domingo, 4 de dezembro de 2011

Contra a privatización da auga

Porque todas as loitas están relacionadas e o ben colectivo sempre favorece ás maiorías. Por iso debemos implicarnos:


http://www.youtube.com/watch?v=AXz4XPuB_BM

18 comentários:

  1. A conto disto recoméndovos unha película boísima, que é a mesma historia cá da curta pero co desenvolvemento da temática social moito máis forte: También la lluvia. Se vos parecen temas esaxerados, a historia da peli foi real. Paréceme incrible que se poida pensar sequera en privatizar a auga e non vou entrar niso porque a verdade é que me deixa bastante mal corpo o tema.

    ResponderEliminar
  2. ¿De que cousas podemos prescindir?Da auga está claro que non. E se alguén o dubidaba, velaí temos cando pola forza da evidencia da resposta, se nos empurra a loitar por ela.
    ¿De que cousas cremos que podemos prescindir?Ollo coa resposta, porque pode ser que, coma no caso da curta, tardemos en reparar que non podemos,ou coma mirabamos no vídeo de Carlos Blanco, non queiramos prescindir delo;e así, namentres o dubidemos,alguén vaiase aproveitar e enche-lo peto para logo nos cobrar polo que é noso por dereito.
    Fermosísima a curta, e moi gratificante ver a dous pobos á primeira tan lonxanos,fundidos nesa loita.

    ResponderEliminar
  3. Interesante o corto. Por unha lado, a veces non nos percatamos do que temos ata que o perdemos, como pasa no vídeo coa auga. Por outro, para volver a conseguilo necesítase a axuda de todos a hora de loitar polos seus dereitos. ¿igual ten algo que ver co que pasa cando se perde unha lingua non?

    ResponderEliminar
  4. Estou bastante de acordo con Modesto xa que o ser humano non se da conta da importancia das cousas ata que realmente as perde. Neste caso puideron recuperar o perdido pero hai cousas que nunca se poden recuperar.

    Coidemos do que temos para non experimentar a perda que suporía..........

    ResponderEliminar
  5. Encantoume o corto. E estou de acordo con Modesto e Dolores, porque nunca nos damos conta do valor das cousas ata que as perdemos. Despois queremos recuperalas e as veces eso xa é demasaido tarde.
    Neste corto non foi asi e ca axuda de todo o pobo pudose recuperar, pero que pasaría se xa fose demasiado tarde?

    ResponderEliminar
  6. No tema da auga hai que ver o que están a facer a familia Bush ou mesmos empresas como BENETTON. Están comprando todas as terras limítrofes cos ríos que descenden dos dous macizos glaciares dos Andes e que discorren pola Patagonia até o Atlántico.
    Sen contar a Antártida, eses macizos constitúen unha das tres reservas máis importantes de auga do MUNDO, as outras son o lago Baikal propiedade de Rusia e os grandes lagos propiedad dos USA e Canadá.
    E os gobernantes Arxentinos permiten esa venda do país.

    Repito somos unha especie que vai morrer de exito. Chegará o día que o osixeno tamén estará privatizado en mans de unha ou dúas empresas. Eu non o verei, pero vós...os vosos fillos...??

    Vaia merda de especie que somos.

    ResponderEliminar
  7. A realidade é que o curto fala de cousas que estan a pasar no noso planeta. A auga xa é o ben mais caro, fixádevos na factura da auga,págase o suministro, o alacantarillado e o tratamento de depuración. Págamos tres veces pola mesma auga.
    O final acabará todo en revolución, porque non se poderá chegar a pagar o que vale a auga.
    Esperemos que coma no curto o pobo poida arreglar este problema ainda que os intereses económicos son demasiado fortes, vexáse a crise actual.
    Moi boa entrada no blogue, Goretti!!

    ResponderEliminar
  8. Estou totalmente de acordo con Modesto ... non nos percatamos e ás veces ignoramos o que pasa o noso arredor ata que todo está perdido. Osíxeno privatizado? Telmo estás a pintar todo moi negro!

