Mañá a primeira hora estarán as cualificacións no taboleiro do Mestrado na Facultade. Para quen non poida pasar por alí, podedes solicitarme a vosa por correo electrónico (goretti@udc.es). Non me parece moi acaído poñelas aquí nin facer comentarios "medio-públicos" sobre elas. Calquera cuestión (erro, confusión, aclaración..., por favor, ao correo electrónico ou no meu gabinete na Facultade de Filoloxía.
Como despedida, envíovos de momento dúas ligazóns para ver se vos gustan (haberá aínda algo máis, xa cando asine as actas e decida pór a data para borrar este estupendo caderno que fixestes):
http://www.youtube.com/watch?v=_Z749ReErEM&feature=player_embedded
http://sermosgaliza.com/?p=784
Unha aperta e que sexades felices,
Goretti
(Vaia, creo que xa sei cal é a Intervención sen ter rematado o libro, pero como se trata de algo procesual, quédame o máis interesante por ler)
ResponderEliminarGustoume moito o video sobre a confección da roupa, esa reflexión con estética inxenua, que encerra un problema por quedarse na superficie das cousas, como lle pasa á arte contemporánea con algúns espectadores.
Lendo este texto de Teresa Moure, atopamos un empuxe á iniciación na arte comtemporánea, para ver como dicindo as cousas dun xeito non convencional podemos ter reflexións non convencionais, orixinais e sobretodo propias... Ese pensamento diverxente do que tanto estamos a falar no máster. E a través das experiencias estéticas, darlle voltas ó significado das cousas, da sociedade, da nosa vida, e poder trazar un plan do que nos gustaría vivir.
Disfrutei moito desta asignatura e do blog con todos vós.
Apertas!
Entristeciume ver o video mais aínda me entristeceu máis saber que formo parte desta vida de consumo, ás veces, sen ser moi consciente. Obrigada Goretti por pór sempre a máquina de cavilar a funcionar!
ResponderEliminarO texto de Teresa moi suxestivo e interesante como a maoiría das cousas que escribe, sempre é un pracer saber que Galiza conta con persoas que a defenden e a queren pór no lugar que lle corresponde.
Unha aperta e obrigada por todo o que nos mostraches ao longo destes meses!
Que dicir? Formamos parte deste mundo e non facemos nada por cambialo, deixámonos levar e pensamos: eu non fago iso, son consciente das cousas que fago, intento facer cousas polo ben do medioambiete, da humanidade e de tantas outras cousas. Mais na realidade non somos tan conscientes como cremos... Somos vítimas do capitalismo e dicimos pois compro nesta tenda porque aforro máis e asi podo ter dous pantalóns e non un, mais realmente isto é o máis importante?
ResponderEliminarSe cadra deberiamos encontrarnos máis a miúdo con persoas que nos ensinen estas cousas e que nos axuden a abrir os ollos á realidade.
Obrigada por todos estes textos e videos durante estes meses. Realmente serviron para moito.