no contrario... ¿é bo ser un "cu inquedo?, ¿non conformarse con nada?, ¿andar sempre molestando á xente pra poder acadar as tuas metas, ¿que pasará cando o mundo se lle quede pequeno?...
Gustoume como este libro che fai reflexionar sobre que hai un mundo máis aló do noso, sempre cousas por descubrir. Pero o que o noso esquimo fixo foi buscar máis unha vez que xa tiña moi camiñado o seu iglú, é dicir, moi coñecido o seu. Atopo entón a relación coa lingua galega, é xenial falar outras linguas e coñecer outras culturas, pero por suposto tamén a nosa que é o galego porque é unha actitude incoherente ansiar coñecer outras cousas sen coñecer o teu.
Paréceme incríble a cantidade de valores que se poden transmitir a través dun conto tan curto coma “a casa redonda”, onde a posibilidade de cumprir os nosos soños pode facerse realidade grazas á solidariedade dos demais. Creo, ao igual que Iria, que é moi importante inculcar aos nenos estes principios desde pequenos, polo que contos coma estes poden ser de gran axuda para que os rapaces comprendan este tipo de conceptos e se familiaricen con eles. A verdade é que eu, nun principio, non atopei ningunha relación coas linguas, pero seméllame interesante a reflexión de Mireya, xa que comparto a opinión de que non deberían existir linguas minoritarias e maioritarias, senón que todas tiveran a mesma importancia no mundo, posto que a cada lingua asóciaselle unha cultura e todas poden contribuir a ampliar os nosos coñecementos da vida.
Hai veces que deberíamos parar un momento e reflexionar sobre o que nos rodea. Como á protagonista do conto de Paula Carballeira parécenos que sempre hai que facer máis, non nos chega o mundo que temos diante dos ollos e sempre teimamos en conseguir e conseguir máis. Esta pequena historia penso que é moi ilustrativa porque podemos extrapolala á situción que se está a vivir no país co idioma propio. Estamos a dar voltas e voltas ao redor sempre dunha mesma situación cando para min é moi sinxela, o idioma de Galiza é o galego e por moito que digamos que temos que saber español e inglés (co que concordo completamente) nunca poderán estar ao mesmo nivel que a lingua propia dunha comunidade que leva séculos empregándoa. Un idioma debe estar ao servizo dunha comunidade de falantes e o galego é o que ten TODOS os dereitos plenos para ser a lingua na que nos expresemos con normalidade na Galiza. Entón aínda que sempre esteamos a buscar facer unha casa máis grande para que poidan entrar varias linguas acabaremos vendo que ao final a totalidade das linguas do mundo teñen cabida no planeta e se a nosa intención é comunicarnos cos demais seres humanos, acabarémolo facendo empreguemos o galego, o inglés ou o suahili.
Estou de acordo con Jesús, este conto reflexa as inquietudes que ten o ser humano, o feito de acadar un obxectivo e enseguida buscar outro máis alto, creo que niso se basa o progreso, pouco a pouco acadar un pouco máis. Tamén estou de acordo con Elena, pois creo que non sería posible chegar a acadar ningún dos obxectivos que nos propoñamos sen o apoio dos máis achegados, o conto reflexao claramente ¿cómo sería posible de construír tantas casas redondas sen axuda? Si o fixese soa aínda hoxe estaría construíndo a primeira. E cando o mundo se lle quede pequeno sempre lle quedará a lúa ;)
Encantoume o conto, fala das metas de cada un, dos soños. Para sentirse vivo hai que ter unha inquietude, senon para qué estamos aquí? Tamén fala doutra das partes importantes da vida, a xente que está ó redor dun, esa xente que vai contigo aínda que non estén a túa beira, que soña desperta contigo e que te volve a poñer dereita o día que tropezas e caes. Este tipo de contos son os que trasmiten valores e fan amar a nosa língua dende cativos.
Ola.