    ResponderEliminar
  9. Volvo coincidir cos compañeiros. O que me anima destas cousas e que aínda que a epecie humana se extinga o planeta seguirá adiante, xa que conta cun gran poder de rexeneración, na que aínda que se extingan as especies salirá a diante. O que mais pena me da e que nos non actuemos, e en cambio propiciemos que algunhas cousas pasen mais rápido.
    Coidemos o que temos, porque nunca se sabe cando nos vai facer falla. Non esperemos a perdelo para darnos conta.

    ResponderEliminar
  10. O vídeo recórdame a explicación que nos dera unha mestra cando estaba en primeiro de carreira, resumíndoa...a auga é un ben considerado para suplir as necesidades básicas e estaríamos dispostos a pagar todo o que fose preciso porque sen auga non poderiamos sobrevivir.

    ResponderEliminar
  11. Paréceme unha curta moi interesante e moi ben feita dende o punto de vista visual ou artístico. E como ben dixo Modesto, moitas veces non nos percatamos do que temos ata que o perdemos...

    Na curta podemos ver como un "empresario" -por chamalo dalgunha maneira- quere sacar tallada a toda costa a partir dun ben que é de todos, como é a auga. A este empresario só lle importa sacar o máximo beneficio, dalle igual todo o demais, ata o punto de que incluso aproveita as bágoas da Abuela Grillo para enchar as súas botellas. Sendo esta na miña opinión, unha das escenas máis impactantes da curta.

    En resumo, trátase dunha curta que fai unha crítica moi acertada relacionada coa problemática da privatización da auga, e xa non só iso, senón que pode verse ó mesmo tempo como unha crítica ó ultracapitalismo feroz instaurado na nosa sociedade. Un ultracapitalismo capaz de comerciar con calquera cousa, sempre e cando sexa legal -que non é o mesmo que xusto ou inxusto- e o máis importante, dé benefecios.

    ResponderEliminar
  12. Esta curta é realmente impactante, canto se pode dicir sen utilizar nen unha soa palabra...
    É moi importante que loitemos antes de que as cousas importantes desaparezan, pois neste caso o pobo conseguiu recuperar a auga, mais que pasa coas cousas que se están a perder e son imposíbeis de recuperar? Non podemos ficar calad@s ante todas as aberracións que se están a levar a cabo desde as entidades económicas e políticas máis fortes.

    ResponderEliminar
  13. Si, o vídeo é ben ilustrativo con respecto á idea que algúns dos meus compañeiros e compañeiras xa comentaron. Mentres dispomos do que precisamos ao noso antollo non nos decatamos do valor que ten e do necesario que pode chegar a ser. Só cando o perdemos e precisamos diso para sobrevivir, decatámonos do importante que era, e igual entón xa é moi tarde para recuperalo. Neste mundo no que está de moda privatizar todo igual non é tan imposible o que dixo Telmo, que teñamos que pagar para poder respirar. Dende logo falamos de supostos imposibles pero é necesario que a xente se decate do que perde cando algo público e de todos pasa a mans duns poucos que manexan como lles parece.

    ResponderEliminar
  14. Unha curta moi interesante, sen dúbida, e, aínda que en aparencia moi sinxela (como unha simple pinga de auga), cun significado moi complexo (como a Vida).
    Está claro que se hai algo do que pecamos os humanos é de soberbia para coa Natureza. Estamos sempre a maltratala, como á avoa (que tamén será nai…) da curta, e ela aguanta dos seus fillos o indicible (como esas nais e avoas de carne e oso)…ata que rebenta. E iso é o que nos vai pasar como non deixemos de actuar sen pensar nas consecuencias dos nosos actos, obviando unha das poucas verdades universais e innegables das que pode ter certeza o ser humano: sen auga e sen aire non podemos sobrevivir, e non hai máis voltas que darlle.
    Lembroume a curta dúas cousas:
    1- a José Luis Sampedro, Premio Nacional das Letras deste ano, que declaraba nunha ocasión que sí, todos falamos do dereito á vida, pero esquecemos sempre a obriga que temos de vivila, plenamente, con responsabilidade e respecto total pola mesma, e
    2- que vin o outro día a exposición que está agora mesmo en certa Fundación sobre Exipto e Mesopotamia e descubrín (sei moi pouco do tema) que Osiris era o deus da agricultura e tamén da morte. Supuxen (non sei se acertadamente, pero con esa idea quedei todo o día na cabeza) que a ‘cara’ desta dobre deidade súa é que todo o que morre serve de enerxía rexeneradora na Natureza e, polo tanto, é de suma importancia na agricultura e no cultivo das plantas (como xa vimos no conto do neno que quixo ser excremento), e que a ‘cruz’ desta mesma moeda é que se ‘morre’ o noso medio ambiente, se malgastamos os recursos naturais e maltratamos a Terra, acabouse toda posibilidade de nacer, crecer, cultivar…vivir. (E que o sabemos dende fai miles de anos, e parece que aínda non nos quedou claro que non podemos xogar a ser nós os deuses…)

    ResponderEliminar
  15. Ó final son estos cortos os que nos permiten ver cal é a realidade que nos rodea. Como dixo Inés, este vídeo lembra moito a película de Icíar Bollaín, unha peli onde xúntase a codicia e avaricia do ser humano que aquí vese personificada nos homes de negro. Cal é a solución?? A educación, sen ningunha dúbida. É verdade que debemos loitar polos nosos dereitos, pero se dende o comezo educamos e formamos unha sociedades na que non existan os homes de negro, as situacións do vídeo non terán porqué ocurri xamáis.

    ResponderEliminar
  16. Algúns compañeiros comentades a idea de que non nos decatamos do valor das cousas ata que as perdemos. Penso que sí que nos decatamos do seu valor, do valor de uso que teñen, que non ten por que ter unha tradución en valor monetario.

    Quen intenta sacar cartos disto sabe que hai cousas que teñen un valor de uso tal que estariamos dispostos a pagar o que sexa, e aprovéitase iso para crear un negocio coa axuda lexistativa e executiva dos estados xa que de por sí non se mantería.

    Hai outras cousas que comparten esta situación de bens irrenunciables e están nunha situación parecida: a saúde, por exemplo, pola que calquera pagaría nunha situación seria calquera cantidade ao seu alcance, ou as sementes coas que labrar para ter alimento:
    http://www.rebelion.org/noticia.php?id=140740

    Belén García Lamas

    ResponderEliminar
  17. Eu penso que o ser humano é o único ser vivo do planeta que acabaría con el mesmo....realmente seremos seres intelixentes?? ás veces é para dubidalo.
    A curta impacta. En moitas ocasións nin sequera nos paramos a pensar o que realmente está acontecendo, estamos pagando por algo que pertence ao planeta, que é vida e aínda así ten un prezo. Telmo non vai tan desencamiñado, senón que lle pregunten á xente que habitaba o planeta hai uns séculos, pensarían que a auga ía custar???
    E como ben apuntaba Modesto, esta problemática podémola trasladar á situación das linguas minorizadas no mundo. Mais o que acontece é que sen auga non podemos vivir, e sen unha lingua si porque pensan que xa haberá outra para comunicarmónos. Mais tan grave é que non poidamos beber auga como que non poidamos beber a lingua que nos deixaron os devanceiros. Tan tristes quedamos nós ao ver este video como quedarían eles ao veren a súa lingua esmorecer, co falso pretexto de que non é precisa neste mundo globalizado de hoxe.

    ResponderEliminar
  18. As mobilizacións sociais ocorren cando se chega a situacións extremas como a escaseo de algo tan básico como a auga.
    Os recursos limitados dos que dispoñemos fronte á superpoboación neste planeta están introducindo de maneira obrigatoria accións políticas de sostibilidade e aforro. Iso si, a cuestión é sempre velar de que este tipo de bens vitais non se privaticen.

    ResponderEliminar