ResponderEliminarEste conto, lido na clase, fíxome reflexionar sobre o pequeno e o grande que é o mundo e sobre as inquedanzas que alguén pode ter en canto á lingua. O protagonista sempre ten unha certa ilusión sobre ter unha casa redonda e cada vez máis grande xa que non pode camiñar nela. Eu vexo unha similitude coas linguas. O protagonista da historia ao final, ve que a súa casa é o mundo e que non quere ter nin paredes, quere andar polo mundo. Penso que eso pásalles ás linguas. As linguas minorizadas e minoritarias deberían espallarse polo mundo, sen pensar en reducilas a un grupo de xente, nun remoto lugar do globo. Por iso, creo que é moi importante aprender tantas linguas como se poida para así, coñecer todas as culturas posibles e poder andar polo mundo sin restriccións.
Un saúdo
MIREYA BENITO MORCUENDE
"A casa redonda" é un conto precioso. Pequeno pero matón, como dín.
ResponderEliminarReflicte, nin máis nin menos, o espírito de superación e as ganas de aprender. Creo que as novas xeracións cada vez nos identificamos máis con estes valores. Queremos viaxar, falar, ver. Nós xa non somos das antigas xeracións de andar por casa, nós levamos botas de montaña.
Hai que sermos grandes para que o mundo nos quede pequeno.
O dominio de linguas é unha riqueza que proporciona poder,cantas máis linguas fale un,maior será o número de persoas coas que se poda comunicar,terá maior acceso a distintas culturas.Eu,no meu caso,fun educada en castelán por miña nai,e en galego por meu pai,son bilingüe dende que nacín,e iso permíteme comunicarme con xente que fala en castelán e/ou galego,e incluso podo relacionarme cos portugueses e brasileños,a experiencia da fe de elo,pois estar en Portugal e en Brasil non supuxo un problema de comunicación.
ResponderEliminarCarolina Arribi
Boa noites, que precioso conto limos o outro dí na clae. A verdade e que é moi importante inculcar aos pequenos este tipo de lectura dende os primeiros meses. Fala de soidariedade e de nunc conformare, o que podemos aplicar a moita áreas da nosa vida.
ResponderEliminarEstou dacordo con Mireya en que cantas máis linguas podamos coñecer mellor nos vamos a poder relacionar no mundo pero non só temos que coñecer as linguas maioritarias senón que temos que ir aprendendo un pouco todas senon pasaríanos como a historia do rapaz chinés.
ResponderEliminarEn canto ao que comenta Carolina da súa experiencia co bilinguismo teño que dicir que a mín falábanme o castelán na escola e cando chegaba á casa o galego pero aínda así na miña època da EXB primaba na miña fala o castelán, aínda que pouco a pouco foi mudando.
Un conto moi bonito. Nel amósanos a ambición e a inconformidade da súa protagonista. Sempre quere máis, márcase unha meta, pero unha vez conseguida non se queda ahí, vólvese a propoñer outro obxectivo, e así unha e outra vez.
ResponderEliminarA lección que saco eu deste conto é que na vida os límites poñémolos nós, que loitando sempre se pode conseguir o que un se propoña, nós somos os que decidimos ata donde queremos chegar...
Este conto é especialmente bonito para min. Penso que hai moitas cousas das que se pode quitar unha ensinanza.
ResponderEliminar- os pais da nena en vez de desanimala, sempre a escoitaban e a axudaban a acadar o que ela ansiaba, as suas metas.
- estas metas podianse facer realidade grazas a que un monton de animais coma os pingüinos colaboraban con eles, aqui vese a importancia do compañerismo e da amizade
- doutra banda a nena sempre que alcanzaba o seu obxetivo non se detia, vese eiqui que a ambición e o ter metas ou aspiracións non ten porque ser algo negativo senon todo o contrario
- ao final do conto, os pais aceptan que a sua filla "bote ás" e a pesar da dor que poidan sentir por desprenderse dela, non frean os seus sonos de percorre-lo mundo
Escribindo isto, dame tamen por pensar xustamente no contrario... ¿é bo ser un "cu inquedo?, ¿non conformarse con nada?, ¿andar sempre molestando á xente pra poder acadar as tuas metas, ¿que pasará cando o mundo se lle quede pequeno?...
Gustoume como este libro che fai reflexionar sobre que hai un mundo máis aló do noso, sempre cousas por descubrir. Pero o que o noso esquimo fixo foi buscar máis unha vez que xa tiña moi camiñado o seu iglú, é dicir, moi coñecido o seu.
ResponderEliminarAtopo entón a relación coa lingua galega, é xenial falar outras linguas e coñecer outras culturas, pero por suposto tamén a nosa que é o galego porque é unha actitude incoherente ansiar coñecer outras cousas sen coñecer o teu.
Paréceme incríble a cantidade de valores que se poden transmitir a través dun conto tan curto coma “a casa redonda”, onde a posibilidade de cumprir os nosos soños pode facerse realidade grazas á solidariedade dos demais. Creo, ao igual que Iria, que é moi importante inculcar aos nenos estes principios desde pequenos, polo que contos coma estes poden ser de gran axuda para que os rapaces comprendan este tipo de conceptos e se familiaricen con eles.
ResponderEliminarA verdade é que eu, nun principio, non atopei ningunha relación coas linguas, pero seméllame interesante a reflexión de Mireya, xa que comparto a opinión de que non deberían existir linguas minoritarias e maioritarias, senón que todas tiveran a mesma importancia no mundo, posto que a cada lingua asóciaselle unha cultura e todas poden contribuir a ampliar os nosos coñecementos da vida.
Hai veces que deberíamos parar un momento e reflexionar sobre o que nos rodea. Como á protagonista do conto de Paula Carballeira parécenos que sempre hai que facer máis, non nos chega o mundo que temos diante dos ollos e sempre teimamos en conseguir e conseguir máis. Esta pequena historia penso que é moi ilustrativa porque podemos extrapolala á situción que se está a vivir no país co idioma propio. Estamos a dar voltas e voltas ao redor sempre dunha mesma situación cando para min é moi sinxela, o idioma de Galiza é o galego e por moito que digamos que temos que saber español e inglés (co que concordo completamente) nunca poderán estar ao mesmo nivel que a lingua propia dunha comunidade que leva séculos empregándoa. Un idioma debe estar ao servizo dunha comunidade de falantes e o galego é o que ten TODOS os dereitos plenos para ser a lingua na que nos expresemos con normalidade na Galiza. Entón aínda que sempre esteamos a buscar facer unha casa máis grande para que poidan entrar varias linguas acabaremos vendo que ao final a totalidade das linguas do mundo teñen cabida no planeta e se a nosa intención é comunicarnos cos demais seres humanos, acabarémolo facendo empreguemos o galego, o inglés ou o suahili.
ResponderEliminarEstou de acordo con Jesús, este conto reflexa as inquietudes que ten o ser humano, o feito de acadar un obxectivo e enseguida buscar outro máis alto, creo que niso se basa o progreso, pouco a pouco acadar un pouco máis. Tamén estou de acordo con Elena, pois creo que non sería posible chegar a acadar ningún dos obxectivos que nos propoñamos sen o apoio dos máis achegados, o conto reflexao claramente ¿cómo sería posible de construír tantas casas redondas sen axuda? Si o fixese soa aínda hoxe estaría construíndo a primeira. E cando o mundo se lle quede pequeno sempre lle quedará a lúa ;)
ResponderEliminarAna González González
Encantoume o conto, fala das metas de cada un, dos soños. Para sentirse vivo hai que ter unha inquietude, senon para qué estamos aquí?
ResponderEliminarTamén fala doutra das partes importantes da vida, a xente que está ó redor dun, esa xente que vai contigo aínda que non estén a túa beira, que soña desperta contigo e que te volve a poñer dereita o día que tropezas e caes. Este tipo de contos son os que trasmiten valores e fan amar a nosa língua dende cativos.